Isaías, o emigrante soñador

Páxina Anterior

Prefacio

Páxina Seguinte

v2dizramosisaias002.html
     Isaías, en parte, foi o producto dunha familia tradicional de labradores dunha rexión galega —España— cuxas necesidades e posibilidades, variaban conforme os cambios político-sociales do medio e con a herdanza que puideran recibir de seus antecesores. En canto iso, o xovenciño Isaías, tivo que abrir camiño na vida pola súa propia conta.
    
Sendo como era, dunha Comarca de labradores, de duras e inhóspitas terras, castigadas polos invernos bastante prolongados e o minifundio enraizado por varios séculos na alma de seus habitantes, por iso, el vía poucas opcións profesionales en seu futuro. Pero, para un rapaz inquieto, voluntarioso e decidido, ansiaba poder voar un pouco máis alto. Deixar o solar paterno e, con moitas ilusións en súa mente soñadora para alzar voo ata onde fora posible.
    
Pés ó camiño, sendo apenas un adolescente prematuro e, comezando a dar os primeiros pasos por veredas e montañas con espírito temerario e audaz, buscando lugares máis prometedores que a súa aldea de nacemento lle podería proporcionar; deixándoa para tras con moita tristeza. Inicialmente, traballando en varias minas de estaño, wólfram e na reconstrucción das rexións devastadas pola guerra civil española, apenas, para poder sobrevivir e ó mesmo tempo servirlle de aprendizaxe para pasos un pouco máis longos e, así, el continuaba a súa tan soñada camiñada por lugares descoñecidos.
    
Os próximos pasos de Isaías, serían un pouco máis altos, distantes e cheos de expectativas que nen sempre poderían corresponder a súas ansiedades. Ese xoven soñador, estaba decidido a enveredar por outras terras, alá do outro lado do Atlántico, como xa o habían feito algúns de seus antepasados noutras épocas non moi distantes, tal vez polos mesmos motivos.
    
Isaías, continuaba coas mesmas ansiedades e características de súa infancia un pouco conturbada, súa inquietude e algunhas veces ata un pouco de rebeldía constructiva e necesaria en determinadas circunstancias de seu cotidián. El, foi un adolescente convertido moi temperán, un observador dos problemas en seu rededor que, moitas veces, levávanno a situacións bastante inusitadas.
    
Pero, nen por iso, en toda súa xuventude, deixou de ser consciente, con naturalidade e de unha personalidade moi forte; humana, inquebrantable e decidida, onde, en súa traxectoria, fóronlle aparecendo importantes acontecementos: Irónicos, humorísticos e agradables; alternados con situacións tristes, amargas e desalentadoras.
    
O longo camiño que percorreu, dende os primeiros pasos, sobre a terra batida en súa aldea de nacemento e outras rexións de España e, máis tarde, tamén, por terras brasileiras que o acolleran como a un verdadeiro fillo lexítimo; el sempre camiñou repleto de ricos valores: Humanitario, de éxitos, de algúns fracasos, de horas felices, de momentos amargos, de autenticidade, humildade e de gloria. Todo iso sen perder a esperanza en días mellores, mesmo despois que lle foron aparecendo as primeras canas brancas, como resultado desa longa camiñada ó escalar montañas para que, dende o seu cumio, puidese ver tanta beleza esperando para poder ser admirada.
     Sabendo que algúns soños son case que irrealizables, asimesmo, valía pena intentar soñalos: Eles son o combustible para o espírito e danlle a dirección dun posible camiño para a fantasía, que é o preludio da realidade. Así, Isaías, o Emigrante Soñador, continuou seus pasos, con intención de reencontrar dentro de sí, a súa propia felicidade. Talvez, agora, como un posible período máis calmo, de alivio e a cura das feridas causadas polas loitas de da vida, poida concretizar tódolos seus soños —cando menos en tesis— antes do penúltimo viaxe, ese viaxe enigmático que, sen querer, é parte inherente e inseparable de noso ciclo vital, asimesmo esperándoo con moitas dúbidas en sus mínimos detalles, aínda coa súa mente esperanzada polos seus últimos soños.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega