O chufón

Páxina Anterior

Acto I: Escenas 17-26

Páxina Seguinte

m5xrdguezlopezchufon003.html
 



ESCENA 17.

Dichos.—Carmela.

     (Entra Carmela con una bandeja de dulces, en Ia que trae un pocillo de chocolate, y con una botella de vino. AI entrar tropieza con D. Camilo que va a salir).

Carmela

Buenos días D. Camilo.

D. Camilo

Santos e bos, Carmela. (Dejándole paso y observándola).

Carmela

Pro ¿qué é eso? ¿Xa se marcha? Non pode ser sin antes tomar algo.

D. Camilo

Drento de un pouco. Agora non podo que me corre presa o falar con Ramón.

Carmela

Ramón está agardando embaixo, e non ten presa. Vosté non se vai sin tomar algo. Aquí Ile traigo chiculate feito pol-a miña mau e us dulces qu' inda viñeron onte da dulcería.

[p. 25]

D. Camilo



 Xa tomei chiculate antes de salir da casa. Agora non teño voluntá de nada.

Carmela

(Deja Ia bandeja sobre Ia mesa). Vaya Don Camilo, hoxe non me vai a faltar. (Le coge por un brazo con mucha zalamería y trata de acercarlo a Ia mesa)

D. Camilo

(Ap.) ¡Que deño de rapaza! (En alta voz). Ben: pois dácame logo un dulce.

Carmela

Así me gusta. (Corre a coger Ia bandeja dejando el pocillo delante del padrino). Tome vosté o chículate (AI Tío Mingos).

T. Mingos

Boeno logo (Se pone a tomarlo).

Carmela

Vamos a ver, ¿cal lle gusta mais. ¿Éste? ¿Estoutro? Vaya, tome éste que é o que mais lle gusta a Ramón (presentándole Ia bandeja).

D. Camilo

Tomareino logo, porque hay que obedecerche. ¿Tí non m' acompañas?

Carmela

Con moito gusto. ¿Non se senta?

D. Camilo

Non: estou millor direito.

Carmela

Como vosté queira (Acerca una silla, pone sobre ella Ia bandeja y va por Ia botella y Ia copa que quedaran en Ia mesa).

D. Camilo

(Ap.) Non se lle nota a xoroba. Debe de traguer un corsé qu' a disimule.

T. Mingos

Está bô. (A Carmela, por el chocolate).

Carmela

(A D. Camilo). Vaya beba unha copiña que non debe de ser malo. (Llenando una copa de vino y ofreciéndosela).

D. Camilo

Pois logo... a tua salú (Bebe) Sabes Carmela, que che acai ben esta brusa. Está moi ben feita e... aséntache moi ben pol-a espalda (le apalpa Ia espalda y Ia cintura).

Carmela

¡Que me fai cóxegas! (con gracioso mohin).

D. Camil

¡Pro tí non gastas corsé!

Carmela

Na aldea hay que traballar e ten unha que moverse a todol-os xeitos. O corsé solo sirve pras siñoritas da vila que lles gusta andar entaladas n' él. Parécelles qu' están millor andando tesas. Así están feitas unhas esgumiadas.

D. Camilo

Tes razón. ¿Pro ti nunca o gastache por mor d' abrigarte?

[p. 26]

Carmela

Nin falta que me fixo. Ás veces hastra ando sin xustillo.

T. Mingos

(Ap.) ¿Pro que demo falarán tanto tempo? É unha pena estar xordo.

Carmela

Vaya, tome outro dulce e outra copiña.

D. Camilo

Vótame logo outra copa. O dulce voucho eu dar a ti. ¿Cal che gusta mais? Éste é o mais rico. (Bebe después de darle el dulce).

Carmela

Por certo que é moi rico. Tome outra copa xa que lle gusta.

D. Camilo

Entón vota duas e tomarémolas on tempo.

Carmela

Vaya logo (Las llena). Á nosa salú. (Bebiendo a un tiempo).

T. Mingos

(Ap.) Puñesa, como empinan. (Alto) Bô proveito.

Carmela y
D. Camilo

Moitas graceas.

D. Camilo

¿Non che fará mal?

Carmela

Ja, ja, ja. Nin a vosté tampouco.

D. Camilo

Pero pra ese achaque que tes...

Carmela

¿Qué achaque?

D. Camilo

Muller dixéronme que pol-o inverno non andabas moi corrente... no tocante... a saude.

Carmela

Ja, ja, ja. (Mirándole con picardía). Vosté si que seica empeza a non andar moi corrente. Ja, ja, ja. (Lleva Ia botella, los dulces y Ia copa a Ia mesa). Xa non bebe mais. Tome padriño, aprovéitese.

T. Mingos

¿Gustoulle o viño? (A D. Camilo)

D. Camilo

E bô d' unha vez

T. Mingos

Pasa de dez anos que mo regalou un amigo.

D. Camilo

¿Pro ti non padeces de nada? (A Carmela)

Carmela

Non, nin m' acordo ter unha hora de mal.

D. Camilo

(Ap.) ¿Engañaríame este vello? (Alto) Dime Carmela ¿Teu padriño falouche algunha vez de casarte?

Carmela

Nunca, hastra hoxe que me falou do herdeiro do Peto, que dí que ven esta tarde a pretenderme.

D. Camilo

¡Vaites, vaites! Agora caigo na conta. ¿E ti que lle respondiche?

Carmela

Que perdían o tempo en vir por causa miña.

[p. 27]

D. Camilo

(Ap. pensativo). ¡Vel-o pillo d' o vello, como me quería engañar desacreditándome a afillada! ¿Pareceríalle pouca dote?...

Carmela

¿En qué cabila?

D. Camilo

En que non se han de rir de min, nin de tí, os do Peto, e agora mesmo vou a deixar cerrado o trato do teu casamento con Ramón.

Carmela

¿De verdá? (Muy contenta).

D. Camilo

Tío Mingos: Carmela fíxome pensalo millor e quero deixar o trato cerrado. Veña a mau dreita. Mañá pasaremol-a escritura e inda Ile darei dobre do que lle ofrecín.

T. Mingos

¿Dobre? (Mirándole asustado y con recelo).

D. Camilo

Si señor, dobre. (Le suelta Ia mano).

Carmela

¿Está contento? (AI tío Mingos casi al oido).

T. Mingos

Paréceme que está algo demáis (A Carmela a media voz). O qu' eu quero D. Camilo é qu' esta tarde faga o favor de darme os catro mil reás. Os demais non me corren tanta presa.

D. Camilo

Pois estando conforme, esta mesma tarde os terá. Hastra logo. Voulle dar a noticia a Ramón.

T. Mingos

Perdone que non-o acompañe. Non se m' olvide dos catro...

Carmela

Xa vai dito. (Tapándole Ia boca). Vaya engorde qu' esas escaleiras están moi escuras.

D. Camilo

Non hay coidado. Hastra logo.



ESCENA 18.

Carmela.—Tío Mingos.

Carmela Vosté é moi terque é moi machacón.

T. Mingos

Mentras non teña as mil pesetas de siñal non estou seguro.

Carmela

E vamos a ver, ¿qué Ile dixo de min a Don Camilo?

T. Mingos

Non falamos nada de ti.

Carmela

¿Cómo que non? ¿Logo, á que veu Don Camilo?

T. Mingos

Veu a mercarme o prado da Lamela. Dábame mil pesos por ela antes de ti chegar, pro dempois

[p. 28]




que falou contigo xa oíche que me ofreceu o dobre. ¿Notáchelle qu' estivese algo peneque?

Carmela

Ó pirmeiro non, pro dempois que bebeu duas copas comenzou a esvariar. (Cabilosa) Pro ¿non lle falou nada do meu casamento?

T. Mingos

¿Do teu casamento? ¡Él que ten que ver co-eso!

Carmela

¡Asús, que disgracia! Vosté tampouco concorda. Non beba mais. Vou saber que belén é este. (Se dirige a Ia puerta toda apurada).



ESCENA 19.

Dichos.—María Antona.

M.ª Antona  Xa sei todo, e veño darche un abrazo. (abrazando a Carmela que pugna por desasirse de ella).

Carmela

Déixame de lerias, muller.

M.ª Antona

Díxonos D. Camilo que quedaba o trato feito e todo arregrado.

Carmela

¿Qué trato nin que rairo? (Luchándo por salir). ¿Ónde queda Don Camilo?

M.ª Antona

Na aira, falando con Ramón.

Carmela

Vou tras d' él.

M.ª Antona

Alégrome moito. (Abrazándola).

Carmela

Que me deixes de lerias (Sale incomodada después de empujar a María Antona contra el tío Mingos, que se acerca a saber que hablan, tirando con éI cómicamente).



ESCENA 20.

Tío Mingos.—María Antona.

T. Mingos  Estame ben empregado.

M.ª Antona

Perdone que non foi adrede. (Ayudándole a levantarse).

T. Mingos

¿Pronde vai tan arroutada?

M.ª Antona

En busca de Don Camilo.

T. Mingos

¿De Don Camilo? (Con extrañeza) Non sei que contas tran os dous. Pero apropósito ¿por qué sa-

[p. 29]




cachel-a zoca pr-él cando eu entraba? ¿Qué modas son esas na miña casa?

M.ª Antona

Porque s' empeñaba en darme un bico e...

T. Mingos

¡Un bico! Cando él s' estrevía a tanto xa ti lle darías motivos, pois ninguén responde sin que o chamen.

M.ª Antona

Eu non lle din ningún. É él qu' é muy mal criado y-estrevido.

T. Mingos

Naide se mete co-a muller que se da a respetar, si non qu' estea tolo.

M.ª Antona

Estonces hay moitos tolos.

T. Mingos

As tolas sodes vosoutras, cando caedes na trampa da lisonxa dos homes que xogan co-a vosa vanidá. A muller xuiciosa sabe que cando da sorte da tamén permiso (1).

M.ª Antona

Tamén os hay moi terques e moscós e non val decirlles que non.

T. Mingos

Pouco importa decirlles que non si Ile lo decides rindo. Os homes fan mais caso do que facedes que do que Iles decides, e a Don Camilo nunca o tiven eu por pipiolo. Conque, que non che volva a soceder. (Tocan a misa) Parés que sinto tocar a misa.

M.ª Antona

Si señor.

T. Mingos

Pois vou a eia pouco a pouco. (Coge Ia capa de Ia baranda y se la pone).

M.ª Antona

Non vaya solo qu' inda está moi endebre e pode caer.

T. Mingos

Arrimado a este pau non teño duda, que a igresia está cerca. Ti fai axiña esas camas e amaña todo ben, porque hoxe agardo o herdeiro do Peto. Por si acaso se queda a dormir amáñalle unha cama no carto largo. Non te descoides porque poden chegar a cada punto. Si veñen antes de qu' eu chegue veremos que ben os recibes.

M.ª Antona

Perda coidalo que xa bulirei o que poida.
     
(Sale el tío Mingos).




[p. 30]


ESCENA 21.

María Antona.


M.ª Antona

Inda non tiven tempo a amañarme eu. (Saca del cofre un espejillo de mano, y se mira corriendo el pelo con saliva). ¡Jasús, como teño estes pelos! O do Peto ten sona de ser un gran herdeiro... Estou deseando saber que facha ten. ¡Vai levar un parchazo cando sepa que non o quere Carmela!... Parés que me pinta millor á cara o pano rubio. (Se pone al cuello un pañuelo encarnado, o rosa). Sí... Así estou millor. Non quero que me atope co-este mandil tan luxado! (Se pone otro). ¡Qué lástima que Antón sea probe! Porque, pra qu' hei decir, feo non-o é. Y-a ben prantado e xeitoso pro traballo non lle gana naide. Pero vólvese tan burranzán cando está xunto de min... Vaya, vou facel-as camas. (Va corriendo hacia el cuarto, pero de repente se para, como presa de una idea y va a mirarse al espejo y componerse a Ia luz de Ia ventana). Si lle gustara eu ó do Peto... xa qu' é tan boa comenencia...
(Se marcha cabilosa por la puerta del cuarto, dejando el espejo sobre Ia mesa).



ESCENA 22.

Antón, Manuel y el Chufón.

     (Entran primero Antón y luego el Chufón y Manuel).

Antón

Fagan o favor de sentarse. Coidei qu' estaría aquí o tío Mingos; pero vouno buscar que non ha d' andar lonxe.

Chufón

Non tomes presa nengunha.

Manuel

Si ves a afillada dille que suba co-él, que a quero ver.

Antón

Ese recado xa llo darei. Hastra logo (Vase).



[p. 31]


ESCENA 23.

Manuel.—Chufón.

Manuel Estou ardendo por conocela.

Chufón

E yo también.

Manuel

Todos me din qu' é moi boa moza e que aquí hay diñeiro largo.

Chufón

La plata nunca es tanta como sona.

Manuel

Debe ser moi aforradizo porque na casa non-o gasta. (Mirándolo todo).

Chufón

O que ten son buenos palleiros en Ia aira.

Manuel

Xa me dí meu pai qu' estes son moi bos bés.

Chufón

Veremol-a dote que Ile da á sobriña.

Manuel

Ti apreta o que poidas. (Miran por la ventana) Por todas partes acode xente pra misa.



ESCENA 24.

Dichos.—María Antona.

M.ª Antona Esquencéuseme o espello. (Corre a cogerlo sobre Ia mesa y pone a mirarse a él sin reparar en los huéspedes y de espalda a ellos).

Chufón

Chacho: ahí la tienes.

Manuel

¡Poida ser! (Se acerca a ella de puntillas).

M.ª Antona

Estou deseando velo (Componiéndose el pelo).

Manuel

¿De veras? (Casi a su oido)

M.ª Antona

¡Ay! (Asustada esconde el espejo).

Manuel

Non teña medo. (Riendo).

M.ª Antona

Non reparei en vostés e...

Manuel

Púxose colorada, pr' estar mais bunita.

M.ª Antona

Moitas graceas. Eso dimo porque estou diante ¿Vosté será Manuel do Peto?

Manuel

O mesmo, pra servir a Dios y-a vosté.

M.ª Antona

Alégrome de conocelo. Fagan o favor de sentarse que vou a decirlles ós tíos qu' están aquí.

Chufón

Ya va chamarlos el criado.

M.ª Antona

De calquer maneira tamén eu vou a chamalos: co seu permiso.

[p. 32]

Manuel

Faga o favor de agardar; pois quixera falar antes unha palabriña con vosté.

M.ª Antona

Como vosté queira; pero séntense si queren.

Manuel

Con moito gusto. (AI Chufón) Oye ti vay reparar como andan esas bestas e volve logo.

Chufón

Vou logo a velas. (AI oido de Manuel) Aproveita el tiempo porque la moza es como un sol. Da guenio verla. (A
María Antona) Hastra luego.

M.ª Antona

(Ap.) Seica me tomaron por Carmela. Vou seguil-a broma.



ESCENA 25.


María Antona.—Manuel


Manuel Non pensei de certo que viña ver unha rapaza tan garrida, tan xeitosa e tan churrusqueira.

M.ª Antona

Nín eu un bô mozo tan burlón.

Manuel

Dígolle a verdá, qu' inda nunca outra vin como vosté, e alégrome moito, porque xa saberá a que veño.

M.ª Antona

Algo me decato.

Manuel

Pois estonces non receará sentarse onda min e oirme duas palabriñas.

M.ª Antona

(Impaciente y cabilosa) Teño moita presa, que teño todo por facer.

Manuel

(Cogiéndola) Si non lle gusta a compaña...

M.ª Antona

Sentareime logo, pero moi pouco tempo. (Se sienta mirándole con zalamería, en un extremo del banco y Manuel va a sentarse a su lado). Por agora faga o favor de sentarse na outra veira... qu' eu ben oyo.

Manuel

Vaya logo. (Se sienta) Sinto moito ter que falarlle desde tan lonxe porque... non sei si nos oirá alguén.

M.ª Antona

Pode falar sin cuidado que non hay naide por aquí.

Manuel

Canto mais a miro mais me extraña que non quixera casarse antes (Desde este momento van acercándose uno al otro, en el curso del diálogo, hasta juntarse en medio del banco).

[p. 33]

M.ª Antona

 Xa ve hastra d' agora naide me quixo pr' eso. As probes temos pouca salida.

Manuel

(Ap.) ¡Qué pilla! ¡Cómo quer facerse a probe!

M.ª Antona

Con toda esta guapura que vosté dí, non se casaría por ela ninguén comigo. Os ricos buscan inda mais a riqueza na muller qu' os probes, y-o herdeiro do Peto non ha de ser menos.

Manuel

Pois xuro que me casaría con vosté anque non tivera un carto.

M.ª Antona

¿De veras? ¡Non-o creo! Esas pegas non se baixan a apañar estes garabullos.

Manuel

Pois logo ¿á que veño? A non ser qu' eu non sea do seu agrado...

M.ª Antona

Vosté pode gustar a calquer rapaza, inda non sendo o herdeiro do Peto.

Manuel

¿De verdá?

M.ª Antona

E tan de verdá. Xa o sabe vosté.

Manuel

Veña a mau direita. (Como ya están juntos se Ia deja coger).

M.ª Antona

Solte, hom, non ma aperte tanto.

Manuel

Non: agora que teño a groria na mau non-a solto. Seguiremos falando así, que nunca tan agusto estiven na miña vida.

M.ª Antona

¡Mintireiro! (Con picardía) En canto sepa que son probe xa non lle hei de parecer tan bonita. Solte, solte. (Lucha por soltarse).

Manuel

Non-a solto, nin quero que me trate de vosté.

M.ª Antona

¿Pro non reparas que pode vir alguén e collerme así contigo?

Manuel

O mesmo me dá. Así viñera o tío Mingos, que mais antes trataba co-él o noso casamento.(Quiere abrazarla y ella se separa levantándose).

M.ª Antona

Por agora é cedo. Deuche moi de presa ese cariño.

Manuel

¡Logo non me queres! (Levantándose).



ESCENA 26.


Dichos.—Antón.


     (Aparece Antón en Ia puerta y se detiene sorprendido al verlos y escucha lo que sigue, todo ansioso).
M.ª Antona  Si hom, si, quérote; pero xa che dixen que son probe, e penso que t' estás burlando de min.

Manuel

Non é burla: anque seas tan probe como as arañas xúroche que me hei de casar contigo. E sinon ás probas me remito. Vamos xunt' o tío Mingos.

Antón

O tío Mingos vai na misa.

M.ª Antona

(Ap.) ¡Qué vergonza! (Alto) Hastra logo Manuel, teño moito que facer. (Huye por Ia puerta de Ia escalera).

Manuel

Tamén eu vou logo a misa. (Se va detrás).

Antón

(Queda solo, mirando a Ia puerta). ¿Serán todas o mesmo? Verdá é que nunca lle falei craro. Pro d' hoxe non pasa y-esa muller será miña... ou de naide. (Con desesperación). ¡Qué desgraciado son! (Se sienta en el banco apoyando los codos en Ia mesa y Ia cabeza entre Ias manos).






TELÓN RÁPIDO



1. Dar sorte. En Lugo significa hacer caso.

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega