Majina, ou a filla espúrea. Conto gallego-castellano de miña abó

Páxina Anterior

Capítulo nº 12

Páxina Seguinte

m1valladaresmajina012.html

XII

     Como os labradores n'as aldeas coidanse pouco d'os correos, e como Bieito e Felis non contaban con que Majina e Ermelio lles escribisen, nada souperon d'eles hasta que, chegando a feira de Lestedo un vinteseis, de Junio de mil oitocentos sesenta e catro, díjolles certo conocido:
     — Ide, se querés á Ulla, que n'a estafeta tendes cada un sua carta.
     — Non vejo quen poida escribirme á min —contestou Bieito.
     — Nin eu á min —repuso Felis.
     — O que vos podo asegurar —añadeu o conocido—, e que tiven-as alí n'a mau e ambas traguen marca de Madril n'as cubertas.
     — ¡Ah, carásio! —exclamou Felis, dando n'o chao un golpe co-a aguillada e dirigindos'a Bieito. ¿Va que son os rapace-l-os qu'escriben?
     — ¿Qué rapaces?
     — Majina e Ermelio.
     — ¿Qu'han de ser?
     — Non son outros ¡Oh, malpocados!
     — Pois estonces eu mesmo vou mañan á tirar d'a estafeta as duas cartas e veremo-l-o que nos din.
     — J'o sabés, —dijo o conocido— e así hastra a feira, que quero ver se merco unha vaca.
     — Hastra a feira logo e graceas —contestaron os d'as cartas.
     — A Dios que as merece —replicou o outro.
     E botou pra a feira.
     Bieito, o dia siguente, foi de madrugada a Ulla e tirou d'alí as duas cartas. Eran, n'afeuto, d'Ermelio e de Majina; a d'esta pra Felis, e a d'aquel pra Bieito que, saido apenas d'a estafeta, abreu a sua, leu-na tres ou catro veces po-l-o camiño, e decia:
     "Sr. BENITO CARPAZA.
                                                                                                              Madrid 1º de Abril de 1864.
     Amigo mio: No soy ingrato, ni quiero que de tal me tache persona alguna, y así tengo hoy el gusto de escribirle á fin de saber cómo siguen V. y la tia Ruperta, á quien saludo. Yo, educándome, cual un príncipe, en un colegio, gracias á la bondad de mi padrino, mas sin olvidar, no obstante, que ahí nací, que en el cementerio de esa parroquia existen las cenizas de mis queridos padres, por cuyas almas se servirá rogar á Dios, y que en ese escondido rincon donde se deslizó mi infancia tengo lo poco que heredé de aquellos. Procure V. conservármelo en buen estado por si algun dia lo necesito, y dígame lo que poco más ó ménos valdrá al año en renta líquida, segun su conciencia.
     Recuerdos afectuosos a la parienta, y V., si en algo me contempla útil, mande á su reconocido seguro servidor
                                                                                                                                       ERMELIO.
     P. D. El sobre para cuando pueda contestarme, al Sr. D. Salvio, mi padrino."
     Chegado a casa de Felis, doull'inmediatamente a outra; subiron o sobrado ambos, e sentandose n'os peares d'a ventana, leu Bieito en alta vos de punta á cabo a que ll'escribia Ermelio a Felis: logo abreu a sua e leu d'a misma maneira o siguente:
     "Sr. D. FÉLIX CHAPARRO.
                                                                                                              Madrid 1º de Abril de 1864.
     Muy señor mio: Colocada por mi generoso protector en un colegio de educacion, donde, sin nada faltarme, sirvo á Dios y aprendo mucho, pensando há tiempo en escribir á V. noticiándole esto mismo, á la vez que mi interés por su salud y la de su esposa, satisfago hoy con el mayor gusto este interés; pues siquiera acaso nos hubiésemos separado para siempre, siquiera estemos muy distantes y en medio de la gran suerte con que la Providencia me favorece, no olvido, ni olvidaré jamás, que en ese país querido de mi infancia dejé, no sólo los mortales restos de mis buenísimos adoptivos padres, si que tambien á V. que, huérfana, me recogió y partió su pan conmigo. Así es que en mis oraciones ruego diariamente al Todopoderoso por los unos y por el otro, esperando pidan á su vez por mí, y que juntos llegaremos á vernos todos en el cielo.
     Un abrazo en mi nombre á la señora María Rosa, y usted disponga de la que, con gratitud cordial, es su atenta segura servidora,
                                                                                                                                       MAJINA.
     P. D. El sobre, caso de que V. guste contestarme, al Sr. Marqués de Tria-Castela. —Madrid."
     — Po-l-o visto, ese Sr. Marqués de Tracastela e o proteutor de Majina, o qu'aqui estuvo c'o señorito —dijo Bieito apenas Felis rematou de ler.
     — Tal penso. ¡Vei ti agora s'a rapaciña non fijo sorte, e se razon non tiña eu en decir qu'aquel señor me gustára.
     — Cando ch'o saiba Ruperta hache de facer cruces. Pro, ¡qué ben escribe pra muller!
     — Ben ja escribia acá, pro n'o colejo prefeucionouse: di tí ¡qu'espresions mais amantes e asentadas!
     — Pois eso.
     — Parece que naceu señora. Ja n'a miña compañia o decrinaba. De pequeniño verás que boi terás. Eu creo qu'anqu'espúrea ela ha de vir de boa cepa.
     — O principal e qu'os rapaces ten salú e non lles falta que comer —dijo Bieito, e levantándose d'o pear en qu'estaba, añadeu:
     — Vaya, voume, qu'as moitas paradas fan os dias pequenos.
     — Agarda, ho, qu'inda hai mais de que falar.
     — Fala, pois, e fala pouco.
     — Alzar sin vento e parir sin tempo, non pode ser. Falo que debemos contestar inmediatamente os rapaces. Ja ves o atraso que ten as cartas e eles estarán con ansea, se non din que somos uns empuliticos. Eu non quero que tal digan, e heille de contestar a Majiniña de meu puño e letra, mais que se ria d'os meus garabatos, que non se rirá, sabendo, como sabe, o que sou e que n'estuven en nengun colejo.
     — Contestar está ben; pro millor sería valernos d'o escolante, qu'o fin sabe algo mais que nos: co-eso as contestacions irian n'outro orde e non terian os rapaces de que rirse.
     — Cal non. Eu hei de contestar á Majiniña de meu puño é letra, anque sea á patachan. Así direille canto sinta o meu corazon e sin que o saiba naide mais que tí e a miña dona.
     — Justamente qu'inda non lemos as nosas donas as cartas de Madril.
     — Hoje mesmo ll'as leremos: mañan teño qu'ir eu a vila e cadra ben, porque co-eso levo o meu tinteiro de corno pra que m'o enchan ali de tinta, e merco, ademais, papel, obrea e un franco pra a carta. O diñeiro trague todo.
     — Estonces, tragues tamen outro franco pra a miña e toma os cartos.
     — A volta m'os darás, ou cando nos juntemos pra contestar, que será, se che parece, aqui n'a miña casa pasado mañan á noite.
     — Verbo d'eso, nada che podo decir, mentras non falo con Ruperta. De todos modos, poña á miña contestacion eu, poña-a o escolante, aqui virei pasado mañan a noite.
     — Mala conta. En fin, fai o que che dea a gana. Tí sempre co-as tuas voltas.
     — Eu n'as vejo; pro non m'enredes mais, qu'estou bermando e teño moito que facer. Conque, de morte en fora, hastra o dito.
     — Hastra o dito logo.
     E Bieito marchou co-a carta d'Ermelio n'a faltiqueira. Felis quedouse co-a de Majina. Leu cada un a sua a respeutiva dona, e discurridas, con seu acordo, as oportunas contestacions, o dia mismo que Felis foi á vila, foise Bieito a casa d'o escolante qu'en terminos pulidos estendeu canto escrito houbera ja n'un papeliño o home de Ruperta. Firmou este en seguida a carta, doblou-na o escolante, puxolle oblea e sobre, segun indicaba Ermelio, e chegada a noite d'o vintenove, correu Bieito á casa de Felis pra recolle-l-o franco, paga-l-o, e pegarll'o á carta misma que levaba. Felis agardaba-o: tiña ja enriba d'a tampa d'unha hucha grande d'o sobrado tinteiro, papel e obleas; María Rosa, sua dona, queimara o candil n'o lume, puxeralle torcida nova e provistara-o de moi ben d'aceite; unha e outro acababan d'arreglar todo esto, cando peta Bieito á porta. Abreulle de contado Felis, e dempois de dars'as boas noites e saudars'entre sí os tres, dijo Felis á Bieito:
     — ¿Escribiche e ves á po-l-o franco, ou imos ambos á escribir?
     — Home, valinm'o cabo d'o escolante, por parecell'a Ruperta qu'era asi millor, e trago feita ja a miña carta. O que sinto e que n'a vejas, pois empeñous'o Juncras d'o escolante en qu'habia de cerra-l-a él mesmo.
     — ¡Se correras como mentes! O escolante faria o que lle mandases, ho. Quen contesta n'e él qu'es tí. Supoño que non ch'esquencería decir á Ermelio qu'a casiña canto dá, come-o e qu'as quicholas descopeadas rentas contrebucions, ecetra, o que deijan non chega apenas pra a semente...
     — ¡Qué malicioso e mal pensado es Felis! Tanto coma eso non ll'o digo, algo sí, qu'e forza; cada cousa pide o seu, e sobre todo, está a concencia. Tí n'o meu caso ¿que farías?
     Felis nada contestou: amostazado un tanto co-a jogarreta de Bieito, dijo solo pr'o seu capote: "¡Cala, que tampouco has de ver ti a miña contestación!" E logo, sin dirigirs'á naide, preguntou:
     — ¿Qu'hora temos?
     — Tocaba n'a parroquia as nove, cando saia eu d'a casa —respondeu Bieito.
     — Estonces, xa vai sendo hora de rezar. ¿Rezache?
     — Non ainda. Penso ir á rezar co-a dona.
     — Reza e cea aquí, se qués.
     — Agradezo, pro quedei d'ir, e Ruperta estará esperándome.
     — Pois logo toma o teu franco, que nos imos á rezar e dempois da cea escribirei, se non m'atenta o sono.
     Agarrou Bieito o franco, pegou-no a carta, dou á Felis o importe d'él, gardou aquela n'a faltiqueira, e despedindose de María Rosa e d'o seu home, botou pra fora. Felis choeu a porta, rezou co-a sua muller e cearon ambos n'a cociña: seguidamente marcho él pr'o sobrado c'o candil, clavou este n'a parede, e posto á escribir, mentras María Rosa coteleaba un pouco junt'o lar, contestou á Majina así:
                                                                                                              "Vilanova, Juño 29 de 1864.
     Estimada Majiniña: Malegraré que estas mal formadas letras tallen con salú. La miña y de la muller buena á Dios graceas, pra lo que gustes mandar que lo aremos con fina voluntá. Saberás en como recibí la tua con atraso; pois, como con naide me correspondo, non curé del correo, nin pude contestar antes. Saberás tamen en como pedimos á Dios por tí, por Caitan e Inés, y en como por doce pesos se vendeu la becerra de la vaca Teija. La de la Bermella la criamos y tabía de gustar se la viras. María Rosa te dí que sinte nestés más preto, pra mandarte unha carabela de zreijas de las que tanto aquí te gustaban. Yo tamen lo sinto, porque seria quen te las levase y porque nel colejo non te las darán. El sobre desta irá al señor Marqués de Tracastela, segun mencargas, y dille de miña parte que recibí por mau del señorito Salvio, seu amigo, el dobron douro que pra min le dió y que necesidá nabía deso. I agora, deijando ya de molestarte, recibe abrazos de María Rosa. Dios te fade bien, miña joya, y ordena al que te quere y ver desea

                                                                                                                                       FELIS CHAPARRO."
     Rubricou, e oindo canta-l-os galos a media noite á tempo que'él espolvorejaba barro d'a parede sobr'a carta pra que s'enjugara, esclamou:
     — ¡Nai que me pareu! ¡As doce ja! María Rosa —chamándo-a.
     — ¡Ei! —contestou esta dend'a cociña.
     — ¿Vas n'a cama?
     — Non. E ti ¿acabache?
     — Acabei. Viacá, e escoitarás.
     Subeu María Rosa, espriguizouse diant'o home, e escoitando, non sin cotelear novamente toda a carta inserta, dijo o que Felis rematou de lerll'a:
     — Vaiche carpintejada.
     — Que podia ir millor, c'outros prefiles e riquilorios, ja o eu sei; pro vai natural, qu'e o que me gusta á min.
     — Cerra-a, pois, e vente a deitar, qu'eu non podo mais ja c'o sono, e voum'a cama.
     — Deitate, si, qu'hai qu'espertar cedo, e ver s'alguen d'a aldea vai a vila e leva esta carta o correo.
     E María Rosa baijou d'o sobrado, ispeus'e meteuse n'a camariña. Felis cerrou a carta, puxoll'o sobre o Marques de Tracastela, pegou ll'o franco, e fois'á deitar tamen, dejando enriba d'a hucha a carta hasta qu'esperta María Rosa, ó abri-l-o dia, colleu-na ali, e botada po-l-a aldea hachou mozo qu'indo con guindas pra Santiago levou-na, e meteu-no n'o buzon.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega