Majina, ou a filla espúrea. Conto gallego-castellano de miña abó

Páxina Anterior

Capítulo nº 11

Páxina Seguinte

m1valladaresmajina011.html

XI

     Majina e Ermelio, que non viran mais edificios e calles qu'as casas e congostras d'a aldea en que naceran, nin templos mais qu'o de Vilanova e os de Merin, Samame e Santa-Crús, estes ultimos de cento unha vés, e decir, o dia de quinta-feira mayor, ou Jueves-Santo, cando as veliñas iban con Inés, ou á algunha misa solenia de gaita e de foguetes, á qu'ela misma os levaba; os rapaces, que formado non tiñan ainda esauta idea d'o qu'era unha ciudá, qu'o ve-l-a de Santiago, quedaron como atronitos, e eso que non saian senon á misa n'a Capilla d'as Almas, moi de madrugada, e un istantiño, a noite, po-l-as calles co-a pousadeira; os rapaces, decimos, o que chegaron á Madrí e viron tanto caserío como alí hai e cousas que nunca viran, bonitas, sí, pro co-as que nunca tampouco s'encariñaran, nin eran pra disfruta-l-as eles, lonje de quedar pasmados, coma en Santiago, quedaron tristísimos, ja porque separados foran n'o viaje, ja porqu'en distintas casas s'atopaban, ja, en fin, porque'aleijados d'a aldea en que tiñan as suas afeucions, qu'era coma o seu praiso, nada acostumados os castellanos, nin a terra d'estes, todo costa arriba se lles facía, especialmente n'os primeiros dias: encherons'unha e outro de suidades, e conocendo o marqués e Salvio, comprendendo que, de seguir así, enfermarian, deron en distraé-l-os, levando-os juntos, non solo po-l-os arredores de Madrí, si que tamen os títeres e á algun teatro, pra que novos gustos fosen adiquirindo e de Vilanova s'acordasen menos d'o qu'os coitadiños s'acordaban. Logo, entraron en colejos: Ermelio, n'un particular, ond'adiantaba grandemente n'os estudios preparatorios pra ingeniero civil; Majina, n'outro de señoritas, ond'aprendia toda clase d'hablidades con asombrosa rapides. Esto traguía contentísimos os proteutores d'ambos e os rapaces iban estando ja tamen contentos, sin acordars'apenas nin siquera de Galicia, pensando sempre un n'o outro, escribindose cartiñas d'escondite e tratando, si, d'adiantar moito, sobre todo Ermelio, pra tempo andando casarse con Majina, se seu padriño e o proteutor d'ela eran gustantes. Pro o marqués á últimos de mil oitocentos sesenta e catro, tuvo un grandísimo sentimento co-a perda d'o seu fillo, morto en París. Nunca dend'estonces se lle veu rir; parecia qu'unha sombra o perseguía, gustaba ll'a soledá, e se o deijaban solo atopaban-o chorando coma un neno po-l-o seu fillo, o seu herdeiro único, o herdeiro d'o seu nome e título. A marquesa tamen choraba, mais sua delor, qu'era grande, non chega, nin con moito, a d'o marqués. Sentian-o os amigos qu'á consola-l-o s'acercaban, e s'alguns intimos o levaban á pasear varias tardes, él iba, po-l-o regular, calado, cabisbaijo, pensativo, receando sempre que d'o seu fillo lle faláran, morto fora d'a casa de seus pais, en extranjeira terra, pro morto coma un santo, segun carta d'o confesor mismo dende París o marqués.
     Otilia e sua nai, Otilia, sobre todo, esprimentaba especie de remorso, o pensar que seria de Majina, á quien levara n'as illargas d'a sua filla, que filla sua era o cabo; reprendias'a si propia d'aquela flojedá e abandono que criminal lle parecia, as veces; confesouse moitas d'él; fijo penitencias áspras; dou, con aquescencia de sua nai, limosnas de diferentes clases á varios pobres e unha e outra ofrecerons'hasta á San Sebastian de Pico-Sagro á subir á pe descalzas a ermita d'este monte e oir ali unha misa o santo, ben n'o seu dia mismo, o vinte de janeiro, s'a estacion non fose cruda, ben o domingo último de Mayo, en qu'alí tamen se lle festeja; todo pra que Dios quixera soupesen de Majina.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega