Oraciós Campesiñas

Páxina Anterior

Escolma: "¡Malpocado!"

Páxina Seguinte

m2eladiorodriguezoracioscampesinhas002.html


¡MALPOCADO! (1)


   Coa falchoca dos codelos pouco menos que valeira
vai o probe do velliño pol-a corredoira adiante.
                    Vai cuberto de farrapos
                    debullando os seus pesares.
Vai él solo pol-os pobos á pedir de porta en porta,
                    sin topar quen o acompañe
na diaria camiñada dos seus tristes desamparos
nin na noite sempre escura das suas longas soedades.

                       Arrimado á un pau de toxo
                    vai por todol-os lugares.
                    Atravesa comareiros,
cruza brañas, sobe cumes e recorre piñeirales;
                    chama âs portas das casupas;
                    aquí pide i-alí danlle.
                    Se á mau vèn, inda o socorren,
e, se cadra, non atopa quen se doia dos seus males.
                    Viva estatua da pacencia,
leva a crus das súas mágoas coa maior conformidade.
                    Xa está afeito á que nas chouzas
unhas veces o acariñen i-outras veces o maltraten.
                       Todo é seu e non tèn nada.
Súa probeza ben a sofre, súa disgracia ben a sabe.
O infertunio asoballouno coas patoulas das inxurias,
i-a esventura malferíuno co fouciño dos aldraxes.
                    Non herdou dos seus maiores
nin xiquera un mal apaño pra podere gobernarse,
                    pero en troques, onde o enterren
                    en xamáis ha de faltarlle.
Un homilde cimeterio d'unha aldea silenciosa
terá sempre eterno acougo pr'os seus férvedos penares,
                    e no colo da Nai Terra
durmirá de cote o sono derradeiro dos mortales.

                       ¡Probe vello sin arrimo!
                    ¡Probe pidincheiro errante!
Engoumado pol-os anos i-engurrado pol-as penas
                    é talmente a propia imaxe
                    da miseria que se axunta
                    cos delores e coa fame.
Cando alguén lle dá unha esmola de pantrigo e de compango
queda sempre o malpocado satisfeito de verdade.
                    Anda un día i-outro día,
                    paseniño e sin cansarse,
coa falchoca postaô lombo, camiñando pra ningures,
sempre ô achou, sin rumbo fixo, sempre cara á todas partes.
Pol-o vrau sofre o calmizo d'ese solque mesmo abafa
                    e que troca en fogo o aire;
                    sol de vrau, lume de incendio
                    que nos campos parés que arde.
Pol-o inverno, caia neve, brúe o vento ou o corisco,
chova ou xíe, él non fai caso dos rigores do friaxe.

   Sempre dando coteñadas, e choupando nas lameiras,
e baténdose nos croios hastra chegar á mancarse,
                    ¡qué colleita de amargores
e de negros desenganos lle fai ver a realidade!
Son as fouces do destino que lle segan a esperanza;
son as coitas que o persiguen no seu mísero viaxe
como cás adoecidos que trás d'él corren con tirria,
encirrados pol-as xentes i-apurrados pol-a fame.

   Recorrendo á todas horas as nativas corredoiras
                    non quer nada das cibdades.
Xa sabe él que alá nas vilas moitos probes non son probes
e tan soilo por nugalla van pidindo en recovaxe.
Xa sabe él que hai que fai feira de negocios e de vicios
                    co valor da caridade.
Pero sabe ô mesmo tempo que nas chouzas das aldeas,
á unhas portas que se pechan outras portas tamén se abren,
porque sempre os máis homildes teñen lástema dos probes
                    por motivos de irmandade.
E por eso o malpocado quer millor un ¡coitadiño!
                    ou un doce ¡Diol-o ampare!
que alcontrarse c'unha casa toda chea de ferrollos
                    onde non-o atenda naide
                    i-onde soilo lle respondan
                    con soberbia e con desaires.

   ¡Probe vello pelengrino das congostras aldeanas!
Resinado coa súa sorte, vai por todol-os lugares
                    pidinchando á cantos topa,
recorrendo o seu Calvario sin desmaios, sempre adiante,
bendicindo ôs que o socorren con parolas gasalleiras
                    sin desprecios e sin axes,
moumeando padrenuestros pol-as almas dos defuntos,
recollendo unhas codelas como paga d'unhas salves
e rimando coas estrofas dos seus días malfadados
o magnífico poema das súas grandes saudades
¡o poema dos probiños desherdados da fertuna!
¡o poema das tristuras i-as miserias feitas carne!

—————
(1)   Premio estraordinario na Festa Galega que se celebróu en Lugo o ano 1918.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega