BVG Atrás Índice de Páxinas |
Obra completa. Poemas e outros escritos |
||
Escolma. I Poesía: "Festa en Sant-Iago" |
m4cabadavazquezobracompleta2.html
FESTA EN SANT-IAGO
Nas torres da Catedral
xoga a lúa a pita cega
coas rioladas de xente
que dende a Praza lle acenan.
Andan bailando no aire
os foguetes da festa
peneirando a fariña albariña
das luces vermellas.
O Obradoiro emborrachouse
dun barroquismo de pedra
e o fogueteiro visteulle
un refaixo remendado
con longos fíos de estrelas.
Por diante do Hospital
un fauno rube de présa
pra bicar a luxuriante
redondez da Berenguela.
A Nosa Terra, 25 de xullo 1931, p. 8
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |