O castelo de Pambre

Páxina Anterior

Capítulo X (páx. 105-118)

Páxina Seguinte

m5lopferrocastelodepambret010.html

[p. 105]


X
O CASAMENTOS DA COLLAZA LIONOR



   A boda habíase de celebrar ao outro día aas dez da mañan na eirexa de Santa María de Mezonzo. E xa que se trata d' unha eirexa tan veneranda para todo corazón gallego, permítame o humano leutor que o desafíe  a que nos deteñamos algo nela. Indudabremente foy un d' aqueles mosteiros que según San Valerio no seu tratado De genere monachorum, houbo nestas partes oucidentales da Aspaña (1). Pero anque a intencion de San Valerio non fose incruir no númaro das eirexas a que cas suas palabras se referia á a de Santa María de Mezonzo, non por eso é menos certo que esta eirexa xa susistía antes do sigro sétimo en que viveu o Santo e famoso anacoreta do Bierzo. Así ó aquerditan varios e

 (1) In ista ultimae extremitatis occiduae partis confinia...... a paucis electis et perfectis viris in desertis locis, rara ope Domini, constructa sunt monasteria.



[p. 106]

moy importantes vestigios; e antr' eles un capitel de mármole que hoxe está sirvindo de pía da auga bendita e que anque esmoquenado ainda ofrece membranzas moy craras do estilo clásico; pois está composto de dous ordees de follas d' acanto; o cual, por decil-o así, é a fórmula esencial do antígo capitel corintio. Mide de alto 45 cents., e de ancho por enriba outros 45 cents. e por abaixo soilo trinta. Engádanse á este outros capiteles tamén de mármole e con pequena difrencia da mesma época que esmozaron e esnafraron para acomodalos nas portadas qu' hoxe se ven, e sint' estes outros dous que garda como ouro en pano un amigo meu de Santiago. Todos estes son testimonios craros e avidentes da antiguidá e importarcía do noso mosteiro.
   O cual debeu atravesar, sin mayores quebras a gran crisis da invasion dos mourus; porque en tempo de Alfonso o Casto xa o alcontramos bastante boyante baixo o réxime do abade Reterico ou Reterigo e de seu sucesor Fulcaredo. No sigro X criouse e formouse alí aquel insine Prelado compostelano que foy San Pedro de Mezonzo. O cual probabremente nesta eirexa de Santa María iria diseñando os conceutos que despois xuntou naquela fermosa plegaria que con mais que sobrado fundamento se Ile atribuye, d' aquela plegaria que tantas bágoas ten enxugado, ou, si

[p. 107]

non-as enxugou, fixo que de bágoas de door de amargura se convirtisen en bágoas de resinacion e de consolo.
   Estes datos, que soilo apuntamos voando demostran palpabremente a importana hestórica da eirexa de Mezonzo; pero cuase, cuase estou por dicir que a sua imortancia artística non e, nada menos. Nafeuto, ela ven á ser un dos mais notabres enxemprares que acó deixou o estilo románico-bizantino, que tan ben callou no noso país no seu último período. Pois son carauterísticas, costantes e persistentes as formas que aquí adoutou, tanto no corte e aire dos capiteles e canzorros ou canecillos, como nas trazas dos arcos e bóvedas, como na distribuicion dos contrafortes e dos mais membros arquiteutónicos, como nos motivos da ornamentación, que eu non dubidaría en chamarlle estilo galaico á éste que tan ben se dou e tanto dominou na nosa rexion, mormentes desde mediados do sigro XI hastra mediados sigro XIII, E logo esta eirexa de Mezonzo consérvase enxebre, e dicir, sin reformas, engádidas nin aditamentos; e pol-o
mesmo, ofrece un dos enxemprares mais líquidos e craros do dito estilo (1).

 (1) Hastra por non têr destes apéndices, que sempre resultan incómodos e mal cabidos, non ten sancristía; pois para esto está habilitado o hueco que hay diante da áuside do Avanxelio.



[p. 108]

   A xuzgar pol-os datos arquiteutónicos, a autual eirexa de Mezonzo debeu comezar á facerse á mediados do sigro XII, e rematarse á fins do mismo sigro, ou quizaibes mellor á prencipios do seguente. O largor dela é de 24 metros huecos desde a porta hastra o pe do altar  mayor, distribuidos nesta forma: 18 o corpo da eirexa e o resto o coro ou presbiterio; o anchor 13 metros e 80 centímetros. Está dividida en tres naves, separadas por catro machons, dous de cada lado; e as tres naves rematan en outras tantas áusides.
   A nave do medio ten de ancho cinco metros entr' os machons, e as dos lados, medidas da mesma maneira, soilo 3'40 metros. A pranta dos machons é un cadrado, que en cada cara ten embebida hastra a metá unha culuna ca sua correspondonte base e capitel. Todol-os arcos, tanto formeiros, como torales, que descansan sobr' os capiteles destas culunas, son algo apuntados; pero en vez de bóvedas, soilo sosteñen artesonados. Unicamente na nave do lado da Apístola, vense sobr'os capiteles arranques para as bóvedas con que, pol-o visto, quixo cubrirse aquela parte, e probablemente toda a eirexa.
   A pranta das áusides laterales é semicircular; a da do medio e un cadrado, e despois tamén un semicírculo. E é de notar que os arcos das áusides, son todos de medio

[p. 109]

punto, e o techo bóveda de cascarón; nas áusides pequenas, e na central tamen bóveda con dous entrepanos, no primeiro bóveda de cañón, e no segundo bóveda de concha ou cascarón.
   O coro ou presbiterio non empeza como é d' adoito debaixo do arco trunfal, si non mais afora, desd' unha gradicela qua atravesa toda a eirexa aa distancia de dous ou tres metros da entrada das áusides. Nesta gradicela, chaman a atencion duas culunas que están sirvindo de postes para sostêla aos dous lados da entrada que da paso ao presbiterio. Ambas e duas teñen capiteles con follas d' acanto, e a da direita ten na escocia da base, ou sea, no escave que separa os dous toros, unhas molduras e no filete dentes de serra.
   Todol-os capiteles do interior da eirexa ofrecen o corte airoso dos capiteles gallegos: tambor cilíndrico por debaixo e por enriba salientes volutas que proyeutaban un cadrado. Na sua mayor parte están formados de follas d' acanto, plantas acuáticas, palmas e outros motivos poI-o estilo. Hay un fantástico composto de catro mostros encarados e enlizados com' unha maraña.
   Sobr' o arco trunfal ábrese un fermoso rosetón calado, dividido en duas zonas. Na zona do centro ábrese soilo un octifolio; na outra zona que a rodeya hay catro cadrifolios tamén calados que describen un-

[p. 110]

ha cruz e nos ángulos desta catro seisifolios. Rodeya o rosetón un marco formado por dez e seis trifolios; pero estes non están calados.
   O esterior da eirexa ofrece si se quere aspeuto mais monumental poI-os estribos ou contrafortes que a rodeyan, poI-as tres portadas que Ile dan entrada e poI-as tres áusides que a terminan; pero vayamos por partes. A portada prencipal, está formada por tres archivoltas que rodeyan un dintel ou tímpano liso algo apuntado e descansan nunha imposta formada solo d' un filete e d' un caveto e sostida aa sua vez por tres culunas de cada lado. As ditas tres archivoltas son bastante xinxelas; non se compoñen mais que de dous baquetons lisos separados por unha media caña. Os capiteles das culunas sí que teñen mais traballo e debuxos; pero algús, especialmente o mais esterior da direita son moito mais antiguos que esta portada e pra encaixalos no sitio qu' ocupan recortáronos e esmozáronos. Esta portada é sin duda a mais moderna. Dicímolo pol-o lisas que son as archivoltas e porque, como xa indicamos, describen un arco algo apuntado.
   Pol-o demais a fachada non ofrece cousa de particular. Está coroada poI-o consabido cumio ou penal, e corrida de alto á baixo por catro contrafortes, dous aos lados da porta que están na misma línia que

[p. 111]

os machons de dentro, e os outros dous nas esquinas. O que é estes chegan a contrafortes; sobresalen sobre o paramento da parede da fachada cerca de metro e medio, que con o outro metro e medio, boo, que ten de espesor a dita parede, da un macizo d' unhos tres metros. Para darlles mais firmeza, fixeron nestes contrafortes cinco retallos ou relexes. Nas paredes dos lados tamén hay contrafortes en correspondencia cos machons d' adentro que sosteñen os arcos torales, pero non son tan salientes nin macizos; menos os dous que están, como si dixéramos, nas illargas da eirexa, é dicir, no sitio en que fan fincapé os tres arcos da entrada das tres áusides, os caes teñen a misma saida que os das esquinas. PoI-o cual vese que o arquiteuto andivo estudiando caes eran os sitios onde mais se concentraba o peso, e ali botou macizo de firme.
   A portada do lado do Sur, que era a que cumunicaba co convento, é a mais artística. Componse de duas archivoltas e un tornachuvias, do cual carecen as outras duas portadas. O lintel está formado de tres lóbulos, e a primeira, archivolta que o rodeya componse d' un baqueton festonado de oito arquiños. A sigunda archivolta está formada por dous baquetons mais estreitos separados por unha media caña. O tornachuvias componse d' unha serie semicircular de

[p. 112]

cabezas humanas. A imposta está adornada de frores cruciformes, rombos e outros debuxos. Debaixo da imposta están as catro culunas, duas de cada lado, que sosteñen as duas archivoltas. Os capiteles son de follas d' acanto; as bases teñen pomas ou bolas na escocia e grapas nas enxutas.
   A portada do Norte ten com' as outras o Iintel ou tímpano liso, sostido por duas mochetas. Componse tamén de duas archivoltas, imposta moy somellante aa da outra e duas culunas de cada lado. A maís exterior da esquerda e de mármole. Os capiteles tamen deberon ser da eirexa vella e axeitáron-os aa sua maneira pra colocal-os no sitio.
   Pero onde a eirexa presenta a mais fremosa prespeutiva é cando se contempra desde sitio onde poidan dominarse as tres áusides pol-a parte d' afora. O pirmeiro que chama a atencion é a fila dos dez e seis arcos pensiles que sosteñen a cornixa da áuside central. Estes arcos pensiles vense por primeira vez empregados na célebre eirexa de San Vital de Rávena e estan sostendo a cúpula pol-a parte da dentro e despois foron moy usados no estilo que chaman lombardo. Aqui na nosa Galicia usáronse pouco, anque por eso non-os falten monumentos en que ao xeito os poidamos estudiar e ainda ademirar. Tal é a eirexa de S. Pedro de Ra-

[p. 113]

mirás ou do Mosteiro (1); algunhas eirexas de Ribadavia e Allariz e outras que cita o Sr. D. Arturo Vazquez Nuñez no seu moy apreciabre opúsculo intitulado La Arquitectura Cristiana en la provincia de Orense.
   Mais aquí en Mezonzo, á meu pequeno entender, os arquiños pensiles da áuside central, que é a única que os ten, deberon ser postos despois, quezaibes cando no sigro XlII se rematou a obra, e entrepoñéron-os antre a cornixa e os canzorros que a sostiñan. Móvenos á pensar así o movida que está a cornixa; o apacharrado que aparece o tellado ao ver do das outras duas áusides pequenas, pois tivéron-o que levantar para meter os ditos arcos; e por último o mismo corte e traballo das pedras.
   Debaixo da cornixa aparece un rengle de cinco ventaas, tres na áuside central e as outras duas nas áusides pequenas. Cada unha destas ventaas ten o seu corpo arquiteutónico, é dicir, ten as suas culunas, unha de cada lado encaixada nun codillo, a sua imposta de birletes, a sua archivolta e o seu tornachuvias. As ventaas son com o todalas d' aquela época, largas e estreitas; pero todas de medio punto. Os capiteles son todos de follas d' acanto, mais ou menos talladas, con pomas ou volutas moy salien-

 (1) A mencion desta manífica eirexa faime recordar ao seu dino párraco D. Manuel Mendez, meu amigo, á quen en mal hora ven á cortarlle os bríos unha tenaz doença.



[p. 114]

tes nas puntas á eceucion do da culuna da esquerda na ventaa central que esta formado por duas pombas que están encaradas unha ca outra. Este asunto é moy fercuente nos capiteles d' estonces: parece unha representacion material d' aquel testo: Justitia et pax osculatae sunt.
   Duas culunas corren pol-a áuside central abaixo desde a cornixa hastra o zócolo, e dividena en tres compartimentos. En cambio, a imposta dos capiteles das ventaas córrese tamén por tod' arredor da áuside e divídea en sentido horizontal en dous compartimentos.
   Os canzorros da cornixa son todos eles moy somellantes; non teñen mais mulduras que dous chafrans, e poI-o mismo xa anuncian o sigro XIII.
   O mal é que, como o terreno está alí moy en costa, vayse esbarrendo sobre as áusides; de modo que agora xa está chegando cuase preto das fiestras; e anque o autual señor cura D. Vicente Antonio Duro con recomendabre celo percura têr ben libre é aislada a eirexa, non é esta obra áa que poidan suficientemente ocurrir os esforzos d' un particular.
   Estrañarán quizais os nosos leitores que na descricion da nosa eirexa non falemos do campanario. Non foy por olvido, senon porque está separado como unhos 50 metros contra o Este. Tamén non ten nada de

[p. 115]

particular: redúcese á unha espadana de dous huecos para as campanas posta sobr' un macizo de cantería.
   Tal era a eirexa en que había de facerse o casamento. Aa hora sinalada saleu do lugar de Xaxilde toda a comitiva do casamento: iban diante as amigas e viciñas de Lionor; logo os cubilleiros (en latín cubicularii ) envoltos en anchas capas de segoviao e iso que o dia e a hora non obrigaba á ir tan arroupado, pero requeríao a atiqueta; e por último marchaban os novios, os padriños e os pais e os parentes mais chegados. O padriño, que era un fidalguete da mesma parroquia, levaba nunha cousela de prata as duas sortellas, unha con záfil, e a outra con unha esmeralda, e trece moedas d' ouro do Rey D. Pedro para as arras. Todo elo trouxérao Beringuela para o caso.
   Chegados á eirexa presentouse na porta o P. Prior, que era o que había de asistir aa celebracion do matrimonio, revestido c'unha manífica capa de brocado, a cual tiña bordadas na ancha zanefa e mais no capillo hestorias ou pasaxes da vida de Nosa Señora.
   Non-os deteremos á discribir á grave e comovedora cirimonia da celebracion do matrimonio. E demasiado augusta para que a fagamos baixarse a ocupar sitio antre estas borronaduras. Cando mais soilo diremos que Lionor pudo estar mais esqui-

[p. 116]

via antes de decir o sí; por eso, antes de dalo, inda tardaría como dous credos. Entramentras, asperaremos aa porta a que sallan para a casa os novios con toda a recámara que os acompañaba. E aa verdá, todo o mundo saía da eirexa tan alegre e contento como si houbera consiguido á millor cousa. Os mozos e cubilleiros abrouxaban o espaceo co-seus berros e atruxos, e as mozas iban tan ledas e tan pracenteiras e tan foliadeiras, que paricía que lles rebuldaba a alegría dentro e que Ile metera cobiza aquela festa.
   Según o ritual de custume a comida tiña que ser na casa da novia; pois como ela casaba fora, antes de salir tíñalles que facer na sua casa este ousequio e agasallo aos concurrentes.
   No camiño os novios e mail-os padriños iban repartindo á todos cantos alcontraban, as regueifas ou bolas de pan trigo que sacaban de duas cestas que tres mozos levaban nas mans; e non é poI-o que eu o diga, pero a verdá é que ninguén a repochou, antes todos paricía que degaxaban poI-o pan da boda.
   Agora, si eu me puxera a decrarar e referir o bulicio e algareo e animacion que houbo naquela casa, iría moito mais alá do que é o meu intento. Soilo apuntarei que a mesa foy tan chea e tan brandida, coma a do mayor ricachón da parroquía;

[p. 117]

e que si por aventura algún cursidoso chegara á enxaretarse no sitio, ao reparar en todos, ou cuasi todos os comensales, podiría dirir sin escúpulo ningún para os seu adentros: —¡Van boos!
   Ao acabarse a comida, Beringuela que xa estaba ardendo por volver pra a casa, levantouse e dispideuse de todos cas mais corteses palabras, pero especialmente da dona da casa e mais de Lionor, ca cal estivo un boo pedazo abrazada como si lle quedaran entalados os brazos. E anque moito lle porfiaron para que quedase para a regueifa que había de ser de noite na casa do novio; que para ela estaban citados moitos mozos e mozas que tiñan sona de saber moi ben carpentexar versos e copras, non houbo súpricas nin rogos que valesen.
   Púxose pois en camiño acompañada das suas doncelas e da demais servidumbre; e á eso das sete da tarde empezaron á dexergar no hurizonte o sitio para onde cadraba o Vilar de Mella. A Beringuela pareceulle que por aquela banda levantábase así coma unha gran polvareda ou fumareda. Foron andando, e non tardaron en convencerse de que aquelo non era polvo, sinon fume e mais fume; pero entonces inda non era tempo de facer tolas ou murradas, nin queimar os montes. Apuraron o paso, e ao mesmo tempo iban outeando para ver de darse conta do que era aquelo.

[p. 118]

   Ao fin, anda, anda, chegaron á un punto desd' onde podían precibir craramente que era o que porducía aquela tan gran fumareda. Era o paazo do Vilar de Mella que estaba ardendo poI-os catro costados, ou mais ben mantendo cos seus escombros o inciendo que o destroíra. Hurrurizada o ver a inmensa e fumeante touca con que o xenio do exterminio envolvera as paredes do paazo, e os golfarós de fume que salían poI-as fiestras alomeadas á veces cas chamas ou con nubes de charetas que cruxindo e estalando voaban pol-o aire.
   ¡Tal foy o espeutáculo que se ofreceu aa vista d' atónita Beringuela desde a outra parte do río que corría ao pee da sua casa!



Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega