Isaías, o emigrante soñador

Páxina Anterior

Glosario

 

v2dizramosisaias010.html
O Ribeiro - Rexión productora de viños situada en Ourense, Galicia —España—.

Terra de Montes - Comarca histórica situada na divisa das provincias de Ourense e Pontevedra, Galicia - España.

Doade de Beariz de Montes - Poboado da Terra de Montes, onde se realiza unha feira mensal moi importante hai máis de catrocentos anos.

Rosalía de Castro e Murguía - Natural da Provincia de A Coruña —Galicia. Foi unha gran intérprete lírica hispano-galaica e dos sentimentos do pobo galego. Viviu entre 1837-1885.

Sobradelo - Estación do ferrocarril na provincia de Ourense, Galicia.

Aragón - Unha rexión moi importante de España que fai divisa coa Franza.

Pico de Abeleira, Coto de Bernalda, Marcofán e Monte Candán -son montes bastante elevados que se destacan na rexión da Terra de Montes, próximos ó Monasterio de Aciveiro - Galicia.

A Coruña - É unha das catro provincias de Galicia onde está situada a Catedral de Santiago (Santiago de Compostela.)

A lingua galega - É unha das linguas históricas faladas en España, xunto coas demais linguas: vasca, catalá e, é claro, o castelán. Hoxe, o idioma castelán é denominado de español, que é a lingua da unidade nacional.

Pulpeiras - Son as mulleres que se encargan de preparar o polbo, principalmente nas feiras ó aire libre, nas festas e romerías de Galicia.

A Cidade de Vigo - Vigo é un dos maiores portos de Europa, en seu xénero. Está situado na provincia de Pontevedra —Galicia— España.

Celso Emilio Ferreiro - Tamén foi un emigrante e un dos grandes poetas hispano-galaicos. Era natural da provincia de Ouense. Autor de " A Longa Noite de Pedra".

Cádiz - Unha das cidades más antigas da península ibérica, situada nas proximidades do Estreito de Xibraltar —Sur de España— na rexión de Andalucía..

Wólfram - Un tipo de metal moi duro. Bastante procurado durante a Segunda Guerra Mundial en Europa.

Guipúzcoa e Vizcaya - Son rexións moi importantes do país vasco, (rexión histórica de España) —situada no mar Cantábrico.

Asturias - Esta rexión foi a alborada na reconquista da península ibérica ós mouros (árabes) Está situada no mar Cantábrico —norte de España.

Sancho el Mayor - Foi uno dos grandes de Aragón, Navarra e Castela —España— durante a reconquista ós mouros (Islamismo.)

Fernando I el Magno - Reinou entre 1035-1065, durante a reconquista da Península Ibérica.

Doña Urraca - Filla de Fernando I e bisneta de Sancho el Mayor. Recibiu como herdade do pai, o "Señorío de las tierras de Zamora".

Cantinflas - Foi un gran actor mexicano, moi intelixente para desempeñar personaxes humorísticos —seu verdadeiro nome era Mario Moreno.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega