As posturas do día

Páxina Anterior

Escolma. "A través da noite acado un plenilunio de ollos abertos"

Páxina Seguinte

v4emmapedreiraatravesdanoiteacado.html
A través da noite acado un plenilunio de ollos abertos
un labor de agardar ruido de animais
desde o teluro

eu mesma son como unha besta:
mordo as areas
á máis adiantada hora do sol
para salvarme da teima de morrer no día
inútil
ou de ir despida
ata o lugar onde comeza o lume
para chegarte
como ruído
de animais
enchendo a entraña

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega