Follatos

Páxina Anterior

¿Qué dirán?

Páxina Seguinte

m5fdatomuruaisfollatos009.html


[p. 39]


          ¿QUÉ DIRÁN?

     ¿Qué dirán eses piñeiros
que non fan mais que falar
cada vez qu' os bic' a brisa
cando cruz' o piñeiral?
¿Qué dirán cand' estremecen
n-ese aterno marmullar?
¿Qué dirán eses regatos
que cruzand' o verde val
coma cobras prateadas
falan c' os croyos d' o chan?
¿Qué lle dirán á esas frores
que van bicand' ô pasar?
¿Qué dirá o mar cando brúa
n-as olas a tempestá?
¿Qué dirá cando mainiño
c' os seus beizos de cristal


[p. 40]

bic' as prayas docemente
n-unha noite de luar?
¿Que dirán os rapaciños
cando n-o colo d' as nais
gralean antre surrisas
n-o seu doce gralear?
¿Qué dirá a rola viuda
que xeme n-o trepezal?
Y-as anduriñas, y-as pombas,
y-o reiseñor ô cantar,
¿qué dirán n-ese idioma
subrime y-universal?
Preguntádell' ôs poetas
qu' eles poiden contestar.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega