O castelo de Pambre

Páxina Anterior

Capítulo III (páx. 31-42)

Páxina Seguinte

m5lopferrocastelodepambret003.html

[p. 31]


III.
OS DOUS FRADES DE SAN XUSTO



   Un mes ou pouco mais facía que aa portaría de Sobrado antre lusco e fusco chegaran dous frades brancos ou de San Bernaldo montados en duas poderosas e ben arreadas mulas. Un deles era un home como d' uns sasenta anos, fraco, esgomiado e enfremizo ao que paricía; o outro era un mozatón coma un castillo, rubio e colorado coma unha rosa e coma d' uns vinte e oito anos d' idá. Segun decían os acemeleiros qu' os acompañaban, viñan do convento de San Xusto, d' onde sairan por causa do mais vello que quiría ver si ca muda de aires acababa de poñerse boo e recobrab-a a salú.
   Dixeronlle ao frade porleiro que avisase ao P. Abade qu' alí estaban dous frades de San Xusto, que quirían falar con él; e o porteiro sin mais encamiñounos pol-a gran escaleira que conducía aa cámara abacial. O P. Abade ao que soupo que estaban aa

[p. 32]

sua porta, mandounos entrar, ricibeunos con moito agasallo, e despois d' un pouco de conversa, sinaloulles celdas como á forasteiros pra que fosen á descansar e á repoñerse das faticas do viaxe. En atencion ao dieble e achacoso que se hachaba o frade mais vello, dispensounos tamen a lo menos pol-o pronto do coro e do refitorio e inda quixo que fosen xantar aa sua cámara. Pol-o demais eles sempre que podían, percuraban asistir á todol-os autos da Cumunidá.
   Mais ao que Ile dese por maliciarse e ao mesmo tempo fose algo entendido nas pláuticas e custumes da vida monacal, poida que lle parecese que aqueles dous frades, ou eran frades moy novatos, ou non lles vestía ben o hábito que tragían. Engadede á esto que o P. Abade tratábaos con mais atencions das que pudían pensarse acreedores uns simpres frades, retíñaos á miudo na sua cámara, e estaba parolando con eles á veces con moita reserva. E desque eles chegaran á Sobrado amiudaban os propios a recados; e todos iban e viñan percurando moito disimulo e sacreto. 
   Pero por non andar ca lingoa ao redor, diremos d' unha vez que o frade mais mozo era nada menos que o Sr. Gonzalo Ozores d' Ulloa, o fillo vinculeiro do Sr. Vasco Lopez d' Ulloa, o cual tomara o nome e apellido do seu bisaboo Gonzalo Ozores d'

[p. 33]

Orcellón. Como e sabido, os señores da casa d' Ulloa tiveron sempre moita hirmandá cos Condes de Lemos. No ano de 1359 na desfertunada batalla d' Araviana, un tío do noso Gonzalo Ozores, D. Gonzalo Sánchez' d' Ulloa pereceu como valente desempeñando o cargo de Alferez mayor de D. Fernando de Castro. Con éste hachouse tamén Gonzalo Ozores na malfadada xornada de Montiel do ano 1369 quedando alí prisioneiro en poder do Rey D. Enrique. Dempois, no ano de 1374, cando este Monarca lle tivo que pagar á Beltrán Claquín ou Duguesclín 240.000 dobras pol-a cidá de Soria e pol-as vilas de Almazán e Atienza que Ile comprara, pra compretar a dita suma entregoulle varios prisioneiros e entre eles á Gonzalo Ozores, o cal cos demais tivo que largar para Francia á disposicion do famoso avintureiro.
   Entramentras a gran casa d' UIloa, e peor despois da derrota do conde D. Fernando de Castro no Porto de Bois, preto de Lugo, desfíxose e esfarelouse en anacos; e cada un arramplou co que pudo. Por eso os que mais levaran, foran o infante D. Pedro Enriquez, fillo do hirmán de D. Enrique II, D. Fadrique, e os señor de Sampayo Vasco Gomez das Seixas. O pirmeiro, por disposicion do Rey, seu tío, quedouse con toda a Ulloa e Monterroso, e Vasco Gomez apodérouse de todol-os demais es-

[p. 34]

tados que caían ao Norte do río Ulla entre Sobrado e Palas de Rey. 
   O outro frade de S. Xusto era un deses tipes que a nosa sociedá vay perdendo de día á día. Fora amo, e amo á concencia, de Gonzalo Ozores; e con esto está dito todo. O amo naqueles tempos viña á ser un endivido, un membro que se enxertaba nunha familia, e de tal maneira se encorporaba con ela, que con ela formaba un solo corpo e unha soila alma. O amo viña á ser a presona á quen se encomendaba, moormentes entre os señores ou xente fidalga, a crianza d'algún picariño para que o tivese no seu poder e o coidase e o deprendese e o asistise en acasiós hastra que chegase á tomar estado. Desd' o momento en que o amo acetaba o seu encargo e era reconecido como tal, quedaba en certo modo e a lo menos civilmente, tirado da sua familia; pero en cambio ricibía todal' as estimanzas e moitas das consideracions que estaba chamado á gozar o miniño que tiña na sua casa. Fernán Vazquez, que así se chamaba o amo de Gonzalo Ozores, de tal maneira se encariñara co seu pupilo, que, si pode decirse, quiriao con amor mais fino e mais disinteresado que o d' un pai. O día que Gonzalo Ozores deixou a sua casa foy pra él un día de verdadeiro loito; pero canto mais o pupilo se separaba no corpo mais apertado o tiña él na alma; e en to-

[p. 35]

dos cantos pasos daba o seu Gonzalo, en todos os siguía él co pensamento. As satisfaucios, os pesares, as grorias, as desfertunas, os triunfos, e ainda os sacretos mais sacretos de Gonzalo, eran tamén dél; e estou por dicir, que eran mais dél que mismo si foran propios.
   Cando acabou co seu encargo de amo, o Sr. Vasco d' UIIoa púxolle na man unha boa bulsa chea de moedas d' ouro e de prata, pra pagarIle o seu porqué e en premio do ben que desempeñara o seu oficio. Fernán Vazquez nunca s' astreveu á tocarlle á aquelas moedas; sobre elas tiña él un pensamento, unha aspiracion, a de poñelas na man do pupilo tal cal as recibira de seu pai. Algo o facía discurrir e cavilar o modo de facer esto sin que Gonzalo se ofendese e tomase á mal; e como con este medo dubidara de presentarllas, tíñaas gardadas e ben pechadas, asperando algunha favorábele ocasion. ¡E que ben Ile viñeron como logo vamos á ver!
   Cando Fernán Vazquez tivo noticia da prision de Gonzalo Ozores na batalla de Montiel, presas tamén quedaron as potencias da sua alma, porque él non sabía se separalas do sitio en que él supoñía que s' hachaba encarcelado o seu señor. Nin comía, nin dormía, nin acougaba, maxinando sempre algun modo, algunha vía de rescatar a o seu pupilo. Pero ¡que podia

[p. 36]

facer él que fose conducente e afical pra o ouxeto que se propuñía? El non tiña mais que un rucio e unha espada, e boa era! e Gonzalo estaba alá lonxe, lonxe, coutivo en Francia, sabe Dios onde e cómo!
   Por moito tempo a sua agra e afincada mágoa non hachou outra demudanza, ben triste por certo! que cando veu que todos, ou cuase todol-os estados e terras da casa d' Ulloa, despois qu' o infante D. Enrique saleu ca sua, e o conde D. Fernando foy derrotado no Porto de Bois descamalláronse e esbardalláronse, como un feixe apertado á quen lle tallan a corre, e cada un marchou por seu lado nas uñas dos contrarios e envexosos. Qué trago pra él o pensar que aquel picariño que él criara con tanto amor e tanto desvelo para ser un gran señor, tiña que verse reducido á andar por portas como un probe mandingante!
   Quixo Dios qu' os vasallos d' Ulloa comezaron logo á sentirse mal agusto cos novos donos, que os trataban e asovallaban pior que á escravos. Quixeran eles entonces volver aos seus antigos señores; pero o Sr. Vasco Lopez ¡mal pocado! xa iba acabado cos anos, e mais cos disgustos e cos traballos e o probe andaba acorado e corrido sin hachar pousada onde poidese estar siguro e tranquilo; e o fillo Gonzalo Ozores tiña arranque e valentía pra

[p. 37]

calquer cousa; pero ¡quén sabía o que era dél nin onde se alcontraba? Mais por eso os vasallos non acougaban; cada vez arrenegaban mais dos seus asovalladores e piormente do señor de Sampayo Vasco Gomez das Seixas, ao cal todos, é verdá, tiñan un medo que pavoaban; pero esto mentres non topasen quen-os axudara á acurraI-o e cañal-o coma á unha fera.
   Fernán Vazquez que ouservaba, e ainda esprimentaba todo esto, dicideuse á poñer por obra un proyeuto, ao cual xa facía algun tempo que Ile andaba dando voltas; era ir á Francia e buscar á Gonzalo Ozores e tragelo anque fora nos dentes. Estivo cavilando por onde faría o viaxe, si por mar, ou por terra; e ao cabo resolveuse pol-o pirmeiro que Ile oferecía mais avantaxes.
   Tiña él un conocido en Betanzos que era labrador e un señor labrador. Chamábanlle Pedro de Veriis e era tan riquísmo e tiña a casa tan posta e tan arreada, que en certa ocasion necesitando o xudío Abraham aben Xucef, que era un dos arrendatarios dos trabucos rayales no reino de Galicia, unha fianza para buscar diñeíro emprestado para pagar o que lle dibía ao Rey, foy á petar con éI como presona que era tan abonada. Pois ben; este Pedro de Veriis estaba facendo á cada paso remesas de viño aa Rochela para a Ingalaterra, Frandes

[p. 38]

e outros sitios. Fernán Vazquez, que sabía esto, presentóuselle, dicíndolle si habería inconveniente en que él fose nun dos galions en que mandaba o viño, pois tiña que ir aa Rochela e falar alí cun parente de cousas que á él Ile intresaban moito e á toda a sua familia. Ofrecéuselle ao mesmo paso á servil-o no que aló poidera ocurrírselle. Ningún reparo nin arredra puxo Veriis no que lle propuña Fernán Vazquez; e antes folgouse moito de poderlle facer este servicio.
   No pirmeir barco, pois, que liscou de Betanzos alí se enxaretou Fernán Vazquez ca recomendacion de Veriis; e desque se veu na Rochela, non quedou porta á que non petase, nin curro que non cachease pra ver de hachar algunha noticia ou algún endicio de Gonzalo Ozores. Por sorte para él a Rochela estaba estonces en poder de Beltrán Claquín, o cual para conservar a cidá sometida ao seu señorío, tiña alí alguns soldados de gornicion. Por eles pudo pescudar Fernán Vazquez o paradeiro de moitos dos prisioneiros españoles que o aproveitado campeon levara para Francia. D' unhas noutras veu á averiguar pol-o certo o sitio onde estaba coutivo Gonzalo Ozores. Non quixo saber mais; presentouse aló de camiño pidindo a libertá do seu señor e ofrecéndose á aprontar no auto a suma do rescate. Os franceses re-

[p. 39]

melaron os ollos aa vista das douradas moedas (e eran as mesmas que Fernán Vazquez recibira do señor Vasco d' Ulloa) e por apañal-as a elas non puxeron moita dificultá en ceibar á Gonzalo. 
   Voltos aa Rochela, xa non pensaron en outra cousa que en encamiñarse pra España. Poideron aproveitar alguns dos barcos que viñan de retorno á Betanzos; pero dubidaban arribar á esta vila por medo á Fenán Perez d' Andrade que viña á ser coma o correxidor; e como dicía Fernán Vazquez, non sea Xudas que aa porta da casa veñamos á cayer na trapa. Prefiriron pol-o tanto ir desembarcar á Noya, onde Gonzalo Ozores era menos conecido; e así metéronse nunha nao que iba consinada aa famosa casa dos Cameiros, que eran unhos ricos comerciantes d' aquela antiga vila, que se gaba nada menos que de ser fundada por Noé. Non-os meteremos á espricar o que sintiría Fernán Vazquez cando dempois de dobrar á illa da Creba, dou vista de lonxe ao porto do seu descanso, ao trémiño dos seus afans. Todo o esqueceu estonces, traballos, privacions, aldraxos, faticas; todo o deu por ben empregado.
   De Noya pasaron á Santiago, onde Gonzalo Ozores tiña alguns parentes e amigos de quen ben pudía fiarse; pero a pirmeira ansia de Fernán Vazquez, asomantes chegaron aa cidá do Apóstolo, foy dar aviso

[p. 40]

ao Padre Abade de Sobrado que era a única presona que estaba no allo. Foy el mismo poI-o seu pee; porque as cousas que tiña que tratar e falar co Abade mal se pudían fiar aa pruma e menos á terceiro.
   O Padre ricibeuno con moito amor e contento; poís él estaba pouco menos intresado que Fernán na vinda de Gonzalo Ozores, sint' o moito que o mosteiro debía aa familia dos Ulloas, que foran sempre os seus dicididos proteutores: desque Ile tiraran os seus estados e andaban descarriados pol-o mundo, os frades non pudían vivir; á todas horas vían roubadas e saqueadas as suas granxas e nin no mismo convento estaban tranquilos, nin seguros, pois hastra alí iban á meterse con eles.
   En resumidas contas; o que os dous concertaron foy que Gonzalo, tan pronto como poidese, viñese en moito sacreto ao convento para desd' alí ir aviando as cousas, talantear á xente e ir dispoñendo todo para dar o golpe que todos deseyaban. Quedaron tamén en que os dous, Fernán Vazquez e Gonzalo Ozores, habían de salir desde Santiago aos montes da Tieira, onde os habían d' asperar dous acemileiros de toda confianza e ben impostos no que habían de facer cas mulas e cos hábitos que habían de vistir, para desde alí siguir asi disfrazados hastra Sobrado. Todo o fixeron

[p. 41]

ao pee da letra, e todo lles saleu aa medida do seu pensamento.
   Taes eran os dous frades de San Xusto que desde facía un mes pousaban en Sobrado. Por suposto, que alí non s' estaban cos brazos cruzados asperando que chovesen panicillos do ceo. O P. Abade espúxolIes o estado do país; como todos estaban bremando por acabar cos seus asovalladores; que había xente dicidida e disposta á todo, porque taes como estaban as cousas non se podía vivir. Contoulles da loya que correra de que Fernán Vazquez morrera no Bocelo escuartizado pol-os lobos; o cual non lles deixaba de vir ben para os seus traballos. Apuntoulles tamén caes eran as presonas mais seguras e cernes con quen pudían contar pra os seus intentos; e así lles foy facendo outras oportunas adevertencias, que lle serviron de moito na axecucion dos seus proyeutos. 
   Respeuto do pai acordaron pol-o pronto non dicirlle nada hastra ver como s' iban presentando as cousas; e esto, porque, dieble e altereado como estaba, era moy fácele ou que ca impresión de ver de socato e improviso ao fillo Ile dese un pasamento do que quizais non volvese, ou que co gozo e a alegría non poidese conterse e sin querel-o dese lugar á que se descubrise todo o cotarro. 
   Gonzalo Ozores quiría visitar por sí mes-

[p. 42]

mo os seus estados, falar cos seus antigos vasallos e asegurarse ben da sua disposicion de ánimo. Mais esto non-o podía facer senon a furto con moitas e grandes precaucions en sitios estraviados e moy a deshora. Xa celebrara algunhas xuntas sacretas nos suterráneos do castelo das Grovas, en algunha das encañadas da serra do Bocelo e en outros sitios somellantes.
   Agora poderemos comprender o contenido e sinificado da carta dirixida poI-o conduto de Beringuela ao Señor do Vilar de Mella, que era un dos mais dicididos partidarios de Gonzalo Ozores.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega