Isaías, o emigrante soñador

Páxina Anterior

O emigrante

Páxina Seguinte

v2dizramosisaias003.html
     — O Emigrante — Unha figura enigmática e bastante esquecida por moitos anos; case que sempre unha fonte inesgotable de divisas para o País de Orixe — Un elemento transformador no País que o acolleu.
    
Ese tipo de ser humano, moi ben caracterizado na historia da humanidade, principalmente na historia contemporánea, ó cal, nen sempre é dada a respectiva importancia que desempeña dentro dunha sociedade que o acolleu e, como un todo, para o propio país de orixe.
    
De certa forma, os emigrantes, dadas sus varias características, tamén poden ser comparados a outros seres vivos que tna necesidade de mudar de hábitat, non apenas por vontade de mudar o "facer turismo" non, pero, para poder perpetuar a especie. Como exemplo, poderíamos citar os salmóns que na época de desova, sobnos ríos procurando os lugares máis adecuados que lles den sustento e seguridade para criar unha nova familia, aínda que, despois do deber cumprido, ese mesmo lugar lles sirva de refuxio para seus últimos días de vida.
    
Nese viaxe excitante, coa ansia de poder conseguir o obxectivo predeterminado, poucos alcanzan seu destino. Algúns, quédanse agonizantes entre as pedras e correntes de auga moi fortes, outros serven de alimento ós seus predadores. Asimesmo, os que sobreviven a ese maratón, conseguen cumprir o seu papel esencial na perpetuación da especie. Se ollarmos a vida dos emigrantes, en toda a súa traxectoria por terras descoñecidas, constataremos que, ten a mesma signa final do destino e da sobre vivencia.
    
En España, ese intrépido ser humano, por moito tempo, foi chamado de "indiano", pola razón de considerar o novo mundo como "Indias Occidentales". Corresponde á primera grande corrente de emigración á América do cono sur. É o período chamado de "A belle èpoque" o período da bonanza económica dos primeiros decenios do século XX. A belle èpoque, corresponde a un momento de esplendor económico e científico, cultural e artístico na maior parte dos países do mundo. Ese fenómeno cultural, ocorre de forma moi particular nos países americanos; destacándose Cuba, Argentina, Uruguai, América do Norte e, de certa maneira, tamén o Brasil.
    
A emigración española, de un modo xeral, non foi moi ben orientada ou organizada, particularmente para o Brasil, nen polo País subministrador nen polo receptor, a fin de absorber a man de obra previamente acordada por algunhas empresas brasileiras. En España, a emigración, principalmente, é causada por varios problemas existentes naquela época: industrialización tardía, falta de terras para cultivar, minifundios e a guerra civil española, o que leva moitos españois, á ilusión da subsistencia na América do cono sur.
    
A mediados do século XIX, eses Países, con escasa poboación activa, principalmente no campo, chegaban a disputar os emigrantes españois que saían de súa terra sen rumbo certo, ou sexa, sen un contrato de traballo garantizado que ofrecían algunhas empresas maiores para determinados servicios. Porén, nen sempre o canto da serea era ben entoado, pois, ademais dos obstáculos enfrentados nos viaxes moi longos e, en condicións miserables, máis tarde, descubrían a realidade do paraíso prometido por moitos empresarios mal intencionados.
    
A principios do século XX, España chegou a prohibir a emigración para o Brasil, dados ós malos tratos recibidos por moitos emigrantes, asimesmo, aproximadamente ata 1925, habían entrado no País uns cinco centos mil emigrantes. E, a pesar dunha gran maioría estar capacitada para actuar no campo, poucos procuran ese tipo de actividade, prefirindo actuar no comercio ou na industria. Iso, lévaos, de certa maneira, a un conflicto coa clase media urbana na medida en que subían no nivel social: na prestación de servicios e no comercio, principalmente no Río de Janeiro, Bahía e en São Paulo.
    
A partir dese momento, foi unha caudalosa corrente de milleiros de emigrantes a cada ano, ata pouco despois da segunda guerra mundial. Esa gran masa de emigrantes, por antonomasia, é a emigración dos "indianos". A ilusión foi tanta, para os soños dos emigrantes, específicamente para españois, portugueses e italianos, que saían dos portos da Península Ibérica e Italia, navíos repletos de familias enteiras e moitos xovens cheos de esperanza e moitas aventuras ou desventuras nas novas terras que os acolleron.
    
Particularmente, os emigrantes españois, a mor parte, son homes moi xovens e cheos de enerxía; oriundos das rexións do campo dos cuadrantes máis distantes do sur e noroeste da península ibérica ou das Illas Canarias.
     — ¿Que ilusións levaban eses emigrantes que ían para América? Pois ben, "facer a América" e, se posible — facerse ricos a través do seu traballo honesto.
     — A verdade, é que poucos conseguían realizar tales soños — mesmo traballando bravamente con afínco. Apenas algúns sairon de pequenos comerciantes e artesáns, sen embargo, era dende logo un pouco máis do que conseguían en seus poboados de orixe, en España.
    
Pouco se sabe a respecto do destino que tiveron a non ser uns poucos que retornaron. Xeralmente, o que retornaba, era aquel emigrante que tivera máis éxito en súas camiñadas por terras americanas. En seus poboados de orixe, moitos deses retornados, crearon pequenas fundacións; escolas e outras formas daxudas comunitarias. Eles, eran uns verdadeiros altruistas, a verdadeeira esencia dun mensaxe hispánico. En seu poboado, construían unha casa do tipo burgués, para mostrar un pouco de ostentación: un amplio jardín con palmeiras para matar a distancia daquelas terras americanas. Esas casas, moitas veces, desentoaban do paisaxe arquitectónico do medio rural, tanto nas rías galegas como no campo, nas montañas cantábricas ou nas Illas Canarias.
    
Para eses emigrantes; Buenos Aires, Uruguai, Venezuela ou Brasil, eran, psicológicamente, máis preto que Madrid ou Barcelona. É unha pena que non se teñan conservado esas obras que, ademais de ostentar unha "belle èpoque", representan o esforzo e un gran sacrificio de moitos emigrantes, cando menos as máis destacables, como homenaxe a eses grandes "indianos" e pioneiros anónimos.
    
Aqueles emigrantes que aínda viven e, por varios motivos, nunca puideron volver á terra que os viu nacer, hoxe, con idade avanzada e o rostro resecado polo sufrimento de moitos anos vividos; só lles resta a soidade, tristeza e unha dor moi grande dentro do seu peito, onde encerran un corazón todo dilacerado. Un dos grandes intelectuales hispano-galaicos, "Alfonso Rodríguez Castelao", nunha de súas caricaturas de un cadro que pintou, cando estivo exiliado en Buenos Aires, conseguiu representar moi ben toda esa dor moi profunda no peito dos emigrantes españois —principalmente os galegos— cando non podían retornar ás súas orixes, ó menos para que fosen enterrados no seu poboado de nacemento.
    
Eses heroes anónimos, esquecidos por moito tempo, cando ten a oportunidade de entrar en contacto con outros emigrantes máis "afortunados" que visitan o visitaron a España e, ás veces, algunhas autoridades españolas con un pouco de desprendimento e cariño filial, séntense, de certa forma, un pouco máis confortados pola información da terra natal e polo afecto recibido. É moi gratificante —a relación que existe hoxe do novo home español— principalmente das representacións diplomáticas con os emigrantes que un día tiveron que cruzar o Atlántico nun adeus conmovedor en dirección á América. Poderíamos clasificar esa relación como unha tutela que foi omisa noutras épocas ou, tal vez, sexa a dobre condición de tutelador oficiante e tutelado ansiante; o leito polo cal transborda, a borbotóns, a eclosión vital que supon a españolidade latente de dimensións universales.
    
En Galicia, principalmente nos pequenos poboados, nas primeiras décadas e deica a metade do século veinte, eran case unha constante os comentarios sobre as persoas que habían emigrado e non volveran xamais; como xa foi narrado en páxinas anteriores, apenas algúns máis afortunados conseguiran esa fazaña. Os máis xovens, ó ouvir falar sobre eses máis agraciados pola sorte, quedaban moi curiosos e ó mesmo tempo, imaxinando que un día, ¿quen sabe se non poderían seguir o mesmo camiño? En verdade, eses adolescentes, mirábanse naqueles que habían brillado máis, e nunca os que quedaron esquecidos polos camiños da desgracia.
    
Entre moitos deses xovens, estaba un que soñaba moi alto naquel exacto momento, pero, talvez un día puidese seguir un camiño semellante ós parentes que xa habían estado por terras americanas. Algúns volveran ¿e os outros? Só Deus sabe cal foi o seu destino. Asimesmo, ansiaba para que ese día puidese chegar e poder realizar parte de seus soños a través dunha nova forma de camiñar. En súa mente, ese soñador, tiña ben grabada parte da aventura e fantasía ou talvez a verdadeira saga de un xoven que nacera para soñar. Pero, como para poder soñar é necesario dar corda solta a nosa inxenua e fértil imaxinación, principalmente, cando en nosa cabeza, case todo é fantasía proveniente do toque dunha fada madriña coa súa variña máxica.
    
É aquela época de sentimentos puros e reais, que todos nosoutros intentamos soñar de novo, cando menos unha vez en nosas vidas, por moi difícil o agradables que elas teñan sido. É aquel momento sagrado que paramos para pensar e preguntarnos: ¿O que queremos en realidade e para onde vamos na nosa descoñecida camiñada polos sendeiros da vida?
    
Para o autor de esta narrativa — é algo máis que simples ilusións, soños ou fantasías de xovens emigrantes cheos de ideas e moita enerxía, como ben nolo demostra o emigrante soñador, a través das páxinas deste libro, onde sintetiza o pensamento da maioría dos emigrantes de súa época. Sinceramente, eu penso que, as novas ideas, xa máis consolidadas e mellor estructuradas, moitas veces, vén sen avisar ou pedir permiso para expor nosas alegrías ou tristezas en determinadas ocasións de nosas certezas o dúbidas. Porén, o emigrante soñador, sabe moi ben retornar ós seus soños e fantasías de súa adolescencia, sen perder a serenidade que lle é peculiar na súa precoz maturidade e continua sendo o mesmo despois que lle foron aparecendo as primeiras canas brancas.
    
En verdade, nos momentos de emoción, el intenta vestir a pel dun verdadeiro neno de forma moi natural. Como o fan os verdadeiros rapaces. Hai un adaxio que di:
    
"En determinadas circunstancias da vida, se non puideres ser como un neno, non alcanzarás as dádivas de Deus".
    
Ademais diso —creo que a adolescencia é o último estadio do florecimento máis puro e espontáneo do ser humano—.
    
Paro por un intre para reflexionar un pouco mellor, a fin de atenuar un pouco o vóo moi rápido de miña imaxinación, con relación ós sentimientos deses xovens cheos de vida e moita fe, en todo aquilo que desexan construir para un futuro mellor. Ollo ó rededor de min e véxome entre eles; fluctuando como se fose nun xardín encantado, onde podo soñar e respirar o perfume das flores que perfuman a miña alma e consolan o meu corazón, hoxe, xa bastante castigado polos desencontros da vida; tamén, como un dos milleiros de emigrantes soñadores. Máis unha vez, concéntrome na dirección do ceo, que hoxe me parece máis azul e coa súa curvatura máis próxima de meu alcance alá no horizonte, tan próximo que, ó poñerse o sol, aínda me parece que podo tocalo coas miñas flacas e cansadas mans.
    
Ás veces, sinto un pouco de ansiedade, que non me deixa pensar con moita calma e clareza como é de meu costume; quizais, por percibir que o tempo vital me persegue asustadoramente na miña traxectoria tridimensional, para poder acompañar os soños moi enigmáticos de tantos outros emigrantes soñadores.
    
¿Vostedes xa se sentiron así algunha vez?
    
Parece que nada pode satisfacer miña ansiedade de querer recuperar algún espacio de tempo perdido, existe unha sensación de estar afogándome no medio de un deserto abrasador que, por un intre, lévame a un delirio sufocante e desesperador. Respóndanme:
     —¿Xa tiveron esa sensación nos soños ou delirios, a través do espacio e do tempo, parecendo desplomarse en caída libre?
    
¡Ó mellor non!
    
Supoño, que case todos nós xa tivemos a necesidade de reflexionar algunha vez para intentar retornar a outros tempos; talvez un pouco máis difíciles e enigmáticos pero, naturalmente propicios para nosos soños e fantasías; principalmente en noso poboado, aldea ou cidade de nacemento. Asimesmo, diante da miña angustia, volto a preguntar.
    
¿Por que o home de hoxe, principalmente, séntese impresionado tanto polo pasado como polo futuro?
    
¿Cal é o motivo que o leva a procurar a emoción, particularmente, no pasado ou na contemplación da natureza, nos lugares onde vive ou xa viveu, mesmo nas cousas máis simples por onde anda?
    
¿Como se explica tanta atracción por lugares e monumentos antigos e a cultura, non moi lonxe de nosos antepasados, a punto de hipnotizarnos con tanta beleza na diversidade deses valores?
    
¿Cal é a razón de todo ese sentimento que provoca tanta dor no fondo de noso peito e en nosa alma?
    
Para intentar entender e xustificar, en parte, toda esa manifestación tan poderosa e sublime, hai que aprofundarse bastante na relación de nosa vivencia e procurar entender o por que, ese conxunto de sentimentos, fai brotar unha impresión tan forte na maior parte das persoas, deixándoas deslumbradas e moi emocionadas. De todos eses sentimentos, os que máis nos envolven, talvez, sexan os recordos da adolescencia e parte da xuventude e da convivencia en comunidade nos nosos lugares de nacemento.
    
¿Será que vostedes agora xa empezaron a entenderme, ata onde pretendo chegar a través da camiñada de un soñador? Mesmo na dúbida, teño certeza, que, xunto conmigo, nesta viaxe, van a intentar sentir o palpitar no peito de Isaías durante seus soños bastante reveladores e con moito sentimento.
    
¡Veñan conmigo!!! ... Procuren seguir os pasos de Isaías na tentativa de encontrar algo supostamente mellor.
¿Quen xa non tivo a tentación ou ilusión de querer gravar súas alegrías, desencontros, discordancia, súa dor ou tristezas dos soños en seus pasos discontínuos, mesmo que nun papel de borrador pra poder ler en silencio cando a soedade en seu peito estoupar?

    
Para min, particularmente —como tamén un dos emigrantes soñadores— hai varios anos que procuro pasar algunhas tempadas na miña Patria de orixe, en España e, principalmente, na pequena Patria histórica —Galicia, no poboado dos meus devanceiros; "Xirazga de Beariz de Montes"—. Claro, sen poder contar con aquelas pequenas cousas que facían parte dos soños e necesidades de un adolescente. Asimesmo: con papel e lápiz na mao, nas mañás e ás tardes fresquiñas, á sombra dos carballos, á beira de un pequeno regueiro e a fragrancia do matorral florido, ando polos camiños vecinais destas terras, en busca do que un día eu perdín e de novas aventuras.
    
Ó respirar todo ese frescor, que vén da terra húmida e da auga cristalina, procuro instalarme nun lugar tranquilo e, se posible, alto, ó pé de unha colina arredondada desta Terra de Montes. Busco, o lugar exacto, onde o vento ó contacto coas árbores, parece falar e querer soñar xunto conmigo, neste soño, o día paréceme un pouco máis longo coas noites perfumadas e encantadoras. Alí, entre as árbores que se axitan coa brisa: o ladrar dos cans, o cantar de paxaros, lonxe do teléfono e a televisión, deixo miña imaxinación fluctuar libremente, indo ó encontro do emigrante soñador.
    
Creo, que a final de contas, como me gusta de escribir; principalmente, sobre todo o que vin, vivin e deixei de vivir, tamén; de todo o que vexo e deixo de ollar cos ollos, pero, véxoo coa miña propia alma —co meu modo de entrever e sentir as cousas— estas pequenas cousas que nos fan revivir eternamente, entusiasmándonos a enveredar por novas aventuras e, así, intentar acompañar os pasos de un visionario acreditando en sí mesmo.
    
En verdade, é que nestes días de descanso nesta rexión galega, sexa na praia ou na montaña, por estes sendeiros que en miña infancia podería recorrelos de ollos pechados e, que podo resumir nunha imaxe plena de suxerencias transmitidas por un emigrante soñador para avivar e alimentar a miña memoria. Hoxe, nestes paraxes, aínda ocorren pequenas cousas como aquelas que marcaran miña infancia, porén, con menos intensidade e franqueza das persoas que hoxe habitan estes poboados.


.............................................

Despois de moito tempo,
o emigrante vai á súa terra
pensando aínda coñecela,
pero, todo mudou, el e ela.

Non coñece a máis ninguén,
nen mesmo aos parentes,
¡os amigos! Xa non os ten.
As persoas son diferentes.

..............................................

     Asimesmo, sigo meus movementos milimétricos, sen moita importancia; encontros insustanciales, leves xestos intranscendentes e retraídos que fago estes días que, a pesar das diferencias encontradas aínda me parecen maravillosos e extraordinarios, como se o tempo dese media-volta, volver. Ese tempo flexible que veño a disfrutar en canto podo transformar os soños e a fantasía en realidade, converténdoos en máis un regalo que Deus nos deu.
     Con algúns vasos de viño, desta rexión — O Ribeiro e un prato de polbo; na feira mensal deste poboado — Doade de Beariz de Montes — Galicia, moi especialmente como aquí é preparado polas "pulpeiras do Carballiño" (hai máis de catrocentos anos) así, brindo ó verán desta terra galega:
    
¡Brindo! Por tódolos meus familiares, amigos e veciños de miña infancia e miña xuventude (vivos e mortos), e por min. ¡Brindo! Por tódolos veráns que pasei nesta Patria histórica —Galicia— por España e pola miña Patria adoptiva, o Brasil —moi especialmente por tódolos meus colegas profesores e alumnos que me fixeron compañía en nosa camiñada educacional, por máis de un cuarto de século, a quen moito lles debo. Tamén, por miña cidada adoptiva— esta encantada cidade de Belo Horizonte, Minas Gerais.
    
¡Brindo! Por todas as bágoas derramadas ó escribir estas humildes letras que, sempre imaxino que un día será a última vez que escribo. Asimesmo, seguindo o exemplo do emigrante soñador, continuarei a escribir mentras teña bágoas para escribir coas mesmas.
    
¡Brindo! Polas ideas románticas de unha adolescencia moi significativa de tódolos soñadores nun momento histórico de súas vidas, densamente iluminadas por un sol radiante que propiciaban aqueles días repletos de sinceridade e que lles servían para as máis variadas formas de escape: ás depresións infantiles e inmaturas preocupacións que, agora, recobran ese significado con outras formas de pensar e de encarar a realidade dos soños e dos desexos perdidos.
    
Poden seguir folleando o libro. Con un pouco de sensibilidade, nas próximas páxinas, talvez consigan encontrar algúns recordos de un tempo moi significativo, de persoas que tamén intentaron vivir súa vida de adolescentes e súa xuventude como a maioría de nós, mesmo camiñando por unha estrada de moitas dúbidas.
    
Non podemos, simplemente, esquecer o esconder todas esas lembranzas, mesmo un pouco distantes e anubiadas polo tempo; pensar que, en realidade, elas revelan non soamente nosas inxenuas formas de pensar, actuar nas dores infantiles, pero, tamén, nosas máis profundas dores na medida en que camiñamos para algún lugar de noso inmenso universo descoñecido.
    
Cantas recordacións acumulamos en nosas mentes, que poden vir á flor da pel cando menos esperamos: os lugares coñecidos, os amigos que facían parte de nosas travesuras infantiles aínda sendo xovens. Cantas veces desexaríamos que aqueles tempos volvesen a nosas vidas con toda a súa maxia, escondendo as lagunas deixadas pola soedade daqueles tempos en que era permitido soñar coas fadas e súas variñas máxicas.
    
Porén, hoxe, de certa forma, despois de ver a real imposibilidade de soñar libremente —crer nas fadas e nos homes e en súas leis absurdas— vemos o que o destino preparou para nosoutros, ese camiño anubiado que sería imposible concebir por mentes xovens de antano. Esa descuberta, que nos leva a un absurdo temor da morte, do silencio que nos oprime de un modo xeral, consumíndonos por dentro, lentamente, e devorándonos por fóra —sen piedade.
    
Todo iso, a primeira vista, pode parecer incomprensible e pesimista en determinadas circunstancias de nosas vidas, pero, en miña dúbida, pregunto outra vez: ¿Por que ter tanto medo da morte se a propia vida en sí pode ser máis temerosa?
    
Xa é de madrugada, desperto do soño enigmático pero motivador, no cal recorrín unha gran camiñada a través dos soños do emigrante soñador intento quitar o vapor de auga impregnado nos vidrios da ventá, vexo que alá fóra está chovendo, as pingueiras d´auga caíndo dos tellados escurecidos polo tempo, en caída libre, que se confunden coas bágoas escorrendo polo rostro marcado polas dores e difíciles camiñadas, nen sempre alfombradas por flores.

Estas paredes

Entre estas paredes, hai un fluído enternecedor
unha serena palabra ecoa de súa manpostería,
unha harmoniosa canción vibra no seu interior.

As paredes suportaron ventos e vendavais,
vibrando ata submerxir na súa base terrea
o tibio corpo de seus moradores ancestrais.

Volvo a ollar no vacío da eterna recordación,
vexo apenas unha palabra opaca de desencanto,
buscando nela a hipótese de súa dura negación.

Os espacios que me rodean no seu interior
e o aire, son estraños nas cousas máis comuns,
súa presencia é inconsistente no plano inferior.

¿Como podo ir ata a máis simple evocación?
pois, non é posible esquecer o que xa foi meu
sen destrozar o que quedou deste corazón.

As tristezas queren envolverme, na dor
elas querenme sufocar, pouco a pouco,
que me entregue, friamente, sen me opór.

Súas túnicas negras levántanse do pó,
enseñándome visións que non quero ver,
estou no frio da noite pecha e temible, só.

Os recordatorios, ás veces, son coma meniños,
que insisten en cercarnos e que falemos para
contarlles historias dos nosos moitos camiños.

Esas lembranzas que retiran do noso peito,
o corazón que repartimos nun banquete
que eles reparten e degallan ó seu xeito.

     Agora sí, teño certeza que xa empezaron a entenderme.
     —¡Vamos!!!
    
Acompáñenme nesta camiñada para soñar xunto con Isaías — un dos emigrantes soñadores — de calquera maneira, todos nós temos un pouco de "Don Quixote" e de emigrantes soñadores con días mellores durante a nosa longa camiñada a través dos sendeiros da vida.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega