Isaías, o emigrante soñador

Páxina Anterior

Adolescencia prematura

Páxina Seguinte

v2dizramosisaias004.html
     Isaías, aínda moi neno, foi medrando en unha rexión galega de labradores, onde rara era a familia que non tivera ou tiña alguén como emigrante. El, constantemente ouvía falar a respecto da emigración, inclusive de seus familiares, todo iso deixabao moi curioso, mesmo que nen sempre entendese as causas desa diáspora. Por outro lado, aínda na súa ténue infancia, tamén vía a súa nai con catro fillos entre cinco e once anos de idade, sendo brutalmente desaloxados e de forma inxusta da casa paterna. Unha actitude incoherente e en circunstancias pouco favorables para a supervivencia da familia, no intre que máis necesitaban de axuda e comprensión de quen podía axudalos.
    
Toda esa violencia, criou unha trauma que quedou gravada pra toda a súa vida. El non podía concebir o por que as persoas poden ser tan egoístas a punto de ferir profundamente a seus semellantes, sexan eles quen foren, familiares ou amigos. Con espírito sempre alegre e tolerante por natureza, comprimía dentro do pequeno peito unha dor moi forte e, ás veces, un pouco de pena, que procuraba oprimir aumentando desa forma o sufrimento ó ver, tamén, sufrir a súa nai.
    
En súa brillante mente, tiña prioridade unha cousa —crecer físicamente con saúde para poder axudar á súa nai e á irmá para sustentar á familia. Vivindo nunha rexión de Galicia, onde o minifundio agrario facía prácticamente parte d´alma desa poboación moi sufrida: polo descaso e impotencia do Goberno Central de España. Todo iso, puña máis "leña na lareira" das dificultades anteriores, que lles deixaban poucas opcións para a supervivencia nun pequeno poboado de labradores —. Por ironía das circunstancias, nese lugar, seus avós eran dos propietarios de terras máis ben posuídos da comarca, iso facía con que el sintise, moitas veces, indignación e vergonza de pasar necesidades inxustamente.
    
El tiña as ideas moi ben estructuradas e conscientes en seus pensamentos, comportamentos e accións, con relación á convivencia de tódolos días cos familiares de seus pais. Era moita hipocresía xunta para que esas cousas de "xente maior", puidesen entrar na súa mente descontaminada de tanta maldade inxustificada.
    
Moitas veces, como a alimentación era insuficiente para o tipo de traballo que levaban e cun desenrolo moi rápido, tanto físico como mental, dos adolescentes; case sempre comían antes da hora de rutina. Á hora de comer, normalmente, sempre se obedecía ós sinais dados por unhas grandes campás situadas na torre moi alta da igrexa parroquial, moi antiga e bonita, ela era toda feita de pedra con paredes de cerca dun metro de ancho, debería ter máis de trescentos o catrocentos anos.
    
Claro que, ó comer un pouco antes das horas de costume da aldea, os irmans saían para os arredores de súa casa ou daban un pequeno paseo á casa onde habían nacido —a casa do avó materno—. Eran cousas moi naturales dos nenos de súa idade e algunhas veces, eses parentes que estaban sendo sustentados polo avó, aínda estaban terminando de comer e por iso, eles nen sempre eran moi benvidos naquel exacto momento, pero asimismo, eles preguntábanlle camufladamente:
    
¿Vosoutros xa comestes? ¿Queredes comer algunha cousa?
    
Era moi lóxico que os nenos, anque non tivesen fame, sempre aceptarían algunha golosina para complementar súas necesidades ou mesmo por querer probar algo diferente, mesmo que fose por curiosidade ou, en determinadas circunstancias, sempre que houbese a probabilidade de conseguir o intento predeterminado.
    
Ata certo punto, unha cousa moi interesante e auténtica dos nenos con seus modos simples, mesmo despois que foron illados do convivio e costumes naturales, pois, habían nacido e crecido alí ata unha certa idade de súa existencia. Eles continuaban, unha vez ou outra a usar un "dereito" inalienable do punto de vista de súa interpretación que, de certa maneira, tiña algunha lóxica.
    
Isaías, que raramente acompañaba a os irmans nese tipo de paseos e comportamentos se, por acaso, de vez en cando houbera a coincidencia de chegar á casa onde Deus os trouxera ó mundo, na hora de comer, cando podía, sen ser percibido, daba media volta volver, do contrario, case sempre ouvía a rotineira pregunta:
    
—¿Isaías, ti xa comiches? ¿Queres comer algunha cousa?
    
—¡Non! Terminei de comer agora mesmo. Moitas gracias, estou satisfeito. Respondíalle el.
    
A resposta, era case sempre como viola de unha soa nota, mesmo que ás veces seu estómago estivese pedindo algo máis. Era sempre a mesma de unha persoa que sabía onde o zapato o había ferido no pé e as feridas aínda estaban sen cicatrizar. Non era rabia ou odio o que el sentía, non, a pesar de todo, iso non facía parte de súa personalidade moi forte.
    
Os familiares ben sabían de súa decisión. Era moi determinado e consciente a pesar de súa poca idade. Por outro lado, os parentes aprenderon a admiralo por: seu carácter, persistencia, determinación, abnegación e comportamento diferenciado dos demais adolescentes de súa idade. Facía todo moi naturalmente e con bastante simplicidade. El non necesitaba simular para ser auténtico.
    
De certa maneira e por ironía das circunstancias, Isaías non tiña a mínima idea de como era seu pai. A última vez en que o pai saíra de España, Isaías aínda era moi neno e non se lembrava del. A guerra civil española, dificultou aínda máis as cousas pois, se volvese, (como era costume, ir e vir en pequenas temporadas), sería preso ou levado para un campo de concentración; como ocorreu con moitos, é dicir, sería considerado como desertor. En verdade, iso levou moitos emigrantes temporarios a un exilio voluntario para resguardarse das arbitrariedades políticas vixentes naquel momento histórico de España, o que levou a moitas familias a vivir separadas por longos tempos, mesmo que, algunhas veces, o motivo de separación fose outro.
    
Despois que a familia de Isaías pasou uns tempos nunha casa e terras alugadas, ocorreu algo máis, un inesperado e mal intencionado golpe en súas pretensións, é dicir, pretendían, con un pouco máis de tempo, xuntar o suficiente para mercar esas propiedades. Porén, un certo día, a nai chorando e moi triste, chamou ós fillos e díxolles: ollen, o señor Nicodemus, coa concordancia das propietarias, en segredo, comprou e rexistrou a propiedade ante o Notario, estamos outra vez na rúa. Foi máis unha parte do corazón de Isaías e de súa familia dilacerada. Aínda máis, tiñan un prazo para saír da propiedade. Mesmo que a lei lle dese algunhas garantías, non poderían cuestionar por falta de recursos e, como era durante a guerra civil española, a lei era feita polos mesmos caciques do poder e, o comprador era un deles.
    
Máis unha vez, procurando o imposible en un momento crucial da vida desa familia que, a pesar de todo, continuaba a loitar pola sobre vivencia de cabeza en ergida. De novo, a nai guerreira, levanta a espada da liberdade e fala cos fillos: ben, con algunhas economías feitas con moito traballo e algún diñeiro prestado, vamos comprar unha casa antiga que está disocupada e xunto con ela, unhas pequenas veigas cheas de matorral polo abandono dos antigos propietarios. Os fillos, ó ouvir esas palabras de conforto, pois, naquel instante, o que eles máis querían era ter súa casiña para vivir e unhas terras para traballar; mesmo que non foran tan pomposas como onde habían nacido pero, que non quedasen expostos á maldade de persoas deshumanas. Isaías e a irmá, xa axudaban no manutención da familia, a pesar de que aínda eran moi xovens. Os outros dous irmans, eran aínda moi pequenos.
    
Como as terras eran poucas para traballar, sobráballes algún tempo para prestar determinados servicios dentro da comunidade, de onde obtiñan algúns rendimentos máis para poder pagar as debedas que habían feito ó comprar a pequena propiedade e outras cousas máis: así como roupa, pero, nen sempre o que gañaban era suficiente para súas mínimas necesidades. A nai de Isaías, como outras nais daqueles pequenos poboados, e moitas veces polas mesmas circunstancias, era unha verdadera heroína en tódolos sentidos.
    
Un acontecemento interesante, menos triste e ata certo punto, bastante xocoso na infancia de Isaías: Iso non se pode menospreciar. Esa historia era contada por unha veciña un pouco máis vella que el, a Horencia. Segundo contaba ela: cando a nai de Isaías tivo que deixar a casa dos pais, recibiu do pai e do sogro; unha becerra cun corno torto con relación ó outro e unha ovella vella cunha perna maior que a outra, incluso dúas galiñas —case desplumadas pola idade moi avanzada. A pesar de ser un neno, Isaías, no seu modo de protestar, algunhas veces ironizaba a pequena herdade recibida dos avós.
    
Tódalas veces que Isaías levaba a ovella e a becerra para un pastizal, próximo do curral, tiña que pasar necesariamente diante da casa da tal Horencia, onde sempre había algunha persoa sentada nas escaleiras que daban pro camiño —rúa única—. El falaba bastante rápido e cambiando algunhas palabras e letras, iso facíalles moita gracia ás persoas que o ouvían e se divertían con el, preguntándolle algunha cousa para obrigalo a falar da ovella e da vaca e, así, poder rirse un pouco co modo de falar do rapaz.
    
—Isaías, ¿pra onde vas? Claro, a pregunta era obvia e, respondéndolle en galego.
    
—Vou ca becerra e a vella-vella pra veiga.
    
—Querendo dicir que ía coa becerra e a ovella vella para o pastizal dunha pequena veiga moi preto do curral.
    
Iso foi case que unha rutina por moito tempo, ata que, a dita ovella ( oveia veia), despois de dar algunhas crías, unha parte foi comida fresca e outra curtida, ademais de aproveitar o coiro para facer un fol de gardar os cereais ou a fariña de millo e centeo. (Era costume aproveitar as peles dos animales para facer un tipo de saco, despois de curtido adecuadamente.) Por moito tempo, cando lle lembravan a Isaías desas bromas dos máis vellos na súa infancia, el ría das brincadeiras dos veciños. El vía todo iso moi divertido e como unha forma de cariño que as persoas lle tiñan.
    
Porén, á medida que ía medrando, Isaías estaba sempre pensando noutras alternativas de poder ser útil á familia, por iso, foi conversar cos veciños, un pouco familiares, se puidese ir a traballar xunto con eles nunha mina de casiterita ou sexa, mineral de estaño. Era unha rexión onde existían varias xacidas non moi productivas dese metal pero, asimesmo, axudaban bastante no mantemento de moitas familias do poboado. Claro, no primeiro intre, eles quedaron un pouco sorpresos co pedido feito, pois, a pesar de parecer de máis idade por súa altura e desenvoltura de súas accións na comunidade, parecíalles moi xoven para ese tipo de traballo un pouco máis pesado.
    
—Bo, díxolle un dos futuros socios da tarefa. Vamos a facer o siguiente; ti podes vir a traballar con nosoutros nas seguintes condicións: En principio vas a recibir a mitade do que recibamos nosoutros e, á medida que vaiamos vendo que túa producción é aproximadamente igual á de cada un de nosoutros, dividiremos en tres partes os lucros de noso traballo. ¿Está certo así?
    
—Eu estou d´acordo con a vosa oferta, gracias. Respondeulle Isaías. — Teño a seguridade que non vou a prexudicalos.
    
—¿E como ti vas a conciliar as clases co traballo? Preguntoulle un deles.
    
—Infelizmente, xa hai bastante tempo que soamente vou ó final de semana cando teño que facer algún examen ou traballos escolares, normalmente, estudio en casa de noite ou nos días que podo, non teño outra saída, a pesar de que, os profesores tamén non reciben nen dan incentivo para motivar ós alumnos na aprendizaxe.
    
Como era a época da guerra civil española, a mor parte dos profesores tamén estaban no campo de batalla ou noutros lugares onde fosen máis necesarios ou útiles e, os que quedaban, nen sempre eran os mellores.
    
Nese traballo nas minas de estaño, a pesar de non gañar moito diñeiro, era máis unha axuda para xuntar cos esforzos obtidos da nai e da irmá na manutención da familia para abastecerse do que non se producía no campo. Iso era comprado nas pequenas casas comerciales existentes na comarca ou nas feiras mensuales onde se mercaba e se vendía de todo para as principales necesidades dos veciños daqueles poboados.
    
Das dúas feiras mensales, que existían na comarca, unha delas e, talvez a máis importante, estaba localizada no poboado de Isaías. Era un mundo a parte o día da feira, tanto para os labradores das proximidades como para aqueles comerciantes que mercaban e vendían de todo, para tódolos gustos e para todas as necesidades. ¡Ah! E moito cuidado con aqueles que eran peores que xitanos. Eles tiñan unha alcuña que xustificaba o seu modo de actuar nos negocios: "Os tratantes". As persoas tiñan que prestar moita atención para que non lles venderan terrenos alá na lúa —. Era moi gracioso ver e ouvir todo iso para un chaval de dez ou doce anos.
    
Máis tarde, con seus quince o dezaseis anos, Isaías xa vía as feiras con outros ollos, xa disfrutaba un pouco máis da diversión dos xovens enamorados, despois de terminar o horario destinado ás actividades comerciales. Esa feira, despois das catro ou cinco da tarde transformábase toda ela en xuventude. Espallábase pola rúa central que tamén daba pasaxe para os autobuses e camións —estrada vecinal—. Naquela época, aínda era moi raro ver a un turismo por aqueles poboados Ó anoitecer, era costume facer uns bailes típicos da rexión galega nun salón existente no lugar, animados por un acordeón ou cos gaiteros galegos e outros instrumentos. Era moi divertido.
    
Aos poucos, Isaías ía abrindo camiño na súa traxectoria que había planexado e gravado na súa mente: Non medir esforzos para poder progresar en tódolos sentidos posibles, intentaría facer de todo para que un día puidera obter o respecto e mellores posibilidades de vida semellantes ás que disfrutaban seus avós e que lle habían sido negadas a súa nai por cuestións bastante mezquiñas por algunhas persoas da propia familia.
    
El, pretendía conseguir todo iso, non como vinganza, egoísmo ou para ser mellor, ¡non! Iso non facía parte de seu vocabulario mental. O que el quería e tiña seguridade que conseguiría, sería con honestidade, perseverancia e crendo en Deus, moita garra e determinación. Se fose necesario, removería, sen medo, cada pedra colocada no seu camiño, con moita fe e esperanza para alcanzar seus obxectivos; se non de todo, cando menos en parte.
    
A nai de Isaías, vendo e acompañando a ansiedade do fillo coa intención de poder conseguir as cousas máis necesarias para a casa e para súas necesidades persoais, pois, xa era case un mozo enamorado. Por outro lado, estaba terminando o inverno que xeneralmente era bastante riguroso e inactivo naquela rexión, ó mesmo tempo en que se aproximaba a primavera. A nai foi a conversar cus veciños que, nalgunhas temporadas, saían tódolos anos para traballar na construcción fóra de Galicia. Foi máis un teste para a pretensión de Isaías para aprender unha profesión que non fora no campo. El quería voar un pouco máis alto deica onde súa imaxinación e súas forzas puidesen chegar.
    
Pola primeira vez, saía para fóra das fronteiras de seu pequeno mundo, o mundo coñecido na idade de ouro que sempre valorou moito e, a pesar de tódolos problemas en determinados momentos, tiña vivido cada intre de súa existencia, de unha forma plena e natural, como tódolos xovens de súa época e dentro dos parámetros daquela rexión galega.
    
Poucos días antes do viaxe, estando cuns amigos na casa dun veciño, nunha das noites de inverno, conversando ou xogando á brisca, como era costume moi antergo naquelas aldeas durante o periodo inactivo polos rigores do inverno. Seu compañeiro de xogo era un amigo dende moi cativos, incluso un pouco parente —case como irmans— era tanta a afinidade entre os dous que, nalgúns casos, nen os parentes tiñan acceso ós segredos gardados polos dous en seus corazós de adolescentes, eles tiñan unha afinidade fóra do común. Era increíble a amistade entre os dous. Ese parente vivía e estaba sendo educado na casa da avoa paterna, por unhas tías e pola propia avoa.
    
—Manuel, este era o nome do amigo e parente. Nun dado intre Manuel preguntoulle:
    
—Eu souben que ti ías a traballar na rexión de Aragón, preto da fronteira coa Franza, na cidade de Jaca. ¿É verdade?
    
—¡Sí, claro que é!. Respondeulle Isaías.
    
—Vou a traballar nunha compañía de construccións militares na reconstrucción de cuarteles e casas para os oficiales militares alá na provincia de Huesca, Rexión de Aragón, moi próximo de Jaca, na localidade de Puente Pueyo, Sabiñánigo.
    
—¿Ti vas a traballar de axudante ou aprendiz de canteiro?
    
—Eu vou traballar como canteiro na canteira, axudando a arrancar as pedras e cortándoas na medida aproximada para o asento, dándolles despois, no lugar da propia obra o retoque final para seu asentamento na parede. É iso o que eu vou a facer. Ben, cando menos foi o que me falou o encargado que me leva con el, pois, como ti sabes, aínda son menor de idade e nunha empresa desas non podo traballar sen ter alguén que se responsabilice por min.
    
—¿Quen máis vai contigo e o encargado?
    
—Olla, Manuel, eu non teño moita certeza de tódolos que van, parece que son aproximadamente unhas dez o doce persoas. Eu non coñezo a todos; creo que son de varios poboados desta Comarca.
    
—Se eu puidera, tamén iría con vosoutros, a pesar de que nunca traballei nese oficio pero, en pouco tempo aprendería e, ¿quen sabe se tamén puidera ir meu pai? El xa sabe traballar de canteiro e así enseñaríame, para mín sería máis fácil. ¿Non che parece?
    
—¡Claro que sí! Talvez consigas o que ti queres. Pide ó teu pai para falar co encargado e creo que non terá dificultade en conseguir un posto no grupo que está composto de canteiros, carpinteiros, un ferreiro e o propio encargado.
    
Xa era moi tarde, case que as doce da noite, cando a avoa de Manuel díxolles: ¡ollen meus fillos! Xa é moi tarde e mañá nos temos moita cousa para facer dentro da casa; ¡vamos a durmir! Isaías despediuse, baixou as escaleiras e foi atravesando o camiño para súa casa que ficaba do outro lado do camiño.
    
Isaías xa había traballado anteriormente en varias minas de estaño e outros metais que eran extraídos na súa comarca e en lugares un pouco máis distantes dentro da rexión da Galiza e, en algúns deles, só tivo dor de cabeza.
    
Desta vez non podería fracasar —pensaba el— recordándose que no último viaxe que había feito pouco tempo antes, fora moi difícil para el.
    
Isaías, referíase ó último viaxe que había feito xunto con uns compañeiros un pouco maiores que el, é dicir, homes xa de media idade, inclusive, algúns xa habían sido emigrantes en Brasil e, por falta de sorte, cando estaban visitando a familia en España, estoupou a guerra civil española. Como consecuencia, foron arrolados na contenda ou colocados en disponibilidade de reserva. Nese viaxe, Isaías pasou momentos moi difíciles xunto cos compañeiros e despois, ó final da aventura ou desventura, quedouse só nun lugar descoñecido e con moitos problemas inesperados, por iso, aínda estaba traumatizado.
    
Esa rexión, onde foron a traballar, el e seus compañeiros, chamábase "Casayo ou Minas de Casayo". Era unha rexión moi montañosa e con varias covas onde se escondían os remanescentes dos refuxiados procedentes da guerra civil española, escondidos nas montañas próximas dos poboados dunha pequena comarca de campesiños, o que facilitaba súa sobre vivencia e ó mesmo tempo esperaban unha oportunidade para fustigar á temerosa garda civil. A maioría deles, era oriunda daquelas redondezas ou das cidades próximas, por iso, coñecendo os montes e os camiños vecinales, levaban ventaxe sobre os militares nos confrontes provocados polos dous lados.
    
As minas de Wólfram, estaban localizadas ben próximo de un dos esconderixos dos refuxiados, nunha gruta ben no alto das montañas, nun lugar case que inaccesible á garda civil que constantemente facía investidas bloqueando algúns accesos, incluso aqueles usados polos moradores dos pequenos poboados e polos traballadores das minas. En algúns casos, os " maquis," como lles chamaban ós refuxiados, recibían a simpatía dos nativos da localidade, por iso, a vixilancia era feita ata dentro das casas dos labradores rastreándo todo sempre que considerasen necesario ou houbese algunha desconfianza. Esas batidas, xeralmente non pasaban dalgúns pequenos combates polos dous lados. Mortes, raramente ocorrían nese lugar moi montañoso e de difícil acceso.
    
Para Isaías, era unha locura aquele viaxe que non os levaría a ningún lugar. Como era prohibida a presencia de persoas extrañas naquela rexión, xustamente porque moitos refuxiados ou "maquis", facíanse pasar por nativos ou traballadores das minas, dificultando súa identificación. Por ese motivo, as persoas só podían transitar polos arredores con unha identificación especial, o que non era nada fácil de conseguir —case imposible—. A única forma de chegar ás minas era clandestinamente, usando os camiños máis difíciles: subindo e baixando cotos e ladeiras, camiñando dentro dos pequenos regueiros, indo e volvendo, é dicir, algunhas veces andando sen saír do mesmo lugar, outras veces escondéndose da garda civil como se fosen criminosos e — o que eles querían, era apenas traballar para poder sobre vivir—.
    
De vez en cando, cruzaban con algúns intermediarios do relucente metal que o transportaban, para a revenda, por debaixo da chaqueta ou nun chaleco todo especial forrado de tal maneira que despois de secar ben o mineral, era colocado dentro dun acolchoado ben disimulado. Dependendo do tamaño da persoa, podería cargar ata dez quilogramos, que naquel intre, valía a peso de ouro. Había algúns grupos ben máis estructurados que facían o transporte a través dun burro, eses animales ademais de ter moita resistencia, camiñaban por cualquera carreiro que o home puidiese camiñar.
    
Dous dos compañeiros, que xa habían estado no Brasil cando eran máis xovens, chegaron a ser perseguidos por tiros disparados pola garda civil cando intentaban esconderse. Isaías, tiña pouco máis que a metade da idade de seus compañeiros, por iso, el facía como un cabrito, saltaba muros ou subía en árbores para camuflarse... Na realidade, foi unha aprendizaxe que non sería fácil esquecer en hipótesis algunha, pero, o peor estaba por vir.
    
Despois de acomodarse na tal mina de "wólfram" que era apenas superficial, os tres compañeiros que llegaron ata o lugar, comenzaron procurando un lugar onde pudiesen extraer algún metal e os outros dous que habían conseguido comprar unha carga durante o viaxe para revendelo alá próximo da fronteira con Portugal xa estaban chegando de volta e, do outro lado do río, sen poder pasar por causa da garda civil que os impedía, chamaron ós outros tres que, ó ouvir un grito do José, dicíndolles que xa habían vendido a mercadoría e naquele intre estaban volvendo, antes de ir pra casa, para darlles un aviso. Eles non volvían para facer máis un transporte de Wólfram pero, para avisar que había falecido a irmá de un dos tres compañeiros que xa estaban traballando na mina, volvéndose pra casa dalí mesmo.
    
O grupo antes mesmo de comenzar a traballar de verdade, vese destrozado, cada un pra un lugar — algunhas ferramentas e outros obxectos de uso persoal quedaron co Isaías que, sen ter outra opción, procura incansablemente sobrevivir naquel final do mundo, só, el e Deus. Para complicar máis as cousas; unha noite os maquis resolveran facer unha colecta de diñeiro e comida nun dos almacens improvisados alá dentro da mina e, tamén coa intención de conseguir algunhas armas que eles sabían que existían dentro do campamento de traballo, que, tería máis de dúas mil persoas traballando na clandestinidade imposta pola dictadura existente naquel momento histórico do País.
    
Foi terrible aquela noite, unha noite de desespero e moito medo; un grupo aproximouse da caseta onde estaba durmindo Isaías e, a un dos guerrilleiros chamoulle atención unha camiseta colgada nun puntalote que sostiña o tellado feito de feno e, preguntáronlle onde el tiña conseguido e quen era seu dono. A pesar dun momento crítico polas circunstancias, con toda a serenidade e desembarazo, respondeulle el: o do é un meu veciño e, infelizmente estivo prisioneiro nun campo de concentración (...) Non lle deixaron terminar a resposta e un membro do grupo rápidamente fíxolle outra pregunta.
    
—¿De que lugar é ese señor da camiseta?
    
—El é de Ourense, dun lugar moi cerca do Carballiño que se chama... Interrumpendo de novo ó Isaías, bruscamente,... un deles díxolle: eu coñezo bastante ese lugar, nacín moi preto e inda teño familiares alí. Nada de comentarios do que se pasou aquí, ¡está ben! Saíndo todos rápidamente en postura de retirada e cuidadosamente vixiada por outro pequeno grupo.
    
A pesar do medo ó principio do asalto, despois do susto pasado, Isaías quedou ata un pouco orgulloso e máis aliviado por estar no grupo dos refuxiados un seu veciño loitando por un ideal de libertade e defendendo o dereito á vida. Eles tamén tiñan o dereito de vivir mesmo que, moitas veces tivesen que usar medios nada convencionales (o asalto), ó fin e ó cabo, loitaban por unha España democrática onde tódolos seus fillos puidesen traballar e vivir en paz.
    
Dous días despois, de un lado do río máis de cincuenta componentes da guarda civil daban tiros en quen aparecese por diante deles. Alá no alto da montaña, camuflados e en forma de defensa, os guerrilleiros respondían da forma que podían ó ataque dos que se decían estar ó lado da orden. Os traballadores desorientados e desarmados, corrían dun lado para outro escondéndose no medio do matorral da maneira que podían. Algúns grupos máis ben organizados, parece que aínda tiñan algunhas armas para defenderse, é dicir, as que lle habían sobrado do asalto dos guerrilleiros na noite anterior. Isaías, como a maioría, procurou xuntar o resto dos "farrapos" e unhas poucas ferramentas que levara prestadas, dentro dun saco e ¡pés pra que vos quero!
    
Mentras non terminou o enfrentamento bélico dos dous lados, e despois de andar ás cegas unha boa parte da noite, permaneceu escondido no fondo dun barranco onde, por milagre, corría unha carroliña d´auga cristalina para saciar a súa sede e fame. ¡Comida! Nen pensalo. El tiña apenas unha lata de sardiñas pero, sen ter con que poder abrila. Estaba desesperado e case sen forzas para saír daquel precipicio. Intentaba subir ata unha certa altura e, de repente, esvaraba volvendo ó mesmo lugar. A pesar de todos eses problemas inesperados, Isaías con unha mente deslumbrante e moita fe en Deus, tiña seguridade que, nun determinado intre, conseguiría saír daquel profundo abismo que lle sirvira de refuxio e ó mesmo tempo de penitencia.
    
Xa se habían pasado tres días e nada de saber o que acontecía alá fóra de seu hábitat involuntario. Pensou Isaías:
    
—Ben, unha vez que non podo subir, vou a intentar baixar polo barranco ata encontrar unha saída — pensaba Isaías falando cos seus poucos botóns que aínda lle restaban na camisa, debaixo de un desgastado chaleco. Coas mans e brazos un pouco ensangrentados polos intentos feitos para subir á superficie, alá vai el baixando polo pequeno regueiro que había minimizado a seu sufrimento naqueles días de cautiveiro. Nun dado intre, vislumbra nunha das beiradas a terra embarrancada poa cal vía a posibilidade de libertade parcial e, acto continuo —"a catro patas"— sai de gatas ata a superficie.
    
Cando xa estaba ben próximo do río no cal desembocaba o pequeno regueiro, mirou pra un lado e pro outro, ¡nada! Podería saír sen medo que non se vía ningún perigo, cando menos aparente, a non ser a propia naturaleza que moitas veces nos da leccións de vida que non poden ser aprendidas cos homes e, en pouco tempo, xa se encontraba do outro lado da encosta nunca carrilleira feita polos atravesadores do vil metal. Para el, non había sido un soño como el acostumaba soñar. ¡Non! Non o fora. Fora un pesadelo do cal tiña acordado con moita dor de cabeza pero, ó mesmo tempo, moita esperanza en días mellores.
    
De volta polos carreiros, xa un pouco coñecidos e con moito coidado para non ser visto por ninguén que puxera en perigo a súa grande camiñada, de aproximadamente cuarenta quilómetros ata a estación do tren. Moi debilitado pola falta de comida durante algúns días —apenas bebía auga e, outras veces, collendo algunhas frutas onde podía, así, ía camiñando día tras día e pola noite, durmía con un ollo aberto e outro pechado—. El, ós poucos, ía vencendo o castigo imposto a un adolescente que estaba pagando por un mal que non había feito — tan soamente ansiaba por vivir a vida que Deus lle dera e o dereito á felicidade que tódolos os cidadáns esperan.
    
A pesar de todo o coidado para non ser visto, unha tarde dun sol moi intenso e esgotado de tanto andar e con fame, deitouse á sombra dunha parreira nas proximidades dun pequeno poboado. Esperaría alí ata que o calor disminuise un pouco e, despois de chupar unhas uvas, mesmo quentes polo sol abrasador, adormeceu sen decatarse, despertando cando xa había o crepúsculo da noite coa presencia e ruído dunha señora moi amable. —A principio pensou tratarse de seu anxo de garda, pero, de repente, levantouse asustado e en punto de defensa, cando, con unha voz moi doce, faloulle unha muller:
    
—Non teña medo, non vou facerlle mal. Vostede parece que non está moi ben, bastante abatido. ¿Por acaso está enfermo?
    
—¡Non! Moitas gracias. Estou apenas moi cansado e case sen comer hai polo menos catro ou cinco días. Por favor, quero chegar á estación de Sobradelo. ¿Fica moi lonxe?
    
—Non, non está moi lonxe daquí, aproximadamente uns cinco quilómetros, nada máis que iso.
    
—Se vostede quere, eu teño aquí un pouco de pan de millo. Está limpo. ¡Tome!
    
—Pode comelo e despois alí debaixo daquela árbore, hai unha fonte d´auga moi fresquiña. Non teña receo de encontrar cos gardas, eles estaban comendo nunha taberna alá no meu poboado, a uns dous quilómetros daquí, e hoxe deben durmir alá mesmo.
    
Ó recomezar de novo a camiñada, o que Isaías menos podería esperar aconteceulle, pois, como había chupado algunhas uvas moi quentes, tivo unha descomposición do intestino que case non podía cos pantalós na cintura. Cando menos esperaba, tiña que agacharse por uns minutos e, así, retardou a súa chegada a Sobradelo por máis de un día. Mentras esperaba o tren que o levaría deica a estación de Ribadavia, ollaba as súas roupas e o calzado moi decepcionado e triste. Estaba todo sucio e sen comer por tantos días que tiña pena de sí mesmo, porén, a final de contas, había conseguido sair dun laberinto terrible, imaxinándose que podería ter sido moito peor.
    
Isaías, cando chegaba cerca de seu poboado, ó baixar do autobús xa próximo de súa casa e, vendo seu estado físico e súas ropas que estaban bastante desfarrapadas; cargando o que sobrou de súas cousas persoais e unhas ferramentas, baixa e espera que escureza escondéndose entre unhas árbores para non ser visto naquel estado de penuria polos veciños. Estaba avergonzado polo fracaso de súa aventura en busca da sobrevivencia e, ó mesmo tempo polo diñeiro que gastara sen obter o debido retorno que pretendía...


 .......................................................................................................................................................................

     "Pero, agora, desta vez — pensaba el, refiríndose á nova aventura — farei unha viaxe máis tranquilo e con obxectivos ben diferentes e, ademais diso, un pouco máis de maturidade que nese último viaxe ó Barco de Valdeorras, montes de Casayo".
    
Durante o novo viaxe acertado para a Rexión de Aragón, Huesca, foise alongando máis o mundo de Isaías, ata entón restricto a pouco máis lonxe que seu municipio, sen saír de Galicia. Como era maravilloso ver outras terras lonxe de seu poboado. Viaxar despreocupado con relación ó último viaxe que fixera anteriormente con outros compañeiros. Xa había atravesado máis da metade de España e estaba chegando próximo da frontera da Franza. El viaxaba xunto con dous compañeiros do grupo que ían a traballar na construcción de obras militares. Os outros chegarían noutro tren algúns días despois. Naquel intre, para el, era como un soño no cal fluctuaba por ceos, mares e nubes de nácar.
    
Coñecer outras xentes de España era algunha cousa inusitada para el, outros modos de falar a mesma lingua e outras formas e costumes de vivir e, ata de pensar; era fantástico, algo impensable poucos días antes de saír de súa aldea. Era unha mente soñadora de un xoven que pretendía descubrir un novo mundo, mesmo que non fose como a el lle gustaría que fora. Asimesmo, sería o novo mundo dun adolescente que pretendía expandir súa curiosidade e súa vontade e, ¿quen sabe se un día tamén podería ser feliz? Porén, as mentes soñadoras nen sempre conseguen interpretar o real sentido de tódolos soños e, moitas veces, engánanse na súa traxectoria polos camiños da vida na procura da felicidade.
    
Por iso, moitas veces, Deus nos poñe a probas que desmitifican os soños de nosas crenzas moi pouco sólidas dos adolescentes, en fin, nos enseña que nen todos os camiños están alfombrados de rosas perfumadas e, esa é a hora de repensar sobre todo o que está ó rrededor de nosos soños. Xustamente, foi no lugar onde Isaías ía a traballar arrancando e dando forma ás pedras que serían para axudar na reconstrucción dunha Nova España, devastada pola guerra civil, que tivo máis unha decepción, un desencanto.
    
Empezando a traballar na superficie do lugar, onde sería a canteira que suministraría toda a pedra para os cuarteles que pretendían facer. Uns días despois de estar traballando na canteira quitando a terra sobre as pedras; esperábanos moitas sorpresas desagradables. Ós poucos, ían aparecendo amontoados de material bélico usado na loita entre irmáns e, despois, corpos humanos incompletos, restos de roupas e outros pertences daqueles infelices seres humanos. Moitas veces, as tumbas eran colectivas, o que daba unha idea da matanza alí practicada. Tanta maldade usada para exterminar seres humanos que deberían ter os mesmos soños que o xoven Isaías. Peor do que se imaxinaba, ós poucos el e seus compañeiros ían descubrindo tumbas improvisadas con roupas e restos mortais da loita entre irmans na guerra civil española, había tres o catro anos atrás.
    
—Todo iso, estremeceu e fixo modificar bastante o modo de pensar e os sentimientos de un xoven soñador, que mal había empezado a construir seu castelo de area. El vía en cada fracaso ou decepción no cotidiano de súas batallas inesperadas, un factor para non deixarse intimidar ante as dificultades que estaban por vir. Non era do tipo de desistir moi fácilmente diante de calquera obstáculo presuntamente intrasponible, sen antes loitar con todas as forzas posibles dentro da súa férrea perseverancia, súa fe e súa esperanza nun futuro, senón mellor, menos difícil.
    
En un final de semana, como xeralmente facían, Isaías e algúns compañeiros, subiron ata unhas montañas próximas do poboado onde estaban vivindo —en Puente Pueyo de Sabiñánigo, Huesca, na rexión de Aragón— e, alí quedaban conversando por varias horas, entre outras cousas, sobre aquelas persoas que habían encontrado enterradas no medio da mata como se fosen simples animales e sen a menor compaixón. Un dos compañeiros, o Ángel, comezou falando a respecto do que había oído de un dos nativos do poboado:
    
—Ollen, naquela montaña alá ben no alto, a carón de nosoutros, existe unha pequena capela e no seu entorno moitos muros feitos para servir como escudo ás ametralladoras instaladas dentro deles durante a guerra civil española. Segundo o señor Antero, que era o tal nativo do poboado, non debería haber máis que uns vinte ou trinta guerrilleiros moi ben armados, con iso, dificultaban a conquista da montaña pola artillería pesada que estaba situada nas encostas do outro lado do río, por iso, levaron moito tempo para conseguir o seu intento. Martínez, que era un dos compañeiros do grupo, interrompeu ó Ángel:
    
—Dígame unha cousa, Ángel; ¿será que todos aqueles corpos encontrados na canteira onde nosoutros traballamos, foron víctimas dos soldados que manexaban as ametralladoras?
    
—Justamente, Martínez, segundo informacións dos nativos, en cada soldado que conseguía subir uns poucos metros pola encosta, tumbaban dez o vinte compañeiros. E, o peor, é que a maior parte dos componentes da artillería eran de Galicia, de Campo Longo, de Pontevedra. Como podes ver, nosos veciños e, ¿quen sabe se non había algún parente dos que están traballando aquí na construcción do cuartel?
    
—Ben, ¿e os guerrilleiros que fixeron toda esa mortandade, foron capturados con vida? ¿Que lles pasou?
    
—Ólla, Martínez, polo que eu ouvín, cando os "nacionalistas" conseguiron chegar ata a cume da montaña, aquel membro do grupo que non fora morto, tíñase suicidado, non restaba ningún vivo. É moi triste pensar o que ocorreu naqueles días horribles para os españois.
    
Continuou interrogando Martínez: ¿Eles serían moi idealistas?
    
—¡Ah! Claro, do contrario non darían súas vidas sen ter unha causa moi xusta dentro do seu modo de pensar.
    
Isaías, que ata entón había escoitado a todos con a maior atención, despois de un pequeno silencio, díxolles:
    
—Ollen, eu sei de algúns casos alá na nosa terra —en Galicia— onde algúns grupos de guerrilleiros, ó terminar a guerra civil, non tiñan máis condicións de volver ás súas casas, en vista de seu envolvemento político anterior. Con medo do que os podería esperar — o paredón ou o campo de concentración, a alternativa era continuar loitando na clandestinidade coa esperanza de que algún día as cousas pudesen cambiar. A maioría deles actuaban nas proximidades de seus poboados, onde, camuflados, unha vez ou outra, podían recibir axuda dos familiares.
    
—¿Quen xa non escoitou falar de Manuel Ponte Pedreira e de un tal "Foucellas" e seu grupo de valentes guerrilleiros? Eles son un mito dende hai máis de tres o catro anos. Polo que eu sei, aínda están moi vivos. Un coñecido meu díxome que a vida de Foucellas, é moi folclórica e que as mulleres o protexen nos encontros amorosos e que el muda de cara a tódalas horas para visitar seus familiares... A el lle son atribuídas algunhas mortes de seus perseguidores —a garda civil— e outras das que talvez, leve a culpa inxustamente.
    
Ángel que había contado un pouco da historia dos guerrilleiros da provincia de Huesca, Sabiñánigo, tamén quedou curioso coa historia de Foucellas. El sabía algunha cousa de outros galegos que vivían nas montañas por motivos políticos durante a guerra civil, porén, nunca escoitara falar nada sobre ese guerrilleiro folclórico e lexendario —o Foucellas— que Isaías estaba comentando.
    
—Ben, díxolles Isaías: polo que eu sei dese camarada idealista e tamén galanteador, vós podedes vos sentar porque teño moito para contarlles.
    
—Olla, Isaías, faloulle Martínez, nosoutros apenas queremos saber os feitos máis espectaculares da saga de ese guerrilleiro que parece ser moi interesante. ¿Podes contarnos todo iso en un resumen?
    
—Moi ben, respondeulle Isaías. Vou intentalo como vostedes queren. Contarei apenas algúns episodios que oconteceron con Foucellas alá moi preto da Coruña, en súa aldea de nacemento. El naceu no ano de 1918 en 22 de octubre no poboado de Curtis —Cabrui— nun lugar denominado de Foucellas. Moi xoven comezou a traballar en Curtis, no campo, xunto cos familiares e despois nunha leiteiría da localidade. Entre os veciños era coñecido como un chaval moi alegre e un pouco extrovertido, simpático e moi divertido nas festas e romerías da comarca.
    
Algúns feitos curiosos arrolan ese futuro guerrilleiro. "El dicía que entraba en contacto coas almas de outro mundo, incluso de seu pai e de unha irmá que habían falecido". Aínda moi xoven, chegou a traballar en unhas minas de carbón en Ponferrada, volvendo tempos despois á súa aldea onde contraiu matrimonio con unha xoven de nome María Pérez, arxentina de nacemento. Despois das vodas, foi traballar nunha madeireira da localidade, onde empezou a tomar contacto con unha célula socialista dirixida por un médico que tiña convenio de saúde con dita empresa. Naquela época, xa tiña bastante coñecemento dos ideales socialistas desa célula, e, en un dado momento de recesión industrial, el chegou a propoñer ó patrón para reducir as horas de traballo e, consecuentemente, o xornal dos obreiros da madeireira, o que era mellor que perder o emprego. Ollen que xa era ben entendido de leis e dos asuntos laborales ben adiantados para aquela época, xa que en moitos países aínda hoxe son unha novidade.
    
Cando en 18 de xullo de 1936, se produce en Galicia como en toda España o levante contra a República e despois de conseguir algunhas armas, Foucellas saíu comandando unha columna de civiles dirixíndose para a Capital Provincial, A Coruña, con intento de axudar ós resistentes. Pouco pudo facer en vista do dominio total dos militares revoltosos naquela Cidade, cando a columna aínda estaba en súa proximidade.
    
Ó volver para súa casa, ficou temeroso das represalias que podería sufrir por haber participado dese grupo de resistentes. Como aconteceu con outros seus compañeiros fuxiu para as montañas ou escondíase nas fragas próximas dos poboados ata ver que rumbo tomaban as cousas naquela rexión, pero, cando menos en Galicia, os militares revoltosos habían consolidado o poder total. A partir dese momento, non había máis retorno para un fuxitivo, a non ser ir para a cadea, campo de concentración ou, o peor, o paredón.
    
Desta maneira transformase en un loitador incansable xunto con outros compañeiros de outros lugares e rexións de España, mantendo un certo contacto e orden militar entre todos eles. Algúns xa eran militares de carreira que loitaran ó lado dos republicanos durante a guerra civil, pois, xa estamos no ano de 1945 — o mínimo, sete ou oito anos fuxindo da represión por onde podía naquele intre...
    
—Ben, ¿e o guerrilleiro Ponte, ti non falaches nada ó seu respecto? ¿Poderías resumir algúns sucesos máis interesantes de súas actividades na guerrilla? Preguntoulle outro compañeiro, o Bernardo.
    
—¡Sí home sí! Intentarei facer o que me pides. Vou falar apenas de algúns episodios máis interesantes dese comandante guerrilleiro. Sí, comandante, porque, na verdade, el era o idealizador de case tódalas accións de un dos maiores grupos de defensores da liberdade e da cidadanía. Era moi idealista e moi determinado. El imprimiu á guerrilla, un sentido orgánico con seccións de informacións, servicios auxiliares e, ata unha especie de tribunal político militar. El foi, tamén, o autor de unha carta para o embaixador inglés en España, mister Mallet. ... Seguiu falando Isaías:
    
—Esperen un pouco antes de que volvamos ó poboado. Vostedes saben que cousas sobre os fuxitivos da guerra civil española ou guerrilleiros, eu puiden velas con meus propios ollos alá no Barco de Valdeorras, Casayo, provincia de Ourense. Foi nas minas de Wólfram onde fun traballar antes de vir para cá —eu vin cousas peores e dantescas entre as autoridades da garda civil e os guerrilleiros—. Concluindo: Eses guerrilleiros, actuaban por toda España e, inclusive na fronteira con a Franza, onde, de certa forma, recibían algunha axuda.
    
—Anos máis tarde, xa estando no Brasil, nun dos viaxes que fixo á España, Isaías descubriu a través de un amigo, algúns poemas, talvez incompletos, dedicados ó lexendario Manuel Pontes Pedreira, O primero en galego, dedicado por Lorenzo Varela e agregado á carta escrita, polo propio Pontes, antes de ser fusilado, de emboscada, pola represión. Posteriormente foi enviada ó mesmo embaixador inglés en España, mister Mallet. O segundo poema, foi escrito e dedicado por Xosé L. Méndez Ferrín, escrito en español.
    
Coa permisión dos autores, por algún descoido, a seguir, presento unha parte deses poemas, que me contou o amigo que, vale a pena ver polo profundo sentimento poético.


Primeiro poema —en galego—
    
Berraron os osos brancos do luar,
os eixos da Terra víranos berrar.

Po-la túa morte, po-lo pulo teu,
camiño dun novo, limpo, eterno ceo.
Choraron as sevias,
choraron os toxos e chorou o pau.

Mais houbo, Manuel, nos árbores,
na iauga, na luz das mañás, na fouce
do raio tras de lostregar, coma un
xuramento de homes a xurar:

¡Po-la túa morte, a loitar , a loitar!
¡Ti fuches a ponte do río de Deus,
a ponte do pobo dos teus e dos meus!

E por iso estaba como estaba un cantar,
a espada das verbas ardentes do lar:
¡Po-la túa morte a loitar, a loitar.!






O segundo poema, en español

Di en súas principales estrofas:

Lleváis a cuestas un arco de silencio y bajo los
ojos la cicatriz de la esperanza,
condensados, azules, territorios de odio
os cercaban.

...............................................................................


Entonces subisteis a las sierras.

.............................................

Desde la noche de piedra que cantó Celso Emilio
Ferreiro desde la cárcel, desde la sotana y la tralla,
Reclamamos que vuelvas, compañero del alba.
Comandante caído, Ponte, rebeco, valle del corazón.

Que vuelva a reinar en las cumbres,
la esperanza guerrillera, la rebelión armada.

..........................................................................

     Despois de ouvir eses comentarios sobre os guerrilleiros idealistas, un dos compañeiros, o Ramos, que era o ferreiro do grupo coidando das ferramentas que utilizaban para traballar a pedra, preguntoulle:
     —¿Vamos volver a este lugar no próximo domingo?
     Algúns compañeiros argumentaron que terían que abastecerse dos alimentos necesarios, pois, a cota dada pola compañía non era suficiente para a semana, polo tanto, irían por algúns poboados próximos para mercar o que puidesen, por iso, non se comprometerían cos demais. O ferreiro ó ouvir esa xustificativa, díxolles, moito cuidado para que non lles aconteza o mesmo que ocorreu con Isaías e seu compañeiro Elías, pois, ata hoxe están correndo das pedradas... e sorriu con un pouco de malicia mirando para os dous máis xovens corredores do grupo.
     Martínez, que era bastante curioso e o máis bromista da infelicidade dos outros, preguntoulle ó ferreiro:
     ¿Ramos, ti poderías ser un pouco máis explícito sobre ese conto que acabas de contarnos? Algunha cousa interesante está escondida nese teu sorriso malicioso. ¡Por favor, explíquenos mellor esa historia para nosoutros!
     —Está ben, eu non sei se eles, os personaxes do episodio permiten que conte esa aventura inusitada e, de certa forma, un pouco graciosa sendo vista de fóra, pero, se ben analizada e nas circunstancias en que o feito aconteceu, é para levar a serio as consecuencias que poderían vir. A pesar de que os motivos inductores, de certa maneira xustificarían a acción, non a dor de cabeza que podería traerlles o acto impensado.
     Eu intentarei explicar máis o menos como eses chavales me contaron o que lle aconteceu: eses dous mosqueteiros, son bos traballadores pero, creo que aínda son mellores comedores cando ten o que mastigar, principalmente o pan e a carne de porco regada con un pouco dese viño baturro producido nesta rexión aragonesa que, mesmo en pequenas cantidades, ilumina a cabeza para o delirio inconsciente, a pesar de ser tomado por unha xarra ou porrón con o bico bastante puntudo para poder beber menos. Claro que iso é un pouco máis hixiénico e ó mesmo tempo, máis refrescante para "matar" a sede e, así, inxerindo menor cantidade de viño. Conta el:
     Elías e seu compañeiro saíron o domingo ben cedo, despois de tomar unha "auga de castañas". Este era a alcuña dada ó café que lles fornecían no restaurante da compañía militar para a cal traballaban. Xunto co café, tamén lle daban un chusco (pan) de 50 gramos, o que era insuficiente para os xovens que estaban en pleno desenrolo e con moito esforzo físico no seu traballo. Eses xovens, normalmente, en poucas horas volvían coa mercadoría que ían comprar pero, aquel día todo lles saíu ó contrario das outras veces.
     O inesperado estaba por acontecer á medida que o tempo ía pasando e a fame apertando seu estómago. Sen conseguir nada para mercar, intentaran un pouco máis lonxe noutros poboados descoñecidos, onde os dous xovens eran extraños e, por iso, era máis difícil a compra por determinadas circunstancias: eran descoñecidos e polo acento de súa voz daba para notar que non eran aragoneses, o que aumentaba a desconfianza dos nativos, eles sabían que calquera compra o venta, tiña que ser feita a través do controle das autoridades fiscalizadoras e represoras oriundas da guerra civil española. Era o racionamento a través de unhas libretas fornecidas polo propio órgano controlador do Goberno.
     Nun determinado intre que Isaías e Elías estaban buscando a mercadoría (alimentos), con fame e cansados, decidiron volver sen o que pretendían mercar, pero, de repente, vislumbran uns pés de macieiras repletos de mazás á beira do camiño polo que estaban volvendo pra casa. Miran para un lado e para outro, parecía que ninguén os vía e non pensaran dúas veces, pedras na man e mazás caindo no chau. Aínda non habían recollido as primeras mazás cando unhas persoas con uns paus nas mans e con aires ameazadores corrían en dirección ós intrometidos, pois, de certa forma, estaban quitando o que non lles pertenecía. Pernas para que vos quero polo camiño e soamente pararon a uns dous quilómetros adiante, cando súas forzas xa non permitían correr máis e non vían perigo á vista.
     Contaba o ferreiro que: quen os vira correr, pensaría estar vendo dous atletas entrenando para un maratón na antigua Grecia. El dicía todo aquilo para que, indirectamente, os dous mosqueteiros como acostumaba chamalos, nunha próxima vez, tiveran máis coidado en súas camiñadas na busca de alimentos. O Ramos, queríalle moito e, nalgúns casos orientábaos dándolles algunha protección, inclusive, cambiaba, de vez en cando, o chusco do racionamento con eles por un vaso de viño, pois como el propio tiña dito: eran bos comedores de pan.
     Foi unha lección a máis da vida, pois, a pesar da fame non coñecer obstáculos nen prohibicións de cualquera especie, é necesario avaliar as consecuencias oriundas dos actos pouco pensados que, moitas veces, poden nos traer problemas irreparables e incómodos, principalmente cando a nosa mente está procurando o mellor camiño a seguir.
     Outro chiste moi interesante relacionado con Isaías e Elías, eran as constantes feridas na man esquerda feitas pola ansia de querer facer ben feitas e máis rápido as tarefas de seu destallo no taller de obras. Iso mesmo, como eran menores de idade, non podían ter os soldos iguales ós outros que eran maiores, iso deixábaos bastante deprimidos en vista de que producían tanto o máis do que algúns de seus compañeiros, a pesar de ser moi xovens. Con axuda do propio encargado, conseguiron que lles fose pago por productividade e non pola idade como era de costume.
     Eses xovens, usaban unha grande maceta para bater nos ciceles ou punteiros, tiña que ser bastante pesada para producir os efectos necesarios que eles querían no preparo das pedras de granito ou calquera outro tipo de pedra para asentar nos cuarteles militares. Sumándose a todo iso, os golos de viño que tomaban de vez en cando para matar a sede polo esforzo feito e, como o estómago nen sempre estaba suprido do mínimo necesario para soportar uns graos dalcohol a máis, todo iso xunto coa vontade de facer moito e ben, algunhas veces en vez da maceta acertar no punteiro, acertaba na mao e, cando unha ferida xa estaba case curada, aparecía outra maior. Era engrazado cando Isaías narraba ese episodio que, en moitas ocasións, servía de risa pra seus compañeiros máis vellos que lle dicían: ¡coidado cos corvos!
     Tempos máis tarde, os dous xovens soñadores, Isaías e Elías, xunto con un dos encargados da obra, pedían a súa transferencia de Sabiñánigo para outra compañía constructora civil, que tamén se dedicaba a restaurar a destrucción feita pola guerra civil e construir outras obras civiles na capital da Provincia de León, deixando, así, ós demais compañeiros en Puente Pueyo, Huesca. Eles, agora, ían traballar no Palacio do Goberno Leones, na función de auxiliares do asentador de pedras con molduras, brasóns e esculturas na fachada do edificio. Nese mesmo lugar, xa se encontraban traballando outros seus veciños xa había algún tempo, o que axudaba bastante no compañeirismo co resto do grupo de canteiros.
     Con relación ó Isaías e Elías, parece que Deus tiña colocado xuntas a dúas persoas, cando menos deica entón, cun mesmo destino común. Ademais dos problemas semellantes con relación ós pais e de haber traballado como compañeiros nas minas de estaño en seu poboado de nacemento. Nesa mina de estaño, eles eran axudantes nas máquinas de lavar e peneirar o estaño nunha compañía mineira de extraer casiterita. Como é interesante cando a xente está na idade de ouro, onde todos os soños son posibles en nosas mentes, non só os soños pero, tamén as fantasías hilariantes.
     Elías, que traballaba máis próximo das mulleres encarregadas e responsables polo funcionamento das máquinas, tiña a curiosidade de mirar pras pernas e algo máis que puidese ver nos descoidos das xovens moziñas. Naquela época, a roupa de vestir das mozas era apenas vestidos o saias e, nalgúns casos, por economía, moitas delas non vestían bragas. O astuto de Elías, procuraba por todos os medios ver algunha cousa para logo despois contar como un gran acontecemento o de haber visto algo diferente para un xoven onde todo era novidade —cousas de un adolescente daquela época
     Do traballo como auxiliar do mestre-asentador e do escultor, no Palacio do Goberno de León, Isaías soamente sairía para un outro viaxe un pouco máis longo e, ata certo punto, fascinante para un xoven soñador. El embarcaría para o Brasil poucos meses despois, terminando desa forma, as aventuras, sufrimentos e por que non dicir, moitos momentos de alegría naquelas aldeas da Galicia rural.
     Porén, con relación á sagacidade de Elías, nas minas de estaño, Isaías só ficou sabendo dalgunhas particularidades a máis de súas bromas anos máis tarde; cando xa había visitado España varias veces e, nunha oportunidade que tivo de conversar con unha veciña, unha das mozas daquel tempo — hoxe xa con netos e tamén de cabelos brancos —. Ela ríase cando lle contaba todas aquelas bromas do Elías que, na época, non tiña máis que uns doce o trece anos.
     En León, sería a última vez en que os dous compañeiros de moitas alegrías, tristezas e aventuras de unha época onda fantasía e os soños eran gratis, poderían traballar xuntos. Isaías deixaba o servicio dauxiliar do escultor, no Palacio do Goberno de León e a un gran amigo para tras, para poder arreglar a documentación necesaria e embarcar rumbo ó Brasil algúns meses despois.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega