Fragmentos de lendas e contos de aldea

 

Prólogo

Páxina Seguinte

v4dizramoscontoselendas001.html



Unha longa camiñada


     Duas liñas ó amigo lector que se decidiu a ler as páxinas destes temas que vén a seguir.
     O autor, a pesar de non ser un especialista en obras literarias, pero, foi testemuño e é protagonista dalgúns pasos, ben medidos, desta camiñada histórica de maneira plena e consciente. Aquí, el narra un pouco da odisea vivida e ouvida ó longo dos camiños percorridos por un adolescente andarego, dunha aldea galega e, máis tarde, por camiños da America Latina como un dos moitos emigrantes.
     De un modo xeral, esa camiñada non debe ser moi diferente dos camiños e problemas vividos pola maioría dos emigrantes do seu tempo.
     E, para continuar alimentando os seus infinitos soños, rexistra, aquí, neste libro de contos, lendas e memorias pasadas e presentes, a ansiedade que viveu este adolescente dunha pequena aldea galega, que, a pesar dos moitos días xa vividos, aínda sente a necesidade de revivir aqueles momentos de plena felicidade, dentro dos seus valores e de súa época.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega