m1valladaresmajina009.html
Morta
Inés, como dijemos, case supetamente, sin jusgos dar siquera á
que viñese o crego á ausilia-ala, e de consiguente, sin qu'as
de Sancti-Petri soupesen que morrera, pois Fara
entregárall'habia pouco un trimestre e hastra que vencese outro
non volvia a casa d'ela; morta, levandose consigo o secreto qu'a
nai d'Otilia ll'encargara, naide, senon o señorito de Rebordan,
podia entrar n'aquel secreto e facer algo por Majina cerca de sua
nai e sua bo. Mais, ¿debia face-l-o él n'este caso, dudando,
como dudaba ainda, fose Otilia a verdadeira nai d'a nena qu'Inés
tirara d'a inclusa? ¿Debia face-l-o él, insultando
direutamente, como se dijeramos á sua querida misma, á quen
amor hasta estonces defendera? N'e posible; d'ahí qu'o sabe-l-o
falecemento de sua comadre, a pouco que de Madrí chegou á sua
casa c'o marques de Tria-Castela, cando dous meses n'habia ainda
qu'orfiños quedaran Majina e Ermelio, recollidos de caridá por
labradores que, se os mantiñan, miraban-os tamen como especie de
criadiños; d'ahi que co-eles solo s'entendesen o mismo Salvio e
o Marques; d'ahi que nada tampouco soupera Otilia d'o viaje de
Majina á Madrí, ocurrido antes de devengarse novo trimestre.
¿Podia Otilia saber d'este viaje, á non ser po-l-o propio
Silvio? Otilia solo de tres en tres meses sabia de Majina e eso
por boca de Fara, dempois de cada un trimestre satisfeito. Fara,
vencido o non pagado, foi, segun costume, á casa d'Inés;
ninguen saeu á abrirlle, a casa estaba toda cerrada; preguntou
por Inés estonces o veciño mais chegado, e o veciño dijolle
que morrera, e contoulle, non solo o que n'a sua morte se pasara,
si que tamen como o seu fillo e a espúrea recolleran de caridá
outros dous veciños, e como á estes ll'os tiraran pra leva-l-os
á Madrí o señorito de Rebordan e outro señor amigo d'el.
Sorprendida Fara con tantas e tan
inesperadas novedades, volveu mais que de presa á Santiago á
informar d'o acontecido as de Sancti-Petri, suas amas. Otilia e
sua nai quedaron coma espavecidas e non sabian case que facer,
nin que pensar. Meters'en averiguacions, tratar de buscar a
espúrea, era cousa difícil e peligrosa para elas. Verdá qu'a
circunstancia d'intervir Salvio n'a marcha de Majina pra Madrí,
segun a criada oiran, tranquilizaba-as, hasta curto punto, sobre
todo, marchando tamen Ermelio, afillado d'o señorito de
Rebordan. Pro, ¿sabian elas esto, por ventura? ¿Dijerallo acaso
Inés á Fara? ¿Dijerallo o veciño mismo, con quen falou?
Verdá igualmente que podia Otilia escribir á Salvio; mais,
¿estreveriase, receando, cal debia recear, fose o paso último
de Salvio unha como vinga d'o seu amante á indiferencia e
frialdá que sempre ouservara n'ela?
Nai e filla, pois, perdians'en
conjeturas e forons'asi estando meses e anos sin noticia algunha
de se viva ou morta era Majina.
Otilia, por outro lado,
confesémo-l-o, pouco ou ningun cariño lle profesaba, como ja
notarian os leutores, e ¿qu'estraño, concebida sin amor, sin
pecado, hasta sin conciencia de que pecado s'houbese n'ela? ¿Por
qu'o delinquente, arrepentido d'o seu delito, n'averiguaba as
consecuencias d'esto, e sabidas, non coidaba d'a sua filla?
¿Quen era él, pra tratandose, segun trataba d'unha distinguida
e inocente señorita, qu'estimaba en tanto sua lindeza como o seu
honor, quen era el pra sin mais nin mais mofarse d'ela e mofarse
cal se dijese: "Eí queda eso, muller; abasoirei as tuas
gracias, emporquei a tua honra. ¿Qué m'importa á min? Eu son
home, e teño dereito a todo; non quedo ligado á nada; tí,
muller, aguanta e sinte sola os efeutos d'a miña bestial
desenvoltura; leva a carga toda que solo eu debia levar; sufre e
chora mentras eu me rio, e se cadra, vou c'outra á divirtirme
d'igual maneira?" Mais deijémos filosofías, que mal feito
non remedian, e oyamos os labradores qu'en Rebordan comeron e
volvian pra as suas casas.