O chufón

 

Acto I: Escenas 1-9

Páxina Seguinte

m5xrdguezlopezchufon001.html

[p. 2]

Es propiedad del autor.
Sin su permiso nadie podrá representar
ni reimprimir esta comedia.








[p. 3]

O CHUFÓN

COMEDIA DE COSTUMBRES GALLEGAS EN DOS ACTOS



PERSONAJES

Tío Mingos, (padrino de Carmela)
Sabela, (mujer del Tío Mingos)
Carmela.
María Antonia, (criada de casa)
Don Camilo, (padre de Ramón)
Ramón.
Manuel.
Chufón.
Antón.
Gaiteiro.
Tamborileiro.








[p. 5]

O CHUFÓN

ACTO PRIMERO

     La escena pasa en una aldea de Galicia.
     Habitación de labrador acomodado. De frente una ventana que da al campo. A Ia derecha una arca de Ias que usan para guardar el grano. Por delante de ella una baranda sostenida por ambos extremos del techo, y que sirve para colgar ropa, en Ia que aparece colgada una capa y algun pañuelo de mujer. A Ia izquierda de Ia ventana una alacena, o armario, sobre Ia que lucirá una lamparilla, que alumbra a una imagen y a un crucifijo que cuelga de Ia pared. En el bastidor de Ia derecha Ia puerta que conduce a Ia escalera y en el izquierdo otra que da entrada a una habitación. Este hueco aparece abierto. Junto al bastidor del lado izquierdo un cofrecito y en el centro un banco de madera con respaldo, al lado de una mesa y varias sillas distribuidas por los huecos que dejan los muebles. Suena a lo lejos Ia campana y Ia gaita del país toca entre bastidores una alborada, que cesa al salir el Tío Mingos.



ESCENA 1.ª

     (El Tío Mingos sale por la izquierda a medio vestir, poniéndose el chaleco y después la chaqueta, que estará sobre el banco. Habla vistiéndose).

T. Mingos Éche ben certo: non sempre está o alcacén pra gaitas. Hoxe por sel-o día do santo patrón quixera gozar tranquilo; pro non pode ser. ¡Este condenado de reuma non m' acaba de deixar..... Inda teño medio entumecido este brazo..... ¡¡Ay! (Quejándose al vestir la chaqueta) ¿Velo? ¡Debeumo de votar unha meiga! Xa me dí Sabela que hay que bendecil-a casa, e poida que teña razón. En de mal parez que se meteu o demo n' ela fai unha tempada..... Non hay volta que me viu algún mal

[p. 6]




d' ollo. Antonte derrumbóuseme na revolta da Seara a millor xata que tiña na corte, e dendes que cain na cama o lacazán do criado deixoume poñer o gando laso por falta de percuro..... Pro, ¿qué hora é? (Mira el reloj) —Parés que tardan da misa. Vou rezar as oraciòs da mañà pra que Dios m' axude. (Coje un cayado y se dirije a una silla arrodillándose delante del crucifijo.)



ESCENA 2.ª

Tío Mingos, Sabela.

Sabela ¡Ay virxe! (Entrando con mucha fuga) Coidei que nunca s'acababa esa misa. Todo está por facer. Deixei as cazolas na lareira y-atopo o lume morto. (Deja la mantilla y el pañuelo en la baranda) Non sei
si será cedo pr' erguerte ¿cómo te atopas?

T. Mingos

Algo millor; pro esta cabeza inda non rixe ben e vou a rogar a Dios pol-a salú.

Sabela

Y-eu contigo s' andas logo, que teño moita presa.

T. Mingos

Vamos logo (persignándose) En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. ¡Ou Siñor que nos sacache da escuridá da noite e nos deixache chegar a craridá dó día, líbranos de caciques tramposos e curiás ladrós, pra que no-nos rouben o alimento da alma e do corpo. Míranos Siñor con ollos de.....

Sabela

Misericordia. Xa sei. ¿Vas votar toda a letanía?

T. Mingos

Si tes presa..... vaite.

Sabela

Todo está por facer.

T. Mingos

Votarei logo o Padre Nuestro namais Pol-os nosos próximos, pol-os camiñantes e naufragantes, pra que Diol-os saque a porto salvo. Porque Dios nos libre de animás dañinos e d' un mal d' ollo. Pol-os usureiros, raspiñeiros e testigos falsos, pra que Diol-os convirta e os traya a bon camiño..... Padre nuestro que estás en los cielos santificado sal tu nombre, venga a nos el tu reino,

[p. 7]




hágase tu voluntá ¿Votache carneiro d' abondo a cocer?

Sabela

Votei.

T. Mingos

Conven que haxa fartura... Así en Ia tierra como en el cielo.

Sabela

El pan nuestro de cada día dánosle hoy y perdónanos nuestras deudas así como nosotros perdonamos a nuestros deudores.....



ESCENA 3.ª

Dichos.—Antón.

Antón ¿Onde levo o gando? (Desde Ia puerta)

T. Mingos

A chousa do Muiño. Leva a fouce y-o forcado pra tapar a borraleira que fixeron onte alí os d' avenza.

Sabela

En el Nombre del Padre, del Hijo..... (Levantádose y santiguándose).

Antón

Ten razón, ohiu, que hoxe é día de festa e non de tapar portelos.

Sabela

¡Qué razón nin que cornos! (A Antón) Érgome por que xa vexo que o Padre Nuestro non s' acaba hoxe e teño todo por facer.

T. Mingos

Pois vaite logo, muller, e sube axiña que teño que decirche.

Sabela

Subirei en canto chegue María Antona. (Váse)




ESCENA 4.ª

Tío Mingos.—Antón.

T. Mingos ¿Viche na misa a Don Camilo d' Arriba?

Antón

Quedaba no adro co siñor cura.

T. Mingos

Pois vai logo aló antes de nada, e dille que o agardo agora, e que faga o favor de vir onda min decontadiño.

Antón

Xa que estamos solos tiñalle que decir unha cousa de Don Camilo. (Con misterio).

T. Mingos

¿E logo? (Levantándose de la silla y acercándose a Antón).

[p. 8]

Antón



Que tanto él como o seu fillo Ramón fai algún tempo que os atopo pol-a Lamela da Fonte. Non sei que mel teñen alí que zugar, anque algo me decato do que andan azoroñando; pero.....

T. Mingos

O que andan azoroñando seino eu. Corre axiña a avisalo, non sea que se marche.....

Antón

(Hace que se marcha y al llegar a Ia puerta se vuelve). Dígollo porque me vai chocando que cando me cadra velos por alí, tamen están de cote Carmela ou María Antona, e xa fala a xente.....

T. Mingos

Deixâ falar. Eu fago do meu o que me parece. (Incomodado).

Antón

Siñor, cale e perdone. Ben sei que cada un pode facer do seu un pandeiro; pro eu, por decirlle o que lle dixen penso que non fago ningún mal.

T. Mingos

¿Pro a tí que che importa? Corre avisar a Don Camilo (Con impaciencia).

Antón

¿Que non me importa?..... Ten razón ¡A min que me ha de importar! (Con socarronería. Se va otra vez y se vuelve de Ia puerta en actitud de hablar).

T. Mingos

Déixame de lerias. Vaite onde te mandei. ¿Ou queres que vaya eu? (Incomodado).

Antón

Xa vou, siñor (Se dirige a Ia puerta).

T. Mingos

¡Gracias a Dios!

Antón

Mais eu hei de saber... (Volviéndose).

T. Mingos

¡Recorcio! Si non te vas agora mesmo..... (Alza la cayada amenazándole).

Antón

Xa me vou tío Mingos, xa me vou. Pro xa saberei que anda escarabellando pol-o prado Don Camilo, pois mentras eu estea n' esta casa non quero que naide o engañe a vosté, nin a ningún d' ela. (Con retintin. Se va y vuelve a escena al ser llamado).

T. Mingos

Agarda hom (Con misterio). Pol' o d' agora non conven que fales a naide d' eso. Denantes quero falar con Don Camilo sobre ese conto.

Antón

Ese e outro cantar. Vou logo aló. (AI salir tropieza con Carmela que entra).



[p. 9]



ESCENA 5.ª

Dichos.—Carmela.

Antón ¿Onde queda Don Camilo? (A Carmela).

Carmela

Si andas ben píllalo no adro.

T. Mingos

¿Pro tí acabas de salir? (Todo impaciente).

Antón

Alá vou siñor. Ben vé que non podo andar mais de presa.



ESCENA 6.ª

Tío Mingos.—Carmela.

Carmela ¿Atópase mellor? (Poniendo en Ia baranda Ia mantilla y el pañuelo).

T. Mingos

Xa puiden chegar aquí co-axuda d' este pau, gracias a Dios.

Carmela

Xa verá como logo ha de poder arar.

T. Mingos

Sentía moito morrer sin dexarte acomodada. Mira Carmela: co que tí herdache de teus pais e co que nosoutros che deixaremos inda podes casar c' un bon herdeiro, pois non-o dou todo por des mil pesos.

Carmela


Non fale mais d' eso. Ninguha presa teño de casarme pol-o d' hoxe. Aquí non me falta nada e... xa sabe aquél cantar

     «Eu caseime e apedreime
mais que nunca me casara,
de solteira roupa nova.....»

T. Mingos

De casada remendada. Xa sei; pero non é esa a conta, nena. O meu deber é deixarte acomodada pra que non quedes sola. Habia de vir onte un amigo meu, Roque do Peto, a tratar conmigo a tua boda co seu fillo Manuel, que é o herdeiro. Por certo que é unha gran comenencia; pro onte mandoume recado de que caera na cama c' un ataque de reuma e que mandaría hoxe o fillo pra que te conoza e de camiño tratar o casamento.

Carmela

Pois sinto que veña perdel-o tempo: pol-o d' agora non penso casar co-él.

T. Mingos

¡Tí que dís! ¿Sabes que en toda a montaña non

[p. 10]




hay millor comenencia que a do herdeiro do Peto? 

Carmela

Ja, ja, ja. Seica s' ergueu hoxe casamenteiro? «O que lonxe vai casar tacha leva o a vai buscar.» Non me casaría hoxe co herdeiro do Peto anque tivera outro tanto.

T. Mingos

Eso non podes decilo, porque inda non sabes si o mozo che gusta.

Carmela

Anque así fora non me casaba co-él. Pra mentir inda me confesei hoxe.

T. Mingos

¿E logo aconsellóuse o crego outro partido, ou dirixete pra monxa?

Carmela

O siñor cura non me fala nada d' eso.

T. Mingos

¡Hum! Os cregos as veces inda se meten no que non Iles importa, y éste é un compangueiro qu' en todo mete o fociño.

Carmela

Este crego bó crego é; pro vosté non-o mira ó direito desque non quixo bendecirlle os evangelios, nin os escritos 
da porta da corte.....

T. Mingos

E teño razón, puñesa, porque él non crea n' eso, o certo é qu' os escritos teñen moito poder contra as malas fadas.

Carmela

ÉI manda creer no poder de Dios e dos santos.

T. Mingos

Os santos ou valen ou non. Cando se me puxo mala a vaca marela, canto mais lle pedia a San Antón a peor iba, e si non Ile colgo o escrito do pescozo, nin Dios que Ile valera.

Carmela

Parece mentira que un home tan lido y-escribido como vosté, que foi o servicio do Rey y-andibo tanto mundo, crea n' esas meiguerías.

T. Mingos

Mira nena, eu ben deitei dos escritos, pois non me morreron os porcos hasta que mos fixo arrincar o crego da porta do cortello.

Carmela

¡Vel-ahí ten! Pra vosté o crego tivo a culpa da morte dos porcos e das disgracias da parroquia.

T. Mingos

¡E teño razón, puñesa! Qu'estes curas novos non sei o qu' adeprenden. Nin saben esconxural-o trono, nin descontar as lombrigas, nin nada. ¡Cura o que morreu! ¡Diol-o teña entre santos! ¡Que mau tiña pro trono! Cando víamos a nube cargada de

[p. 11]




pedra, corríamos ond' él, y-aquel home acendía a vela da Candeloria e poñíase a ler no libro y-a botar bendiciós. Dempois de cada bendición rachaba as nubes unha centella, pro él non s' atemorizaba por eso; cada vez berraba mais, hastra qu' o nubeiro escapaba da parroquia pra descargar o pedrazo na gándara ou mais adiante. ¡Dios que me deu, que mau aquela! Namentras que bendiciu esta parroquia nunca acordo apedrar n' ela!

Carmela

Pois éste bó cura é. Dá xenio velo pedricar e xa ve cantas rapazas se casaron dendes qu' él veu pra parroquia.

T. Mingos

¡Vaites! Casamentos probes.

Carmela

Eses son os que se casan solo porque se queren.

T. Mingos

Y-os que deixan de quererse porque se casan.

Carmela

Non-o entendo.

T. Mingos

¡Doado é d' entender, nena! A falta de pan non dá paz. Sin paz e sin amor oféndese a Dios, e donde a Dios se ofende non hay ventura.

Carmela

¡Canté! Por eso mesmo o siñor cura casa ós probes que se queren, pra que non ofendan a Dios. E ben se ve, padriño, qu' a riqueza non asegura a felicidá dos casados: tamén hay ricos que se levan mal.

T. Mingos

Non ten a culpa a riqueza, sinon cando é motivo de vicios. A culpa téñena moitas y-as veces as malas lengoas dos envexosos, sobre todo as das mulleres lacazanas.

Carmela

Ou as dos homes

T. Mingos

Non-o creas, Carmela. As mulleres deben desconfiar sempre das amigas que as aconsellan recomendándolles segredo pro seu marido. Cuasque sempre son treidoras que guía o demo pra facer a desgracia dos matrimoneos. No principío do mundo valeuse d' unha cobra porque non había mulleres; agora ten moitas a quen lles pon na lengoa o veleno, e astucia na intención, pra levar a disgracia ás casas, matando primeiro a confianza e dempois o cariño y-a tranquilidá.

[p. 12]

Carmela

Agora que me acordo. Díxome Ramón d' Arriba que logo viría falar con vosté. (Con picardía)

T. Mingos

Xa me decato pra qu' é.

Carmela

Pois entón xa sabe que eu tamén estou conforme. (Marchándose).

T. Mingos

¡Conforme!... ¿Ti vaste? (Carmela sale apurada). Dille á madriña que suba logo. (Gritándole desde Ia puerta).



ESCENA 7.ª

Tío Mingos.

T. Mingos E ten razón: ela ten tanto na Lamela coma min por non haber feito partixas, e precísase do seu consentimento pra vendela. Moito caro me custa desfacerme déla pro non hay mais remedio. (Se sienta y apoya los codos en Ia mesa en actitud pensativa)



ESCENA 8.ª

Tío Mingos.—Sabela.

Sabela ¿Dormes ou cabilas? (Entrando).

T. Mingos

Agora nin durmo nin cabilo, pro xa fai tempo que durmo soñando coa deuda do de Souto pra librar a hipoteca do prado da Fonte que vence drento de oito días. Don Camilo mandóume antonte recado de que non vendese a Lamela sin antes falar co-él. Pol-o visto quere mercala e, así com' así, ha de dar mais dos catro mil reás que están enriba d' ela.

Sabela

Síntoche ben d' ese prado e non sei como nos vamos a gobernar dempois si Don Camilo no-no lo deixa pol-a renta. Redimir redimiche as catro fanegas de dominio, pro si perdemol-a Lamela, valera mais que pagáramol-o dominio.

T. Mingos

Ti que queres. D' aquela ben pensei desempeñarme logo si San Antón nos defendera a facenda; pro viñeron malos anos, morreunos a teixa, pegounos a peste nos porcos e dempois de todo

[p. 13]




eso inda o esgumiado do Secretario me subiu o consumo porque non lle din o voto.

Sabela

Por eso non puidemos levantar cabeza.

T. Mingos

Pro si me dá Don Camilo dez mil reás pol-a Lamela e caso a nena co do Peto, morro tranquilo.

Sabela

¿Logo é tan boa casa a do Peto?

T. Mingos

Han de sementar vinte fanegas a cada mau e teñen moita herba e moita larganza.

Sabela

¡Chacho! Pois sendo así non debes hoxe de cerrar o trato con Don Camilo, porque si o do Peto che merca a Lamela enriba da dote, todo queda na casa.

T. Mingos

¡Canté! Ti ben falas pro si os do Peto veñen pretender a Carmela é porque me fan rico. En vez de dar inda han de pedir. Hoxe pra casar ben unha muller ten que levar cartos na mau.

Sabela

¡E tes razón!

T. Mingos

O pior de todo é que Carmela acaba de decirme que non quer casar co do Peto.

Sabela

¡Que non quer! Eso é falta de conocemento; eu-na aloumiñarei e ha de facer o que lle mande.

T. Mingos

Non cho sei. Fai pouco estaba recia. ¿Ti conoceslle algún namoricoque?

Sabela

Seica nunca a vin falar con naide mais que con Ramón d' Arriba. Sempre lles gustou ruar xuntos: pro fai poucos días adivertinlle que era xa unha moza e que non debía pararse tanto co-él por mor das marmulaciós.

T. Mingos

¿Y-ela que che respondeu?

Sabela

Votouse a rir como unha tola e non me deu sorte. Xa ves: xente moza e leña verde todo é fume.

T. Mingos

Muller, xa que falas de fume parés que m' entran ganas de fumar. N'aquela lacena ha d' haber unha riladeira con cigarro. Dácama.

Sabela

Telo por picar. (Después de cogerla)

T. Mingos

¿Non hay ahí un paquete d' el picado?

Sabela

Aqui está. (Poniéndoselo delante). Vel-ehí tes todo.

T. Mingos

Pois faime un pito que eu inda teño as maus medio entumecidas.

[p. 14]


Sabela



(Disponiéndose a hacer un pitillo). Non sei si será cedo pra que fumes... Eu non che choro o cigarro, pro si che fai mal... (Trata de hacer el pitillo y le cae el cigarro). Parés que non lle dou xeito... xá se me esquenceu o facer pitos. (Se desespera porque no le sale bien y lo vuelve a deshacer). Ahí sobe Carmela que chos faga, que a min non me sale ningún.



ESCENA 9.ª


Dichos.—Carmela.


Carmela (Aparece Carmela llevando en Ia mano una gran taza de barro llena de sopas, con una cuchara de palo encima).
Ahí ten as sopas. (AI tío Mingos). Vosté seica tampouco s' acorda d' almorzar hoxe? (A Sabela). Quédalle o almorzo enriba da mesa. Baixe pronto pra que non lle ativie. (Dirigiéndose a Ia puerta).

Sabela

Agarda. Faille aquí a teu padriño dous pitos.

     (El tío Mingos come las sopas como sin ganas).

Carmela

Acabe logo as sopas, pois Ramón vai vir decontado con seu pai. (A Sabela). Será ben, logo que baixe e faga axiña dous chiculates por si quixeran tomar algo cando cheguen.

Sabela

Vou logo correndo. (Sale).

 

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega