Follatos

Páxina Anterior

A bruxa

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos020.html


[p. 73]


          A BRUXA

     Probe velliña encorbada
baixo d' o peso d' os anos,
que cicais os desenganos
aumentaron y-o pesar.
Negra, fraca e consomida
pol-a fame y-a tristura
esa enfeliz creatura
cuasque cega de chorar.
Vive soila c' os pesares
sen que ninguen a condoya,
soilo o pau en que s' apoya
fai compaña o seu delor.
Todol-a miran d' esguello
e fuxen cand' ela pasa,
e non hay chouza nin casa
onde non ispire horror.


[p. 74]

Nunca fixo mal á nadia;
mais si sen pon un miniño
pouc' á pouco mirradiño,
sempr' ela culpa ha de ter.
Ela leva a culpa toda
s' algun gado enferma ou morre:
e nin ninguen a socorre,
nin ninguen a pode ver.
Y-a enfeliz namentres tanto,
qu' é de todos maldecida
pónse á pensar que n-a vida
sempre lle tocou sofrir.
Cand' era moza era probe
e fea e naid' a miraba,
ningun mozo a cortexaba
y-en vez de se devertir
n-as festas, choraba sempre
bagullas que ninguen vía
prant' ardente que caía
enriba d' o curazon.
Y-ora qu' é vella e s' atopa
sen agarimo ni-emparo,
aldráxana sen roparo,
ninguen lle ten compaseon.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega