Fragmentos de lendas e contos de aldea

Páxina Anterior

Os Manueles

Páxina Seguinte

v4dizramoscontoselendas007.html


     Non se sabe dende cando empezou a celebrase a festa do primeiro de xaneiro de cada ano, en honor ó día de San Manuel, nesta comarca da Terra de Montes. Esta conmemoración parece que acontecía na mor parte dos poboados de España. Pero, do que temos certeza, é que case sempre nos traía moita alegría ós mozos e a outras persoas de nosa comunidade, de un modo xeral, nesta parroquia de San Salvador de Xirarga.
     En determinados lugares, principalmente nas aldeas, esta celebración adquiría momentos de unha confraternización contaxiante e, en especial, con moitos dos "Manueles" que, entre eles, estaba un dos que dicía terenlle dado o nome do "Señor". Para ese señor Manuel, tódolos días eran vísperas do día de seu Santo; non soamente porque lle gostaba tomar unha copiña de augardente ou de anís, pero, tamén, porque ostentaba o nome do Noso Señor Xesucristo.
     O señor Manuel gustáballe de contar algúns contos sobre os feitos gloriosos de tódolos Manueles como parte de seus costumes e da verdadeira historia da Comunidade da Terra de Montes.
     Dicía el, ós máis mozos de súa época que os nomes: Manuel, Xosé, Francisco, Antonio... eran nomes de orixe bíblico ou, ás veces, nomes de santos. Eses nomes, en seu tempo de neno, eran os máis usados polas familias da Terra de Beariz de Montes e creo que por toda España por ser un país de tradición católica. Tamén lle dicía que o nome —Manuel— tiña máis magnitude na súa celebración que tódolos outros nomes, por algunhas razóns que el defendía:

1. Por un pouco de "Narcisismo", de súa parte e por ter o mesmo nome de Xesucristo.
2. Por ser celebrado o primeiro día do ano, coincidindo coa celebración do Ano Novo.
3. Por ser non mes de Xaneiro > Janeiro > Jano. O mes de xaneiro non se chama xaneiro por acaso. Ese nome ten orixe "divino". Presta homenaxe a "Jano", un dos deuses romanos que tiña dúas caras; Unha miraba pra trás, para despedirse do ano anterior e lembrar o pasado; a outra cara mira sempre pra diante, dándolle a benvida ó novo ano e asi construir o futuro coa experiencia do que xa se sabía.

     Pero, un dos xovens que case sempre lle gustaba escoitalo, o Xosé, nen sempre estaba moi d´acordo con todo o que ouvía dese señor. Entón, preguntoulle:
     —Señor Manuel, ¿o Nome do Noso Señor, O Mesías, non é Xesús?
     —¡Sí! Sí, Xosé, estou d´acordo nalgúns puntos. Cando eu era neno, sempre ouvía cantar a miña nai unha canción moi doce que nunca me olvidarei e, dicía así:
     "Manuel se llama Cristo, hay Jesús que dulce Nombre, dichoso de aquel que nace que Manuel se le pone".
     —Bo, pero iso é apenas unha canción que fala de Xesús, señor Manuel. Eu coñezo a moitas persoas cos nomes de apóstolos, profectas e santos e non creo que uns nomes sexan máis importantes que os outros.
     —Sí, iso é apenas meu modo de pensar dentro dos principios que nos enseñaron nosos maiores; eles tiñan moita fe e eran temerosos a Deus.
     —¿Quere dicir vostede que os nomes de hoxe xa non ten a mesma importancia bíblica daqueles tempos?
     —Mira, Xosé; a cultura dun pobo, en súa mor parte, consiste en seus costumes que, algunhas veces, vanse modificando pola influencia de novos grupos de individuos e pola necesidade de adaptación a un novo medio de vivir en seu hábitat e, iso, por desgracia, vén perdendo un pouco da esencia fundamental que está en nosas raíces.
     —Creo que xa lle estou empezando a entender, señor Manuel. Os costumes mudan cando outras persoas, que vén de fóra o que saíron e volveron con outros costumes fan cambiar o modo de ser dos que viven aquí.
     Por exemplo, cando eu era neno, nestas aldeas de Beariz de Montes, recórdome que o modo de ser das persoas era máis natural, elas tiñan máis amistade e respecto entre elas. A familia era o núcleo fundamental, había máis afinidade e respecto entre pais, fillos e outros membros da familia e, incluso, entre os veciños.
     Algunhas veces que saía acompañando miña nai, cando por algunha necesidade ía a algúns poboados da redondeza, ela falaba con tódalas persoas que encontraba polo camiño e, ás veces, dicíame: "Mira Xoseciño, aquel que ves alí é noso parente, nós témosche parentes por moitos lugares: Albite, na Bouza, en Rubillón..., e en case que tódalas aldeas de Xirarga, temos que quererlle ben e respectalos".
     —Tes razón, Xosé. Todo iso era unha cousa moi natural naquel momento de nosas vidas, hoxe as cousas cambiaron nestes poboados ¡xa case sen persoas! E, os poucos que somos, xa non nos coñecemos máis. Un que chega de paseo, outro que sai para facer compras..., que, de un modo xeral, nunca nos encontramos para cando menos: uns bos días ou boas tardes. ¡Que pena!
     —Por moitos anos xa vividos, case o xa son "vello", a pesar de que a verdadera idade está no noso espírito fraterno e en nosas accións de entendimento e colaboración dentro da comunidade en que vivimos ou convivimos, por todo iso, pregúntome:
     ¿Será que era todo iso o que pretendían os peregrinos da diáspora emigratoria de nosas aldeas, ó sacrificar parte de súas vidas e, ás veces, a súa propia familia, ó buscar por outras terras un novo horizonte onde o sol iluminase sempre co mesmo brillo de antano?
     A moitos deses heroes, creo que Deus non lle dou o tempo suficiente para ver ese novo sol, que nen sempre alumea nen deixa alumear, como eles querían para que un novo amañecer despertase do soño contaxiante dos novos valores, progresivos e xenerosos alcanzados por seus descendentes.
     —Olle, señor Manuel, eu tódolos anos compro esa gran revista cultural "O Quince", editada polo "Concello de Beariz de Montes que, según os que a coñecen e tamén a meu parecer, creo que vén rescatando nosa historia e nosos valores culturales a pasos longos. Entre moitas cousas interesantes, nunha delas lin algo escrito que se encaixa moi ben dentro do que vostede me acaba de contar. Algo escrito moi sutilmente que nen sempre lle damos a verdadeira atención que merece. Di así:
     ..."As follas caídas no outono, xa non poden volver á árbore. Pero non están perdidas. Fanse humus. Transformanse en savia. Alimentan unha nova planta. Renacen ramos, follas, flores e frutos. Todo volverá a renacer".
     —Si, Xosé, iso é a lei da naturaleza, sacrifícanse e morren uns para poder vivir mellor ou pior os outros. Case sempre foi así, pero con outros valores. En meu tempo de xoven, mesmo con pouco diñeiro, era moi feliz. A felicidade está dentro de nós e non noso modo de pensar con relación ó que queremos e podemos ter para poder ser felices.
     —Mesmo con poucos recursos materiales, as persoas de entón, parece que eran moi felices, claro, ó seu modo de ver as cousas. Non só polo que vostede me está dicindo, pero, Tamén, por lo que case sempre escoito dos maiores; había moita diversión a pesar dos traballos moi duros: na labranza, nas minas de estaño ou en cualquera outra profesión.
     Para disfrutar de toda esa felicidade:
     ¿Como se divertían os xovens naquela época, señor Manuel?
     —Cando falo contigo, Xosé, estou percibindo teus anhelos polos problemas sociales e culturales deste mundo global de hoxe. Iso recórdame os anhelos de miña adolescencia e xuventude. A pesar dos problemas inherentes a nosa comarca ou pequenos poboados.     Cando chegaba un día santo, ós domingos ou pola noite en días de traballo, ao ouvir falar dunha pandeirada —festa con as mozas tocando as pandeiretas— non importa se era na nosa aldea ou un pouco máis lonxe; o cansancio desaparecía en poucos minutos cando un compañeiro chamaba á porta para ir á festa.
     Como era maravilloso ouvir cantar as mozas e mozos aquelas cancións picarescas. Bailabamos a "jota, a muiñeira e o agarrado". Era moi divertido e iso evidenciaba toda nosa felicidade.
     —E para enamorar as mozas, naquela época ¿qué tipo de galanteo ou mañas usaban os xovens? ¿Era moi distinto do que se usa hoxe?
     —Olla, como as mozas da época escondían máis as partes anatómicas, paréceme que era menos atrevido, máis recatado. Non por que faltasen as ganas de ser atrevido, pero, porque había que pensalo antes de dar o bote. Había moita vixilancia por parte dos pais e das compañeiras entre elas mesmo, pois, cando algunha moza era un pouco máis alegre ou "atrevida", mesmo que con boas intencións, logo caía non conto das persoas das aldeas. Do resto, creo que non era moi distinto do que se usa e fai hoxe.
     —Meu tío tamén me dicía que era moi divertido cando os mozos e mozas saían da parroquia todos xuntos para ir a unha romería fóra do poboado; como por exemplo a San Benito en Pardesoa, San Bartolomeu na Bouza, ás Ermitas, Jende, ós Remedios en Presqueiras, á Festa Grande de Rubillón ou á a feira de Soutelo de Montes para ficar no "Changüí e poder bailar cos acordes místicos da gaita de fol tocada polos gaiteiros de Soutelo".
     —¡Canta soidade ó recordarme todo iso, Xosé! Na verdade, cando se saía ás festas fóra do poboado, era a mellor oportunidad para buscar unha novia o un novio de parte das mozas. Nesas ocasións, as nais estaban lonxe e, de parte a parte había máis libertade para o "bote", principalmente cando se volvía pola noite. ¿Ti entendes ben do que che quero falar? Claro, todo iso dentro de determinados parámetros posibles sen faltar ó respecto común.
     Xosé, vouche a contar máis algunhas odiseas dos mozos, alá polos primeiros anos da década de corenta, unha parte xa ben maiores e outros aínda moi xovens, algúns chegaran había pouco tempo do Brasil, Bahía. Un pequeno grupo tiña combinado para encontrarse, ó anoitecer, na "Portela da Correa", pois era o día Santo dos Manueles e, a pesar de divertirnos bastante durante a mañá, celebrando ese día, á noite fomos de ronda á festa da Barcia, pois, case sempre era de acordeón.
     Ó xuntarnos todos en local combinado, primeiro botamos unha "ronda" (cantando en grupo) para que nos ouviran as mozas dos poboados e, antes de empezar a camiñar pola estrada en dirección á Portela da Cruz, contamos cantos Manueles había para saber as botellas de coñac que poderíamos tomar. Canto máis Manueles, máis botellas de coñac para beber, como era de costume. Ó contalos percibimos que a mor parte eramos os Cristos, ou mellor dito, os Manueles.
     Dois dos baianos, que eran moi divertidos e non estaban moi informados das cousas do momento, xa habían comprado dúas botellas e unha copa para beber durante a camiñada. Pola carretera, deica chegar á Barcia, xa non había máis coñac, facía moito frío e nós quentabámonos por dentro ata chegar ó baile, alí, ó bailar un pouco, quentabamonos por dentro e por fóra.
     Despois de bailar e beber algunha cousa máis, á volta, xa de madrugada, como facía máis frío, tomamos case media botella cada un, eran sete Manueles. Algúns foron por Doade pola estrada e outros baixaron pola carballeira de Casaseto, que era moi inclinada e os sendeiros estreitos, algúns deles esbararon polo matorral e chegaron á casa cos pantalós rotos —case en calzoncillos. Iso foi motivo para moitos contos durante algún tempo nestes poboados.
     —Señor Manuel, ó escoitalo narrar todo iso, unha cousa me deixa impresionado pola puntualidade nos encontros entre os mozos daquela época:
     ¿Que medios de comunicación empregaban para xuntarse nun determinado punto, caseque todos ó mesmo tempo?
     —Ben, algunhas veces soamente un pequeno grupo dos mozos había combinado anteriormente nun determinado horario e lugar para o encontro, xeralmente os que tiñan novia neses lugares que ían á festa. Por exemplo:
     —Se íamos a Presqueiras (Alfonsín...), o econtro era case sempre nos Vidiños no lugar de Abeleira. Os que saían primeiro de súacasa, ían botando aturuxos (un grito de alegría como era costume), que era a marca rexistrada de cada un para avisar ós compañeiros que non sabían do encontro. En poucos minutos, os que habían chegado, empezaban a subida, aturuxando deica o Santo Domingo; alí era o último lugar de espera por máis uns minutos.
     Olla, Xosé, ó terminar a guerra civil española, os mozos un pouco maiores que tiñan participado da mesma e mesmo os máis xovens, parece que tiñan unha necesidad biolóxica e psicolóxica, caseque frenética, de espallar todas as enerxías acumuladas naturalmente pola xuventude. Dicían nosos pais e avós, que non recordaban, en súas épocas, de ver tantos xovens xuntos na parroquia de San Salvador de Xirarga. Foi unha época de ouro ou, mellor dito, un revivir cultural destas aldeas. Na verdade, a calquera lugar que fósemos os de Xirarga, sempre eramos moi ben recibidos —respectábannos e sabíamos respectar en tódolos lugares e en tódolos sentidos—.
     —Señor Manuel, hoxe, os adolescentes e mesmo moitos xovens, do Municipio de Beariz de Montes e seus arredores, a mor parte somos un producto da diáspora emigratoria; levamos un modo de vida mellor do que levan ou levaron nosos pais ou avós. Dos poucos xovens que viven nestes poboados, uns estudian, moi poucos traballan e outros están pendentes de un posibel emprego nas cidades próximas, porque, infelizmente, aquí, aínda non existen políticas de inversións que poidan fixar os nosos xovens "na súa Terra-Nai".
     —Ben, Xosé, creo eu que, nas próximas décadas, nosos gobernantes, xuntamente cos emigrantes que xa retornaron e viven aquí coas familias, aparte do que xa fixeron, é posibel que poidan crear condicións para investir nestes poboados —¡tal vez o fagan!— só asi, estas comarcas poderan continuar a sobrevivir con algunha actividade posibel sen depender exclusivamente dos aforros dos emigrantes e das pensións da Seguridad Social, porque, o día en que todo iso se termine, non quero nen pensar o que pode acontecer. Dáme pena só en pensar niso.
     —¿De onde quitaban o diñeiro as familias, principalmente para atender ós gastos do que non se producía non campo e, tamén, para atender á xuventude nas súas necesidades para poder divertirse cando saían para fóra do poboado?
     —¡Ah, Xosé! Aqueles días tamén foron tempos moi difíciles, financeira e económicamente. Para comprar o que non se producía na labranza e para outras cousasmáis, felizmente, en Beariz de Montes e na súa redondeza, ademais dalgúns que traballaban de canteiros e carpinteros fóra da comarca; Había as minas de estaño e "wólfram", en menor cantidade un pouco de ferro que algunhas veces servía para mesturar co estaño e ganar máis unhas pesetas, asimesmo, nen todos podían traballar nas mesmas. Era moi difícil naquele tempo.
     —Señor Manuel, ¿que tipo de explotación era máis común nesas minas do Municipio de Beariz?
     —Na parroquia de Beariz, a mor parte das minas había que explotalas quitando o mineral dentro das pedras. Foron moi importantes e xa se empregaba unha técnica bastante adiantada, inclusive fundíase non propio local —non lugar de Magros.
     Na parroquia de Xirarga, a explotación era un pouco distinta da que se usaba na parroquia de Beariz. A maior parte da casiterita (estaño) estaba mesturada cobarro ou sábrego —en filós de estaño, principalmente nos montes de Doade, Framea e da Correa. A principal explotación, era non monte de Framea, a mina do "Campanario", ela foi explotada por varias compañías e a través de galerías subterráneas, xa bastante mecanizada para aquel tempo. Alí tamén había fornos para a fundición do estaño. Nesas minas tanto traballaban os veciños de Xirarga coma os de Presqueiras, Devesa de arriba e Rego da Insua e algúns de Cernadelo.
     A mina do Sobreiro e a da Costa, non monte da Correa, a mor parte era explotada libremente polos veciños de Xirarga, o mesmo ocurría coa mina do Portodantas, non monte da Cavada.
     Algunhas destas minas, crese que foron explotadas por gregos e romanos en tempos remotos.

Cantares ós Manueles


Ai Maruxiña Maruxa
Maruxiña do caravel
Se queres un mozo bonito
Cásate con un Manuel.

Os moziños de Xirarga
Cando van á festa de Rubillón
Só volven de madrugada
Polo corococó do capón.

Eiche de aturuxar Manuel
Cando subir os camiños
E cantar unha cántiga
Ó chegar ós Vidiños.

Baila Manuel baila
Baila e agarrate a ela,
Se non queres que fuxa
Polo camiño da portela.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega