Fragmentos de lendas e contos de aldea

Páxina Anterior

Como as flores de Maio

Páxina Seguinte

v4dizramoscontoselendas006.html


     O sol levántase pola aboveda celeste sobre o horizonte do Oteiro da Cruz no monte do lugar de Alén, aínda moi tibio e descolorido. É a primavera das primeiras décadas de trinta e corenta do século vinte coas mañás frescas, templadas durante o día e as noites aínda frías. Os rapaces e rapazas das varias escolas desta comunidade parroquial, comezan a ser orientados para homenaxear ó florecer da vida que desabotoa, lentamente, con cada raio do sol que incide sobre os pomares e os campos destes pequenos vales, pero cheos de vida, desta Terra de Montes, particularmente, de Beariz de Montes e específicamente, na parroquia de San Salvador de Xirarga de Beariz de Montes.
     Rosita, como tódalas nenas de súa idade, que tamén desabotoan durante súas primaveras, como as flores, a pesar de seus poucos anos, intenta participar de algunhas actividades escolares e da comunidade. Ela, case que sempre acompaña a seus irmáns un pouco maiores, cando se trata da participación en festas relixiosas ou pagano-relixiosas.
     Sendo como era, unha rexión de labradores e artesáns, os alumnos das escolas empregaban o seu tempo nas actividades escolares e, ás veces, nos pequenos servicios da casa familiar e, Rosita non debería ser diferente dos demais meniños e adolescentes da parroquia, pero, ademais diso, tiña algunha cousa que a distinguían das otras rapazas.
     A profesora da escola, xa está programando os ensaios para as festas en comunidade que facen parte de case tódolos poboados galegos. Rosita, mesmo non facendo parte de tódalas actividades escolares da comunidade, por súa pouca idade, está sempre atenta a tódolos movementos dos principales grupos de rapaces e rapazas. A profesora segue cos ensaios para a festa que se aproxima, a festa da primavera e do mes de maio que tamén se decía o mes Da Virxen María. Ela nunca deixa de lembrar ós alumnos que, o local da festa pagano-rolixiosa, era A Casa de Deus —a igrexa—.
     En tódalas xuntanzas da comunidade, tamén pedía ós pais dos nenos para que orientasen a seus fillos, do respecto adecuado ao entrar na Casa de Deus e, a tódolos rapaces e rapazas sempre lles dicía que os anxos que estaban na igrexa, axexaban tanto as boas como as malas accións, incluso os "pecados" cometidos, por tanto, poderían ser castigados os que cometesen algún.
     Rosita esperaba con moita ansiedade o día "D", ou sexa, o día de poder coñecer e "falar" cos anxos. Coñecer a cada Santo que estaba representado na igrexa e, se posibel, facerlle algúns rogos que normalmente brotan da mente descontaminada dos meniños antes de ver actuar e ouvir aos maiores. Eles, en súa infancia, decodifican o que ven e ouven a súa maneira de ver e ouvir as cousas en seu rededor.
     Todo mundo da comunidade estaba esperando o día da conmemoración pola chegada da primavera. As expectativas da Rosita non cabían dentro de seu pequeno corazón e, ao chegar ese día, dende a mañán, ben cedo, pede á irmá maior para que non se esqueza da festa, pois, ela ten que estar xunto cos outros meniños na hora de entrar na Casa de Deus e ¿Quen sabe se ó falar coa Nai de todos, a Virxe María, por medio dela, puidera, tamén, falar coa súa verdadera nai ou a nai biolóxica? Ela, segundo lle dicían os maiores, marchárase había pouco tempo e estaba entre os xustos, alá no ceo, para seguir velando polos seus fillos.
     A profesora xa os había orientado para que, ó entrar na igrexa, entrasen en dúas fileiras, ben ordenados cos de maior idade na dianteira e os demais decrecendo ata o final da fila, en formación solemne como a ocasión o merecía. Despois de entrar, posicionanse no fondo da igrexa, con o cura e a profesora no centro das dúas fileiras para que fosen orientados: durante a celebración da Santa Misa, dos rogos e ofrendas á Santísima Virxen.
     Entre os últimos nenos de unha fileira, por súa pouca idade, encontrase Rosita toda vestida de azul e con asas imitando os anxos, para ofrendar e "falar" cos mesmos... Iso fora o que ouvira durante todo o tempo en que acompañou os irmáns ós ensaios xunto coa profesora. Agora, chegara a hora de poñer en práctica, segundo seus entendimientos, non só o que tiña visto e ouvira da profesora e dos maiores, pero, tamén, súas conviccións que, a pesar de inmaturas, tiñan un pouco de lóxica na formación do pequeno mundo da maioría dos rapaces da súa idade.
     Despois da misa cantada polos presentes, acompañados dalgúns dos curas da redondeza, rogos e ofrendas de flores á Virxe María —dúas nenas— tamén lle pediran para que coidase de súas verdadeiras nais, alá no ceo. Rosita foi unha desas nenas que, a pesar de súa pouca idade, con naturalidade, emocionouse e emocionou a tódolos que estaban na igrexa: por seu convencemento e certeza de que tanto a Virxe como a nai biolóxica a estaban ouvindo. Todo iso quedaría dentro de seu pequeno corazón e en súa alma por moitos días de súa vida.
     Poucos días despois de todos eses encantos, veñen os desencantos e moitas dúbidas na mente dunha nena que aínda non podía entender o mundo dos maiores. Asimesmo, continuou con algunhas "certezas" particulares das cales esperaba ter respostas adecuadas de todo o que había ouvido durante súa curta vida, principalmente, por non ter a nai para que a entendera en súas precoces dúbidas. Asimesmo, fala con unha tía con relación ás pequenas cousas que estaban a incomodala, despois de ouvila con moita atención, procurou explicarlle que as cousas non eran ben como ela as tiña imaxinado en seu pequeno paraíso do mundo que tiña construido en súa mente.
     Ela, durante o tempo que estivo fóra da Casa de Deus e despois ó entrar alá dentro, pensaba: ¿"Por que este templo, a Casa de Deus, está todo feito de pedras moi grandes? Ten poucas ventás e son moi pequenas para que Deus e os anxos poidan ver o sol, como o fan os homes e as flores, debe ser moi fría polas noites. De un lado da igrexa tiña visto unha escaleira encaracolada que parecía chegar ó ceo. No campanario, había unhas campás moi grandes que ela xa as tiña ouvido repicar algunhas veces durante as procesións ou cando morría alguen, repicando para que os vivos se acordaran dos mortos.
     Pensaba Rosita:
     ¿Por que os maiores fan iso coa Casa de Deus?
     Ela tamén se decatara no modo como os santos da igrexa se presentaban e preguntoulle ó seu irmán:
     —¿Por que algúns santos están sangrando, outros coas pernas quebradas e moi tristes coa cabeza caída? ¿Será por que teñen moito frío por non poder ver o sol, como fan as flores?
     Pero, calquera resposta que lle fora dada, nen sempre a deixaban sactisfeita, na verdade, era unha nena diferente das otras de súa idade.
     Cada día que pasaba, Rosita ía desenvolvendose física e mentalmente e, en sus pasatempos, tanto xogaba cos rapaces como coas nenas, xeralmente, xuntábase máis con quen lle daba un pouco máis de atención ou axudala a resolver moitas das súas dúbidas que fermentaban en súa cabeza. Nas tarefas que os irmáns facían para axudar á familia, ela estaba sempre presente para facer algunha cousa, ó seu modo, en todas as tarefas posibles, mesmo en algunhas que non a deixaban participar. Ela sempre encontraba unha maneira de filtrarse entre os rapaces maiores para facer súa parte das tarefas.
     Moitas veces, algúns rapaces ríanse ó vela falar soa, é dicir, tanto falaba cos animales, coas flores ou cos paxaros e, principalmente, ela dicía que se comunicaba coa nai a través dos anxos cando "voaban" en seu rededor. Gostaba moito de conversar coas persoas ben maiores: Elas contábanlle moitos contos, algunhas lendas e otras cousas que normalmente só se falan entre os máis vellos.
     Pero, Rosita era unha nena que encantaba ás persoas de máis idade; por súa intelixencia, naturalidade e simplicidade; como é costume dicir: "Un vello tres veces neno", por iso, era moi natural a convivencia afectiva entre uns e outros.
     Nas vacacións escolares, os adolescentes tiñan un pouco máis de tempo para axudar ós familiares e, unha das tarefas para a cal eran máis requeridos, era pastorear co gando nos prados ou no monte comunal, que en San Salvador de Xirarga era extenso e bastante productivo para o pastoreo. A ledicía costumaba ser máis completa nos finales de semana, cando as vacas non tiñan que traballar co carro ou o arado, eran como días de festa para tódolos adolescentes.
     Xeralmente, saían case todos xuntos da aldea, cada un co seu pequeno rebaño levado polo camiño vecinal ata os montes. Os de Alén, subían polo Casteliño deica "o outeiro da Cruz", despois algúns se espallaban por outro camiño. A maioría daba preferencia para o Caserío, as Feixas, a Casa nova ou a Chousa de Balboa, que se situaba entre os montes de Alén, a Bouza e o monte de Pardesoa.
     Como era fantástica a convivencia dos nenos e adolescentes, moitas veces, mesmo sendo de poboados, parroquias ou provincias distintas; no caso, de Ourense e Pontevedra. Claro, que en algúns casos, non poderían faltar pequenas pelexas ou mesmo "andar as pedradas", cousas moi naturales da adolescencia nas aldeas. Pero os "gardadores" do gando non eran apenas os adolescentes, pois, onde non os había, os maiores tiñan que facer esa tarefa.
     Rosita, xa un pouco máis crecida, unha adolescente con máis maturidade, tamén ía co irmán e os demais compañeiros que coidaban do gando. Algunhas veces formaban pequenos grupos, conforme súas ideas, necesidades ou aspiracións persoaisPero, Rosita, sempre que estivese unha persoa de maior idade por preto dela, a procuraba con a intención de que podería ouvir moitas cousas que gostaría de saber.
     Como se sabe, a maioría das persoas de idade máis avanzada, de un modo xeral, teñen moitas historias e lendas en seu arquivo mental, por iso, Rosita xa había notado as fontes de informacións que ela gostaba de saber, principalmente as lendas ou mesmo a verdadera historia daqueles poboados veciños e do modo de vivir das persoas.
     Un día, estando nun local onde os rapaces facían o lume para quentarse ou para asar un cacho de carne de porco que levaban de merenda... Ao encontrarse en rededor do lume xunto con outros nenos e dúas anciáns, ela decatouse que un pouco máis adiante, había unhas paredes e algúns ladrillos no chau, por debaixo da maleza. Aquilo chamoulle a atención, servindo para indagar con relación ás mesmas.
     —Señora Antonia, ¿Quen viviu nesta casa? ¿Debía ser unha familia moi grande, pola extensión da marca das paredes?
     —Mira, Rosiña, eu mesma xa non me recordo das persoas que vivieron aquí; claro que cando eu erarapaza, aínda había as paredes en pé, algunhas madeiras do tellado e outras cousas máis...
     Outro neno ouvindo á señora Antonia, tamén quixo participar da conversa e díxolles:
     —Mire señora Antonia, a miña avoa, tamén me contou que cando ela era unha nena, recollían moitas flores do xardín que era desta casa. Tamén me dixo que algunhas persoas, cando soas neste lugar ou cando tiñan que buscar as vacas case de noite, vían luces en movemento ó rededor da casa e, que ouvían persoas cantar. Algúns veciños máis antigos, tamén dicían que habían ouvído de seus avós dicir que cando estaban soas neste lugar, vían cousas que as deixaban con moito medo, inclusive, vían as persoas aparecer e desaparecer no medio do monte sem saber para onde ían nen donde viñan. Outras persoas falaban que, cando alguén estaba só neste lugar, xa tiñan visto a procesión das ánimas acompañando os mortos polos carreiros do monte. Pero, o que se ten ouvido a través dos tempos, é que, en realidade, viveu aquí nesa casa unha xoven señorita con seus fillos, como castigo, por "escapar" cun xoven que os pais non llo querían para marido.
     Moi curiosa, Rosita, pregúntalle ao grupo de persoas que estaba participando desa historia moi interesante:
     —Ben, ¿E de que poboado veu esa señorita que se casou contra a vontade dos pais?
     —Olla Rosiña, pode ser que sexa un pouco de lenda, pero, tamén pode haber algunha razón en toda esa historia un pouco xa esquecida. Eu, aída unha adolescente ouvía dos veciños máis antigos, que había un parentesco entre as familias da "Casa nova, Penalonga e unha familia da parroquia de Beariz. Por outro lado, sabese que, sendo Penalonga da parroquia de Xirarga e que os últimos veciños foron para a Cavada, Alén e Framea, por suposto, podería ser de calquer un deses lugares.
     —A señora Antonia, tamén conta que esas familias plantaban moito liño á beira destes pequenos regueiros, o mesmo que facían os de Penalonga e, despois, blanqueábano no "río do batán" para tecer as mantas e os "sabelos". Daí ven o nome do río, "río do batán, de bater". Comunicabanse entre eles, andando por uns carreiros feitos para as mulas ou burros, pois, algúns tamén eran "arrieiros" e acompañaban o mesmo río atravesándoo onde hoxe están os restos do muíño dos Perezes, ou dos "perces".
     Pero, Rosita, non se contentaba apenas coas historias que ouvía dos máis vellos. Como xa non tiña os pais: o pai morrera no Brasil e a nai pouco tempo despois cando ela aínda era moi cativa. Con seus catorce o quince anos de idade, ela xa pensaba en construir seus castelos de area, cando menos en seus soños bastante enigmáticos e ilariantes.
     Despois que un irman emigrou para o Brasil e a irmá se casou, ficáronlle poucos familiares e, iso a deixaba moi triste e deprimida a punto de voltar a soñar e "falar", como cando era unha nena, con os anxos e, a través deles, coa propia nai. A única confidente en quen a Rosita confiaba, alén de seu avó materno, era unha amiga de infancia, a Pilar. Con ela confidenciaba as cousas do corazón e co seu avó, as cousas da alma, da dor e da solidón pola falta de unha verdadeira familia, é dicir, os seus pais que faleceran cando aínda era unha nena.
     A pesar de ela estar estudando en un poboado moi preto ó mesmo tempo en que tamén axudaba o avó e unha tía nas tarefas do campo, sentíase moi angustiada polo futuro incerto que a podería esperar. O seu avó, a pesar de ser un home viaxado polo mundo e un pouco letrado para os parámetros daquela rexión, xá tiña moitos anos de vida, mesmo así, el estaba sempre a darlle consellos para que non perdese a esperanza en días mellores, porén, o máis interesante dos cosellos non estaría moi lonxe de ser dado. Como ela fixera cando era unha nena para entrar na casa de Deus, pola primeira vez, nun día de festa do mes de maio para reverenciar á Virxe Maria xunto coas demais rapazas da aldea. Sería mais un día "D" para ela.
     Naquela época, aínda era costume facer as pequenas viaxes a pé e, ela xunto con algunhas amigas e o avó, e outras persoas mais, foron á feira de Soutelo de Montes polo monte, andando por unha carrilleira que ía de Xirarga, pasaba por Pardesoa ata Soutelo. Ó pasar no lugar onde algún día existiu unha mámoa e, máis tarde, os frades de Aciveiro fixeron unha neveira —por iso lle chamaban "o Alto da Neveira", sentáronse para descansar por un intre ó mesmo tempo que miraban ó lonxe os outros cotos máis altos dos arredores. A vista dende alí era maravillosa: víanse moitas aldeas coas casas achegadas unhas ás outras os e os verdes vales.
     A Rosita e unha das amigas non se cansaban de ollar en seu arredor todo aquel verde val que máis lle parecía un imenso mar de augas verdes de tanta beleza de frores no medio dese océano colorido. O avó da Rosita, vendo as xovens mozas falar e apreciar a natureza, tamén ficou entusiasmado e un pouco emocionado con todo iso e, díxolle:
     Ollen miñas rapazas, todo iso que está diante de nós, deica onde poida alcanzar a nosa vista, eu xa andei cando era um adolescente igual a vós. Aquí onde nós estamos, a pesar de non ser o punto máis alto do monte de Abeleira, podemos ver alá por detrás do Monte de Bernalda, o lugar onde nace o Sol, isto é, o Nacente. Non hai vales, carreiros, camiños vecinais, pequenas fragas, aldeas ou planices que eu xa non coñeza. Din que o Criador, ó facer ese Pico de Bernalda, dada á súa situación xeográfica, quixo poñer coma testigos do feito, para que o gardaran deica a eternidade, a tres xigantes: Marcofán, Costoia e Monte Candán. Continuou a falar o avó:
     Todo canto rodea a eses tres xigantes, brilla sob a luz cristalina do Sol que acaba de surxir no horizonte. Todos eses camiños, carreiros e montes, eu andei por eles cando era máis xoven. Para min, non existe nada que non coñeza por esta rexión da Terra de Montes e súas redondezas. Nestes escenarios coñecidos, viven os homes con súas familias —moitos deles, foran meus compañeiros de traballo e outros meus discípulos—. Ensineilles os meus coñecementos, o meu saber. Eles aprenderan moi ben a lección. Coidaron de súas terras, construíron casas, abriron camiños, plantaron os vales, criaron ós seus fillos... Aprenderon moi ben o que lles foi ensinado e viviron unha vida entremeada de tristezas e alegrías.
     Pilar, que era unha das amigas de Rosita, ficou moi pensatiba con o que acabara de ouvir sobre esta histórica rexión da Terra de Montes e, como non entendera moi ben o que o señor Felipe dixera, preguntoulle:
     —¿Vostede ainda consigue lembrarse de tódolos detalles daquela época?
     —Si. En parte claro que si. É soamente consultar os meus mapas.
     —¿Que mapas, señor Felipe?
     —Os mapas que están aquí, ben gardados na miña mente.
     —Con estas palabras o avó de Rosita poñe a man na súa testa e díxolle ás dúas mozas:
     —Aquí teño gardado algunhas cousas que existen na realidade e, outras que nen todo mundo pode velas. Se puxerdes bastante atención no que eu vos digo, ó mellor poden percibir que nas nosas mentes pode haber mapas dos ceos, mapas das terras, mapas do corpo e mapas da alma. Camiñei por estes lugares. Voei co pensamento e aprendin aquilo que está gardado aquí nestes mapas. O que está nestes mapas eu trasfiro para vosoutras como herdade do saber de un maestro. Con este saber, espero que poidades andar por todas estas terras, sen medo nen sobresaltos, pisando sempre en terra firme. ¡Eu douvos o meu saber!
     En canto camiñan polos carreiros pra chegar á feira de Soutelo, o "maestro" fica en silencio por un intre ollando a carón dos ollos das "discípulas". El quere adiviñar o que esconden por detrás daqueles catro luzeiros verdes e azuis coma os ceos e os montes desta rexión da Terra de Montes. Examínalle os seus pés, pois, é nos pés sólidos que se revela a vocación para andar polos camiños áridos e descoñecidos.
     Pensaba el:
     —¿"Quen sabe se iso é todo o que estas xovens desexan e son capaces de realizar? Se así fora, talvez sexa mellor terminar aquí a lección e nada máis a dicir".
     Porén, o "maestro" non se contén e procura nas costas das discípulas prenuncio de asas —asas que el imaxinara ver como un soño dentro dos seus ollos—. El sabe que tódolas persoas son seres con predisposición pra ter asas e soamente se esquecen da vocación polo convencemento de algunhas cousas xa sabidas.
     A Rosita, que camiñaba ó lado xunto coa amiga, ó ver o avó ollándoas a carón, preguntoulle se habían falado algunha burrada que o incomodaran.
     —Non, miña filla. É que moitas veces, as persoas falan unha cousa e pensan outra, por isso, eu quixen confirmar dentro dos vosos "mapas" que estades a escribir, se realmente aprendestes ben a lección do que estades a ver e ouvir. Eu, ata agora, faleivos do que sei e está deseñado en meus mapas, pero, moitas veces os maestros tamén ten que ensinar o que non saben, o descoñecido, para decodificalo xunto cos discípulos; é así que verdadeiramente se aprende.
     —¿Señor Felipe, cando estivemos sentados no lugar onde era a Neveira, alá no monte entre os lugares de Abeleira e Pardesoa, fiquei pensando sobre a neve que gardaban alí os frades de Aciveiro. O que eles facían con ela e pra que lles servía? Preguntoulle Pilar.
     —Ben, eu tamén xa non alcancei aqueles tempos, porén, os máis vellos contaban que despois de ben compactada e preparada para viaxar por unha longa xornada, ó lombo de mulas, parece que a leveban deica Castela e outros lugares que eu non sei.
     A Pilar ficava imaxinando o que realmente eran os "mapas" que o señor Felipe falaba e como se poderían escribir e fíxolle máis algunhas preguntas sobre eles.
     El, despois de un intre de reflexión, respondeulle:
     —Olla, miña rapaza, os mapas representan a nosa imaxinación, noso coñecemento e a nosa sabedoría para poder camiñar, voar, navegar en nosas aventuras por lugares nunca antes coñecidos por nós. Pero, para algunhas aventuras, os mapas nen sempre son o suficiente. Para algúns soños e aventuras é necesario observar aplicando atentamente os sentidos ou a consciencia a todo o que vemos e non vemos, o que ouvimos e non escoitamos claramente, e así, poder adquirir un novo coñecemento con toda precisión. Eses son os mapas que cada individuo pode escribir na súa enigmática imaxinación.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega