O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. I)

Páxina Anterior

(De "3.7.3-4. Obxectivos pesqueiros [...]" a "3.7.6. Programa Xurídico e Administrativo")

 

v3xaviercastroencrucillada015.html




3.7.3-4. Obxectivos Pesqueiros e postura do P.G. verbo desta problemática:

     Para situar brevemente a cuestión, digamos que por estes anos a pesca galega presenta unha doble vertente. En efecto, existe un tipo de pesca artesanal, de baixura, e outro de gran altura, realizado nas costas de Irlanda, con modernas embarcacións propulsadas por motores Diesel (269).
     O P.G. adica un apartado do seu programa (o V) ó «Fomento Pesqueiro». No punto 1.° se pronuncia polo «Retorno os principios colectivistas tradicionaes no réxime económico da pesca galega, por vía da cooperativa específicamente peixeira con ourentación técnica e social» (270).
     Ollamos como quere o P.G. que continúe o espíritu de explotación comunitaria dos recursos pesqueiros —con enraizada tradición en Galicia, especialmente no subsector marisqueiro— pero canalizandoo ó traveso da fórmula cooperativista. Solicitan en segundo lugar a creación de piscifactorías para a repoboación dos ríos, e repoboación, asimesmo, das rías con especies sedentarias, industrializando o seu aproveitamento. Maior trascendencia tivo o punto 5.°) referente á creación de grandes portos pesqueiros o pequenos portos de refuxio. O tema motivou máis dunha intervención dos parlamentarios galeguistas. Especialmente tratou o tema Picallo (non en balde era oriundo da vila mariñeira de Sada); decía este (271) que entre as obras públicas que era oportuno facer figuraba a construcción de portos de refuxio pesqueiro, necesarios para protexe-las pequenas embarcacións e tamén as casas dos mariñeiros. Volvendo novamente sobre o tema noutra actuación parlamentaria (272), explica que había en Galicia, en 1933, 119 portos abandonados con expedentes no Ministerio recabando obras de abrigo e refuxio, dos que soamente o de Malpica obtivera satisfacción. Argumentaba que a situación en que estaban facía que os temporais arrincaran as embarcacións pola noite dos seus fondeadeiros e as escachifaran contra das rochas. Ainda que non se esquece dos grandes portos pesqueiros (273) de Galicia, sostén que son prioritarias as pequenas obras de refuxio, e non só por perentorias razóns de seguridade, senón tamén por motivos económicos, dado que un porto galego de 7.000 habitantes producía un rendemento económico de 3 millóns de pts. anuais. Pide ademais o establecemento dun plan de obras portuarias da mesma maneira que existía un plan de embalses.
     Semellante importancia estivo chamado a ter o ponto 7.°) e derradeiro, no que se postulaba a creación de Escolas de Pesca, dun Laboratorio costeiro e de Estacións meteorolóxicas e radiotelegráficas. Dicía a este respecto Picallo (274), en 1933, que Galicia, aportando o 75 % da producción pesqueira española, non tiña ningunha escola de pesca, a excepción dunha que viña de fundarse en Cangas, polo esforzo particular do mestre Felipe Carnicer, feita mercede as súas xestións ante a Deputación e o Axuntamento; ensinábase nela oceanografía, piscicultura, bioloxía mariña e cuestións tales como componer as redes e as velas das embarcacións. Solicitaba axuda económica para ela por considerar insuficiente a consignación de 1.000 pts. concedida pola Subsecretaría de Marina civil. Consideraba Picallo que no litoral galego facían falla catro ou cinco Escolas de Pesca que serían complementadas con ensinanzas especiais, dadas por técnicos en problemas pesqueiros.
     Hai que engadir a isto que, dende Rianxo, o galeguista Bieito Rial propuxo a creación dunha «Misión Biolóxica do Mar» (275). Tamén a IV Asamblea do P.G. aprobou (276) a proposta de Manuel R. Castelao, do Grupo de Rianxo, de insertar no apartado programático que estamos a analisar, tres novas cuestións. Referíase a primeira ó establecimento dunha lexislación especial para pesca costeira e outra para a da ría, entendendo que dadas as peculiaridades que presentaban cada unha de elas, era comenente o deslinde. Aludía a segunda á comenencia de considerar as rías como grandes comarcas naturais, debéndose crear organismos especiais para o seu aproveitamento e vixilancia. Estes organismos debían ter unha composición en parte técnica, en parte representativa (quere isto dicir que os Axuntamentos da ría debían elexir, mediante votación ós seus representantes), e o seu cometido tería de ser a vixilancia, información e encauzamento de tódolos asuntos referentes a cada ría, tales como obras do porto, repoboación, sistemas pesqueiros, artes, etc. A terceira cuestión, en relación estreita coa anterior, consistía na petición de que foran exoneradas as Comandancias de Marina das suas atribucións en materia de pesca, trasladandoas ós organismos anteriormente expresados. En efecto, reiteradas vegadas, o P.G. censura ás Comandancias pola sua ineficacia á hora de facer compri-la lexislación pesqueira, tildandoas ademais de neglixentes e burocráticas. Picallo revela nas Cortes (277) a desconfianza que ó seu partido lle merecían os organismos pesqueiros que subsistían do vello réxime, agardando ainda algo da Subsecretaría da marina civil, por mor de ter sido creada pola República. Denuncia a falla de vixilancia e protección das pesqueirías galegas, o cal tiña nefastas consecuencias por obra dos arroaces e dos dinamiteiros. Estaba bastante extendida a utilización da dinamita como contundente e estragador procedimento pesqueiro; a combatir e denunciar este feito adicou o valioso periodista, afiliado ó P.G. en Bueu, Xohan Carballeira, gran número de artigos en «El Pueblo Gallego» . Polo demais, na IV Asamblea do P.G. presentouse unha proposta na que se pedía a reprobación dunha lei que se vira de promulgar permitindo a pesca cos aparellos de arrastre denominados: «bous», «boliches», «jábegas» , «rapetas» , etc. (278).
     Un dos problemas que revestiu maior envergadura no período estudiado, foi o dos stocks, especialmente de sardiña. Novamente é Suarez Picallo quen no Parlamento dilucida a custión (279). Aduce que o tema era sumamente preocupante por afectar a cento e pico mil familias pescadoras galegas, que vían descender progresivamente a cotización do cesto de sardiñas: 57 pts. en 1930, 21,80 pts. en 1931, 17 pts. en 1932 e ¡oito pesetas en 1933! O problema era de falla de mercados, afectando tamén gravemente a crise da industria conserveira, que tiña a sardiña como unha das suas principais materias primas. A crise afectaba tamén á industria do salgado, habendo problemas para vender a producción de sardiñas salgadas, das que, en 1928, Vigo exportou caseque a coarta parte do total exportado por España (485.000 kg. dun total de 2.000.000 de kg .) (280). Dábase a paradoxa de que sendo no ano 1932 abondosa a producción sardiñeira das rías, reinaba autêntica fame en moitos fogares mariñeiros, porque a contracción do mercado era incapaz de absorbelos excedentes. A comenzos de 1935 agravouse a situación por causa de que as Cortes aprobaron unha lei que rebaixaba grandemente os dereitos de importación da sardiña portuguesa que facía a competencia á galega (281), e en consecuencia constreñíronse ainda máis os mercados ós que se exportaba (282). Esta situación fixo que se incrementara a utilización deste peixe como abono agrícola. En efecto, sobre todo no litoral, usábase o peixe salgado como adubo, especialmente para a producción de patacas e de mainzo, con bo resultado práctico. A vista desta situación, o P.G. propugnaba (283) a constitución nos portos pesqueiros, de almacéns-depósito de peixe salgado, nos que gardar o sobrante nos días de pesca abondosa, de modo que se evitase a súa venda a baixos precios que enriquecía ós acaparadores, e que asimesmo se poidese vender no inverno, ou na época da sementeira como adubo, sustituindo ós sulfatos e potasas de importación que xa se empregaban en determinadas zonas. En maio de 1936, a iniciativa do alcalde galeguista de Bueu, Xohan Carballeira, convocouse en Vigo unha xuntanza de fabricantes de conservas, exportadores de peixe e mariñeiros, para trata-lo grave problema da depreciación da sardiña, chegándose a un acordo provisional, que tería de contribuir a solucionar en parte a cuestión (284). De todas formas o acordo foi só un paliativo e a crise continuou. Pero non só tiña problemas de comercialización a sardiña. Tamén as anchoas en salazón, segundo revela Picallo (285), estaban almacenadas dende facía cinco anos por non teren saída. Pero non todo foi adverso. Nos anos trinta recuperouse a pesca tradicional do bacallao (que tan importante papel comprira na dieta humana de Galicia, especialmente nos días da Coresma) en caladeiros remotos, que fora perdida a raiz da independencia dos EE.UU. e a decadencia do imperio colonial español (286).
    
No tocante ó marisqueo, Bieito Rial, salienta (287) problema dos intermediarios e da falla de vixilancia. Cita o caso da ría de Arousa na que se collía traballosamente a ameixa turrando dun longo varal que rastrexaba os fondos. Este marisco permitía unha fácil exportación por conservarse vivo en seco durante oito ou dez días. A falla de estadísticas, calculaba en 4.000 pts. diarias os beneficios da venda das ameixas, das cales 1.000 serían para os mariscadores e 3.000 para os intermediarios. Facía notar, ademais, que por mor da neglixencia da Comandancia de Marina producíanse grandes perdas por inobservancia das vedas e por se tolerar o uso de pequenas crías de cangrexo machucadas como carnada.
     De tódolos xeitos a actividade marisqueira actuaba como un paliativo frente a crise económica que afectaba ós sectores da economía galega que, como o da pesca ou o madereiro, estaban insertos no mundo do mercado e do capitalismo, e operaba ademais como un amortiguador das tensións sociais. De feito, segundo nos informa «A Nosa Terra» (288), na ría de Vilagarcía moitos homes arruinados pola crise madereira (do piñeiro moi principalmente) evitaban a fame adicándose ó exercicio do marisqueo. Tamén verbo do marisqueo pedía Picallo (289) que os pescadores tiveran un papel na vixilancia das rías. E cita o exemplo do seu benfacer en Arcade e Ponte Sampaio, onde existía un viveiro de ostras colectivista, reglamentado polas Sociedades obreiras, do que ninguén podía sacar a diario nada máis que unha determinada cantidade de ostras para repartir así equitativamente os beneficios e evitar, ademais, que non se esgotara ese «tesouro» das rías.
     Para rematar mencionemos o problema do transporte do peixe. Xa no mes de outono de 1931, unha comisión de representantes das industrias pesqueiras dos portos galegos visitaron en Madrid diversos organismos, solicitando melloras por parte das compañías ferroviarias, que o traslado do peixe se fixera en vagóns frigoríficos e, asimesmo, a supresión da sobretasa que cobraba a Compañía ferroviaria do Norte (290). Suarez Picallo, en interpelación parlamentaria (291), alude ás dificultades que atopaba o peixe fresco galego que se exportaba por tren ás principais cidades españolas.  Refire que o custe do transporte dun vagón de peixe fresco dende Vigo ó centro de España tiña un precio catro veces superior que o doutro producto calquera, por ter unha prima en contra. Polo demais, namentras que en Francia os trens de peixe fresco tiñan preferencia para pasar dediante de calquera outros, en España tiñan a sardina fresca 24 horas agardando enlaces ferroviarios e outros entorpecementos.
     Sinalemos, tamén, que cando o P.G. se decanta cara a esquerda radicaliza as suas posturas e pide, non só melloras técnicas e solucións a problemas de contido nidiamente interclasista, senón tamén resposta a acuciantes problemas populares, p.e.: «medidas que defendan aos nosos pescadores da explotación pol-os intermediarios» (292).



3.7.3-5. Obxectivos Forestais do P.G. e postura ante a problemática xeral dos montes:

     O P.G. reclama no seu Programa a creación de centros técnicos de investigación e experimentación forestal. Fai unha énfase moi especial na necesidade da repoboación forestal intensiva dos montes comunais que quere que sexa levada a termo polo poder político galego; no que respecta ós montes de propiedade privada pronúnciase pola sindicación forzosa a fin de posibilitar a repoboación.
     Ollamos eiquí o pertinente distingo entre montes privados e comunais. Demos unha somera información sobre estes últimos (293); seguindo a García Fernández, temos que os montes comunais non foron afectados pola desamortización, debido á maneira tan peculiar en que esta foi levada a cabo en Galicia, permanecendo así unidos á economía campesina da mesma maneira na que estiveran durante varios séculos. En efecto, ó venderse, non as terras que tiñan pertenecido ás entidades eclesiásticas, senón os dereitos de foro, evitouse que os montes saisen a subasta como aconteceu noutras rexións, e fosen así enaxenados. Como os montes estaban unidos, mediante os foros, ós casais ou unidades de explotación, considerouse que formaban parte deles, e que, como sobre os montes existían xa uns dereitos —os do dorninio útil— debían ser inalienables. Deste xeito, foron exceptuados da desamortización en canto tales montes, e entraron dentro dos dereitos de foro que se enaxenaron. A función do monte non variou, pero sí que cambiou, pola contra, a sua propiedade. Axiña considerouse como algo propio do dominio directo, é decir, unha propiedade dos donos dos casais, foran éstes campasinos ou non. A súa sorte foi idéntica á do terrazgo: da pertenencia de mosteiros e igrexas pasou ó dominio de xentes alleas ó campo. A súa propiedade, que denantes estaba concentrada en moi poucas máns, quedou esmigallada nun número moito maior de persoas. Pero houbo unha diferencia entre os montes e o resto dos bens que foron desamortizados: nos montes, a superficie que se atribuíu ós novos foratarios non foi precisada, do mesmo xeito que non o estaba tampouco denantes da desamortización. Os novos donos do monte mantiveron a súa propiedade en pro indiviso. En realidade, o que obtiveron os compradores de foros non foi a propiedade dos montes, senón uns dereitos na propiedade do monte, que eran, como antano, proporcionais á superficie de terra cultivada de que dispuñan os casais e casas de labranza. Os montes non se dividiron ó trocar de propiedade xustamente por terse conservado o réxime tradicional de teñencia da terra. Para os novos detentadores dos foros, ó non explotaren directamente o terrazgo, e non poderen ademais arredar os montes do labradío, carecía de interés. Eran uns meros perceptores de rendas, e os dereitos que tiñan ó monte repercutían nelas. Para os campesinos tampouco tiña ningún aliciente semellante división naquel momento. Dado que o seu valor estaba cifrado unicamente nas colleitas de cereais que podían obter cun sistema de longas barbeiteiras, o mellor xeito de aproveitamento era o que se tiña realizado sempre. Por iso ós montes, se lles seguiu denominando «montes de man común». Noustante, endexamais foron considerados como unha propiedade comunal, senón máis ben, de aproveitamento común, por entenderse que a propiedade seguía estando nas máns dos donos dos casais, como antes perteneceran ós mosteiros. A organización do seu aproveitamento non quedou vencellada ós Axuntamentos, senón que se confiou ós vecinos de cada aldea que dentro da súa xurisdicción tiñan os seus espacios propios e privativos. Eran chamados «voces», ou « senaras», que se consideraban incluidos nos montes da parroquia, pero que eran de aproveitamento exclusivo dos campesinos de cada lugar, sen que os das restantes aldeas tiveran ningún dereito sobre eles. En síntese, os montes tiñan categoría dunha propiedade privada que pertenecía ós donos da casa de labranza, os cales a mantiñan en pro indiviso, como partícipes dela, sendo o seu usufructo entregado, en gran número de casos, ós veciños labradores de cada lugar. Velaí a denominación tan usual de «montes de veciños».
     Otero Pedrayo nun discurso parlamentario (294) amosábase contrario á idea do reparto dos bens comunais e de propios. Razonaba que existían en gran cantidade, estando moitos deles en plena producción; tanto era así que había Axuntamentos que pagaban caseque todas as súas cargas co producto das herbas e madeiras dos seus montes comunais. Esta arela viuse satisfeita ó quedaren exceptuadas da lei de reforma agraria de setembro de 1932 as terras comunais, entre outras. Agora ben, a súa negativa a que fosen parcelados, complementábase coa petición de que foran intervidos polo poder autónomo, polos Axuntamentos, ou por calquera outra institución, coa ollada posta en que foran explotados dun xeito moderno e rentable.
     Portela Valladares (295) alude ó problema de que o Estado atribuíase indebidamente a propiedade de montes sen reparar nos títulos que pobos e particulares ostentaban. Elo obrigaba a que se tivesen que seguir inacabables expedentes para reivindicalos, e ó cabo enguedellarse en pleitos contenciosos contra sistemáticas resolucións adversas a tales expedentes.
     Polo demais, na etapa do segundo bienio, aconteceu que algúns alcaldes designados gubernativamente, enaxenaron montes comunais ó Estado. Tal fixo o alcalde do Grove cos montes de A Toxa (296).
     Os galeguistas asignábanlle un importante papel á repoboación forestal no rexurxir económico de Galicia. Suarez Picallo levou a solicitude ó Parlamento (297), lembrando a intensa obra de repoboación de montes que estaban adicados ó pastoreo e ó estrume con baixa rentabilidade, levada a cabo no período da Dictadura por Daniel de Ia Sota ó frente da Diputación de Pontevedra. Repoboaronse, así, na provincia de Pontevedra máis de 6.000 hectáreas en somentes 5 anos (298), cando —aduce Picallo— o Estado Español, cos cuantiosos recursos económicos e técnicos de que dispón, repobou en corenta anos 1.500 hectáreas nada máis. Isto abría, a xuicio do diputado galeguista, unhas perspectivas extraordinariamente boas para a obra do goberno autónomo. Quéixase Picallo de que a República non pulase a repoboación, por falla de recursos, quedando interrumpida a de Pontevedra, no poidendo levarse a efecto o proxecto que tiña a provincia da Coruña, e quedando tamén paralizada a iniciativa na de Lugo.
     Unha das bandeiras máis caras ó P.G. foi a dos agravios comparativos. Así, en 1935 protesta (299) de que o Goberno acordara adicar 2 millón de pts. a repoboación forestal en Andalucía, para paliar o paro e a fame que alí agudamente se rexistraban. E queixábase porque a Galicia non se lle concedera outro tanto, argüindo que as mencionadas lacras afectaban tamén a Galicia.
     En canto poden os galeguistas aproveitan os resortes a súa disposición para emprender a repoboación. Así o fixo Daniel Calzado, alcalde galeguista de Tomiño, que repobou os montes que eran propiedade do Concello, deixando así de estaren ermos e improductivos (300).
     Esta ansia repoboadora explícase polas posibilidades económicas tan grandes que tiña Galicia, dada a súa idoneidade para o cultivo desta materia prima. Vexamos brevemente como foi que se escomenzou a sentir esta arela forestal. Segundo García Fernández, dende o momento en que os modernos medios de transporte (ferrocarril e navegación a vapor) puxeron a Galicia en doada comunicación con outras zonas, a orientación dos montes cara a producción de madeira atopou un estímulo como endexamais tivera. A escasa aptitude madereira da vexetación dun territorio esencialmente mediterráneo, como é o Español, e a intensa deforestación que tiñan experimentando por elo as áreas do dominio peninsular Atlántico, fixeron que ó configurarse unha economía moderna, a satisfacción dunha demanda madereira adquirise particular urxencia. A solución ó problema, como ocurriu co abasto de productos gandeiros, percurouse naquelas zonas máis idóneas polo seu clima máis húmido. Esta circunstancia supuxo unha excelente conxuntura para os montes de Galicia. A demanda xeral do país, acentuada eiquí por outra local, que xenerou a actividade pesqueira, proporcionou un gran aliciente á explotación forestal; as favorables condicións ecolóxicas fixeron o resto.
     No Programa do P.G. figura tamén a cración dun seguro forestal e o establecemento e fomento de zonas de pastoreo. Compre ter en conta que o monte galego aparece como unha continuación do terrazgo, e como o terrazgo ten unha significación polivalente (301): suministra madeira, proporciona colleitas de cereal para a alimentación familiar, é o principal elemento na producción do esterco (ó traveso do toxo, indispensable para o estrume), e ademais contribúe a alimentación do gando. Por elo comprían amplas extensións de pasto para poder alimentar a importante cabana gandeira, que era un dos principais recursos económicos de Galicia. Por outra banda, a crise económica afectaba non só a exportación de carne senón tamén ó sector madereiro. Xa en 1932 o «Sindicato de Aserradores de Málaga», que todo parece indicar que estaba afiliado á C.N.T., amenaza con opoñerse á descarga de madeira galega, o que motiva a protesta do P. G.(302). O ano seguinte Suarez Picallo pide nas Cortes (303) protección para a riqueza madereira de Galicia, os pinos especialmente, sobre todo porque: «El pino en Galicia, el pequeno pinar, es para el campesino caja de ahorros» (304). Denuncia a competencia que sofría a madeira galega pola importación sen control de productos extranxeiros, singularmente do Norte de Europa. Concretamente con márchamo finlandés entraba por Valencia, para ser empregada no envase da froita, e entraba tamén polos portos de Andalucía para outras cousas, madeira que viña a precios de «dumping». Engade noutra intervención (305) que as madeiras importadas proviñan de Suecia, Noruega e Rusia, introducidas polos portos de Vigo, Coruña e Pasaxes, e tamén de Francia e Portugal (por Irún e a fronteira salmantina). Este tipo de importacións facíase sen que houbera ningún tipo de regulación e gravitaban pesadamente sobre a economía galega, pola falla de demanda que xeneraban. Aporta datos concretos sobre a caída dos precios:

                                             m2 «machiembrada»                m3 en bruto
1931  3' 40 pesetas  110 pesetas
1933  2' 50 pesetas  80 pesetas

     En setembro deste mesmo ano, «A Nosa Terra» alerta (306) de que o goberno pretendía concluir un tratado con Rusia para importar madeira que, de firmarse, «arruinaría» a producción madereira galega, ademais de provocar unha gran depreciación que faría por ende inviable a repoboación forestal. O P.G. estaba especialmente alarmado polo ambiente de desmovilización e frustración que se rexistraba no país galego, en setembro de 1933, a todas luces impropio para dar unha resposta ante o que consideraba unha agresión económica. Tanto era así que Galicia nin siquera enviou representantes a Asamblea de municipios forestais que se celebrou en Cuenca.
     Un caso particular de crise era a que afectaba ó castiñeiro, pois o dito anteriormente está fundamentalmente referido ó piñeiro. Tiñan moitos castiñeiros a enfermedade chamada de «tinta» (fungos denominados científicamente «Phytophtora cambivora» e «Phytophtora cinnamomi») que escomenzou a atacalos a partires de 1875. O clima húmido e as temperaturas soaves favoreceron a propagación da doenza en Galicia a tal punto que quedaron destruídas as nove décimas partes dos castiñeiros galegos, desaparecendo por completo nalgunhas comarcas. O perxuicio que supuxo para a economía galega foi moi notable dado o papel que as castañas desempeñaban na alimentación humana. Foi esta unha das causas que influiron decisivamente na adopción da pataca como alimento primordial (307). Pois ben, no período republicano a tinta seguía asolando ós castiñeiros e Suarez Picallo recrimina (308) ó Goberno co gallo da neglixencia posta de manifesto polos técnicos do Ministerio de Agricultura para remediar este mal. Censura a súa pasividade namentras era exterminada unha especie que ocupaba un importante renglón na economía forestal de Galicia. Consideraba grave que sobor desta cuestión non existira estudio ningún a non ser un traballo publicado por unha revista dunha institución privada, concretamente os «Arquivos do Seminario de Estudos Galegos». Tamén a Misión Biolóxica investigou a enfermedade logrando certos resultados, hibridando o castiñeiro do país co do Xapón que é immune á tinta (309).
     Polo demais entendía o P.G. que sería proveitoso o desenvolvemento da arboricultura, dos frutais especialmente, para a cal Galicia reunía óptimas condicións.



3.7.3-6. Obxectivos do P.G. no sector industrial e postura encol desta problemática:

    
Galicia ten na etapa republicana unha estructura económica basicamente precapitalista, cunha agricultura orientada fundamentalmente ó autoconsumo e cun sector industrial moi cativo e desvertebrado, tanto sectorial como territorialmente. Esta realidade determinou que a crise económica dos anos trinta repercutira en Galicia menos que en outras áreas peninsulares. De tódolos xeitos, a crise chegou e deixou unha impronta ben perceptible. E chegou porque, a pesares do atraso económico e industrial, Galicia estaba xa inserta no universo do mercado. En efecto, xa temos visto como o sector primario presentaba un carácter híbrido: a agricultura de policultivo de subsistencia e maila pesca artesanal, complementábanse con sendas facianas mercantiles, constituídas pola exportación de carne nun caso, e de peixe no outro. A Exportación deste producto facíase con moi pouco valor engadido, salvo no caso dalgunhas especies de peixe (como a sardiña) que era sometida a un proceso de manipulación industrial nas fábricas conserveiras. O sector exportador, que debruzaba a economía galega no sistema capitalista (dada a sua orientación cara o mercado) e que era compatible coa febleza dos asentamentos industriais, completábase con outros dous «productos»: a madeira, por suposto sen transformar, e a forza de traballo. Eis o endémico problema de emigración, como consecuencia de todo o anterior. O emigrante abandona Galicia practicamente sen cualificación profesional, cando non sen saber ler nin escreber (310).
     A febleza da industrialización galega levaba aparellada unha cativa tasa de asalarización. E non era só que fosen poucos os traballadores asalariados, senón que nunha parte considerable distaban de ser traballadores puros: eran matade labregos e metade obreiros, é decir, simbióticos. Mostras palpables disto témolas nos operarios da vía do ferrocarril, que eran certamente moitos na etapa republicana, e en determinadas fábricas nas que, ó chegar o vran, suscitábase o problema de que os traballadres as abandonaban para se adicaren ás labouras do campo, tornando novamente ás factorías no outono. Esta peculiar idiosincrasia da forza de traballo galega, moi característica, por outra banda, das sociedades en transición (310 bis) debeu favorecer o achegamento entre as sociedades agrarias e os sindicatos obreiros, da existencia do cal vencello temos constancia documental, non sistemática, pero sí indicativa e elocuente.
     O programa industrial do P.G. e brevísimo e por ende deslabazado (non hai un apartado especificamente adicado á industrialización). Interesa especialmente ó partido que estamos a estudar a protección a certas industrias. En primeiro termo á industria madereira (311). Esta petición de proteccionismo non quedou en mera declaración programática, senón que do mesmo xeito que as restantes, foi levada ó parlamento polos diputados galeguistas. Suarez Picallo (312) expón en 1933 que máis do 50 por cen das fábricas madereiras tiveron que parar, por falla de demanda, dada a competencia exercida no mercado español polas madereiras extranxeiras importadas. E das que continuaban en activo, ainda prescindindo do 80 por 100 dos obreiros ós que denantes daban traballo, non tiñan suficiente emprego para os obreiros restantes, reducindose a semana laboral a tres días. Delo derivábanse duas secuelas obvias. En primeiro lugar, nos lugares onde existía abundancia de piñeiros, a madeira estaba arrumbada e botándose a perder. En segundo termo, acontecía que unha gran cantidade dos traballadores galegos, que vivían desta industria e da preparación da madeira, traballaban na sua terceira parte e a razón de tres turnos por semana, co cal agravábase o problema do paro obreiro, especialmente en Vilagarcía e noutros lugares de Ourense, Lugo e A Garda.
     Pedía o P.G., tamén, protección para outro sector afectado pola crise, cal era o da industria pesqueira e conseveira (313); solicitaba asimesmo amparo para as novas industrias adicadas á grande pesca e desgravación arancelaria das materias primas das industrias pesqueira e conserveira.
     Segundo o economista Nogueira Román (314), o sector industrial pesqueiro aparece en Galicia no remate do século XIX. Consta da conserva de peixe e dos servicios industriais relacionados coa pesca, así como dos asteleiros adicados a construcción deste tipo de buques. A aparición deste sector está vencellada co descobrimento en Francia da esterilización de alimentos en recipientes herméticos, coa tradición pesqueira e máis tamen coa existencia de multitude de fábricas de salgazón, sendo os cataláns quen primeiro principiaron estas manufacturas (Curbera, Massó, Albo, etc.) (315).
     Segundo Barreiro Fernández (316), en 1931 Galicia posuía 178 fábricas conserveiras, 384 de salgadura e 164 de escabeche; en conxunto representaban o 34 por cen do total español. Producíanse 22.971.355 Kgs. de latas, o que significaba o 53 por cen de toda a producción española. Exportábanse para o extranxeiro conservas por valor de 15.018.700 pts., e neste sector atopaban ocupación directa ou indirectamente 80.000 persoas.
     O encargado de tirar a colación a cuestión nas Cortes é unha vegada máis Ramón Suarez Picallo (317). Manifesta que a crise conserveira de Galicia é excepcionalmente aguda por causa do cerre dos mercados, especialmente os americanos. Xa ó escomenzar o ano 1931, Arxentina, que era un dos principais mercados, aumentou ó cuádruple a súa tarifa arancelaria, facendoa prohibitiva. Deste xeito a conserva da sardiña que era antes un producto de consumo popular, pasou a convertirse nun artículo de luxo. Ante este estado de cousas, os conserveiros galegos dirixíronse ó Goberno provisional para que se fixeran xestións diplomáticas ante os gobernos americanos de xeito que rebaixaran os aranceis, que entendían que non estaban xustificados, xa que as conservas galegas non debían competir alí con ningunha clase de artículo similar da sua producción nacional. A todo isto Picallo dí que non se coñecia ningunha xestión feito polo Goberno en tal senso, en tanto que a crise seguía agravándose repercutindo nos pescadores, que vían baixar aceleradamente os precios do peixe, e moi especialmente da sardiña.
     Os valados aduaneiros erixidos polos gobernos americanos se
guiron dificultando a colocación das conservas de peixe galegas neses mercados ó traveso de todo o período republicano. Sabemos que en maio de 1936 os mandatarios mexicanos sobiron o arancel, resultando afectados varios productos españois, e entre eles as conservas (318).
     A tenor da información suministrada por «El Pueblo Gallego» (319) temos que os principais mercados para a exportación das conservas galegas eran, amais dos americanos xa mencionados, Italia, Arxentina e Francia, por este orde. Os gobernos destes dous últimos paises non tardaron en adoptar medidas proteccionistas que fixeron cundir a alarma no litoral galego. A industria conserveira galega acadara un elevado degrao de perfección técnica que a facía competitiva no mercado mundial. A capacidade exportadora era grande: en 1928 dos 14 millóns de Kgs. de sardiña en conserva exportados por España, caseque a metade proviña de Galicia (seis millóns e medio de Kgs.). Nese mesmo ano, Vigo exportou 7 millóns e medio de Kgs. doutras conservas de peixe, do total de 19 millóns e medio de Kgs. remesados por España.
     O goberno francés, adoptando o reflexo proteccionista con que tódolos países industrializados trataban de defenderse nos anos da Gran Depresión, sinalou un cupo no continxente de importación da sardiña en conserva que resultaba moi perxudicial para a industria galega (320). Picallo pide ó Goberno que abra mercados a conserva galega censurando a súa ineficacia e pasividade. Resulta que as conservas portuguesas tiñan maiores facilidades de exportación tanto en Francia como en Alemania, onde a mediados de 1935 se lle fixera un pedido enorme ó país luso. O P.G. pide que o Goberno español actuase tomando exemplo do portugués (321).
     Fai tamén fincapié este partido (322) no perxuicio que para a industria pesqueira de Galicia supuña o arancel que gravaba a importación de carbón inglés, obrigando a industria pesqueira a que consumise unha determinada cantidade de carbón de Asturias «con enorme sobreprecio y con una detestable calidad» (323). Concretamente os pesqueiros tiñan que queimar nos seus vapores un vinte por cen de carbón asturiano que era caro e levantaba pouca presión. De parecido proteccionismo gozaba o aceite de oliva, de xeito que os conserveiros tiñan que empregar «velis nolis» o devandito aceite, a pesares de serlle máis comenente, para algunhas clases de conservas, o de sementes.
     A política arancelaria era ademais adversa na medida en que gravaba a importación dun producto tan esencial para a industria conserveira como era a folla de lata (324).
     A protesta por mor da falla de preocupación gubernamental pola promoción da conserva galega nos mercados internacionais, volve a reiterarse no segundo bienio, sendo así unha constante de todo este período (325). E a falla de interés sumábase, ó dicir do P.G. a discriminación: das primas que reparteu o Goberno en 1935 para combatir o paro obreiro, algo lle tocou ós conserveiros, pero non ós galegos, o que motivou a protesta da « Federación de Fabricantes de Conservas de Galicia» quen aducíu que o paro rexistrado neste sector no país galego era especialmente grave, do que daba idea o feito de que fosen 15.000 os asalariados que dependían da
Federación (326).
     Estaba ademais o problema dos transportes. Facía notar Picallo nunha das suas intervencións parlamentarias (327), que custaba máis trasladar as conservas de peixe galegas dende Vigo a Cádiz ou Barcelona, que a Bos Aires ou Estocolmo, dada a lentitude e carestía do ferrocarril.
     A industria da construcción naval pasaba tamén por un dificil trance. Tomando conciencia da gravedade do problema, Suarez Picallo require (328) a axuda do Estado non sen antes xustificar a petición de construcción de novos buques de guerra en aras dos intereses dos traballadores afectados pola escasez de traballo, deixando ben sentado que el, e o P.G., ó que perteñecía, eran pacifistas e mesmo tamén «profundamente antimilitaristas», e que estaban en todo de acordo co principio constitucional segundo o cal España renunciaba á guerra como instrumento de política internacional. Razona que O Ferrol, principal asento deste tipo de asteleiros, foi unha cidade creada polo Estado e para o Estado dende os tempos de Carlos III; explica que traballaban nestas factorías navais ó servicio do Estado varios miles de traballadores especializados que se verían inexorablemente abocados á fame ou á emigración, e a adoptar conseguintemente a actitude airada do proletariado doutras rexións que o P.G. non desexaba, se o Goberno non incluía nos presupostos de Mariña para 1932 unha partida adicada a financiar a construcción de máis barcos de guerra. Picallo volve a tocar novamente o tema co gallo da discusión parlamentaria dos presupostos de Mariña do ano seguinte (1933). Con manifesto idealismo sostén que en España, como tampouco en Europa, podería haber guerras:

«pues aunque quisieran que las hubiera los que se lucran de ellas, sería impedido por los que siempre resultan sus víctimas [...], por las clases trabajadoras, por los pueblos puestos en pie.»

     Claro que isto non o levaba a soster a tese de que se abandonara todo o meterial bélico que o Estado posuía en condicións utilizabeis. Contradicindo o que afirmara na anterior alocución, referente a petición de que fosen creados novos buques, agora, madurecida a cuestión, dí non pretender tal cousa, e ofrece un novo enfoque. Refírese ó acorazado «España» que coa recorrida que no presuposto se consignaba, podía quedar relativamente útil, ainda que os galeguistas preferirían, dada a importancia social do problema (dos 3.000 obreiros da factoría naval do Ferrol foran xa despedidos 700) non o arranxo senón a reconstrucción integral do mencionado acorazado. Pide tamén que en canto as bases navais, se lle asignara algo ó Ferrol e se mantivera a partida para o buque planeiro (que era un buque de tipo civil, co cometido de levantar planos, estudiar zonas, etc.), pois tanto neste caso como no do recorrido do acorazado «España» foran presentadas enmendas solicitando a supresión das correspondentes partidas presupostarias, que Suarez Picallo solicita que se retirasen. Aproveita para facer unha declaración de intencións, aludindo a que co tempo os galeguistas desexarían a reconversión desta industria bélica noutra de tipo civil e que, cando Galicia acadase a súa autonomía, O Ferrol se erixiría en base dun plan de industrialización de materias primas (agropecuarias fundamentalmente) aproveitando os seus técnicos e os seus talleres. Como queira que o problema continuaba sen se resolver, en maio de 1933 propón Picallo —presentándose en tal senso unha proposición de lei na Comisión de Mariña— que os obreiros e empregados do Arsenal de O Ferrol, e doutros de España, pasaran a ser funcionarios do estado, dado que traballaban nunha empresa privada que habitualmente facía obras para o Estado.
     Cando en 1934 o P.G. viuse privado de representación parlamentaria, censura ó traveso de «A Nosa Terra» (329) ós diputados por Galicia por non protestarem pola preterición de que foran obxecto os asteleiros de Ferrol en favor de Cádiz, onde se construía un barco planeiro que estaba previsto facer no Ferrol. Era o eterno tema dos agravios comparativos que nesta ocasión revestían —segundo o P.G.— singular gravedade por seren galegos os dous presidentes das Comisións de Marina e Presupostos (Villanueva). Aproveitan para propugna-la reorientación dos asteleiros do Ferrol cara a construcción de mercantes que era necesario crear para evita-lo oneroso pago de fletes á Mariña extranxeira.
     Por outra banda, o Partido Galeguista eríxese en valedor dos intereses dos fabricantes de chiculate, ós que instaba para que se afiliasen á «Asociación de Fabricantes de Galicia» . A tenor da información que aporta «A Nosa Terra» (330), había en Galicia arredor de 95 fábricas e obradoiros de chiculate de importancia diversa, cun capital inmovilizado a renda de 1 millón de pts. A producción anual bordeaba os 7 millóns de libras de chiculate, que representaban uns 12 millón de pesetas. Parta manter este volume de producción precisaban 700.000 Kgs. de cacao anuais, chegando as veces ó millón. O Goberno obrigaba ós fabricantes de chiculate a merca-lo cacao en Fernando Poo, onde había un proveedor único que, por mor do réxime de monopolio que establecía, encarecía o cacao ata 3,5 pts. o.Kg., cando no Brasil custaba 1 pts., coa ventaxa adicional de que adquirindo o cacao no Brasil sería factible introducir nese mercado as conservas galegas. Polo demais, o P.G. protestaba da pretensión que en nadal de 1935 tiña o Monopolio do cacao en Fernando Poo, valéndose das súas influencias en Madrid, de que se obrigara ós fabricantes de chiculate a sobir o ingredente de cacao na elaboración do chiculate dende o 18 ou 20 por 100, que se vira usando, ata o 30 por 100. A « Asociación de Fabricantes de Galicia» estaba disposta a sobir o continxente de cacao hastra un 22 por 100 como máximo. Tamén pedía o P.G. que se concederan facilidades aduaneiras para importa-lo cacao.
     Polo demais, o P.G. vía tamén necesaria a industrialización rural (331), se ben este aspecto non chegou a estar suficientemente pergueñado.
     En aras da promoción da producción industrial e artesanal de Galicia, e por inspiración do pintor galeguista ferrolán Bello Piñeiro, fíxose o «II Certame do traballo galego», celebrado en 1935, que foi continuación doutro que tivera lugar dous anos antes e que a diferencia deste II°, no acadara resonancia nacional. O certame reuníu mostras das labouras de artesanía, das industrias e dos artistas galegos (332).



3.7.3.-7. Obxectivos do P.G. no eido dos transportes, e actitude verbo desta problemática:

     Unha mostra máis das limitacións do Programa do P.G., no senso de que hai moitas cuestións que acapararon a atención deste partido que non figuran na sua carta magna —probablemente debido ó apresuramento con que foi redactada— ven dada polo feito de que non haxa un só artículo adicado a problemática dos transportes. Problemática non precisamente baladí, xa que custións como a da paralización das obras do ferrocarril polarizaron a atención non soamente dos galeguistas, senón da sociedade galega toda.
     Vexamos como enfocaba o P.G. a cuestión do transporte ferroviario (333). De entrada consideraba moi insuficiente a rede ferroviaria que servía Galicia, como tampouco era satisfactoria a do conxunto do Estado (333 bis) Existía, con todo, un problema de discriminación: namentras para o conxunto español había 1 Km. de ferrocarril por cada 1.300 habitantes, Galicia tiña só 1 km. de ferrocarril por cada 3.300 habitantes (334). Outro índice do estado de retraso dos ferrocarriles galegos en números absolutos, viña dado polo feito de que con 2 millóns e medio de habitantes non chegaba a rede ferroviaria ós 700 km., segundo cifras oficiais aportadas por Bóveda. A esta precariedade da rede sumábase a escasez de trenes e a súa irrisoria velocidade (concretamente o que comunicaba Galicia con Portugal, pola fronteira tudense, acadaba unha velocidade media de 12 km./h.) (335). Para sair desta situación de marasmo das comunicacións a totalidade das clases sociais galegas e a maioria das forzas políticas depositaban grandes esperanzas na construcción do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña. A esta cuestión adicou Castelao unha sonada interpelación parlamentaria (336). No curso dela manifestou a sua protesta contra do Ministro de Obras Públicas, Prieto, que non estaba disposto a construir máis Kms. de ferrocarril, pero que pola contra permitía a construcción de ferrocarriles subterráneos de elevado custo, discutida utilidade e interés local. Aproveitou tamen para recapitular brevemente a historia deste ferrocarril galego: esta obra tiña a súa orixe no plan xeral de ferrocarriles do ano 55, sendo Práxades Mateo Sagasta quen fixou a orientación do seu trazado (337).
     Con grandes dificultades económicas e financieiras, e cunha irrisoria axuda do Estado, fixose o de Medina do Campo-Zamora e Vigo-Ourense. Para evitar a execución do pedazo intermedio (Zamora-Ourense) a «Compañía del Norte» tivo influencia dabondo como para que o Estado construira pola sua conta o ramal de Monforte a Ourense, para empalmar así coa rede do Norte, co que se convertiu na única vía férrea que servia á Galicia do sul. Deste xeito favoreceronse os intereses da Compañía del Norte» pero a costa de perxudica-los de Galicia.
     Castelao clamaba pola terminación do tramo íntegro Zamora-Coruña e pola construcción do Ferrocarril Central Galego. Aduce que a construcción deste Ferrocarril era da meirande importancia para o intercambio de productos entre Galicia e Castela, tráfico que se beneficiaría do acortamento da distancia e conseguintemente de tempo, mercede ó mellor trazado da liña; deste xeito evitariase aquela especie de aduana interior existente en Monforte que gravaba ós productos de importación e exportación en termos insoportables, polas distancias innecesarias que tiñan de recorrer. Consecuentemente, aminoraríanse notablemente os gastos de transporte, co cal Galicia deixaría de estar nunha situación de desigoaldade respecto das demais rexión do litoral. Fai fincapié en que as rexións as que tiña de servir de enlace o ferrocarril galego eran de producción complementaria, e alude ó absurdo de que as fariñas de Castela chegaran a Galicia polas liñas protuguesas, porque os acortamentos de recorrido compensaban dabondo os incrementos aduaneiros. Rebate Rodríguez Castelao a idea de que o nivel de tráfico económico non xustificaba a elevada inversión na infraestructura ferroviaria (338), argüindo que a riqueza mineira e forestal, a gandería e a pesca galegas, estaban fortemente vencelladas a esta obra. E cita dous exemplos. Na provincia de Pontevedra, na zona pola que discurría o trazado do ferrocarril, tributaban ó Estado máis de corenta minas, de wolfram e estaño principalmente, que no poideran explotarse por carecer de medios de transporte económicos (339). Ademais, por seren tan elevadas as tarifas do ferrocarril do Norte, fracasaran os matadeiros rurais de Galicia, citando o caso particularmente patético de Porriño, por supoñer o primeiro ensaio frustrado de experiencia cooperativista, e por estaren amenazadas de embargo 7.000 familias labregas. Recorda que Galicia necesitaba desa obra que estaba pedindo dende facía setenta anos (340), e que, unha vegada feita, non sería —como se decía— ruinosa para o Estado, pois segundo cálculos que merecían credibilidade o ferrocarril galego considerado como empresa industrial, produciría do 3 ó 4 por 100, do que seguíase que era a todas luces improcedente, como suxerían os seus detractores, abandonar totalmente a obra dando por perdidos os millóns empregados e indemnizando ás compañías constructoras.
     A maior abundamento trae Castelao a colación un novo argumento. A pobreza de Galicia podería en certo modo disculpar, o abandono en que a tiña o Estado, se éste non a obrigase a tributar como rica. Os galeguistas decatábanse da crítica situación da Facenda española, pero era chegado o momento de pedirlle un sacrificio para quen se tiña sacrificado sempre. Polo demais o Estado estaba en deuda con Galicia; así segundo datos obtidos pola Secretaría Técnica do P.G. (341), Galicia satisfaceu ó Estado en 1930, por todo xénero de impostos, contribucións e monopolios, 135 millóns, en tanto que o Estado gastou ese ano en Galicia, por toda clase de atencións, mesmo as de Obras Públicas, 126.200.000 pts., quedando un remanente a prol de Galicia de 8.800.000 pts., que na práctica era moito maior, achegandose ós 12 millóns. De modo que Galicia xa tiña máis que pagado o custe do seu ferrocarril.
     «A Nosa Terra» resalta en grandes titulares (342) o aforro de tempo que traguería consigo a apertura da nova vía: Co vello trazado do ferrocarril para ir de Santiago a Madrid había que recorrer 906 km. nunha viaxe de 23 h. 14 minutos. Co novo trazado por Zamora, que evitaba o arrodeo de Monforte, pasarían a ser 664 km. e 16 h. e media. Aparte do argumento do grave perxuicio que para a economía de Galicia supoñería o abandono das obras do ferrocarril, o P. G. fai tamén fincapié en todas cantas veces se plantexa a cuestión —cuestión que se suscita ó traveso de todo este quinquenio— no problema do paro ó que se verían abocados milleiros de traballadores galegos (343).
     O problema da paralización das obras ferroviarias por dificultades presupostarias serpea durante este quinquenio. A última medida resolutoria adoptouna o goberno Azaña que sobíu ó poder tras das eleccións de febreriro de 1936, quen aprobou consignacións para a prosecución das obras, mercede as xestións do ministro galego Casares Quiroga (344).
     Digamos, para rematar, que a liña Zamora-Ourense-Santiago non foi inaugurada ata 1958, e, un pouco antes, en 1943, foi aberto ó tráfico o tramo Santiago-A Coruña (345).
     Por semellantes vicisitudes pasaron as obras de construción do ferrocarril da costa, Ferrol-Xixón. Tamén eiquí as insuficiencias da Facenda determinaron a paralización das obras en reiteradas ocasións, solicitando en todo momento o P.G., de consuno coas «forzas vivas» de Galicia, a reanudación das obras; «A Nosa Terra» trata en innumerables ocasións o tema (346), e cando se suscita a cuestión no Parlamento interveñen os diputados galeguistas, sinaladamente Picallo. Os argumentos manexados son básicamente os coñecidos, aludindo tamén eiquí os agravios comparativos (347).
     Para completar a perspectiva refirámonos ó enfoque dado polo P.G. á cuestión do transporte por carretera. Rodríguez Castelao, nunha intervención parlamentaria, dicía que as carreteras que unen Galicia co interior tiñan bo trazado, pero carecían de firmes modernos, o se atopaban caseque sempre nun estado deplorable, pesia o cal os autocameóns facían a competencia ós trenes; «¡Que tal será el tren!» (348), apostillaba o diputado de Rianxo.
     Os galeguistas, inda que o tema non foi obxeto dun tratamento máis alá do incidental, abogaban polo tren frente ó automóvil, e elo por razóns de balanza comercial. En efecto, o tren utilizaba unha fonte de enerxía, o carbón, que era de producción nacional, namentras que a utilizada polos automóviles, caucho e bencina, eran de importación (349). A pesares de que este orde de preferencias era o que «mutatis mutandis» inspiraba a política económica do Goberno republicano, non por elo quedaron satisfeitos os galeguistas. Acontecía que o Goberno decidira fomentar o transporte ferroviario frenando o que se realizaba por estrada (350); sairon así á luz os decretos de xullo e agosto de 1935 gravando o transporte por carretera, que loxicamente foron contestados polos transportistas (351). O P.G. asume a reivindicación destes últimos —quen entendían que o gravame de 2,50 céntimos por km., era excesivo, sendo suficiente 1 céntimo— razonando que Galicia saía moi perxudicada dado que o escaso tendido ferroviario alí existente (682 km.) determinaba que boa parte do transporte de viaxeiros e mercancías se fixera por carretera (352). Estes Decretos foron máis tarde anulados, concretamente ó pouco de se constituir o primeiro goberno do Frente Popular (353).
     O Estado, a xuicio dos galeguistas, sempre se desentendera do problema das comunicacións galegas. E citan duas obras a título de exemplos ilustrativos. A carretera chamada do Guadarrama, que vai de Madrid a Coruña, foi abonada integramente por Galicia, e a de Vigo a Villacastín, que era a directa a Madrid, fixérase mediante un anticipo reintegrable das Deputacións de Zamora, Ourense e Pontevedra. No caso desta última resultou que para obter do Estado o reintegro da cantidade anticipada vírase na necesidade de soster un pleito, que fora fallado favorablemente polo Tribunal Supremo, pero que estaba daquela ainda sen comprir, ocasionándolle un perxuicio de 2 millons e medio de pesetas (354).
     Pero non soamente lle imputaban ó Estado a súa desatención á rede viaria de Galicia, senón que ademais entendían que gravaba fiscalmente en exceso ós automóviles galegos. Argumentaban que por concepto de patentes de automóviles, Vigo pagaba 443.826 pts. Dito doutra maneira: as tres provincias vascas, con triple número de autos que Galicia, pagaban menos que Vilagarcía (355).



3.7.3.-8. Obxectivos Fiscais do P.G. e actitude verbo desta problemática:

     O apartado IV do Programa do P.G. (356) estaba integramente adicado á Política Fiscal, proba da importancia que lle atribuian ó tema. Nel pedíase o deslinde entre o réxime fiscal do Estado e o do poder autónomo dos municipios. A supresión de tódalas consignacións dos presupostos municipais que sostiveran servicios alleos ós concellos (357), e tamén a abolición do imposto de cédulas personais (358) que sería sustituido por un carnet de identidade.
     Esbozan, pois, no Programa unha política fiscal esquemática por demais, centrada na autonomía fiscal dos distintos niveis institucionais, no principio espacial da inversión dos recursos alá onde se recaudaran e no imposto directo. Débese a Alexandre Bóveda o desenrolo deste breve enunciado de medidas. Empeza Bóveda criticando o sistema fiscal vixente por estar baseado nos impostos indirectos (359) e por estar tripartita a recaudación entre os Concellos, Estado e Deputacións, o cal multiplicaba por tres os gastos e a burocracia de xeito que: «perturban as transaccións e o normal desenrolo da nosa pobre industria, impedindo en moitos casos novos intentos industriais» (360); e ademais fomentaba o caciquismo, dado que a facultade impositiva, polo menos parcialmente, así como a función recaudatoria, dependían en boa medida do arbitrio caciquil. Polo demais, o arrendo dos servicios recaudatorios a compañías e particulares practicado daquela era fonte de rendementos privados que deberan revertir na colectividade.
     As bases da reforma fiscal que él propón baseábanse no imposto único; xestión única, dado que a administración do imposto dependería exclusivamente da Xunta de Galicia, nos servicios que se lle transferisen ó Goberno autónomo; xusticia social respondendo a idea de progresionalidade, gravando os capitais ou as rendas, segundo os casos, considerando que as escalas progresivas de capitais improductivos serían mais fortes que as rendas de capitais ou de traballo. Polo demais, nas rendas de traballo tenderíase a declarar exceptuada para cada contribuinte a cantidade precisa para a subsistencia da familia; modernización da administración galega, axilizándose os trámites seguindo un parámetro de tipo bancario; supresión dos arrendos das contribucións (361).
     Tamén propuña Bóveda a creación dun Banco galego avalado e dirixido pola xunta de Galicia, que tería de ser a peza clave da organización fiscal e financieira de Galicia.
     Por outra banda, xa ó marxe do proxecto de reforma fiscal de Bóveda, consideraba necesario o P.G. a confección do catastro e amillaramento da riqueza rústica (362). Sucedía que as constribucións por rústicas repartíanse como o imposto de consumos, e como queira que a tasación estipulada non contemplara as alteracións de propiedade, había labregos que tiñan que pagar a contribución das terras que obraban en propiedade doutros campesinos. Deste xeito, moitos «caciques» con influencia pagaban pouca o ningunha contribución, tendo moitísimas leiras. A realización dun catastro serio contribuiría a poñer remedio a este tipo de anomalías.
     Amén de todas estas cuestións hai, no eido que estamos a tratar, catro apartados que concentran a atención do P.G. e que gravitan arredor do problema das recaudacións que o Estado efectuaba en Galicia e noutras áreas do Estado, e, asimesmo, da correspondente inversión. Debullémolos.
     En primeiro lugar queixábase o P.G. de que o Estado recaudaba proporcionalmente mais en Galicia que noutras áreas. Co gallo da discusión dos presupostos de Agricultura para 1933 aludía Suarez Picallo (363) a que Galicia tributaba ó Estado español, por concepto de territorial, 24 millóns de pts., cantidade que xuzgaba exhorbitante, posta en relación co País Vasco, que gozaba de« un convenio económico de privilegio», tributando soamente 4 millón de pts. E non comentes isto; nas conclusións do congreso de Porriño da «Federación Provincial Agraria» de Pontevedra, dicíase que as deficiencias do catástro da rústica daban pé a notorias inxusticias tributarias, sendo así que o distrito de Ponteareas pagaba ó fisco por contribución rústica unha cantidade maior á aportada por toda a provincia de Zamora (364). Sinalaba tamén Suarez Picallo que Galicia, por contribución territorial, pagaba 70 pts. por hectárea, entramentres que o resto de España, singularmente Extremadura, Andalucía e Castela, pagaban entre 5 e 6 pts. por hectárea. Os galegusitas sentíanse especialmente molestos polos privilexios fiscais do País Vasco, e a elo se refiren en numerosas ocasións. Algo semallante acontecía coa autonomía de Cataluña. En efecto, cando se discuteu nas Cortes o Estatuto catalán, Castelao manifestou (365) que os diputados galeguistas votarían a favor do Estatuto de Cataluña, pero que opuñan reparos a parte económica por entender que agravaría a situación económica do país que representaban. Concreta que a fórmula de concederlle a Cataluña unha participación nos ingresos do Estado era sinxela pero inaceptable —tendo en conta que sentaría un precedente que se podería aplicar logo a Galicia— na medida que os pobos autónomos quedarían sometidos a unha especie de réxime de caridade contrario a esencia mesma da autonomía. Discrepaba tamén en que ficara establecido para os impostos de Utilidade e de Timbre unha especie de concerto, que a longo prazo convertiríase en privilexio, creando contribuintes de primeria e de segunda clase. Creábase ademais un sistema de participación na Débeda con arreglo ó número de habitantes, en troques de efectuar a contribución en función de criterios de xusticia (en relación coa renda, suporemos). Polo demais, no dictame da Comisión revalidábase o réxime contributivo vixente daquela, polo menos durante cinco anos, o que resultaba inaceptable por consideralo o P.G. inxusto e gravemente perxudicial para Galicia. Concluía Castelao decindo que Cataluña e outras rexións gozaban de privilexios xa antes de que tivesen Estatutos.
     Todas estas críticas apousaban nos minuciosos estudos económico-fiscais realizados por Bóveda, dos que temos abundante constancia documental (366).
     En segundo lugar, queixábase o partido obxecto de análise de que o Estado invertía menos en Galicia que noutras partes. As referencias a este tipo de agravios comparativos son moi numerosas, e establecia estas comparacións en base á «Gaceta» da que dicían que era a mellor propagandista do galeguismo. Mencionemos algúns exemplos. Sinalaban que en 1933 o Estado presupostou 7 millóns de pts. para Turismo, dos que corresponderon a Galicia 50.000 pts., que viñan representando 0,20 pts. por habitante tendo en conta que a poboación galega cifrábase en 2,5 millóns de persoas, considerando isto discriminatorio dado que, sobre un total de 25 millóns de habitantes que tiña España, deberían corresponder a cada español un promedio de 0,28 pts. No mesmo ano contable gastou o Estado en Agricultura 188 millóns, dos que se invertiran en Galicia 400.000 pts. (que supuñan 0,16 pts. por habitante, e 13,79 por kilómetro), cando a nivel español corresponderían 5,48 por habitante e 270 por kilómetro (367).
     O terceiro motivo de protesta para os galeguistas reside no feito de que consideraban que o Estado invertía menos en Galicia do que recaudaba nela. Así, dicía Otero Pedrayo que:

«[...] el Estado español explota a Galicia, y Ia explota porque su enorme esfuerzo de trabajo, su capacidad contributiva siempre en aumento, no son compensadas por parte del Estado aplicándole aquella justicia distributiva a que viene obligado.» (368)

     Bóveda cita os traballos de Alfredo Brañas realizados a fins do XIX, e de Asdrúbal Ferreiro de 1925, nos que se demostra que xa de vello Galicia tributaba ó Estado máis do que este invertía nela. Similar demostración realiza Bóveda no quinquenio republicano. De entre as moitas vegadas que as páxinas do portavoz do P.G., «A Nosa Terra» aluden a este desequilibrio entre o que Galicia aporta ó Tesouro e o que recibe a cambio, poderíamos menciona-lo Manifesto da IV «Asambreia» (369).
     O cabo, a cuarta disconformidade do P.G. refírese a que as inversións do Estado en Galicia, non só eran cativas, senón que ademáis estaban desnortadas, non apuntando ás cuestións que o P.G. consideraba prioritarias. Citemos, por vía de exemplo, o que nos conta Suarez Picallo (370) que sucedía coas inversións do Estado en Agricultura; nos presupostos para 1933 estaba previsto invertir nun apartado, tido polo P.G. como da máxima importancia, cal era o de Escolas de capataces e Granxas de experimentación, soamente 47.700 pts., en tanto que para burocracia e material de oficiñas asignábase a candidade de 147.000 pts.
     Os onerosos gravámes tributarios, as parcas inversións públicas, a succión de recursos, e o desacerto nas inversións, eran, en suma, os catro xinetes da Apocalipse tributaria, segundo a visión do P.G.



3.7.3-9. Obxectivos Comerciais do P.G., e actitude verbo desta problemática

     Referirémonos neste apartado dun modo caseque exclusivo ó comercio internacional. Sinalemos ante todo que nada dí desta cuestión o esquemático Programa do P.G., téndonos que limitar ás referencias que nos diversos momentos da sua actuación política fai ós temas comerciais. O comercio interior non aludiremos por estar xa tratado o tema en anteriores apartados. Neles víamos que o P.G. quería incrementar o consumo de carne, madeira e peixe (tanto fresco e salgado como en conserva) por seren productos de abondosa producción; engadamos que exportaba tamén Galicia, patacas, viño e derivados do porcino, como xamóns. Semella que por un alento galeguista estaban inspirados «tres entusiastas galegos» que en Bilbao constituíran unha sociedade anónima denominada «Centro de Contratación de Productos Galegos», co obxetivo expreso de fomentar a venda de artículos galegos en Euzkadi. En nadal de 1935 ostentaban xa a representación dos viños tostados do Riveiro, augardentes, conservas, castañas, noces e alguns outros productos (371).
     Moitos dos tratados comerciais que foran establecendo os distintos gobernos republicanos mereceron a posta en solfa e rexeitamento do P.G., que de contínuo abogou pola sua derogación, chegando a ser un punto importante do seu programa táctico en 1935 (372).
     O tratado comercial que máis encono suscitou nos medios galeguistas, por consideralo especialmente perxudicial para a economía galega, foi o estipulado cos países riopratenses (Uruguai primordialmente) para importar carne conxelada. O P.G. propugnaba que en troques de carne, debíanse importar de América graos —millo en especial—; e non somentes iso: «se Galiza disfrutando de plena soberanía poidese concertar tratados cos países consumidores [...]» (373) o que faría, segundo o criterio do P.G., sería exportar conservas de peixe a cambio de importar millo (374). O Goberno, pola contra, exportaba a América arroz (375), a troque do millo que importaba, inda que non na medida que o P.G. estimaba necesaria. E esta unha custión insistentemente expresada nas Cortes polos diputados galeguistas (376). Precisemos que no tratado comercial co Uruguai figuraban as conservas galegas entre as contrapartidas á carne conxelada que recibiría España, pero non por elo o P.G. deixou de opoñerse a el entendendo que era maior o perxuicio causado á gandería que o beneficio que obtiña a industria conserveira.
     Polo demais foron tamén impugandos polo P.G. o convenio con Rusia para a importación de madeira de piñeiro (377), e un tratado con Francia estipulado ó escomenza-lo segundo bienio que, segundo Bóveda, perxudicaba ás madeiras, viños e productos agrícolas galegos en xeral (378), sen esquencernos dos convenios suscritos con Holanda e Francia que atentaban contra das industrias lácteas de Galicia (379).
     Para rematar mencionemos tamén unha crítica do P.G. a esa peculiar forma de exportación exterior que, ós efectos, é o turismo (o consumo do turista no mercado interior equivale á exportación ó extranxeiro). Pois ben, Otero Pedrayo consideraba que Galicia estaba sendo discriminada pola canalización do turismo que viña a España poios portos do Atlántico, pero non polos de Galicia (380).



3.7.4. Programa Cultural, Lingüístico e Educativo

3.7.4-1. Programa e Obxectivos Culturais

     Para o nacionalismo galego organizado a cultura tiña unha importancia capital. Ante todo a língoa e a cultura galegas eran o testimuño diferenciador máis ostensible, e potenciar ambas equivalía a afortala-lo espírito nacional.
     Tense suliñado moito a dimensión cultural que de sempre tivo o galeguismo o que frecuentemente se atribuíu ó inequívoco diletantismo culturalista da pequena burguesía nacionalista. Coido que apreciacións deste tenor son unha mostra elocuente dunha profunda incomprensión do papel político directo —e non indirecto como opera a cultura nunha nación normalizada— que desempeña a cultura nacional nunha comunidade integralmente oprimida. En efecto, o idioma, a cultura vernácula e a ideoloxía nacionalistas cos seus mitos colectivos e os seus anceios liberadores, son o ligame in
dispensable entre as clases que virtualizan un proxeto de «reconstrucción» nacional.
     Darlle á cultura galega unha dimensión moderna e escrita, promovela e tentar de espallala entre os máis amplos sectores da poboación era a premisa necesaria para dotar da coherencia indispensable ó conxunto de clases que asumen, ou poden asumiren, un mesmo proxecto nacional.
     A adscripción dos individuos a unha mesma comunidade de cultura, a conformación duns valores nacionales, o manteñemento de idénticos costumes e tradicións e o emprego dunha mesma lingoa, constitúe o tecido conxuntivo capaz de vertebrar unha formación social na solidaridade interclasista indispensable para calisquera pretensión de emancipación nacional.
     O espertar da cultura, o rexurdimento, estivo sempre no humus nutricio dos movimentos políticos na sua etapa pre-soberana. Sempre este movimento liberador foi precedido pola expansión das manifestacións culturais autóctonas. A cultura da nación oprimida adoita constituir un método de movilización de grupos, sendo deste xeito, un instrumento na loita pola conquista dos dereitos políticos deste pais. O fenómeno do Rexurdimento cultural é a primeira resposta dada a tentativa de asimilación cultural do Estado opresor. A esta fase de impugnación da cultura dominante seguirá outra de impugnación global da dominación.
     A cultura —creación da sociedade e síntese dos equilibrios e solucións que enxendra para resolve-los conflictos que a caracterizan en cada fase histórica— constitúe a posibilidade mesma dun movimento nacionalista, pois só aquelas sociedades que conquiren preserva-la sua cultura logran movilizárense e loitar descontra da dominación.
     A laboura cultural do galeguismo non foi soamente un paso previo indispensable para artellar logo un frente político, foi sobre todo, xa dende o comenzo, obxetivamente política de seu, consciente ou involuntariamente. En efecto, cando un sistema opresor con todo o seu universo cultural se superpón a outro agredido, o cal tenta esfarelar e integrar en tódolos ordes, a resistencia á integración, a defensa da cultura subordinada e do seu idioma, e a posterior utilización dese idioma en tódolos eidos, é xa erguer un valado defensivo que menoscaba a eficacia da penetración cultural, agresión económica, e asoballamento político do nacionalismo dominante.
     A resistencia ante a agresión cultural levouna a cabo unha minoría ilustrada da pequena burguesía, tratando de conectar coa gran masa rural da poboación que se mantiña ó marxe, escasamente influenciada pola cultura dominante; o propio tempo, foi a consevación do patrimonio cultural tradicional polas masas rurales o que permitiu a acción resistente.
     A elite intelectualizada identificouse coa cultura nacional da que son protadoras as masas campesinas, e lavou a cabo o que se adoita denominar «retorno ás fontes». Esta minoria que retorna ás fontes nega a cultura dominante na que estaba socialmente instalada, pon en tea de xuicio a sua pretendida supremacía, e afirma o dereito a existencia libre e singularizada da cultura galega, como parte integrante do patrimonio cultural da Humanidade. Otero Pedrayo consideraba que a clase culta galega, non galeguista, fracasou na gobernación de Galicia por ser unha clase que perdeu a relación co seu cerne espiritual, sendo a sua cultura neboenta, de aluvión e de «imitanza». O papel da cultura era para él esencial: «Soilo cando na Galiza mande unha cultura galega haberá verdadeira políteca nosa», e define a cultura galega como:

«un conquerir do noso intenso ser pôsto a ton da cultura oucidental, a nosa orixinalidade pequena ou grande no seo de Europa nova, un sentir en galego as arelas do mundo, un rego do noso esprito en todol'os terreos do pensamento e da aitividade.» (381)

     Deste xeito, os dirixentes políticos galeguistas serán todos eles activos intelectuais, artistas, escritores; alentaran editoriais e vastas empresas de investigación e difusión cultural.
     De feito, en 1935, o P.G. alude a que sempre os mesmos galeguistas que se afanaban nas tarefas culturais, tiñan que adicarse tamén a actividade política, pois eran poucos e debían multiplica-los esforzos en tódolos campos. Pero as cousas escomenzaban a cambiar daquela, na medida en que o galeguismo ía acadando implantación social. Significativamente por esas datas as principais institucións culturais (o S.E.G., a Academia, Coral Polifónica de Pontevedra, Labor Galego, Misión Biolóxica, Editorial NOS, etc.) escomenzaban —segundo o P.G.— a estar levadas por homes que non pertenecían ó partido. O P.G. que abogaba pola especialización, valoraba isto moi positivamente (382).
     Que a cultura galega que se faga nos comenzos, esteña circunscrita a un ámeto social moi reducido e francamente minoritario non resta valor a súa tarefa, na medida en que non tardarán en aparecer os canles que rachen co seu aillamento actuando como un nexo entre a vangarda e o pobo.
     As declaracións do tenor: «Trátase dend'os Precursores de recreiar unha Cultura. Da cultura virá a verdadeira políteca» (383), non son só de Otero Pedrayo. O propio P.G. sitúa, na sua Declaración de Principios, á cultura como primeiro risco caracterizador de Galicia: «Galicia, unidade cultural. Afincamento das características da persoalidade galega: língoa, arte, esprito» (384). Evaristo A. Mosquera expresa con claridade louvable a dimensión política que o P.G. lle atribuía á cultura galega como aglutinante colectivo, ademais de considerala como premisa indispensable para que a autonomía poidera ser conquerida. Deste xeito, comentando a Declaración de Principios do P.G., enriba citada, xustifica a anteposición deste punto ó que Ile segue («Galicia pobo autónomo») argumentando que «a cultura galega é a ialma e a ialma e a autonomía o corpo» (385). Polo demais, na concepción teleolóxica que Risco conqueriu que fose aceptada polo P.G. como doctrina oficial, a cultura desempeña un rol capital (386). Segundo isto Galicia tiña un compromiso coa Humanidade, a obriga a ser, de existir coa sua idiosincrasia propia. A supervivencia do ser diferencial de Galicia cifrábase fundamentalmente no seu espírito, no conxunto de características que configuran a súa cultura. Por conseguinte Galicia debía remarcar ben os seus trazos peculiares, para poder aporta-la sua cultura diferencial ó patrimonio cultural da Humanidade. Nesta visión teleolóxica a cultura desempeñaba un papel crucial, polo que a tarefa cultural tiña un valor caseque mesiánico. Velaí polo que non podemos sustraernos á impresión de que o tratamento que ás cuestións culturais lle otrogaban os galeguistas, tiña un aquel de misticismo, un certo recendo a apostolado redentorista.
     Para potenciar a cultura galega, un membro do P.G. propuña (387) nun determinado momento que se adoptase o modelo da entidade vasca «Gipuzco Idazkariza», organización patriótica onde converxían tódalas iniciativas nacionalistas e dende a que se propagaba a cultura e maila ideoloxía patriótica, e promovíanse, asimesmo, entidades nacionalistas.
     A cultura era importante, sí, pero qué cultura, ¿cómo concebía o Partido Galeguista a cultura? A base de partida de toda creación cultural auténtica situabana no espíritu autóctono, enxebre, que compría revitalizar e depurar de todo lixo alleo. Denominaban isto «regaleguización», entendida como: «[...] dar continuidade á tradición dos seus costumes, faguendo compatibre cos meirandes avances técnicos e sociais o apego aos valores enxebres da vida galega» (388). Quere isto dicir que, da mesma maneira que víamos que non aceptaban un capitalismo calquera, unha industrialzación alóxena, senón todo elo en perfecta armonía coa idiosincrasia de Galicia, tampouco os novos valores, as novas técnicas e creacións (é dicir, a modernización), deberian estar malmaridados coa cultura e espírito tradicionalmente imperantes en Galicia.
     O entendemento que da cultura tiña o P.G. non era provinciano, nin «pueblerino». Non refugaban sen máis a introducción en Galicia das manifestacións culturais doutros países de alén do Padornelo. Falaban de «europeizar Galicia e galeguizar Europa». Especialmente na literatura traducen ó Galego algunhas das obras máis interesantes do momento, mesmo con anterioridade a que foran verquidas ó castelán (388 bis). O P.G. non pecha as fronteiras, pero sí, peneira, escolle o que considera, amais de intrínsecamente valioso, en consonancia co feitío socio-cultural de Galicia, ou que respostase as suas inquedanzas colectivas.
     O que si desbota o P.G. é a introdución en Galicia de certos usos e costumes, ou usanzas culturais no senso amplo, que lle semellaban extravagantes e miméticos. Tal sucedía, a título de exemplo, co feito de que no curso dunha procesión de Semana Santa se cantaran saetas, cousa que critica. Ou que se celebraran corridas de touros en Galicia, censuradas por «bárbaras e alleas aos nosos costumes festivos». Dicía a este respecto Villar Ponte: «Arreneguei das corridas de touros —pensaba como tí irmán Castelao [...] "lástima de bois"— e folgueime de que Galicia non dira toureiros» (389). A actitude nesta cuestión de Ramón Villar Ponte chega a adquirir un tinte pintoresco. Resultaba que era aficionadísimo ás corridas, un verdadeiro entendido que na sua etapa de estudiante en Madrid non había festa taurina á que non asistira. Pois ben, unha vegada que se houbo establecido en Viveiro como xurdio adepto ó nacionalismo, renunciou con fonda door de corazón a presenciar unha sóa corrida. ¡Por principios!(390).
     Tampouco semellaba asilado ó P.G. a introducción de elementos culturais que ainda que non eran descabardados podían suplantar formas culturais propias. Tal acontecía coa actividade de certos coros que cantaban pezas orfeónicas, coas que estaba en desacordo o P.G. por entender que desvirtuaban a sua misión como divulgadores da música popular (391). Este exemplo ilustra sobre cál era a concepción que o partido obxeto de análise tiña da cultura: unha posición defensiva, puramente resistente, de preservación do legado cultural xenerado polas sucesivas xeneracións de galegos ó longo dos séculos, pero na que non primaban os plantexamentos de renovación, de creación dunha nova cultura, axeitada as necesidades dun tempo de cambio, no que se debuxaba unha sensibilidade tamén nova, como diferentes eran os retos ós que tiña que dar resposta. De acomoda-la cultura galega tradicional, repetitiva, basicamente oral e un chisco esclerotizada ás exixencias do século vinte non atopamos excesivas referencias, e compre sinalalo. Cecais sexa na plástica, e fundamentalmente na pintura, onde os creadores galeguistas se revelaron máis innovadores.
     O que tiña prioridade na actuación cultural dos intelectuais do P.G. era a consolidación do patrimonio herdado, a recuperación do perdido ou que corría o risco de se perder. E significativo o desenrolo tan importante que coñecen eidos culturais como a etnoloxía o folcklore, a arqueoloxía (392) e a prehistoria. Non en van consideraba o P.G. que a cultura galega se atopaba num « estadio de regaleguización», co que pretendían significar que a auténtica enxebreza cultural de Galicia —que acadara a sua etapa de plenitude e explendor no medioevo— perdérase en gran parte, ou sexa, desgaleguizárase, por mor da tentativa de asimilación «imperialista», polo que o que compría era voltar novamente a «regaleguizar» a cultura galega (393).
     En orde á potenciación da cultura popular, Villar Ponte pedía (394) ós galeguistas que teimasen na revitalización das festas galegas, mantendo ou recuperando a sua enxebreza. Bóveda e Castelao eran membros da Polifónica de Pontevedra, na que cantaban, e no Grupo de Lalín tiñan afiliado un grupo de gaiteiros («Os Dezas») (395) que interviñan en moitos actos galeguistas. O mesmo acontecía cos bailes. Ben-Cho-Shey (pseudónimo de Xosé Ramón Fernández Oxea) nos conta que a comenzos de século aínda remataban os bailes de gala dos casinos, tanto vilegos como das cidades, coa muiñeira ritual. Máis, pouco a pouco, foise desbotando o baile enxebre «porque as nenas cursis non o consideraban elegante», e ficou confinado exclusivamente nos turreiros das aldeas como danza popular (396). Este galeguista levou a cabo toda unha cruzada a prol da dignificación dos bailes populares de sempre. Adicou artigos a censurar ós «señoritos elegantes, vilegos e desleigados» que consideraban ridículo beilar a muiñeira (397). E recriminaba tamén ós propios mozos galeguistas por avergoñárense e sentírense ridículos diante dos seus amigos e compañeiros de clase ó danza-la muiñeira enxebre. Xustificaba a sua amonestación no temor de que se poideran perder os bailes típicamente galegos «pola preguiza e señoritismo dos mozos galegos» (398).
     Bóveda, pola sua banda, coidaba que Galiza deberia ter o seu «Baile Nacional», e propugnaba que se convertise en tal «A Redonda», que semella ser un tipo de muiñeira, que podía ser beilada a un tempo, cun ritmo e co mesmo punto, por centos ou milleiros de persoas (399).
     A tradicional «Festa dos Maios», que escomenzaba a ir en declive, recibe un forte pulo por obra dos galeguistas. As Mocedades Galeguistas fan a este respecto unha importante laboura en Ourense. Tamén fai o propio «Labor Galego» en Pontevedra (os directivos do cal, García Vidal e Filgueira, eran membros do P.G.), convocando concursos (unha das condicións era: «As coplas hanse cantar en Galego e co aire dos maios de Pontevedra, non con música allea») e otorgando premios que soían ser lotes de libros galegos (400).
     As proteicas e espontáneas manifestacións da cultura popular son para o P.G. un termómetro da situación do galeguismo. Prestaba, por conseguinte, gran atención a todo este tipo de cuestións. Así, co gallo das festas do Antroido de 1934 aledouse de que a galeguización fose medrando no pobo, de abaixo cara enriba: «Eisi, vimos desfilar polas ruas composteláns unhas vinte comparsas procedentes doutras tantas aldeas e comarcas: Todas, sin faltar unha, ostentaban notas que demostran como retorna o pobo ao seu propio ser: a gaita, as cantigas en galego, a música popular galega» (401); segue a comentar logo que felizmente morreran as bandurrias, as guitarras, os valses «cursis», as barcarolas e toda aquela «merengada» dos carnavais clásicos. Destaca especialmente unha comparsa de Padrón, denominada «Os autonomistas» que enarbolaba unha bandeira galega e que tiña unhas «hestorias» nas que non había un só cantar que non aludise gavanciosamente a autonomía. Claro que a cousa tiña os seus fluxos e refluxos, e ó ano seguinte, tamén nas festas do Antroido un galeguista adicouse a recoller as coplas escritas, atopándose co desalentador resultado de que, nas cidades, de 185 coplas reunidas, só 19 estaban en galego, e nas aldeas e lugares, de 66 coplas, soamente o estaban 29 (402). Así e todo as análises que fan, adoitan ser bastante positivas e confortadoras. Repetidas vegadas aluden (403) a que en xeral a galeguización avantaba a nivel popular, sendo grande o espallamento do Hino e a Bandeira, galeguizándose cada vegada máis as festas, os anuncios e as mesmas marcas dos productos industriais, xa non tan exóticas como antes; ata nas vilas e casinos creían albiscar o progreso que se rexistraba, homenaxeándose en moitas cidades ós devanceiros ilustres, etc.
     O ensalzamento das figuras ilustres da historia e das letras de Galicia é unha das tarefas culturais á que se entregan con fruición os galeguistas. Promoven e participan en cantas comisións recaban fondos para erguer monumentos (a Pardo de Cela en A Estrada, ó poeta Manoel Antonio na Illa de Malveira, a Curros Enríquez en Celanova, e ó mesmo A. Villar Ponte, recén finado en 1936, na Coruña, etc.). Neste senso conmemoran o cabodano da morte de poetas e escritores (Rosalía, Pondal, Murguía, etc.). Co gallo de ter lugar o centenario pondaliano, en 1935, por exemplo, amósanse fachendosos da gran cantidade de actos celebrados en toda Galicia: veladas literarias, lecturas de poesías nas escolas, artigos de prensa, espallamento de folletos con poesías de Pondal, conferencias pola radio, visitas á sua sepultura, etc. (404). Por contraposición a isto, Ramón Villar Ponte censuraba a moitas institucións galegas por conmemorar o centenario de Lope de Vega, o que non lle parecería mal, senón fora que se esquenceran, como se esquencían de celebrar o dos escritores galegos, botándolles en cara que «Contribuien a manter ista situación de colonia en que Galicia vive aldraxada e preterida decote» (405).
     A cuestión da toponimia era motivo de preocupación para o P.G. A alteración dos nomes de lugares (moitos dos cales estaban en «castrapo» segundo o P.G.) que rexistraba o nomenclator era donde logo anterior a etapa republicana, sendo frecuente que a prensa do período citase a «Vivero» , «Corujo» , «Rianjo» , etc., en troques de facelo segundo a forma auténtica, tal e como era pronunciada polas xentes: Viveiro, Coruxo, Rianxo (406). Carballo Calero e Fernández Oxea semellan seren os máis preocupados por esta cuestión da recuperación da toponimia verdadeira. Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey) é autor dun escrito á Academia Galega, pedindo-lle que coa maior urxencia procedese a rectificar o Nomenclator para «volver ao seu ser todol-os nomes que ata hoxe andan barbaramente castelanizados» suxire que, concluído o traballo coa maior rapidez posible, fose sometido á consideración de Alcalá Zamora, (que por certo era académico honorário) quén pola súa calidade de presidente da República podería ordenar a súa rectificación (407). Por certo que, polo que sabemos, a Academia non tivo en consideración a proposta. O ano seguinte Carballo Calero propón que o P.G. se dirixise ó «Seminario de Estudos Galegos» encargándolle a revisión da toponímia (408).
     Na xuntanza das Minorías Nacionais celebrada en Xinebra o 4 de setembro de 1935, o P.G., na imposibilidade de enviar un delegado, remesou un escrito que contiña un apartado no que se facían unhas consideracións sobre o dereito a empregar libremente os nomes dos lugares na língoa materna. Expuña que non existía en Galicia a prohibición de empregar na prensa ou nos discursos os nomes dos diversos lugares en galego, pero que o problema interesaba a Galicia por causa do emprego oficial dos nomes galegos deformados «co fin de lles dar un son e un aspeito casteláns», o que ó seu entender era un medio de asimilación «i-exerce unha constante influencia sobor do pobo contraria a conservación das características nacionais de Galicia». Por todo o cal o P.G. instaba ó Congreso para que proclamase o dereito dos pobos a emprega-los nomes de lugar na língua materna de cada un deles (409).
     Ademais de velar o P.G. pola pureza dos topónimos (por certo que non fai o mesmo cos antropónimos, limitándose os galeguistas —e non todos— a galeguizar os seus propios nomes a título particular) interesase tamén pola conservación do patrimonio artístico de Galicia. No seu Programa adican o punto primeiro do apartado, adicado á cultura (que é o VI) a reclamar a: « Soberanía de Galicia sobre o seu patrimonio cultural e artistico». Otero Pedrayo pide no curso dunha intervención parlamentaria (410), que a riqueza artística galega non dependese da Lei de Patrimonio artístico nacional, por considerar que gran parte da riqueza artística de Galicia fora destruída e dispersada por ter sido involucrada en disposicións de carácter xeral. Filgueira Valverde pronunciábase no seu «breviario» (411) pola defensa do propio patrimonio artístico contra a incultura e a barbarie, detendose a desglosar ós nemigos do patrimonio artístico que compría vixiar. Eran estes os: «novos ricos», as autoridades incompetentes e as masas tortamenete guiadas». Abogaba ademais polo estímulo da producción artística galega, mercede á protección dos artistas e a exposición das suas obras, «enroitando cara a Terra os seus traballos». Os denostados e perigosos (artisticamente falando) «novos ricos», aludidos por Filgueira Valverde, debían ser principalmente as xentes enriquecidas en América, os «indianos», ós que tanto Vicente Risco (412) como Paz Andrade, espetan rexas diatribas por introduci-los influxos de América na arquitectura galega que se estaba a facer na etapa republicana e con anterioridade a ela. Segundo Paz Andrade, o seu mal gosto levábaos a construir no lugar natal os «nefandos» chalets estilo «che» (413).
     Falemos agora un pouco do labor de creación do P.G. Teorizando sobor da arte, Gómez Román propugna «[...] que as novas modalidades de Arte pasen pola peneira das nosas reflexións, e non cheguen a inzar como outras vegadas, o noso solar cousas estranas á nosa ideoloxía por falla de asimilación e nazonalización das suxerencias alleas (414). O P.G. contaba entre os seus membros cun plantel de artistas de primeiro orde: escultores como Eiroa, pintores e debuxantes como Castelao, Souto, Seoane, Camilo Díaz, Bello Piñeiro, Colmeiro e un interminable elenco de poetas e escritores. En arquitectura destaca Gómez Román, dotado de gran prestixio como arquitecto por plasmar o feitío tradicional das construccións galegas nos seus proxectos arquitectónicos, sendo este un dos motivos que determinaron a súa elección para a Segredaria Xeral do P.G. (415). Aplauden tamén a orixinal obra de Palacios, ó que consideran perto, ou cando menos sensible, ós plantexamentos galeguistas, e non soamente no eido da estilística arquitectónica. A propósito de arquitectura Otero Pedrayo cree ver simbolizado nela, e na paisaxe, o contraste entre a «alma galega» e a castelana; decía así a glosa dunha conferencia sua:

«Contraposición radical da i-alma galega e a i-alma castelán, comparando as duas paisaxes e as duas arquiteituras. Castela simbolízase na rexa xeometría do Escorial. Galiza, no brillar perenne das Torres de Compostela. Individualismo, ascesis, forxa imperial meseteña, d'unha beira. Da outra, panteísmo, sensualismo, senso atlántico-humán do vivir.» (416)

     Solicitaba este persoeiro galeguista nun discurso parlamentario (417), que as construccións escolares que daquela se prodigában tivesen o estilo arquitectónico típico da paisaxe campesina, protestanto tamén do «absurdo» que se daba nas obras oficiales feitas nas cidades, que moitas vegadas tiñan un selo arquitectónico standarizado.
     A literatura é, sen lugar a dúbidas, o eido da creación ó que con mellor empeño se adicaron os galeguistas. O cultivo da literatura conferíanlle unha gran trascendencia en tanto que dignificadora e cristalizadora do idioma galego. Dicía neste senso Del Riego: «Compre dar â nosa literatura un afán proselitista de eispansión do idioma»(418).
     Claro que o galeguismo literario, vizoso na producción, atopábase coa barreira dun número de lectores sumamente reducido. Nos tempos do S.E.G. a edición dun libro non superaba ós 200 exemplares (419), chegando como máximo, entrados xa na etapa republicana de cheo, ós 500 exemplares (420). Varios galeguistas, entre os que figuraba Augusto Maria Casas, lamentábanse da considerable indiferencia con que o público acollía as obras escritas en galego, e o pouco calor que en Galicia se Ile daba ó que eles consideraban como renacemento da cultura galega que se estaba operando. De feito, os libros editados por «NOS», a propia e moi estimable revista do mesmo nome, e o mensuario «Alento», topaban cun clima pouco receptivo. As causas que explican este fenómeno, segundo o galeguista que firma co pseudónimo «Eu» en A.N.T., estriban en que: «en Galicia están supervivintes as alleas infruencias», facendo notar especialmente que as persoas e institución que poderían pular o «Rexurdimento no orde cultural», estaban ainda divorciadas «da Terra». Sinala tamén a grave carencia de medios económicos (lembrémonos que son as clases medias e os sectores profesionais os que financian o proxecto de recuperación cultural), e o propio momento que se vivía, no que preponderaba abrouxadamente a política, adicando a xente moi pouco tempo á lectura; para exemplificar isto refírese a que o editor Anxel Casal metérase a alcalde (de Santiago) (421)
     Mais optimista era Alvarez Gallego, que escrebe un artigo titulado «Capacidade do idioma propio» (421 bis), no que rebate a aludida teoría da indiferencia para cos libros galegos, de que se doía Antón Villar Ponte, entre outros. Argumenta que se ben, os libros galegos tiñan pouca saída no mercado, tampouco desfroitaban de mellor situación os que estaban escritos en castelán, que tiñan —segundo el— proporcionalmente menos venda aínda; elo era debido, non á falla de inquedanzas, senón de capacidade adquisitiva. Sostén que o número de lectores de galego medrara extraordinariamente, en parte polos artigos que de cando en vez publicaban en galego algúns xornais, máis tamén por obra dos libros. Sinala, ó cabo, que tampouco o número de exemplares vendidos rexistraba o número de lectores, habendo libros (cita «Os dous de sempre», de Castelao) que mercede ós préstamos eran lidos por cinco persoas. Eran especialmente ben reputadas e vendidas as obras de Castelao e Otero Pedrayo. Deste último, decía Carballo Calero, recensionando un dos libros saídos da súa por demais pródiga pluma, que era o creador da moderna prosa galega «por desfacerse dos lastres de plebeísmo que impedían dignificarse ô noso idioma»; engadía que Otero tiña a forza do autêntico valor artístico, sendo esta a clave da importante difusión da sua obra, a pesares, eso si, das imperfeccións ortográficas, gramaticais e mesmo lexicais que, con todo non embazaban a sua obra, sendo ademais doadamente eliminables (422).
     E curiosa a valoración que fan da obra de Valle Inclán. Cando fina a principios de 1936, o P.G. reserva amplos espacios en A.N.T. adicados a glosa-la sua obra e personalidade, facendo un chamamento o Grupo de Santiago a asistir ó seu enterro. Recofiecen os galeguistas que: « Tense discutido moito a prol de sí a obra de Valle Inclán era ou non unha obra galega», e resolven que sí: «Galega pol-a forma e galega pol-o esprito que a animou». A louvanza sobe de tono, recoñecendo, agora que morreu, que era a «única representación auténtica da nosa Galicia fora dos eidos patrios» (423)
     Algúns esforzos adican, polo demais, ó teatro. A Sección de Propaganda do Grupo da Coruña, estaba a constituir en 1935 un cadro de declamación, que contaba xa con bastantes membros para escomenzar axiña os ensaios de Yeats, traducidos por A. Villar Ponte e Plácido R. Castro, e, endemais, «A fiesta valdeira», de Rafael Dieste (424). Pola sua banda, o Grupo de Asados (Rianxo) formou un cadro de declamación composto por rapaces, que puña en escea varias pezas de teatro galego (425). E non foron estes dous os únicos casos.
     Algo fixeron tamén no cine. Aparte dun film de propaganda ga
leguista e estatutaria, do que falaremos noutro apartado, cabe destacar a película «Galicia en Buenos Aires», producida por «CeltaFilm», entidade ligada á «Federación de Sociedades Gallegas Agrarias e Culturales», e ó semanario «Galicia» . Nela recollíanse as festas, veladas literarias, actos patrióticos e sociais dos galegos de Bos Aires. En «Celta-Film» sobranceaba a personalidade do afiliado ó P.G., Xosé Saavedra, que trouxo a película a Galicia en 1934 (426).
     Paralela á actividade creadora dun considerable número de adherentes ó P.G., estaba a laboura de difusión. No «Programa de acción para os Grupos Galeguistas» aprobado na II Asamblea (427), redactado por Filgueira Valverde, e considerado por un home de moi distinta significación ideolóxica, Suarez Picallo, como o «breviario do galeguismo», prescribíanse como obrigas dos afiliados, labourar en todo momento por acrecentar o prestixio e os medios das entidades galegas de cultura, difundi-las publicacións e mailos libros «que auténticamente representan o noso esprito» e, ó cabo, traballar polo espallamento da cultura galega en tódolos ordes e por tódolos medios (impresos, conferencias, teatros, coros, etc.).
     Á laboura de difusión cultural entréganse os galeguistas con especial entusiasmo. Neste senso podemos dicir que a actuación do P.G. se acomoda a uns parámetros culturalistas, empregando esta verba coas debidas reservas. Entre as actividades dos Grupos, a organización de ciclos de conferencias culturais, ocupaba un capítulo de capital importancia. Actuaban deste xeito seguindo a directriz tracexada por Filgueira consistente en que:

«Os grupos galeguistas teñen de sere os máis activos axentes na defensa das características da nosa persoalidade, do desenrolo da nosa concencia colectiva, do soerguimento da nosa riqueza, da nosa vinculación á cultura universal»(428)

     Criticando ó folcklorismo cultural sinalaba o P.G. que a maneira de honrar a Galicia non era «botar aturuxos» nin adicar loubanzas sensibleiras a «terriña meiga» e a «emoción da gaita»; o xeito correcto de honrala consistia en mercar libros galegos e coadxuvar ó espallamento da cultura e lingua autóctonas (429).
     Especialmente os rapaces galeguistas adicábanse a ir polas feiras vendendo libros galegos, colabourando os galeguistas adultos coas Mocedades do P.G. na difusión das poesías dos precursores e dos poetas contemporáneos, por medio de follas e folletos (430).
     O apoio do P.G. ás entidades culturais que promocionaban a cultura vernácula é incuestionable. Sintomáticamente consignaba nos seus estatutos que en caso de disolución do partido, os seus bens pasarían a ser propiedade do «Seminario de Estudos Galegos», organismo no que labouraban moitos membros do P.G., padecendo así os rigores dunha especie de doble militancia. Temos constancia documental (431) dun acordo do Consello do P.G., adoptado moi probablemente a proposta de Filgueira Valverde, en virtude do cal o P.G. axudaría con 50 pts. mensuais a pagar o local de «Labor Galego» de Pontevedra.
     Sabemos tamén que o Grupo Galeguista de Páramo promoveu o «Centro Cultural Recreativo», no que adoito dábanse conferencias galeguistas (432). Poderíamos citar máis casos, pero para non abrumar con excesivos datos e sinalada xa a orientación neste senso, contentarémonos con mencionar o « Ateneo de Cultura Político Social» de Sada, no que convivían galeguistas, elementos obreiros e republicanos, do cal foi o primeiro presidente o afiliado ó P.G. Xohan A. Suarez Picallo (irmán do deputado Ramón Suarez Picallo) (433).
     Temos que dicir que non temos constancia de que afiliados ó P.G. participasen na tentativa máis importante de difusión cultural emprendida pola República; referímonos ás «Misiones Pedagógicas», que escomenzan a chegar a Galicia no vran de 1933. Somentes o galeguista Rafael Dieste, que non perteñecía ó P.G., colabourou nelas. Pola contra sí que participaron intelectuais galeguistas nun importante acontecemento cultural, cal foi o «Congreso das Ciencias»celebrado en 1934, no que destacou a figura senlleira de Otero Pedrayo, cunha conferencia encol de «Compostela monumental». A mesma «A Nosa Terra» lle adicou gran atención a este congreso nas súas páxinas (434).



3.7.4-2. Programa e obxectivos lingüísticos

     A lingua aparece na «Declaración de Principios» do P.G., como un dos primordiais rasgos caracterizadores de Galicia, e en calidade de tal proclamaba a vontade de potenciala (435).
     A filosofía que inspira a política lingüistica esbozada por este partido queda ben reflexada no alegato de Vicente Risco enviado polo P.G. ó Congreso de Minorias Nacionais celebrado en Berna. Nel dicíase que Galicia, perdido o seu antergo idioma céltico, falaba un idioma neolatino (436), que é a língua de seu. Consideraba o castelán como idioma foráneo «imposto en Galiza». Ocúpase brevemente da descripción deste proceso de «asoballamento lingüistico» (437), aportando uns datos que non son todos enteiramente fiables (437 bis). Esta consideración do castelán como lingua importada aparece na meirande parte dos escritos galeguistas que versan sobor do tema lingüístico (438). Como nacionalistas tiñan unha estimación ben máis alta da lingua autóctona que da alóctona, en parte por convicción doctrinaria, en parte porque a lingua oficial gozaba xa de suficientes prerrogativas e valedores. Pedían, programaticamente, o dereito ó emprego do galego, e a sua cooficialidade co castelán (439). Poderíamos dicir que o P.G. adheríase a unha postura de bilingüismo desequilibrado en favor do galego para contrarrestar os desniveis con que este se atopaba no uso social. Sin embargo, os galeguistas gardábanse moi moito de dar motivos para que alguén poidese pensar que pretendían desterrar ó castelán fora das fronteiras galegas, insistindo en que eles non tiñan unha xenreira especial descontra o castelán, ó cal respetaban, dado que o único que desexaban era que o galego tivese igoal rango oficial co castelán e, o propio tempo, que fora introducido na escola. Esta era en esencia a súa postura, con matices que en ocasións lle daban un tinto belixerantemente anticastelanista. Aducían tamén que o galego podería ser a ponte de unión entre o castelán e mailo portugués, contribuindo a irmandade dos pobos ibéricos, todo elo dentro da súa perspectiva de federalismo peninsular. Son relativamente abondosos os exemplos desta ramalada de hostilidade contra a lingua castelana, tildada de «imperialista» non poucas vegadas (440). Con todo o que sobrancea é a vontade de dignificación dunha lingua socialmente desprestixiada, ou para decilo con Castelao: «Nós [...] non queremos que na fala dos nosos abós, que na língoa dos Cancioeiros, se siga eispresando, sômentes, a incultura e a probeza que, por outra parte, lle debemos ô centralismo» (441). Por outra banda, era inevitable que o P.G. se erixise en defensor do idioma popular, por ser o pobo (labregos e mariñeiros principalmente, na súa óptica) quen conservara as señas de identidade galegas, das cales a lingua constituía parte principalisima. Como testimuño de que o P.G. era consciente da adecuación lingua-pobo, poderíamos citar numerosos textos (que proliferan por ser esta unha cuestión considerada de vital importancia), de entre os que escolleremos un dun poeta galeguista que reflexa o feito sinalado por exclusión. Delgado Gurriarán publica un poema (442) no que dí que falan o castelán os caciques que habitan nos pazos (fidalgos), os funcionarios públicos, e máis concretamente os encargados do cobro das contribucións, os cregos, sen excluir ós das aldeas, os señoritos da vila, os comerciantes maragatos, os arrivistas, a administración de xusticia; e remata coa seguinte estrofa:

«¡Ouh lingua de Cervantes, de Lope e de Quevedo!;
¡Ouh fala de Castela, nai de conqueridores!;
¡Ouh idioma subrime!; ¡Ouh castelán sonoro!
¡O que é, na nosa terra, tés bos embaixadores!»

     O idioma galego é defendido polo P.G. con ardentía, se ben non exenta de contradiccións, seguindo nisto a tradición galeguista, anterior mesmo ás Irmandades da Fala. No P.G. había un desexo de consecuente lealtade lingüistica, de defensa e uso arreo do galego. Así no «Programa de acción para os Grupos...», proclamábase o imperativo da lealtade: «Os grupos, na sua actuación colectiva, serán de agora en diante inexorabres no uso da língua galega» (443). Tiñan os galeguistas unha adhesión ó galego por motivos intrínsecos, e extrinsecos, poderíamos dicir. Ramón Villar Ponte, probablemente quén máis se destacou na defensa da lingua, amosa que os galeguistas tiñan conciencia do valor político da lingoa vernácula, falando de cultivo «premeditado» e que «puidéramos chamar político, da nosa lingua» (444).
     Pero dicíamos que os membros do P.G. tiñan contradiccións e incoherencias á hora de levar á práctica a proclamada vontade de fidelidade ó monolingüismo, nunha especie de militancia lingüistica. En efecto, todos, ou caseque todos, os galeguistas que se movían nun medio social castelan-falante (os que vivían nas cidades, é dicir, caseque tódolos dirixentes) utilizaban o castelán como lingua familiar, non tendo en xeral os seus fillos o galego como lingua materna (445). Todo parece indicar que na sua correspondencia ordinaria empregaban tamén o castelán (446). Nos seus escritos na prensa eran bilingües, utilizando dende logo o castelán con notable frecuencia. Tal facían homes tan significados como o presidente do P.G., Gomez Román, e outros como Bóveda (447), Anton Villar Ponte (448), Filgueira Valverde, Alvaro das Casas, Alvarez Gallego e ata o mesmo Otero Pedrayo (448) cousa nel moi excepcional. Os únicos galeguistas que escrebían cunha certa asiduidade, dos que non atopamos absolutamente ningún escrito en castelán son: Ramón Villar Ponte e Fernandez del Riego, sendo tamén sumamente consecuentes neste senso Otero Pedrayo e Vicente Risco.
     Significativamente o semanario «Ser», subtitulado en castelán «Semanario Gallego de Izquierdas», estando baixo a dirección de Suarez Picallo, polo que podería estar escrito integramente en galego, está caseque todo en castelán, con algún que outro artigo en galego. Máis ilustrativo ainda é o caso do periodico «Terra!» (450) directamente ligado ó P.G., por depender do Grupo de Redondela, que é bilingüe, ainda que predomina o galego. E dicimos que isto é especialmente significativo porque na prensa diaria non se admitía unha colaboración sistemática en galego, a excepción de «El Pueblo Gallego» (451).
     Ramón Villar Ponte é a conciencia crítica desta situación. Nun artigo titulado «Predicade co exempro» (452) manifesta en tono de censura que, feita a excepción de catro ou cinco, que empregaban decote o idioma vernáculo nos seus escritos, os demais galeguistas que adoitaban escribiren para o público, non o utilizaban máis que de cando en vez.
     Na prensa, o galego podémolo atopar en artigos de opinión, literarios, nas poesías, e en menor medida, nalgún entrefilete ou comentario irónico ou xocoso. Tódolo que era a información resultaba ser dominio exclusivo do castelán. Como nota curiosa diremos que a primeira esquela que atopamos en galego (de Romero Cerdeiriña), cousa insólita, apareceu nun número de «El Pueblo Gallego» aparecido en febreiro de 1931 (452 bis).
     Nos actos públicos, culturais e políticos, era bastante máis cativo o desaxuste entre os desexos de monolingüismo absoluto e a práctica bilingüista (453) e elo por un motivo de orde práctico: os receptores da mensaxe estaban afeitos a escoitar fala-lo galego, que todos entendían, pero non así a lelo.
     Atopámonos, deste xeito, con que o uso do idioma de Galicia por parte dos nacionalistas galegos era básicamente un código interno e un instrumento político. En efecto, poucas dúbidas existen de que usasen sistemáticamente o galego entre eles, como lingua oral; e tamén escrita: toda a correspondencia entre eles —e falamos pola parte que poidemos consultar, que é bastante numerosa e coidamos que representativa— esta invariablemente escrita en galego, con só unha excepción (454). En galego estaban tódolos documentos oficiais do partido e o seu órgano de expresión «A Nosa Terra», e tamén na lingua de Rosalía verquíase unha boa parte dos escritos públicos dos afiliados, e a práctica totalidade das actuacións orais cara a galería.
     Non era o Partido Galeguista o único que utilizaba o galego como instrumento político. Membros doutras formacións políticas o usaban tamén esporádicamente. Tal facía, por de pronto, o sector galeguista da Orga (455) unha personalidade políticamente tan versátil como Portela Valladares, o radical Basilio Alvarez (456) algúns federais, como Carnero Valenzuela, e moitos homes de « Izquierda Republicana», especialmente na campana de mitins que fixeron xuntamente co P.G. cando ambalas dúas formacións actuaban coaligadamente, en 1935 e ó ano seguinte (457). Os partidos marxistas, principalmente na etapa do Frente Popular, valíanse tamén frecuentemente do galego nos actos de masas, sendo perceptible nisto o influxo do P.G. neles (458). Mais arrichado no emprego da lingua vernácula era o Partido Comunista que o socialista, que de sempre tivo máis prevencións ó respecto. Con todo,compre destacar os socialistas Xaime Quintanilla e Marcial Fernández, que adoito expresábanse en galego nos mitins (459).
     O que non facían os restantes partidos, distintos do P.G., era emprega-lo galego na escrita, xa fora nos pasquíns ou nos seus documentos oficiais e publicacións periódicas. Nin sequera nas publicacións do Frente Popular atopamos cousa ningunha que non fora escrita en castelán. E elo a pesares de que o P.G. puxo como condición para se incorporar á coalición frente-populista que toda a propaganda fora bilingüe.
     Por conseguinte, a diferencia entre a práctica lingüista do P.G., e a dalgunhas das restantes forzas políticas (as de esquerdas exclusivamente) non era o uso ou non uso do galego. A diferencia reside, no emprego sistemático do idioma autóctono por parte dos nacionalistas, contra o esporádico dos partidos doutro signo; no uso escrito e oral, frente ó exclusivamente verbal; na convicción, na valoración intrínseca e no esbozo dunha política de defensa do idioma, por contraposición a unha utilización pragmática, e indiferente a sorte que poidera corre-lo idioma galego.
     A percura de coherencia coa proclamada vontade de defensa do idioma vernáculo parte das « Irmandades da Fala». Así, a diferencia do que adoitaba acontecer, o seu Manifesto apareceu publicado en 1918 exclusivamente en galego, e non en bilingüe (460). Na etapa republica asistimos a intensificación do esforzo en aras da lealtade ó galego. Deste xeito, non será nada insólito atopar nas publicacións galeguistas exhortacións ós lectores para que non deixaran de ler os textos redactados en galego pola dificultade que lles supuña a sua lectura (461). Asi pois, temos de recoñecer que a defensa do idioma e o seu uso sistemático non é un simple principio doctrinal que se pon nun programa para non voltar a facer caso del. E unha teima constante dos galeguistas e a proba témola no número de ocasións nas que se insiste nelo (462).
     Bóveda escrebía en galego ós catalanistas (que contaban con traductor) e recibía as contestacións en bilingüe ou catalán exclusivamente, «para irse entrenando» (463). Polo demais, os galeguistas tiñan gran preocupación pola corrección do galego que utilizaban, correxíndose os uns ós outros, e sendo todos un pouco aprendices de filólogos (464). Esta inquedanza levou ó Grupo de Ourense a propoñer que o P.G. se dirixira ó S.E.G. pregándolle que fixera unha edición económica dun diccionario de galego-castelán (465). Citemos tamén o caso de Sebastián Gonzalez e Filgueira Valverde que, invitados a dar unhas conferencias nun cursiño organizado por escolan
tes en Pontevedra, puxeron como condición a de se expresar en galego. Exemplo de defensa pública do galego témola en Antón Villar Ponte que censura a Rey Soto polo seu desleixamento verbo da lingua de Pondal (466). E tamen no seu irmán Ramón, alcendido valedor do galego e atento observador dos comportamentos lingüisticos dos galeguistas, sobor dos que facía caer as suas invectivas a pouco que se arredasen da ortodoxia. Así, recrimina (iso sí, sen dar nomes) ós afiliados ó P. G. que ocupando un cargo de representación pública —nos Concellos principalmente— prescindían do uso do galego; lembráballes a «[...] obriga primeira e ineludibel, que todo galeguista ten, de usare a cotio a lingua vernácula, non xa nas conversas privadas, senón tamén en todal-as suas actuacións púbricas» (467). E remataba de darlles o varapao decindolles que os que non se sentisen con forzas para proceder en consonancia con esta obriga, que dimitisen.
     Compre sinalar que a política lingüistica do P.G. foi combatida dende moi diversos ángulos. Polo pronto as forzas de dereita, de inequívoco cuño centralista, a consideraban como unha mostra de extremismo e adoitaban tildala de separatista. Na outra banda do abano político, a C.N.T., imbuida de «universalismo» doctrinario, ollaba con reticencia, cando non con hostilidade, esta militancia lingüistica do P.G.; hai que dicir, tamén, que non era alleo a este encono o feito de que considerara ó P.G. como un partido de burgueses explotadores. Así, nada menos que o dirixente Villaverde, nun mitin celebrado en Vilaxoán (468), atacou feramente ós políticos que falaban en galego por entender que facían tal cousa para mellor explotar ós labregos e obreiros.
     Máis sotil era a crítica que certas xentes facían ó P.G. por utilizar un galego artificial e arbitrario, que pouco tiña que ver co que falaba o pobo. Os galeguistas defendíanse desta crítica dicindo que sempre houbo en tódalas linguas unha diferencia entre o «sermo vulgaris» e a utilización culta da linguaxe, e que o galego non había de ser menos. E retrucaban que decote foi un pretexto para atacar ó galego, por parte de quen o saben pero non o falan, decir que os que o empregan (moitos dos cais non o adeprenderon como lingua materna) o fan mal (469).
     Había tamén os que lle puñan ós galeguistas a chata de retrógados e oscurantistas por entender que coa sua teima en falar galego opúñanse ós movimentos universalistas dos pobos. Invocaban a necesidade práctica dunha lingua universal na que se poidera entende-la humanidade toda. Esta era unha das críticas máis frecuentes e a rebatila se aplican os nacionalistas. Argüen que cada nación debía falar a sua lingua, ou as suas linguas se tal cousa se dera, pero non por elo se opufian a que cando se conquerise unha federación universal dos pobos, se falase o Esperanto, sen que por elo se deixara de fala-lo galego (470). Para os galeguistas unha cousa era a unidade, que aceptan, e outra a uniformidade que rexeitan decididamente.
     No plano dos logros concretos, cecais sexa a arela de conquerir o decreto de bilingüismo a que máis motiva a actuación dos galeguistas. O pouco de se proclamar a República sae xa a cuestión ó candeleiro; fan repetidas xestións ó longo do primeiro bienio, empalidece o tema ó sobir ó poder a coalición radical-cedista, para voltar a relanzarse na breve etapa en que preside o goberno Portela Valladares (dende o 14 de nadal de 1935 ata febreiro do ano seguinte), momento no que os galeguistas están esperanzados, e todo se volve facer xestións para que se concedera a Galicia un decreto de bilingüismo a semellanza do que Ile fora otorgado a Cataluña anos antes (471); a esperanza segue viva tras da victoria do Frente Popular, pero cando xa estaban a piques de conquerilo mediante a posta en vigor do Estatuto plebiscitado, os acontecementos de xullo coutaron tal posibilidade. O decreto de bilingüismo entendíano a nivel xeral, como cooficialidade das duas linguas que se falan en Galicia; endeben, parecíalles especialmente importante a sua aplicación na escola, onde o problema da exclusión do galego era considerado máis grave pola sua negativa incidencia pedagóxica (472). Tamén era precisamente neste eido no que máis oposición se rexistraba á inclusión do galego. Xa vimos noutro apartado como o primeiro proxecto estatutario, promovido pola F.R.G., atopou a meirande oposición en importantes sectores da opinión (o influinte diario «La Voz de Galicia», e o representante dos mestres López Varela, por exemplo), precisamente no artículo que establecía o ensino obrigatorio do galego nos niveis non só básecos. Para tentar de esvair receios os galeguistas publican na prensa numerosos artigos a prol da necesidade do bilingüismo (473) en xeral, e moi particularmente no ameto escolar. Claro que os anti-bilingüistas eran tamén moi belixerantes e deixaron na prensa da época múltiples mostras desta súa teima (474).
     Temos a impresión de que na opinión pública galega da época —o que equivale a referirse a un sector moi reducido da poboación, pois a meirande parte non constituía o que se adoita chamar con rigor sociolóxico «opinión pública»—, era moi escasa a sensibilización verbo da cuestión da oficialización do galego en pé de igoaldade co castelán. En aparente paradoxa con isto a maioria dos
galegos, empregaban adoito o idioma autóctono, cousa que o P.G. sinala sen canseira. Varias publicacións galeguistas (ANT, «Ser», etc.) difunden un estudo científico realizado por Hans Schneider, no sul da provincia de Ourense no ano 1933 (475), que chegaba as seguintes conclusións sobor da situación do galego:

—Ainda que na mariña e no mar falaban todos o galego, este retrocedía frente ó castelán.
—A morfoloxía e a fonética escomenzaban a estaren alteradas polo idioma castelán en non poucos casos, pero o deterioro notábase especialmente no vocabulario. Sobor da base dun cuestionario de 170 termos escollidos, o porcentaxe de castelanismos (incluindo as formas híbridas, ou castrapismos), oscilaba entre o 8,4 e o 21,5 por cento. Somentes en dous pobos os castelanismos constituían o 18 e 21,5 por cento. O promedio de castelanismos na meirande parte dos pobos era do 11 por cento.
     Tódolo devantido era para o investigador un signo da vitalidade do galego. Neste mesmo senso valoraba tamén o feito de que os emigrantes en América conservaran a lingua galega, tornando a empregala ó voltar. Do mesmo xeito, refire que os fillos dos emigrantes nados no alén mar adeprendian castelán, pero ó chegar a Galicia falaban o galego.
     Xerardo Alvarez Gallego amósase optimista pola revalidación operada en poucos anos co idioma galego; entendía que era indubidáble a sua aptitude en tódolos campos, servindo tanto para expresar temas da pantasía como da investigación e da ciencia, sendo así que xa non poderían desprecialo os que enxuiciaban o asunto «dende o cerqueiro limitado do casiño de cibdade», por inexpresivo, inactual ou esgotado. A laboura científica desenrolada en galego polo S.E.G., da que da conta o bó monto de publicacións e os «Arquivos», estaba na base deste comentario de Alvarez Gallego, quen sosten, por ende, que se mantiña vivo no noventa e cinto por cento da poboación campesina, e era falado, con máis ou menos propiedade, polo trinta por cento dos habitantes das cidades galegas (476). Claro que isto o dí a ollo de bon cubeiro, e sen unha apoiatura estadística rigorosa.
     Se socialmente o idioma galego distaba de estar normalizado, atopándose nunha situación que sociolingüistas como Ferguson ou Ninyoles (477) denominan diglosia ou bilingüismo diglósico, tampouco o estaba normativizado. Cada quén escrebía máis ou menos como lle petaba, pero a preocupación por establece-la uniformización normativa do galego estaba moi espallada entre os galeguistas. En nadal de 1931 Armando Cotarelo comenta a cuestión na prensa sinalando o problema que representaba a efectos de uniformización a existencia de catro grandes zonas dialectais: norte, sul, leste e oeste, notándose nesta última a influencia do asturiano e do castelán leonés, e no sul o influxo portugués. A única solución que albiscaba era facer cos distintos elementos que a realidade lingüistica ofrecía, un idioma literario, ainda que fose dun xeito artificioso, pospoñendo para máis adiante a cuestión de si sería efectivamente aceptado e usado. Estas elucidacións de Cotarelo foron consideradas como perigosas por outro galeguista tamén versado en filoloxía, Domingos Outon, por coidar que podían ser aproveitadas por quén tiñan xenreira descontra da fala galega. Molestáballe que Cotarelo non mencionara para nada a Portugal que Ile dera unha dimensión universal ó idioma común, espallándoo polo mundo; e polo demais negaba que o galego tivera esas subdivisións tan marcadas, non sendo, segundo el, fixas nin exclusivas as variantes comarcais, senón meramente preferenciais (478). No fondo subxacía o temor a que os detractores do idioma utilizaran para os seus fins o argumento do taifas lingüistico.
     Ramón Villar Ponte pola sua banda, entende que sería prematura a unificación normativa, porque «o rexurdimento do idioma» fora encetado ainda facía poucos anos. Razona que o catalán permaneceu moitos anos se normativa única ata que foi establecida unha en 1913, sen que por iso ficase comprometida a sua supervivencia. Califica de impacentes os alarmistas —filólogos, escritores e gramáticos— que se laiaban de que ó cabo de vinte anos ben escasos de «cultivo premeditado, de cultivo, que puideramos chamar político da nosa lingua», esta non abranguera o que o idioma catalán somentes puido acadar ó cabo de algo menos dun século de cultivo constante (479). De distinta maneira pensaba a « Seizón de Filoloxía» do S.E.G., que elaborou e fixo públicas a mediar 1934 unhas normas para a unificación do idioma galego, que semellan máis ben lusistas ou reintegracionistas. No informe da Sección que acompañaba ás normas explicitaban que a orientación seguida era a de: «Achegamento ao portugués nos valdeiros que hai que encher no noso idioma», pero matizaban que:

«Mais somentes debemos achegarmos nos valdeiros que hai que encher na nosa fala, pois agás da nosa principal obriga de deixar que o galego siga ceibemente polos sulcos que él vaise marcando non podemos creer que o portugués sexa unha lingua perfeita ainda coa relativa perfeizón a que se pode aspirar nas cousas do lenguaxe, e por esto cando unha construzón castelán que viva suplir unha falla no galego tomou patria no noso idioma, se aquela é superior técnicamente á portuguesa coela debemos ficar.» (480)

     Digamos, para rematar, que o portavoz do P.G., «A Nosa Terra» manifesta non compartir integramente algunhas destas normas, poro que noustante as adoptaría todas por parecerlle que posibilitaban o libre desenrolo do galego e por entender que era comenente que se escomenzara a escreber o noso idioma con certa uniformidade, cando menos naqueles aspectos nos que ía habendo conformidade, o cal comunica ós seus colaboradores ó efecto de que se ativeran á normativa do SEG.



3.7.4-3. Programa e obxectivos educativos

    
A situación escolar de Galicia no período repubicano presentaba uns rasgos de notable penuria. Segundo datos elaborados en 1927 polo inspector de ensino primario, Luciano Seoane (481), o analfabetismo en Galicia afectaba a máis da metade da poboación galega, estando bastante igoaladas nelo as catro provincias, cun porcentaxe lixeiramente superior nas de Ourense e A Coruña. Polo demais, este tratadista sinala como causas do analfabetismo: a diseminación da poboación rural, o insuficiente número de escolas, a indiferencia e abandono dos pais, a escasa matrícula escolar e a irregularidade na asistencia ás clases. Neste mesmo ano o número total de mestres, sumados os que exercían o maxisterio nas escolas nacionais, municipais e privadas, era de 5.248, que representaba algo máis do 7,5 por cen do total español. O número de asistentes ás escolas primarias en Galicia era de 259.455 alunos, ocupando un maior porcentaxe as escolas nacionais (71,36 %), seguidas das privadas (26,10 %), estando en derradeiro termo as municipais (2,54 %). A media de alunos por clase a situaba Luciano Seoane en 50, que semella baixa en comparación con outros datos aportados por mestres do P.G., que logo ofreceremos. Polo que respecta a matrícula e asistencia escolares, somentes o 53 por cen da poboación infantil escolar estaba matriculada, sendo a asistencia media ás clases do 50,60 por cen do total dos matriculados.
     Tomando como base os datos aportados por Asdrúbal Ferreiro en 1928 (482), o número de matriculados na Universidade de Santiago era de 1.307; cursaban estudios nas Normais de mestres, 848 alunos e 938 alunas; nas Escolas de Comercio, 382; nas de Artes e Oficios, 1.153; nas Industriais, 152; nos Institutos, 2.410, e nos Seminarios, 1.363. Sobor de pouco máis ou menos esta situación, planea a actuación educativa dos sucesivos gobernos e contrapostas políticas, habidos durante a etapa republicana (483). O goberno provisional aplicouse a levar a efecto as vellas ideas do rexeneracionismo costista —«reforma de Ia educación en todos sus grados»—, cun ambicioso proxecto de reestructuración do sistema educativo, inspirado nos pilares dos principios históricos do liberalismo español, da moderna pedagoxía dos institucionistas e mailas ideas educativas do socialismo. Os decretos do ministro de «Instrucción Pública y Bellas Artes», Marcelino Domingo, regulaban o bilingüismo nas escolas catalanas e eventualmente permitían a sua aplicación noutras áreas lingüisticas, creaban as misións pedagóxicas, encargadas de difundi-la cultura xeneral principalmente no ámeto rural, establecían un plan de construcción de cinco mil escolas ó ano (484) para remedia-lo problema de desescolarización de máis dun millón de nenos, incrementaban, ó propio tempo, as retribucións dos mestres, derogando o clásico sistema de oposicións sustituído por uns cursivos de selección, e introducían un novo plan de ensino. Pero o que máis oposicón estivo chamado a ter, foi a proclamación da libertade relixiosa na escola, ainda que se mantiña naqueles casos en que os pais desexaran que fora impartida. No caso de que o mestre invocara a libertade de conciencia, ocuparíase do ensino relixioso un sacerdote. Posteriormente, o director xeneral do Ensino Primario, Rodolfo Llopis, publicou unha circular sentando as bases do que podería ter sido a tolerancia relixiosa na II República. Os mestres, libres de impartiren ou non a relixión nas escolas, tiñan, en cambio, a obriga de comunicar ós pais o dereito que Iles asistía de solicitar da escola instrucción relixiosa. Igoalmente establecíase que os símbolos relixiosos poderían permanecer nas aulas cando houbera consenso entre pais e mestres. Mencionemos tamén, por ser importante o tema para o programa pedagóxico do P.G. que veremos logo, as bases nas que se inspiraba a lei de instrucción pública en preparación, que sumariamente se asentaban nos principios de escola única e educación pública. Eran estas as seguintes: a educación é unha función do Estado, que podía delegar na rexión, provincia ou municipio, pero compatible co ensino privado; debía ser leiga e gratuita, especialmente nos primeiros degraos, activa e creadora; inserta na comunidade social e posibilitadora da coeducación.
     Todo isto foi considerado pola xerarquía eclesiástica, en base ó «Syllabus», como atentatório ó seu dereito a intervir nas escolas. A «guerra escolar» estoupou cando foi aprobada a Constitución o 9 de nadal de 1931 que, recollendo a tradición liberal, proclamaba no artículo 26 a separación entre a Igrexa e o Estado. Deuse a coñecer entón a pastoral colectiva na que se rexeitaba a carta constitucional, afirmando o dereito da Igrexa a ensinar e o dos pais á elección dos centros docentes que estimaran comenentes para a educación dos seus fillos. A disolución da «Compañía de Jesús» e a prohibición de exerce-la docencia, extensiva a tódalas ordes relixiosas subsistentes, non fixo máis que agrava-las cousas, alporizando máis os ánimos.
     O programa e actitude do Partido Galeguista, verbo de todo o devandito non será máis que aplicación específica do seu integracionismo xenérico. En efecto, o sector de dereitas e o de esquerdas, os partidarios da confesionalidade do Estado e os laicistas, dificilmente poderían chegar a poñerse de acordo sobre cuestións tan polémicas como se o ensino debería de ser público ou privado, coeducativo ou segregado segundo os sexos, leigo ou relixioso, etc. Por elo optan por non tocar para nada ningunha destas cuestións que poderían comprometer a precaria unidade do Partido Galeguista. Deste xeito, no brevísimo Programa limítanse a pedir a «Soberanía de Galicia pra determinar a ourentación das súas institucións pedagóxicas» (485), e a «Galeguización do ensino» (486). Pero non só no Programa teñen un exquisito coidado por non tratar tan peliagudas cuestión (que tampouco tratan no máis extenso texto doctrinal que era o «Programa de Acción pra os Grupos Galeguistas»), senón que nin unha sóa vegada o seu semanario oficial (A.N.T.) se fai eco das polémicas xurdidas na sociedade sobor deste particular. O silencio o esguellamento da cuestión, é, de seu, ben elocuente.
     A pesares de que o P.G. lle asignaba á escola un papel privilexiado —decía nun manifesto: «Da escola faredes o instrumento máis eficaz da cultura galega, pra empregal-o a fondo na obra de renovar o esprito da nosa xente» (487)—, reflexo do cal é o gran número de artigos adicados a cuestión educativa, son moi escasos os temas tratados. A única teima, na que machaconamente insisten, é na galeguización do ensino, lóxica proxección do seu nacionalismo no eido da pedagoxía. A preocupación central pola galeguización do ensino tina duas vertentes: as materias, pedíndose a introducción nos plans de estudos de asignaturas referentes a Galicia, fundamentalmente de xeografía e historia, literatura, arte e economía; o vehículo pedagóxico, que implica o uso do galego, xunto co do castelán, é dicir, o bilingüismo (488). Nelo subxacia a idea de achegar o ensino á realidade social de Galicia, para que deixara de ser un instrumento desnacionalizador ó servicio do Estado central. Así decía M. Lema que: «O ensino feito en Galicia —de costas a ela— fai que sintamos preferencia pol-o alleo esquecendo ou negando o noso» (489). Amén disto, o centralismo era, para o P.G., o causante da situación de penuria escolar que se rexistraba en Galicia: «Galicia sofre as consecuencias do analfabetismo que ao centralismo debemos»(490). Non só a escolarización acadaba un degrao baixo, senón que ademais, a asistencia as clases era moi irregular, habendo escolas con 82 alunos por aula, segundo revela o mestre e publicista Pousa Antelo (491). O Estado centralista que con tan pouco, acerto se conducía no eido educativo, en Galicia, era ademais criticado con certa asiduidade polas discriminacións de que facía obxeto ó sistema escolar galego. Así, por exemplo, cando en 1933 se organizaron uns cursiños para profesores, Galicia quedou excluída, ó que resposta A.N.T. cunha dura crítica (492). Por todo elo non nos pode causar abraio que o P.G. anceie que o campo da educación seña de exclusiva competencia do poder autónomo galego. Non estaban os galeguistas moi a ben que digamos coa corrente pedagóxica auspiciada pola «Institución Libre de Enseñanza». Acusábana de centralista, de «grea de xesuítas laicos»(493) que atacan ó galeguismo en todas cantas ocasións se lle brindan. Castelao ten unhas verbas moi duras para calificar a Institución Libre; dí que era a «[...] entidade hespañolista máis temible no tocante á orde cultural»; repite logo o de xesuitas laicos «que intentan afogar o noso espritu valéndose do caciquismo montado dende a Xunta de Ampliación» (494).
     O P.G. solicitaba no seu Programa o: «Dereito ô emprego do noso idioma e cooficialidade co castelán» (495), o cal levaba implícito o bilingüismo no ensino. O primeiro decreto do Goberno Provisional en materia educativa (29-IV-1931) regulaba o bilingüismo nas escolas catalanas, posibilitando o ensino en língua materna, fose catalana ou castelana, nos xardíns de infancia e escolas de párvulos; o ensino da língua castelana ós alunos cataláns a partires dos oito anos de idade (polo tanto ensino en catalán), e a organización pola Universidade de Barcelona de cursos de perfeccionamento do catalán (496). Precisábase tamén no decreto que o tratamento que se lle daba á língua catalana tiña un carácter prioritario, polo acuciante que era alí a situación, pero non de privilexio, «sino que se extiende a Ias otras lenguas peninsulares que se juzguen y se Ias juzgue con idéntico derecho»(497). Deste xeito, Otero Pedrayo, aduce esta «extensibilidade», reclamando nas Cortes o decreto de bilingüismo que se lle concedera a Cataluña, despois de pondera-los méritos que adornaban a língua vernácula do seu país, alegando ademais que a F.U.E. compostelana, tanto no seu programa como nas suas actividades, tiña manifestado sempre esta necesidade (498).
     Pasemos a analiza-lo xeito en que enfocaban o pregonado postulado de bilingüismo escolar. Cremos percibir nesta cuestión dúas correntes, que non coinciden cos parámetros que vimos establecendo de dereita a esquerda, en canto ó degrao de equiparación do galego co castelán na escola. Risco, era bastante moderado nisto; propugna que a escola fora como era a vida en Ourense: bilingüe, marcando o obxetivo de que os nenos adeprendan con perfección as dúas linguas. Ainda que para nada se refire a cal debía ser o idioma utilizado para imparti-lo ensino nos degraos medio e superior (pois no inferior todos estaban dacordo en que debia ser a lingua materna), de aplicarse o bilingüismo descompensado en favor do castelán, que era a situación vixente no Ourense da época, non debería de xogar un gran papel o galego (499). Varios mestres do P.G. que escreben sobor do bilingüismo escolar (500), están máis, ou menos nesta onda de bilingüismo para o galego, propugnando o emprego do idioma vernáculo no parvulario e nos primeiros anos escolares, pero non nos degraos superiores, o que implicitamente tería duas consecuencias: os nenos non terían que soportar o trauma que supón o aprendizaxe nunha lingua distinta da materna, co que non se Iles xeneraría o desprecio e autoodio descontra o propio idioma, pero ó cabo non sería senón unha forma «armónica» de integración no universo do castelán, segundo a nosa interpretación. Frente a este sector erguese unha segunda corrente máis radical verbo do papel que debera desempeñar o idioma galego no sistema educativo. Situamos nela a mestres como Roxerius (pseudónimo co que firmaba os seus escritos Roxelio Pérez González), que proclamaba afervoadamente a: «[...] necesidade de co ensino na Galiza, sexa predominante, senón eiscrusivamente galego, galego e galego» (501); ou como tamén Alonso Rios, que dirixía en Tomiño as escolas «Aurora del Porvenir», sostidas por emigrantes en América e Lisboa, partidarios de que os niveis medio e superior do ensino foran tamén bilingües, agora ben, dando ó castelán o carácter e importancia dun idioma auxiliar, entendendo que a verdadeira cultura galega soamente podería producirse en galego (502).
     Como podemos ollar, a concepción que o P.G. tiña do bilingüismo escolar era bastante moderada, distando moito da radical proposta plantexada por Castelao no seu libro «Sempre en Galiza», consistente en otorgar ó castelán, o papel dunha asignatura.
     Deixando a un lado as posturas teóricas e remitindonos ós feitos, temos de consignar que non existen indicios de que galeguizasen «de facto» o ensino, no que fai a cuestión idiomática. Somentes temos algún testimuño do emprego do galego nos primeiros degraos do ensino (503) por parecerlles un flagrante disparate non utilizar a língua materna. Polo demais, mantíñanse nunha tesitura legalista, acatando a obriga que como empregados do Estado tiñan de ensinar en castelán, en agarda do decreto de bilingüismo que non daría chegado.
     Vexamos agora, un por un, a actuación do P.G., nos distintos niveis educativos.
     A orientación xeral que establecen artigos como os publicados por Pousa Antelo, semella estar inspirada nos principios de adecuación da organización escolar á comunidade na que estaba inserta, segundo os concebía a «Liga Internacional de Educación Nova» (504). Estimaban os galeguistas que a escola rural non debía estar extrapolada do entorno agrícola, e o mesmo polo que fai a escola situada no litoral verbo das cuestións mariñeiras. Das escolas situadas no medio urbano falan menos pola menor importancia que tiñan as cidades, tanto na sua visión de Galicia, como na súa estratexia política. Pero algo dín ocasionalmente; así Nuñez Búa (director do colexio privado «Leon XIII» en Vilagarcía, de ideoloxía católica como o seu propio nome indica e con sona de «duro» polos métodos e disciplina) propugnaba, nunha conferencia dada en Vigo: «Escolas de formación cibdadán e campesiña» a imitación do exemplo danés, e concretamente dos módulos pedagóxicos do profesor Grundwidg (505) Hai tamén algún escrito no que se propón imita-lo modelo escolar vasco, polo menos nalgúns aspectos, como o das «escolas de barriada», que non se refire ás barriadas das cidades, senón a un tipo disperso de escolas apto para atende-las necesidades dunha poboación diseminada como era a galega (506).
     Eran obxectivos primordiais do P.G. neste eido, a utilización do galego como recurso pedagóxico, seguindo os pasos do mestre compostelán Francisco Maria de Ia Iglesia, un dos primeiros pedagogos que empregaron o galego de tal xeito (507), e tamén impartir coñecementos relativos á cultura e realidade de Galicia, insertando ós rapaces no entramado do seu país, de maneira que ficasen racional o sentimentalmente enraigañados na «Terra». Anceiaban ademais os galeguistas enmendar os considerados desatinos, provocados pola visión uniformizadora dos diferentes gobernos centralistas. Isto proxectábano en varios ordes de cousas. Aparte do plan de estudios, no que non entraban materias referidas a Galicia, Risco albiscaba o «criterio uniformizador do Poder Central» no calendario e horario escolar. En efecto, non se axeitaba a disposición oficial do curso, vacacións e horario, á vida rural galega, do que resultaba o absentismo escolar forzoso (508). A isto mesmo alude Falcoeira, quen despois de aplaudir as disposicións do ministro de Instrucción Pública, Marcelino Domingo, adoptadas en marzo de 1936, e que, segundo él, respostaban a un concepto de dignificación do ensino, dí que agardaban que ademais fose trocado ó plan de estudos uniformado, por estar completamente divorciado das «esencias primarias e sustantivas da vida galega» (509). Política uniforme, tamén, nos tipos de asentamentos escolares e no estilo das construccións. Así o significaba Otero Pedrayo, nunha interpelación parlamentaria xa mencionada (510), pedíndolle ó goberno que tivera en conta a maneira peculiar en que estaba distribuida a poboación en Galicia; entendía que no canto dos grupos escolares facían falla moitas pequenas escolas, e que estas debíanse construir con arreglo a un estilo de arquitectura que estivese en armonía coa paisaxe rural e mailas construccións campesinas. Supoñemos que cando menos neste último aspecto a demanda de Pedrayo tería boa acollida, dado que ó ocupa-la carteira de Instrucción Pública, o socialista e «institucionista», Fernando de los Ríos, co encargo de desenvolver a política educativa do Goberno provisional, dictouse un decreto encamiñado a crear prototipos de edificios escolares para cada rexión xeográfica (511). Sebemos, ademáis, que a fins de 1931 aprobouse a partida presupostaria do Estado, para a construcción de escolas graduadas en Vigo, cun total de 18 seccións. Os dous edificios que se crearían para alberga-las, foron encomendados a D. Jenaro Lafuente para que as proxectase cun carácter típicamente galego (512).
     Malestar e protesta dos galeguistas suscitaron as lóxicas consecuencias da existencia dun corpo de funcionarios docentes a nivel estatal. Na realidade de tal corpo, territorialmente uniforme, vían un instrumento ó servicio da asimilación cultural. A protesta do P.G. é, neste senso, bidireccional: quéixase da disfuncionalidade que ocasionaban en Galicia os mestres vidos de fora e descoñecedores das suas «señas de identidade» básicas (513); e a inversa, do problema da marcha de centos de escolantes galegos para ocuparen destinos en Extremadura, Castela, Canarias e Valencia, principalmente (514). Ramón Villar Ponte, propuxo que o P.G. levara a cabo accións destinadas a impedir que continuara este orde de cousas (515), pero o seu partido, pouco proclive a precipita-las cousas, quixo mellor agardar a posta en vigor do Estatuto, co que doadamente se arranxaría este problema.
     Polo demais, tanto na obra de Luis Bello, como no recente estudo de Antón Costa, e na documentación manexada, aparece claro que foi neste nivel onde máis vizoso e intenso resultou o esforzo dos emigrados galegos, primordialmente en América. Dende comenzos de século financiaron a construcción de varios centos de escolas, con boas condicións e en xeral na liña das máis modernas correntes pedagóxicas, sendo especialmente perceptible esta obra nas zonas costeiras. Casos destacados eran as «Sociedades de Emigrantes en Cuba», que a altura de 1933, tiñan construido 75 escolas, dunha ou varias aulas cada unha, ademais de concederen axudas monetarias a escolas xa existentes, ou a Sociedade «Naturales de A Peroxa (Ourense)» , que sostiña trece escolas, ou tamén, a «Ilustrisima Sociedad de Vivero y su comarca», que edificou 21 escolas, amén de colaborar ó sosteñemento de 47 máis (516). A este esforzo de «redención cultural», sumáronse tamén algúns filántropos, como D. Gaspar Vizoso, que donou un edificio en Ares para escola nacional (517). Agora ben, o P.G. aplaudia, nin que dicir ten, todo este labor, pero atopáballe unha eiva, a de non estaren estas escolas suficientemente galeguizadas, fundamentalmente por non incluir nos seus programas, asignaturas de lingua, xeografía e economía de Galicia. Semella que os propios emigrantes, polo menos os da «Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, de Bos Aires», decatáronse delo, e tomaron o acordo, xa en 1925 de orientar dun xeito galego as escolas que sostiñan en Galicia. Pero os resultados prácticos foron, ó decir do P.G., escasos. Na etapa do primeiro bienio, as Sociedades de Silleda e Bandeira en Bos Aires, tomaron a iniciativa de facer das suas escolas unha «Gran Escola Comarcal» de orientación campesina, que era outro dos xeitos de galeguizalas (518). Nela estudiaríase esconomía rural, as posibilidades cooperativas, as de industrialización de productos agropecuarios, novas sementes, novedosos xeitos de traballo labrego, ademais das cuestións culturais galegas e do ensino en xeral. O autor do artigo do que tomamos esta información descoñece o degrao de plasmación desta iniciativa. Tamén por aquelas datas, a «Unión Provincial Ourensá», de Bos Aires, á que caracterizan como unha «bella institución de esprito avanzado, social e democrático», que sostiña dende facía moitos anos unha escola leiga en Ourense, acordou subvencionar unha «Escola Galega», encomendando a sua dirección ó Grupo Galeguista de Ourense. E non foi somentes esta a única experiencia pedagóxica galeguista; o filántropo galeguista, Francisco Dominguez Mosquera, financiaba a escola de Santiago de Lousada, no Concello de Carballedo (Lugo) (519); as Mocedades Galeguistas de Celanova e Vigo, o Grupo Galeguista de Santiago e algúns outros andaban na endeita de organizaren escolas galegas a imitanza da que precursoramente fundara a Irmandade da Fala da Coruña (520).
     Na renovación dos métodos pedagóxicos non eran os galeguistas moi renovadores. Así, Vicente Risco, especialista no tema, ante o encargo feito polos emigrantes residentes en Bos Aires ó Grupo de Ourense, para que dirixira unha escola financiada por eles, resume o seu «Plan Pedagóxico pr'a galeguización das Escolas», que fixera en 1921. Propugna que o escolante dispoña de libertade para empregar os métodos que mellor lle parezan, móstrase reticente verbo dos métodos «novos e raros», e engade que «na nosa terra, a discipriña escolar non pode ser tan laxa como pretenden certas escolar d'outros países» (521). Claro que esta concepción pedagóxica autoritaria, que compartía tamén, como xa deixamos dito, Núñez Búa (522), non podemos sen máis, facela extensiva ó conxunto dos integrantes do P.G. De tódolos xeitos, semella evidente a pouca preocupación pola innovación dos métodos pedagóxicos.
     Polo que fai ó segundo degrao do ensino, solicitaban cátedras de língua e cultura galega. Cando ocupaba a carteira de Instrucción Pública, Barnés, establecéronse varios Centros estratéxicos para a selección e preparación de profesores encargados de curso nos Institutos e Escolas subvencionadas de segundo ensino. Como queira que a Galicia non se lle asignara ningún centro destas características, Otero Pedrayo o reclama nas Cortes, amosando o espantallo do separatismo como arma de presión, dicindo que de continua-la confabulación deste e outros ministerios contra Galicia, non atoparía Galicia para o logro das suas aspiracións máis que dous camiños: «o Ia autonomía o el separatismo» (523). Gran preocupación lles merece a situación das escolas de maxisterio, chamadas «Normales» . Destaquemos que na Normal de Maxisterio de Pontevedra tiveron lugar uns cursos de cultura galega, nos que deron conferencias destacados galeguistas. Otero Pedrayo, pide no curso dunha interpelación parlamentaria, realizada en maio de 1933, cátedras de galego para estes centros (524). Tras do triunfo do Frente Popular, volven novamente a insistir neste tema (525), solicitando ademais cátedras de asignaturas referentes á cultura galega (526). Testimuño da importancia que lle otorgaban ás Normais, é a pintoresca proposta dun galeguista anónimo, autor dun escrito no que plantexa apoderarse do profesorado das escolas Normais, considerando esencial a incidencia destes «forxadores de espritos» (526 bis).
     No eido universitario abondan as referencias e mailos escritos dos galeguistas. Pero antes de aludir a eles esbozemos brevemente a situación do ensino universitario na etapa republicana. No bienio azañista sobrancea o proxecto de lei de Bases de Reforma Universitaria, que tentaba de crear unha Universidade moi distinta da que quedara configurada pola lei Moyano. Frente a unha institución tradicional que se limitaba a administrar o saber adequirido e a proporcionar títulos académicos, prefigurábase unha institución que asumise a triple función de difundi-la cultura moderna, formar cientificamente ós diversos profesionais e fomenta-la investigación. Os avances conqueridos no primeiro bienio quedaron en gran parte suprimidos na contrarreforma educativa emprendida no bienio radical-cedista; desapareceu así a representación estudiantil nos claustros, xuntas de goberno e xuntas de facultades, púxose cabo a autonomía de Cataluña en materia de ensino, etc. Na etapa frentepopulista tentouse de continua-la política encetada nos primeiros anos da República, pero a falta de tempo e a atención preferente otorgada ó primeiro ensino, non permitiron a consecución de obxetivos importantes (528), o que era certamente moi pouco. Vicente Risco adica un importante artículo a comenta-la situación universitaria en 1931 (529). Escomenza considerando que a Universidade Compostelana non era galega senón unha universidade castelana enclavada en Galicia. Por elo a cultura galega tiña que vivir de costas á vida oficial, o cal non era bo, polo que propugnaba a conquista da Universidade para a cultura do seu país. Sinala tres factores básicos que operaban como axentes desgaleguizadores: o profesorado, «habendo catedráticos nemigos xurados da renacencia galega»; o alto porcentaxe de alunos matriculados, procedentes de fora de Galicia, fundamentalmente vascos e cataláns que, segundo él, en Facultades como Dereito, Letras e Farmacia, chegaban ó 60 por cento ou máis; e tamén o abandono de Galicia de moitos estudiantes galegos, que ían matricularse á universidades de fora, primordialmente Valladolid, que tiña sona de «coladera», como en épocas anteriores ían a Salamanca. Polo demais, consideraba necesario potencia-la Universidade, dotándoa de máis medios, e traballar asimesmo pola «Residencia de Estudantes», en Santiago, para atraguer ós estudiantes galegos, máxime considerando a competencia que supoñería a posta en funcionamento da cidade universitaria de Madrid, empresa na que colaboraban emigrantes galegos en América, ós que criticaba por elo. Algo máis aporta Fernandez del Riego, que trata adoito estas cuestións. Pronunciase pola democratización do ensino e pola apertura da Universidade ós probes con talento, en tanto que non debían acceder a ela os ricos sen vocación nen aptitudes (530). Otero Pedrayo reclama nas Cortes a autonomía universitaria para Galicia, estimando necesario que a Universidade de Compostela gozara dun amplo marxe para que poidera crea-las Facultades que Galicia percisaba e, entre elas, moi principalmente, unha Facultade de estudios rexionais. Agora ben, Pedrayo, para disipar receios, precisa que isto non quería decir que os galeguistas quixeran pechar a Universidade á cultura universal, senón que o que pretendían era converti-la Universidade galega nun foco de cultura universal, e que o cosmos do saber universal fora estudiado con espíritu e sensibilidade galegas (531). Antes xa, os deputados galegos pedíran ó Goberno unha Facultade de Economía para Santiago (532). Pero o gran tema para o P.G. era a galeguización da Universidade. Por tal, o estudantes de dereito —por certo que a Facultade de Dereito era considerada daquela como a máis progresista e menos desgaleguizada— Carballo Calero entendía: «[...] estudar os problemas xenerais tendo en conta que os que estudan son galegos; estudar galegamente o universo. Imprantar logo cadeiras especiais pra os nosos problemas, e poñerse a servirse do idioma natal de acordo co-as concrusiós da Asociazón Profesional de Estudantes de Dereito» (533). De tódolos xeitos, pouco foi o conquerido. A laboura galeguizadora realízana primordialmente os estudiantes, polo que consideramos oportuno relatala no apartado correspondente ás Mocedades Galeguistas, sendo de destacar que a presión ambiental na Universidade Santiaguesa debía ser de tal índole que ningún dos moitos profesores universitarios cos que contaba o P.G., utilizaba o galego para imparti-lo ensino.
     O P.G. estaba fundamente satisfeito coa rectoría de Rodriguez Cadarso (Otero Pedrayo non ten reparo en louvalo nas Cortes) a quen consideraba como galeguista. Na etapa de Cadarso, organizaronse na Universidade catro cursos libres, de quince días cada un, de historia, literatura, idioma e xeografía de Galicia, dos cales somentes se celebaron dous que, ó dicir de Risco, tiveron un éxito extraordinario; encetábase así unha orientación comprensiva cara os pilares da cultura autóctona (534). Finado Rodriguez Cadarso en accidente, sucedéuno Montequi, quén, a pouco de tomar posesión do rectorado en 1934, fixo unhas declaracións nas que falou de «la Universidad Española en Galicia», e referíuse á Residencia de Estudiantes dicindo que pagara os pratos rotos do «fracasado» Estatuto Galego, por daren algunhas corporacións municipais para a propaganda estatutaria o que habían dar para a Residencia, declaracións, dicimos, que o P.G., calificou de desafortunadas (535). Con Montequi os cursivos de cultura galega quedaron suprimidos e anulada a laboura do Instituto de Estudos Galegos e Portugueses, sendo en xeral «antigaleguista» a orientación marcada por este Rector, polo que foi obxeto de crítica, menudeando as declaracións de membros do P.G. nas que sinalaban que con Montequi a Universi
dade galega era «eisaitamente igoal que se dixéramos, Universidade inglesa de Calcuta» (536). Así seguiron as cousas ata que no ano 1936 foi elexido Rector, Luis Iglesias, que era discutido presidente do S.E.G. Para chegar ó Rectorado houbera unhas eleccións nas que resultou derrotado o candidato Novo Campelo, que, segundo o P.G., para axuntar votos entre os seus compañeiros de claustro, alegara a sua condición de antigaleguista declarado. O P.G. manifesta que puído facer campaña de prensa contra dél, ou ben actuar perto dun bo número dos que o podían elexir, pero que preferiu non facelo, seguro como estaba de que o Claustro non sería capaz de descoñece-lo estado de opinión operante en Galicia (537). De tódolos xeitos, engadamos nós, en « E.P.G.» e tamén en «El Faro de Vigo» , ex-universitarios que ocupaban á sazón postos de relevo no campo da ciencia galega (entre os que figuraban membros do P.G.) fixeron campaña descontra de Campelo (538). O P.G. saudou con prudencia ó novo Rector electo, Iglesias, que a pesares de ser presidente do S.E.G., non só non era galeguista, senón que tampouco era galego, como non puido deixar de dicir o P.G.(539).



3.7.5. Programa Laboral

    
Ocupa o apartado laboral do P.G., dentro do seu programa xeral unha extensión moi reducida proba do escaso interés deste partido polos traballadores asalariados, que son os destinatarios do conxunto de medidas propostas. Contrasta este apartado, que ocupa o terceiro lugar no seu programa co que ven a renglón seguido, o referente ás cuestións agrarias, que ocupa moito maior espacio.
     Volvamos a repetir unha vegada máis que isto non quere dicir que o P.G. fora agrarista, no senso de non querer para Galicia un despegue industrial; moi o contrario, o seu programa agrario orientase a reestructura-lo campo mellorando a productividade mediante unha reforma cooperativista da agricultura que redundaria nunha ampliación do mercado interno de Galicia o incrementarse a capacidade adquisitiva do campesinado; isto era condición sine qua non para un programa de desenrolo industrial de base nacional galega. O feito de que se lle adicara moita maior atención o problema agrario que ás relacións laborais no mundo da industria, evidencia sobor de todo o seu orde de prioridades que é o lóxico nun proxecto de modernización económica, pois sen contar cunha prospera economía agraria resulta dificil concebir un programa de desenvolvemento industrial. Ainda máis, o primeiro é premisa para o segundo.
     Polo demáis, xa dixemos que no medio rural estaba a potencial base de movilización do P.G.
     Non só era reducido o programa laboral senón que, ademais, estaba redactado nuns termos eufemísticos bastante notorios. En cinco breves puntos reivindican a aplicación a Galicia das normas internacionales da lexislación do traballo, o reconocemento de «dereitos sindicaes», ambígua expresión que deixa unha porta aberta a restrición destes dereitos dado que non se pide expresamente o reconocemento de tódolos dereitos, nin tampouco se mencionan aqueles que teñen de ser recoñecidos.
     No punto terceiro introdúcese unha petición reformista tinguida dun idealismo conectado coa doctrina social da Igrexa; todo elo nuns termos ambiguos e mesmo confusos nos que aparece polo medio a familia: «Réxime integral de seguro social, previsión e xusta participación familiar do traballo no beneficio» (540). O apartado remata pedindo a prohibición do traballo industrial para os menores de 16 anos, e maila creación de escolas de orientación profesional ou de traballo dependentes do poder autonómico. Como se pode ver, as omisións son notorias; o salario mínimo, as condicións de seguridade e hixiene no traballo, a xornada laboral, e representación dos traballadores no seo da empresa, etc., están ausentes.
     Tampouco no Programa aprobado en 1932 na sua II.ª Asambreia, atopamos maior concreción que no Programa fundacional. Máis ainda, xa nin siquera se alude á problemática laboral, seguramente considerando que co dito no correspondente apartado do primeiro programa abondaba; elo a pesares de que no programa de 1932 amplianse considerablemente certos apartados, como os correspondentes á cultura, autonomía, cooperativismo e a proxección ideolóxica universal.
     Posteriormente, na IV Asamblea, celebrada en Santiago en abril de 1935, o Grupo Galeguista dunha cidade onde o peso da clase obreira se deixaba sentir, como era A Coruña, presentou unha proposta solicitando que o P.G. estudase os problemas industriais e económicos co fin de elaborar un programa laboral axeitado, ampliando o apartado correspondente ó Traballo, de xeito que estivera en consonancia coa progresiva significación que o proletariado ía tendo na política galega, sobre da base do cal escomenza-la propaganda do P.G. nos centros industriais de Galicia. A Asamblea non tomou con demasiado interés a proposta, e a cuestión ficou medio esguellada co acordo de que o Comite Executivo fixera un estudio meditado do tema (541). A preocupación polas eleccións xerais e polo plebiscito do Estatuto, acapararon a atención do partido obxeto de estudo, de xeito que o tema laboral non volveu a sair a colación.
     O feble peso específico dos traballadores asalariados, unido á sua maioritaria adscripción a organizacións estatais e ó feito de que non eran os obreiros os principais detentadores das señas de identidade que configuraban a diferencialidade galega, facía que o P.G. reparase pouco neles, considerandoos como clase «para a nación», e non como clase «para sí mesma». En efecto, a gran maioría das ocasións en que se alude ós asalariados, é no contexto da problemática nacional galega xeral. Así, no conflicto do ferrocarril, a construción do cal era un obxetivo interclasista, alúdese ó problema do paro obreiro que ocasionaría a paralización das obras, como un elemento máis a prol da sua reanudación. Tamén na crise da construción naval do Ferrol, refírese o P.G. á crise laboral como un dos determinantes do deterioro social e económico de Galicia, especialmente grave polo risco de que toda unha cidade galega, que vivía exclusivamente dese ramo da industria, quedase reducida á mínima expresión.
     Non é ningunha casualidade que os conflictos sociais intragalegos, os conflictos propiamente de clase, ben están ausentes, ben aparecen en sordina, ou ben son interpretados con arreglo o esquema: enfrentamento pobo/caciques ó servicio do centralismo, nas páxinas de «A Nosa Terra». A razón é clara: menoscababan a cohesión nacional, crebaban a desexada unidade de tódolos galegos. Polo demais, as referencias que atopamos ós dereitos laborais dos asalariados están caseque sempre insertas e diluidas no conxunto «dos que viven polas súas mans», para decílo con Jorge Manrique. Así, no bienio radical-cedista Bóveda sinalaba nunha conferencia que os gobernantes: «se propoñen furtar as lexítimas conquistas dos obreiros, tiranizar ao labrador, agobiar ao contribuinte pobre [...]» (542). E Suarez Picallo, pola sua banda, entendía que o P.G. debía traballar polas: «conquistas democrático-sociais tendentes a un superior nivel de vida das nosas clases laboriosas» (543).
     Sinalemos, ó cabo, a primordial actuación do P.G., verbo das cuestións laborais. Suarez Picallo dirixíu no Parlamento un rogo ó ministro de Traballo e Previsión (544) pedíndolle que a Lei de Seguro de maternidade fose adaptada ás características específicas da industria galega, e que, no entretanto, non se fixera efectiva a sua aplicación. Explica que él por principio non se opuña a ningunha lei de previsión social, pero sí particularmente a aquela por estar concebida cun criterio uniforme, polo cal motivo estaba provocando perturbacións na industria conserveira de Galicia. As propias mulleres empregadas na industria conserveira opúñanse a ela, e declararanse en folga (especialmente as afiliadas á C.N.T.), porque exceptuados uns cantos centenares de obreiras permanentes, en Vigo especialmente, as demais eran eventuais. Traballaban en xeral tres meses ó ano, tendo que pagar todo o ano o seguro de maternidade. A meirande parte eran mulleres de labradores e de emigrados, que compangaban o traballo das terras co da elaboración das conservas de peixe durante tres ou catro meses do ano, nos cales o cultivo do campo requería menos coidados. Ademais eran moitas as solteiras. Picallo remata expoñendo o criterio do P.G. consistente en que debera ser o goberno autónomo galego o que aplicase a lexislación social, dado que consideraba próxima a conquista do Estatuto.



3.7.6. Programa Xurídico e Administrativo

     O
darradeiro epígrafe do Programa galeguista (o VIII), plantexa os problemas xurídicos. A este respecto reclaman un dereito que testimuña o alcance do escoamento migratorio, que deixaba á muller casada nuha situación de desvalimento legal ó monopolizar o home certos dereitos civís que lle eran negados á muller (tiña que ser representado polo seu marido nun xuício, non poidendo legalmente defenderse ela sóa, p.e.). Este debía de ser un problema bastante xeneralizado e agudo para que o P.G. tente de porlle remedio pedindo a: «Igualdade de dereitos civiles pra muller casada no caso de emigración do marido».
     A petición é do máis timorata e non arranxa a situación de discriminación da muller, senón que se limita a paliar unha situación extrema de aguda penuria legal na que se tiñan de atopa-las viuvas de vivos. E é que o P.G. non pide a igoaldade de dereitos civís para a muller en xeral, senón só para as casadas que por ende tivesen os maridos emigrados. Lembrémonos de que no concernente ós dereitos políticos este partido era máis igualitario.
     Solicitan tamén que cando se aplicase a lexislación galega, a función dos tribunais de xusticia rematara en derradeiro recurso en Galicia. Piden, ademais, o recoñecemento das modalidades de dereito civil galego: campaña familiar, dereito sucesorio, réxime matrimonial dos bens, distribución das terras, e certas formas contractuais, etc.
     Galicia ten, nefeuto, un dereito foral que non foi recollido no Código Civil escomenzado a facer a fins do XIX, nin tampouco foi introducido no apéndice que se fixo posteriormente como acontecera co de Aragón (545). O Dereito Foral Galego consta de múltiples institucións peculiares, entre as cales as sucesorias —testamento mancomunado, mellora e petruciazgo— son as máis significativas, pero non as únicas: compaña familiar, viudedade universal, foros, montes e augas comunais, son tamen importantes.
     Foi o deputado pontevedrés Rodriguez Castelao quen, nunha intervención parlamentaria en defensa da pequena propiedade rural (546) mencionou o «Apéndice ao Códivo civil» que fora presentado ás Cortes de 1915, e ainda estaba sen aprobar, solicitando que fose levado ó Parlamento, para ser aprobado tras poñelo ó día. Consideraba que a aprobación do Apéndice ó Código civil era requisito imprescindible para solventa-los problemas do minifundismo galego. Nada se conqueriu e posteriormente a cuestión sae de novo ó candeleiro cando, a proposta de Banet Fontela, a IV Asamblea do P.G. decideu dirixirse ó goberno protestando pola preterición que se cometera con Galicia ó non concedérselle un posto na Comisión Xurídica Asesora ós Colexios de Abogados de Galicia, expoñendo unha interesante argumentación en apoio desta pretensión, polo que consideramos oportuno reproducila en nota (547).
     O tema xurídico-social en relación coa propiedade rústica de Galicia é abordado nun estudo de Lois Rivaya Riaño (548), cumplindo deste xeito o acordo da III Asamblea do P.G., a tenor dunha proposta do galeguista Ovella, consistente en ir elaborando un variado repertorio de proxectos lexislativos, referentes ás principais cuestións que tiña plantexades Galicia, que terían de ser promulgados e levados a efecto polo parlamento autónomo en canto se constituise (549).
     E, xa sen máis, pasemos a analiza-lo programa e obxectivos do P.G. verbo das cuestións administrativas.
     A división provincial e municipal de Galicia vixente na II República era considerada polo P.G. como desaxeitada ás características de Galicia. Analisemos primeiramente cal foi a orixe destas institucións administrativas.
     Galicia nos comenzos da Idade Moderna aparece dividida en cinco provincias que se corresponderían coas principais cidades daquela, que por seren tales posuían en exlusiva o dereito de representación na «Junta del Reino»: Santiago, Betanzoa, Lugo, Mondoñedo, e Ourense. Esta estructura pervive ata a metade do século XVI, intre no que Tui e A Coruña se erixen tamén en cabezas de provincia. Así continuarán as cousas deica 1785, ano en que se procede a efectua-la reforma de Floridablanca, de xeito que o Estado Español pasa a estructurarse en 31 Intendencias, unha das cales era a galega; deste xeito se lle pasará a denominar Provincia a toda Galicia (de ahí a denominación de provincialista ó movimento de Faraldo e Romero Ortiz). Segundo o estudoso deste tema, Pablo González Mariñas (550), Galicia recibía tamén a denominación de Reino-Provincia. Deste modo as antigas sete provincias esmorecen e van perdendo vixencia, fenómeno facilitado polo feito de que no parece que tiveran endexamáis unha significación administrativa de primeiro orde, todo elo sin que cheguen a seren abolidas, de modo que coexisten coa Intendencia. A principios do século XIX a tras dos avatares da guerra de Independencia, instaurase en 1813 a primeira «Diputación Provincial Unica de Galicia», na que teñen asento os vocales das vellas sete «provincias». O ano seguinte, Fernando VII suprime as diputacións no seu afán de desmontaxe da organización provincial saída das Cortes de Cádiz. Pasado o sexenio absolutista, ábrese paso o liberalismo que dominará o Trienio Liberal (1820-1823), no que reaparecerá por segunda vegada a «Diputación Provincial Unica». Neste período dividíuse Galicia en 43 Partidos xudiciales en troques dos 47 existentes ata entón, pero tal medida provocou fondo malestar e múltiples protestas nos pobos, polo cal as Cortes reunidas no vrán de 1821 decidiron deixar sin efecto a devandita reestructuración. A Diputación Unica, Pola sua banda, acordou establecer Axuntamentos nos lugares nos que xa se tivesen creado en 1814 e progresivamente nas restantes localidades, elo a pesare do seu desaxeitado acomodo á dispersión do habitat e papando por riba da oposición dos curiais temerosos de perderen os seus privilexios. Para efectuar a división tetraprovincial de Galicia, a Comisión de Xeografía das Cortes realizou unha «Carta Geográfica» á que, ainda que non haxa uns datos enteiramente satisfactorios a este respecto, podería atribuirselle en parte o feito de que quedaran fora das provincias de Lugo e Ourense áreas que son cultural e lingüisticamente galegas. Dicimos que só en parte xa que o Bierzo realizou esforzos notabeis para artellarse como provincia arredada de Galicia. Pola contra, consta o interés de moitos pobos do Reino de León por incorporarse a Galicia, pretensión que recibeu o respaldo da «Diputación Unica de Galicia» , inda que logo non prosperou. Por lei decretada o 27 de Xaneiro de 1822 dividíuse Galicia en catro provincias, o que levou consigo a desaparición da Diputación única. Os límites e capitalidade das provincias de Ourense e Lugo foron aceptados sin disputas, pero non sucedeu o mesmo coas da Coruña e Pontevedra, dado que Santiago por un lado e Tui polo outro, impugnaron a capitalidade e presentaron propostas de división de Galicia ata en seis provincias. De tódolos xeitos, esta desagregación da Diputación única en catro durará pouco, pois os bandazos de un e outro signo que abanearon o século pasado dificultaron a consolidación das novas institucións. Así, a «Década Ominosa» que se extende deica 1833, supuxo unha regresión ó vello organigrama administrativo cortado polo patrón do «Ancién Régime». Tería que chegar a década seguinte, de moderado liberalismo, para que quedara definitivamente consolidada a división de Galicia en catro diputacións provinciales, que chegarán caseque incólumes ata os nosos días. Un goberno mornamente reformista de Cea Bermúdez aprobou por Real decreto, o 30 de nadal de 1833, inspirándose nos proxetos elaborados por Javier de Burgos, a mencionada división provincial o tempo que clarificou o anteriormente confuso mando provincial que pasou a encarnarse nos recén nados Subdelegados, que máis serodiamente pasaron a denominarse « Gobernadores Civiles». Agora ben, a provincia liberal e constitucional, nace cun cuño inequívocamente centralizador: é un ente administrativo creado e afortalado non para facer máis vizosa a vida local, senón xustamente para o contrario, para multiplicar a eficacia do exercicio do poder central nas áreas máis excéntricas.
     O P.G. criticou acerbamente a arbitraria división administrativa que separou de Galicia algúns territorios que son étnicamente afins; deste xeito reclamaba, como xa temos indicado, no seu Programa de Acción: «Incorporación a Galicia das terras colindantes que teñen comunicade étnica, histórica, e lingüistica con ela, sempre que se determiñen a elo por medio de plebiscito.» (551)
     Comentaba Paz Andrade (552), pouco tempo denantes de crearse o P.G., pero reflexando as suas palabras perfectamante ben o pensamento deste, que España era un mosaico administrativo retallado en medio cento de provincias, tan irreal, frio e artificioso como os mosaicos cerámicos. Entendía que nin ainda disponendo as Deputacións de gran amplitude de funcións e folgura de medios económicos, situación de que gozaran na etapa de Dictadura mercede ó «Estatuto Provincial», foron quen de revelarse como eficaces. Valoraba tamén, este mesmo autor noutro artigo posterior (553), que o erro fundamental da Constitución republicana, residía en facer conciliables a existencia das provincias e das rexións autónomas, co cal dificultábase que o novo estado autonómico tivese unha dinámica administrativa «desembarazada e eficiente». Por conseguinte o P.G. pedirá a desaparición das Deputacións provinciais e a sua sustitución por un único organismo democrático e deliberante capaz de rexir con enteira autonomía os intereses de Galicia. E é que ademáis da ineficacia demostrada, o exclusivo recoñecemento de catro provincias escuartexaba a unidade política de Galicia como nación; amén do cal fomentaba divisións e liortas localistas. Pero vaiamos por partes:

«Galicia por obra do centralismo cesarista, está arbitrariamente dividida en catro anacos. Catro feudos políticos a cuio frente cada novo Goberno pon outros tantos representates seus. A unidade política galega está así rota, sendo o corrente que tales representantes do Poder central obren de xeitos distintos, asegún a súa persoalidade e conforme as inspiracións do xefe provincial de turno.» (554)

     Tampouco o sistema de Axuntamentos quedaba libre da posta en solfa, dado que os Axuntamentos eran en todo caso para este partido, instrumentos do centralismo, sen apenas autonomía con respecto ó poder central, e situados de maneira improcedente e aleatoria no ámbito rural. De aí que o P.G. incorporase o seu Programa a petición da: « Prena autonomía municipal, recoñecendo a persoalidade administrativa da parroquia rural e da comarca con dereito a administración dos seus peculiares intreses.» (555)
     No propio Nomenclator de 1920 alúdese a unha entidade con personalidade propia de orde civil, inferior en tamaño o Concello, que só existe en Galicia, na zona occidental de Asturias e no Bierzo leonés: a parroquia. A pesares deste reconocemento explícito, endexamáis se estableceu unha lexislación local específica para Galicia, e así o denunciaba Cuevillas (556).
     O sistema de Concellos estaba pensado para agrupacións humanas rurales ou urbanas pero non para unha poboación rural espallada nunha moitedume de lugares que se denominan parróquias. Os nomenclátores oficiais sinalan a existencia de 3.811 parróquias, tendo cada unha delas: «Un territorio, uns montes veciñais, un cimiterio, un santo patrón, unha eirexa, unha festa, un pedáneo, unha vecindade da feito e unha concencia parroquial» (557). Abundan, nos escritos dos membros do P.G., as referencias exaltadoras da importancia capital das parroquias; así, para Risco «a unidade económica en Galicia é a casa, e o fato social trasfamiliar é a parroquia». Como «auténtica molécula social do noso campo», e «a forma natural, espontánea e inmorrente da poboación campesiña», a califican respectivamente Cuevillas e Otero Pedrayo.
     Os Concellos que ficaron establecidos en Galicia varían entre 100 e 400 Km., polo que forzosamente agrupan a varias perroquias, quedando algunhas delas a cabalo de dous municipios. Este desaxuste motivou a falla de vida municipal nos Concellos rurais. Foi en parte así, na opinión do P.G., como xurdiu o ente simulador desa función inexistente: o cacique. Por todo o cal, o P.G. nas súas «Bases pra Reforma do Réxime local», era terminante a este respecto: «Os Concellos rurás deben ser suprimidos sen ningunha vacilación (558). Deste xeito, só subsistirían os Concellos das cidades e vilas, ós que se lle engadirían os nucleos rurais que xirasen na súa órbita económica. Ademais, no proxecto de novo réxime local de Cuevillas, as parroquias non só serían recoñecidas, senón que ademais terían ó seu cargo unha serie de servicios rurais, que deberían ser transferidos dende os Concellos que desaparecesen. As parroquias funcionarían en rexieme de Concello aberto, baixo a presidencia dun pedáneo ou vigairo elexido por elas. As suas fontes de financiación virían dadas polos repartementos que as parroquias mesmas acordasen nas suas seccións, a base das contribucións. A nova Administración de Galicia, tal e como a concebía o P.G., debía estar asentada sobor dos pilares da parroquia, e da comarca natural ou bisbarra. Agora ben, o problema xurdía, amén da factibilidade política do proxecto, da inexistencia dun estudo sobor das bisbarras galegas que permitise precisar con exactitude os límites de cada unha delas, límites que non estaban para ninguén claros a diferencia dos das parroquias que eran conecidos con precisión polos vecifios que habitaban nelas, tal e como o pón de relevo Anton Vilar Ponte (559).
     Fora destes grandes temas de doctrina nacionalista, nos atopamos cun valeiro grande no que fai a programas de ameto municipal. O P.G. prestou escasa atención a este tema, dispoñendo de moi poucos concellais. O primeiro programa local elaborado polos galeguistas foi o do Grupo de Sada en 1935 (560). A estas alturas da República, a «Segredaría Política» do P.G. pasa a considerar importante a cuestión e exhorta ós demais Grupos a seguiren o exemplo do da Sada. Tras das eleccións xerais de febreiro de 1936, créndose próxima a celebración de comicios municipais, eran varios os Grupos que, como o de Vigo, estaban a elaborar programas locais con solucións concretas e alternativas ós problemas municipais (561).




NOTAS


 (269) Discurso de Picallo; García, X.L., Op. cit., páx. 279.
(270) A.N.T., 1-I-1932, páx. 5.
(271)  Discurso pronunciado o 12-I-1932; García, Xosé Lois, Op. cit., pp. 177 e segts.
(272)  Tivo lugar o 25-V-1933. Ibídem, pp. 367-368.
(273) De feito protesta Picallo polo abandono en que, segundo él, estaban os portos de Vigo e A Coruña nos presupostos do Estado, a pesares de seren os de maior tráfego de pasaxeiros e con todo e seren as tres provincias litorais galegas as que representaban o 75% de toda a riqueza pesqueira do Estado, Ibídem, pp. 367-368.
(274) Intervención acontecida o 25-V-1933. Ibídem, pp. 362 e segts.
(275) A.N.T., 13-VII-1935.
(276) A.N.T., 4-V-1935.
(277) Intervención parlamentaria tida o 25-V-1933; García, Xosé Lois, Op. cit., páx. 336.
(278) A.N.T., 4-V-1934.
(279) Intervención acontecida o 24-V-1933; García, Xosé Lois, Op. cit., páx. 341.
(280) «Opiniones», E.P.G., 3-III-1931, páx. 1.
(281) A.N.T., 16-II-1935.
(282) A.N.T., 25-V-1935.
(283) A.N.T., 21-IX-1935.
(284) Por virtude do acordo a sardiña que se pescara deica o día 30 de maio tería un precio de 23 pts. a do procedemento de galdeo, e 20 a da ardora. As embarcacións sairían ó mar unha sóa vegada cada 24 horas. Estaba previsto que este acordo rexira en tódolos portos litorais da provincia de Pontevedra, adquiríndose o compromiso por parte dos mariñeiros e armadores, de que os seus similares no da Coruña o adoptaron igoalmente; «Problemas galegos. O precio da sardiña»; A.N.T., 8-V-1936, páx. 3.
(285) Interpelación parlamentaria feita en maio de 1933; A.N.T., 29-VI-1935.
(286) Vide Meijide Pardo, Antonio, El comercio del bacalao en Ia Galicia del siglo XVIII, Coruña 1980, pp. 15, 16 e segts.
(287) A.N.T., 25-VIII-1934.
(288) Ibídem.
(289) Discurso pronunciado por Suárez Picallo o 6-XII-1932, co gallo da discusión dos presupostos da Mariña para 1933; García, X.L., Op. cit., páx. 283.
(290) Alma Gallega, 1-X-1931, páx. 11.
(291) Realizada en maio de 1933; A.N.T., 29-VI-1935.
(292) «Nota política», A.N.T., 15-XI-1935, páx. 4.
(293) Existe gran cantidade de bibliografía sobor desta cuestión. Vide por exemplo Paz Ares, José-Candido, Régimen de tos llamados montes de vecinos en Galicia, Galaxia, Vigo, 1966; Martínez Risco y Macías, Sebastián, El régimen jurídico de la propiedad territorial en Galicia a través de sus instituciones forales, Citania, Buenos Aires 1958; Abraira López, Carlos, El derecho foral gallego, Porto y Cía, Santiago, 1970. Unha boa síntese en García Fernández, Jesús, Op. cit., pp. 231-248.
(294) Actuación parlamentaria de Otero Pedrayo realizada o 18-V-1932; García, Xosé Lois, Op. cit., pp. 123-124.
(295) Portela Valladares, Ante el Estatuto, Barcelona, 1932, pp: 92-93.
(296) A.N.T., 22-VI-1935.
(297) Discurso pronunciado o 25-V-1933; García, X.L., Op. cit., pp. 352 o segts.
(298) Dicía Gallástegui que a Deputación provincial de Pontevedra encetou en 1927 a sementeira de 1.000 hectáreas de monte na península do Morrazo con pino do país. Esta obra non era vista con bos ollos por quen querían mellor unha repoboación a base de especies autóctonas (carballos e castiñeiros, principalmente), pero para Gallástegui debían primar os imperativos económicos e o piñeiro aclimatábase moi ben en Galicia, sendo, polo demais, o seu crecemento moi rápido. Recoñecía que nalgúns lugares cometérase un erro, descendendo as plantacións hastra moi perto das casas do agricultor, privando ó seu gando do necesario pasto no monte de man común; Cruz Gallástegui, Unamuno, El campo gallego, Citania, Buenos Aires, 1958, páx. 32.
(299) A.N.T., 2-XI-1935.
(300) A Nosa Terra, Etapa de Bos Aires, XI-1972, páx. 4
(301) Vide García Fernández, Jesús. Op. cit., pp. 224 e segts.
(302) A.N.T., 15-IV-1932.
(303) Intervención acontecida o 24-V-1933; García, Xosé Lois, Op. cit., pp. 344-345.
(304) Ibídem.
(305) Tivo lugar o 25-V-1933; Ibídem, pp. 350-351.
(306) A.N.T., 25-IX-1933.
(307) Vide sobor desta cuestión García Fernández, Jesús, Op. cit., pp. 214-215.
(308) Intervención acontecida o 16-XII-1932; García, Xosé Lois, Op. cit., pp. 287-288.
(309) Vide sobor desta cuestión, Cruz Gallástegui Unamuno, Op. cit., páx. 15.
(310) En Galicia, Revista ilustrada mensual, Madrid, VIII-1932, páx. 1, dise claramente que eran moitos os emigrantes analfabetos.
(310 bis) Tamén entre os mineiros asturianos dábase esta figura do traballador simbiótico. Vide García San Miguel, Luis, Las clases sociales en Ia España actual, Centro de Investigaciones Sociológicas, Madrid 1980.
(311) Apartado IV, punto 4°, A.N.T., 1-I-1932, páx. 4.
(312) Intervención realizada o 25-V-1933; García, Xosé Lois, Op. cit., pp. 351-352.
(313) Apartado V, punto 4°; A.N.T., 1-I-1932, páx. 5.
(314) Vide «Evolución histórica e estructura sectorial da economía industrial en Galicia». Galicia. Realidade económica e conflicto social, varios autores, editada polo Servicio de Estudios do Banco de Bilbao, e ainda sen distribuir.
(315) Vexamos como foi a historia deste proceso. A fábrica Curbera Hermanos en 1861 en Chapela, despois trasladada o Areal en Vigo en 1883, foi a primera delas, seguida por Goday na Illa da Aurosa en 1879, Massó en Bueu o 14 de xullo, festa nacional francesa de 1883, coa colaboración técnica francesa, Benigno Barreras na actual Alameda de Vigo, Manuel Alonso Castro e Rodolfo Alonso Santodomingo en 1883 na rúa Hospital en Vigo, e no ano 1886 Antonio Alonso tamén fundador de «La Metalúrgica» e partícipe na creación en 1892 da Compañía Basconia do País Vasco, en correspondencia coa tradicional dependencia en folla de lata dos fabricantes galegos de conserva, ademais da fábrica de Caamaño en Noia.
     A partir de aquí foron mellorando paulatinamente os procedementos de fabricación ata apareceren en 1904 as primeiras máquinas noruegas de sertido, e as soldadoras circulares francesas de envases a «decolletage» . Estes procedementos supuxeron para aquela época unha verdadeira revolución, posibilitando a multiplicación por varias veces da producción. As melloras técnicas deron lugar, por outra banda, a unha relativa proliferación de centros de produción.
     O incremento das necesidades de materias primas provocado polas melloras técnicas e pola ampliación dos mercados españois e extranxeiros dan lugar, á sua vegada, a unha fonda modificación no sector pesqueiro primario. Increméntase a frota, aparecen os armadores e as relacións sociais capitalistas e percúranse novos bancos pesqueiros máis lonxanos, naquel tempo limitados ás costas portuguesas.
     O mesmo tempo este desenvolvemento pesqueiro supuxo a transformación da construcción de buques. Entre os carpinteiros da ribeira producíase unha selección dando lugar ó crecemento duns cantos estaleiros que tendían a configura-la estructura actual, fenómeno que coincidiu co avance da propulsión a vapor nos buques de pesca en sustitución parcial do remo e da vela.
     A primeira guerra mundial foi un intre crucial no desenvolvemento do sector industrial pesqueiro galego. Coincidindo co pulo do conxunto da economía española, as fábricas de conserva galegas e os talleres mecánicos xurdidos arrededor do sector pesqueiro aproveitaron a conxuntura para exportaren ó extranxeiro conservas de peixe e armamento, feito que determinou unha acumulación de capital ata entón descoñecida, que permitiu un período de construción de novas instalacións durante os anos vinte. A compra de trawlers ingleses, buques a vapor vendidos por Inglaterra finalizada a primeira guerra mundial, constituiu outro feito a destacar na evolución da pesca galega. Debemos destacar aquí que nos anos vinte as fábricas de conservas e os estaleiros e talleres situados, na maior parte, no barrio do Areal en Vigo, foron trasladados a Coia e Bouzas. Con posterioridade constituiu un feito determinante a utilización da conservación en xío, o que permitiu a iniciación da pesca no Grand Sole nos anos vinte, as campañas en Terranova, iniciadas a fins dos anos corenta, e a pesca mediante buques conxeladores no Atlántico Sur nos anos sesenta. Vide Nogueira, Camilo, Op. cit., pp. 208-209.
(316) Barreiro Fernández, X. R., «A Edade Contemporánea até 1936», En Historia de Galicia, varios autores, Pontedeume 1979, páx. 153. Vide tamén Massó, Gaspar, Origen y desarrollo de la industria conservera de Galicia; Información Comercial Española, II-1963.
(317) Intervención parlamentaria realizada o 7-I-1932, García, Xosé Lois, Op. cit., pp. 169-170.
(318) «Fenestra», A.N.T., 8-V-1936, páx. 1.
(319) «Opiniones», E.P.G., 3-III-1931, páx. 1.
(320) «Galicia», revista editada en Madrid, III-1933, páx. 1.
(321) A.N.T., 25-VII-1935.
(322) Intervención de Suarez Picallo no Parlamento o 24-V-1933; García, Xosé Lois, Op. cit., pp. 337-338.
(323)  Este proteccionismo arancelario que gravaba as importacións de Inglaterra tiña, amén desta consecuencia, a de que os ingleses prescindiran de adquirir carne de España, quedando así moi perxudicada a gandeiría galega que antano exportaba gran cantidade de reses a Gran Bretaña; vide intervención de Picallo; Ibídem, páx. 337.
(324) A.N.T., 25-VII-1932, páx. 2.
(325) A.N.T., 2-XI-1935.
(326) A.N.T., 31-VIII-1935.
(327) Intervención realizada en maio de 1933; A.N.T., 29-VI-1935.
(328) O tema acapara boa parte da atención deste diputado en tres intervencións realizadas o 15-III-1932, o 6-XII-1932, e o 25-V-1933, aludindo nesta última tamén a outros problemas de Galicia; vide García, Xosé Lois, Op. cit, respectivamente pp. 215 e segts., 271 e segts e 269-270.
(329) .A.N.T., 14-VII-1934.
(330) A.N.T., 20-XII-1935.
(331) Así o fai constar Bóveda nunhas notas manuscritas sobre o problema do creto en Galicia; Arquivo do P.G.
(332) Unha reserva bastante amplia ven en A.N.T., 13-VII-1935.
(333) Sobor deste tema apareceu un interesante artigo de Castelao na revista de postguerra Galeuzca, n.° 8, titulado «El bloqueo comercial de Galicia», Buenos Aires 1946.
(333 bis) Vide Artola, Miguel. Los ferrocarriles en España, Madrid 1978.
(334) A.N.T., 14-VII-1934.
(335) Portela Valladares, Ante el Estatuto, Barcelona 1932, páx. 91.
(336) Realizada o 23 de maio de 1933; A.N.T., 29-VI-1935.
(337) O presidente da Diputación de Ourense e presidente da Comisión pro ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña, bon coñecedor do tema, ofrécenos uns datos que nos permiten completa-la a información que aporta Castelao. sabemos así que dende 1870 viñan traballando Galicia e Zamora pola construcción do ferrocarril; aparecen os planos oficiais para a súa construcción en 1902 e 1921. Anunciáronse subastas para realizalo en 1919, e en 1926 reiterouse a urxencia de levalo a cabo; E.P.G., 20-III-1932, páx. 1.
(338) Este argumento de que Galicia pola súa insignificancia económica non podía soster ese medio de comunicación, era frecuentemente invocado polos detractores da construcción do ferrocarril Zamora-Ourense. Así o recolle Portela Valladares, na obra xa citada, páx. 91.
(339) Folleto do P.G., «A interpelación dos diputados galeguistas», maio 1933, páx. 2.
(340) Para un achegamento a historia do ferrocarril galego vide voz «Ferrocarril, Gran Enciclopedia Gallega, T. XII, pp. 167 e segts.
(341) O P.G. tiña acceso a interesentes datos oficiais, que constantemente barallaba, mercede a ter a Castelao na oficiña de Estadística de Pontevedra, e a Bóveda na Delegación de Facenda.
(342) «O ferrocarril noso»; A.N.T., 25-VII-1932, páx. 1.
(343) Vide por exemplo A.N.T., 13-VIII-1933.
(344)  «Por bo camiño», A.N.T., 7-III-1936, páx. 4.
(345) Sobor desta cuestión vide Villares Paz, Ramón, Op. cit., páx. 173.
(346) Vide por exemplo A.N.T., 21-IX-1935.
(347) Así por exemplo dicían en setembro de 1934 que entramentres foran concedidos 6 millóns de pts. para as obras do ferrocarril da costa en Asturias, non fora asignado prácticamente nada ás similares obras que se realizaban en Galicia; A.N.T., 8-IX-1934.
(348) Intervención parlamentaria realizada o 23-V-1933; Folleto do P.G. titulado: A interpelacián dos diputados glaeguistas, maio 1933, páx. 2.
(349) Ibídem.
(350) Sobor desta cuestión aporta algunha información Portela Valladares, Op. cit., páx. 92.
(351) A.N.T., 9-XI-1935.
(352) A.N.T., 2-XI-1935.
(353) «Por bo camiño», A.N.T., 7-III-1936, páx. 4.
(354) Castelao aproveita esta débeda do Estado para argumentar a prol das 7.000 familias labregas amenazadas de embargo, a resultas da experiencia cooperativista dos matadeiros de Porriño, dicindo que namentras non pagase o Estado a sua débeda, non tiña moralmente dereito a reclamar 1 millón e medio de pts. os tales campesinos. Discurso pronunciado o 23-V-1933; García, Xosé Lois, Op. cit., páx. 63.
(355) A.N.T., 25-VII-1932, páx. 4.
(356) A.N.T., 1-I-1932, páx. 5.
(357) Anexa a esta cuestión estaba a das cargas que o Estado botaba enriba dos presupostos municipáis segundo unha lei aprobada en 1934. «A Nosa Terra» arenga á protesta e o Concello de Tomiño solicita do Alcalde de Pontevedra que convoque a tódolos da provincia para pedi-la derogación de tal lei: A.N.T., 1-IX-1934.
(358) Producíanse casos (concretamente no Grove temos un exemplo) de embargos por impago do impopular imposto das cédulas persoais, e que facía que moitos labregos e mariñeiros tiveran que empeñarse para poder paga-lo. O P.G. consideraba tamén aldraxante a forma de cobro: «Un axente executivo custodiado por unha parella da Guardia Civil, ó mando dun sarxento, (...) daba a sensación de unha incursión en país extranxeiro» . A.N.T., 29-VI-1935.
(359) Bóveda opúñase, con especial énfase nos municipios, a que os impostos foran indirectos, por consideralos acientíficos e inxustos. De feito, daquela, exceptuados os recursos dos Concellos que proviñan do repartimento e das participacións do Estado ou das rendas de bens do común, os demais proviñan dos gravámes indirectos que gravitaban sobor do consumo dos productos básicos: carne, peixe, leite, ovos, e tódolos productos agrícolas en xeral. Estes impostos eran ademais de cobranza costosa e molesta requerindo fielatos ou portazgos, sistema que xa fora desbotado nos países mais avanzados daquela. Esta cuestión xa fora recollida na programa local do Grupo galeguista de Sada; A.N.T., 8-VI-1934.
(360) A. Bóveda, «Proieito de transformación do sistema fiscal galego»; A.N.T., 15-VI-1935.
(361) E esta unha cuestión tratada repetidas vegadas polo P.G., na medida en que xeneraba frecuentes abusos. Mencionemo-lo o caso do Consello de Bueu que entre outros cobros de impostos que tiña arrendados figuraba o arbitrio de viños, no que claramente se alviscaba que saía moi favorecido o intermediario cobrador e perxudicados os veciños. A.N.T., 2-XI-1935.
(362) A.N.T., 2-XI-1935.
(363) Intervención realizada o 16-XII-1932; García, Xosé Lois, Op. cit., pp. 284 e segts.
(364) E.P.G., 13-III-1935, páx. 3.
(365) Intervención parlamentaria realizada o 12-V-1932; García, Xosé Lois, Op. cit., pp. 36 e segts.
(366) A este respecto puidemos consultar unha interesantes carta da «Jefatura do Servicio de Recaudación de Contribucións da Diputación de Barcelona», que lle foi enviada a Bóveda dándolle información da tributación de Cataluña ó Estado. Firmada en Barcelona a 12-VII-1932. Arquivo do P.G.
(367) A.N.T., 13-XII-1935. Seguindo con isto temos que en 1935 dun presuposto total de Obras Públicas de 873.300.000 pts., correspondéronlle a Galicia 18 millóns, que representaban 7,20 pts. por habitante e 60 pts. por kilómetro, cando a nivel espafiol correspondían 34,25 pts. por habitante e 1.534,32 pts. por kilómetro. Nese mesmo ano en Instrucción Pública gastou o Estado 300 millóns (12 pts. por habitante e 600 por kilómetro), dos que se gastaron en Galicia 26 millóns e medio (7 pts. por habitante e 580 pts. por kilómetro). E así un longo etcétera. Vide A.N.T., 13-XII-1935 e 20-XII-1935.
(368) Discurso de Otero Pedrayo pronunciado o 24-V-1933; García, Xosé Lois, Op. cit., páx. 137.
(369) A.N.T., 4-V-1935. Aludiremos a este Manifesto en detalle, no apartado adicado á actividade política do P.G.
(370) Intervención de Picallo realizada o 16-XII-1932; García, Xosé Lois, Op. cit., páx. 294.
(371) A.N.T., 6-XII-1935.
(372) Vide apartado correspondente á actividade política do P.G. no segundo bienio.
(373) Vicente Risco, «Galiza recoñecida como Nazón en Berna», A.N.T., 29-IX-1934, páx. 3.
(374) Vide por exemplo, A.N.T., 14-VII-1934.
(375) A.N.T., 26-V-1931, páx. 4.
(376) Vide a título de exemplo a intervención de Suárez Picallo realizada o 24-V-1935; García, Xosé Lois, Op. cit. páx. 342.
(377) A.N.T., 13-VIII-1933.
(378) A.N.T., 26-V-1934, páx. 4.
(379) A.N.T., 8-IX-1934.
(380) Folleto do P.G. titulado «A interpelación dos diputados galeguistas» , V-1933, p. 12.
(381) Otero Pedrayo, «Política Galega, II», E.P.G., 15-I-1931, páx. 1.
(382) A.N.T., 18-V-1935.
(383) Otero Pedrayo, «A chamada do Sul» Céltiga, 10-VIII-1931, s.p.
(384) Programa do P.G.; A.N.T., 1-I-1932, páx. 4.
(385) «Programa de acción...», xa citado.
(386) «Todo pobo ten unha misión no mundo, que é criar unha cultura propia e esta é a razón da súa existencia, o que pode invocar cando recrame a libertade e a xusticia. Pobo sen cultura de seu, pobo que vive d'arremedar aos outros, e que todo o colle feito e non sabe criar nada, é un pobo despreciabel e dino da escravitude, e só merecente da risa que inspira unha caricatura. E un pobo ridículo. Ademais é un defraudador do género humán!», Vicente Risco, «A ideoloxía do nacionalismo exposto en esquema»; A.N.T., 1-III-1931.
(387) A.N.T., 1-IX-1934.
(388) «Programa de acción...» , xa citado.
(388 bis) Así Otero Pedrayo traducíu varios capítulos do Ulises de Joyce na revista Nós e tamén Pamir de George Chennevière. Plácido R. Castro verqueu ó galego duas pezas de teatro irlandés de Yeats; concretamente os Folkdramas: Katuxa de Houlian e O país da saudade, publicados pola Editorial Nos. A este labor de traducción se adicaron tamén Risco e Cunqueiro entre outros.
(389) Vilar Ponte, «Radiogramas do Olimpo», A.N.T., 14-IV-1934.
(390) Declaracións do seu fillo Xaime Villar Chao; A Coruna, 26-VIII-1980. Curiosamente esta fobia dos galeguistas ó espectáculo taurino, se ben é certo que endexamais houbo en Galicia moita afición por este tipo de celebracións, non parece que esteva moi xustificada. En efecto, na Coruña lídianse touros dende o século XVI, e en 1850 mandou o á sazón alcalde herculino Juan Florez, que se construise unha plaza de touros, e anos despois inaugurose outra plaza de madeira no Campo de Marte. Malia o P.G., dende o escomenzo do século pasado tiveron que prohibir ós frades de Ribadavia asistir á lidia que se verificaba adoito, e tamén o «General Reformador» da Orde do Cister, prohibiu aos monxes do mosterio de Sobrado que asistisen ás corridas de touros; vide Galicia, revista editada en Madrid, IX-1932, pp. 24-25.
(391) «Tendo todos eles unha canteira inmensa de cantos populares, non carescendo tampouco de un gran repertorio d-eles non ollamos motivo ningún, que xustifique ese afán de misturar entre os cantos populares obras como Negra Sombra, algunhas Alboradas e composicións arbitrarias de certos señores que agora metéronse a facer cousas que son como pezas de alfayate confeccionadas a forza de remendos (...). Os coros han de ser os intérpretes da nosa inagotabel música popular. Si acaso compoñer e presentar, como fai «De Ruada» esceas típicas do país mais sempre dentro de un xeito fidel e de unha interpretación axeitada. O demais non entra na finalidade que lles compre os coros»; A.N.T., 24-VIII1935.
(392) Do importante papel que lle atribuen á arqueoloxía dá comprida mostra o feito de que os galeguistas, sempre á espreita da «Gaceta», protestasen de que o 24 de setembro de 1934 viñeran consignadas certas cantidades para efectuar excavacións arqueolóxicas en distintas localidades. No seu estilo dos «agravios comparativos» suliñaban que, das caseque cento noventa mil pts. concedidas, somentes lle tocaban a Galicia cinco mil (menos do medio por cento), co cal quedaría sen excavar a citania do Trega, entre outras; A.N.T., 6-X-1934.
(393) «Programa de acción pra os Grupos...», A.N.T., 11-V-1935.
(394) A.N.T., 25-VII-1934.
(395) A.N.T., 17-VIII-1935.
(396) A.N.T., 25-VII-1950, páx. 20.
(397) Ben-Cho-Shey, «Loita contra o ridículo», A.N.T., 18-IX-1933, páx. 4.
(398) Veleiquí as admonicións: «Si o bailar a muiñeira vestise tanto como o falar nos mítines ou sentar plaza de intelectuás, arestora o noso baile tería un inzamento tan grande como o ten a sardana en Cataluña. Pero o galeguismo naceu baixo un sino fatal de grupos escolleitos, de intelectualismo demasiado serio e demasiado pecho e por eso ó galeguismo lle custa tanto traballo o chegar o pobo. Fáltalle popularidade, e, o que ainda é peor, fuxe dela». A.N.T., 1-VI-1935.
(399) A.N.T., 3-I-1936.
(400) «A Festa dos Maios», A.N.T., 24-IV-1936, páx. 4.
(401) «A galeguidade no pobo», A.N.T., 17-II-1934, páx. 4.
(402) A.N.T., 23-III-1935, páx. 3.
(403) Por exemplo A.N.T., 25-VIII-1934, e A.N.T., 1-IX-1934.
(404) A.N.T., 16-II-1935.
(405) A.N.T., 18-V-1935.
(406) Vide p.e., E.P.G., 11-IV-1931, páx. 11.
(407) Artigo publicado en Heraldo de Galicia e reproducido, e suscrito o seu contido, por A.N.T., 15-IX-1934, páx. 1.
(408) R.C.C., «Iniciativas. Toponímia galega», A.N.T., 6-VII-1935.
(409) «O Partido Galeguista e o Congreso de Nacionalidades Europeas» , H. de G., 16-IX-1935, páx. 4.
(410) Folleto do P.G. titulado A interpelación dos diputados galeguistas, V-1933, páx. 12.
(411) «Programa de acción...», xa cit.
(412) Vicente Risco, «Pontevedra y el nacionalismo gallego», H. de G., 7-XII-1931, páx. 1.
(413) V. Paz Andrade, «La casa del trabajador rural», H. de G., 14-III-1932, páx. 2.
(414) A.N.T., 11-VIII-1934.
(415) Declaracións de Valentín Paz Andrade; Vigo XII-1980.
(416) Conferencia pronunciada por Otero Pedrayo no local do Ateneo ferrolán, «Door i-espranza do dezanove galego», A.N.T., 14-VII-1934.
(417) Intervención realizada o 24-V-1933; García, Xosé Lois, Op. cit., pp. 145 e segts.
(418) Fernández del Riego, «Esprito político e forma cultural da nova Galicia»; NOS, n.° 139-144, VII-XII 1935, páx. 152.
(419) Declaracións de Carballo Calero a Xosé Miguel A. Boo; Folleto titulado Galicia 1950-1980; Galaxia 1980, pp. 20-21.
(420) Declaracións de Ramón Piñeiro; Santiago 22-VIII-1980.
(421) Eu, «Vieiros», A.N.T., 24-IV-1936, páx. 4.
(421 bis) A.N.T., 13-XII-1935, páx. 1.
(422) «Os homes, os feitos, as verbas», NOS, 15-X-1932, n.° 106, páx. 196.
(423) «Valle Inclán», A.N.T., 10-I-1936, páx. 4.
(424) A.N.T., 2-XI-1935.
(425) A.N.T., 25-V-1935.
(426) A.N.T., 17-II-1934, páx. 4.
(427) Publicado posteriormente en «A Nosa Terra» por entregas. A correspondente á cultura apareceu en A.N.T., 11-V-1935.
(428) Ibídem.
(429) A.N.T., VII-1932.
(430) A.N.T., 13-VII-1935. Tamén Avelino Pousa Antelo relatóunos a sua propia experiencia, verdadeiro apostolado cultural; o editor Anxel Casal dáballes uns coartinos para o autobús e o bocadillo e alá marchaban a vende-los libros da colección «NOS» ós labregos.
(431) Acta dunha xuntanza do Consello do P.G., sen data, pero que podemos situar en xaneiro de 1932.
(432) A.N.T., 3-II-1934.
(433) A.N.T., 10-VIII-1935.
(434) A.N.T., 25-VIII-1934.
(435) «Galicia, unidade cultural. Afirmamento das características da persoalidade galega: lingua, arte, esprito»; A.N.T., 1-I-1932, páx. 4.
(436) Risco é caseque totalmente lusista verbo do idioma. Nefeuto dí do galego que ten a «(...) mesma orige qu'o português, co que conserva unha estreita semellenza, que chega ás veces â identidade».
(437) «O idioma castelán foi imposto en Galiza, primeiro pol-os notarios encarregados de redactaren istrumentos púbricos, que obedecen tardíamente a unha ordenanza d'Alfonso X; logo dend'os Reis Católicos, pol-os funcionarios e oficiás do rei, alleos ao pais, e pol-os eclesiásticos e religiosos alleos, pois dend'os Reis Católicos, a Eirexa áchase baixo do padroádego real, que propón os bispos e coengos, namentras qu'a reforma das Ordes de San Bieito e do Císter, suxeta os grandes mosteiros galegos â obedencia da Castela. Despois ven a infruenza da escola e da recén fundada Universidade Compostelán. Coisto, deixouse d'escribir, mais non de falar o galego. Nas outras clases, anque todas souperan e falaran correntemente o hespañol, a sua fala familiar era escrusivamente o galego. Ista era a fala escrusiva das clases traballadoras e labregas. Mais o hespañol era a ligoa oficial da administración, do exército, da Eirexa e de toda actuación púbrica.
     A guerra contra do galego agravouse principalmente no século XIX por infruenza oficial, escolar e eclesiástica. A burguesía das cidades, na que figuraba moito elemento alleo ao pais —funcionarios e tendeiros vidos d'afora— colaborou aitivamente na imposición do castelán, cuya usanza geral —nen xiquera  predominante— non pasou das cibdades». V. Risco. Informe para o Congreso de minorías étnicas, xa cit.
(437 bis) A tal Ordenanza de Alfonso X semella que non existíu.
(438) Vide por exemplo A. Villar Ponte, «A bandeira ergueita», A.N.T., 10-VI-1936, páx. 1.
(439) Apartado V, punto 4.° do Programa; A.N.T., 1-I-1932, páx. 5.
(440) Vide a título de exemplo a glosa dun mitin pronunciado por Del Riego en Vilagarcía, A.N.T., n.° 391.
(441) Castelao, «O galeguismo no arte»; NOS, n.° 80, 15-VIII-1930, páx. 157, 158.
(442) Poema titulado « Falan castelán»; A.N.T., 14-IV-1934.
(443) Engadía a renglón seguido: «Os afiliados coidarán sempre de patentizar o seu apego a Terra, e a sua compenetración co esprito galego, usando, propagando e defendendo o noso idioma».
(444) Revista NOS, VII-XII-1935, páx. 206.
(445) Declaracións do fillo de Alexandre Bóveda, Xosé Luis; Ourense, 22-X-1980. É tamén de destacar, como feito curioso, que Bóveda, que empregaba o castelán para falar coa sua dona, escrebíalle en cambio as cartas en galego.
(446) Por de pronto Bóveda, que non era nesta cuestión ningún coitado.
(447) Bóveda publicaba caseque sempre en galego, pero hai excepcións; concretamente en E.P.G., 3-V-1931, páx. 14, e tamén en El Diario de Pontevedra, 21-III-1933, páx. 1, aparecen artigos seus en castelán.
(448) No seu caso, puido influir o feito de ser periodista profesional, dado que daquela era imposible un periodismo profesionalizado, exclusivamente en galego.
(449) Concretamente atopamos un artigo del escrito en castelán na revista Celtiga, n.° 163, 10-X-1931.
(450) Terra!, n.° 2, 23-IV-1933. Somentes sabemos da existencia deste número que se pode consultar na hemeroteca do Instituto Padre Sarmiento.
(451) Declaracións de Francisco Fernández Del Riego; Vigo 5-VII-1980.
(452) Publicado na súa sección periódica «Verbas no vieiro»; E.P.G., 18-III-1932, páx. 1.
(452 bis) E.P.G., 12-II-1931, páx. 1.
(453) Hai algunha excepción de todos modos. Por exemplo, E.P.G. informa (10-I-1936, páx. 3) que Alfonso Ríos pronunciou unha conferencia no «Sindicato Agrícola de Matamá» sobor do tema «Comparación entre Ia economía gallega y el resto de España»; ou tamén (8-I-1936, páx. 11) dá conta dunha conferencia de Suarez Picallo, deputado por segunda vegada e xa flamante abogado, no local da «Unión Tabacalera da Cruña», encol de «Problemas sociales del mundo». Como vemos os títulos están en castelán e o periódico no que aparecen soe ser moi escrupuloso nesta cuestión, ainda que, dende logo, non é descartable un «lapsus» do redactor.
(454) Carta de Gómez Román firmada en Vigo a 19-XII-1932, dirixida a Bóveda.
(455) A título de exemplo mencionemos o mitin dado polo orguista Federico Zamora, en A Garda; «El mítin dela O.R.G.A. en La Guardia», E.P.G., 28-V-1931, páx. 10.
(456) Os seus mitins pronunciados en galego eran con moito os menos. Exemplo de mitin dado en galego, témolo no celebrado en Mondariz, en febreiro de 1931; E.P.G., 10-II-1931, páx. 7.
(457) Vide por exemplo, «A nosa propaganda»; A.N.T., 17-I-1936, páx. 2.
(458) Así o representante comunista expresouse en galego na asamblea estatutista celebrada pouco tempo despois da victoria electoral do Frente Popular. Polo demais, o propio Otero Pedrayo recoñeceu que distaba de ser insólito o emprego do galego polos partidos marxistas na etapa final da República; Otero Pedrayo, «Sobor de unha "Preocupació"» e moitas «Despreocupacións», A.N.T., 17IV-1936, páx. 4.
(459) Declaracións de Fernández Del Riego; Vigo, 5-VII-1980.
(460) Apareceu publicado en La Idea Moderna, xornal monárquico lucense, o 20-X-I1918. Vide Catro documentos sociopolíticos, Akal 1974, páx. 74.
(461) Mencionemos un caso: «Machacando. Recomendamos con insistencia a los elctores de «Raza Celta» que no dejen de leer con atención todos los artículos que publicamos. Si por falta de hábito no les es cómodo leer los escritos en gallego, les pedimos que hagan un pequeno esfuerzo y en muy poco tiempo y con muy poco trabajo, les resultará tanto o más fácil leer y comprender los escritos en gallego que los en castellano». Raza Celta, órgano do «Comité Autonomista Galego» de Montevideo, XI-1934, páx. 8.
(462) Así, en 1933 arenga Rivas Montenegro: «Nós os galeguistas debemos impornos a obriga de falar galego con todol-os coterráneos ainda que nos respondan en castelán». A.N.T., 18-IX-1933, páx. 1. O ano seguinte volve novamente A.N.T. a recordarlle ós «irmáns» que debían empregalo en tódolos actos oficiais dos Grupos; A.N.T., 26-V-1934, páx. 2. Polo demais, con asiduidade aparecen poesías en A.N.T. gavando e exaltando o idioma.
(463) Carta enviada a Bóveda pola «Jefatura do Servicio de Contribuciones y Recaudaciones de Ia Diputación de Barcelona»; Arquivo do P.G.
(464) Aparecen interesantes comentarios sobor de cuestións de filoloxía galega na carta de Víctor Casas a Bóveda, firmada en Pontevedra a 7-V-1935; Arquivo do P.G.
(465) A.N.T., 22-VI-1935.
(466) Antón Villar Ponte, «Pretextos cotidianos»; E.P.G., 14-I-1931, páx. 1.
(467) «Verbas de un nacionalista. Pra quen sexa». A.N.T., 22-V-1936, páx. 4.
(468) A.N.T., 15-IV-1932.
(469) A.N.T., 19-X-1935.
(470) A.N.T., 27-XI-1933.
(471) Vide por exemplo A.N.T., 3-I-1936.
(472) Así o pon de relevo, entre outros, Ben-Cho-Shey; A.N.T., 27-XII-1935
(473) Vide por exemplo, o do xuez galeguista de A Estrada, Fermín Bouza Brey, «La administración de Justicia y el bilingüismo»; E.P.G., 7-XI-1931, páx. 12.
(474) A título de exemplo representativo dos argumentos mais adoito utilizados polos anti-bilingüistas vide o editorial da conservadora revista viguesa «Vida Gallega», moi probabelmente escrito polo seu director e fundador Jaime Solá. N.° 486, ano 1931.
(475) Hans Schneider, «El gallego, "dioma agonizante y próximo a desaparecer" ...», Ser, 6-X-1935, páx. 5.
(476) Alvarez Gallego, «Xirándola. Capacidade do idioma propio»; A.N.T., 13-XII-1935, páx. 1.
(477) Vide Ninyoles, Rafael, Idioma y poder social, Tecnos, Madrid 1972.
(478) Domingos Outón, «Temas filolóxicos. A unificación da nosa lingoa»; E.P.G., 9-XII-1931, páx. 12.
(479) Ramón Villar Ponte, «A unificación da lingoa, unha preocupación inxustificada»; NOS, n.° 139-140, VII, XII-1935, pp. 204 e segts.
(480) A.N.T., 30-VI-1934.
(481) Vide Costa, Antón. O ensino en Galicia, Ed. do Cerne, Santigao 1980, pp. 31-34. Tamén interesantes datos na obra de Bello, Luis, Viaje por las escuelas de Galicia, Akal, Madrid 1973, pp. 31, 32.
(482) Costa, Antón, Op. cit., páx. 33.
(483) Resulta interesante sobor deste particular a obra de Puelles Benítez, Educación e ideología en la España contemporánea, Labor, Barcelona 1980, pp. 316-347.
(484) O autor enriba mencionado, citando o estudo estadístico realizado por Mercedes Ballesteros, estima que Ia cifra total de escolas construídas no quinquenio, que adoitaba ser establecida polos historiadores en 14.000, debe reducirse a metade, en tanto que o número de institutos duplicouse.
(485) Programa do P.G., apartado VI, «Cultura», punto 2.°; A.N.T., 1-I-1932, páx. 4.
(486) Ibídem, punto 3.°.
(487) «O Partido galeguista a-o País»; A.N.T., 25-VII-1932, páx. 2.
(488) Vide como mostra o artigo do mestre Falcoeira, aparecido en A.N.T., 26-VI-1935.
(489) M. Lema, «Sin cultura non hai anceios de redención»; A.N.T., 29-XI-1935, páx. 2.
(490) Ibídem.
(491) Avelino Pousa Antelo; A.N.T., 6-XII-1935.
(492) A.N.T., 16-VII-1933.
(493) Ibídem.
(494) Carta de Castelao a Bóveda, firmada en Madrid a 14-VIII-1933. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 16).
(495) Apartado V (Cultura), punto 4.° do seu Programa; A.N.T., 1-I-1932, páx. 5 (Vide Anexo Doc. 10).
(496) Vide Puelles Benítez, Op. cit., pp. 316, 317.
(497) Ibídem páx. 317.
(498) Discurso de Otero Pedrayo pronunciado no parlamento o 25-V-1933; Vide García, Xosé Lois, Op. cit. pp. 143, 144.
(499) «Informe do irmán Risco»; A.N.T., 2-VI-1934, páx. 3. Esta mesma tesitura de gran moderación pódese ver con mais detalle no seu «Plan pedagóxico pr'a galeguizazón d'as escolas», traballo que Ile fora encomendado a Risco pola «III Asambreia Nazonalista Galega», celebrada en Vigo, polo ano 1921. Apareceu reproducido na revista NOS, nº 6-7.
(500) Vide por via de exemplo A.N.T., 19-X-1935.
(501) Roxérius, «Ronsel y-ardentía»; E.P.G., 20-VI-1931, páx. 7.
(502) «Hablando con Alonso de los Ríos», entrevistas que lle fixo Carlos Barqueiro Peruch, para o Heraldo de Galicia, 7-XII-1931, páx. 3.
(503) Vide artigo de Falcoeira en A.N.T., 22-VI-1935.
(504) «Encol do ensino na Galicia»; A.N.T, 3-I-1936, páx. 3.
(505) Glosada en A.N.T., 3-I-1936.
(506) A.N.T., 19-X-1935.
(507) «Os homes, os feitos, as verbas»; NOS, n.° 28; 15-II-1927, páx. 16.
(508) Vicente Risco, manuscrito contendo as alegacións a prol dos dereitos de Galicia, presentado no congreso de Mínorías Nacionais, celebrado en Berna. Xa cit.
(509) Falcoeira, «Ronsel»; A.N.T., 3-IV-1936, páx. 3.
(510) A interpelación dos diputados galeguistas; Folleto do P.G., impreso en maio de 1933, pp. 11, 12.
(511)  Puelles Benítez, Op. cit., páx. 337-338.
(512) Alma Gallega, 15-XI-1931, páx. 171.
(513) A.N.T., 18-V-1935.
(514) «Pedagóxicas»; A.N.T., 9-VI-1934, páx. 1.
(515) Ramón Villar Ponte, «Verbas no Vieiro. Algo que intresa»; E.P.G., 24-II-1932, pp. 1, 5.
(516) Costa, Antón, Op. cit., páx. 34.
(517) Alma Gallega, 1-X-1931, páx. 59.
(518) Lembrémonos que no programa agrario, o P.G. pedía a creación de: «Escolas rurales de formación campesina que soergan a comunidade aldeán fomentando o esprito comunal, inculcando o apego o chan nativo e sentado unha ampria base de cultura técnica e agraria»; A.N.T., 1-I-1932, páx. 4.
(519) «Actividad galleguista»; Heraldo de Galicia, 4-VI-1934, páx. 3.
(520) «Verbas pra os nosos emigrados»; A.N.T., 24-III-1934, páx. 1.
(521) «Informe do irmán Risco»; A.N.T.,  2-VI-1934, páx. 3.
(522) No seu colexio « León XIII», en Vilagarcía, utilizaba os castigos físicos como ingredente do seu sistema pedagóxico; Declaracións de Ramón Martínez López. Santiago. 13-XI-1980.
(523) Discurso pronunciado o 4-VII-1933; García, X.L., Op. cit., páx. 87.
(524) A interpelación dos diputados galeguistas; Folleto do P.G., xa cit., pp. 11, 12.
(525) A.N.T., 7-III-1936, páx. 3.
(526) Falcoeira, «Ronsel»; A.N.T., 3-IV-1936, páx. 3.
(526 bis) Folla solta atopada no Arquivo de P.G.
(527) Puelles Benítez, Op. cit, pp. 341-346.
(528) Vide Barreiro Fernández, J.R., «La Universidad gallega entre 1900 y 1936», na obra colectiva La Universidad de Santiago, Santiago 1980, páx. 81.
(529) Vicente Risco, «Sobr'a Universidade Compostelán», Céltiga, 25-IV-1931.
(530) A.N.T., 14-IX-1935.
(531) Interpelación de Otero Pedrayo realizada o 24-V-1933; García, X.L., Op. cit., páx. 147.
(532) Alma Gallega, 15-XI-1931, páx. 154.
(533) Entrevista feita a Carballo Calero, entre outros, por Alvaro das Casas, «A nosa Universidade»; NOS, n.° 97, 15-I-1932, páx. 17.
(534) Solovio, «Estetoscopio»; A.N.T., 24-IV-1936, páx. 4.
(535) «Da Universidade»; A.N.T., 24-III-1934, páx. 1.
(536) Solovio, «Estetoscopio»; A.N.T., 24-IV-1936, páx. 4.
(537) «O novo Rector da Universidade»; A.N.T., 22-V-1936, páx. 4.
(538) Vide por exemplo E.P.G., 10-V-1936, páx. 16.
(539) Solovio, «Estetoscopio»; A.N.T., 10-IV-1936, páx. 4.
(540) Apartado III, punto 3.° do Programa; A.N.T., 1-I-1936 (Vide Anexo Doc. 2).
(541) A.N.T., 27-IV-1935, páx. 2.
(542) A.N.T., 17-III-1934.
(543) «Proposta de declaración da Asamblea do afiliado Ramón Suárez Picallo»; A.N.T., 11-I-1934.
(544) Intervención realizada o 7-1-1932, reproducida do « Diario de Sesiones», por E.P.G., 13-I-1932, páx. 6.
(545) Terá que pasa-lo tempo ata que, no Congreso de Zaragoza de 1946, se redacte por fin a compilación do Dereito Foral Galego, do mesmo xeito que se fixo cos de Bizkaia, Alava, Navarra, Catalunya e Baleares; posteriormente en 1963 aparecerá publicado por fin a «Compilación del Derecho Civil Especial de Galicia». Diversos autores (Vide o comentario que na revista Grial, n.° 7, fai J.A. Arjona de dous libros que analisan esta Compilación) e concretamente Menéndez Valdés Golpe, teñen constatado a total inadecuación do texto da Compilación a realidade xurídica galega, posto que non recolle moitas institucións fundamentais e outras están estructuradas de modo confuso ou totalmente erróneo.
(546) Intervención realizada o 26-I1-1932; García, X.L., Op. cit., páx. 31.
(547) «Galicia, Señor, é Rexión diferenciada do resto de Hespaña pol-a sua estructura social e xurídica, particularmente na súa demografía non urbán, que tradicionalmente veu alentando un dereito peculiar que, non por ser consuetudinario, e por elo esencialmente democrático, deixa de ser tan diño de atención como calquer outro dereito escrito ou recopilado.
     Pero ademais a partir da aparisción do Código Civil, tivo oficialmente a consideración de Rexión de Dereito privativo ou sexa de réxime foral —que foi paladinamente desconoscido no mencionado decreto— como o demostra o feito de que no Departamento de Xusticia obre, como antecedente de prena xustificación o Proiecto de apéndice ao Código Civil, redactado pol-a Comisión especial do Dereito foral de Galicia, coa sua adxunta Memoria, no ano de 1915. A necesidade de que ese proieto de Apéndice sexa Ley, deberá ser motivo dabondo non somentes pra salvagardar —en canto da Comisión dependa— ese Dereito consuetudinario que a convencia xurídica de Galicia establece para sí, sinon tamén unha posibel garantía de adaptación de futuras ordenacións en material civil, administrativa, e ainda social na peculiar maneira de ser do pobo galego» «Cumprindo o acordo da IV Asambreia»; A.N.T., 1-VI-1935.
(548) «Proiecto de Ordenación Xurídico-Social da propiedade rústica en Galicia»; A.N.T., 10-I-1936, páx. 3.
(549) A.N.T., 6-VII-1935.
(550) Vide para esta cuestión a interesante e documentada obra de González Mariñas, Pablo, Las Diputaciones provinciales en Galicia; del Antiguo Régimen al Constitucionalismo, Edit. Diputación Provincial de La Coruña, Coruña 1978.
(551) Programa do P.G., Apartado 1, punto 4.°; A.N.T., 1-I-1932.
(552) V. Paz Andrade, «A nosa definición autonomista», NOS, 15-VIII-1930; n.° 80, páx. 160.
(553) V. Paz Andrade, «A idea e a masa», Heraldo de Galicia, 15-VIII-1932, páx. 12.
(554) «Os novos gobernadores»; A.N.T., n.º 396.
(555) Apartado I, punto 3.º do Programa; A.N.T., 1-I-1932.
(556) «Si se esceitua a témera concesión da lei de Réxime local da Dictadura —que consentía a formación de entidades menores e imposibilitaba ao mesmo tempo o seu normal desenvolvimento— todal-as Leis municipás dictadas pol-o Estado central dende que foi posto en vigor o mandato constitucional de 1812 (Cortes de Cádiz) suprimindo as xurisdicións dos señoríos, tiveron caráiter xeral e uniforme pra todol-os pobos que conviven no Estado hespañol». Florentino López Cuevillas, «Compre reformar o réxime local de Galicia»; A.N.T., 1-VI-1935.
(557) Vide artigo de Xosé Farina Xamardo, «A parroquia rural galega», na revista Grial, n.° 48, páx. 153. A maior abundamento pódese consultar a obra deste mesmo autor, La parroquia rural en Galicia, edit. Instituto de Estudios de Administración Local, Madrid 1975.
(558) F. López Cuevillas, «Compre reformar o Réxime Local de Galicia», A.N.T., 1-VI-1935, páx. 3.
(559) A.N.T., 8-VI-1934.
(560) A.N.T., 25-V-1935.
(561) «Grupo de Vigo»; A.N.T., 20-III-1936, páx. 4.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega