Homaxes

 

"Eramos tres irmáns".

Páxina Seguinte

m2lorenzovarelahomaxes001.html

(A X. X., que dábamos por morto na forca
franquista, i-a outra noite déronme novas d'il,
vivo e loitando por Galicia i España.)




Eramos tres irmáns
mariñeiros os tres, cada un no seu mar.
Tiñamos a misma pel de péxegos novos,
cada un dos tres no seu albre lixeiro,
a navegar pol-as augas do tempo.
Mais fixemos un barco de carballo e piñeiro,
e cada un deixou a sua estrela nas gavias,
pra non ter mais que un mar, un barco, un ceo.

Eu era o capitán, ti eral-o santo,
i-o outro irmán maior era o tolo d'abordo,
tolo de terra leda e de lus e d'orvallo.

Queimou o barco o demo:
do tolo nada sei,
a ti como eras santo non te rachou o vento,
i-eu lonxe, lonxe, lonxe,
ardendo eiquí, no inferno.
Reza por min, amigo, e pol-o noso irmán,
¿aquel cervo ferido, pacerá no seu lar?

¡Ay, miña carballeira!
¡Ay, meu piñeiral!
¡Miñas estrelas verdes
de pastor n'outra mar!
Cando saia do inferno,
¿saberei navegar?
¿Dirasme ti, irmao santo da miña mocedade,
como fan os madeiros pra se ter sobre o mar?

¡Vinde chousas sagradas,
carballeiras de meus pais,
agárdovos nestas praias
pra min sin terra e sin mar!


     Foi feito pola suposta morta de R. Piñeiro ó remate
da guerra civil, en 1940.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega