Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Por decir algo

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas002.html

[p. 5]

     Leutor, quén queira que sexas, home ou muller, novo ou vello, letrado ou indouto, recibe o meu saludo garimoso, saludo de amigo, pois amigo has ser meu si lés este libriño, porque, apreciando o esforzo, e máis ainda que o esforzo, a boa voluntá do autor, haste sentir incrinado a perdonar as incorreuciós que atopes, que non serán poucas.
     Na escola, primeiro, estudiando a Iriarte e Samaniego; no Istituto, logo, traducindo a Esopo e Fedro e máis tarde lendo a Ia Fontaine, a Campoamor, a Hartzembuch, a Príncipe, D. Cayetano Fernández e outros, naceu en mín, ¡miña xoia!, o desexo de imital-os, e de aquel desexo foi froito unha coleución de fábulas que, aló pol-o ano de 1892 viron a luz, cheas de defeutos grandes e que sólo en parte correxín, pra volvel-as hoxe a pubricar. Nos trinta e tantos anos que pasaron dende estónceas, foi aumentando o nú-

[p. 6]

maro, e de entre elas escollo algunhas que comprende tamén este libriño, que nas maus túas poño.
     Na anterior edición decía que respetando a crítica seria, despreciaba ôs que por oficio teñen falar mal de todo: hoxe podo repetir o mesmo, pois si por sorte pra mín a primeira estivo quizaves en esceso garimosa, os segundos non me molestaron moito.
     Nin groria nin proveito busco, leutor amigo, e sí sólo qué, ô ler as miñas fábulas, si as tiras por aburridas ou sosas, non-o fagas por motivos que deshonren a quén nunca no que non é moral ispirouse. Quero que os meus libros poidan lelos teus fillos, cómo os meus os len.
     Si de esa lectura sacas algunha insinanza, luz ou guía pra camiñar pol-o mundo, por satisfeito me darei, e de todos xeitos, e si non consideras o tempo perdido de todo, abondarame pra ter o meu por non mal empregado.
     E que Dios te garde e garde os teus de malas fadas, amén.

O AUTOR.



     Granxa da "Raposeira" (Sárdoma—Vigo) Xaneiro 1.º de 1.927

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega