Majina, ou a filla espúrea. Conto gallego-castellano de miña abó

Páxina Anterior

Capítulo nº 2

Páxina Seguinte

m1valladaresmajina002.html

II

     Establecido en Santiago, tempo antes d'o en qu'esta historia empeza, un caballero honradísimo, militar retirado, que conoceremos aquí baijo o título de señor de Sancti-Petri; establecido, decimos, co-a sua señora e unha filla, ben pequena estonces, resideu alí contento una porcion d'anos, ja por estar entre parentes achegados, ja porqu'o fino trato d'a aristocracia compostelana ll'aplacia; así e que case de cote andaba entre condes e marqueses, frecuentaba os seus palacios, asistia as suas reunions, era socio d'os seus círculos; mais non por eso se desdeñaba d'andar tamen entr'a gente non titulada, nin de concurrir os Liceos d'os artesanos ou menestrales, acompañado d'a sua muller e d'a sua filla. Era esta moi bonita, e desarrollándose, medrando en corpo á toda presa, com'o farnento e a millan n'a horta, dándoll'o ceo encantos novos cada dia, formando, en fin, as delizas de seus páis, que non tiñan outra e vian solo po-l-os seus ollos, deron logo os estudiantes en falar d'ela, en rondar ll'a calle, segui-l-a po-l-os paseos é hasta mandarlle papeliños. Ela, coma toda-l-as d'a sua edá, ríase, coqueteaba, e se ben non facía grand'operacion d'enredos tales, non por eso lle repunaban, antes n'a sua cabeza iban nacendo co-eles ilusions meigas, dourados hourizontes, mundos de felicidá, qu'amor dibuja n'a aurora d'a juventú. Tiña sus amigas, como todas, e como todas igualmente, amigas de sua nai co-as que, de ves en raro, saia á algunha parte. Aconteceu, pois que, disposto un baile n'o teatro, non sabemos porqu'empresa, baile de máscaras pra o dia d'as Candeas, dous de Febreiro d'o ano ja citado, a filla de Sancti-Petri, á rogos d'unha d'esas amigas de sua nai, alcanzou palabra d'ir á él e foron ambas, acompañadas d'o home d'a misma amiga, infelis señor, mais infelís qu'a sua señora e de cascos non tan vanos. El iba en sencillo traje de sala, a muller de máscara e dando o brazo a filla de Sancti-Petri, tamen de sala, pró tan arrebatadora, qu'o seu lado diríamos que feas case parecian as mais guapas; así n'houbo dandy, máscara alegre nin estudiante que non quixese bailar co-ela. Sua amiga, á chaque d'esto, quitaba seu partido, adivirtíase con quen lle daba gana, bromeaba á Jan e á Pedro, soltaba, en fin, todo o seu genial bó humor, anque sin nunca abandonar nin perder de vista a que se lle confiara, sempr'agarrada á ela, non sendo que bailase. A media noite, cando ja as cabezas andaban quentes ou trastornadas, unhas c'o vapor d'o Champagne e demais licores, outras c'os incentivos que provocativo amor ostentaba alí, varias con ambas cousas á un tempo, entra n'o salon unha comparsa rara, chamada d'os manetizadores, por consisti-l-as suas bromas en querer manetizar á aquela ou este, que tomaban de sua conta. Como o diamante fino e bó loce e se distingue entre toda-l-as mais preciosas pedras, un d'os d'a comparsa, o ver á de Sancti-Petri n'o salon, dijo com'asombrado á sí mismo:
     — ¡Otilia aquí?... Lindísima magnetizable.
     Separous'á pouco d'a comparsa, e saltando á bromas co-a amiga, e logo co-a de Sancti-Petri, tanto, tanto de magnetismo lles falou, tantas e tantas garatusas lles fijo, máscara foi tan pegañoso, qu'a amiga d'Otilia levando a broma d'o encaretado, prestandos'ela misma á ser magnetizada, incitou á Otilia á que a imitase, e cal pájaros inocentes fascinados po-l-a boa, sobre todo Otilia, deijarons'entrambas ir e foron hast'un gabinete non moi alumeado, ond'o desconocido máscara, con estudiada verba e novas garatusas cloroformizou as duas, e abusou d'Otilia. Pasado un cuarto d'hora en sí volveron, mirando unha pra a outra espantadas, e sintendo o ruido d'a música que n'o salon tocaba, a vocería desordenada d'as máscaras que por él cruzaban, creíanse n'un inferno: restregaban os ollos, e trataban como de recordar ond'estaban, á qu'alí viñeran. Voltas algo mais en sí reconoceron o sitio, erguéronse d'as sillas en qu'o vilan máscara as dejara, e solas, enteramente solas, botan en busca sua, mais en balde, pois nin él nin a comparsa parecian: marcharan ja, e avergonzadas, corridas case, sentáronse n'un recuncho d'o local, ond'á topa-l-as chegou estonces o infelís señor qu'en busca d'elas tamen andaba.
     N'o salon Otilia novamente, vista de novo po-l-os máscaras e bailarins, era outra ves de todos ousequiada e perseguida, pró ela oia, e apenas contestaba; chamában-a á bailar, é disculpábase de mil maneiras; sentíase como cansada, aburrida ja d'o baile, e dijo a amiga de sua nai:
     
— Retirémonos.
     Retirárons'o punto os tres, e sin contar á naide elas o pesadísimo bromazo que correran, home e muller levaron á de Sancti-Petri á casa de seus páis, e camiñaron logo pra a sua.
     Otilia, pura e inocente como unha pomba, anqu'inorante d'o incomprensible feito, d'o brutal delito cometido n'ela, logo, secasi, tuvo sospechas d'él, e dou en atristecer e padecer convulsions de nervos. Seus páis afligíans', e non sabian á qu'achacar novedá tan inesperada, cámbeo tan grande e súpeto n'a sua filla. Sua nai ofreceun-a dous ou tres santuarios que visitaron juntas; levou n-a á outros pobos pra distrae-l-a, mais aleamento non por eso habia: aquelo parecia unha envidia, un feitizo. Otilia disimulaba, ocultaba todo, e fingías'hasta moi alegre, vivaracha e decidora, sempre qu'a melancolía n'a dominaba: pró d'o feito as naturales consecuencias iban en aumento, e cerciorában-a cada ves mais de com'estaba. Frol virginal malograda, mucha cand'empezaba á rir, partíasell'o corazon d'angustia, considerando que fora d'o seu honor; non durmia apénas; choraba, regaba de noite o leito co-as suas puriñas bágoas, e se ben con frecuencia acudia á Dios, e procuraba buscar consolo n'El e n'a religion, pois era Otilia en alto grado virtuosa, era tamen moi nova, moi bonita, diremos ja por sua desgracia, e véndose mimada á todas horas, querida d'os que a trataban e entr'os seus adoradores disputada, mal podia vira-l-as costas o mundo, matar d'un golpe vanidades d'o corazon, fantasías d'o pensamento, ilusiones acariciadas, esquecerse, n'unha palabra, de sí misma. N'a sua cabeza agurgullaban á un tempo ideas encontradas, e naide estrañará quixes'envenenarse, como quixo un dia o sentir que vivo froito en sí levaba. Terrible momento aquel pra ela e pra seus país que nada adiviñaban, nada vian, cegos e enamorados cal estaban d'a sua filla. Terrible momento, sí, qu'á describir renunciamos, dicindo solo que foi estonces cand'á sua nai revelou o estado en que s'hachaba, e canto a amiga de sua nai e a ela sucedera a maldita noite d'o baile d'as Candeas. A de Sancti-Petri, o saber tal, quedouse como morta; comprendeu, emporeso, dende logo a inocencia d'a sua filla, e tratou de salvar a todo trance a honra d'esta e de seus páis, a honra d'a sua casa, e salva-l-a sin que vislumease o home a mais pequena cousa, non por nada, si por non disgusta-l-o, e porque fora ela quen con sua amiga cerca d'él intercedera pra qu'o baile a deijara ir. Discurreu canto pudo, e entr'os moitos plans que se ll'ocurrieron, velaquí o que sigueu. Era aficionada o campo: estuvera por un vrau con Otilia e con seu pai ja n'a Ulla; vira algunhas d'as suas feiras e animadas romerías; gustárall'o país, e prevalida d'esto, antes de chega-l-o estío de mil oitocentos cincuenta, dijo o seu home lle proporcionase casa n'a Ulla, pra se ll'acomodase, pasar alí unha temporada. Sancti-Petri, qu'amaba a sua muller, que respetaba n'ela calquer capricho, deseoso de complace-l-a, e figurandose que co'eso iria á distraerse tamen Otilia, dijo diligencias varias e logrou por fin proporcionarlla. Mai-l-a muller non veu nin pensara vir n'aquel vrau a Ulla, receando sin duda descubrir o mundo o estado d'a sua filla. Veu, si, cando fora de conta andaba esta que nin por canto hai queria a sorprendese o lance en Santiago; veu, si, n'o outono, como dito queda, mais sucedendolle n'o viaje todo o que nosos leutores saben ja e escusamos de repetir.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega