Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"O nacemento d'o Padre Feixoo" (pp. 32-34)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro008.html




[p. 32]

O NACEMENTO D'O PADRE FEIXOO.


ALÓ n'a aldea de Casdemiro,
Vése unha casa, dulce retiro
D' unha familia nobre e leyal;
As ledas auras, y-o vento louco,
O rio Miño pouquiño a pouco
Seus negros muros bicando van.
     Grandes recordos de groria encerra,
Aquela casa d'a nosa terra
Que bica o Miño murmullador;
Ali, os ollos abriu n'o mundo
O escrarecido xenio fecundo.
O renembrado PADRE FEIXÓO.
     Foy unha tarde qu'o sol morria...,
Alá, n'os soutos leve armonia
lban facendo murmullos mil;
Daban prefumel-as brancas frores
Os paxariños, cantos d' amores,
O rio, as auras, ecos sin fin.

[p. 33]

Non sei que vago concerto estrano
Xamais oubido por sér humano
Iba collendo forzas e voz,
N'o feitizado felis retiro,
N'a probe aldea de Casdemiro,
Cando a ista terra viña FEIXÓO.
     Unha garrida nai virtuosa,
Filla obedente, leyal esposa,
Tiña n'o colo con tenro amor
O piquiniño tan feiticeiro,
Cal é a lua pol'o Xaneiro,
Como n'o vrau se mostra o sol.
     A nai, o nono con fe arrulaba,
O pái, de gozo vágoas choraba,
O piquiniño chorou tamen,
En'aquil dia vou pra Galicia,
Unha esperanza y'unha delicia,
Un sol, un xénio de gran valer.
     Cantando mentras seu nacemento
Iban lixeiros n'as aas d'o vento,
Coros d'o ceyo, brancas visiós;
Musica branda, leda armonia
Que así falaba, cando nacia
Aquil destello d'a lus de Dios
«Desperta Galicia, desperta non chores,
»Nacéuch' oxe un fillo que un xénio será;
»Ondinas d'o Miño, cantos e frores
»A cuna d'o neno felis arrular.

[p. 34]

»Os xenios que foron de grande mamoria
»Xa veñen, xa chegan velando por il;
»Virtú e nobreza, talentos e groria,
»Xa teñen gardados pra dar a sua hestoria
»As fadas que dormen n'as grutas d'o Sil.
     »Filósofos, sabios, baixáde á cabeza;
»Estrelas, deixáde brilar ise sol
»Que fogo divino lle deu pra grandeza
»Aquil que protentos de lus e belleza
»N'o ceo e n'a terra, d'a nada criou.
     »Galicia, desperta; Galicia, non chores,
»Xa tés quen desterre teus vellos errores,
»Xa tés novas grorias e novos brasós;
»Galicia, recorda con cantos e frores
»O nome d'o xenio destello de Dios..

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega