Majina, ou a filla espúrea. Conto gallego-castellano de miña abó

Páxina Anterior

Capítulo nº 16

Páxina Seguinte

m1valladaresmajina016.html

XVI

     Así como n'as enfermedades físicas, ou d'o corpo, canto mais aguda e forte se presenta a aucion d'o mal, tanto mais forte e aguda e a reaucion que lle susigue, así n'as enfermedades morales, ou d'a alma, tras d'un sentimento grande, d'un pesar que mata, vése con frecuencia unha alegría súpeta. Tal aconteceu n'a casa de Sancti-Petri á noite d'a romaría d'o Pico-Sagro, millor dito, a tarde e noite d'o vint'e oito dempois que de visita estuveron os pelegrinos. Aquela casa mudou enteiramente d'aspeuto, as personas andaban n'ela enteiramente desconocidas.
     Otilia, risona e bulideira cal os rayos d'o sol a auga que rega os verdes campos, cantarujando po-l-as salas, coma en antiguos tempos; sua nai, satisfeita e contenta de ve-l-a asi; seu pais, tamen contento, mais sin acertar á darse conta d'aquel cambeo, non menos istantáneo qu'o primeiro. Cavilaba algo n'esto, figurabasell'un encanto; pro os resultados falaban, qu'era o importante, e ademais, dispoñer pr'o outro dia un ousequio o Marques dino de quen o recibia e de quen o ousequiaba; pra a boda, canto se pudese e permitise a corteda d'o plazo señadado, pois que c'o despacho correria Salvio. Junto, de consiguente, o matrimonio e Otilia, o tempo de comer tratouse de todo esto, chamouse logo a Adria e de sobremesa os catro acordaron, respeuto d'entrambos puntos, o que millor pareceu a mayoria e sin que Sancti-Petri reparase en gastos.
     Estando asi en conferencia, chega Salvio e chega solo, porqu'o Marques deseaba ir e iba á rezar n'a catredal po-l-o seu fillo. Encargouse, n'efeuto, d'o despacho, e informado logo d'o disposto, tanto pra ousequiar o Marques, como pra boda, suprimeu algunhas partidas, ben contra gusto de seus futuros sogros, e as referentes a boda, d'acordo con Otilia, a quen seguidamente consagrou o resto d'a tarde e parte d'a noite.
     Otilia, qu'amara e amaba a Salvio de corazon, admiraba estonce-l-a sua costancia a sua nobleza de sentimentos, canto sufrido e feito habia por ela n'a sua desgracia, e querendo recompensar hasta certo punto todo esto, querendo ja tamen desquitarse a sua ves, d'o moito que se reprimira fingindo frialdá e indiferencia a Salvio, nada sabia nin podia disimular d'o contento e satisfaucion en que rebosaba. Declaraball'abertamente e sin rebozo o seu amor; decia-o igualmente n'a casa a cantos lle preguntaban, pra que non o inorase naide, antes soupesen todos que Salvio, e solo Salvio, fora o seu idolo e qu'a él solo, solo a él man e corazon entregaba.
     O outro dia, criados e criadas madrugaron mais d'o que tiñan de costume; estas gavejaban n'a cociña; aqueles saian pra a plaza, e Adria barria as habitacions con todo esmero; Sancti-Petri e a sua muller erguerons'aquel dia tamen mais cedo e tomaran ja chocolate; pro Otilia n'asomaba e veiase cerrada ainda a porta d'o gabinete en que dormia. Entrabeu-na Adria, e o primeiro que descubreu foi a Otilia en naguas, sentada n'unha tijeireta d'alfombra e sobr'as rodillas especie de menecreque ou muñeca que ja fijera e ataba estonces po-l-a cintura con ladillo de seda verde. Espavecida Adria, dijo supetamente:
     — ¡Señorita! ¿Qué hace V. ahí?
     Otilia ergueu os ollos, clavou-nos n'ela e guindou con garbo a muñeca detras de sí, botou seguidamente unha ristoada grande e quedouse logo pensativa, triste o c'os ollos fijos n'o chan. ¡¡¡Louqueara!!!
     Adria berrou po-l-a señora; acudeu esta, Sancti-Petri acudeu tras ela, e chorando todos que partian, trataron d'agarima-l-a e facer que volvese a cama; pro Otilia resistias'e desbotaba de si á todos con bruscos ademans. Falaba d'Inés, d'inclusa, de Veranio, esvariaba, en fin, que daba compasion. Adria, secasi, levou-na n'o colo a cama, ond'a forza de mimos e carizas, que seus pais e a misma Adria lle prodigaron, foi acougando algo, ben que decindo a tempos e cal s'espertase asustada:
     — El teatro... sí... Oigo la música y gritería de las máscaras... Pero yo no estaba aquí... ¿Quién me ha traido?... Mi amiga ¡tambien aquí!... ¡Dios mio!...
     Inmediatamente mandouse recado a Salvio; chegou este case sin alento, entra todo azorado n'o gabinete, acercas'a cama en qu'estaba Otilia, e esta o ve-l-o encorporándose n'o leito e mais asustada ainda, esclamou:
     — ¡Ah! ¡El máscara!...
     E mirando fit'a fit'a Salvio e este a ela coma se n'o corazon lle desen unha legoada, quedaron así un pouco os dous amantes. Logo dijo Otilia:
     — No, tú no eres el magnetizador, tú eres un peregrino, ya lo sé, ahora conozco el traje.
     — Soy Salvio, Otilia mia, tu Salvio —respondeu este con delor.
     — Sí... Salvio... ¿Por qué no estabas entónces en el baile? Si estuvieras no magnetizarian á tu Otilia, tú la defenderias... ¿Verdad que la defenderias, Salvio?, ¡Salvio mio!
     E guindando a cabeza sobr'a almohada, estendeu un brazo e alargoull'a man que colleu e bicou Salvio, esclamando seguidamente este:
     — ¡Cuán loca está!
     Otilia, sin solta-l-a man de Salvio, estuvo asi un pouco coma se quixera dormir; empezou, n'efeuto, a prender n'o sono, e Salvio estonces, sin soltar tampouco a man de Otilia, dijo chorando a Sancti-Petri:
     — Dos renglones, si V. puede, al Marqués anunciándole lo que pasa.
     E lacio, esmacelado, guindou a sua ves a cabeza sobr'a cama.
     Sancti-Petri, chorando igualmente o mismo qu'a sua muller e Adria, escribeu o Marques canto pasaba, pro añadindolle que se ben todo s'acedara e solo loito habia n'a sua casa, viñese dende logo a consola-l-o e consolar a Salvio.
Ven o Marques c'o portador d'a carta, a tempo que j'asperta Otilia esvariaba mais ainda qu'en primeiro e contemplando-a o lonje con semblante triste aconsellou a Sancti-Petri enviase inmediatamente por un medico. Veu tamen o medico e dispuxo alguns remedeos, mai-l-o esvario n'amainaba e convertidos uns en asistentes, feitos outros unhas lastimas e a comida enteiramente descoidada chegou a hora de jantar. Salvio non comeu nin pudo facer que comese Otilia; Sancti-Petri e a sua muller tomaron solo unha pouca sopa a rogos d'o Marques e este, s'algo comeu, fijo-o mais por anima-l-a gente que por ganas que tuvere de comer. Todo en ves d'alegria como s'esperaba, foi un puro planto n'aque-l-a casa ond'a punto de louquear tamen estuveron Salvio e seus futuros sogros.
     Pasados asi dous dias, sin qu'o Marques nin Salvio marchasen siquera a dormir n'a fonda, e comprendendo o Marques, o cabo d'eles, que todo se fustrara, pois pra seu conceuto Otilia estaba realmente louca, conferenciou con Salvio, relativamente o viaje suspendido; Salvio dijolle qu'a non iba ja, que pasaria en Santiago alguns dias, e se dentro d'eles non milloraba Otilia, iria á chorar pra sempre en Rebordan a sua desgracia e mala sorte.
     O Marques falou seguidamente con Sancti-Petri; manifestoull'a resolucion de Salvio, e añadeu que carecendo ja case d'oujeto a permanencia sua en Santiago, tanto mais canto de nada lle servia, marchaba solo a Madri n'o primeiro coche que saise pra a Coruña. Sancti-Petri non tuvo qu'opoñer a esto e o marques marchou o un de San Joan, dia en que Salvio tirou a barba e deijou o traje de pelegrino, vestindo en cambeo o qu'encargara e acababa de levarll'o xastre. Pro indo e vindo dias, Otilia non milloraba, nin daba esperanzas de tornar a sano acordo, antes púxose tan rematada, que con delor profundisimo de seus pais e de Salvio, n'houbo remedeo senon mete-l-a n'unha especie de jaula, feita n'o gabinete. Cada ves que Salvio a visitaba ali e contemplaba asi aquelada, imposible e esplica-l-a tribulanza que sentia, os estremos de pesar a que se daba. Diremos solo qu'era el quen estonces infundia mais compasion, e o mismo medico, receoso de qu'ocurrise n'el outra catastrofe, ou enfermara, obligou-no a que saise de Santiago, e'estuvese n'outro lado por algun tempo. Saeu, de consiguente, pra Rebordan, onde tal melancolia s'apoderou d'el, qu'enfermou, o fin, e pensando de morrer, fijo testamento, instituindo por seu herdeiro a Ermelio.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega