Majina, ou a filla espúrea. Conto gallego-castellano de miña abó

 

Capítulo nº 1

Páxina Seguinte

m1valladaresmajina001.html

Majina
ou
A Filla Espúrea
por
D. MARCIAL VALLADARES


I

     Era unha tarde á mediados d'outono de mil oitocentos cincuenta; tarde apacible, que gusto e melancolía daba á un tempo: gusto, porque sentiño estaba todo, fijéras'a vendima e, anque pouco e d'uvas apestadas, fervía ja o mosto n'as bodegas, maduro millo segaban os labradores n'as suas veigas e, n'os soutos, gardando-l-os rapaces-l-as castañas, apañaban os degaros qu'aquí e acola caian d'os ourizos; melancolía, porque case ningunha gala, ningun encanto restaba ja d'a primavera e vrau; montes e campos sin froliñas; terras ond'o centeo e trigo verdearan, árdigas, ou de color rajado; froiteiras, sin froita n'os eijidos; bosques e carballeiras, inda verdeando, si, pro en silencio e amostrando tal cal rama niños de pajáros viajeiros qu'alí cantaron; viñas co-a folla medio amarela e entr'as vimieiras, ou n'a enramada, anunciando o papo-rubio a vinda d'o triste inverno. Era unha tarde, en fin, e tres señoras, Otilia, sua nai e Adria, donjela d'esta, saindo á cousa d'as duas e media de Santiago, marchaban por Sar abaijo dereito á Angrois, todas en bestas d'arquiler e acompañadas de Leto, arquilador virollo, de poucas falas e que, mangas de camisa, iba braceando diante. Otilia, a mais nova d'as señoras, rompia a marcha dempois de Leto. Nena de dezaseis anos, esbelta como unha abrótia, era de cara longuiña, blanco-sonrosada coma a margarida d'as herbeiras; ollos negros e lucentes com'acibeche; naris delgadiño, cal o pico d'a lavandeira, ou cauda-tremula, e a sua graciosa boca, semellante o gomo d'a viña qu'empeza á abrir e amostra o tenro racimiño, amostraba tamen filas iguales d'esmaltados dentes á través de bermellos beizos. Levaba n'a cabeza un sombreirete de fina palla color de trigo, con pluma verde, abrigando as frebas d'o seu cabelo castaño-oscuro; corpiño de seda negra con escotada manga, e un encarnado faldon d'alpaca con moito voo, tanto que, non podendo arrecada-l-o, caia po-l-as ancas d'a gofosa mula que montaba. Seguia logo n'un cabalo tordo a nai d'Otilia, fanchoeira señora d'uns corenta anos, séria e algo picosa de virigüelas, pró de fisonomía nada vulgar, e con trazas de bonachona. Levaba tamen n'a cabeza un sombreirete de palla color café con plumas azuladas; por traje un vestido de merino color de pasa, e sobr'él unha manteleta de raso negro con fleco de cordoncillo. Por último, n'outra fogosa mula iba a donjela Adria, moza arrogante de trinta abriles e ollos gácios, fresca coma un poejo, alegre cal mañan de vrau. Un paniño de seda, color limon adornaba a sua cabeza, cuberta de pelo negro com'unha amora, posto en rodetes d'anchos cadrelos, e consistia o seu traje n'unha bata de carreiros azules en fondo blanco.
     Chegadas, nafueto, á Angrois, collen cara á Santa Lucía; atravesan este lugar e, deijando á man esquerda á ilesia de Marrozos, ruben á Suisana, onde Leto sudaba ja pelo á pelo, non porque sol nin moita calor fijese, si porque de firme picaban as señoras, caladas todas, e como á maneira de preocupadas. Distantes unhas d'outras algun tanto, camiñaron así hasta á Gándara, sitio en que, frente d'a taberna parou Leto, e parando tamen aquelas, dou cartos á nai d'Otilia o arquilador pra que bebese. Bebeu este un gran vaso de tinto d'o Riveiro e Otilia, namentres, acercándose á Adria, díjoll'á media vos, con semblante triste:
     — No voy á gusto. Siento á ratos incomodidad en todo el cuerpo y se me figura que no paso de esta noche.
     — ¡Bah, bah! Déjese V. de apresiones. Venimos de comer, picamos mucho, y alguna alteracion es consiguiente, mas anda significa.
     — Adria mia, desengáñate, y cree lo que te digo. Siento una cosa que no sentí jamás. Prepárate y ni un instante me abandones.
     — No piense V. tanto en eso. Vayamos más despacio, y luégo que en casa estemos, venga lo que Dios quiera.
     Mais adispacio, pois, dend'a Gándara, e sempre po-l-o camiño antiguo, qu'aberta n'estaba ainda a carreteira qu'isiste ahora, pasan a ponte Buzacos, sobr'o Tejo, e d'alí toman á Picota, Otilia rompendo a marcha, como ántes, Adria, dando a dereita á nai d'aquela e falándolle d'esta sorte:
     — Señora, Otilia no vá buena y teme lo que sabemos; pero témelo esta noche misma.
     — Nada de extraño tendria eso, y, por mi parte, voy dispuesta á todo. ¿Qué te dijo?
     — Que me prepare y ni un instante la abandone.
     — Ni yo la abandonaré. Soy su madre y en mis oraciones pido á Dios por ella. ¿Qué culpa tiene la pobrecilla de lo que la está pasando?
     Pró a delor arreciaba e n'o alto de Lestedo, alí ond'o pé d'un cruceiro grande galla o camiño en dous, un que vai á ponte d'a Ulla e outro que guía á barca de Sarandon: Otilia suspiraba ja, layábase po-l-o baijo, mordía de cand'en cando o pano d'a faltiqueira; detuvo a mula e volveu a cara atrás. Sua nai e Adria, qu'acordando viñan pr'o caso en qu'a delor apurara moito, correron estonces o seu lado e con acento tenro, díjoll'a primeira:
     — Ya sé que te sientes mal, hija mia. Adria me lo acaba de anunciar.
     — Mamá, no puedo resistir.
     — Hijita, un poco de paciencia, algo de sufrimiento, por amor de Dios; cerca de casa estamos ya, tienes á tu madre aquí y sabes que te quiere, tanto que morirá contigo si es preciso.
     — Y, ¿quién, mamá, resiste hasta la casa?
     — Tú, hijita mia, tú. Vamos, ánimo y no te separes de nosotras.
     Ditas estas palabras, siguen o camiño d'a dereita, o d'a barca de Sarandon, e torcendo un pouco adiante sobr'a esquerda, doblan unha d'as faldas d'o Pico-sagro; mais, antes de Milleiros, Otilia tornou á decir que non resistia e qu'iba á cair d'a mula se pronto n'a baijaban d'éla. Adria gritou estonces o arquilador pra qu'alí viñera, apeouse n'unha esalacion, e collendo n'o colo á Otilia, puxo-a de pe n'o chau; Leto, que ja viñera, fijo outro tanto co-a nai e auto continuo, dijo esta ó arquilador:
     — Mi hija viene un poco mareada y quiere ir á pié hasta casa. Vuélvase V., pues, á Santiago desde aquí.
     — Ben está; mais usía e as señoritas quedan solas n'estes andurriales.
     — Sí; corta es la distancia á casa y vamos como de paseo.
     Sacou logo un bolso con diñeiro, e apartando algunhas moedas que'entregou ó arquilador, añadeu:
     — Tenga V. el importe de lo convenido con su amo; sobra un duro y ese es propina para V.
     — Gracias, señora; viva usía canto desea —responde Leto, agarrando os cartos.
     Seguidamente antepuxo as duas mulas, pasou un brazo por entr'as rendas d'o cabalo, e quitando o sombreiro, dijo:
     — Señora e señoritas, hasta mais ver.
     — Adios —contestaron todas.
     E o arquilador dou volta pra Santiago, montando á pouco n'o tordo.
     Otilia, apuada n'un brazo de sua nai e n'outro d'Adria, levada case n'o aire por entrambas, foi así un bo anaco; pró en San Pedro de Vilanova, rendida-l-as condutoras, mayormente a nai, siquera d'as tripas fijese corazon e anduvese leguas á troco de chegar á casa co-a sua filla; layándos'esta cada ves mais; ouservando Adria qu'a casa non s'aviscaba ainda, qu'o camiño era escabroso e viñas'encima a noite; comprendendo, en fin, qu'aquelo non tiña traza e forza era darlla de calquera maneira, tendeu ó redo-l-a vista, e parándo-a n'a primeira aldeiña que dejergou, dijo coma quen ordena:
     — Andemos, si es posible, un poco más; bajemos á esa aldea que haí se encuentra y no faltará casa donde recogernos y pasar la noche.
     — Tienes razon —contestou a nai d'Otilia.
     — Tiene —repuxo esta.
     — Vamos, pues, hijita, hácia allá —añadeu a nai.
     E as tres botan de novo á andar n'a forma misma en que viñan; Otilia, non sin gran traballo; sua nai e Adria sosténdo-a á cada istante.
     Postas n'a aldea, rezando á Ave-Marías, viron de pronto unha casa de non mal aspeuto e con emparrado de viña á porta. Un home entraba, o tanto, un home c'un cesto de farramenta o lombo, e dirigindos'a él a nai d'Otilia, preguntoulle, con moitísima afablidá:
     — Amigo, ¿es V. el dueño de esta casita?
     — Pra servirlas, s'algo se lles ofrece.
     — Mucho: quisiéramos nos dispensase un gran favor.
     — Dende logo, s'en min está.
     — De su generosidad depende.
     — ¿Qu'e, pois, o qu'a señora manda?
     — No mando, suplico, amigo mio; suplico que en su casa tenga V. la bondad de admitirnos esta noche. Venimos de Santiago, háme enfermado en el camino esta hija —señalando á Otilia—, y la infeliz no puede ya más consigo.
     — Comodidá pra todas quezais n'a haja, pró entren e verémos que dí a doña.
     Entraron á cociña, oscura, pobre, como case toda-l-as d'os nosos titulados labradores, e sin cousa particular qu'a atencion chamase: solo un ou dous tizons n'o lar ardendo, unha muller fiando, sentada n'a parrumeira, e ó lado un meniño tendido n'o seu bérce qu'a muller arrolaba c'un d'os pes. A muller ergueus'estonces, tirou d'a cintura a roca, arrimouna contra a parrumeira, e saindo ó encontro d'as señoras, saudárons'entre sí moi cortesmente. Namentras, pousou o home o cesto d'a farramenta, e chegándose dempois á doña, díjolle:
     — Inesiña, estas señoras o que che queren é pousada; á ver como te remejes e n'a probeza nosa as agasallas; mira qu'unha d'elas vench'enfermiña.
     — Ja oin, Caitan, o que contigo falaron aí n'a porta. Ti sempre estás moi pronto. Ti es un bonás, e coidas qu'unha señora s'aloja e pasa de calquera maneira coma nos.
     — De cualquiera manera queremos pasar hoy la noche en casa de Vds. —interrumpeu a nai d'Otilia.
     — Señora, non versa eso —contestou Inés—, pra que nos fagamos o que se poida e a caridá nos manda. Cada un e cada un, e eu quixera ja qu'ustés entraron á honra-l-a nosa casa, non saisen descontentos d'ela nin de nos.
     — La Providencia sin duda nos trajo aquí —dijo a nai d'Otilia—, y creo que ni nosotras saldremos descontentas, ni Vds. quejosos de nosotras quedarán.
     — Arriba, arriba —prosigueu Inés—, qu'a enfermiña ha de querer descanso, e aquí siquiera ten ustés onde sentarse. Caitan, acende ese candil, e abre a porta d'o sobrado.
     Caitan acendeu o candil o golpe, abreu a porta e dend'a cima d'a escaleira alumeou as señoras pra que non caisen. Subiron estas pouco á pouco, sobre todo Otilia, e Caitan presentoulles seguidamente taboletes, mentras Inés, gavejando n'unha hucha, sacando d'ela un candelero de metal, un cabo largo de cera e unha espabiladeira de ferro sin estrenar: meteu o cabo n'o candelero, acendeu aquel, e puxo este co-a espabiladeira enriba d'un bufete.
     — Agora —dijo auto contínuo Inés— sepamos qué gustan tomar estas señoras. A enfermiña, por supuesto, chicolate; mais antes fareill'a cama pra que se deite.
     — ¡Ca! —esclamou Otilia.
     — Señorita —repuxo Inés—, anque probe, son limpa coma a que mais; e n'a cama qu'eu lle prepare ben pode usté deitarse con toda satisfaucion.
     — Gracias, señora Inés, gracias —contestou Otilia con dorido acento—, no es por eso, es porque no puedo estar en cama. Tomaria café si hubiese; pero V. no le tendrá.
     — Alguno traje yo á prevencion —dijo de reprente Adria—, y creo que en este bolsillo —añadeu metendo a man n'un d'os d'a sua bata, e tirando, nafeuto, un paquetiño d'él. Logo, dirigindos'a misma Adria a nai d'Otilia, preguntoulle:
     — Señora, ¿toma V. tambien?
     — Yo nada cómo por ahora.
     — Vamos, pues, las dos, Sra. Inés, á hacer sólo para la enferma.
     — Vamos n'unha carreira —repiteu Inés.
     E fons'ambas pra a cociña seguidas de Caitan, que n'un instante arreglou o lume e fixo brasa.
     Otilia ergueus'estonces d'o tabolete en qu'estaba, e paseando po-l-o cuarto queijábase, retorcíase e apuábas'hasta de cand'en cando n'os ombreiros de sua nai. Animaba-a esta docemente e paseaba as veces tamen co-ela, mentras non veu o café, que serviron Adria e Inés: á primeira traguendo o líquido n'unha pequecha taza blanca de porcelana c'o seu correspondente plato, a segunda, tirando d'unha lacena outro plato con azucre e unha culler de bujo moi fregada. Caitan quedouse n'a cociña.
     Tomando o café a enferma, non por eso deijaba de suspirar e retorcerse, siquera algo disimulase. Inés miraba-a e remiraba: gustáball'a sua lindura e chocáballe, por outro lado, aquelo de non querer deitarse. Continuou mirando-a, ourservando-a de riba a baijo, coma s'estudiase n'ela pr'asegurarse d'o que queria decir, e vovendose logo a nai, dijo con solermeiría:
     — Anqu'o que o sabe n'o dí, aventuro, e n'hei de perder, qu'o mal d'a señorita e o que tiven eu hai dous meses. ¿Veu ahí n'a cociña un meniño que durmindo esta n'o berce? Pois neno, ou nena, vai a ser o qu'a sua señorita nos pouse aqui esta noite, Dios mediante. ¡En verdá que cedo empeza! ¡Tan noviña e ja casada! ¡No por eso!...
     Otilia ruborizous'o punto; Adria clavou os ollos n'a señora; mais Inés sigueu dicindo:
     — Comprendo agora o seu repuno a cama. ¡Qué milagre, meu-caravel! N'estes lances naide a quere porqu'o primeiro e parir; pro facer hei de facerlla, pra que dempois descanse; faremoslla as duas, doña Adra -dirigindos'a esta-, qu'así quedará millor.
     - Hable V. bajo, mi buena Inés -interrumpeu a nai d'Otilia-, no sea que la oiga alguien.
     - ¿Quen nos ha d'oir, señora -replicou Inés, sonrindo, e como dona d'a sua casa, dominando ja a situacion-, se soilos aquí vivimos o meu Caitan e eu? Quéijese, señorita, canto queira -dirigindos'á Otilia-; ánimo e fora medo qu'o meu home a ajudará. Elle carpinteiro, señorita, e cando ll'está de chola, maña e pacencia tenlle.
     Otilia, sua nai e Adria non puderon ménos de sonrir tamen, o oi-l-o chiste d'Inés que, chamando imediatamente po-l-o home, díjoll'así que o veu:
     — Acordate, meu Caitan, d'hai dous meses e está t'hoj'o lado d'esa señorita, com'o lado meu estivech'estonces.
     Caitan baijou a testa e arrimouse con respeto á unha esquina d'o bufete. Inés volveu a decir á Otilia:
     — Señorita, fora medo; apúese sin recelo n'o meu home; eu soilo á él lle fun encargo e así nada o colle de novo: a cobardía n'estes casos, non ll'e boa; o qu'importa e sair ben e canto antes d'o apuro.
     — Eso únicamente es lo que importa —añadeu Adria—. Aproveche V., pues, todos los momentos favorables, ya que el Sr. Cayetano viene en su ayuda; nada de vergüenza. El Sr. Cayetano es un casado, su esposa está presente y los demás somos tambien mujeres. ¿No es su mamá misma de las que aquí estamos con V.?
     Otilia tiña vengonza, grande vergonza, emporeso ardia e non fumeaba; bulian n'a sua cabeza pensamentos qu'o corazon ll'anegrian, lidaba con moitas cousas, pasaba á un tempo por moitos lances e n'o seu angelical lánguido rosto sólo a nai e Adria podian ver o qu'a infelis sufria. Pro a delor non repara cand'o apreta, e a sua era tan intensa, tan complicada e viva que, cedendo ó cabo, estirou os brazos e encolgouse case n'o pescozo de Caitan. Ajudaban'a este con azelmosas falas, n'o que podia; paseaban d'o brazo, paraban, volvia á encolgas'Otilia e así estuveron com'unha hora, e n'o intre, sua nai rezando, pedindo á Dios por éla; Adria e Inés facendo, primero á cama, dempois unha larga faja con tiras de panos que rachou aquela, e fora, cantando as cotovías alá n'os montes; n'as eiras os labradores qu'o seu milliño esbrugaban.
     O fin, preto d'as oito, unha escorreita nena saeu á lús. Todas querian colle-l-a; pró Inés talla con ligeireza a corda umbilical, e foje co-a criatura pra un rincon d'o cuarto. Acercouse de carreira a abo; lavaron-a as duas en auga morna, e mentras Adria e Caitan faijan a parida e n'a cama a deitan, visteull'Inés unha camisiña d'as d'o seu pequecho, camisiña d'algodon, si, mais d'o trinque e moi lavada; ponll'un cufetiño de musulina n'a cabeza; envolve o seu corpiño n'un pano de lenzo tamen lavado; cubre o pano c'unha mantela nova de baeta blanca, e non tendo a mau con que cingui-l-a, tira a abo un pano largo de seda de colores con qu'abrigaba ó seo; dóblalo en forma de tapa-boca, e cinguell'o ela misma. Inés prepara e dalle seguidamente especie de jarabiño, metelle logo n'a boquiña un d'os seus peitos pra que mame; mama, e por último, deijándo-a n'o colo de sua abo, dice:
     — Agora, chicolate pra todos. ¿Vamos á facel-o, doña Adria? Quero que non se me refugue, coidando qu'ha de ser purrela. Dígall'a señorita qu'e d'a oito d'o que me regalaron, cand'eu cain tamen n'a cama. Por certo que me sabia ben.
     — ¡Esta mujer es un portento! —esclamou a donjela sentada a cabeceira d'a parida.
     — Esta mujer —contestou a nai—, esta mujer y su marido nos dan lecciones. Admiro su caridad, y veo con ternura que nada les falta y que son dichosos.
     — Sí, abofé —repuxo Inés—, e dito sea en boa hora, nunc'hasta a presente houbo entre nos unha fala mais alta qu'outra: o adiante, non sabemos. Todos nos queren ben; dános Dios mais que merecemos, e gracias á El non falta unha peseta pra vivir, traballando, por de contado... Pro deijemos esto —añadeu— e vamos o de que trataba. A señorita librou ja d'o seu aperto e librou con toda felicidá: hoj'e noite aqui de festa, e hoj'aqui todos hemos de chicolatear, incluso o meu Caitan.
     — Bien, á su vez, lo ha amargado —dijo Otilia dend'a cama.
     — Doña Adra —continuou Inés—, veña ajiña, véñase; vente ti, Caitan, e a señorita non fatiguemos.
     — Adria, vaya V. —dijo a señora—. ¿Quién favor tanto no admite ya? Vaya V., pues con la niña y con su madre quedo yo.
     E Inés, tirando d'a sua hucha media libra de chocolate, cinco taciñas blancas, outros tantos platos e unha bola de pantrigo, Inés e Adria, seguidas de Caitan, volveron á cociña onde pronto estuvo listo o chocolate.
     Nada referiremos de como se tomou n'o cuarto, d'a soltura con qu'Inés fijo ali os honores, nin d'outras insignificantes miudencias hasta as des, hora en qu'a recien nacida dou novamente de mamar a muller d'o carpinteiro. Diremos, sí, qu'este madrugaba moito e todo-l-os dias saía po-l-o oficio; qu'Inés aquela noite esquecerase case d'o seu pequecho e hasta de quental-o caldo pra a cea; qu'as señoras, tentadas po-l-o sono, dempois d'o chocolate, apenas falaban ja n'unha palabra, que todos deseaban recollerse. Inés e o home retiraron estonces d'o bufete platos, tazas e pan sobrante, alzaron os manteses e dijo as señoras a muller:
     — Hoj'a cea, se Dios quier, n'as empacha; o que sinto e han de perdonar e unha cousa.
     — ¿Qué?, amiga Inés —preguntou a nai d'Otilia.
     — Qu'usté e doña Adra non ten onde deitarse e a nosa cama non sirve pra ustedes. A verdá, como a casiña e pequena e n'hai mais d'este cuarto, por eso o meu Caitan fijo soilo a en qu'está a señorita. Sabaniñas, sí, inda hai; palla fresca non faltará e...
     — Nada, nada, amiga Inés —interrumpeu a señora— favorecidas estamos con exceso y aquí nos arreglaremos bien. Vaya V. á su camita, que necesitará dormir.
     — Non porfío, e estonces, hasta mañana. Enfermiña —dirigindos'á ela—, qu'usté descanse.
     — Y Vds., Sra. Inés y Sr. Cayetano.
     — Gracias, señorita, gracias. Hasta mañan —dijeron á un tempo muller e home.
     — Hasta mañana —dijeron igualmente, á sua vez, a señora e Adria.
     Auto continuo forons'os primeros e a última cerrou a porta d'o sobrado.
     Oyámos ahora o que Caitan e Inés falaron alá solos po-l-o baijo. Inés, dado qu'houbo de mamar tamen o seu meniño, foise pra a cama c'o home e o tempo que s'espían, decialle:
     — ¡Boa, Caitan, a fijeche! ¡Estamos ch'aviados!
     — ¿Porqué, muller?
     — E ti ¿n'o ves? Porque pra unha semana, o menos, temos n'a casa señoras.
     — Cala, Inesiña, cala. ¿Quen sabe o que Dios fara?
     — Déijame de contos. Ti vaste pr'o teu oficio, e quen aquí se reventa son eu que teño qu'atender á elas, o noso filliño e a nosa casa.
     — Eso, muller, e verdá; ¿pro eu qué habia de facer? ¿Habia de negarlles pousada redondamente, o ve-l-o modo e necesidá con que m'a pedian? Eso non seria caridá. Ti ja o consideras.
     — Ja, ja. Mais ¿quen son elas? ¿Pr'onde camiñan?
     — Sabé-l-o ¿qué nos importa? Fai ben e non cates á quen, di o reflan. ¿Qué sería de nos, Inés, s'outros no'nos protegeran?
     — Vaya, vaya, á dormir. Veremos en qué para esto.
     E muller e home, así falando, prenderon n'o sono o golpe.
     Otilia pasou medianamente o que restaba d'a noite; sua nai e Adria levaron-o cas'en vela, acalentando os poucos a criatura, e cand'esta dormia, escabezando o sono elas, ja contr'os pes d'a cama, ja n'a almohada misma en que pousaba Otilia a sua cabeza. Chegado o dia, que por minutos anseaban, ama e donjela vistiron a parida; erguéus'esta como pudo e sentouse n'un d'os taboletes. Caitan ergueuse tamen á pouco, e tras él Inés; un pra colle-l-o cesto d'a farramenta e marchar o seu traballo, como sin parar marchou, a outra pr'atender a sua vida e facer segundo chocolate as señoras, se o querian; mais elas o que querian era largarse e entrar n'a casa sin qu'as vise naide. Seguras, pois, de que ja Caitan e Inés se levantáran, chamou a nai d'Otilia po-l-a última, subeu, abreu ll'a porta e o ver Inés fora d'a cama a enferma, quedouse com'espantada e esclamou, sin dar siquera os dias.
     — ¡Señorita, usté á pé! Esto, ¿qué quer dicir?
     — Que nos vamos amiga Inés, —respondeu a nai d'Otilia.
     — Seique tolean. Señorita, volvas'a cama, ¿ou tén pesar co-a vida?
     — Estoy mejor que ayer —dijo a parida.
     Sua nai estonces colleu a Inés po-l-a man e separándo-a pra a ventana, faloull'así:
     — Quiero, y á V. encargo mucho, guarde secreto respecto de cuanto esta noche pasó aquí, y más que ahora voy á decir.
     — ¿Interesa a señora eso?
     — Sí que me interesa, y mucho más á mi hija.
     — Pois que, ¿n'é casada a sua señorita? A nena que trougo onte ¿n'e acaso d'o seu marido?
     — Calle y óigame. Mi hija no está casada.
     Inés quedou como se a azoutaran, e a nai d'Otilia prosigueu:
     — Mi hija es soltera y, madre desgraciada hoy, ignora, como ignoro yo, quién y de qué manera abusó de su inocencia. Misterio es este, amiga Inés, que penetrar no hemos podido aún y que nunca acaso penetraremos. Deduzca V. de ahí cuánto la pobrecilla vendrá sufriendo y sufro yo que soy su madre.
     E o decir esto, enjogou os ollos c'o pano blanco d'a faltiqueira. Inés limpou tamen os seus co-a punta d'o mandilete que traguia posto. Logo á señora volveu a proseguir.
     — Nosotras vamos á marchar inmediatamente.
     — Señora, eso e unha iniquidá. ¿Cóm'ha de poder esa probe señorita a pé n'o estado en que s'atopa? Déije-a que se repoña algo.
     — No puede ser. Marchamos á un caserío próximo, iremos muy poco á poco y sentiria tropezar con alguien.
     — Tomen primeiro siquera chicolate.
     — Ni un momento más podemos detenernos.
     — ¿E a meniña?
     — La niña quedará en poder de V. Cuídela cual si fuera hija suya, que hoy mismo, dentro de pocas horas, vendrá una criada mia para llevarla á su destino. Supongo que después de tantos favores dispensados, no dejará de otorgarnos este que la pido yo.
     — Con lindo gusto.
     — Y ahora, amiga Inés, eso de mi hija para V. y para su esposo —alargandoll'unha onza d'ouro.
Inés estonces botous'atrás dous pasos, e retirando co-a sua man a de quen ll'alargaba a onza, díjolle:
     — Garde a señora o seu diñeiro, qu'hoje por hoje, gracias á Dios, non necesitamos d'él pra comer. Nunca pousada cobrei, nin á cobra-l-a empezo agora. Mália á crianza que mais non sabe.
     — Es sólo un cariño de mi hija.
     — Sí, Sra. Inés —añadeu esta dend'o tabolete en qu'estaba—. ¿No acepté yo su cama y chocolate?
     — O caso é moi distinto, señorita —dirigindos'á éla—. Eu nada cobro: miren que boto á fujir.
     — No se trata ya de cobrar —insisteu Otilia, anque con traballo—, se trata de una simple fineza que mamá y yo tenemos el gusto de hacer á V. y á su marido.
     — Mais qu'ainda. Obedecerei-nas n'outra cousa, pró diñeiro eu n'o agarro e o meu home ja marchou.
     — Me empeño yo, Sra. Inés, y no hay remedio —volveu á insistir Otilia.
     — Remedio haillo pra todo, señorita, senon pra a morte. Gracias, moitas gracias; mais non se canse, que n'o agarro.
     — Basta, pues, —dijo a señora—. No haya riña. De otra manera corresponderemos.
     Inés colleu estonce-l-a nena d'os brazos d'Adria, doulle de mamar terceira ves, e amostrándo-a en seguida á sua nai, como pra que a bicase, sacou esta d'a faltiqueira un cinturon bordado, púxollo por debaijo d'os braciños, e pasando as puntas por dentro d'unha sortella de diamantes, que tirou d'un dedo, dijo sobr'éla un gracioso lazo. Tanto esto gustou á Inés, que dijo, ó rematar Otilia:
     — ¡Coidado que parece un ángele! Agora si que campa, si qu'está majiña.
     — Majina, pues, llevará de nombre, por mi gusto —dijo a abo, pronunciando estoncenl-a j com'os gallegos a pronunciamos.
     — E Majina, ¿é nóme, señora? —preguntou Inés.
     — Nombre y muy bonito. ¿Te gusta, Otilia?
     — El que Vds. quieran, igual me es —contestou a nai.
     E a abó, á falta pluma e tinta, escribeu n'un papeliño con lápis que lle trougo Inés d'o seu home: "Majina se llamará." Logo doblou o papeliño, meteu-no por debaijo d'o cinturon qu'á nena puxéra Otilia, devolveu o lápis á Inés e deitou á neta n'a cama qu'ocupára a filla. Abrazarons'en seguida todas, baijaron d'o sobrado, dou a señora un bico o meniño d'Inés, que n'o berce estaba, e deijando, o mismo qu'Otilia e Adria, memorias moitas pra Caitan, colleus'Otilia á un brazo de sua nai, á outro d'Adria, botan asi á andar, e antes d'unha hora, entraban n'o caserío, ou quinta, ond'impacente agardaba Fara dend'a tarde d'o anterior dia; pois saíra de Santiago po-l-a mañan, tiña aseado todo, camas feitas e fora de si quedou o sabé-l-o acontecido as amas n'o seu viaje.
     Bén quixéramos falar ahora d'a quinta, pró nosos leutores e leutoras, sobre todo, han de querer digamos primeiramente que clase de señoras eran as qu'en casa d'Inés e Caitan pousaron a noite de nacer Majina. Satisfarémo-l-a sua curiosidá, e fiados sempre n'a indulgencia que d'as unhas e d'os outros esperamos, iremos contando logo o que mais o caso veña, non solo pra a millor inteligencia d'a narracion, si que tamen pr'ameniza-l-a.



 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega