Majina, ou a filla espúrea. Conto gallego-castellano de miña abó

Páxina Anterior

Capítulo nº 9

Páxina Seguinte

m1valladaresmajina009.html

IX

     Morta Inés, como dijemos, case supetamente, sin jusgos dar siquera á que viñese o crego á ausilia-ala, e de consiguente, sin qu'as de Sancti-Petri soupesen que morrera, pois Fara entregárall'habia pouco un trimestre e hastra que vencese outro non volvia a casa d'ela; morta, levandose consigo o secreto qu'a nai d'Otilia ll'encargara, naide, senon o señorito de Rebordan, podia entrar n'aquel secreto e facer algo por Majina cerca de sua nai e sua bo. Mais, ¿debia face-l-o él n'este caso, dudando, como dudaba ainda, fose Otilia a verdadeira nai d'a nena qu'Inés tirara d'a inclusa? ¿Debia face-l-o él, insultando direutamente, como se dijeramos á sua querida misma, á quen amor hasta estonces defendera? N'e posible; d'ahí qu'o sabe-l-o falecemento de sua comadre, a pouco que de Madrí chegou á sua casa c'o marques de Tria-Castela, cando dous meses n'habia ainda qu'orfiños quedaran Majina e Ermelio, recollidos de caridá por labradores que, se os mantiñan, miraban-os tamen como especie de criadiños; d'ahi que co-eles solo s'entendesen o mismo Salvio e o Marques; d'ahi que nada tampouco soupera Otilia d'o viaje de Majina á Madrí, ocurrido antes de devengarse novo trimestre. ¿Podia Otilia saber d'este viaje, á non ser po-l-o propio Silvio? Otilia solo de tres en tres meses sabia de Majina e eso por boca de Fara, dempois de cada un trimestre satisfeito. Fara, vencido o non pagado, foi, segun costume, á casa d'Inés; ninguen saeu á abrirlle, a casa estaba toda cerrada; preguntou por Inés estonces o veciño mais chegado, e o veciño dijolle que morrera, e contoulle, non solo o que n'a sua morte se pasara, si que tamen como o seu fillo e a espúrea recolleran de caridá outros dous veciños, e como á estes ll'os tiraran pra leva-l-os á Madrí o señorito de Rebordan e outro señor amigo d'el.
     Sorprendida Fara con tantas e tan inesperadas novedades, volveu mais que de presa á Santiago á informar d'o acontecido as de Sancti-Petri, suas amas. Otilia e sua nai quedaron coma espavecidas e non sabian case que facer, nin que pensar. Meters'en averiguacions, tratar de buscar a espúrea, era cousa difícil e peligrosa para elas. Verdá qu'a circunstancia d'intervir Salvio n'a marcha de Majina pra Madrí, segun a criada oiran, tranquilizaba-as, hasta curto punto, sobre todo, marchando tamen Ermelio, afillado d'o señorito de Rebordan. Pro, ¿sabian elas esto, por ventura? ¿Dijerallo acaso Inés á Fara? ¿Dijerallo o veciño mismo, con quen falou? Verdá igualmente que podia Otilia escribir á Salvio; mais, ¿estreveriase, receando, cal debia recear, fose o paso último de Salvio unha como vinga d'o seu amante á indiferencia e frialdá que sempre ouservara n'ela?
     Nai e filla, pois, perdians'en conjeturas e forons'asi estando meses e anos sin noticia algunha de se viva ou morta era Majina.
     Otilia, por outro lado, confesémo-l-o, pouco ou ningun cariño lle profesaba, como ja notarian os leutores, e ¿qu'estraño, concebida sin amor, sin pecado, hasta sin conciencia de que pecado s'houbese n'ela? ¿Por qu'o delinquente, arrepentido d'o seu delito, n'averiguaba as consecuencias d'esto, e sabidas, non coidaba d'a sua filla? ¿Quen era él, pra tratandose, segun trataba d'unha distinguida e inocente señorita, qu'estimaba en tanto sua lindeza como o seu honor, quen era el pra sin mais nin mais mofarse d'ela e mofarse cal se dijese: "Eí queda eso, muller; abasoirei as tuas gracias, emporquei a tua honra. ¿Qué m'importa á min? Eu son home, e teño dereito a todo; non quedo ligado á nada; tí, muller, aguanta e sinte sola os efeutos d'a miña bestial desenvoltura; leva a carga toda que solo eu debia levar; sufre e chora mentras eu me rio, e se cadra, vou c'outra á divirtirme d'igual maneira?" Mais deijémos filosofías, que mal feito non remedian, e oyamos os labradores qu'en Rebordan comeron e volvian pra as suas casas.



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega