A morte presentida

Páxina Anterior

Escolma: "De como ao poeta A. Cunqueiro lle saíron flores por versos no poema"

 

A luz dos barcos chega sempre detrás dos primeiros vapores da ría a despertar as pombas polas prazas e as aves que amañecen a beber

A luz dos barcos
chega sempre detrás dos primeiros vapores
da ría
a despertar as pombas polas prazas
e as aves que amañecen a beber nos caneiros.
O poeta soñaba
un horizonte de augas mansas
e princesas e illas en claras primaveras.
«Esa luz ben pode ser
o canto da pardela miña amiga,
un corazón de follas entre as chuvias
que precisa das hedras e da araxe
e das rosas de abril.»
Como se todo resucitase
nesa flor
que nos medra nas mans
igual que o verso,
a sombra de outro tempo poderosa
e os sabores azuis do mar salgado.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega