m1valladaresmajina004.html
Entr'os
adoradores d'Otilia, un d'os que mais por éla se morrian era o
señorito de Rebordan, dono e posedor esclusivo d'a casa e bens
d'o mismo nome, sita n'unha d'as millores conchas d'a Ulla: o
señorito Salvio, favorecedor de Caitan e Inés e hasta compadre
d'estes, pois rogado por Caitan, que n'aquela casa traballaba
moito, sacáralles de pia á Ermelio, nacido en Agosto de mil
oitocentos cincuenta; señorito d'uns vinteseis anos, á quen
sobre todos distinguia Otilia, tanto que pidira-a ja os de
Sancti-Petri e non ll'a negaron, antes recibiron gozo o ver qu'un
formal amante, d'aventajadas calidades, rico e fillo de páis
ilustres, os qu'en vida quixeran moito e atencions debian, a
deseaba por novia; pró Otilia, sin decir que non, nin que sí
tampouco, falagando-o con esperanzas, mais ou menos embozadas,
segun que mais ou menos apretaba Salvio, tequeleando, dando o
asunto corda, unhas veces á pretesto de ser nova pra contraer
obligacions; outras, de qu'era forza medita-l-o; outras, con
disculpas parecidas de case toda-l-as guapas ousequiadas; outras,
n'unha palabra, á chaque de non sabemos qué, siquera presumamos
fose o vergoñoso estado en que s'hachaba a desgracia caida
sobr'ela, tuvo-o enredado asi bastante tempo, sin nunca
resolverse, cousa que condanajaba, que facia rabejar o amartelado
home e disgustaba os páis d'a misma Otilia. Eles apreciaban-o de
cada dia mais e non comprendian nin esperaban tal proceder n'a
sua filla. A nai, o último, non sabia case como disculpa-l-a e
decia á Salvio non desistise, que n'era tarde, e tempo andando
iria á cabo a boda, segura, cal estaba, d'o moito qu'Otilia lle
queria. Salvio co-esto pasaba en Santiago suas quinzadas, entraba
á todas horas n'a casa de Sancti-Petri, considerábase ja ali
como d'a familia, e estando ausente carteábase con Otilia, á
ciencia e consentimento de seus país. N'aldea atendia os seus
intereses e iba algunha ves de caza. Andando un dia á esta n'os
montes de Sergude e Vilanova, preto d'a casa de sua comadre
Inés, á quen non vira desque de pia lle sacara ó fillo, pasou
po-l-a orela d'o Gundin, e sentandos'á descansar n'unha camposa,
veu á duas lavandeiras lavando n'aquel regueiro e animadamente
conversando. Picado d'a curiosidá, deseoso d'oi-l-o qu'entre sí
falaban, tira de petaca, acende un tabaco, e recostado sobr'o
cespede, púxox'á escoitar, pensativo e cabisbaijo pra que non
s'apercibisen elas. As lavandeiras estaban case juntas, e a mais
moza decia a outra:
Eu inda non lles vin o pelo, e a
mais nova disqu'e bonita coma un jasmin.
Pois vench'enferma e se deijou a
cama, eche de pouqueniño acá, repuxo a outra.
Muller, eu eso non o oin, e
s'algo houbera habiase de traslucir. A criada veu comigo de
Santiago hai poucos dias e nada me contou. Será bouba.
Non che caiba duda, e sin
rejubar, créoche que n'esa enfermedá hai moito de mistereo. As
lavandeiras, entendes, sabémosche moitas cousas: non digo mais.
Eso e verdá.
As señoras, cando queren, sonche
piores qu'o trasno, e as criadas falan, ou non falan, asegun o
que ll'encargan suas amas.
Tamen e certo.
Ti sabes, sábe-o todo o lugar,
qu'Inés trougo d'a incrusa unha nena, e eso que ja ten un fillo.
Pois ben; esa nena, pra min, ech'un mistereo, sobre todo desque
n'a casa d'Inés vin entrar c'unha cesta grande n'a cabeza a
criada d'esas señoras.
Asi che viña de Santiago.
¡Nabrióla se non tes razon! Inés e moi diligente e poida
qu'alá en Santiago topase choyo. ¡Como ten tanto palique!...
Non fora ela custureira.
E o decir esto a mais vella, chega
de repente outra lavandeira, e dempois de da-l-as boas tardes as
que lavaban, pousou n'o chau a cesta de roupa que traguía, e
póndos'á lavar tamen, dijo a sua vez:
Falemos, ja que falabádes.
Falábamos repuxo aquela,
d'Inés e d'as de Sante, Sante...
Sante-Petre, muller -contestou a
recien chegada.
Sante-Petre, ou Santa Pedra repuxo de novo a
outra. ¡Vayan uns nomes ben raros!
¡Qué ques! Serán de moda.
Hoj'a moda ándach'en todo, hasta n'o rezar. Eu mal ch'as conozo
ainda, pró ser son as mesmas qu'ahí quedan paseandose n'a
carballeira d'a Tenencia.
¿Logo ja se lles vé o pelo?
-dijo a lavandeira moza.
O portal e as ventanas vin-os
abertos o pasar, e creo qu'elas j'andiveron estes dias po-l-a
horta.
Salvio, o oir que se falaba d'as de
Sancti-Petri, incorporous'un pouco e tratou d'escoitar millor.
A recien chegada incorporouse
tamen, púxose dereita o pe d'o lavadoiro, doblou as mangas d'a
camisa que se lle desdoblaran, e logo preguntou:
D'Inés, ¿non falabádes?
Falábamos contestou a vella
d'a nena que dí que tirou d'a incrusa, e d'o espabilada qu'e.
¿A nena?
Seiqu'estás tola. Non, muller,
non, Inés.
Todos por aguda á teñen. Saber
sabe onde ll'aperta o zapato; pró parea coma ela e o seu Caitan
non s'atopa n'o lugar.
Mira se n'e aguda qu'hastra se
botou por compadre o señorito de Rebordan.
Calade, diaños, calade, que
ve-l-o alí, e inda vos há d'oir dijo a lavandeira moza,
indicandolles co-a cara o sitio.
Salvio, n'afeuto, oia todo, e
estribillando n'o campo c'un garabujiño, coma que non coida nin
fai operacion d'o qu'arredor pasa e atende solo o seu enredo,
puxo doble atencion ainda; pró as lavandeiras calaron e solo
empezou á canta-l-a mais moza. Salvio levantous'estonces d'o
chau, colleu a escopeta que tiña o lado, e asubiando po-l-o can,
botou a andar dereito a casa de sua comadre, pois deseaba ver o
afillado e sonsacar á Inés por s'algo sabia d'as de
Sancti-Petri qu'él realmente inoraba s'estaban n'o país ou non.
Chegado qu'houbo a porta, veu aberta esta e o ver tamén á Inés
sentada ali dando de mamar a nena, dijo:
Parece que mi ahijado se explica.
¡Oh! Ese ja ll'acaba de mamar, e
está n'o berce esperto e caladiño coma un santo.
Pues qué, ¿tienes ya otro
niño?
Unha nena.
E erguéndose d'a soleira d'a porta
en qu'estaba sentada, añadeu:
Entre pra dentro e contareille.
Entrou á cociña, dou un bico o
afillado, deitou Inés a nena de par d'él, abreu a porta d'o
cuarto, subeu o de Rebordan e tomando asento n'un tabolete, dijo
á aquela:
¿Con que una niña? ¿Y eso?
A verdá, como po-l-o oficio ja
non podo andar e teño leite, gracias á Dios, d'abondo, fun á
Santiago con Caitan e troguemos d'a incrusa esta nena, po-l-a que
nos ofreceron n'o Hospital un duro cada mes. Ja vé usté qu'algo
se vai ganando.
No está mal; pero eso durará lo
más un año, y después, ¿qué vas á hacer de la niña?
Esta pregunta colleu desporcatada
á Inés, e sin saber o pronto qué responder, contestou tan
solamente:
Dempois ja Caitan e eu
acordaremos.
Logo, mudando adrede de
conversacion, dijo:
E pois qu'aquí está,
voull'amostrar unhas gorriñas novas qu'o seu afillado ten,
sint'as qu'usté lle regalou.
A ver.
Inés levantou estonce-l-a tampa
d'a sua hucha, e tirando d'esta as gorriñas que trouguera Fara,
notou Salvio que remangado d'unha viña e caeu n'o piso un
cinturon metido por dentro d'unha sortella. Chamoull'aquelo a
atencion o golpe, e botando a man o cinturon, clavando os ollos
n'él e n'a sortella, dijo:
Conozco todo esto y sé de quien
ha sido.
Inés quedouse pálida com'unha cera; arrepentíase d'a sua
ligeireza, d'a sua especie de vanidá en qu'o compadre vise as
novas gorriñas d'o fillo qu'outra persona distinguida lle
regalara tamen: non s'aturdeu por eso, antes respondeu con certa
calma, volvendo aquelas a ond'estaban:
Conocerá, si señor. Tiña-o a
nena por debaijo d'os braciños cando a recollin d'a incrusa, e
como cousa me pareceu d'algun valor, gardei-no aqui n'a hucha.
Fijouse Salvio cada ves mais n'o
cinturon e n'a sortella, leu n'esta as iniciales O. de S. P., e
palidecendo a sua ves, dandoll'o corazon un salto, recordando o
qu'entre si falaran as lavandeiras, esclamou:
¡No sabes lo que mi corazon
sufre en este instante!
E deitou a cabeza contr'o peito.
Inés iba á decir algo, pró antes qu'abrise a boca, Salvio
prosigueu:
Cria esa niña con el esmero
mayor que puedas. Su madre es de una familia á quien aprecio
mucho y con cuya amistad me honro. Críala como si fuese hija
tuya, y cuando algo necesites para ello, cuenta, Inés, con mi
bolsillo. Pero este cinturon y esta sortija me los llevo yo.
Señor... repuxo Inés baijando
a vista.
¿Tú para qué los quieres?
Eu, señor, pra nada contestou
erguendo os ollos, pró, ¿e s'algun dia lle fan falta á nena?
Para eso, cabalmente, los quiero
yo. ¿O sabes tú quién es su madre?
Eu, ¿por onde, se a tirei d'a
incrusa e ali esas cousas non se saben?
Pues si lo ignoras, mejor es que
yo los lleve. Esa niña, pequeña hoy y espúrea, como muchas
otras de su clase, quizá que algun dia sea grande, quizá que
estas prendas entónces la interesen y nadie acaso como yo pueda
saber á quién ha de presentarlas.
Usté ben di. ¿E s'usté morre e
caen n'outra man e sirven pra unha vinga, ou pra daño tal ves
d'a misma nena?
Tu observacion es oportuna, está
en su lugar: mas nada temas, Inés; eso, mejor que tú, lo
comprendo yo y déjalo á mi cuidado.
E Inés deijou que cinturon e
sortella gardase n'aquel istante seu compadre. Este levantouse
logo d'o tabolete, baijou a cociña, dou outro bico á Ermelio e
despendindose d'Inés, precupado, bastante mais triste d'o
qu'entrara, saleu pra fora e marchou camiño d'a sua casa.