O chufón

Páxina Anterior

Acto I: Escenas 10-16

Páxina Seguinte

m5xrdguezlopezchufon002.html




ESCENA 10.

Carmela.—Tío Mingos.

     (El tío Mingos almuerza de frente y Carmela hace pitillos).

T. Mingos

 Como vai vir o herdeiro do Peto a pretenderte quero que te amañes un pouco. Convén que esteas amabre co-él pra que non te chame fratulenta.

Carmela

Non sei como será.

T. Mingos

Pois ten que ser, porque o mando eu e non quero que digan que non che din boa crianza.

Carmela

Mire, padriño, non lle dea mais voltas, nin se mate mais. Eu hei de casarme ó meu gusto, por que quen se casa son eu e non vosté. O do Peto

[p. 15]




non-o conozo, nin sei que é, nin él sabe quen eu son, e paréceme que non se debe de tratar un casamento pra toda a vida o mesmo que se merca un boy ou unha vaca n' unha feira. O cariño debe ser antes de nada.

T. Mingos

O cariño ven dempois, nena. O conto é ter que comer: por eso os casamentos por trato salen casi sempre bos.

Carmela

Ou malos. Unha vaca ou unha besta pódese volver a vender na feira co mesmo alifaz que se mercou, namentras que no casamento os defeutos que se descobren hay que aguantalos por toda a vida.

T. Mingos

Pois eu caseime por trato con tua madriña sin conocela e nunca me pesou.

Carmela

Pois foi como que busca unha agulla n' ún paIleiro e a atopa. Eu hei de conocer e querer o home con quen case; o cariño é a única cousa que poderá darme pacencia pros traballos e pras penas d'esta vida.

T. Mingos

Pois ben, miña nena, xa que así pensas eu non te hei de obrigar. Solo debo decirche que si che gusta o herdeiro do Peto vas mui ben casada co-él, por verbo de riqueza, pois ten unhos bes feros y-é de familia de bendición. De calquer xeito quero que namentras estea na nosa casa te portes ben co-él, como che dixen. (Levantándose).

Carmela

Ese é outro cantar. ¿Pr' onde vai?.

T. Mingos

Vou a abaixo a facer unha labor. Faime unhos cantos pitos, que logo volvo.



ESCENA 11.

Carmela.

Carmela (Haciendo pitillos). Será mui boa comenencia a do Peto, pero eu xa non podo querer a naide mais qu' a Ramón..... Seu pai vai vir a pedirme..... Así xa non podiamos seguir, ¡Que denorio! A xente xa comenza a marmularme..... Pares que xa tarda

[p. 16]




moito. ¿Y-el engañaríame? (Llora) Pero sin él non podría eu vivir. (Se acerca a Ia ventana) No-nos vexo..... ¡Qué desgraciada sería si m' engañase!..... ¡Vá! non fago mais pitos. (Dejando Ia caja del tabaco en Ia mesa). Non teño xenio pra nada. (Vuelve a acercarse a Ia ventana). Estou ardendo..... y-ese padriño tampouco acaba de subir,..... Pois con outro non caso. Non e non..... Sinto pasos..... ¿Será Ramón? (Se acerca a Ia puerta enjugándose Ias lágrimas con un pañuelo).




ESCENA 12.

Carmela.—María Antona.

M.ª Antona ¿Qué che pasa? (Con sorpresa e interés).

Carmela

Nada (Bajando los ojos)

M.ª Antona

¡Pois ti chorache! (Carmela rompe a Ilorar). ¿Non me dis que tés? (Abrazándola).

Carmela

Que me queren casar con Manuel do Peto. (Separándose con aire y mirando a María Antona fijamente). ¿Tí sabes si Ramón m' engaña?

M.ª Antona

¿Por que o dis?

Carmela

Porque xa debía de estar aquí. Tarda moito e ti..... páraste tanto co-él como con seu pai.

M.ª Antona

¡Asus, San Silvestre! (Santiguándose) Ti estás tola. ¡Tan solo eso me faltaba! ¡Burra! Si cando m' atopa non sabe mais que falarme de tí.

Carmela

¿De verdá? (Muy contenta). Non debes darme sorte. Ese home metéuseme na alma e receo de todo.

M.ª Antona

A nosa sangre non é de traidores, e ben sabes que eu levo un ramo da tua.

Carmela

E verdá: qu' as nosas aboas eran curmás entregas.

M.ª Antona

Tua madriña tratoume sempre como a unha filla. Antonte dixome que me marmulaba a xente porque me paraba con Don Camilo e que coidadiño que volvese a parrafear co-él.

Carmela

Tén moita razón a madriña.

M.ª Antona

Pero eu non me paro co-él por cousa mala.

[p. 17]




Pareime porque o atopaba por todas partes; parece qu' o demo Ile dí por onde eu ando. E ser é mui adivertido. Da xenio falar co-él. Pro xa lle dixen que non se volvese a parar comigo.

Carmela

Ti andas armando ó merlo y-esas diversiós nunca tran bos resultados. Tí xa non eres nena e ben sabes onde che morde o zapato; pro nos homes non hay fianza ningunha.

M.ª Antona

Por ese lado vivo segura.

Carmela

Eso é o pior.

M.ª Antona

¿O pior? (Con extrañeza).

Carmela

Si, porque o pior que lle pode pasar a unha muller e que fie de sí mesma e non fuxa das ocasiós. Ben sabes qu' o pai de Ramón non é pra tí, e parándote co-él, sin tí darte conta, podes facerlle creer que eres o que non eres, y-estás moi peligrosa de que él te faga acabar por ser o que él queira.

M.ª Antona

As intenciós d-os homes logo se conocen, e vivindo prevenida nada se perde por alegralos.

Carmela

Eso é xogar co lume, e n' ese camiño,esborréxese logo. Cando a disgracia leva por él a unha muller vai sempre costa abaixo, cada vez con mais brio, e non para hasta perderse.

M.ª Antona

Ben-o sei. Pro Don Camilo é ó mesmo demo, e inda oxe, vello como é, non vin home mais zaramalleiro. ¡Qué lástima qu' Antón non sepa namorar así!

Carmela

¿Qué Antón?

M.ª Antona

O da casa, qu' anda morto y-acabado por casar comigo.

Carmela

¡Ora o demo! ¿Ti que dis?

M.ª Antona

O que che digo. Fai tempo que se volve tolo por darme gusto. Si está lonxe canta porque eu o oiga, cántegas sempre amorosas e sempre tristes; si está preto ha de votar unha escapada pra vir onda min, como si fose às furtadelas. Non ten outro gusto que andar onde eu ando, pro cando está ó meu lado está sempre quedo, sempre respetoso, non me toca un dedo siquera, abóndalle conque

[p. 18]




os meus ollos se apousen de vez en cando nos seus, e sempre qu' os seus ollos me miran non votan lume d' amor, votan bágoas pra apagar ese lume.

Carmela

¿E non che gusta eso? Eso val mais que canto ouro poidan ter os reises do mundo. Non vale a unha muller a pena de vivir, mais que véndose así querida e respetada.

M.ª Antona

Pois eu, muller, si che hei de ser franca, quixera que Antón fose como Don Camilo. ¡Ay! Este cando estaba xunto de min nunca estaba quedo: non acougaba sin collerme un dedo ou unha mau, pra terma apreixoada na sua. Os seus ollos votaban sobre dos meus sempre lóstregos d' amor; sempre ledos e churrusqueiros nunca os vin chorar. Os seus labios buscaron moitas veces os meus, sin nunca chegar a eles, bicaban as orellas ou o pano da cabeza.....

Carmela

¿E nada mais? (Con picardia).

M.ª Antona

Algunhas veces, cando mais non puiden, sentinos nas meixelas, quentes e namorados, como quixera sentir os d' Antón.

Carmela

¡Ora o demo do vello! ¿E ti pensas qu' ese é amor?

M.ª Antona

Eu non penso nada, pro gústame mais esa maneira de querer qu' a otra.

Carmela

Pois a trampa d' ese amor é qu' arde moi de presa e consómese logo; o verdadeiro fai como o borralo que conserva moito tempo a quentura.

M.ª Antona

Sí; pero tampouco loce nada, e hay que remexelo pra saber si está morto ou vivo, como lle pasa ó d' Antón.

Carmela

Non fai falla meter a mau no lume pra saber si está aceso. O lume dos homes é treidor y-hay que entendelo: prende pouco a pouco, pero alampa cando menos se pensa. Hay que saber atizalo sin queimarse. Ehí está toda a habilidá da muller cando Ile convén qu' un home non enfrie. Si Antón te quere debes darlle sorte, ánque non che guste

[p. 19]




o seu modo de querer, porque os homes que queren de veras ás veces parecen tontos, y-os que queren como te quere Don Camilo saben pintar millor un amor que non sinten. 

M.ª Antona

¿E qué podo esperar d' Antón que é tan probe coma min?

Carmela

¡A mesma diana do padriño! Val mais pra ti Antón, probe como é, que Don Camilo con todo canto teña; porque Don Camilo é unha anduriña que pasa, deixando un niño pra facer outro mais adiante, e Antón é pra ti un rulo que non quere mais qu' a sua rula. Mais vale ser casada probe que querida d' un Rey.

M.ª Antona

Tes razón; pro non me deixa ni-a sol ni-a lúa. Onte xa non me quixen parar co-él. Pilloume na corredoira da Fonte e loita e porfía pra que lle dese sorte, hasta que me fixo caer o feixe da cabeza. Por pouco me teño que vir pra casa sin a herba.

Carmela

Si tivera vergonza abondaba que estiveras n' esta casa pra que te respetara. Xa Ilo direi a Ramón. ¿Pro que Ile pasaría que non acaba de vir? (Se acerca a Ia ventana). Non vén nin parece y-eu estou ardendo. Vaite abaixo a ver si está co padriño. Namentras acabo de facer estos pitos que coa conversa non m' acordei mais d-eles. Si non está embaixo vótame un berro en canto chegue.

M.ª Antona

Si queres que vaya dar unha vota a ver...

Carmela

Non: baixa e dille ó padriño que suba logo. Agarda: leva de camiño esta taza, e limpa algo esta mesa. (María Antonia se pone a limpiar Ia mesa con el delantal después de coger Ia taza.)



[p. 20]


ESCENA 13.

Dichos.—Don Camilo.

D. Camilo ¿Hay permiso? (Eu el umbral de Ia puerta).

     (Carmela coje Ia caja del tabaco como asustada, y María Antonia pretendiendo huir por Ia otra puerta tropieza con ella y se Ia hace caer. María Antonia entra en Ia habitación y sale sin Ia taza. Escena rápida.)

Carmela

Buenos días, Don Camilo. (Ap.) ¡Dios mío, que vergonza! (Alto) ¿Non viu abaixo o padriño? (Coje Ia caja y la coloca sobre Ia mesa.)

D. Camilo

Díxome a tia Sabela qu' estaría enriba e subin. (Disponiéndose a recoger dos o tres pitillos caídos).

Carmela

Non se canse qu' os apaña María Antona. Faga o favor d' agardar un pouco que vou a decirlle ó siñor padriño que está vosté aquí. (Sale escapada.)



ESCENA 14.

María Antona.—D. Camilo.

     (Don Camilo se baja a coger Ia caja del cigarro y los pitillos. AI salir María Antona pretende huir y Don Camilo se atraviesa ante ella).

D. Camilo

Non: antes de salir tes que falar comigo duas palabriñas.

M.ª Antona

Non teño nada que falar con vosté. Déixeme pasar.

D. Camilo

Por aquí non sales sin decirme antes porque fuxes de min (Acercándose a ella.) De todo serei capaz porque me queiras.

M.ª Antona

¿De todo? Ja, ja, ja, Mire, siñor Xuez, burla con conocimiento mucho lo siento. De min xa non volve a mofarse mais.

D. Camilo

Non é mofa ¿queres ser ama da miña casa?

[p. 21]

M.ª Antona

Ja, ja, ja. ¿Ama nada mais? Coidei que quería casar comigo.

D. Camilo

O pirmeiro é o pirmeiro. Si non me sirves pra ama tampouco me convés pra muller.

M.ª Antona

¡S' eres demo t' arrenego! Déixeme salir que nos vai pillar aquí o tío Mingos.

D. Camilo

Pois apaña antes ese tabaco que deixache estrado.

M.ª Antona

Apáñeo vosté qu' está ben folgado.

D. Camilo

Pois dame outro bico e sales. (Dirigiéndose a ella)

M.ª Antona

Non tería vosté a culpa. Déixeme de lerias. (Huyéndole y poniéndose seria). Faga o favor de deixarme pasar.

D. Camilo

Entón dareicho eu.

M.ª Antona

Mire que berro. (Sorteando Ias vueltas alrededor de Ia mesa).

D. Camilo

Xa xei que non berras.

M.ª Antona

Pois xuro que hoxe berro.

D. Camilo

Tamén vou saber si t' estreves. (María Antona descalza una zueca y amenaza con ella a D. Camilo).

M.ª Antona

Pois veña e verá...



ESCENA 15.

Dichos.—Tío Mingos.

     Aparece el tío Mingos en el umbral de la puerta, en el momento en que María Antona alza Ia zueca amenazando a D Camilo.

T. Mingos

Bos días siñores.

D. Camilo

Hola tío Mingos. (Volviéndose azorado. María Antona se calza).

T. Mingos

¿Qué facías con esa zoca na mau? (A María Antona).

M.ª Antona

Saqueina... porque pensaba D. Camila qu' era de vídalo, e xa viu que é de pau d' aveneiro. (Con sorna).

T. Mingos

¿Conque logo d' aveneiro eh? ¡Ave... Ave María Purísima! Vai abaixo a decirlle á tía Sabela

[p. 22]




que Ile suba o chiculate a D. Camilo. E outra vez has de saber tratar millor as personas, pois a cada un trátase según quen é. (Con seriedad).

M.ª Antona

Eso é o que eu fixen, tío Mingos. Ben-o sabe Don Camilo. (Se va riendo.)



ESCENA 16.

Tío Mingos.—Don Camilo.

T. Mingos Co-a xente nova non se pode. Cada día teñen menos respeto. ¡Qué diferencia hay ôs tempos en que m' eu criei! Faga o favor de sentarse. (Le ofrece una silla).

D. Camilo

Moitas gracias, teño estoutra. (Cogiendo otra silla) Séntese.

T. Mingos

Tamen-o fago de boa gana, qu' estou medio derreado d' estes cadrís. (AI sentarse repara en el tabaco y los pitillos del suelo). Deixei a afillada facendo pitos e mire por onde andan estrados. (El tío Mingos hace ademán de levantarse para recogerlos).

D. Camilo

Non se canse qu' eu apañarei todo. (Pone los pitillos en Ia caja).

T. Mingos

¿Vosté que fai? ¡Non faltaba mais! Hay na casa quen o apañe. (Levantándose y cogiendo a D. Camilo). Séntese aquí onda min, que quedei algo xordo da frebe. Fume logo. (Le da Ia caja, de Ia que coge cada uno un pitillo). Non sei onde votei a caixa. (Registrando en los bolsillos).

D. Camilo

Teño eu mistos. (Ofreciéndole una cerilla encendida).

T. Mingos

Gracias. Está en boa mao... Vosté pirmeiro.
     (Enciende D. Camilo y le ofrece Ia cerilla encendida que aplica al cigarro tirándola inmediatamente cual si quemara)
¡Recorcio!

D. Camilo

Tome lume.

T. Mingos

Penso que o teño (Enciende el pitillo). Eso da Lamela traime moi disgustado, D. Camilo.

D. Camilo

(Ap.) Debeu vernos. (Alto) Pois eso ten bon arregro.

 [p. 23]

T. Mingos

(Ap.) Parés que ven de bon aire: pedireille duas mil pesetas por ela.

D. Camilo

(Ap.) Ofrecereille mil pesos de dote por decontado: pra subir hay tempo, si lle parecera pouco pra Carmela.

T. Mingos

Pois ben, si siñor. Xa o estaba agardando, porque dixo Carmela que logo viría por aquí.

D. Camilo

Entón xa sabe a que veño. Vosté me dirá canto quer qu' eu lle dea.

T. Mingos

Xa sabe que con vosté non hei reparar. Vosté ben sabe o boa que é y-o moito que vale tan ben coma min... quedo muy perdido sin ela.

D. Camilo

(Ap.) Vamos non quere pedir antes por delicadeza. (Alto) Pois pra non andar con voltas eu traguía pensado darlle mil pesos hoxe mesmo.

T. Mingos

(Ap.) ¡Mil pesos! (Alto) Entre nosoutros tanto dá hoxe como mañá. Téñome que conformar co que vosté me dea, porque por unha pequena cantidá non vamos a reñer; pro córreme presa cerralo trato porque hoxe mesmo necesito catro mil reás pra librar unha hipoteca que vence antes d' oito días. Si non fora por ela...

D. Camilo

(Ap.) Vaya, este quer que lle dea siñal. (Alto) Non teña coidado que hoxe mesmo cerraremol-o trato e lle darei os mil pesos.

T. Mingos

¿Pro, vosté viuna ben? (Como admirado).

D. Camilo

O meu Ramón está moi namorado d' ela y-a min paréceme de boa condición.

T. Mingos

D'eso xa non hay que falar: ela sola mantén d' herba verde, todo o ano, as catro vacas que teño cos seus becerros.

D. Camilo

Ben sei que non a deixa folgar. O meu Ramón non-a ha de traer tan traballada.

T. Mingos

Pois inda se pode millorar moito sacándolle dous defeutiños que ten.

D. Camilo

¿Dous defeutiños? Tamén convén sabelos.

T. Mingos

A min non me gusta engañar a naide. Anque é bõ de ver, xa repararía que pol-a parte d' arriba ten algo de lombo e necesita unha pequena rebaixa.

[p. 24]

D. Camilo

Por ese defeuto inda pode pasar. (Ap.) Y-eu que nunca lle notei a xoroba... (Alto) ¿Y-o outro?

T. Mingos

O outro xa requer mais traballo, pois hay que sacarlle as augas todol-os invernos....

D. Camilo

¡Demontre! (Levantándose) Pois ese defeuto inda non é pequeno e supoño que non-o sabe Ramón. Así é que teño que falar co-él antes de cerral-o trato.

T. Mingos

Por eso podemol-o cerrar o mesmo, quedando da miña conta o quitarllas.

D. Camilo

Non, eso non me convén. Teño antes que falar con Ramón. (Marchándose).

T. Mingos

(Deteniéndole). Veña acó santiño, veña acó. Si non quere dar tanto hoxe...

D. Camilo

Non é eso tio Mingos! (Procurando desprenderse de él).

T. Mingos

Abóndanme as mil pesetas pr' ese apuriño.

D. Camilo

Pois sólteme que xa as terá oxe mesmo, (desprendiéndose y marchándose).

T. Mingos

(Ap.) Adiós meus mil pesos. (con tristeza).

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega