Isaías, o emigrante soñador

 

Dedicatoria

Páxina Seguinte

Esta narrativa

     Esta narrativa, retrata moi ben a camiñada da maioría dos emigrantes levados a buscar unha vida mellor que, en determinadas épocas, o lugar de nacemento ou o seu país de orixe non lles podían dar.
    
Esta humilde "obra literaria" que foi escrita ós poucos, na década de noventa, cando a mor parte dos personaxes reais que fan parte da mesma aínda estaban vivos entre nós.
    
Agradezo a todos eles, vivos e mortos, que, sen a súa convivencia, amistade, sufrimento e compañeirismo, sería imposible realizala.
    
Ademais diso, quero, tamén, facer un homenaxe todo especial a tres emigrantes da Terra de Montes - Galicia - España. Entre os moitos amigos que coñecín na miña xuventude —en Salvador, Bahía— un deles é Raúl Lamoso Penas, que tamén fai parte desta gran familia de personaxes reais e moi especiales xuntamente co Emigrante Isaías. Tamén, a un outro gran amigo que coñecín en Belo Horizonte: Perfecto Cabaleiro Gudín e a meu irman, Serafín Diz Ramos.
    
Este homenaxe, post mórtem, é para eses tres seres humanos moi especiales, estean eles onde estiveren, seguramente, ó lado dos xustos, alá no ceo.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega