Gallegada, tradiciós, costumes, tipos e contos da terriña

Páxina Anterior

"O sancristán de Vilela"

 

m2lamascarvajalsacristandevilela.html

 


I


    
Non fai moito que morreu de puro vello. Por un mes e piques deixou de lle ver a cara á San Pedro levando un sigro ás costas.
     Dende que ôs quince anos se ll'entalou o Caco Pardo n-as gorxas e sintiu qu'o estómago non lle levaba o latin, canso de se ver escravo d'as correas d'o dómine n-a pasantía de Vilela, o Narciso d'as Petadas consagrouse ô servicio de Dios como sancristan ad totum d'a feigresía de Vilela.
     Bautizouse n-o seu novo estado c'unha falcatrúa d'o demo. Tal xenreira lle collera ô Caco Pardo pol-os sofocos e pol-as tundas de que lle fora causonante, que o promeiro cabucho de vela que viu ás maus ás espaldas d'o señor abade, dempois d'alcendelo n-a lámpara —angueira n-a que verteu o aceite como sinal de mal agoiro— empregouno pra queimar o libro d'os latinorios. Co-aquela queima quedou mais foncho que un inquisidor d'o sigro dezasete.
     Dempois xa vengado e satisfeito, e sin sintir n-o corpo as restregas d'o dómine sin entranas pero con maus, o sancristan de Vilela entrou de cheo n-os seus oficios.
     Pasados sete meses, sostiña que pra servir ben á Dios, como nembro d'a eirexa, non se precisaba saber migalla de latin, fora d'o que s'estila pra contestar ôs responsos e pr'axudar á misa.
     C'o gallo de tocar as campanas, deprocatouse de que mellor lle fora deprender múseca. Sentía unha envecha nobre cando oubía falar d'o ben que as repinicaba o sancristan d'a veciña parroquia. Os rapaces que andaban n-a pasantía de Vilela, conecéronll'o fraco, deron en chamarlle múseco de corda, e pra veren si caí de pito, xurábanlle e perxurábanlle, que aló en Roma se vendían unhos libros pra impoñer ôs sacristás, d'o mundo católeco n-o toque d'as campanas. Chegou á cavilar, xuntando reminiscencias, si os libros de que lle falaban os estudiantes eran os tales tratados de múseca relixiosa; pro renunciou á mercalos porque fixera o propóseto d'arrenegar d'os libros pra sempre.
     Alá se foi axeitando de modo e de maneira, deprendendo á sua costa, que sin estudios era ôs corenta anos tido entr'os feigreses de Vilela, pouco mais ou menos, por tan sabido com'o señor abade, fora d'a croa, y-en nagocios de tronos, e casos de concencia n-o tocantes ás almas d'o Purgatorio, como xa vira morrer á dous señores abades, o tio Narciso era o que se dí un home de consello.
     Duas horas dinantes de tronar tocaba ôs tronos, y-as campanas de Vilela tocadas pol-as suas maus, tiñan a virtú d'escorrentalos. Ó botar os responsos o señor abade, pol-a auga bendita que saída d'o hisopo, cuasque adiviñaba o sancristan si lle facía ou non proveito ás almas d'os mortos por quen se cantaban, e pol-o que ôs enfermos facía, tiña un ollo tan certo, tan ben os fadaba, que dicindo o sancristan que morría, non tiña volta, o enfermo por moito que aduanasen os médecos, e por mais ofertas que os parentes fixeran ôs santos, tiña qu'ir á parar debaixo d'as herbas d'o campo santo.
     A sona d'o sancristan de Vilela estendeuse sete légoas pol-a redonda, en beneficio d'o señor abade, quen chegou á ser dôno d'a apricación d'as misas mais caras que se decían pol-as ánemas d'o Purgatorio, pois en apinion d'as xentes, si o sancristan de Vilela non nacera c'unha cruz n-o ceo d'a boca, tiña unhas maus que nin pintadas pra sacar d'as penas e d'o fume d'o Purgatorio as ánemas benditas.
     Ós sasenta anos non se facía cousa n-a parroquia, sendo cousa d'a eirexa, sin lle pedir consello ô sancristan, e todol-os seus ditos eran respetados, con asombro d'a xente, hastra pol-o señor abade.
     E non colleu ó tio Narciso á fumo de pallas a lembradía. D'aqueles respetos e de moitos mais era merecente.
     Ó sair d'a misa, n-o adro d'a eirexa, ou pol-as tardes d'o vrau botando un vaso n-a bodega de calquer veciño, falaba d'a moral e teoloxía pol-os falares, e tan bede que os mais listos escoitábano co-a boca aberta. Falta facía qu'abrisen a boca pra tragar as caroucas d'o sancristan de Vilela, porque de non abrila, touparían cuasementes.
     Pra él as follas d'o Perrone eran o pasto d'os vërmes d'a viña d'o Señor; os latinorios, unha caste de nemigos pra lle tentar ôs estudeantes a pacencia; a moral escrita, o aire; todo aquelo que s'estudia n-a carreira ecresiástica, faguer que fagamos. Pra ser bô católeco, pra facer un señor abade comprido, abondaba con ter a concencia posta en Dios; con deprender a forza d'anos a moral práutica, e con sentir n-o seu corazon latexos d'amor ôs seus somellantes.
     E siguen as tuas teorías. N-o sacerdocio d'a eirexa hay predestinados e destinados. Son predestinados aqueles que á pulso conquiren unha parroquia, e por moito que fagan e por mais qu'esprandezan como curas d'almas, viven e morren de señores abades. Os destinados son os qu'inda ben non san d'o Seminario, por teren un padriño, ou quen lles arrimen a hombreira pra rubir, contar porparada unha silla de coro n-a que s'arrefolgan de calóngrigos, e como non teñen almas que precurar, e como precuran pol-a sua, confesando e comulgando unha vez ô ano asegun aconsella o Catecismo, sinten proído de medro e andan a caza de mitras como n-os agros andan os rapaces ôs grilos. ¿Qué agunía un obispo? Pois alá van eles co-a palla d'a infruencia á furgar n-o buburato d'o poder pra veren si a mitra lles vén a mau. De non lles vir foi unha creba d'o oficio; saíulles grila.
     En apinion d'o sancristan de Vilela, surten efeutos as bendiciôs d'os señores abades, porque as botan solasmentres cando teñen que botalas, ou por estaren marcadas n-os divinos oficios; pro as bendiciôs d'os señores obispos, que as botan á bultuntun e de corripias cando van de camiño, non son mais que bendiciôs de cumprimento que se perden porque van pol-o aire.
     D'estas cousas, en honor d'a verdá, librábase ben de falar diante d'o señor abade, que si cicais chegaba á sabelas, e pol-o dito lle regañaba, o sancrsitan respondíalle non sin sorna: "Sonlle pecatas minutas que digo cando estou de vagar pra entreter ôs veciños".
     O misterio d'a Trinidá, —que tamen n-estas fonduras se metia o sancristan de Vilela— espricáballo ôs frigreses por este xeito: "Ese misterio non vos cabe n-a cabeza por que sondes unhas bestas. A Trinidá de Dios estavos en todal-as cousas d'o mundo. Alá n-as nubes temos unha trinidá: o sol, a lua y-as estrelas; n-os elementos outra trinidá: augua, vento e lume; n-as nosas costumes outra trinidá: tomar a parba, xantar e cear; outra n-a nosa vida: nacer, vivir e morrer; outra n-o noso corpo: sólido, líquido e gaseoso; sólico, carne e osos; líquido, sangue e linfa; gaseoso..., non hay que decilo, o esprito; outra n-o noso estado social: solteiro, casado e viudo. Aqueles que non enviudan non chegan á ter a trinidá, porque os partiron pol-o eixe. Hastra cando nos despidimos d'o mundo, vámonos co-a trinidá. Non hay home que aguníe sin dar tres boqueadas. Fixaivos ben n-esto que vos digo, —escramaba o sancristan reforzando os argumentos—. En todal-as cousas grandes d'a vida verédel-o númaro tres xogando. Tres son as edás históricas: antigua, media e moderna; tres as angueiras d'a labranza: sementeira, precura e recolleita, e si dudades inda, non tedes mais que cando vayades á unha festa fixarvos en que son tres o cregos que cantan a misa, e asi de ceteris porque hastra n-o calvario houbo tres cruces".
     D'esta maneira facía gala d'a sua cencia infusa o sancristan de Vilela.





II

     Satisfeito xa que non feliz, pois n-a sua apinion a felicidá é unha chilindrinada n-a terra, vivía o noso sancristan entretido n-a precura d'a viña d'o Señor, que sin axofraduras, rendas nin cavas, pro a forza de moitos traballiños en loita c'os católecos aldeanos, que abren a boca pra rezar e cerran as faltriqueiras pra donar -com'él tamén sostiña- entre ofrendas e responsos, enterros e casamentos, iba tendo pra iba turrando namentres Dios non fora servido chamalo a vida eterna, onde un se manten de venturanzas e grorias sin xiquera sentir ánseas d'atender as angueiras d'o seu oficio.
     Cando mais entraba en anos e camiñaba pr'as ancollas, mais o sancristan de Vilela sintíase collido pol-a nugalla, con escándalo d'os feigreses, que deron en se queixar de que a parroquia non andaba ben servida, pol-a mor d'os esquecementos d'o sancristan en tocar ôs tronos y-as ánemas, d'o esmorecemento conque repinicaba as campanas n-os dias de festa, d'o pouco fondas que facía as covas pr'os mortos, e d'outras cousas, que si non pasaban de ser picalladas pr'o vello sancristan, en pr'os veciños d'a parroquia punto menos que delitos d'os que debe castigar a xusticia.
     ¿Qué tiñan eles que ver c'os achaques d'o sancristan? Si os brazos y-as pernas non lle rexían, o señor abade, comprindo como Dios manda, debia poñer un sancristan mozo n-o seu canto, pois pagando como pagaban, era xusto que foran ben servidos.
     Estas queixas convertíronse tempo andando n-unha caste de guerra contra o sancristan, que canto mais pra vello iba e mais desatendía as suas obrigaciós, amostraba mais degoramento pr'arrecoller limosnas pr'as ánemas d'o Purgatorio, e dera á maores n-a maña de botar pingas á miudo.
     Xa o señor abade, pol-o escurrichadas que andaban as vinaxeiras, caira n-a conta d'o defeuto d'o sancristan, pro facíase o bobo compadecéndose d'o coitado vello, perdonándolle o vicio en gracia ôs seus merecementos e traballos d'onte.
     Os feigreses vendo que o seu señor abade non lles daba creto, e que o sancristan lonxe de se correxir iba de mal en pior, pensando solamentres en que choveran cartiños pr'as ánemas, colleron a xusticia pol-a sua mau, e foron pol-a caladiña xogándolle malas pasadas ô sancristan, meténdolle cadelas falsas n-a caldeira d'auga bendita, en pagas d'os responsos que os domingos n-a misa d'a parroquia se cantaban pol-as almas d'os mortos.
     Reparou o sancristan n-a retranqueira, ô ver que tres domingos arreo as propinas que tiña por costume de lle dar o señor abade eran en cadelas falsas: que si pasaban pr'o pago d'os responsos n-a eirexa, non ll'as querían en troqueas n-o estanco, n-a taberna nin en ningures.
     Quixouse d'o feito; mais o señor abade que xa estaba n-o allo, respondeulle secamente: "Abrir os ollos."
     O sancristan non se conformou co-a resposta, e propúxolle que n-a promeira misa d'a parroquia botase un sermon, ben botado, asentándolle as costuras ôs monedeiros falsos.
     O señor abade tampouco lle deu creto; estonces o sancristan, â sua maneira, discurriu un xeito d'acabar co-aquela caste de timo que, n-a sua presoa, lle daban âs ánemas benditas.
     Resolveu que os cartos que apricasen en responsos se lle desen n-a mau.
     E dito e feito, si as cadelas eran boas, prenunciaba en alta voz o nome d'o difuntiño y-a indicacion d'o responso asegun fose de Memento, Lázaro ou Recorderis; pro sendo falsas, ô principio facíase o xordo, dempois deu en rosmar entre dentes, mais tarde miraba con ollos de condanado ôs que tiñan tales estrevementos, e concruíu, convencéndose de que non escarmentaban, por decir á berros diante por diante de todol-os feigreses un domingo n-a misa parroquial, que fosen a botar responsos ô inferno, pois solasmentres o demo traballaría de balde pol-a precura d'fas almas d'os mortos. E siguíu dicindo á berros: "¡Asús, María Santisima! ¡Qué parentes, que pillería teñen as ánemas d'o Purgatorio en Vilela! ¡Pol-o que os atenta o demo, están ardendo todos n-os profundos infernos!" E non parou n-esto a rabexa d'o sancristan, porque cego de coraxe, e levado pol-a indinacion, esfachicoulle o hisopo nos fuciños á un mozo que s'estreveu á chamarlle "¡bárbaro!" pol-o dito.
     O señor abade quedou atontecido.
     Dend'estonces, coidando que se volvera tolo non lle consistiron que atravesase as portas d'a eirexa ô sancristan de Vilela, que por defender os seus direitos, por s'apoñer á que n-os nagocios espirituales non pasaran as moedas que por falsas non pasan n-os nagoicos d'a terra, morreu n-a apinion de tolo, e probe; pro sostendo inda n-as suas derradeiras horas, que a relixion de todol-os veciños de Vilela non era mais que unha moeda falsa.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega