Fragmentos de lendas e contos de aldea

Páxina Anterior

Unha pequena escolma diasporana

Páxina Seguinte

v4dizramoscontoselendas005.html


     A nosa patria histórica, ben o sabedes, por moitos séculos continuou firme e fiel na misión xeradora que tal vez a teña recibido de Deus.
     Esta finalidade de "Nai Matria", fíxoa poboadora de medio mundo, principalmente en hispanoamérica. Houbo épocas en que nacian ben máis españois do que a nai patria podía coidar, é dicir, poder darlle un emprego digno onde puidesen gañar o pan de cada día, para el e súa familia, pero, iso non era posibel e, a única solución era emigrar vivindo lonxe de súa terra e dos seus familiares.
     A emigración, por moitas e moitas décadas, continuou sendo unha necesidade, non apenas para os que emigraban, pero, tamén, para os que quedaban na terra nai, pois, só asi eles terían un emprego e máis un cacho de pan para comer. Sacrificábanse uns para que outros puidesen ter as condicións necesarias de desenrolo e unha vida mellor
     Mesmo con unha certa tutela, o que a nosa patria non debería ter consentido, foi a forma anárquica e irresponsabel por moitos séculos de unha emigración devastadora. Os novos tempos, peden outra estratexia de políticas emigratorias, pois na verdade, hoxe é o reverso da medalla, en vez de ter que mandar os seus fillos para calquera lugar do mundo como fixo por moito tempo, sen calquera preparación profesional ou psicoloxica, necesita de traballo de mans extranxeiras para traballar en servicios que os españois de hoxe non precisan e non máis queren facer.
     Sería interesante que o Goberno Español e, principalmente o Galego, tratase de examinar a realidade actual dos emigrantes e considerar cais son hoxe os problemas específicos de cada pais acolledor do pasado. Verificar cal é a política deses países receptores da emigración e estudar a inmigración, cando for o caso, para adaptalos á situación do momento presente e orientalos nese sentido, para un posibel retorno á nai patria, non como cidadáns de segunda clase, pero, cas mesmas oportunidades de todo e calquer outro cidadán español, pois non é xusto que eles teñan que sacrificarse de novo como fixeron ó procurar asimilar a vida en países extraños, cando tiveron que partir nun adeus xélido e conmovedor.
     As normas ou leis son fáceis de escribir e publicar, pero, o parlamento galego xa debería saber que está na hora de pasar da promesa para o concreto. Os emigrantes case sempre tivemos que pechar a boca e abrir os brazos para recibir autoridades españolas que nos prometían mundos da fantasía coma se aínda fósemos semi-analfabetos, pero, aquí, cando menos unha boa parte, tivo oportunidades non soamente para poder criar a familia, pero, tamén, para alimentar a alma e intelecto para poder discernir a realidade da fantasía de promesas por persoas mal intencionadas ou informadas con respecto ó verdadeiro papel do emigrante.
     Por outro lado, temos de recoñecer o esforzo feito por algunhas autoridades diplomáticas, principalmente no Brasil, onde temos diplomatas de primeira grandeza e que algúns políticos ou Conselleiros de emigración tamén deberían seguir os seus pasos, é dicir, os de unha nova relación fraterna cos emigrantes.
     Segundo algúns filósofos; como a vida é un ciclo concéntrico, quen sabe se cando o ciclo da emigración volva polos mesmos camiños dos séculos anteriores, as autoridades españolas pensen no asunto diasporano con máis responsabilidade e atención. O emigrante soñador, Zidsomar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega