As posturas do día

Páxina Anterior

Escolma. "Na dedicación da máis alta e primeirísima hora"

Páxina Seguinte

v4emmapedreiranadedicacion.html
Na dedicación da máis alta e primeirísima hora
fomos pel que se derramou
na súa nova postura

agora
apertamos o máis escuro dos cénits
entre os centros

non somos nada
máis
que un pálpito
na boca
dunha soidade cega

e a memoria

                 a memoria é unha obscenidade

compulsiva

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega