Majina, ou a filla espúrea. Conto gallego-castellano de miña abó

Páxina Anterior

Capítulo nº 5

Páxina Seguinte

m1valladaresmajina005.html

V

     Ido Salvio, tratou d'esplicars'Inés a causa d'o seu pesar e interés, non solo n'a posesion d'as duas prendas que levara, senon hasta n'a esmerada crianza de Majina. Sabia ja qu'era amigo d'a familia d'a nai d'a nena, po-l-o que dijera él mismo, e esto esplicáballe bastante ben aquel pesar e interés, siquera inorase, cal inoraba, que mais qu'o amigo era o amante quen estonces lle falaba. Sabia á sona que d'honrado e caballero tiña o señorito n'a comarca toda, e n'atrevendos'á dudar d'a sinceridá d'as suas palabras, mal podia, non queria maliciar fose él o sedutor d'a señorita que n'a sua casa habia parido, o pai d'unha criatura que de beijar siquera s'acordou, mentras que duas veces bicara o afillado. Folgábas'ela interiormente moito d'esto, folgábase non menos d'a sutileza con qu'á toda-l-as suas preguntas contestara, e tranquila n'a sua conciencia, vendo qu'hasta nin o compadre descubrira o secreto qu'a abo d'a nena ll'encargara, nada tampouco quixo que Caitan soupere d'o que levara o señorito; asi foi qu'o chegar a noite, solo lle dijo que viñera á ve-l-os e bicara duas veces o afillado.
     Salvio, po-l-o camiño e n'a sua casa, non facia senon cavilar, chea a alma de tristura. Amaba con delirio á Otilia; creia-a, non sin razon, inocente e pura; via, por outro lado, o que a nena e prendas recollidas lle decian, prendas moitas veces contempladas n'o seu querido ben; via, sí, que todo aquelo a condenaba a qu'hasta n'o regueiro as lavandeiras a mordian. Inés nada ll´habia dito: Salvio, emporeso, notou qu'ela palidecera o descubrirs'o cinturon. ¿Viria este co-a nena, como dijo Inés? ¿Seria Otilia quen ll'o puxera ou mandar por? As gorriñas mismas qu'Inés iba á amostrar á Salvio, ¿serian regalo acaso d'a propia Otilia? Nosos leutores nada d'esto inoran ja; pró Salvio inorába-o ainda e natural era fijese estonces á sí mismo tales preguntas. Ademais, ¿sabia, sospechaba siquera él quen fose o delinquente? ¿Tiña d'esto o mais livian indicio, ou seria todo calúnia levantada á Otilia por suas rivales, ou po-l-os rivales de Salvio? Inés, repetimos, nada ll'habia dito. Estuvo asi matinando toda a noite; pró amor saíall'o encontro á cada istante. Salvio namorado disculpaba á Otilia. Triunfou a parte noble, generosa, venceu o amor, y Salvio, resolto á conservar, si, com'ouro en pano as duas prendas po-l-o qu'importase, mais non á decaer un tris d'o seu cariño á Otilia, mentras o menos outros antecedentes non tuvese; resolto á portarse co-a sua querida como se nada contra ela se falara, nada que censurar hachase n'ela, tomou lenguas, asegurouse, non sin discrecion, de qu'era certo o qu'unha d'as lavandeiras indicara respeuto á estancia n'o pais d'as de Sancti-Petri, e resolveu tamen ir á visita-l-as o outro dia. Mais antes que Salvio chegue, justo e sepamos ja onde realmente están.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega