Obra completa. Poemas e outros escritos

Páxina Anterior

Escolma. I Poesía: "Nos dondos brazos da noite"

Páxina Seguinte

m4cabadavazquezobracompleta7.html

NOS DONDOS BRAZOS DA NOITE


Nos dondos brazos da noite
durmeuse o meu curazón,
unha canción albariña
do seu sono mo espertou.


A lúa ollouno de esguello,
e aluarado o deixou,
namentras o setestrelo
pestenexaba de amor.


Nas albas azas de neve
dunha segunda canción,
de cara ó alén infinido
o curazón se me foi.


Nos beizos, unha cantiga,
catro versiños de amor,
e as mans espallando ó vento
as rosiñas do perdón.



Nota do editor:
    Ver sobre este poema o comentario feito na nota ó poemas A noite era un cadaleito.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega