Isaías, o emigrante soñador

Páxina Anterior

O reencontro co pasado

Páxina Seguinte

v2dizramosisaias008.html
     Isaías, algúns anos despois de haber amargado o gusto de tamén, repicar as campás, ter que subir os montes, escalar as montañas e moitas ilusións perdidas en seus tortuosos camiños para adaptarse a outra maneira de vivir. El vai formando unha nova familia e, ós poucos, encontrando un modo diferente de camiñar, a pesar de algúns contratempos familiares e mal sucedidos negocios. Traballando no comercio, coñece algúns clientes e patricios de un certo nivel intelectual e social, facendo algunhas amistades que máis tarde irían influir bastante en determinadas decisións de un futuro próximo que mudarían seu propio modo de pensar. Todo iso, levouno a enveredar en actividades impensadas ata aquel momento crucial de súa vida; bastante atribulada por varios motivos alleos á súa vontade.
    
Como sempre había feito nos momentos de dificultade, non se deixa abater polo fracaso circunstancial e enfrenta outra vez unha loita sen treguas. Por vontade propia e incentivado por amigos, fai algúns estudios que máis tarde serviríanlle de base para un novo nivel de súas pretensións, tanto na construcción civil como noutras actividades culturales e intelectuales. Traballar e estudiar ó mesmo tempo, era un novo desafío para quen estaba aínda con problemas financeiros sen resolver e a familia para coidar. Lidando aínda no comercio,. en un encontro con un coñecido preguntolle se na actividade de construcción tería máis tempo para estudiar á noite.
     —Olla, Isaías, a construcción é como calquera outro negocio, se non hai experiencia, as cousas poden facerse un pouco máis difíciles, e é lóxico, que os lucros deben ser menores, pero se empezas ós poucos, todo é posible Se necesitas de min, xa sabes, estou á túa disposición para orientarte o ata conseguir algún servicio para empezar, ós poucos, sen deixar o comercio en canto non teñas seguridade e, despois todo dará certo na nova actividade.
    
Tempos máis tarde, con axuda férrea da esposa, Isaías xa estaba traballando exclusivamente na construcción civil, en pequena escala, sen o menor problema, ó mesmo tempo que se aprofundaba nos estudios pola noite. Para el, era unha nova aurora que iluminaba súa mente un pouco nublada por algúns fracasos da vida naquel exacto momento. Por iso, calquera luz ó final de túnel, era un novo amañecer de seus soños.
    
En esta nova camiñada, Isaías continuaba a descubrir e a reencontrar un pouco de seu pasado por este Brasil afóra. Un certo día, polo motivo de que a Representación Consular Española no Estado de Minas Gerais, tiña e ten súas atribucións bastante limitadas a pequenos asuntos burocráticos, e á posibilidade o vontade de seu eventual ocupante, os españois residentes aquí, para resolver determinados problemas dependen do "Consulado General de Río de Janeiro". Isaías tendo que actualizar algúns documentos consulares xa vencidos, viaxou para o Río por ese problema. Despois de poñer en orden tódolos papeles e facer unha visita de cortesía ó Embaixador de España — con o cal, naquel intre xa mantiña unha certa relación normal entre un membro actuante da colectividade española e as autoridades representativas de España que visitaban Belo Horizonte naquela época.
    
Isaías, a través de algúns amigos de destaque social, empresarial e cultural e a súa facilidade de comunicarse, xa tiña boas relacións con a Colonia Española de Belo Horizonte, por iso, o contacto con as autoridades españolas en Río de Janeiro era de rutina. (A Embaixada daquela aínda estaba en Río de Janeiro).
    
Despois de cumprir todas as necesidades e obrigacións para as cais había viaxado; en canto esperaba a hora de volver foi a comer algunha cousa e dar un pequeno paseo pola veciñanza, onde predominaban un tipo de residencias deslumbrantes e imponentes. Sentado en un banco de un jardín diante de unha das casas que máis lle chamara a atención e, por curiosidade, ficou observando os seus moradores saíndo e entrando. Polo aspecto das persoas e dos criados que nela traballaban, percibiu que esa casa debería ser de uns aristócratas — varios empregados na terraza e en seus aredores confirmaban a sospeita de Isaías.
    
Levantouse para retornar á estación do autobús cando, de repente, camiñando en súa dirección, aparece un empregado con seu uniforme que máis parecía un xeneral de exército en día de gala de que un mordomo. Parou por un intre unha vez máis, movido pola curiosidade natural e, cal non foi a sorpresa: nada máis, nada menos de que un veciño, alá de Galicia, estaba dentro daquela inusitada e deslumbrante vestementa.
     —¡Arturo! ¿Que estás a facer en esa mansón que máis parece un conto de fadas? preguntoulle Isaías.
     —O que ti estás vendo en este exacto momento, en carne e óso, meu caro patricio. Naquel intre tamén xa o había recoñecido.
     —Estou prestando servicios especiales, respondeulle Arturo, ó mesmo tempo que choscaba un ollo como quen quere dicir, ¡coidado! Non poñas o meu emprego en perigo.
    
Arturo era contable en unha constructora alá en España, de propiedade de un amigo de Isaías e eles coñecéranse, xustamente, na cidade de Vigo. Un dos maiores e máis modernos Portos de España na década de sesenta. El chegara ó Río de Janeiro había pouco tempo. Para xustificar aquel tipo de emprego e mirando con cara de San Pedro, para Isaías, díxolle:
     —Fiquei más de dous meses sen encontrar un traballo decente e compatible con a miña formación profesional, ¡nada de nada! A falta de unha outra cousa mellor, despois de ver en un xornal, un anuncio onde se procuraba "unha parexa de españois xovens, de boa apariencia e con experiencia" —ela para servicios de casa e el para mordomo— non pensei dúas veces e aquí estou facendo o mellor. Pagan moi ben para iso.
     —¡Claro, está ben! ¿E ela? ¿Ti aínda estás solteiro?
     —Nada do que ti estás pensando Isaías. Nosoutros fixemos un acordo de compañeiros aquí dentro do emprego, como se foramos un matrimonio de españois moi ben comportados, alá fóra cada un toma o seu rumbo. Mary xa ten un fillo, e ademais de iso, é un pouco máis vella que eu, iso non significa que non poidamos ter unha boa relación de compañeiros mesmo fóra do traballo. Eu a coñecín na pensión onde estaba hospedado. Ela era encargada de atender os clientes no libro de hóspedes — foi cando a coñecín, pero sen saber que eramos veciños. Continuou Arturo: Mary había saído moi xoven de seu poboado, cando veu para o Brasil e, eu aínda era moi neno, por iso non tiña ningunha recordación dela. Soamente despois de moito tempo de coñecernos é que descubrimos haber nacido no mesmo poboado da provincia de Ourense. Hoxe nós somos bos veciños e bos compañeiros de traballo.
     —Ben Arturo, eu non dubido de nada, apenas estou un pouco sorpreso. Nada máis que iso.
     —Isaías, Mary é unha persoa moi boa, é galega como nosoutros e con as mesmas pretensións de mellorar a súa vida traballando con moita vontade pero, defendendo o que é seu con uñas e dentes despois de algúns fracasos. ¿Non é iso o que tódolos emigrantes procuramos facer? Isaías, por súa cara, parece que nós cometemos algún crime en aceptar este servicio nestas condicións. Nosoutros non mentimos apenas deixamos de dicir toda a verdade, sen perxudicar a ninguén. O que nosoutros queremos é ter traballo para conseguir nosos obxectivos con honestidade. Nada máis que iso.
     Concordou Isaías:
     —¡Sí! Claro que sí. Eu nas mesmas condicións faría a mesma cousa. Fica tranquilo. Se eu vos podo axudar, estou a disposición.
    
O que Isaías non se había decatado é que Mary de quen Arturo lle falaba era súa coñecida e veciña tamén, que viñera de Salvador para o Río de Janeiro tempos atrás. Isaías ó ver a Mary de lonxe, deuse conta de que, en verdade, xa eran coñecidos alá de España e, principalmente, de Salvador cando ela era aínda unha adolescente, Iso facilitaba as cousas para que os dous puidieran traballar xuntos axudándose no que fora posible.
    
No momento que Isaías se aproximaba para saúdar a Mary, de repente, aparece un señor de aspecto nobre e irreverente e, como tiña visto ó Arturo falar con unha persoa extraña, aproximouse, interrogándoo:
     —¿Arturo, que quere ese señor? ¿É algún coñecido seu alá de Galicia?
    
Isaías notando a actitud do señor, adiantouse antes mesmo de Arturo responderlle, e foi a saúdalo. Presentándose ó mesmo tempo e dicíndolle que xa estaba de saída, pois, tiña que volver pronto para chegar á hora marcada do autobús que saía para Belo Horizonte.
     —¡Ah! ¿É vostede de Minas Gerais? Preguntoulle o señor.
     —De certa maneira sí, pero eu nacín en España, nun poboado de Galicia, alá na provincia de Ourense. Vivo dende hai moitos anos en Belo Horizonte onde teño familia. Estou vindo da Embaixada de España de resolver algúns problemas burocráticos de miña documentación. Xa estou de partida.
    
A pesar das apariencias, xentilmente, o señor aproximase un pouco máis extendéndolle a man.
     —Moito gusto en coñecelo. Meu nome é Mateo Pérez. Entre, por favor. Gustaríame falar un pouco con vostede, eu tamén son español, alá de Asturias —Gijón— somos case veciños. Como se di en España —galegos e asturianos son primos-irmans—. ¿Non é iso?
     —Claro que sí, non podería ser de outra maneira. Respondeulle Isaías.
     —Continuou o señor Mateo: Eu vín para o Brasil aínda moi xoven e en condicións desfavorables para un chaval vivir só en este mundo de Río de Janeiro. Fai bastante tempo tamén xa estiven en súa cidade, en Minas Gerais, cando era viaxante comercial. Alá o clima é bastante mellor que acá en Río, polo menos cando eu a coñecín — é unha cidade moi bonita, con aire de cidade pequena e acolledora.
    
O anfitrión, sentado ó lado de súa simpática esposa, mentras toman un café servido pola propia Mary que, en ese momento é saúdada por Isaías de forma bastante discreta polas circunstancias do momento. O señor Mateo, mentras toman o café, non sei por que milagre, conta un pouco de súa historia vivida en súa xuventude. Era tamén un dos moitos emigrantes soñadores. Falaba con un ton de voz que transbordaba de nostalxia de súa xuventude, a pesar de demostrar haber sufrido moito en medio de este deserto humano alá polos anos mil novecentos e quince.
    
Segue falando o señor Mateo:
     —Eu cheguei a Brasil viaxando escondido no sótano de un barco de carga que viña de Gijón —Asturias— Por sorte, fun descuberto por un maquinista de bordo cando xa non soportaba máis a fame. Ese señor era un italiano moi severo a primera vista, pero, tiña un corazón de ouro. Tiven que traballar moi duro para comer e non ser deixado en calquera porto entre España e Brasil. Abrazándo á súa esposa, suspirou moi fondo, deu un bico en súa amada a señora Dalva e, deixando súa aparente arrogancia por un intre, continuou súa emocionante confesión.
     —Señor Isaías, eu tamén pasei por moitas profesións para chegar ó que son en este momento. Estudei un pouco ata onde puide incentivado pola enamorada que tiña entón e que despois fixose miña esposa —"a minha carioquinha" moi amada. Eu, como moitos emigrantes, tamén fun sendo pulido polo tempo, polo sufrimento e polas circunstancias que a vida me presentou cando intentei alcanzar un pouco do que agora son.
    
Unha vez máis, o señor Mateo mira nos ollos a súa esposa con moita tenrura e nostalxia daqueles tempos pasados que mesmo con menos recursos, deberon ser de moita felicidade. Isaías con súa perspicacia e sensibilidade percibía todos eses sentimentos que a pesar de algúns contratempos, parece que foran de moita alegría.
    
O señor Mateo continúa en seus delirios conscientes e, acariciando a man de súa esposa con moito mimo, pregúntalle:
     —¿Aínda te lembras de nosa odisea, amor?
     —Sí, Mateo. ¡Como non vou a recordarme! Eu non tiña máis que meus dezasete anos e ti case me secuestras de meus pais con meu consentimento.
     —Claro, como eu era pobre, teu pai botábame os cans poñéndome para correr. Por iso, a única maneira de intentar o rapto, era con o consentimento do refén. Como iso non foi posible, un día resolví enfrentar as feras noutra floresta e, imploreiche: ¿Ti podes me esperar uns tempos? En breve volverei con o diñeiro do dote e quedareime ó teu lado para toda a eternidade.
     —Querido, iso é verdade pero, tardaches máis de cinco anos en volver, ¿non foi? Eu sufrín moito con esa espera interminable.
     —¡Ah! Foi verdade, pero volvín. Se non houbera volvido non estaríamos aquí tan felices e contando a historia de un emigrante galanteador e de unha "carioquinha" presumida a un patricio.
     —¡Por Deus, Mateo! Non fales esas cousas que me deixas constreñida.
     —¿Porque non? ¿Todo iso non foi verdade?
     —Sí, sí, pero...
    
No entender de Isaías, era un perfecto matrimonio aristócrata e con moito amor entre eles. Eran moi amables con as visitas pero mantiñan unha certa distancia de superioridade e arrogancia con relación ós criados que traballaban para eles. Normalmente, ese tipo de emigrantes tiña boas condicións de vida que facían envidia ós menos afortunados pola sorte e polo sacrificio. Para Isaías, que xa había vivido en máis de un estado e onde había moitos emigrantes, iso non era novidade. El coñecera a españois de tódalas tendencias e medios de vida moi variado. Polo tanto, xa estaba acostumado con ese tipo de encontros inusitados con algúns emigrantes máis antigos e moitas veces xa bastante esquecidos de súas raíces.
    
Isaías tamén coñecera outros patricios en Río de Janeiro e en "São Paulo" onde tiña algúns parentes e amigos de infancia. En fin, por súa tendencia pacífica solidaria e comunicativa, nada de esas cousas o molestaban, ó contrario, dábanlle unha satisfacción interior moi grande sempre que podía servir ós demais no que estivese a seu alcance.
    
A principios da década de sesenta, houbo unha sorpresa máis para Isaías. Un día, estando en seu comercio, outro patricio tamén lle dá a satisfacción de visitalo. El fora seu compañeiro na provincia de Huesca (Aragón) e que xa foi citado anteriormente no capítulo I. Aquel que contaba a historia das mazás con relación a Isaías e Elías. Naquela época, el exercía as funcións de ferreiro na compañía constructora. Pois ben, cando Isaías veu un señor en pé na porta do seu comercio, sorrindo e mirando en súa dirección, non tivo dúbidas, aquel home era o Ramos, ou mellor, para el, o amigo e antigo compañeiro de máis de veinte anos pra tras.
    
Que alegría en ese reencontro de dous fillos da diáspora en terras brasileiras, como outros tantos emigrantes soñadores. Moita satisfacción estampada en sus rostros pero, ó mesmo tempo, unha profunda nostalxia daqueles tempos pasados. A pesar de unha época difícil e ó mesmo tempo chea de lembranzas indelebles en súas memorias. Despois de invitalo para comer con a familia en súa casa, puideron falar de súa nova vida en este país acolledor de moitas mentes soñadoras.
    
Isaías xa sabía a respecto do amigo, algunha cousa a través de outros patricios que o habían visitado anteriormente, de seus acertos e de seus fracasos, como a maioría dos emigrantes. El era comerciante na cidade de São Paulo, asimesmo, fíxolle unha pregunta:
     —Ramos, ¿por que viaxas agora e quen coida de teus negocios en túa ausencia? ¿Tiveches algún problema serio en teus negocios? Cendón faloume algunha cousa de algúns fracasos. ¿Iso é verdade?
     —Ben, eu non sei o que o patricio che contou, pero, as cousas non están marchando moi ben nos negocios. Pouca cousa restou da Torre de Babel que tiñamos, eu e meus familiares; cada un tomou súa camiño ou descamiño errante. Eu, agora, fago transportes con o camión que me sobrou e, polo menos teño unha casa onde vivir. Foi todo o que puiden salvar. Podería haber sido peor.
    
Isaías vendo o antigo compañeiro con bágoas nos ollos, non se contivo e, por un intre, volveu no tempo para recordarse de problemas idénticos poucos anos atrás. Era moi triste ver a un home que tivera todo para ser feliz e agora, con case medio século de vida, tiña que recomezar todo outra vez.
    
Porén, os encontros o desencontros de Isaías non deixaban de acontecer, na maior parte das veces, con moita satisfacción. Anos máis tarde, un día, o teléfono de súa casa chamou:
     —¿Diga? ¿Quen é? Atendeu Isaías.
     —Alguén preguntou do outro lado do teléfono.
     —¿Con quen estou a falar?
     —Con Isaías.
     —Moi ben, aquí é un veciño seu, alá de España, Manuel Lamas Cendón, vostede non me coñece, creo eu. Xa levo aquí moitos anos, máis de sesenta anos e vivo no norte Minas, en Montes Claros. Hai algún tempo xa fun dono de facendas hoxe, mal consigo sobrevivir, quería falarlle persoalmente con respecto a miña familia alá en Galicia, en Ourense, sobre unha pequena herdade que meus pais deixaron.
     —Moi ben. Se eu puider axudalo en algunha cousa, pode procurarme. Miña dirección é (...), o teléfono vostede xa sabe. ¿Está ben así?
     —Sendo así, calquera día de estes eu vou procuralo para tomarlle un pouco de seu tempo. ¡Moitas gracias! Despediuse o Sr. Lamas.
    
Isaías tamén xa coñecía a familia de Rosa Valiñas Ramos que era coñecida do señor Lamas. Ela era filla de españois e tamén irmá de Manuel Valiñas Ramos e de Alfonso, un dos compañeiros de Isaías en Salvador, Bahía, cando el viviu alá. Rosa xa lle había falado a respecto do señor Lamas, el era moi amigo e tamén veciño de seu pai; o señor Benito Valiñas Diz. Segundo informacións de Rosa, como o señor Lamas xa era de bastante idade, os fillos foranlle quitando súas propiedades, deixándoo sen nada, a punto de sobre vivir das migallas deixadas por eles e axuda de algúns amigos. Naquel intre xa estaba vivindo en Belo Horizonte en condicións precarias. Todo iso contáballo Rosa, para ver se el o puidese axudalo de algunha maneira.
    
O señor Lamas parecía un home moi bo e sincero no que falaba. Cando comezou tamén a contar algunhas pasaxes de súa traxectoria polo interior de Minas Gerais en súa xuventude, Isaías puido percibir que tiña sido un home moi valente e traballador, como case tódolos emigrantes. El loitara moito para sustentar unha familia numerosa, chegando a unha situación financeira bastante folgada naquela época.
     —¿E agora señor Lamas? Idade moi avanzada, enfermo e abatido, en un estado lamentable, que mal podía andar. Era unha verdadeira pena ver unha persoa naquel estado físico pero con unha mente lúcida que facía envidia a calquera xoven. Conversaba sobre pasaxes de súa infancia, como se houbesen ocorrido onte, Isaías xa sabía algunha cousa de seus problemas, pois eran do mesmo poboado e, en un lugar pequeno as persoas sempre falaban dos que se foran e non volveron máis...
     —Era moi triste dicía Isaías, falando tempos despois con Rosa, sobre o encontro que tivera con o señor Lamas. Dicíalle el:
     —Olla Rosa, en determinados momentos de nosa conversación, custoume conter as bágoas ó ouvir algúns relatos moi fortes e ás veces ata constreñidos para min. Dá lástima ficar vello físicamente pero lúcido mentalmente e desamparado a unha total dependencia de extraños que non ten nada a ver con nosos problemas.
     —Estou de acordo con teu modo de pensar, Isaías. Ademais de iso, é un camiño que a maioría de nós temos que recorrer cando chegamos ó final do túnel en plena escuridade das tebras. É moi doloroso ver esas cousas. Ninguén pode dicir que de esta auga non beberei. Quen formulou esta frase era un gran filósofo e moi sabio.
    
Rosa que tamén participaba dos sentimentos de Isaías e, en algúns momentos da conversación entre eles chegou a poñerse moi emocionada, pois, ela sabía do sufrimento e da soedade do amigo de seu pai, o señor Benito Valiñas Diz. Eles viñeran xuntos de España para o Brasil, aínda moi xovens e tamén traballaron xuntos na construcción de Belo Horizonte e, máis tarde, no ferrocarril do Oeste de Minas Gerais, pasando moitas dificultades e durmindo en chavolas no medio da mata por moitos anos.
     —Olla, Isaías, cando meus pais me contan o que eles e seus patricios, alá de Galicia, pasaron por estas terras de Minas Gerais, eu penso como eran valentes, tiñan moita fe, determinación e paciencia para sobre vivir a tódalas tormentas. Meu pai tamén fala moito de teu tío avó: José Gil Diz, que morreu debaixo de unha locomotiva do tren, a servicio do ferrocarril e outros veciños máis que deixaron seu corpo e súa alma no medio dos bosques de estas terras, traballando na liña de Ferrocarril. Foi unha época moi triste para moitas nais e esposas galegas.
    
Isaías chegou a coñecer a varios emigrantes galegos de outra diáspora ben máis antiga, moitos xa habían chegado a finales do século XIX para axudar a construir esta bela cidade de Belo Horizonte. Eles saíeron moi xovens de súas casas, dixaban súas familias e espallávanse polas cidades do interior do Brasil en busca de algo supostamente mellor e nen sempre o encontraban. A maioría deses emigrantes quedaban alá mesmo, con sete cuartas de terra cubrindo o que restou de unha esperanza e do corpo de seu nada.
    
É moi triste arrancar as persoas de seu hábitat natural, mesmo que nen sempre sexa o mellor lugar aparentemente, pero no fondo do corazón ese disgusto e a dor son aterrorizadores e indisolubles. A mor parte deses emigrantes, sen moitas esperanzas e con moitas bágoas nos ollos, eran presentados a Isaías pola parente e ben intencionada Rosa Valiñas; entre eles, outro antigo compañeiro e tamén veciño do seu pai e do señor Lamas.
    
Ese outro emigrante era o señor Serafín que, a pesar da idade, parecía un home irreverente, bastante impetuoso, arrogante e moi bravo de carácter. Súa conversa, resumíase a moi poucas palabras. Moi severo con os fillos da segunda muller e, aparentemente parecía un verdugo para degolar a primeira víctima que encontrase. Como dixen —parecía, pero non o era— Isaías o constataría máis tarde cando tivo un contacto máis próximo e continuado con el.
    
Ese señor, cando se trataba de falar de súa Santa Terra, principalmente con Isaías que coñecera seus familiares alá en Galicia, transformábase en un anxo con asas pronto para voar á súa terra de orixe —San Salvador de Xirarga— Facía preguntas e máis preguntas interminables sobre o estado de saúde de seus irmans e sobriños que el non coñecía. Seus ollos brillaban cheos de bágoas que escorrían por seu rostro e parecían pérolas preciosas cando oía detalles da aldea onde había nacido. Era moi triste velo en ese estado de profunda soedade, para Isaías. Ese señor de aspecto irreverente seguía falando ó mesmo tempo que choraba.
     — Olla, Isaías; eu sei que nunca máis poderei volver á miña terra, estou no final do túnel do tempo como moitos que viñeron xunto conmigo.
    
En verdade, o Señor Serafín tiña certeza absoluta de todo iso a pesar de súa idade. Algunhas veces Isaías tamén choraba xunto con el cando se recordaba de un tío-avó que tamén tivera o mesmo destino que moitos outros emigrantes polas terras de Minas Gerais e, seu propio destino non sería moi distinto dos demais. Tempos máis tarde, cando o señor Serafín xa se cambiara de unha cidade do interior de Minas para Belo Horizonte con toda a familia, Rosa pediu a Isaías que o visitase, dicíndolle que estaba moi enfermo. Isaías, ó visitalo e velo postrado na cama e moi fraco pola enfermedade que o acometera, tivo momentos de consternación e relámpagos de recordacións do pequeno poboado onde os dous habían nacido. En un dado momento da conversa, o señor Serafín díxolle:
     —Olla, Isaías, eu nunca che falei de seu avó e outros familiares seus que viñeran praquí no final de XIX e outros a principio do século XX. Nosoutros viñemos todos para traballar xunto cos italianos e portugueses no edificio da Estación do Ferrocarril (Estação da Central do Brasil en Belo Horizonte) e tamén noutras obras públicas. Seu avó Rafael Ramos Cortizo era encargado xunto con un ingeñeiro alemán e os demais obreiros especializados en construcción. Entre outros teño máis recordación de meu veciño José Rial Cendón e José Gil Diz, este último, morou por moito tempo en unha "rancho" en un barrio que se non me engano era "Santa Efigênia" e, o outro, non teño moita seguridade pero me parece que viviu por moitos anos na Pensión Floresta. Un pouco máis tarde, algúns traballadores e eu, fomos acompañando a ferrovía polo Oeste de Minas Gerais e, de esta forma, perdín o contacto con a maioría dos veciños.
    
Isaías animado pola noticia do patricio e de outra señora, Aurelia Fernández, que fora cociñeira de seu avó e outros emigrantes, aínda intentou localizar ó parente e a outros familiares. Entre tanto, non tivo moita sorte, o máximo que conseguiu foi que en realidade había vivido en ^"Santa Ifigenia" e morrera de un accidente na Estación, debaixo de un tren. Porén, a pesar de non ter coñecido ós parentes e os outros veciños, que aquí aportaron, Isaías sentíase orgulloso en saber que eles habían dado súa contribución na construcción da nova Capital de Minas Gerais —Belo Horizonte— Por outro lado, tamén o acollera a el como un verdadeero fillo, dándolle oportunidades de desenrolo para poder formar unha nova familia e crecer xunto con ela.
    
Despois de moita loita para sobrevivir con a nova familia alcanzando un nivel de vida aceptable. Isaías pretende pasar unhas vacacións, ben merecidas, en súa terra natal. Despois de case dúas décadas que había saido de España e con a saúde un pouco debilitada, empeza arreglando as cousas necesarias e máis esenciales para un viaxe de esa envergadura. Isaías ve nese viaxe de descanso, unha oportunidade para recuperar a saúde ademais de poder enseñar ós fillos a terra onde el había nacido e vivido na infancia e parte de súa xuventude.
    
Tamén tería a oportunidade de enseñarlles os lugares onde el acostumaba divertirse —con os medios daquela época— andando pola neve e o frío no inverno e nas romerías daquela redondeza no verán. Contáballes todo iso ós fillos con tanta alegría e satisfacción ó recordarse de súa época de ouro, claro, dentro das posibilidades daquel momento histórico de España e de súa aldea, en Galicia. Tantos detalles que ata pouco tempo atrás daba a impresión que habían desaparecido de súa mente. Era unha cousa inexplicable de como noso subconsciente, sutilmente, sabe esconder determinados asuntos que non son necesarios nalgúns momentos conturbados da vida.
    
Era iso o que estaba acontecendo na cabeza de Isaías. Súa mente o estaba preparando e decodificando en algúns recordos moi importantes de súa vida para que puidera contalos para os fillos. Víñanlle mil cousas á súa memoria de unha so vez. Ata aqueles simples e pequenos xogos en noites de lúa "chea" nunha pequena eira (praza) do poboado. Esvarar polos camiños cubertos de xeo e xeada que parecían un tobogán natural preparado por Deus para que aqueles nenos de espírito alegre e inocente se divertiran. Todas esas belezas naturales que facían olvidar as dificultades que os pais tiñan para sustentalos. Son as pequenas cousas da vida de un soñador.
    
Isaías tamén lles falaba ós fillos que, mesmo na cascata de un pequeno río no monte, víanse imáxes coloridas formadas polo orballo artificial con a caída da auga a baixas temperaturas. En cada árbore, arbusto ou pequenos outeiros, víanse distintas figuras que despertaban a fantasía na mente dos nenos. Todo iso viña á mente de Isaías en canto estaba preparando as cousas para ese tan esperado viaxe. Faláballe el cos amigos que mesmo con un pouco de retraso, con relación ós soños e promesas de cando saiu de España, sentíase orglloso e ansioso en poder ver de novo súa Terra Natal. Intentar recoñecer ou coñecer, en algúns casos, ós familiares que quedaron moi cativos cando embarcou para o Brasil.
    
Moitas veces, en realidade, con a ansia e ilusión de economizar un pouco máis para garantir o sustento da nova familia, o emigrante acaba esquecéndose, en parte, de súa propia identidade con relación ó que deixou en seu poboado de orixe. Isaías, soñaba moi alto, ademais de poder concretizar o tan esperado viaxe a súas raíces, vía a oportunidade de alongar un pouco o seu roteiro para visitar uns veciños e parentes radicados en São Paulo. Como el, a mor parte pertencía á diáspora pos-guerra civil española. Moitos deles non tiña a menor idea de como eran físicamente. Como xa foi dito anteriormente, os emigrantes, por circunstancias inherentes ó tipo de vida que levan, perden un pouco de súas características persoais en varios aspectos; tanto físicos como de comportamento.
    
Parece que Deus reservara para Isaías unha constante e agradable sorpresa en súa ruta polas curvas e ladeiras dos camiños da vida. A pesar dos problemas como a maioría dos emigrantes españois, algo Supremo sempre puña en súa dirección, os medios para poder realizar, cando menos, parte de seus soños e ansiedades. Que alegría e satisfacción, a pesar das poucas horas disponibles, en seu roteiro, para embarcar en São Paulo con destino a España. Parecía un verdadeiro milagre do Señor. Era difícil creer o que estaba vendo en seu rededor a non ser por súa fe e determinación. Polo valor que daba a a verdadeira amistade e respecto polos parentes e amigos de verdade.
    
Xa en São Paulo, naquel exacto momento, Isaías puido constatar o valor de todo iso estampado no rostro de tódalas persoas que viñeron a recibilos, a el e á súa familia, mesmo aquelas que nunca as había visto ou non as recordaba máis. Durante o tempo que estivo con os parentes e amigos en esa cidade, Isaías facía preguntas e máis preguntas, principalmente a Antonio e a Félix. Eles xa habían estado xuntos en varias ocasións; en São Paulo, Bahía e Belo Horizonte.
     —¿Como está fulano e súa familia (...)? Gustaríame velos. ¿Viven moi lonxe?
     —Olla, Isaías, dentro de uns minutos estamos esperando que cheguen varios parentes e veciños, algúns para coñecerte a ti e a túa familia, outros para un reencontro tan esperado contigo. Nosoutros avisamos áqueles que temos a dirección ou o teléfono, òs demais, infelizmente non foi posible avisalos. Esperamos que uns avisen ós outros e que, de algunha maneira teñan falado con eles.
    
En realidade, as persoas ían chegando ós poucos. Abrazos, bágoas, recordos de un tempo pasado que deixara moitas marcas indelebles na alma daqueles emigrantes que, a pesar de algunhas melloras económicas e financeiras, estaban sofrendo a distancia do poboado de orixe e de seus familiares dalá. En fin, a soedade provocada por todos eses problemas inherentes á emigración era como cair no vacío, nada a que agarrarse...
    
Isaías, non vendo entre os presentes unha persoa que ansiaba por vela, volveu a preguntarlle ó Antonio:
     —¿Elías non vén? Non me gustaría viaxar sen estar con el.
     —Olla Isaías, a pesar de ter moito aprecio polo traballo, aseguroume que en hipótesis algunha faltaría ó encontro de un dos maiores amigos que ten. Polo que me dixo, podes ter seguridade que non faltará. "Rever o gran amigo, era unha de súas prioridades. Desda última vez que nos vimos, moita auga xa pasou por debaixo da ponte que une nosos destinos e amistade. Por iso, mesmo que sexa por poucas horas, estarei esperándoo xunto con vosoutros" —palabras do Elías confirmadas por Antonio. Elías era un dos españois máis ben sucedidos entre aqueles veciños e amigos de Isaías.
    
A chegada de Elías, foi máis unha gran satisfacción para Isaías, a de poder abrazar ó antigo compañeiro de loitas alá polas terras de Aragón e na provincia de León —España—. Foi algo apoteótico con o reencontro inesperado de moitos parentes e amigos. Esa oportunidade, Isaías agradecía ós parentes, Antonio e Félix, por haberen tido o desprendimento de atendelo en seu pedido.
    
Ben, díxolle Félix:
    
Da última vez que estiveches aquí, con túas fillas e uns veciños de Presqueiras, Forcarei, foi como un lostrego que case ninguén che viu nen se enterou, a non ser media ducia de persoas que apenas te saúdaron. A ti acórdache que cando me chamaches de Belo Horizonte, dixécheme que vosoutros fostes interceptados por unha patrulla militar de Minas en dirección a São Paulo e que parecía un Golpe de Estado —que realmente foi confirmado despois—.
     —Sí, eu lémbrome diso. Estivemos detidos por máis de dúas horas ata ser liberados, despois de ter que prestar algunhas informacións ó comando da tropa militar.
    
Félix ten razón ó afirmar que naquela época fixeches unha visita moi rápida sen moito alarde, por iso, non pode ser comparada con este intre de confraternización. As circunstancias son outras e os motivos distintos. Engadiu Antonio.
    
Un pouco máis tarde, xa estaban listos para entrar no avión. Os nenos ó subir polas escaleiras do avión súper constelación, doulles a sensación de medo diante daquel paxaro de asas moi brillantes e con un pico asustador. Foi unha despedida moi emocionante dos parentes e veciños que os foron a despedir en un dos aeroportos de São Paulo. Movendo as mans en sinal de despedida e desexándolles boa viaxe. Logo, ó final da escaleira do avión, unha azafata sorrindo daba as benvidas ó mesmo tempo en que mandaba entrar para acomodarse cada un nos debidos asentos no interior da aeronave.
    
Case vinte anos despois. Isaías aínda estaba imaxinando se todo iso era verdade. ¡Non o creía! Tiña sido un verdadeiro soño como el sempre o soñou. Foi un viaxe extraño e cheo de sorpresas ata chegar ó poboado onde había nacido. Non coñecía a case ninguén dos máis xovens, incluso un irman e cuñada... O pai xa non o coñecera antes de embarcar —conforme comentarios en páxinas anteriores—. Os camiños eran cercados por muros de pedra, parecíanlle máis estreitos e baixiños. Dáballe unha sensación de non estar no poboado onde saíra para o Brasil, entretanto tiña seguridade que era o mesmo.
   
Unha difícil adaptación tanto para el como para a familia. Moitas indagacións dos veciños e, ata dos familiares; de forma moi sutil, preguntaban:
     —Din que vas comprar un coche, por suposto trouxeches moito diñeiro ¿Non é verdade?
     —Trouxeches o bastante para sustentar á familia, ¿ou vas a quedarte por conta de teus pais?
     —Comentaban outros:
     —¿Vas ficar aquí por moito tempo? ¿Tes moitos bens alá no Brasil o viaxaches con diñeiro prestado?
    
Todo iso deixabao atónito a Isaías e desconfiando de todos, só máis tarde entendeu o por que de todas esas preguntas. Parece que estaban acostumados a ver algúns emigrantes chegar con as mans vacías, pero, Isaías non emprendería un viaxe de esa magnitude se non tivese recursos propios, cando menos para iso.
    
Había que medir as palabras. Sufriu tanto como para comezar súa vida no Brasil. As persoas eran moi distintas e, de certa maneira, era un extraño en seu niño. Pecharse entre catro paredes, non ía moi ben con súa maneira de ser e, soamente ós poucos, dando tempo ó tempo, foi mostrando súa forte personalidade no trato e no respecto, pero con absoluta independencia con relación a seu mantimento, non tendo que dar explicacións o satisfaccións de seus feitos a ninguén.
    
El intentaba ser amigo de todos, dentro do posible, mesmo con os máis cretinos. Intentaría ser igual a todos dentro de súa maneira de ser: con naturalidade, sen hipocresía, ata que fose admitido dentro da comunidade como el era e, non como os veciños querían que fose.
    
Moitas veces, Isaías desexaba volver a súa patria adoptiva que tanto amaba, o Brasil. Noutros momentos, pensaba que os emigrantes, de certa maneira, eran en verdade uns apátridas e en determinadas circunstancias, individuos sen identidade — eran os fillos da diáspora.
    
No segundo viaxe que fixo a súa terra natal, once anos despois da primera vez, a maioría das persoas de máis idade xa habían falecido, os que eran nenos, a non ser uns poucos, xa non os coñecía máis. Outra vez —Isaías ti estas sen saída—. Pero, a maior parte do poboado o recibiu de unha forma moi enteusiasmada e cordial. Os veciños o eloxian sen parar. Nas tabernas sempre era invitado a tomar algunha cousa, raramente deixaban que el pagara a conta, cousa que el nen sempre aceptaba. Moitos daqueles que foron a despedilo no barco ó porto de Vigo, con resentimiento nos ollos e unha sorrisa amarela de lagarto cando do primeiro viaxe, afágano agora sen rodeos.
    
Alguén había cambiado, pensaba el e, preguntábase a sí mesmo. "¿Por que as persoas moitas veces son tan mezquiñas?"
    
Un dos amigos que había feito na visita anterior, dicíalle:
     —Olla, Isaías, eu sempre apreciei moito o teu modo de ser, canto ós demais veciños era unha cuestión de oportunidade para que puidesen cair na realidade.
    
Isaías séntese realizado e moi satisfeito en percibir que non é máis un extraño no niño, como da vez anterior, resignado en seu novo papel de fillo nativo e non adoptivo da localidade, mesturándose nas conversacións dos amigos con máis confianza e incluso colaborando en certas actividades culturales e folclóricas do municipio. Viaxa por case toda Galicia e outras rexións de España, en busca de coñecementos que non puido conseguir antes de emigrar para o Brasil, cando el aínda era un adolescente.
    
Asimesmo, pasados os meses que había destinado a esa segunda visita a España, Isaías xa se encontraba un pouco molesto e sentíase incomodado e con nostalxia de outros grandes amigos e compañeiros de loitas durante súa camiñada polas terras de Minas Gerais, Brasil. El, desta vez, viaxara só e tamén atopaba moito de menos ós seus familiares e outras persoas con quen mantiña unha amistade moi profunda e respectosa. Ó comentar súa volta ó Brasil con un de seus novos amigos, Pablo, preguntoulle:
     —Isaías, ¿por que te marchas logo agora que xa comezaches a criar raíces nesta rexión galega? ¡Esta terra tamén é túa!
     —Olla, Pablo, estas raíces que ti estas imaxinando, ten dificultade de penetrar na terra un pouco árida, sen coidar, e cando conseguen espallarse, medran na superficie, son pouco penetrantes e a planta en seguida perde súa vitalidade. É unha pena, pero é a pura realidade, meu caro amigo.
     —Percibese que o Brasil está impregnado dentro de ti. Olla Isaías, eu entendo todo iso, é lóxico que queiras volver o máis pronto posible para xunto daqueles que en realidade ti convives de maneira máis afectiva.
     —¡Ah meu amigo Pablo! Todo o que ti me dis é verdade, pero iso non significa que deixe de querer a terra onde nacín. Sería moita ingratitude de miña parte. ¿Ti non o crees? Pero no Brasil, busquei oportunidades e el doume as posibilidades de concretizalas, é claro, que con moito sacrificio e moitas bágoas escorrendo por meu rostro en determinados momentos de miña vida. Sen embargo, hoxe, como as distancias xeográficas son consideradas insignificantes dadas certas comodidades de nosa época, podemos ir e volver con máis frecuencia. Eu, cando menos, vexo en miña mente o Brasil, logo alí, do outro lado do Atlántico.
     —Claro, Isaías, a pesar de que en parte estou d´acordo contigo, non é tan fácil así decidirse por un viaxe de un continente para outro, moitas veces, aparecen algúns entrabes non esperados á hora da decisión.
     —Meu caro Pablo, ben se sabe que a pesar de haber viaxado bastante, non coñeces certas semellanzas e peculiaridades do comportamento dos individuos, seus costumes e tendencias cara aventuras para suministrarse daquilo que consideran imprescindible á súa subsistencia. Eu podería che dar algúns exemplos moi simples con relación a algúns pobos de España, que, como sabemos, ten varias características un pouco distintas. Calquera persoa que recorra toda España sairía daquí sen coñecela totalmente, porque, aquí, esa persoa, viu apenas a metade de España. A outra metade está do outro lado do Atlántico.
     —¿Como así? ¿Ti poderías explicarmo con máis clareza?
     —Ben, se ti coñeces un pouco da América Latina, é moi fácil. ¿Como podemos coñecer a Galicia ou as Canarias que de certa maneira foron rexións que en tempos remotos enviaron milleiros de emigrantes para Bos Aires, Uruguai, Brasil e Venezuela? En Bos Aires, talvez ti vexas máis galegos, xunto con seus descendentes, que na propia Galicia. O mesmo ocorre se visitásemos Venezuela con relación ós canarios. Son datos e constatacións reales, meu caro amigo. Eu, aprendín a querer a España dende o Brasil e, creo, que quen non ama o seu país de orixe, difícilmente poderá amar a outro. Este mesmo concepto é constatado en rexións históricas da propia España, visto que se ti non amas a pequena patria, moito menos podes amar ó conxunto de todas esas rexións, que é a patria maior, o propio ser de España. España é miña, por meu berce, o Brasil é meu por miñas obras; polo tanto, pertenzo ós dous... Espero nunca esquecelos e, queira Deus que sexa por moitos anos.
    
Isaías continuou facendo viaxes periódicos á España, incluso participando de algunhas actividades culturales, procurando descubrir a esencia de unha terra chea de moitos encantos, de moita hospitalidade, de seus segredos, de seus mitos e de súas lendas impregnadas na alma de súa xente; pero apenas temporadas en vista de que, por varias razóns que xa foron comentadas anteriormente, observaba poucas posibilidades de retorno e, ademais de iso, había fincado raíces moi profundas nas terras fértiles do outro lado do Atlántico —no Brasil, Minas Gerais, Belo Horizonte.
    
El sufría moito con a dualidade persoal e, ás veces, con a indefinida identidade circunstancial. Na mesma proporción que ía abrindo e recorrendo novos camiños para novos horizontes, tanto reales como virtuales, el percibía un estreitamento inevitable que o conducía para o punto exacto de súas medidas metafísicas. Sen embargo, as esperanzas de algunha maneira de retorno, son cousas que soamente o destino as resolverá, restando apenas, a eterna soedad de súa adolescencia.
    
Felizmente, o fenómeno da diáspora emigratoria de España, que tanto marcou a miles de emigrantes, e, que como xa foi citado en páxinas anteriores, moitos deles morreron sen poder realizar os soños de un día poder volver á terra natal como vencedores. Hoxe é unha páxina virada do triste e salvaxe trauma de moitas familias desgarradas. Nas últimas décadas do século vinte e comezo do XXI, o sol volveu a brillar máis intenso en España, para que moitos deses desgarrados puidiesen reencontrar seu camiño de volta ás súas oríxes, cando menos por tempadas. A pesar diso, España podería facer un pouco máis por quen, para axudar a resolver as dificultades internas de unha certa época, e por causa delas, deu súa medida de sacrificio.
    
A poesía que vén a seguir explicita en parte, os profundos sentimentos de moitos emigrantes españois, incluso o autor de esta narrativa, con relación á terra que os viu nacer.


     

Amor Filial

Cando sain de miña terra
cheo de ilusión e vida
Nunca pensei que deixase
Tanto e tanta cousa querida.

¡OH España terra bendita!
Perdóame que non che dera
Todo canto merecías
Durante miña primavera.

Miña mente xa deslumbrada,
Día e noite sempre a soñar
Soñaba con túas cores
Sen poder ver e admirar.

Xa non pensaba en túa altivez
Nen en teus prados con verdor
En teu pobo sempre alegre
Sen percibir, perdía meu amor.

Túas fragas aínda choran
Miña dor e meus queixumes
Damores levados polo vento
Das cancións e costumes.

¡España... Galicia... Xirazga!
Esta Terra de Montes en flor
Que miñas bágoas reguen
A terra de un eterno soñador.

Santo domingo de Guzmán,
Apóstolo Santiago meu protector
Pídoche, cando chegue o fin
¡Lévenme para alá, por favor!

.................................................

¡Galicia... Adeus... Adeus!

.................................................

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega