O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. I)

Páxina Anterior

(De "2. O proceso de unificación política do galeguismo" a "2.6. Dous centros...")

Páxina Seguinte

v3xaviercastroencrucillada005.html

 


2. O proceso de unificación política do galeguismo.



     2.1. Grupos nacionalistas que operan neste momento.

    
Botemos unha ollada ó panorama que ofrecen os distintos grupos nacionalistas que tiñan xa existencia ou se crean nesta etapa, que abrangue dende a proclamación da República, en abril de 1931, ata nadal deste ano, mes no que se crea o Partido Galeguista.
     Longa tradición tiñan xa as Irmandades da Fala. Nela se encadraban galeguistas que como Antón Villar Ponte, Victor Casas e Lugrís Freire, na Coruña, militaban políticamente na «Organización Republicana Gallega Autónoma» (Orga). Coincidían nesta adscripción política, sen que foran das l. da F., Luis Seoane, Suarez Picallo, Novoa Santos e Rodríguez Cadarso (1). Dúas personalidades do galeguismo lucense militaban tamén na Orga: Ramón Martinez López, catedrático de literatura, e o xoven e prometedor estudiante Anxel Fole (2).
     Tamén fóra dun encadramento organizativo nacionalista estaban, en Vigo, o arquitecto Gomez Román e Xerardo Alvarez Gallego, abogado, ámbolos dous formando parte do Comité Executivo da «Agrupación al Servicio de la República» (3).
     As «Irmandades da Fala» a estas alturas, segundo a documentación que manexamos, tiñan xa esmorecido moito e parece ser que carecían de expresión orgánica fóra da Coruña e de Betanzos (4); conselleiro da primeira era Victor Casas e o presidente da segunda, Luis Cortiñas. A meirande parte das l. da F. pasaran a ser delegacións da «Irmandade Nazonalista Galega», que, con base en Ourense, presidía Risco. Tal sucedera concretamente coas de Santiago, Ferrol, Viveiro, Monforte e Vilagarcía (5). Seguían fieles o seu programa (6) de federalismo ibérico, sostendo a cooficialidade dos idiomas galego e castelán, o «ingreso das nacionalidades da Iberia na Liga das Nazóns» (7), e a sustantividade do dereito foral galego, xunto coa igualdade de dereitos para a muller. Seguían facendo gala dun benintencionado pacifismo (8) e postulan ademais a supresión das Deputacions provinciais sen propoñer a cambio algún eslabón entre o municipio e o futuro goberno que tería de ser autónomo; seguindo a tradición do liberalismo progresista solicitaban a autonomía municipal, pero coa particularidade de que: «O Concello terá de sere, polo tanto, mais que unha organización de carácter adeministrativo, unha prolongación ou compremento das parroquias» (9); naturalmente, isto estaba pensado para os municipios rurais. No paquete de medidas económicas proposto pedían o libre cambio de cereais e que, en xeral, as cuestións aduaneiras que afectasen a Galicia fosen concertadas entre o Poder Autónomo e o Central; o paso á propiedade privada dos montes de titularidade estatal, dos pobos e de propios, a repoboación forestal forzosa, a resolución do problema dos gravámenes sobre a terra e, asimesmo, que se sancionase ós propietarios rústicos absentistas (10). Un tinte particularmente progresista revestía a demanda de nacionalización dos ferrocarrís e de intervención do poder público autónomo no sistema bancario e crediticio «pola función social que hoxe teñen os Bancos» (11). Este programa completábase cunhas medidas sociais destinadas a amparar ó labrador pequeno propietario ou arrendatario, ó tempo que pensadas para incrementa-Ia productividade agrícola (12).
     Temos así que as Irmandades a estas alturas de 1931, pesia non situarse entre as forzas republicanas, non teñen por elo unha significación conservadora e dereitista, o cal nos leva a afirmar que o esquema xeral aplicable ó conxunto español que pón en adecuación progresismo con republicanismo, haino que matizar ó aplica-lo ó marco galego, xa que temos unha forza, como mínimo, que provista dun programa reformista avanzado, non opta expresamente polo republicanismo.
     Non debía ser demasiado verdade o que afirmaba Manuel Lugrís Freire, vocal da l. da F. da Coruña e home de significación esquerdista (considerado por certo como o patriarca do nacionalismo galego), sobre que as l. da F. admitían tódalas ideoloxías, aínda que, —precisaba— tiveran na súa traxectoria unha significación extremista (13). Unha cosa era que as l. da F. tivesen unha pretensión integracionista —que funcionaba, dentro de certos límites— e outra moi distinta que os elementos políticamente ubicados nos dous extremos opostos do espectro político, estivesen dispostos a asumir un programa moderado que, por estar a medio camiño de ámbolos dous, tiña de resultarlles inaceptable.
     Na parte suroeste de Galicia atopamos o «Grupo Autonomista Galego», de Vigo, entidade nacida en 1930 (14) arredor da personalidade sobranceira do avogado Valentín Paz Andrade. Coñecemos algúns dos membros desta organización: Elías Barro Martínez, avogado, Germán Roca, home moi formado, que viña sendo dos primeiros galeguistas vigueses xunto con Victoriano Taibo, mestre en Morgadáns; Ovidio Temes, membro dunha familia moi coñecida, sobre todo en Cambados, e o seu irmán Faustino, director dunha banda de música; un tal Ramón, galeguista exaltado e extrovertido; Antonio Seoane López, empregado da Caixa de Aforros; Montero, empregado de comercio e afervoado nacionalista; Xavier Soto Valenzuela, empregado de comercio, tamén dos primeiros galeguistas de Vigo, que fora moi amigo de Porteiro Garea e formara unha Irmandade da Fala antes de que chegara a Vigo Paz Andrade en 1922, da que tamén formaba parte o arriba mencionado Germán Roca (15). Pouco sabemos do programa e estatutos desta organización e moito tememos que carecera dun programa propiamente tal que especificara algo máis que mero postulado da autonomía para Galicia, pois semella que o G.A.G. non tivo máis trabazón organizativa (16) que a adhesión ó seu lider, quen semella que usaba dunhas prácticas que inda que non estiveran exentas de personalismo debian ser máis ou menos democráticas. Así, por exemplo, cando se trata de tomar unha decisión importante (postura ante as eleccións municipais do 12 de abril, posibilidade da confluencia no Partido Galeguista en nadal de 1931, por exemplo), vemos pola prensa que o grupo, como mínimo, se reúne, delibera e decide; naturalmente que na determinación dunha ou outra resolución a postura de Paz Andrade tería unha importancia capital. A afirmación anterior deducímola tanto das prolongadas entrevistas que mantivemos con este dirixente, como das manifestacións públicas feitas polo membro do G.A.G., R. González Pastoriza que, con ocasión de darse de baixa do grupo, xustifica a súa actitude referíndose á negativa da directiva a convocar unha asamblea na que se fixara concretamente o contido do G.A.G. e se determinaran diáfanamente as súas liñas de actuación (17).
     O único atisbo programático, que temos visto do G.A.G. son unhas referencias que fai en 1930 Paz Andrade, nas que se inclina polo sistema electoral de representación proporcional, co veto expreso contra da elexibilidade dos que non traballan, por entender que quen non rende nunha función útil á sociedade non ten dereito a representa-Ia (18).
     En Ourense, á calor da proclamación da República nace o «Partido Nacionalista Republicano de Ourense», de quen era órgano de expresión o semanario «Heraldo de Galicia»(19). A súa primeira comunicación á opinión pública está dada a 15 de abril de 1931. A incubación deste novo e minoritario partido quizais fora anterior, pero non moito, á caida da Monarquía: de feito, pesia o atento exame da prensa, non atopamos ningunha pegada súa con anterioridade á mencionada data. En nota ós medios periodísticos (20) dá conta da súa directiva: Presidente, Otero Pedrayo; vicepresidente, Arturo López Trasancos; tesoreiro-contador, José Perillo Garra; vocais, Felipe Oñate e José Goyanes; secretario, Ricardo Outeiriño. Obsérvase que entre os directivos non están dúas personalidades tan importantes como Florentino López Cuevillas e, sobre todo, o teorizador do nacionalismo: Vicente Risco. O primeiro estaba afiliado (21) a este grupo que lideraba Otero Pedrayo, a pesares de non formar parte da directiva, pero Risco tiña formada unha organización aparte: «Irmandade Galeguista de Ourense», da que era presidente Angel Martínez Doval (22). A única  diferencia apreciable entre este agrupamento e o P.N.R. de O. de Otero Pedrayo, non era a aceptación ou rexeitamento da nova forma de goberno como puidese deducirse superficialmente das siglas de cada un destes micropartidos, senón a distinta actitude ante a política relixiosa que debera segui-lo Estado, sendo nisto máis de dereitas a I.G. de O. de Vicente Risco, que o P.N.R. de O. de Pedrayo que adopta unha postura neste eido que poderíamos denominar de centro. Curiosamente estas diverxencias endexamais perturbaron nin as súas relacións políticas —actúan coordinadamente— nin a amistade persoal que se tributaban. Agora ben, a desunión dura pouco, xa que a fins de abril deste ano Risco ingresa no P.N.R. de O., (24), transferíndolle a este partido o legado da tradición galeguista ó proclamar que non era un partido novo, senón o partido nacionalista de sempre que escomenzara a súa traxectoria en 1916. Pero, paradóxicamente, todo fai pensar que non disolveu a «Irmandade Galeguista de Ourense», posto que a ollamos entre os grupiños que se deron cita en Pontevedra para constituir en nadal de 1931 o Partido Galeguista.
     Consistía o seu programa no seguinte:

 

1.º Autonomía do Estado galego dentro da República federal española.
2º. «O poder autónomo galego débese encargar de todos os servicios públicos quitando os seguintes: Representación diplomática e consular. Defensa do territorio nacional. Exercito e mariña. Orden púbrico. Xusticia criminal e réxime penitenciario.Camiños de ferro. Correos e Telégrafos. Monopolios de carácter xéral e Aduanas. Culto e clero. Estes servicios como propios de soberania do Estado quedan a cargo do poder central.» (25)
3º. Cooficialidade do galego e castelán.
4º. «A Terra pra quen a traballe, como ideal pra a resolución do problema agrario (26)
5º. Defensa da producción galega, agrícola e industrial.
6º. Protección e defensa da cultura galega en tódalas súas manifestacións.
7º. Reforma da organización administrativa, en base ó recoñecemento da personalidade da parroquia.
8º. Desmunicipalización, no campo, dos servicios de sanidade, que dependerán por completo do Poder Autónomo.

 

     Como se pode observar nesta sucinta declaración de obxectivos, o seu contido é básicamente coincidente co das Irmandades da Fala, inda que, a diferencia do destas, non ten un sesgo tan progresista. Polo que respecta ós seus Estatutos (27), aparece configurada en 10 breves artígos, unha organización de tipo democrático, na que podían ingresar persoas que non naceran en Galicia, pero que residisen nela; con dous órganos básicos: a «Asambreia geral», órgano soberano que se reúne ordinariamente cada seis meses, ou ben extraordinariamente, e unha «Junta Direitiva» colexiada, renovable por metade cada ano, e sometida ó control da Asamblea. Previsoramente, e non era o P.N.R. o único, establecía a posibilidade de federarse con outras asociacións que procurasen idénticos fins. O cabo, admitía a afiliación doutras sociedades que xa existisen ou se creasen en adiante.
     Contaba coa afiliación do «Partido Agrario-Regionalista de Ginzo de Limia» (ás veces firmaba como «Nacionalista» en troques de «Regionalista» (28)) e de Comités creados, aproveitando os mitins autonómicos dados en Cerreda, Luintra e San Miguel do Campo (29).
     Mercede á actividade propagandística e organizadora do núcleo de galeguistas de Ourense, creáronse nos anos 30 e 31 algunhas agrupacións galeguistas, fundamentalmente na comarca; así en Esgos («Comité Republicano Nacionalista de Esgos»), Cea (con análogo nome ó anterior), Paderne (ídem), Viana do Bolo (ídem), O Barco («Grupo Galeguista do Barco»), Bazón (ídem) (30). Neste labor de espallamento os mestres xogaban un papel de trascendental importancia.
     Ante a necesidade de que Santiago estivese representada por galeguistas nas asambleas autonómicas que se estaban a celebrar, e especialmente na convocada pola Federación Republicana Gallega, para o 4 de xuño de 1931, xorde de nova planta a «Agrupación Nazonalista». O promotor da reunión no Recreo Artístico de Compostela, no que naceu este novo agrupamento, foi Xohan Xesús González, ó que logo veremos óÓ frente da «Unión Socialista Gallega». Elexido o Comité provisional, resultou presidente o citado X. Xesús González; secretario, Luis Seoane López; vocal-contador, Sebastián González, e vocal, José Cabada Vázquez (31). Estaban afiliados: Banet Fontenla, Tobío Fernández, Carballo Calero e F.
Vázquez Enriquez (32).
     AIgúns dos galeguistas compostelanos, como Manuel Beiras, eran membros do Centro Republicano de Santiago (33), que semellaba estar asociado á F.R.G.
     O remata-lo mes de maio nace en Pontevedra «Labor Galeguista de Pontevedra» (34). Compoñen a súa Xunta directiva:
     Presidente: José Garcia Vidal (35).
     Secretario: José Filgueira Valverde.
     Tesoureiro: Claudio Losada Prada.
     Conselleiros: Xerardo Alvarez Jiménez, Alfonso R. Castelao e Cruz Gallástegui Unamuno.
     Nace coa finalidade de contribuir ó afortalamento da conciencia colectiva de Galicia «pola difusión dos estudos galegos e a propaganda das nosas realidades, trebaIlando no espaIlamento da cultura, no inzamento da língoa e no meIloramento da economía»(36). Declara non ser un partido político e manifesta que quere axuntar homes de tendencias opostas, e colaborar e influir nun senso galeguizador sobre cantos partidos se formen en Galicia.
     Quérese configurar, así, máis como un grupo de presión ideolóxica sobre os partidos, que como un partido propiamente tal. Arela ver garantizada tamén a súa independencia dos organismos estatais:

Non leva o frente da sua actuación un programa de política; afirma somentes a persoalidade de Galicia e a sua unidade integral e aspira ao seu recoñecemento autónomo na nova estructura do Estado (37)»;

     Completa a sua definición precisando que levará a cabo un trabaIlo cultural (polo de pronto tén intención de crear unha biblioteca de temas galegos), promoverá campañas de prensa e se valerá asimesmo de conferencias, para incidir na opinión pública; fomentará, deste xeito, «a colaboración dos que deban sindicar os seus esforzos e iniciativas en ben da nosa terra (38)». A língua oficial desta entidade será o galego pero, cun criterio flexible, queda establecido que os seus membros poderán utilizar a título persoal, nos actos públicos, o castelán.
     O remata-la primavera deste ano, pródigo en novos grupos, pois os distintos sectores sociais vense na obriga de ahormar estructuras e programas ó novo marco que vén configurado polas coordenadas do sistema parlamentario republicano, agroma na cidade de Teucro o «Partido Galeguista de Pontevedra (39)». Compuñan a súa directiva: Núñez Búa, que rexentaba un colexio de Vilagarcía, Otero Barral, Lino, Alexandre Bóveda, o poeta Ramón CabaniIlas e o enxeñeiro Basanta. Eran simples membros desta organización os señores ViIlaverde e Vázquez (40), en tanto que Xan Vidal Marínez e Alfonso R. Castelao, desempeñaban cargos de responsabilidade (41).
     É inexacto afirmar, como fai Vilas Nogueira no seu valioso trabaIlo sobre o Estatuto galego (42) , que o G.A.G. foi o núcleo do «Partido Galeguista de Pontevedra», (do que por certo non era membro Paz Andrade, que continuaba liderando o seu grupo vigués que non se disolve ata nadal deste ano en que se crea o Partido Galeguista a nivel de toda Galicia, á Asamblea de fundación do cal concorre co seu nome). Sen dúbida a este autor confundiuno o feito de que Paz Andrade se presentase ás eleccións constituíntes na mesma candidatura que Castelao (de quen era, ademais, íntimo amigo; os dous deron conxuntamente unha xeira de mítins autonomistas) e Cabanillas; nefeuto, figuraban os tres baixo a rúbrica común de «Candidatura Galeguista».
     Os estatutos deste partido pontevedrés aparecen datados a 20 de maio de 1931. A expectativa das eleccións a Cortes Constituintes non debeu ser allea ó seu nacemento. Un dos seus máis activos promotores foi Alexandre Bóveda, autor do proxecto dos estatutos. Significativamente no borrador destes estatutos vense vacilacións terminolóxicas, a bon seguro motivadas pola elemental prudencia política que lle aconsellaba non pór excesivamente o acento no vocablo «nacionalista», por temor a suscita-la pantasma do separatismo.
     Así, onde puña «Estatutos do Grupo Nazonalista de Pontevedra», tachan a verba «nazonalista» e poñen por riba «galeguista», adxectivo considerado máis aséptico; bórrase tamén a expresión «nazón galega» e escrébese no seu canto «Galiza».
     O seu obxectivo programático central, e cáseque exclusivo, era traballar para que o «Estado Hespañol» adoptara a forma federal, e lle fose concedida a autonomía a Galicia. Desbotan toda idea de localismo que puidese derivarse da súa ubicación nunha área territorial reducida (Pontevedra e aledaños) declarando que «acataran os acordos das «Asambleas Nazonalistas galegas». En caso e disolución os seus bens pasarían a ser propiedade do «Seminario de Estudos galegos». Polo demais, non hai ningunha declaración de republicanismo, nin referencias á cuestión relixiosa, nin tampouco un programa agrario; sobre desta última cuestión soamente atopamos unha alusión a que se poderán aliar coas sociedades agrarias sempre que persigan fins semellantes (43).
     O Partido Galeguista de Pontevedra (44) non chegou a ter unha existencia perfectamente clara e distinta debido á corta duración da súa andadura (cáseque nin seis meses). De feito, os diferentes agrupamentos que estaban encadrados nel e que asisten á súa asamblea de constitución, seguen existindo como tales, e cos seus nomes e apelidos verémolos un semestre despois representados na asamblea na que nace o definitivo partido galeguista de toda Galicia.
     O Partido galeguista de Pontevedra estaba formado por varias agrupacións implantadas nalgunhas localidades da provincia, tales como Pontevedra, onde o grupo adopta a denominación de «Grupo Nazonalista Galego de Pontevedra (45)», sendo o seu presidente Castelao, e o secretario, Xan Vidal Martínez; tamén en A Estrada («Xuntanza Nacionalista da Estrada»), e Vigo (46).
     Polo demais, existen unha serie de núcleos galeguistas que actúan unidos ó P.G. de P. e asimesmo ó G.A.G. nas eleccións ás constituíntes, pero que non está claro que estivesen insertas na estructura do P.G. de P.. Actúan estes núcleos en Arbo («Grupo Autonomista de Arbo»), Catoira («Comité Nazonalista Republicano de Catoira»), Vilagarcía («Irmandade Galeguista de Vilagarcía»), Barro, Bueu, Cangas, O Grove («Grupo Autonomista Republicano do Grove»), Marín, As Neves («Grupo Autonomista Republicano das Nieves»), Portas, e Mondariz (47). Tamén en Redondela existe unha xestora galeguista da que coñecemo-la directiva: presidente, José Sánchez Otero; secretario, José Fontenla; tesoureiro, Amador Pérez; bibliotecario, Antonio Lesmes (48).
     Con data 14 de xuño de 1931 aparece firmado en Santiago o manifesto fundacional de «Esquerda Galeguista» (49). Naceu ante a perspectiva das eleccións a Cortes Constituintes, pero precisamente para se non presentar a elas.
     Os escasos meses transcurridos dende a proclamación da Segunda República xa abondaron para desilusionalos porque:

«Negasenos un decreto que poña a coberto nosos direitos lingüísticos, en tanto se Ile otorga a outros pobos de inquedos semellantes aos nosos; esquécese nosa custión foral, como si noso labrego non fose o traballador mais inferior da peninsua, trúncase nosos ferrocarrís e obras públicas —imprescindibres pra nosa economía namentras seguen sen camiño aquiles poucos proieutos que maxinou a ditadura sobros que cairon sospeitas de toda cras (50)».

     Rematan declarando o seu noxo pola forma caciquil en que se estaban a prepara-las candidaturas, e asimesmo que non estaban dispostos a aceptar nomeamentos políticos do goberno de Madrid, comprometéndose a laborar só por Galicia.
     Deslíganse de tódolos partidos existentes pero sen desbota-la posibilidade de xunta-Ios seus esforzos ós de significación esquerdista, no caso de que o ben de Galicia así o requerise. No esquemático programa que presentan aluden a que loitarán pola «independencia da cultura galega (51)» así como pola autodeterminación de Galicia, pola desgravación absoluta da terra que debe ser para que na treballe e: «a negazón de susistenza económica aos que non rendan unha función social». Revela tamén a sua intención de absterse nas eleccións «antidemocráticas» aínda que:


«mantendo o dereito a vixiar aos candidatos triunfantes sobre moitos dos caes recaen nosas sospeitas de que treizonarán os outos intreses da República e os sagros dereitos do pobo galego que cifra, no Estatuto Rexional aprobado o catro dos correntes na Cruña, a sua derradeira posibilidade de entendemento co resto da Hespaña (52)».

     Como veremos logo, a postura teórica de inhibición electoral non foi levada á práctica por esta organización que se presenta cunha actitude de radicalismo nacionalista e cun matiz esquerdista, que son extrañas ás restantes organizacións galegas de parecido signo.
     Na relación de membros de E.G. que a continuación se expón pódese apreciar que se trataba dunha organización de profesionais, intelectuais, artistas e estudiantes: Alvaro das Casas (catedrático), Victor Martínez (avogado), José Carnero Valenzuela (licenciado en Ciencias e Farmacia), José Eiroa (escultor), Sebastián González (profesor universitario), Primitivo R. Sanjurjo (escritor), Antonio Fraguas (profesor universitario), Francisco Gastañaduy (estudiante), Arturo Cuadrado (periodista), Eduardo Sanchez Fraga (médico), J. López Durá (estudiante), José Luis Ramos (estudiante), Luis Tobío (profesor universitario), Modesto Blanco (avogado), Luis Seoane López (estudiante e debuxante), Carballo Calero (avogado), José Camaño (avogado), Xaquín Lameiro (empregado), Basilio Fernández Barbazán (perito agrícola), José María Vázquez (avogado), Anxel Casal (editor), Clemente Zapata (profesor universitario), Cesáreo Vázquez Ulloa (avogado), J. Rodríguez (estudiante de Maxisterio), R. Fernández Casas (mestre). Semella existiren máis firmantes, polo que o propio diario «El Pueblo Gallego» nos dí, pero non se recollen.
     Facendo unha pequeña recapitulación, atopámonos nesta breve etapa que media entre a instauración do réxime republicano e nadal deste ano de 1931, no que se crea o definitivo Partido Galeguista na maior parte do territorio galego, cun arco de forzas políticas nacionalistas sumamente fragmentado como adoita suceder nas etapas de ausencia de liberdades públicas, e que se simplifica en canto se establece un réxime democrático que favorece o coñecemento dos grupos afíns, e esixe dos partidos a xustificación da súa existencia en función do voto popular, e con diferencias ás veces importantes a pesares do seu denominador común. Así o progresismo avanzado das esmorecentes «Irmandades da Fala», difire bastante da postura confesional e conservadora da «Irmandade Galeguista de Ourense», que encabezaba Risco; tampouco son equiparables a moderación do «Partido Nazonalista Republicano de Ourense», aglutinado arredor de Otero Pedrayo, co esquerdismo e autodeterminismo, que se presenta cun sesgo radical, da «Ezquerda Galeguista» que encabeza Alvaro das Casas, (quen moi logo pasará a manter unha postura independentista); contrastan  da mesma maneira o personalismo que amosa Valentín Paz Andrade no «Grupo Autonomista Galego de Vigo» co carácter colexiado con que a dirección do «Partido Galeguista de Pontevedra» conduce o partido, e tampouco son iguais os progresistas membros da «Agrupación Nazonalista» de Santiago (Xohan Xesús González era socialista, Lois Seoane simpatizaba co marxismo, por exemplo) que os conservadores de «Labor Galeguista de Pontevedra». Filgueira Valverde, poñamos por caso, que se entregan a un traballo meramente cultural e propagandístico.
     En síntese serían dúas as correntes ideolóxicas nas que se subdivide o galeguismo. Pero, en troques de dicilo nós, traiamos aquí a colación unhas clarificadoras declaracións de Antón Villar Ponte, que se ben son extensas consideramos xustificada a sua reproducción integra por mor de súa importancia:

«El nacionalismo gallego es de oriundez liberal y republicana. Tomó cuerpo —que el alma ya la recibiera de los precursores— respondiendo al esfuerzo mayéutico de nuestra pluma. Con nosotros actuaron de parteadores hombres de tendencia tan izquierdista como Porteiro Garea, Lugrís Freire y Juan Viqueira y en su berce nativo de La Coruña tuvo siempre la asistencia de una juventud radical. Varios de sus líderes más exaltados, que muchas veces simpatizaron con el sindicato coruñés, duermen el último sueño en el cementerio civil.
Lo que aconteció con el nacionalismo gallego, como con todos los nacionalistas de la Península, fue sencillamente que siendo más que un partido político una abreviatura de pueblo autónomo, en su seno, luego de haber adquirido cierta pujanza, se dibujaron lógicamente los dos matices indispensables: el derechista y el izquierdista. En este sentido las dos tendencias nacionalistas son tan radicales como pueda serIo cualquier otro partido que tenga bien acentuado su extremismo [...] En el orden social y económico el nacionalismo gallego —aún el de la derecha— llega en su concepción ideológica a extremos que ningún otro partido burgués superó hasta ahora (53)». (Suliñado de X.C.P.).

     Para rematar con esta análise e antes de escomenzar a examinala actuación destes suxeitos na práctica política, poñamos de relevo a personalidade senlleira de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Paz Andrade, Bóveda, Castelao, Filgueira Valverde, e Alvaro das Casas que, dada a súa significación e notoriedade, aglutinan a pequenos grupos ó seu arredor marcándoos fondamente coa súa acusada personalidade.



     2.2 O Galeguismo no mencer da angueira autonómica

    
A instauración da República supuxo o desplazamento das forzas monárquico-unitarias e a progresión dos grupos que postulaban a reconversión autonómica ou federal do Estado. Antes de pasar a ve-la actuación destes en Galicia, botemos unha ollada ós outros dous nacionalismos periféricos que plantexaban a cuestión de xeito máis acuciante dada a súa superior implantación social. En Cataluña a esixencia dunha fórmula que dese satisfacción ás súas arelas de autogoberno, parecía ser un clamor popular recoñecido por todos, sen exceptua-Ias forzas monárquicas (54). O triunfo, tan espectacular como inesperado, do recén creado partido «Esquerra Republicana de Cataluña», nas eleccións municipais do 14 de abril, animou ó seu dirixente Maciá a protagonizar unha audaz acción proclamando, no nome do pobo catalán «el Estado catalán bajo el régimen de una República catalana», que arelaba formar parte dunha «Confederación de pueblos ibéricos». Ó recabar para Cataluña a categoría de Estado soberano, Maciá e a Esquerra ultrapasaban o acordado no Pacto de San Sebastián polas forzas republicanas que estiveran conformes en deixa-Ia cuestión de dar á República forma federal para que as Cortes Constituíntes a resolvesen. Tras dunha tirapuxa entre Maciá e o presidente do Goberno provisional, Alcalá Zamora, fóronse progresivamente rebaixando os termos nos que se proclamara a República catalana, ata quedar en «Generalidad de Cataluña». Na negociación que tivo lugar, o Goberno da Xeneralidade contaba cun gran apoio popular (55), polo que a cambio da concesión feita conqueriu a aceptación da Xeneralidade, como Goberno provisorio de Cataluña, e a garantía de que o Estatuto de autonomía de Cataluña sería apoiado e recoñecido polo Goberno de Madrid. O proceso estatutario catalán escomenza co Decreto da Xeneralidade, dado o 28 de abril, que, ó tempo que estructuraba o Goberno provisorio catalán, establecía as normas para a elaboración do Estatuto. A partires de aquí o máis destacado ata as eleccións de xuño é o enfrentamento entre os Gobernos central e periférico por mor da determinación do seu rango respectivo. A fórmula consensuada ó cabo, implicaba un rebaixamento nos termos da proclamación da República catalana, facendo que Cataluña se sometese á soberanía única das Cortes Constituíntes, pero non ata o punto de (reduci-Ias competencias da Xeneralidade ás propias dunha Deputación provincial.
     No País Vasco, pouco antes do 14 de abril tivo lugar a reunificación dos dous movementos políticos nacionalistas existentes: o «Partido Nacionalista Vasco» «Aberri») e a «Comunión Nacionalista». O novo «Partido Nacionalista Vasco» resultante desta fusión, acontecida o 29 de abril de 1930 verá moi logo xurdir dous competidores (56); A «Federación de Mendigoizales», que continuaba a liña «Aberri» en canto á súa intransixencia nacionalista, exaltado anti-españolismo e actitude contraria ó Estatuto. En segundo lugar, «Acción Nacionalista Vasca», aconfesional, republicana e de esquerdas. Nas eleccións municipais obtiveron a maioría os republicanos, socialistas e nacionalistas, aínda que as forzas monárquicas e da dereita seguían sendo predominantes fóra dos núcleos obreiros e das cidades republicanas (San Sebastián e Bilbao). Os nacionalistas conqueriron 21 concellais en Bilbao, dos que sete eran da A.N.V., seis en San Sebastián, e ningún nas dúas capitais restantes. Horas antes de proclamarse a República en toda España, en Eibar adiantaronse, sendo así a cidade pioneira nisto. Segundo Beltza (57) o nacionalismo aparece escindido en dous sectores básicos: unha corrente que une as reivindicacións nacionalistas ó triunfo das reformas democráticas e sociais, e outra, conservadora, que continúa aferrada á sociedade tradicional, precapitalista, actualizando o legado carlista. Triunfará esta segunda corrente, o que conducirá á alianza entre nacionalistas e carlistas. Paralelamente á proclamación por Maciá do «Estat Catalá», José Antonio de Aguirre, líder do P.N.V., partidario dunha liña democrático-burguesa e reformista no eido social, de acordo con outros alcaldes nacionalistas convocou para o 17 de abril a tódolos municipios vizcaínos, en Guernica. En tal xuntanza, que non se puido celebrar por prohibición do Goberno, pensábase recaba-la constitución dun «Gobierno Republicano Vasco, vinculado a la República Federal Española», e manifestar unha vontade democrática e republicana que podería supoñer unha ponte tendida á alianza cos republicanos e socialistas. Pero, ó propio tempo, Aguirre, facendo gala de eclecticismo, indicaba que o P.N.V. seguiría colaborando coa dereita na defensa dos dereitos da Igrexa.
     No período que vai ata as eleccións a Cortes Constituíntes, que estará marcado por unha considerable axitación obreira, dúás son as forzas que se perfilan como claramente favorables á fórmula descentralizadora: o P.N.V. e o Partido Republicano Federal.
     Centrándonos xa en Galicia, atopámonos cun nacionalismo policéntrico, de significación democrática, reformista e republicana; esta última recén asumida, e máis por pragmatismo que por convicción doutrinal. Víramos tamén como a meirande parte dos grupúsculos galeguistas concurriran ós comicios municipais, formando parte da coalición republicano-socialista, á que se suman os agrarios en múltiples concellos, obtendo un número de concellais cativo, pero significativo. Abrese, pois, un novo marco de actuación política que comportará novas esixencias e posibilidades. Levados pola cobiza do Estatuto escomenzan moi logo a movérense as dúas correntes, multiforme unha, unida pero misturada cos republicanos a outra, en que podemos deslinda-la corrente nacionalista: o sector galeguista da Orga, e a constituída polos restantes micropartidos nacionalistas.
     Ós poucos días de proclamada a República os galeguistas de Vigo acordan conmemora-lo 85 cabodano dos fusilamentos de Carral cun mitin que se celebrou no céntrico e importante Teatro García Barbón (58), aproveitando que o seu propietario, Sr. Fraga, era simpatizante deles, e non lles cobraba o local. Falaron neste acto de afirmación galeguista Castelao, Paz Andrade, Otero Pedrayo, en representación do P.N.R. de O., e Carballo Calero, membro da «Agrupación Nazonalista» e directivo da Federación Universitaria Escolar, de Santiago. Segundo a prensa o acto resultou moi concorrido, destacando Otero pola súa brillante oratoria. Enviaron adhesións ó acto a «Sociedade de Amantes del Campo», da Coruña, que costeou unha lápida cos nomes dos caídos de Carral, e tamén Gomez Román, presidente local da «Agrupación al Servicio de la República» —como xa viramos—, que tiña previsto intervir no acto pero que non puido acudir por unha continxencia imprevista (59).
     Tamén en Ourense o P.N.R. de O. celebrou un mitin —que foi o seu primeiro acto público— para conmemorar ós «mártires de Carral». As 5 a tarde do 26 de abril deste ano de 1931, falan na Alameda do Cruceiro (60), Otero Pedrayo, Vicente Risco (aquí os temos actuando conxuntamente), e González Salgado; acoden de fóra Castelao e Paz Andrade, quen viñan de celebrar pola mañá o mencionado acto en Vigo.
     Pouco tardan varios dos grupos galeguistas existentes en porse de acordo para lanzarse a unha relativamente intensa campaña de sensibilización autonomista. Podemos rexistrar como un fito senlleiro nesta campaña, o mitin dado o domingo 10 de maio no Teatro Principal de Pontevedra. A organización corre a cargo de «Labor Galeguista de Pontevedra», a quen representa no acto, como orador, Castelao; pola «Agrupación Nazonalista» de Santiago interviu o ex-presidente da F.U.E. (61), Ricardo Carballo Calero; Álvaro das Casas, que aínda non fundara a «Ezquerda Galeguista», ostentaba a representación da «Irmandade Galeguista» de Noia (62). Falan, tamén, Otero e Paz Andrade (63). Anúncianse novos actos de propaganda autonómica na Estrada, en Cambados (onde estaba previsto que falase o poeta Ramón Cabanillas, xunto con Seoane, Iglesias Vilarelle, Castelao e Álvaro das Casas, entre outros), e tamén en Santiago e Padrón (64).
     Especialmente activo nesta campaña móstrase o G.A.G., que xa a encetara antes da caída da Monarquía. Novo mítin en Fornelos de Montes, onde actúa o inseparable binomio que constitúen Paz Andrade e Castelao, xunto co vicepresidente do G.A.G. Elías Barros Martínez (65). Tamén o Partido Galeguista pontevedrés desenvolve un importante labor pro-autonómico, organizando gran número de conferencias e actos públicos, que buscaban ademais proxecta-la ideoloxía galeguista; así fan en Pontevedra, Vilagarcía e algunhas outras localidades que non se especifican (66).
     A esperanza autonómica que inevitablemente se derivaría dunha República que, iso non se dubidaba, ía ser federal, fai que os galeguistas estean moi interesados na consolidación do novo réxime. Érguese así a prudente voz de Victor Casas solicitando que non se lle fixeran peticións ó Gobemo provisional, presidido por Niceto Alcalá Zamora, que puidesen entorpece-lo seu labor (67). Esta era unha fe incustionable para os galeguistas; Antón Villar Ponte, na súa habitual sección periodística, considera que foi proclamada «la República federal española (68)».
     En Ourense, o P.N.R., que xa dera mitins en Sober e Porto Quintela, congratúlase de «este estupendo cambio de régimen [...] magnífico ejemplo de ciudadanía», suliñando o feito de que se producise de forma pacífica e ordenada, salvo «unos cuantos incidentes, y ninguno afortunadamente grave, y unos cuantos desahogos pocos piadosos o de mal gusto». Despois de declarar que o que interesaba ó P.N.R. era a autonomía, consideran, abusivamente, que a República se declarara federal (69). O equipo de oradores composto por Otero Pedrayo, Risco, López Trasancos, González Salgado, Martínez Doval e Fernández Oxea, pronuncia mitins en Cerreda, San Miguel de Campos e Luintra. Anuncia a continuación da xeira propagandística autonómica —que se entrefreba coa cuestión das eleccións a Cortes Constituíntes— por moitos pobos da provincia, atendendo en especial, por falla de tempo, ás cabezas de partidos xudiciais (Carballiño, Verín, Barco, etc.) (70). O propio se dispuña a face-Ia súa filial en Xinzo («P.A.N. de Ginzo de Limia»), que xa tiña dado un mitin en Trasmirás (71).
     Entendendo que era xa chegada a hora tanto tempo agardada, Risco facía valer todo o peso da súa autoridade moral, exhortando a que «O esforzo todo dos nacionalistas galegos niste instante, débese endereitar a poñer en primeiro plano o problema da autonomía» (72). Para elo parecíalle necesario que se crease sen demora un frente único autonomista, considerando o partidismo como unha traición de lesa patria galega: «Proclamamos unha tregua nas loitas partidistas n-iste instante tan soilo en que debemos aunal-as forzas de todos pra soster a Galiza (73)».
     Estas chamadas a cohesión e á activación de campaña autonómica tiñan unha certa correspondencia nos feitos. Os partidos, con seus máis e os seus menos, amosaban un certo ánimo unitario en aras da autonomía de Galicia. Os actos de propaganda prodigábanse bastante: «Nas catro provincias galegas a campaña de propaganda da idea autonomista vénse realizando con unha intensidade endexamais igualada (74)». Claro que a intensidade non era a mesma en tódalas provincias; especialmente no que fai á de Lugo, onde era sensiblemente menor. De tódolos xeitos, Victor Casas está contento da receptividade con que a sociedade acolle esta campaña. Concretamente os labregos, que son os que fundamentalmente lle interesan, cre que responden moi ben aínda que é consciente de que están moi condicionados polo caciquismo (75). Isto fai que lle asalten os primeiros temores:


«N'estes momentos en que Galicia está ventilando o seu porvir e ten necesariamente que conquerir a autonomía non sei que resultado dará a forma en que andan as cousas polos pobos pequenos [...] non será dificil que os antigos caciques e moitos repubricanos que agora teñen mando entorpecerán a patriótica labor que é necesario desenrolar n'estes momentos (76)».

     Así como no activismo periodístico sobresaen os grupúsculos nacionalistas, tocante a propostas tendentes a acadar efectividade práctica no proceso autonómico, cumplen un papel de maior preponderancia os elementos nacionalistas que están agrupados nun partido non nacionalista, a Orga, no cal exercen un influxo decisivo; como consecuencia delo a F.R.G./Orga (77) convocará para o 4 de xuño na Coruña unha Asamblea pro-Estatuto chamada a ter gran importancia. Esta convocatoria aparecida na prensa con gran premura, cinco días despois de establecerse a República (78), fíxose nuns termos bastante maximalistas: tratábase de elaborar un proxecto de constitución do «Estado Galego» dentro do Estado republicano federal español. Anunciábase que se discutiría a creación dun «gran partido nacionalista gallego» que levaría ás Cortes o tal proxecto (79). Invitouse, cun criterio amplo, a tódolos partidos e entidades que puidesen estar interesadas na autonomía de Galicia.
     Estando este chamamento no aire, a atmósfera política galega escomenza a cargarse de electricidade polo rumor da paralización das obras do ferrocarril da liña Zamora-Ourense-A Coruña, que veremos máis adiante para que nos sirva a xeito de contextualización. Neste ambiente o exemplo de Cataluña proclamando o «Estat Catalá» cunde, e ata dende Bos Aires, a Orga e a Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturales, incitan ós partidos republicanos a proclama-la soberanía do Estado Galego (80). Claro que tamén hai voces máis moderadas que dende as páxinas da revista «Alma Gallega» (81), critican ós nacionalistas exaltados que pretendían emula-lo exemplo de Cataluña.
     A Asamblea reúnese, e nela os nacionalistas teñen un papel destacado. A prensa galega, maioritariamente contraria ó Estatuto, para limita-lo alcance e significación da Asamblea do 4 de xuño tende a esaxera-Io papel dos nacionalistas naquela xuntanza, para así concluir que era únicamente representativa deste sector da opinión. Victor Casas é quen denuncia esa manobra recalcando que os nacionalistas non convocaron a Asamblea, limitándose a colaborar  e asistir como calquera outra agrupación política, pero que nunca os galeguistas exerceron hexemonía como «caprichosa e tendenciosamente dixose por certos xornaes e personas».
     Limitaremonos a salienta-la actuación dos galeguistas nesta Asamblea autonómica da Coruña, e elo dunha maneira sucinta, por estar suficientemente estudiado canto alí aconteceu nalgúns estudios publicados, especialmente no xa citado de Alfonso Bozzo (82).
     Non nos parece moi correcta a apreciación deste autor establecendo dúas grandes correntes, que son as que correron coa iniciativa da redacción dos textos autonómicos que se presentaron a esta Asamblea, e que en definitiva van xoga-la carta autonomista no período republicano. Segundo isto, unha sería a nacionalista galega e a segunda a que encarna a «Organización Republicana Gallega Autónoma»; as dúas participarían do principio da necesidade dunha estructuración federal do Estado español, e, seguindo a súa exposición, ámbalas dúas tendencias efectuarían un xiro na apreciación do dogma federal a partir dos primeiros momentos da República. Os galeguistas radicalizarían o seu federalismo, en tanto que o republicanismo autonomista, pola contra, matízao ata despoxalo do seu contido orixinario.
     Sería máis exacto, segundo o noso criterio, considerar que as dúas correntes, que efectivamente se dan, son en realidade a dos galeguistas que actúan, uns esfarangullados en partidos nacionalistas grupusculares (que logo se axuntarían nun único partido), e outros no seo da Orga onde cren posible traballar eficazmente polo autogoberno galego, ata que se convencen do contrario e abandonan a Orga —caso Vilar Ponte, p.e.— para ingresar no P.G., e unha segunda corrente constituída polos restantes membros da Orga que non son nacionalistas e o conxunto dos partidos republicanos que asumen a autonomía.
     De feito, como nos conta Emilio González López (83), que amais de historiador foi protagonista naquela etapa (chegando a ser diputado pola Orga na localidade onde tiña o seu principal asento a Orga, A Coruña), dos fundadores 13 eran galeguistas (Lugrís Freire, Anxel Casal, Víctor Casas, Somoza, Zamora, Monasterio, etc.) e membros da l. da F., e soamente doús (Casares Quiroga e Calviño Dominguez) republicanos sen máis. Elo explica ese inicial pulo federalista que preside a actuación deste partido, que se iría paseniñamente amortiguando na medida en que a tensión que se establece entre os elementos galeguistas, por un lado, e os republicanos que tiñan certas reticencias verbo da autonomía, á que en todo caso consideraban como algo secundario, se foi resolvendo en favor destes últimos.
     Tampouco é moi acertado afirmar que os galeguistas se irían radicalizando no seu federalismo conforme foi transcurrindo a República. Moi ó contrario, iríanse facendo cada vez máis posibilistas, como veremos (84).
     Xa dixemos que na mencionada Asamblea, a F.R.G. tencionaba que houbese representantes de tódolos sectores sociais de Galicia (85). A Orga, verdadeira promotora, convoca —como dí Bozzo— ó traveso da F.R.G. porque a relativa heteroxeneidade desta convertíaa no organismo idóneo para dar maior extensión, resonancia e representatividade ó proxecto de estatuto que saíse resultante.
     «El Pueblo Gallego» no seu editorial (86) consigna a ausencia significativa das agrupación obreiras-socialistas e sindicalistas, así como os periódicos galegos —que crean opinión e por iso son importantes— entre as entidades chamadas a participar na Asamblea da Coruña, que estaba por certo en principio prevista para os días 9 e 10 de maio e tivo que ser trasladada para o 4 de xuño en orde a posibilitar unha maior participación nas ponencias, e por algún que outro roce entre os partidos. Na Asamblea tívose como base de discusión un anteproxecto de Estatuto que fora elaborado por unha comisión de F.R.G., e que para redactala tivera en conta os varios proxectos estatutarios, que previamente presentaran algúns dos grupos e institucións que concurrían á Asamblea (87).
     A aportación do galeguismo a todo isto concrétase nos textos da F.R.G., do S.E.G. e de «Labor Galeguista de Pontevedra», que conquiren impoñe-los seus criterios no proxecto do Estatuto que aprobou esta Asamblea.
     Deixámo-la análise pormenorizada ós estudios sinalados, e pola nosa banda soamente aportar unhas breves cuestións. En primeiro lugar, o mal trato dado polo influínte xornal coruñés «La Voz de Galicia», ó Proxecto de Estatuto do S.E.G. .A. Villar Ponte, que por certo aseguraba a súa subsistencia en gran medida coas súas colaboracións nese periódico, e Xesús Bal y Gay, mostran o seu alporizamento porque o mencionado periódico, tras publica-lo proxecto do S.E.G., engadiulle un estrambote malintencionado e «pseudofilolóxico», tentando de desacreditar públicamente ós galeguistas (88).
     Polo demais, este anteproxecto de Estatuto pesia estar firmado por Paz Andrade, Bóveda, Risco, Luis Tobío e Carballo Calero, en realidade era da exclusiva autoría de Luis Tobío e Carballo Calero, en tanto que o informe económico que o precedía era obra de Bóveda en solitario. Non houbo polo tanto comisión, senón que o que houbo foi o intento do S.E.G. de arroupa-lo traballo dos tres citados baixo o prestixioso abrigo dos cinco nomes reunidos en comisión (89).
     Dicir tamén que unha das cuestións que máis oposición e encono atopou por parte dos refractarios á asunción da autonomía, e mesmo nos que admitían a autonomía administrativa, foi a cooficialidade do galego co castelán (90).
     Xa aludimos antes a como un importante sector da prensa (91) hiperbolizou a participación galeguista na Asamblea. Con todo non hai a menor dúbida de que os nacionalistas se volcaron completamente nesta Asamblea; así na crónica bastante extensa que adicou a tal acontecemento «El Ideal Gallego», vemos que a apertura do acto corre a cargo de Lugrís Freire, que a Mesa quedou constituída por Antonio Alonso Ríos (92), Cabeza de León, A. Vilar Ponte, e o mesmo Lugrís, Blanco Torres, Lois Tobío, e Filgueira Valverde, é dicir por sete galeguistas claros, sobre un total de doce. Ademais acordouse nomear a Alexandre Bóveda asesor técnico da Mesa. Entre os que interveñen nos debates está Lois Peña Novo, que fala en castelán sendo por elo abucheado, ó que replica dicindo que é nacionalista galego, e que é o único que dentro dunha corporación oficial sostén o uso do galego, cousa que o xornalista lle recoñece; teñen tamén unha actuación destacada: Risco, Suárez Picallo, Alvaro das Casas e Paz Andrade (93). Sorprende o silencio ou inasistencia de Otero Pedrayo e Castelao.
     O resultado da Asamblea crea un ambiente de euforia entre os galeguistas, que queda perfectamente reflexado nos artigos de A.Villar Ponte e Xesús Bal y Gay (94).
     Non parece moi aventurado afirmar que o proxecto autonómico aprobado no 4 de Xuño era de máis radical dada a escasa sensibilización autonómica do tecido social galego, e considerando ademais que contaba coa oposición, polo de pronto da maioría da prensa, como xa vimos, pero tamén do Partido Radical —moi implantado en Galicia e deslizándose cada vez máis cara posicións centralistas—, de toda a dereita tradicional que escomenza a reagrupa-las súas forzas ata callar na C.E.D.A, e dos cenetistas; tamén os socialistas se absteñen de apoialo, —e xa non só a este proxecto concreto— tras do seu congreso celebrado en Monforte no mes de octubro de 1931.
     Paralelamente a campaña de propaganda autonómica continúa a ser levada polos galeguistas coa arela de vencer precisamente esa falta de «ambiente autonomista» que utiliza a P.S.O.E. como argumento para inhibirse da cuestión. Namentres o 5 de maio «Labor Galeguista de Pontevedra» organiza un mitin pro-autonómico (95), o Ministro de Instrucción Pública, Marcelino Domingo, recibía numerosos comunicados solicitando que lle fosen concedidos a Galicia os beneficios do Decreto de Bilingüismo, estando disposto, segundo as súas declaracións, a leva-lo asunto ó Consello de Ministros (96).
     Os estudiantes galeguistas da F.U.E. coadxuvan a esta campaña invitando a Otero Pedrayo a pronunciar unha conferencia no Paraninfo da Universidade, na súa calidade de presidente do P.N.R. de Ourense (97).
     Días despois aparece un comunicado, que por suposto «El Pueblo Gallego» —caixa de resoancia e heraldo do autonomismo en Galicia— reproduce en lugar ben destacado, remitido pola promoción que viña de remata-lo terceiro curso de Maxisterio en Pontevedra, no que se declara partidaria da autonomía (98).
     Isto pódese interpretar como a rápida reacción dos galeguistas —había ademais bastantes mestres galeguistas— para neutraliza-la desfavorable impresión que causou na opinión pública a actuación do representante dos mestres, señor Varela (que era de Vigo) na Asamblea da Coruña do 4 de xuño, na que se mostrara moi reticente con respecto á introducción do galego no ensino, e en xeral coa autonomía. Un galeguista dende as páxinas da revista bonoarense «Céltiga» trata de relativiza-la representatividade do mestre Varela, dicindo que non ostentaba máis representación que a dos mestres da provincia de Pontevedra e que de feito algún escolante da Coruña, á vista da súa actitude, deuse de baixa da Asociación (99).
     A unidade de acción entre varios dos Grupos galeguistas pónse de manifesto na xeira de mitins de propaganda autonomista que se leva a cabo na provincia de Pontevedra, con actos en Vilagarcía, Tui, Baiona, Cambados e A Guardia, nos que toman parte Nuñez Búa, pola «Irmandade Galeguista de Vilagarcía»; Banet Fontenla, da «Agrupación Nazonalista» de Santiago; Castelao por «Labor Galeguista», Paz Andrade polo G.A.G. e Otero Pedrayo polo P.N .R. de Ourense (100). A campaña continúa ó mes seguinte con mitins, que según E.P.G., teñen notorio éxito de público, en O Grove, Ramallosa, Redondela, Tomiño, Catoira e Cordeiro (101).
     Como queira que na Asamblea do 4 de xuño acordárase que a Mesa quedara constituída como organismo permanente ata o logro das aspiracións autonómicas, circulou por Santiago a especie de que a Asamblea decidirá erixirse en Parlamento provisional de Galicia, ante o cal a xuventude republicana xuntou ó público en manifestación que se dirixiu ó Axuntamento entonando o Himno de Riego e enarbolando a bandeira galega, tras do cal disolveuse pacíficamente. Esto interpretábao E.P.G. como un reflexo da vibración federal de Galicia (102).
     A todo isto Rovira Virgili recoñece no periódico «La Nau» que madrugaron máis os anteproxectos dos Estatutos vasco e catalán e que sería conveniente que os que saísen elexidos deputados por Galicia, País Vasco e Cataluña, tivesen un cambio de impresións para ver de da-la maior coincidencia posible ós Estatutos respectivos, pois de teren unha estructura e redacción distinta aumentarían as dificultades para a súa discusión e aprobación nas Cortes (103).
     O recoñecemento da personalidade de Galicia que facían os cataláns tamén o podemos observar nas declaracións dunha figura política da talla de Valle Inclán, que entrevistado pola prensa se declara federalista e admite a diferencialidade galega; aínda que non andaba moi atinado nas declaracións que fai sobre do problema de Galicia dado que considera: 


«que es completamente opuesto al de Cataluña y, por consiguiente, debe ser resuelto con un Estatuto distinto, no mediterráneo, sino atlántico. Cataluña tiene necesidad de un arancel que favorezca su industria y Galicia necesita la creación de un puerto franco en Vigo y la supresión de todo arancel. Todo lo que Galicia produce, hombres, salazones, etc., lo manda al extranjero, Cataluña, no (104)».

     A protección que reclamaban os gandeiros galegos diante da importación de carnes uruguaias, que deu pé a tantos conflictos escapa por completo á análise do xenial escritor.
     O coruñés Salvador de Madariaga matiza a cuestión da sensibilización autonomista que se desprende do feito diferencial nun artigo publicado en «El Sol». Recoñece que en Galicia hai unha «conciencia nacional» pero entende que se trata máis ben dun reflexo do movemento catalán que estimulou o espertar das conciencias rexionais, que eran patentes daquela en España (105).
     Novos mítins en Sanxenxo, Gondomar e varios na península do Morrazo (106). Castelao, Nuñez Búa, Paz Andrade, Isidro Andrade Cimadevilla, Iglesias Vilarelle e Lino Sánchez van recorrendo os pobos (Marín, Seixo, Bueu, Cangas, Moaña, Domaio, Soutomaior) en caravana automovilística; Bóveda, que os acompaña, facía gala nos mítins de gran acopio de datos «causando con sus cifras verdadera sensación en el público (107)».
     Como vemos esta campaña autonómica está descompensada no que se refire ó conxunto da xeografía galega, en favor da provincia pontevedresa. Na da Coruña, Víctor Casas vía o panorama, ben entrado o mes de xuño, de maneira pouco afalagadora; fundamentalmente porque algúns partidos republicanos variaran de posición no tema da autonomía. Ollaba como os candidatos e deputados estaban divididos en unitarios e federalistas, a diferencia de Cataluña onde, segundo él, todos defendían a súa autonomía. Ademais «A Cataluña ténselle medo e a Galicia sigue considerándose pouco mais ou menos como antes (...). Somentes a necesidade perentoria de resolver o problema catalán deixará unha porta aberta a Galicia (108)». Claro que a perspectiva de que o proceso autonómico galego quedase bloqueado era algo que non parecía que estivesen dispostos a aceptar impasiblemente; escomenzaban xa a amenazar con radicaliza-las súas posturas: «si se nos nega a nosa libertade xa sabemos a actuación que nos agarda. Contra a Repúbrica e contra Hespaña (109)». Pero non era só Victor Casas; Blanco Torres dicía: «Autonomía ou nada; é decir o mesmo que antes; o statu quo. Ou ben, si non se quer dar o pouco, o que é debido, exigir o moito; é decir, a independencia (110)».



     2.3. O Galeguismo nas eleccións a Cortes Constituíntes

     As eleccións de deputados para as Cortes Constituíntes foron reguladas por un Decreto aparecido en maio de 1931, que modificaba a Lei electoral de 1907, sen trasformala totalmente. A medida primordial, introducida para evita-la corrupción, foi a ampliación do tamaño dos distritos ata facelos coincidir coas demarcacións provinciais, a excepción das grandes cidades, que formaban circunscripción propia. Establecíase ademais unha maior proporcionalidade entre o número de electores e de elexibles, asignando un deputado por cada cincuenta mil habitantes, con miras a limita-lo peso da poboación rural. Podían ser elexibles mulleres e clero, rebaixándose a idade para poder exerce-lo dereito ó voto de 25 a 23 anos. O sistema electoral era maioritario con representación das minorías e listas abertas. Cada elector soamente podía votar un 80 por cento, aproximadamente, do número total de deputados que corresponderan á súa circunscripción. Quedaba así reservado certo número de postos para a minoría máis importante. Para que un candidato puidese ser elexido era preciso non só obte-lo meirande número de votos escrutados, senon tamén máis do 20 por cen dos sufraxios emitidos. No caso de que ningunha lista acadara esta porcentaxe, celebrábase unha segunda volta na que ahondaba obte-la maioría relativa de votos. Deste xeito garantizábase unha certa representación ás minorías, que quedou consagrada por un Decreto de 5 de xuño de 1931, polo que se repartían os postos de deputados en cada circunscripción entre a maioría e a minoría (110 bis).
     O tope do 20 por cento mínimo de sufraxios obtidos en cada circunscripción era na práctica inacadable para as listas minoritarias (que presentaban ós seus candidatos soltos, «por minorías», para que o elector os incorporase á lista que ía votar). Con este teito tencionábase forza-la creación de grandes partidos, obrigando ós pequenos a se coaligar, pero así e todo non se opuña ós partidos nacionalistas, permitindo que se configurase libremente nas nacionalidades e rexións un sistema propio de forzas políticas.
     Velaquí a representación asignada a Galicia nas Cortes Constituintes:

 

Circunscripción

Maioría

 Minoría

Nº total de Diputados

A Coruña 12 4 16
Lugo 8 2 10
Ourense 7 2 9
Pontevedra 9 3 12

 

     As eleccións supoñen o enfrentamento da ideoloxía galeguista coa maior parte das restantes e moi principalmente a que sustentaban as desorganizadas forzas conservadoras, que pugnaban por acada-lo maior número posible de escaños. Cos partidos republicanos en xeral tiñan moitas concomitancias —de feito preséntanse en alianza con eles en tres provincias—, pero tamén diferencias:

«E xa que os chamados repubricanos a secas antepoñen os seus apetitos políticos ou personais ás angueiras de Galicia, pol-a mesma razón os nacionalistas antepoñemos o galeguismo ao repubricanismo (111)».

     O Partido Radical, máis concretamente, era o que con maior frecuencia entraba en conflicto cos nacionalistas, ós que tildaba de separatistas. A. Villar Ponte non entende como os seguidores de Lerroux eran tan refractarios á cuestión da autonomía e tan hostiles cos galeguistas, cando o propio Don Alejandro, á vista do incremento do sentimento catalanista, abandonara o seu unitarismo por unha tendencia autonomista, e o propio órgano do Partido Radical en Barcelona, se denominaba autonomista (112).
     Tódolos elementos que criticaban públicamente a autonomía, daban renda solta de paso ás súas iras contra os galeguistas, tanto por veren neles ós principais valedores de tal principio, como por seren os que lles saían ó encontro provocando polémicas na prensa. Así, por estas datas Filgueira Valverde ataca no xornal, sen excesiva acritude, que outra cousa non iría co seu temperamento, a Eugenio Montes polo seu furibundo antigaleguismo (113).
     Entre os distintos partidos políticos considerados de esquerda estaba bastante xeneralizada a idea de que o geleguismo era un asunto de retrógrados. Na propia F.R.G. había sectores que opinaban así; de feito na Asamblea provincial de Pontevedra desta Federación, celebrada pouco tempo despois das primeiras eleccións xerais da República, un tal señor González plantexou a necesidade de que F.R.O. se convertise nun partido galego, forte e esquerdista, buscando para elo a confluencia con elementos afíns, entre, os que no había que pensar nos nacionalistas, por considerar que eran «extraordinariamente reaccionarios (114)».
     Victor Casas se aplica a refutar ese sambenito de que eran reaccionarios, que segundo el, se estaba convertindo nun tópico, xa que aínda había ben pouco tempo o esgrimira tamén Alianza Republicana. Como o anterior desmentido de Villar Ponte non fora suficiente para varia-la impresión, V. Casas insiste en que distaban de seren reaccionarios, declarándose el mesmo como home de esquerdas. Recoñece —nunha liña argumental en perfecto paralelismo coa que glosamos antes de Vilar Ponte— que no nacionalismo había xentes de dereita e de esquerda, pero engade que todos eran tolerantes e non reaccionarios. Todos convivían respetándose pois entendían que debían permanecer xuntos polo menos ata que:


«Algún día, cando Galicia conquira un réxime autonómico decente e goce de liberdade para estructurarse, pode vir e virá, a delimitación do nacionalismo en dereitas e esquerdas (115)

     Tamén Xesús Bal e Gay, que se reclama de esquerdas refuta a idea de que o nacionalismo é reaccionario e comenta que moitos aproveitan a significación «a veces derechista de Otero Pedrayo» para proxectala como un borrón naquela hora de esquerdas, sobre do movemento galeguista (116).
     Na provincia de Pontevedra os galeguistas tardan bastante en concreta-la súa postura en relación coa convocatoria de eleccións xerais a Cortes Constituíntes para o 28 de xuño. Tras múltiples contactos ten lugar moi serodiamente, a 15 de xuño, unha asamblea na cidade do Teucro de perto dun centenar de delegados, proveniente de tódolos agrupamentos galeguistas da provincia, acordando intervir na xornada electoral do día 28. Foron escollidos «por xuicio unánime»: Paz Andrade, Cabanillas e Castelao (117), que iría de primeiro da lista; presidiu a decisión de promovelos a candidatos a idea de que defenderan ante todo a autonomía de Galicia dentro da República federal española (118).
     Elexiron un «Comité Electoral» encargado de goberna-Ia campaña da «Candidatura Galeguista», coordinando a actuación dos varios agrupamentos. O labor deste Comité asentouse sobre unha precaria base económica, financiando a propaganda coas aportacións voluntarias provenientes dos afiliados ós grupos que o apoiaban (119).
     A diferencia da actitude e unitaria que seguen os nacionalistas nas restantes provincias, na de Pontevedra desbotan os ofrecementos que se lle fixeran para incluir ós candidatos galeguistas en diversas conxuncións (non precisan cales, pero son doadas de supoñer), por razóns de pureza nacionalista, da que fan ostentación nunha nota inserta na prensa na que explican que rexeitan ir en alianza con calquera partido non galeguista como signo de lealdade ó seu ideario (120).
     Compiten cos 6 candidatos autonomistas independientes, 12 agrarios radicais, 4 republicanos da Conxunción, con 3 socialistas, 5 agrarios indefinidos, 3 radicais e 1 republicano de dereita liberal. Por maiorías concorre á candidatura da Conxunción, composta pola F.R.G., P.S.O.E. e Emiliano Iglesias, en tanto que polas minorías se presentan, ademais da Galeguista, unha da D.L.R. outra de radicais agrarios, etc.
     O día 17, cun mitin na Estrada, os galeguistas desta provincia presentan publicamente ós seus candidatos. A presentación corre a cargo de Otero Pedrayo, que a este efecto se despraza dende Ourense. Entre os oradores atopamos a Alvaro das Casas, home que decidiu volcarse na campaña, deixando a un lado a súa proclamada postura de abstención; están ademais, Alonso Ríos, o lider agrarista que chegara de Bos Aires, e Nuñez Búa. Os temas tratados, que se repiten en tódolos actos, son o da necesidade da autonomía para Galicia co artellamento federal da República; tamén prodígan as críticas ó caciquismo e exaltan a personalidade de Galicia. A campaña que forzosamente tivo que ter pouca duración, foi, segundo parece, moi intensa. Estaban anunciados próximos mitins en Vilagarcía, Barro, Bueu e Vigo (121).
     O G.A.G. organiza un acto na Alameda de Vigo, ó que tamén aporta Otero Pedrayo a súa celebrada oratoria. Ó propio tempo un equipo de propagandistas anuncia que se desplazará a Catoira, Cuntis e Moaña, en tanto que outro equipo dará mitin s en Nigrán, Santa Maria de Oia e A Guardia (122). Un periódico nada sospeitoso de proclividade galeguista, como era «El Ideal Gallego», salienta a intensidade que lle estaban a imprimi-los nacionalistas á súa campaña: «Destaca por su actividad y organización el grupo galleguista que ha invadido los pueblos y aldeas con sus candidaturas y carteles de propaganda (123)
     Tampouco quedaron sen recibi-la visita dos oradores galeguistas Pontecesures, Cordecio, Moraña, Rosal, Tui e Tomiño (124).
     Poucos días antes da xornada de votación celebran un importante mitin en Pontevedra no que interviu cáseque toda a plana maior: X. Álvarez Gallego, Castelao, Cabanillas e Alvaro das Casas (125). Polo demais «La Voz de Galicia», glosa o mítin dado en Cuntis por José Lino e Nuñez Búa, destacando a asistencia de numeroso público (126).
     Esta campaña completouse coa distribución de pasquíns e a colocación de carteis nas paredes, tendo noticias certas que o acreditan. Sabemos ademais que, cando menos no influínte diario «El Pueblo Gallego» aparece en varios números (127) propaganda desta candidatura que auspician os varios agrupamentos nacionalistas da provincia. Descoñecemos se esta publicidade a pagarían ou non; pódese pensar que quizais lles resultara gratuita habida conta das simpatías do xornal pola ideoloxía nacionalista, o que tamén parece deducirse do feito de que, aproveitando que as listas eran abertas e se podían incluir ou excluir nomes, o propio periódico inserta un recadro que non firmaba ninguén, no que se facía propaganda da «Candidatura de Selección Republicana», que ía encabezada polos tres galeguistas, seguidos de Leandro del Río Carnota, José Curbera Fernández, Amado Garra Castellanzuelo, Basilio Alvarez e Concepción Alfaya López. O periódico non cabe dúbida que expresaba as súas preferencias e os galeguistas agradecíanllo (128).
     A todo isto a prensa publica un telegrama no que se daba conta de que os nacionalistas vascos recomendaban ós seus paisanos emigrados en Galicia e Cataluña que votaran polas candidaturas nacionalistas (129). Menos gracia facía ó Comité Electoral Galeguista unhas papeletas que circulaban contendo únicamente un ou dous nomes dos tres candidatos que se presentaban, coa finalidade de facer crer que algún se retirara, e crear así confusión e desmoralización. O Comité desautoriza e denuncia esas papeletas e, ó propio tempo, agradece públicamente a algúns grupos políticos (tampouco aquí se dí cales) por teren incluído nos seus acoplamentos os nomes dos candidatos galeguistas (130).
     Un incidente debeu ter lugar entre o Comité Electoral Galeguista e a Conxunción republicano-socialista-agraria, a pesares de que a Conxunción levaba no seu programa electoral —insinúase que por presión da F.R.G.— a autonomía para Galicia dentro da República federal española (131), dando orixe a un cruce de acusacións de antidemocratismo espetado contra a Conxunción, e de utilizar procedementos electorais do máis baixo caciquismo, lanzado por ela (132) contra a Candidatura Galeguista.
     Pasemos agora á provincia de Ourense. Do mesmo xeito que na provincia anteriormente vista, tamén aquí ten lugar unha converxencia entre o P.N.R. de O. e a Irmandade Galeguista que comandaba Vicente Risco, pero a diferencia da anterior non acoden en solitario senón en coalición cos radical-socialistas e a F.R.G.(133), presentándose polas maiorías. Colabora cos nacionalistas un intitulado «Partido Republicano Agrario Regionalista», que tiña por presidente a Leopoldo Álvarez (134). Presentáronse como candidatos Otero, Risco e Roberto Blanco Torres. Competía con esta candidatura de coalición outra formada polo Partido Radical e o P.S.O.E., «Alianza Republicana», encabezada por Basilio Alvarez, e polas minorías varios candidatos de dereitas, ciscados, entre os que destaca Calvo Sotelo.
     Mostróuse especialmente activo na campaña o P.N.R. de O. que era quen termaba co peso fundamental. Sabemos que se deron unha considerable cantidade de mitins pola provincia, nos que interviron sinaladamente: Otero Pedrayo, Arturo López Trasancos, Eleuterio Gonzalez Salgado, Anxel Martínez Doval, Risco e Ben Cho Shey (Xosé Ramón Fernández Oxea) (135). Na campaña a nota especialmente conservadora dábaa Risco que soía aludir ó comunismo, do que dicía que non podía prender en Galicia, ó tempo que condenaba con dureza os actos antirrelixiosos que se produciran por aquelas datas (136). Victor Casas, probablemente aproveitando o seu oficio de representante, foi dar un mitin a Celanova en apoio do P.N .R. de O. testimuñando así a conciencia que os galeguistas de toda Galicia tiñan de formar parte dun mesmo movemento, a pesares da fragmentación organizativa (137). A prensa destaca especialmente os mitins dados en Verín, Xinzo, Celanova, Santa Maria de Melias, Sandianes e Ganade (138), sen ser estes os únicos dados (139).
     Na provincia da Coruña os galeguistas concorren formando parte das listas da F.R.G. Vemos así participando activamente na campaña electoral a Suárez Picallo, que non cesa de dar mitins (140), a Víctor Casas que como mínimo participou nun acto celebrado en Sada (141). Ademais algúns deles son tamén candidatos a deputados, concretamente: A. Villar Ponte, e Suárez Picallo (142).
     A campaña fíxose en base ós postulados de «República Federal de izquierdas e autonomía de Galicia, con su secuela de democracia popular de abajo para arriba y de todo el índice de nuestros problemas, espirituales, políticos y económicos (143)». Esta afirmación de Picallo puidémola verificar contrastándoa coas glosas que dos mitins da F.R.G. facía a prensa diaria (144).
     Compiten coa lista da coalición F.R.G.—P.S.O.E. por maiorías, o Partido Radical Agrario, de Amado Garra, e o P.C.E., que fai aquí un alarde de optimismo histórico. Por minorías dispútanse as actas unha innumerable serie de candidaturas, das que sobresaen a dos independentes de dereitas e a da dereita republicana.
     Hai que resaltar que o anterior non exclúe que un sector do galeguismo provincial, ubicado en Santiago, se absteña de participar. Era este o núcleo que firmara o manifesto de «Ezquerda Galeguista» manifestando as súas intencións de non concorrer ás eleccións. O que non sabemos é se foron consecuentes con esas ideas, xa que o primeiro dos firmantes, Alvaro das Casas, non só non se abstivo, senón que se mostrou activísimo. Así o vemos, por exemplo, participando nun mitin da F.R.G. en Santiago (145).
    Victor Casas é quen dende «El Pueblo Gallego» discrepa do manifesto que publicara E.G. Empeza dicindo que está de acordo cos firmantes na análise que facían do penoso das candidaturas que se artellaran para as Constituintes, sendo isto especialmente grave na provincia da Coruña onde a F.R.G. vírase obrigada, por imposición de Madrid, a incluir nas súas candidaturas a homes pouco conectados con Galicia (146). Pero difería dos firmantes do manifesto da E.G., na actitude que adoptaban crendo que lle había que dar unha oportunidade á República, e considerando ademais que na candidatura da F.R.G. había nomes que ofrecían as máximas garantías. Remataba dicindo —xa era un tópico nel— que se as esperanzas autonómicas dos galeguistas resultaban defraudadas, entón sería chegado o momento de coller polo vieiro do arredismo (147).
    Na provincia de Lugo a actuación dos galeguistas é máis gris que nas restantes. A principios de Xuño, hai un acto en Lugo capital que a prensa denomina «de propaganda galleguista (148)» que moi probablemente se inscribiría na campaña electoral; falan nel Alonso Ríos, Suárez Picallo e Rey Barral.
    Tamén dous nacionalistas se presentan como candidatos a deputados nas listas da F.R.G.: Ramón Martinez López e Luis Peña Novo (149). Do mesmo xeito que na Coruña, preséntase a coalición da F.R.G. co P.S.O.E., polas maiorias, en tanto que as dereitas concorren atomizadas polas minorías.
    As eleccións celebráronse nun ambiente de bastante tranquilidade, pero cun considerable número de irregularidades (150). A Víctor Casas as impurezas acontecidas parecíanlle lóxicas e disculpables, dado que os tres meses escasos que transcurriran dende a proclamación da República non permitiran depurar ós caciques rurais, a quen reponsabiliza en exclusiva da comisión das ilegalidades electorais (151). Sen que isto deixe de ser certo, temos pola nosa banda claro que houbo ademais outros responsables das irregularidades electorais, cometidas fundamentalmente na propia xornada do 28 de xuño, pero tamén nos días anteriores. De seguida teremos oportutunidade de ollar tal cousa.
    Polo que respecta ós resultados obtidos, compre sinalar que en Ourense, Otero Pedrayo obtivo unha votación francamente boa, quedando de primeiro na cidade (2.139 votos) e de terceiro na provincia (preto de 35.000 votos), en tanto que Risco non saiu elexido pero obtivo unha votación que E.P.G. considera como moi crecida (1.166 votos na cidade e preto de 14.000 na provincia (152). O terceiro dos candidatos galeguistas, Roberto Blanco Torres, sumou un número de votos insignificante (153). O resultado xeral foi o reparto de postos entre as dúas listas maioritarias e o triunfo de Calvo Sotelo como «sin clasificar», polas minorías. Velaquí a lista de deputados elexidos (154):

 

Deputados elixidos Afiliación Nº de votos
Luis Fábrega Coello P. Radical 41.327
Basilio Álvarez P. Radical 38.420
R. Otero Pedrayo FRG/PNR de O. 35.443
Alfonso Pazos Cid Radical/Social. 31.464
Justo Villanueva Gómez P. Radical 30.714
Manuel Martínez Risco Acción Rep. 29.761
Calvo Sotelo sen clasificar 27.493
Alfonso Quintana Peña P.S.O.E. 26.647
Manuel García Becerra Radical/Social. 26.426

 

     Vicente Risco queixábase de que os nacionalistas saíran perxudicados como consecuencia dunha serie de atropellos cometidos contra eles nas eleccións. Alude a que en Pontevedra lle arrebataran a Paz Andrade a acta indignamente (asunto do que nos ocuparemos no seu momento), e que en Ourense lles foran escamoteados ós nacionalistas uns cantos miles de votos, véndose él mesmo obrigado a perseguir criminalmente ó alcalde dunha vila importante (155). «El Ideal Gallego» pola súa banda, comenta que en Ourense as eleccións se verificaron con iguais amaños que nos tempos da Monarquía. Revestiron particular gravedade os incidentes acontecidos no concello de Oimbra, chegando a producirse tres feridos graves e outros tres leves (156).
     En Pontevedra saiu elexido Castelao nada maís. Os outros dous candidatos, Cabanillas e Paz Andrade, obtiveron unha elevada votación, pero insuficiente para acada-Io escaño (157). De tódolos xeitos semella que houbo comportamentos electorais dos seus contrincantes que, coas obrigadas reservas, podemos clasificalos como pouco limpos, por cal causa perdeu o escaño Paz Andrade, polo menos. Isto é o que nos din as fontes e consideramos conveniente deternos un pouco a examina-la cuestión. O «Comité Electoral Galleguista» fai pública unha nota (158) dando conta de diversas anomalías producidas na propia xornada electoral; así nalgunhas localidades foron desatendidas as ordes da «Junta Provincial del Censo», referentes á constitución legal das mesas, e noutras se non presentaron os presidentes e adxuntos para recibi-Ias credenciais dos interventores. Tamén comunica ó corpo médico provincial que a Secretaría do Colexio Médico infrinxiu un acordo daquela corporación, que decidira recomenda-lo voto para todos aqueles candidatos que posuíran o título de licenciado en Medicina. A infracción denunciada consistiu en que o secretario incurriu en parcialidade recomendando a votación da candidatura da coalición republicano-socialista, excluindo da recomendación a Castelao. 
     Segundo nos relatou o propio Paz Andrade (159), tanto el como Cabanillas sairían, de non ser por un axente muñidor ó servicio de Emiliano Iglesias que roubou as actas de Lalín, nas que se sabía que había máis de tres mil votos galeguistas. O tal axente era un mestre de Marín, chamado Jaén, que, enterado de que ían de camiño as actas de Lalín da man do carteiro, habendo xa escomenzado o escrutínio na Audiencia, organizou un atraco e escapou coas actas que endexamais foron recuperadas; por todo elo as actas de Lalín non foron escrutadas. Emiliano Iglesias sabía que en Lalín habería moitos votos galeguistas porque quen «dominaba a zona» (sic) era a familia de Villar Santaló, estreitamente unida por vencellos amistosos a Paz Andrade, e fixeron un denodado traballo a prol da súa candidatura, especialmente no Axuntamento de Carnia e con marcada intensidade na parroquia de Merza.
     Os galeguistas impugnaron as eleccións e levaron o asunto á Comisión de Actas, que presidía o socialista Andrés Saborit e na que había elementos vascos e cataláns, que dende o primeiro momento apoiaron ós galeguistas. Por suxestión destes, Paz Andrade, que como avogado e interesado era quen levaba a impugnación daquelas actas de Pontevedra, conqueriu un dictame favorable de dous administrativistas de primeira liña (José Gascón y Marín e Recaredo Fernández de Velasco, ámbolos dous catedráticos de Dereito Administrativo na Universidade Central). Pesia tódolos esforzos, os socialistas, presionados por Emiliano Iglesias —que despois sería descalificado como deputado por esas mesmas Cortes e por ende cos votos socialistas—, votaron en contra da impugnación, tendo unha gran responsabilidade —sempre según o noso informante— Saborit, porque se produciu un empate na votación e este fixo vale-lo seu voto de calidade, como presidente da Comisión.
     Pero houbo máis anomalías que esta, na provincia de Pontevedra. En Bueu e Noalla un grupo de descoñecidos escacharon as urnas. Tamén un automóbil que se dirixía a Rodeiro, ocupado polo «abstencionista» Alvaro das Casas e o galeguista Luis Huesa, acompañados polo teñente fiscal da Audiencia de Pontevedra, señor Rivero de Aguilar, que ía como notario habilitado levado polos nacionalistas, non puido chegar a aquel pobo, porque no camiño foron interceptados por varios homes provistos de armas de fogo, que lles fixeron retroceder (160).
     Como queira que fora, resultou gañadora a candidatura maioritaria da coalición F.R.G., PSOE e Emiliano Iglesias, xunto coa dos galeguistas e radicais-agrarios polas minorías. Velaquí os deputados elixidos (161):

 

Deputados elixidos Afiliación  Nº. de votos
Emiliano Iglesias Ambrosio  P. Radical 45.000
Enrique Heraclio Botana  P.S.O.E. 43.000
Alejandro Otero Femández  P.S.O.E. 42.000
Joaquín Pozas Juncal F.R.G. 40.000
Manuel Varela Radio  F.R.G. 41.000
Bibiano Femández Osorio F.R.G. 40.000
Eusebio A. Castellanzuela  P.S.O.E. 40.000
José Gómez Osorio P.S.O.E. 40.000
Laureano Gómez Paratcha  F.R.G.  40.000

 

     Cunha cifra inferior ós 40.000 votos, que as fontes manexadas non nos permitiron precisar con exactitude, obtiveron tamén escano: Castelao, e os radicais Ramón Salgado e López Varela.
     Os galeguistas desta provincia reunidos en asamblea (162) acordan aproba-la xestión do Comité Electoral e ratifican o mandato que terá de cumplir primordialmente o parlamentario elixido: a defensa nas Cortes do Estatuto aprobado o 4 de xuño na Coruña; nas demais cuestións debía aterse ó programa do nacionalismo galego aprobado na Asamblea de Lugo (1918) —ó que xa fixemos referencia—, quedando en liberdade para resolver segundo o seu criterio nas cuestións non comprendidas nel.
     Trataron tamén da reorganización do Partido Galeguista na provincia, aprobándose neste senso unha ponencia presentada polo Grupo de Vilagarcía, sendo nomeado, de acordo con ela, un Comité executivo, encargado de levala á práctica de xeito inmediato, auxiliado nesa tarefa polos grupos comarcais de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, A Estrada e Arbo. Acordouse ademais que a denominación do Partido seguise sendo a de «Galeguista», que fora a que utilizaran nas eleccións e adquirira certa popularidade, a reservas —e nisto móstranse previsores, ó tempo que dan conta de que a creación dun partido en toda Galicia era sentida como unha necesidade imperiosa— do que no seu día acordara unha asamblea de tódalas organizacións nacionalistas de Galicia, que o Comité Executivo, de acordo cos demais de Galicia, convocaría en breve: Rematan suliñando a necesidade de faceren, axiña, actos públicos.
     Victor Casas, o inevitable comentarista, considera un éxito que saísen elixidos diputados pola Coruña os galeguistas A. Vilar Ponte e Suárez Picallo. Claro que tampouco aquí a normalidade electoral foi completa. Na Coruña capital as eleccións tiveron lugar nun clima de gran frialdade, notándose moito a abstención nos barrios obreiros (non en vano era hexemónica nesta capital a C.N.T.); en xeral en toda a provincia se rexistrou un gran retraimento do corpo electoral (163). Houbo un considerable número de anomalías practicadas por varios partidos. Dicía «El Ideal Gallego» que «(...) no fueron los de tal o cual partido los que abusaron de su posición de mando. Estamos por escribir que fueron todos los que pudieron... (164)». Practicáronse graves arteirices en Ordes, Mercurín, onde houbo colisións entre os electores, resultando varios feridos, en Sta. Uxía de Ribeira (ambos bandos contendentes chegaron a un acordo: promediar o censo; as dúas da tarde acordaron pecha-los colexios), en Cesures, onde quebraron as urnas; en Fisterre, en que Orga e bugallalistas volcaron o censo; en Camariñas, onde os minoristas falsificaron as actas no seu favor; e en Vimianzo e Zas, pobos que a Orga volcou o censo no seu beneficio (165). O resultado do escrutínio supuxo un triunfo da F.R.G.-P.S.O.E. e das minorías de indepentes de dereitas. Vexámo-la lista de deputados elixidos (166):

 

Deputados elixidos Afiliación Nº de votos
Santiago Casares Quiroga  FRG/ORGA

88.470

Antonio Rodríguez Pérez  FRG/ORGA 75.498
Ramón Beade Méndez PSOE 69.164
Salvador de Madariaga  FRG/ORGA 68.783
Alejandro Rodríguez Cadarso  FRG/ORGA 68.741
Antonio Villar Ponte  FRG/ORGA 68.089
Edmundo Lorenzo Santiago PSOE 67.794
Ramón M. Tenreiro Rodriguez  FRG/ORGA 65.266
Emilio González López  FRG/ORGA 64.048
José Mareque Santos PSOE 56.054
Ramón Suárez Picallo  FRG/Galeg. 55.054
José Reino Caamaño Independiente 47.250
Roberto Novoa Santos  FRG/ORGA 44.953
Luis Cornide Quiroga Acción Social Republicana 44.705
Benito Blanco Rajoy  Independiente 43.378(*)
Leandro Pita Romero Agrario Indep. 43.181(*)


(*) Adheríronse á minoría parlamentaria da FRG/ORGA.

 

     A valoración que desta xornada trascendental fan os máis significados portavoces do nacionalismo é moi positiva. Antón Villar Ponte (167), entende que as eleccións supuxeron un triunfo das forzas republicanas e nacionalistas, e conseguintemente, dos autonomistas en xeral. Sinala os éxitos de Castelao e Otero Pedrayo, e dí que Cabanillas e Paz Andrade non conqueriron acta polas malas artes caciquís, así como por falta de apoio oficial e a carencia de medios económicos que fixeran posible unha propaganda máis intensa, pero que, con todo, arrastraron miles de votos conscientes para a causa de Galicia; isto mesmo faino extensivo a Risco. Considera, ademais, que gracias á minoría da F.R.G. —inda que manifesta reservas sobre do galeguismo dalgúns dos seus elixidos— e co aporte nacionalista, Galicia falará por primeira vez con voz propia nas Cortes. Parécelle tamén que se poden abrigar razonablemente moitas esperanzas de conquista-la autonomía, dado que a F.R.G. a tén no seu programa como obxectivo primordial; a dereita liberal republicana non pensaba oporse a ela, a xulgar polas declaracións feitas á prensa por Alcalá Zamora; os socialistas pensaba que tampouco por teren no seu programa a angueira federativa; do mesmo xeito parecíalle que ía actua-Io partido radical-socialista, por terse pronunciado ó seu favor. A minoría monárquica pesaba pouco, e soamente o partido radical proxectaba unha sombra de dúbida neste panorama esperanzador que albiscaba A. V. Ponte (168).
     Parecidos argumentos emprega Alvaro das Casas no comentario que fai; alude a que na provincia de Pontevedra tiveron que afronta-lo rudo ataque dos lerrouxistas, merecendo en cambio respeto da Conxunción republicano-socialista e, curiosamente «la palpable simpatía de los elementos comunistas (169)».
     Importantes sectores da prensa levan a cabo unha insistente campaña propalando a idea de que as eleccións nas provincias de A Coruña, Lugo e tamén Pontevedra —circunscripcións nas que foi derrotada a Alianza Republicana— foron moi irregulares (170).
     En Lugo as anomalías rexistradas foron moitas. Nos vísporas da xornada electoral, os candidatos da Alianza Republicana e o Partido Radical dirixiron telegramas de protesta ós ministros de Estado e Gobernación por mor da actuación do gobernador civil lucense, Calviño Domingo, quen, ó parecer, chamara ó seu despacho ós alcaldes, secretarios de Axuntamento e médicos municipais, para recomendarlles ós candidatos da Orga (171). Lóxicamente Calviño desmentiu a acusación. No día 28 prodigáronse os amaños e as «actucións caciquiles», habendo varios colexios (Moreira, Asma, etc.) onde nin sequera se efectuou a votación. Algún órgano de prensa comenta os escasos votos obtidos por Portela Valladares «quien de no surgir algo de "amaño", se quedará sin acta (172)». Efectuado o escrutinio aparece derrotada a candidatura maioritaria das esquerdas. Tras da pertinente impugnación foron anuladas as eleccións e, na nova convocatoria, preséntanse tres nacionalistas. Dous que xa se presentaran ás anteriores por esta circuscripción (Ramón Martínez López e Luis Peña Novo), e mais un terceiro (Valentín Paz Andrade) que atopa aquí a oportunidade de logra-la acta que non conseguira sacar pola provincia de Pontevedra. Van os tres na candidatura que presenta a F.R.G. para as maiorías acompañados de Daniel Vázquez Campo, Sergio Andión Perez, Manuel Portela Valladares, Luis Recasens Siches e José Diaz Villaamil (a quen tamén daban en considerar como galeguista (173).
     Esta oportunidade de ver incrementada a minoría parlamentaria galeguista actúa como un revulsivo nas fileiras nacionalistas de toda Galicia que deciden volcarse na campaña. O mitin de presentación dos candidatos da Orga, Martínez López, Luis Peña Novo e Daniel Vázquez Campos, tivo lugar en Chantada (174), en tanto que Paz Andrade e Díaz Villaamil fan as súas primeiras armas en Vilanova de Lourenzá, onde intervén tamén Castelao no seu apoio (175). Os mitins íanse suceder por toda a provincia lucense coa participación das principais figuras do galeguismo; Pedrayo, Bóveda, Alonso Rios, A. das Casas, Picallo, A. Vilar Ponte anuncian as súas intervencións nas que farían especial fincapé na necesidade de acadala autonomía (176).
     Pero algo imprevisto veu a cambiar estes propósitos.
     A candidatura da F.R.G. foi coñecida por Casares Quiroga, comprometéndose a defendela tomando parte nos mitins electorais. Premonitoriamente non acudiu ó importante acto de Chantada. Facendo crer que viña a Galicia en viaxe de recreo e descanso, por medio de declaracións á prensa, adicouse, en troques, a negociar co deputado socialista e presidente da Comisión de Actas, señor Cordero, chegando os dous a un acordo, que certa prensa tildou de «pacto deshonesto» e «o abrazo de Maroto», polo cal tres postos quedaban adxudicados para os casaristas, dous para Alianza Republicana, outros dous para os socialistas, e un para o enxeñeiro de Obras Públicas da provincia, Gómez Jiménez.
     Casares dixo, a modo de xustificación, que este acordo obedecía a compromisos de goberno.
     «El Pueblo Gallego» comenta que existía gran curiosidade por saber se Peña Novo e Vázquez Campo, «de tan acusada significación galleguista», se deixarían arrastrar por aquel «impulso caciquil» de Casares (177). A resposta foi positiva e a Orga lucense reunida en asamblea extraordinaria acordou a expulsión de ambos, e asimesmo, continuar na loita contra daquela conxunción saída dun «pacto deshonesto», facéndolle toda a obstrucción posible. Protestan polo que consideran unha arbitrariedade e un amaño electoral ó tempo que publicamente desautorizan a designación de candidatos feita por Casares sen consultar ás Organizacións. Valoran isto como un acto de «caudillaje» por parte de Santiago Casares Quiroga «que con impudor y torpeza manifiestaría sus personales preferencias con personajes del prestigio político de Abad Conde y viejos upeteros (178)».
     Os nacionalistas consideran que naquelas circunstancias non podían continuar na contenda electoral, e tanto Paz Andrade, como R. Martínez López e Díaz Villaamil anuncian a retirada da súa candidatura. A asamblea da Orga lamenta esta retirada e acorda recomendar «con todo fervor» a candidatura de Portela Valladares, que decide continuar (179).
     Con todo isto o galeguismo perdeu unha boa oportunidade.
     Coñecidos os resultados destas segundas eleccións celebradas en Lugo, resultaron elexidos polas maiorías: Aspiazu, Lladó, Jimenez, Abad Conde, Vega Barrera, Becerra, e Portela Valladares, en último lugar (180). Velaquí a lista de deputados elixidos (181).

 

Deputados elixidos Afiliación Nº. de votos
Ubaldo de Aspiazu y Artazu P. Radical  57.485
José Lladó Vallés  Independiente  53.852
Enrique Gómez Jiménez D.L.R. 51.709
Luis Recasens Siches D.L.R. 49.429
Gerardo Abad Conde P. Radical 48.660
Rafael Vega Barrera P. Radical 43.716
Manuel Becerra Fernández  P. Radical 40.856
M. Portela Valladares  Independiente 37.171
Daniel Vázquez Campo F.R.G./ORGA   32.087
F.J. Elola y Díaz Varela P. Radical 31.910

 

     Otero Pedrayo debía ter en boa consideración a Portela porque nun artigo que publica neste momento alégrase moito de que saíse elexido (182). Igual ledicia pola elección de Portela (183) expresa Victor Casas (184) que polo demais se amostra pesimista ante os resultados destas segundas eleccións ás Constituintes por Lugo que valora como unha calamidade. Explica que os galeguistas tivéranse que retirar xa que Casares ía en unión dos socialistas e dos radicais da Alianza, «enemigos declarados do galeguismo».
     Dí que para o electorado supuxo un notable desconcerto o feito de que a F.R.G. se presentase en conxunción coa Alianza, despois do enfrentamento que ambas tiveran nas outras provincias. Co triunfo abrumador dos candidatos da Alianza, Abad Conde acadaba unha acta que se lle negou na Coruña. Comenta V. Casas que o principal cacique lucense, Pepe Benito, sacou triunfantes nos dous primeiros postos, e con gran diferencia de votos, a Lladó e a Azpiazu. Entende que a F.R.G. en xeral fracasou xa que soamente conqueriu sacar, e a duras penas, a Vázquez Campo; lamenta de todos modos a derrota de Peña Novo, posto «que todos coincidimos en que facía falla a súa presencia no Parlamento (185)».  Polo demais, a derrota absoluta dos candidatos socialistas demostraba que non tiñan votación propia na provincia. Triunfaron, en cambio, varios candidatos non galegos e outros unitarios e decididos enemigos do Estatuto galego. De Portela agarda que defenda o Estatuto nas Cortes, tarefa na que non era previsible que Elola lle negara a súa colaboración.
     Na pugna por ocupa-lo espacio republicano as eleccións a Cortes Constituintes supuxeron un destacado triunfo da ORGA sobor do Partido Radical. Ós catorce escanos acadados pala ORGA sumábanse os dous postos obtidos polos galeguistas Otero Pedrayo e Castelao, e a adhesión dos independentes Pita Romero, Blanco Rajoy e Luis Cornide Quiroga (provinte da A.S.R.), formando os dezanove membros con que, nun principio, contou a minoría parlamentaria galega. O Partido Radical obtivo proporcionalmente peores resultados que no conxunto estatal (11 escaños); outro tanto lle aconteceu ó PSOE, que soamente obtivo oito diputados.
     Comparemos ó cabo os resultados electorais obtidos polo nacionalismo galego en relación ó vasco e catalán (186). Os resultados electorais en Cataluña revelaron un notorio triunfo da Esquerra, que en unión dos seus aliados «Unión Socialista de Cataluña» e «Partido Catalanista Republicano», integrantes do bloque responsable da elaboración do Estatuto, obtiveron 35 dos 53 escanos correspondentes a Cataluña. A «Lliga Regionalista» soamente obtivo tres escanos. No Parlamento constitúen os catalanistas a «Minoría de Izquierda Catalana», formada por 36 diputados, e dirixida por Luis Companys. A Lliga colaborou con ela na cuestión autonómica.
     Dos 24 escanos reservados ó País Vasco-Navarro, a candidatura que auspiciaba o Estatuto de Estella, composta do P.N.V. a Comunión Tradicionalista e os Católicos Independientes, obtivo 15 deputados, quedando os 9 restantes en poder da conxunción republicano-socialista. Os deputados nacionalistas, foralistas e autonomistas, que sumaban en total 15, constituíron a «Minoría Vasco-Navarra pro-Estatuto».
     Non estaría mal o autonomismo galego se os 19 deputados que integraban a «Minoría Parlamentaria Galega» foran todos consecuentes partidarios do Estatuto. Pero a realidade —como poderemos ver— foi distinta, ata o punto de que varios nacionalistas (Pedrayo e Castelao, primeiro, e Picallo despois) a abandonaron como mostra do seu descontento coa mornedade autonomista de moitos deputados da F.R.G. De calquera xeito, dun modo xeral podemos afirmar que os tres nacionalismos periféricos contaban cun conxunto de 70 diputados que coincidían na esixente defensa dos seus respectivos particularismos.
     Rematemos cunha breve alusión á porcentaxe de votación rexistrada en Galicia. O total de votantes superou o 60 % do censo dos electores, o que é unha cifra bastante alta para Galicia, dado o seu tradicional abstencionismo. Con todo, situábase por baixo do promedio estatal (70 %) e asimesmo de Cataluña (sobre o 70 %) e o País Vasco (sobre o 80 %).



     2.4. As Primeiras Tentativas Autonómicas Malogradas

    
A pouco de coñecerse os resultados das eleccións a Cortes Constituintes, a requerimento dos cataláns houbo conversas de cara a que as minorías galega, vasca e catalana formaran un mesmo bloque parlamentario (187), que non chegaron a fraguar nun acordo.
     A problemática da autonomía vai estar situada nun primeiro plano, e a súa consecución se aplican fundamentalmente os nacionalistas que actúan, ben no seo da Orga, ben fóra dela nos varios agrupamentos (188) ós que xa nos temos referido. A súa esquerda están os nacionalistas bonaerenses do grupo de «A Fouce», que rexeitan calquera fórmula autonómica que, para eles, dificultaría aínda máis a consecución da independencia de Galicia, que é o maximalista obxectivo ó que aspiran.
     Os republicanos autonomistas da Orga e os partidos que serven de marco ó republicanismo español asumen tamén a reivindicación da autonomía, pero tanto a Acción Republicana, como o Partido Radical-Socialista, etc. tenden a recorta-lo seu alcance. Das organizacións obreiras a C.N.T. posiciónase en contra por razóns de internacionalismo doutrinario e o P.S.O.E. adopta unha actitude de reticente neutralidade, temeroso de que ó socaire da autonomía brote un novo caciquismo e considerando, ademais, que non había un clima autonómico en Galicia.
     A dereita toda, salvo unha mínima excepción, é belixerantemente oposta á reestructuración do Estado.
     Aboiaba no ambiente a idea de que o proxecto estatutario saído da asamblea da Coruña do 4 de xuño nacera mancado por ser visto como algo alleo pola maior parte das forzas do espectro político. O propio Casares Quiroga, escomenzaba a manifestar veladamente as súas reservas declarando que o tal proxecto non sería considerado máis que como unha opinión, se non se revalidaba por medio dun plebiscito (189). Dende posicións de maior sinceiridade compartía esta idea Antón Vilar Ponte, que suxire que se someta canto antes ó voto dos Axuntamentos de Galicia para conquerir maior lexitimidade democrática da que tiña.
     Especialmente activos amósanse os galeguistas pontevedreses —non en vano se destacara a provincia de Pontevedra polo número de actos con que conmemoraron o Día de Galicia deste ano (190)— enviando cartas a gran número de persoas e institucións, con miras a activa-lo asunto autonómico (191).
     Xentes de distintas partes da xeografía galega e caracterizados sectores económicos e da oposición, van facendo pública a súa postura a favor ou en contra, que iremos reflexando resumidamente seguindo unha ordenación cronolóxica que entrefebraremos cos avatares e xestións que se van facendo neste proceso estatutario.
     Como queira que xa existían representantes de Galicia, todos coinciden en que a iniciativa autonómica a debían levar eles. Tamén dun modo ou outro todos tiñan no seu fuero interno a convicción de que cumpría artellar unha fórmula que ampliase o respaldo social do Estatuto. Para os nacionalistas había dúas posibilidades: unha, facelo refrendar por unha asamblea de concellos, fórmula problemática, pois os partidos políticos reticentes ó texto do 4 de xuño, estaban lóxicamente, nutridamente representados nos Concellos; outra era redactar un novo texto cun alcance máis limitado, pero con maior consenso a cambio.
     Pois ben, os galeguistas xogan as dúas bazas. Por un lado fan xestións para que sexa realizado o referendo municipal e insisten moito nesta necesidade, e, complementariamente, manteñen rexamente, nos debates parlamentarios do título primeiro da Constitución, o principio do federalismo, por se-lo posibilitador do proxecto de Estatuto do 4 de xuño. Pero, por outro, non queren renunciar a procurar algún procedemento integrador, que, «velis nolis», tería de pasar pola redacción dun novo Estatuto.
     Temos así que Otero Pedrayo defende nas Cortes o federalismo o 16 de setembro de 1931, pero vémolo tamén a el e a plana maior do galeguismo nunha reunión de parlamentarios celebradas en A Coruña o 12 de xullo deste mesmo ano, na que —segundo Bozzo (192)— tivo lugar un intercambio de opinións con vistas a promovela atracción de tódolos sectores sociais con representación parlamentaria por medio dun novo estatuto de compromiso.
     O éxito neste intento de atracción distou de ser completo pois non asistiron sectores de centro e esquerda republicana de ámbito estatal nin tampouco os socialistas. Por elo, na paréntese que restaba de verán, os distintos agrupamentos galeguistas e a Orga/F.R.G., entregáronse a acada-Io asentimento das restantes forzas a esta iniciativa de síntese que deu os seus froitos no outono (193), momento en que polo demais, os nacionalistas, perdida toda esperanza na viabilidade do proxecto do 4 de xuño —habida conta da aprobación do título primeiro da Constitución— se adican con máis forza a potenciar esta solución, que se revelaba como a única posible.
     Un grupo de galeguistas, semella que mozos, da comarca de Calo, crendo próxima a conquista da autonomía, dirixíu un escrito (194) a tódolos Axuntamentos do distrito e ó pobo galego en xeral, exhortándoos a que prescindisen de toda idea partidista a fin de formar un forte bloque capaz de facer frente á «táctica absorbedora» do centralismo que —segundo eles— pretendía dar ó traste coas reivindicacións galegas. Pesaban no seu ánimo os rumores que escomenzaban a circular de que se ía desbota-la fórmula federal, así como os comentarios aparecidos na prensa de Madrid, a raíz dun discurso un pouco destemplado de Otero Pedrayo —ó que aludimos noutro lugar— que evidenciaban un talante restrictivo en orde a concede-la autonomía ás «rexións» a excepción de Cataluña, e, en derradeiro lugar, a anulación das eleccións por Lugo —que lles parecía discriminatoria por entender que escandalosas de verdade foron as de Salamanca e non se anularan— e que privaba á minoría parlamentaria da F.R.G. dun importante cupo de parlamentarios, que non poderían participar na discusión do artigo primeiro da Constitución (o encargado de resolve-lo pleito da estructuración do Estado), tendo en conta que a convocatoria de novas eleccións en Lugo demoraría bastante.
     Paralelamente, sobre do día 6, tivo lugar nunha das seccións do Congreso unha reunión de parlamentarios (195), convocada pola minoría da Orga; ocupou a presidencia A. Villar Ponte. No cambio de impresións que tivo lugar, tódolos que falaron —incluídos os socialistas Botana, Gómez Ossorio e Lorenzo Santiago—, fixeron unha fórmula de afirmación da súa neta procedencia galega e estimaron —de maneira que no caso dos socialistas non quedou moi claro— necesario a obtención da autonomía galega. Segundo a prensa a excepción máis notoria foi Emiliano Iglesias «que, obligado por sus compromisos contra el Estatuto catalán, en este momento tiene que ser consecuente (196)». Este comentario provoca a precipitada reacción e Emiliano Iglesias que envía un telegrama a Castelao facéndolle protestas do seu autonomismo e pedíndolle que desminta publicamente o mencionado comentario de prensa, cousa que Castelao fai declarando que Emiliano se mostrara tamén partidario da autonomía (197).
     A todo isto Lino Pérez, no nome da «Federación de Sociedades Galegas Agrarias y Culturales de Buenos Aires», ratifica a confianza dos emigrados en Picallo, e solicita que as Cortes aproben o Estatuto galego (198).
     Tamén a favor da autonomía se pronuncian un fato de estudiantes pertencentes á «Federación Universitaria Escolar Gallega», nun vibrante manifesto (199) en galego, no que caracterizan a situación de Galicia ata aquel momento como o de «unha colonia da política centralista madrileña». Piden a concesión do autogoberno para Galicia dentro da República federal española, con contido semellante ó de Cataluña, pois «a minor míngua sería un aldraxe, a continuación do trato inferior que a Galiza non pode aturar nin un instante mais (200)».
     Hai que consignar que, do feito de que este manifesto apareza firmado polos elementos galeguistas pertencentes á F.U.E., e non pola F.U.E. como tal, se desprende en boa lóxica que o peso dos nacionalistas dentro desta asociación estudiantil distaba de ser determinante (201).
     Cando escomenzou nas Cortes a discusión dos primeiros artigos da Constitución, referentes á estructuración do Estado, a minoría galega no Parlamento escíndese entre os que persisten no apoio á solución federal —os nacionalistas e tamén Gómez Paratcha, M. Tenreiro e Ossorio Tafall, da Orga, xunto co radical Basilio Alvarez (202)— e o resto que apoia a fórmula do «Estado integral». Nas intervencións parlamentarias destacan pola súa afervoada defensa do federalismo: Suárez Picallo, Alfonso R. Castelao e Otero Pedrayo (203). En efecto, a meirande parte da Orga —tal como o expuxera nas Cortes, Novoa Santos— abandona a fórmula federal, uníndose á solución propugnada pola coalición gubernamental, da que o seu líder, Casares Quiroga, era ministro. Máis que propiamente federal a tese de Tenreiro era máis ben de xeneralización autonómica (en tódalas rexións) suscribindo no esencial a postura de Jiménez de Asúa, recollida no proxecto da Comisión parlamentaria, que propugnaba que a República non fose federal nin unitaria, senón integral e pluritaria (204). A postura federal que era minoritaria na F.R.G., tamén o era na correlación de forzas que se rexistraba nas Cortes Constituintes. Segundo as estimacións feitas por Hernández Lafuente (205) frente ós 81 diputados federalistas, estaban 237 autonomistas, 26 centralistas e 119 fluctuantes. Partidarios da República federal era a «Esquerra Republicana de Cataluña», os galeguistas e algúns contados membros da F.R.G., os radicais por oportunismo táctico e a minoría vasco-navarra (o P.N.V. especialmente). O Abandono do principio federalista pola F.R.G., que fixera a campaña electoral en base á súa defensa, motivou a retirada de Otero Pedrayo e Castelao da súa minoría parlamentaria.
     Estando así as cousas, os editoriais do diario coruñés «La Voz de Galicia» escomenzan a apoia-la campaña do Partido Radical censurando a «precipitación» con que se redactara este primeiro proxecto estatutario, teimando en que ademais adolecía da falla do necesario respaldo social (206).
     Pero non só na Coruña arreciaban as críticas á Autonomía. Na outra cidade atlántica, Vigo, os edís do Axuntamento negáronse a adherirse ó Estatuto (207).
     Como contrapunto, sociedades e sindicatos agrarios da provincia de Lugo reunidos en asamblea, na capital da provincia, acordan inclui-la reivindicación da autonomía de Galicia «tan amplia como sea concedida a las demás regiones (208)», nun lugar destacado na lista de peticións, entre as que tamén estaba, por suposto, a redención foral.
     Tamén Bóveda, no nome do Comité de dirección do P.G. de Pontevedra, diríxese á F.R.G., por se-la que promoveu a asamblea autonomista da Coruña, para que convoque a unha xuntanza, na que se coordinen as accións a levar a cabo a prol do Estatuto, ás organizacións seguintes: F.R.G., Orga, Inmandades da Coruña, Partido Nazonalista Republicano de Ourense, Esquerda Galeguista, Partido Galeguista de Pontevedra, Federación Rexional Agraria, e ademais os grupos que a F.R.G. estimase oportuno (209).
     Polo de pronto o xefe de grupo parlamentario, Antón Villar Ponte, reúne ós parlamentarios da F.R.G.,(210) que acordan designar a Tenreiro, Tafall e Suárez Picallo para que, coa maior brevedade, presenten un proxecto de dictame para o nomeamento dunha comisión que prepare a adaptación do Estatuto galego ás normas xenerais dos demais que se presentaran ás Cortes. Para elo pensaban requeri-Ia colaboración dos técnicos especializados en cada unha das cuestións que afectan ó Estatuto.
     Non era o diputado orguista Ossorio Tafall demasiado coherente co seu proclamado federalismo. Na súa calidade de alcalde de Pontevedra convoca e preside unha reunión de alcaldes da provincia pontevedresa (211), na que se aproba a petición de supresión das Deputacións, e o establecemento da autonomía municipal. Ó tocalo tema da autonomía de Galicia, explica Tafall que a Constitución non sería unitaria nin federal, senón integral, e engade que:


«sería un tremendo error aprobar actualmente y tal como está, el proyecto de Estatuto gallego [...] que si hoy se aplicara en su integridad nos llevaría a una hecatombe. Nosotros conseguiremos tanta como los catalanes; pero aplicaremos lo que debemos solamente pues nuestra preparación no permite otra táctica (212)

     Se para os nacionalistas era criticable este replegue de moitos elementos da Orga, que xa non querían saber nada do proxecto aprobado na asamblea do 4 de xuño, non o era menos a pasividade que amosaba a F.R.G. na campaña estatuaria. En tal sentido pronúncianse as l. da F. nunha nota de prensa, recriminándolle ademais por non indagar cando e como debía Galicia leva-lo estatuto ó goberno (213).
     «El Pueblo Gallego» alude (214) a que os galeguistas están levando a efecto unha campaña de propaganda autonomista pola provincia coruñesa, da cal, o mitin que pronuncian en Sada, X. Suárez Picallo (o írman do diputado Ramón), Antonio González (pai doutro deputado) e Lugrís Freire, foi só un dos seus eslabóns.
     O Partido Radical en Galicia, que, globalmente, se manifesta cada vez máis contrario á autonomía, non está precisamente exento de contradiccións. Enterámonos así pola prensa (215) de que a súa minoría parlamentaría acordou presentar unha enmenda ó proxecto de Constitución no senso de que sexa concedida a autonomía ás rexións que o soliciten. Considerábase que isto era unha deferencia ou concesión ós novos deputados por Lugo que ingresaron no partido Lerrouxista e que defendían a autonomía de Galicia como obxectivo primordial (216).
     Estamos nun momento de gran dureza no enfrentamento entre autonomistas e centralistas, e a confrontación, lonxe de remitir, promete ir a máis. Os parlamentarios centralistas e boa parte da prensa atacan con rexedume a proposta —que a A. Villar Ponte parece «aberta e xenerosa (217)»— de Alcalá Zamora para resolve-lo enfrentamento polarizado en posturas extremas. Estando así as cousas a F.R.G. convoca a tódolos deputados galegos a unha reunión que terá lugar o día 4 de outubro na Deputación da Coruña, na que se tratará monograficamente a cuestión do Estatuto galego.
     Por esas datas o P.G. de Pontevedra anuncia que reanudará os actos de propaganda autonómica estando xa previstos mitins nalgunhas vilas da provincia (218).
     Víctor Casas comenta (219) que tres meses despois das eleccións e transcorridos dous de actividade parlamentaria era probable que prosperara a fórmula proposta por Alcalá Zamora, e, por conseguinte, Galicia habería de te-las mesmas posibilidades que Cataluña para acada-lo seu autogoberno. Critica á F.R.G. e, concretamente á Orga, —á cal peteñecía— por non ter feito xa o plebiscito popular do Estatuto e o referendo municipal, entendendo que ningunha das dúas organizacións estivo a altura das circunstancias. Despois de afirmar que «Despois das eleicións somentes os nacionalistas mantivemos o fogo sagro da autonomía na prensa e no mitin», pide que con urxencia se fagan o plebiscito e o referendo municipal.
     Polo que á prensa se refire é incustionable que os galeguistas son os paladíns e apoloxetas da autonomía. As columnas de «El Faro de Vigo», «El Diario de Pontevedra», «La Voz de Galicia», «El Pueblo Gallego», etc., dan cabida ás frecuentes polémicas que entablan partidarios e detractores da autonomía. Entre os polemistas favorables á autonomía sobresae Alexandre Bóveda —sendo esta unha faceta súa ignorada— que non deixa pasar unha ocasión de sair á palestra pública. Pero non é el só. Así, Suárez Picallo e os dous Villar Ponte destacan tamén, e o mesmo Alonso Ríos publica unha longa serie de varios artigos refutando as críticas que con maior frecuencia se lle facían á autonomía. Mais rara vez entraban en liza membros da Orga de significación distinta á nacionalista (Calviño Domínguez, por exemplo).
     Dende a revista Céltiga (220), Xosé Filgueira Valverde rebate un dos argumentos que máis se reiteraban para descalifica-lo autogobemo de Galicia: a pretendida falta de capacidade fiscal (aquelo de que: sendo Galicia un país pobre de onde vai saca-los medios para administrarse). Filgueira argüe que o Estado recauda máis en Galicia do que invirte nela, e ademais administra mal, e discriminatoriamente para Galicia, eses recursos. Explica que para demostrar, esta tese fixéronse varios balances da contribución de Galicia ás cargas do Estado e das contrapartidas que recibe a cambio. O primeiro correu a cargo de Asdrúbal Ferreiro Cid, en 1928, titulado «Datos para un ensayo de autonomía administrativa de Galicia»; o segundo fixérao había pouco Bóveda e aparecera publicado en xullo de 1931, acompañando a exposición de motivos do «Anteproiecto do Estatuto» do Seminario de Estudos Galegos. Ámbolos dous foron realizados, con datos oficiais, nas oficinas do Estado. O último, —segue argumentando Filgueira— foi minuciosamente verificado e sometido a xuicio dos expertos que comprobaron a súa exactitude.
     Cando a fins de setembro as Cortes aproban o título primeiro, consagrando o Estado integral compatible coa autonomía para as rexións, esváense as esperanzas dos poucos que se mantiveran fieles ó principio federal. «El Pueblo Gallego (221)» insiste en que era necesaria unha Asamblea de Axuntamentos, pero xa non para ratifica-lo proxecto de Estatuto, senón para retocalo ou facer outro amoldado ós térmos do título primeiro da Constitución.
     As l. da F. (222) —realmente a da Coruña, pois xa dixemos que a estas alturas poucas máis quedaban— recoñecen en primeiro lugar que Galicia vai acada-Ia súa autonomía gracias a Cataluña. Séntense, iso sí, un pouco decepcionadas porque as Cortes non definen un sistema federal, pero de tódolos xeitos:


«[...] Galicia ten aberto un camiño, unha posibilidade de ser autónoma, aunque esa autonomía non poida ter a ampritude que nós como nacionalistas desexaríamos [...]. Unha autonomía un pouco limitada por hoxe pero que o tempo pode ampliar (223).» 

     Como vemos optan por unha vía de posibilismo gradualista, por imperativos de realismo político. De feito están xa a estudia-lo Estatuto para adaptalo á Constitución.
     A campaña de propaganda seguía; X. Álvarez Gallego, Paz Andrade e Alonso Río dan un mitin en Sanxenxo (224).
     Se a falla do necesario respaldo político do que adoecía o Estatuto do 4 de xuño facía abrigar serias dúbidas sobre da súa viabilidade, o afastamento do principio federal do texto da Constitución rematou coas poucas esperanzas que aínda tiñan en pé os nacionalistas. Así o 30 de setembro ten lugar unha reunión de parlamentarios en Madrid, na que participan representantes de todo o arco de forzas políticas que actuaban en Galicia; o acordo, lóxico dadas as circunstancias, foi ademais importante: había que elaborar un novo proxecto de Estatuto, do que se encarregaría unha ponencia designada ó efecto e que estaría composta por membros de tódolos partidos políticos (Elola polos radicais, Recasens Siches polos independentes, Martínez Risco por Acción Republicana, García Becerra polos radicais-socialistas, reservándose —en vano (225)— un posto para os socialistas). Esta comisión tiña o cometido de redactar un proxecto de Estatuto adaptado á Constitución e tamén un manifesto, consensuado, dirixido ós Axuntamentos e ós pobos, que iría firmado pola totalidade dos deputados, sinalando un pronunciamento favorable o réxime de autonomía (226).
     Tras sucesivos aplazamentos que se rexistran para dar tempo á comisión a realiza-lo seu labor, reúnense ó cabo os parlamentarios novamente en Madrid, o 15 de outubro, convocados, como nas veces anteriores, pola F.R.G., e resolven aproba-lo novo proxecto de Estatuto. Acordan tamén a formación dunha comisión de propaganda autonomista na que estiveran representadas as distintas forzas políticas; pola F.R.G. iría un A. Villar Ponte con problemas de saúde, polos galeguistas Castelao, García Becerra polos radicais-socialistas, Portela Valladares como independente, Martínez Risco por Acción Republicana, Recasens Siches pola «Derecha Liberal Republicana» (xunto con Gómez Jiménez) e Casal, que non se indica a quen representa (227).
     A «La Voz de Galicia» este proxecto dos parlamentarios parécelle máis asisado que o anterior, pero con todo manifesta as súas reservas no referente ó tema da cooficialidade do galego co castelán e a presencia do galego no ensino.
     A todo isto «El Pueblo Gallego» comenta que os republicanos vigueses que actuaban na política trataban con desdén a cuestión da autonomía de Galicia (228).
     A campaña de propaganda autonómica que levaban a cabo os galeguistas seguía o seu curso. Agrarios e galeguistas dan un mitin en Fonsagrada; falan representantes dos Sindicatos Agrarios de Arroxo, Villabol, Lamas de Moreira, Vilar da Cuiña, Carballido, Modrenola, etc... Tódolos oradores se manifestan «entusiásticamente» favorables á autonomía, e de entre eles, Ramón Martínez López exprésase en galego (229). Na máis traballada provincia de Pontevedra, dan un mitin en Oia (230), Bóveda, Alonso Ríos e Paz Andrade, en tanto que noutro organizado pola «Juventud Republicana Agraria», en Lavadores, toma a palabra, Paz Andrade (231).
     Tamén en Buenos Aires a Orga e a «Federación de Sociedades Agrarias e Culturales» constituiron un comité para facer propaganda pro-autonómica entre a colectividade emigrada. Colaboran nesta tarefa con especial empeño: Lino Pérez, Francisco Regueira, Eduardo Blanco, Francisco Lanza, Adelino Díez, Manuel Kao, Manuel Iglesias e Fernando Lorenzo Ríos. Anuncian a súa participación na campaña destacados membros do «Centro Gallego» e outras entidades que ata entón se mantiveran alleas á política Na orde das accións concretas tratarían de que os galegos alí emigrados escribisen ós seus familiares e as súas amistades en Galicia incitándoos a vota-lo Estatuto. Nestas cartas, adxuntarían un manifesto xunto coa devandita petición (232).
     En declaracións a «El Socialista», Enrique H. Botana pon de manifesto que os socialistas máis que contra da autonomía como tal (cousa que estaría en flagrante contradicción co seu programa) estaban contra quen a promovían:


«A nosotros socialistas corresponde dar una orientación liberal y democrática a la aspiración autonómica de Galicia, que hoy por hoy es todavía un sentimiento incomprendido por los ciudadanos de la región, animados tan sólo por un espíritu reaccionario, puesto de relieve en las votaciones del Parlamento nacional constituyente por los líderes del nacionalismo gallego (233)

     O Axuntamento de Tomiño, pola súa parte, telegrafía a Antón Villar Ponte adheríndose ó Estatuto que a comisión de parlamentarios redactou, basándose (iso era, ó menos, o que se dicía) no aprobado na asamblea da Coruña do 4 de xuño, e comunica que vai facer un chamamento a tódolos Axuntamentos rurais para solicitar mancomunadamente que no Estatuto se estableza a autonomía de cada municipio para dictarse a sí mesmo a súa propia norma de funcionamento (234). Estaba claro que, como liña tendencial, se puxera en marcha un amplo movemento descentralizador e, en aparencia, ningunha instancia parecía querer quedar ó marxe del.
     Novamente a voz de Víctor Casas ergeuse para sinalar que dende que se fixeron as eleccións ás Constituintes cesou a actuación mitinesca en Galicia, coa, practicamente soa, excepción da provincia de Pontevedra na que os nacionalistas seguiron saíndo á tribuna de oradores. Extráñase da paralización da F.R.G. e da Orga, e tamén dos demais partidos republicanos de Galicia (235).
     O 27 de outubro a prensa da conta (236) dun acto de crucial importancia celebrado solemnemente no Axuntamento da Coruña. Os parlamentarios galegos reunidos en asamblea ratifican o proxecto que fixera a comisión elixida por eles mesmos e entrégano ó presidente da Deputación da Coruña, Arturo Somoza, para que en adiante sexan as Deputacións (pensaban que a Constitución estipularía que terían que ser elas as que encetasen o proceso estatutario) quen activasen o mecanismo. Nesta asamblea toma a palabra Otero Pedrayo, no nome dos deputados nacionalistas, e de maneira oficial confirma que eles van a apoia-lo Estatuto, a pesares de non satisfacerlles plenamente, por consideralo como un primeiro paso no camiño da liberación de Galicia. Fala tamén López Varela, deputado radical-agrario, que ostentaba ademais a representación dos mestres, para adherirse ó Estatuto e de paso, precisar que por máis que se acostumase a considerar ó galeguismo como de dereitas, polo que el puidera columbrar, tiña, por contra, unha «marcada orientación izquierdista». Suárez Picallo, no nome dos electores coruñeses que o elixiron e no dos emigrantes en América, apoia ó Estatuto e informa que os emigrantes de Buenos Aires acordaron editar un millón de manifestos de adhesión ó Estatuto, que se propuñan enviar ás súas familias en Galicia. Remata o acto Arturo Somoza indicando —en galego— os pasos a seguir, que consistían na aprobación pola asamblea de Axuntamentos e a continuación no plebiscito. A asamblea non se disolveu sen que antes acordaran inicia-la propaganda autonómica oral, propoñéndose a celebración de catro grandes actos unitarios nas catro capitais de Galicia.
     Damos por boas —con algunha que outra matización— as consideracións feitas por Bozzo (237), sobre deste momento do proceso estatutario. Segundo este autor o recén estrenado proxecto contaría co apoio da F.R.G. e galeguistas, de certos sectores de dereitas non encadrados en partidos políticos que podemos considerar representados por Cornide Quiroga, do Partido Republicano Conservador (ó traveso de Reino Caamaño), e, ó cabo, dalgúns membros do Partido Radical, que como Justo Villanueva e Basilio Alvarez, enviaron a súa adhesión ó acto (238). PoIa contra a «Derecha Liberal Republicana» amosábase vacilante, o que se desprende do feito de que non se adherisen ó acto os seus parlamentarios que tiñan colaborado na redacción do Estatuto, coa soa excepción de Recasens Siches. Era tamén significativo o pronunciamento de «La Voz de Galicia» —representativo dun certo sector das dereitas republicanas— en contra dos artigos que facían referencia ó idioma galego. E para rematar tampouco os socialistas estaban resoltos a colaborar.
     A correlación de forzas autonómicas que queda así expresada, era bastante mellor que a que se dera en relación ó anterior proxecto de Estatuto, pero, con todo, bastante precaria. Por elo, ó incidir adversamente nunha serie de factores que iremos vendo, naufragará tamén esta segunda tentativa.
     En principio todo parecía marchar ben. O «Comité Provincial Pro-Estatuto (239)» de Pontevedra dirixíuse ós Comités provinciais dos grupos políticos nel representados para que remitisen unha lista dos seus socios que estiveran dispostos a colaborar nos distintos actos públicos en proxecto, e que enviasen tamén unha relación das organizacións municipais e parroquiais que tiveran adheridas, para confeccionar de acordo con elas o calendario de actos de propaganda pública. Tamén acordou aplazar para o 8 de novembro o acto público previsto para o domingo seguinte por coincidir cunha celebración militar á que non se quería restar brillantez.
    Os galeguistas, dende logo, estaban esperanzados; Víctor Casas consideraba posible a rápida plebiscitación do Estatuto (240); outros, como Amaro de Vilamelle (241) combaten ós socialistas galegos por non apoia-la autonomía, alegando que Galicia non sente a necesidade de ser autónoma; argumenta, con inobxetable congruencia, que tampouco sentía a de ser socialista e non por elo renunciaban eles á súa propaganda.
     Pero os atrancos non tardan en aparecer. Segundo Bozzo (242), no mitin de presentación do novo texto celebrado o 3 de novembro na cidade de Ourense prodúcese un forte escándalo, o que induce ós presidentes das Deputacións galegas a suspende-la campaña de propaganda. Segundo a nosa investigación a suspensión non foi tal, senón aplazamento. En efecto, reunidos en Santiago os representantes das catro Deputacións galegas (243), ratificáronse no acordo de facerse cargo da ponencia do Estatuto que lles fora entregada polos parlamentarios na Asamblea do 25 na Coruña, e acordaron aplazalos mitins previstos en Lugo, Ourense e A Coruña, para celebraren antes unha reunión cos deputados galegos de tódolos partidos con vistas a acada-la súa colaboración.
     En calquera caso, parecía claro que as Deputacións non estaban moi resoltas a turrar da autonomía. Algúns xornais, ó propio tempo que se declaran contrarios á autonomía ou escasamente partidarios dela, escomenzan a plantexa-la cuestión da capitalidade de Galicia, o que os galeguistas interpretan non soamente como unha mostra de localismo extemporaneo, senón sobre todo como unha tentativa de entorpece-lo proceso estatuario (244). Pero non era só nos periódicos senón que ó traveso de diversos indicios, se podía colexir unha considerable hostilidade contra a autonomía. Suárez Picallo alude a que era tamén un atranco feito —ó parecer real— de que non faltaban esquerdistas que viran no Estatuto unha orientación dereitista ou escasamente esquerdista, nin os que, polo contrario, viran nel un perigo de esquerdismo (245).
     Como un xarro de auga fría caeu a noticia de que a Cámara de Comercio de Vigo, ante a aprobación do Estatuto que crían inminente, enviara unha nota ás restantes Cámaras galegas, prexulgando desfavorablemente a autonomía, e invitando a que emitiran a súa opinión sobre ela a luz da análise da súa incidencia na vida económica, comercial e industrial, de Galicia (246). A Cámara viguesa amosábase claramente contraria por considerar que os seus asociados se verían perxudicados polo aumento de impostos que, ó seu entender, inevitablemente comportaría o establecemento do réxime autonómico.
     Coñecido isto, o «Partido Galeguista de Pontevedra» fixo activas xestións —e isto témolo constatado documentalmente (247)— ante a Cámara de Comercio de Vilagarcía para que saíse o paso do pronunciamento da de Vigo, no sabemos ben con que resultado, aínda que o presumimos infructuoso precisamente por non ter visto o resultado. Tamén planifican unha reunión de comerciantes galeguistas que se tería de celebrar en Monforte de Lemos, para pronunciarse públicamente a prol da autonomía (248).
     Xerardo Álvarez Gallego considera preocupante, e mesmo deprimente, que ningunha outra entidade económica de análogo fuste á da Cámara de Comercio de Vigo reaccionase contra a súa declaración antiautonomista (249). Deprimente ou non, e que sí é certo é que era sintomático e ilustrativo de cal era a actitude e das clases propietarias encol da autonomía.
     Outro farallón que se situou na roita poIa que navegaba o baixel da autonomía veu dado pola falla de lucidez política dun sector dos nacionalistas. É aquí onde cómpre menciona-la matización, que anunciabamos antes, respecto da afirmación taxativa que sobre o apoio do galeguismo ó Estatuto dos parlamentarios facía Bozzo. En efecto non se pode dicir que tódolos nacionalistas apoiasen o Estatuto. Vexámo-la cuestión en detalle. O dez de novembro de 1931 Alexandre Bóveda e Basanta representando ó Comité Xeral do P.G. de Pontevedra, ratifican (250) públicamente o apoio ó Estatuto, que xa ofrecera Castelao no nome do partido e, ó propio tempo, diríxense a tódolos seus Grupos o Delegacións interesándolles que presten a axuda que lles sexa requerida polos Comités pro-Estatuto. Tamén declaran que no referido proxecto distan de estaren recollidas a maior parte das súas arelas, polo que seguirán loitando ata a total consecución destas, tal e como se plasman no seu programa. A esta aceptación matizada, pero clara, do núcleo pontevedrés, hai que sumala do P.N.R. de Ourense.
     Menos clara, moito máis reticente e ambígua, é o, máis que aprobación, non rexeitamento de «Labor Galeguista de Pontevedra». No seu manifesto (251) sostén que a escasa amplitude do Estatuto dos parlamentarios dista de representar unha tendencia nacionalista, nin de autonomía integral, non pasando de ser:


«una simple ley de estructuración regional que agrupará las provincias gallegas en un organismo administrativo con Diputación deliberante dotada de ciertas facultades legislativas y reglamentarias en lo que afecta al régimen de los intereses peculiares.»

     E aínda dentro deste criterio representaba —segundo eles— a opinión minimalista dos cautos. Valorando desdeñosamente a súa importancia, consideran que con el Galicia entrará «en una fase de descentralización restringida de aplicación gradual». Con todo, tácitamente apróbano; primeiro porque non o recusan expresamente; e segundo, porque perciben nel algo de positivo, dito na súas verbas: «dos tendencias de eficacia: la unificación de servicios regionales y la autonomía municipal (252)».
     E xa claramente contraria ó proxecto dos parlamentarios é o comunicado de «Esquerda Galeguista» que mantén numantinamente a súa adhesión ó aprobado o 4 de xuño na Coruña, que representa o «Máisimo lindeiro a que poden chegar as nosas trasixencias (253)».
     Como observámos, o Estatuto que non atopa case apoio entre as dereitas non conquire tampouco o respaldo unánime dos nacionalistas. Eís outro atranco.
     A todo isto, no Parlamento xorde un percance. Ó lerse a proposición dos socialistas sobre as leis complementarias que debían discuti-Ias Cortes antes da súa disolución, omitiron o Estatuto galego, mencionando só o catalán. A vista disto Suárez Picallo puxo en coñecemento de Largo Caballero, Cordero e Araquistain esta omisión, para que modificasen a súa proposición, consignándose que, previo o trámite que establecía a Constitución, debían ser discutidos tódolos estatutos rexionais. Negáronse os socialistas a aceptar esta indicación, aducindo que soamente estaban dispostos a incluilo catalán por se-lo único presentado con arreglo ós requisitos esixidos. Ante este panorama un grupo de deputados que se atopaban na Cámara (S. Picallo, González López, Castelao, Manuel Martínez Risco, Basilio Álvarez, Vázquez Campo e outros que non se indican), redactaron e presentaron á Mesa unha proposición, que defendería no hemiciclo Picallo, na que se sinalaba que as Cortes Constituintes non se poderían disolver sen ter examinado e resolto os Estatutos rexionais que se presentasen durante o seu funcionamento, reunindo os requisitos constitucionais (254).
     Voltamos a Galicia. Agora é Xesús Bal e Gay quen manifesta a súa preocupación polo silencio autonómico que se ten producido dende que as Deputacións se fixeron cargo do Estatuto dos parlamentarios (255). Xerardo Álvarez Gallego insiste tamén nisto, precisando que dende que as Deputacións se responsabilizaron do estatuto (diga o que diga Bozzo) non se celebrou nin un só acto de propaganda autonómica. Entende que o que pasou non era difícil de presentir:


«Ni era en rigor muy humano tampoco obligar a las Diputaciones a que oficiasen de Guzmán el Bueno, ya que del nacimiento de la autonomía habrá de devenir primordialmente la muerte de su rancia inutilidad (256)» 

     Pero non eran soamente as Deputacións as únicas causantes da inactividade pro-autonómica, segundo o seu punto de vista; era ademais o lóxico froito das divisións que crebaron o frente único propugnado na asamblea parlamentaria do 25 de octubro; a elo engadíuse «el papirotazo gentil que propinó al Estatuto la Izquierda Galleguista», e asimesmo o moi inoportuno manifesto da súa profesión de fe dalgúns ilustres nacionalistas católicos.
     Pero principalmente foron as Deputacións as que non xogaron o papel de pistón que lles fora asignado. Para máis inri resultou infundada a crencia de que a constitución establecería que terían de se-las Deputacións as iniciadoras do proceso estatutario, trasladando este cometido ós Axuntamentos da «Rexión». Velaí, por se foran xa poucos, outro factor que coadxuvou a dar ó traste con esta intentona de sacar adiante este segundo proxecto de Estatuto que tiña ademais unha doenza intrínseca desde o punto de vista formal: era excesivamente breve para o que convén a un proxecto lexislativo desta natureza.



     2.5. O Galeguismo na Perspectiva da Unificación

     Escomenzemos analisando a cuestión de como pensaban os galeguistas que estaba a sensibilización da sociedade galega no que facía á conciencia da súa personalidade, pois esta era a premisa mesma da súa actuación política. Verémolo mercede a tres textos que nos dan boa conta da situación ó longo de todo este ano, situación que dista de parecerlles satisfactoria.
     O 1 de marzo de 1931 —pouco antes de proclamarse a República— as Irmandades recoñocían a pouca conciencia de seu que tiña Galicia, o que, por certo, parecía sobre levar con apoucada resignación; así, despois de analisar e censura-la calamitosa situación política, conclúen: 


«Mais en fin, Galicia ten que seguir sometida como sempre aos vaivéns da política hespañola. As nosas arelas de liberación e renovación non teñen a forza material necesaria para poder conquerir un total arredamento d'estes troques contínuos que se verifican na política de Madrí. Si Galicia tivera como nós cobizamos un fondo esprito propio e unha elevada conciencia de seu [...] ficaría resolto [o problema] pola nosa propia vontade (257)».

     Xa en maio de 1931, Otero  Pedrayo (258) refírenos que a incomprensión coa que se atoparon Risco, Villar Ponte e Lousada foi moi grande, dada a escasa conciencia galeguista, parecéndolle a el que non debeu ser maior a que lle saíu ó paso ó P. Sarmiento no século XVIII cando defendía a língua e mailos valores de Galicia.
     Ó cabo, en nadal deste ano, Plácido R. Castro recoñece que non hai un ambiente nacionalista, activo e consciente, na maioría do pobo. Pero cre que tampouco existe un ambiente españolista: «Prueba de ello es el hecho de que aún los mismos gallegos castellanizados que combaten la autonomía lo hacen siempre empequeñeciendo a Galicia, no enalteciendo a España (259)». Segundo esta visión, na sociedade civil, ou na maior parte dela, a ideoloxía imperante situaríase nunhas coordenadas pre-políticas, ó marxe das principais cosmovisións doutrinarias que pugnaban por impregnar coas súas teorizacións simplificadas á maior parte posible da sociedade galega. De tódolos xeitos isto non quere dicir que o pobo galego estivese valeiro de contidos ideolóxicos, cal «tabula rassa»; habería, en opinión dos galeguistas, un galeguismo primario, que tiña que ver máis coa intuición nacional, que propiamente coa conciencia plena, que eles —os nacionalistas— tentarían de insuflar:


«A esta nueva opinión gallega le bastará encontrar un núcleo de nacionalistas en torno al cual pueda agruparse, para hacer del nacionalismo, una vez realizada la unión del galleguismo latente con el galleguismo consciente, la más potente fuerza política de nuestra tierra (260)».

     Boa mostra do devandito é a pouca acollida e escaso eco popular que tivo a celebración do Día de Galicia, deste primeiro ano da República. A indiferencia e apatía con que, en xeral, transcurriu a xornada, resultou especialmente acentuada na provincia de Ourense (261).
     Pasada somera revista ó degrao de eficacia que tivera a prédica galeguista en orde a irradiar na sociedade, vexamos agora a situación da democracia republicana en Galicia, baixo o prisma dos galeguistas, por seren elos os suxeitos do noso estudio.
     A comenzos de xuño, Victor Casas considera (262) que o caciquismo rural continúa e «A República, cos seus beneficios, non chegou ainda ó agro galego», e por ende moitos caciques se incorporaran ó republicanismo. Polo demais:


«[...] os partidos políticos que existían antes existen aínda agora aunque con outros nomes. [...] Como é moi dificil atopar nos pobos xentes que non militaran nos vellos partidos, o poder naturalmente recae n'algún dos grupos e xentes que autuaron caciquilmente na monarquia [...]». «Hai grupos bugallalistas que se pasaron ao socialismo», «Vexolle difícil arranxamento a esto. Fáranse as eleicións municipais para constituir os concellos que nas derradeiras foron mal constituídos e voltaran a triunfar os mesmos en todas partes. A única diferencia consistirá en que agora chamaránse republicanos de este ou aquel grupo.»


     Considera que foi un erro que as novas autoridades non levaran a cabo unha depuración esixindo responsabilidades políticas ás xentes comprometidas coa Monarquia: «Penso que o Goberno autou demasiado blandamente n'este asunto (263)
     Tamén Amaro de Vilamelle coincide con estas apreciacións (264), seguindo con certa dose de frustración a marcha da República, a causa de que entende persisten residuos da Dictadura e polo demais continúan os caciques monárquicos —que eran centralistas, por ende—, sen que ninguén os combata.
     Tras da experiencia das eleccións parece quedar patente a necesidade de que os varios agrupamentos galeguistas conflúan nunha mesma organización. Deste xeito Alvaro das Casas (265) non se limita a constata-la falta de unidade de acción o de coordinación (que eran relativas, pois xa vimos como en xeral se apoian uns a outros) con que actuou o nacionalismo nas eleccións ás Constituíntes, senón que ademais plantexa a urxente necesidade de que se estructure como un grande e único partido político, que, para el, debe formarse a partir da fusión da Orga, Irmandades da Fala, P.N.R. de O. e Xuntanza Galeguista (266). Este proxecto debíano promover, quen tiñan autoridade para elo: os cinco diputados galeguistas (267).
     En agosto ten lugar en Madrid un acto que deu moito que falar. Un grupo de galegos residentes en Madrid obsequian cun banquete no restaurante «La Bombilla» a tres diputados galeguistas, Otero Pedrayo, Antón Villar Ponte e Castelao. Todos eles pronunciaron discursos de entre os cales o de Otero resultou especialmente polémico, por aludir este deputado a que Galicia estaba disposta a conqueri-Ia súa liberdade polos medios que fora. Pero relatemos canto alí sucedeu segundo o narra a crónica de «EI Pueblo Gallego»(268). Con anterioridade a que fixera uso da palabra Otero Pedrayo, falaron os señores Otero Femández e outros «en tonos españolistas», ante o que se produciron grandes protestas. «La concurrencia en pie, canta el Himno Gallego y prorrumpe en vivas a Galicia». Neste clima de alporizamento, Otero Pedrayo afirma:


«si las Cortes niegan a Galicia su autonomía, esta lo conseguirá, pues no le ha de faltar el apoyo de los hermanos de raza», —co que aludía claramente a Portugal— «Estas palabras [—segue a dicir E.P.G.—] arrancaron del público ensordecedora ovación». «Si se nos concede la libertad —añadió Otero Pedrayo— seremos hermanos; pero si la federación no prospera, seremos enemigos de todo el pueblo hispano». «El entusiasmo fue delirante... ».

     Estas audaces frases pronunciounas este galeguista nunha coxuntura especialmente crucial á que convén referirse para situalas no contexto que permita entende-Ia trascendencia que se lles deu. Estamos nos vísporas de porse en discusión no Congreso o artigo primeiro da Constitución no que se ventila se España vai ser República unitaria ou federal, e nese mesmo momento Cataluña plebiscita favorablemente a súa autonomía.
     A maior parte da prensa de Madrid —concedéndolle especial atención «A.B.C.» e «El Sol»— reproduciu con abraio as teses que sustentaron nos discursos os deputados galeguistas, censurando con especial acritude as verbas de Otero. Este envía unha carta que publica «El Sol» dicindo que no comentario «Serenidad ante todo» se cambian os nomes e se describen absurdamente os feitos. Quítalle ferro ás súas estridentes afirmacións matizando que, ó falar de Portugal referíase a recaba-la súa axuda moral. Engade que xa se acabara a Galicia que ía a Madrid a suplicar, e que o seu país soamente agardaba unha absoluta igualdade de trato para sentirse español (269).
     A repulsa das palabras de Otero por parte da maioría dos periódicos madrileños, e semella que de moitos membros da colonia galega na capital de España, estivo acompañada de agravios para o deputado, ou de frases que este xulga como tales. Por todo elo desencadénase en certos sectores da opinión pública galega unha campaña de signo contrario, no seu apoio.
     Antón Villar Ponte pública un artigo (270) no que dí que nos discursos pronunciados no banquete non se puxo toda a carne no asador, crendo que non trascenderían mais alá dun pequeno círculo de coterráneos, e que o escándalo que se producira na prensa era debido a que en Madrid crían que o do galeguismo era unha cousa inxenua de literatos e poetas.
     Esta lanza que en defensa de Otero rompe A. Villar Ponte —que unía a súa postura de nacionalista a súa condición de xefe da minoría parlamentaria da F.R.G. (271) — aparece contrarrestada por un comunicado firmado por Joaquín Poza Juncal e Bibiano F. Ossorio Tafall, da Orga ámbolos dous. Nel afirman que lles parecía esaxerado que un deputado galego asegurara que os galegos en conxunto adoptarían determinacións violentas e mesmo extremas se non se conquería a autonomía co alcance desexado. O de que apelaría Galicia, para liberarse do poder Central, a Portugal, figúraselles producto da proverbial fantasía de Otero Pedrayo, ó que piden máis cautela e siso:


«porque para hablar así, en esos términos cuasi guerreros, tratando de interpretar los anhelos de Galicia, había que contar con la aquiescencia de todos los diputados gallegos, y estamos seguros de que muchos de ellos no admiten el problema planteado de ese modo (272)».

     Declaran que eles e a F.R.G., á que perteñecen, seguen sendo leais ó federalismo e polo demais «no hemos visto por ahora ese recelo y oposición que se dice existe en Madrid frente a las aspiraciones autonómicas de Galicia».
     Moitos nacionalistas, «Labor Galeguista de Pontevedra», e o G.A.G., envían despachos a «Crisol», «Informaciones», e «El Sol», publicacións todas elas de Madrid, reprobando as inxurias de que estaba sendo obxecto Otero Pedrayo e, ó propio tempo, protestan pola incomprensión da prensa da capital (273).
     A revista bonaerense «Céltiga» (274) sae tamén en defensa de Otero Pedrayo, e asimesmo o «Sindicato Agrícola de San Martin de Arrojo» que se dirixiu á Federación Agraria do Partido de Fonsagrada solicitando unha asamblea de sindicatos agrícolas, «para protestar contra a campaña orquestada en Madrid contra os que solicitan a libertade de Galicia (275)
     «El Pueblo Gallego», no seu editorial (276), censura ós radicais pontevedreses por aplaudi-la «intemperancia de crítica con que parte de la prensa madrileña acogió las manifestaciones de Otero Pedrayo», intemperancia que os radicais denominaban «patriótica labor en pro de la unidad nacional».
     A esta nota del Comité provincial de Pontevedra do Partido Radical, que aparecera publicada en «El Faro de Vigo», replica tamén o Grupo de Pontevedra (do P. G.), nun plano que xa non se centraba só na persoa de Otero, pois os radicais se extenderan en consideracións sobre o carácter do galeguismo, ó que caracterizan de «derechista», «extremista» e «separatista (278)
     Para rematar esta enguedellada polémica, un nutrido grupo de galeguistas (279) envían unha carta ó director de «El Sol» achacándolle o seu descoñecemento das aspiracións dos galeguistas «do Quereño pra acá», e protestan de que se pretenda facer pasar ante España por separatismo e anti-españolismo, o que é federalismo, iberismo e galeguismo.
     Outro dos temas que polarizaron a atención dos galeguista nesta breve pero axitada etapa, foi o do idioma e a cultura, a prol dos cales procuraran certas medidas que os favoreceran.
     O Goberno Provisional da República, en orde dada polo Ministro de Instrucción Pública o 29 de abril de 1931 (280), permitiu o bilingüismo nas escolas primarias de Cataluña, derogando as disposicións dictadas dende o día 13 de setembro de 1923 contra o uso do catalán naquel nivel educativo. Nun artígo adicional do decreto, quizais para quitarlle o carácter de privilexio concedido a Cataluña, sinalábase que noutros territorios do Estado nos que se rexistrara a mesma necesidade que en Cataluña, previa petición, o Gobemo resolvería «aplicando el espíritu de los artículos anteriores en armonía con la difusión y circunstancias de los idiomas respectivos (281)
     Temos noticias de que os galeguistas solicitaron isto mesmo que acadara Cataluña, e ademais tiveron moi presentes os logros dos catalanistas, ós que trataron de emular en certos aspectos.
     Castelao defende nas Cortes unha enmenda ó artículo cuarto da Constitución pedindo que se consignase o respeto para a língua galega; concretamente solicita que, xunto co castelán, sexa oficial en Galicia (282). Contéstalle o señor Castrillo, quen alega que no dictame se respetaran tódolos idiomas é que se no artígo cuarto se declara oficial o castelán, faise «sin perjuicio para ningún otro idioma regional (283).» A continuación defende unha enmenda Unamuno, solicitando que se prescriba que todo español debe sabe-lo castelán, sen que ninguén poida ser obrigado a usa-los idiomas «rexionais». Á vista disto, os representantes das minorías vasca e catalana impugnaron a enmenda de D. Miguel, defendendo as súas línguas, en tanto que o membro da F.R.G., Rodríguez Pérez, calaba. Elo moveu a Otero Pedrayo a pedi-la palabra para, unha vez concedida, facer unha elocuente defensa do galego (284).
     Como é de supoñer, a intervención de Unamuno sentou moi mal ós nacionalistas, e Álvaro de Vilamelle atácao denodadamente polo seu encono demostrado verbo das línguas periféricas e pola súa ostensible hostilidade contra dos anceios autonomistas (285).
     Antón Villar Ponte alédase de que no Parlamento se aprobara a enmenda ó proxecto de Constitución que establecía a cooficialidade das línguas peninsulares, e a obriga por parte dos funcionarios de coñece-la língua privativa da rexión onde prestaran os seus servicios. Por suposto gaba a actuación de Castelao e Pedrayo que por primeira vez dende que existe o sistema parlamentario en España, defenderon o galego. Comenta que do que se trataba era de cultiva-lo galego, e nese senso urxía a publicación de gramáticas e diccionarios concienzudamente feitos. Anuncia que Manuel Lugrís Freire estaba en trance de imprimi-la segunda edición, corrixida e aumentada, da sua «Gramática de la Lengua Gallega», e as l. da F., concretamente a da Coruña, ían dar en breve á estampa un vocabulario castelán-galego (286).
     Poucos días despois de que todo isto tivera lugar, Alonso Ríos, en calidade de presidente da Mesa pro-Estatuto galego (287); Basanta, como presidente do P.G. de Pontevedra e Alvaro das Casas, en representación de E.G., entrevistáronse co Ministro de Instrucción Pública, Marcelino Domingo, co obxectivo de acadar melloras culturais para Galicia; saíron ben impresionados e semella que conqueriron a promesa de que a partires do primeiro de outubro sería inaugurada na Universidade compostelana unha cátedra de Historia de Galicia. Don Marcelino non atopaba acougo cos galeguistas; poucos días despois (288), e aproveitando a elaboración dun novo plan de estudios que tendía a transforma-las Escolas Normais en verdadeiras Universidades, Castelao e Otero Pedrayo fixeron xestións tendentes á creación de cátedras de língua galega nas Normais de Galicia, presentando para elo un escrito firmado polo presidente do «Seminario de Estudos Galegos», Cabeza de León. Esta visita foi precedida por outra de Portela Valladares, quen aproveitou tamén para plantexar —consciente de que máis non cedería o Ministro— que sobre da base de que o ensino se impartira en castelán, o coñecemento do galego fóra inexcusable nos mestres; comenta «El Pueblo Gallego» que «El Ministro estimó la fuerza de este argumento y ofreció una solución satisfactoria (289).» Para maior presión telegrafiou o P.G. de Pontevedra insistindo no mesmo (290). Pero, como sabemos, todas estas providencias que se tomaron non obtiveron nada máis que declaracións de bos propósitos.
     Por outra banda, asistimos a un intento dos nacionalistas de conquerir situarse nun Goberno civil, que tampouco resultou exitoso. Pero vexamos como se produciu a intentona. A aprobación dos artículos constitucionais 25 e 26, que trataban da relación do Etado coa Igrexa Católica, provocou a dimisión do xefe de goberno, AIcalá Zamora, e do Ministro de Gobernación, Miguel Maura, que foron reemplazados respectivamente por Azaña e Casares Quiroga (que estaba ata entón en Mariña). Hai que dicir que para as forzas galeguistas, o nomeamento de Casares para o Ministerio de Gobernación, do que dependía a tramitación do Estatuto, foi unha esperanza (que moi logo se vería defraudada) de que se tramitaría con certa rapidez o galego (291). Este nomeamento supuxo, asimesmo, que a designación dos gobernadores civís estivese nas súas mans.
     Velaí polo que unha serie de firmantes, entre os que sobresaen Villar Ponte, Castelao, Pazos Iglesias, Otero Pedrayo, Suárez Picallo e Basilio Alvarez, se dirixen nun escrito ó ministro da Gobernación pregándolle que fose designado gobernador de Ourense, Alvaro das Casas (292). Casares, nin que dicir ten, non foi sensible a esta petición.
     No mes de outubro tivo lugar en Madrid un congreso municipalístico (293), no cal o delegado polo Axuntamento da Coruña, e membro da Orga, Iglesias Corral, pedíu o recoñecemento da personalidade administrativa da parroquia á que se lle debía conceder autonomía; o Congreso aprobou esta proposta.
     Nos últimos días deste mes circula unha carta (294) solicitando firmas nos medios galeguistas que, ó ser publicada, provocou unha gran división e estivo a piques de impedir que nacese, mes e pico despois, o «Partido Galeguista». Xa en xuño, na revista «Logos» (295), o sector católico do galeguismo (Pedret Casado, Manuel García, Cabada Vázquez, Claudio Losada, Taboada Roca, A. Iglesias Vilarelle, etc.) manifesta o seu malestar por mor dos acontecementos anticlericais que se estaban a producir: 


«"Logos" non pode calar os seus sentimentos diante dos gravísimos feitos que n'estes derradeiros días amenazaron a paz da catolicidade. Primeiro as doorosas profanaciones e as salvaxes fogueiras que un esprito de morbosa truculencia fixo erguer en Castela e Andalucia; despois a ofensiva anticatólica dos feixistas, secuencia lóxica do esprito de nazonalismo estatal de certa parte das masas políticas italianas»

     A declaración de fe católica dos nacionalistas (entre os que tamén estaban Cabanillas, Filgueira e Risco), foi extremadamente inoportuna e causou fondo malestar no sector laicista do galeguismo. Un home da lucidez de Alexandre Bóveda non soubo calibrala trascendencia dese pronunciamento —que el non firmou— e temos así noticias de que o Comité Executivo do P.G. de Pontevedra, no que pesaba de maneira determinante, estivo de acordo en que se publicara a nota dos galeguistas católicos confesionais (296). Inútiles foron os seus esforzos a posteriori, enviando notas á prensa (concretamente temos documentada unha que apareceu en «El Ideal Gallego», da Coruña) precisando que os firmantes da devandita carta o facían a título personal, de modo que non se podía considerar que as organizacións das que formaban parte quedasen vencelladas a esa declaración de confesionalidade.
     A unidade dos galeguistas estivo sempre asentada no compromiso, sobre a base da neutralidade, entre laicistas e confesionais (como antes viramos que se asentaba tamén no accidentalismo, que facía posible o consenso entre monárquicos e republicanos), e esta toma de postura alporizou moito ó sector discrepante. Vexamos. Nada menos que Antón Villar Ponte, dende o seu proclamado liberalismo democrático, comenta que uns cantos amigos seus, prestixiosos intelectuais «cegados por el turbio apasionamiento de la hora española presente (297)», publicaron un manifesto de afirmación político-relixiosa dentro do campo do galeguismo, que o consideraba tan inoportuno como infeliz, e que traería perxuicio para a causa da galeguidade. Entende que con esa actitude pásanse con armas e bagaxes ó campo do ultramontanismo descoñecendo que, como xa se dixera nas Cortes por representantes de tódalas minorías, saíndo ó paso das interpretacións dos vasco-navarros, que ninguén ía contra da relixión senón contra das inxerencias dos membros da Igrexa na soberanía civil do Estado que, nun réxime republicano e democrático, debía primar sobre todo. Isto é, en resume, a súa opinión e conclúe manifestando que o sector liberal do galeguismo; non podería continuar establecendo solidariedade con eles.
     Á súa posición é refrendada pola l. da F. da Coruña que tamén  discrepa co manifesto de afirmación católica dos galeguistas (298).
     A Villar Ponte sáelle ó paso Vicente Risco, respostándolle sen agresividade, cun espírito cordial e de «irmandade». Aduce que o documento erixido en mazá da discordia non mixtura a relixión coa política, nin nega as tradiciós liberais e democráticas contra das que non pretendían ir; pedían unicamente para a opinión católica os mesmos dereitos e a mesma liberdade de expresión de que gozaban as demais opinións; reclamaban, en suma, liberdade para a Igrexa, liberdade de profesión relixiosa e liberdade de ensino, todo o cal coidaba Risco que estaba en consonancia cun espírito liberal e democrático ó que se non consideraban alleos (299).
     Tamén tercia Suárez Picallo na polémica facendo sabe-lo seu coincidente punto de vista con Villar Ponte, consistente en rexeitalo manifesto católico. Sorprende tamén nel o respeto —e mesmo as louvanzas— con que trata ós galeguistas que o firmaron. Elo non é óbice para que considere que frente a esa posición, que califica de dereitas, o sector de esquerdas debe formar unha agrupación aparte, que chega mesmo a denominar como «Partido de Izquierda Gallega», cun programa democrático e socialista, anque, eso sí, dun socialismo acaído á especificidade de Galicia. Entende, pois, como necesaria a ruptura do galeguismo, xa clarificados como escomenzaban a estaren os campos, sendo imposible continuar coa unidade de acción; unidade de acción que, por outro lado, quedara xa —segundo el— rota cando destacados galeguistas se negaron a colaborar cos núcleos nacionalistas que, como obxectivo prioritario, se entregaron ó esforzo por instaura-la República. É interesante reseñar tamén a valoración que fai da actuación da Igrexa católica en Galicia, dende a súa postura de home de fe (que poderiamos considerar entre agnóstica e panteísta); dí que foi un «instrumento ciego del Estado Central y uno de los elementos más desgalleguizantes de nuestro pueblo (300)
     Noutra orde de cousas, o P.G. de Pontevedra protesta pola suba da bencina que consideraban que afectaba especialmente a Galicia porque, ó non ter cáse trens, víase obrigada a utiliza-lo automóbil (301).
     «El Pueblo Gallego», no seu editorial expresando un punto de vista que podemos considerar achegado ó dos galeguistas—,  censura a inactividade parlamentaria e en xeral a política toda da F.R.G., fundamentalmente pola preguiza demostrada na defensa dos intereses galegos (302).
     Os galeguistas seguían, pola contra, coa súa actividade concienciadora. Cruz Gallástegui pronuncia unha conferencia no local de «Labor Galeguista», organizada polo «Grupo Nazonalista de Pontevedra» (303). En Ourense o P.N.R. está a celebrar unha xeira de conferencias de divulgación da ideoloxía galeguista, destacando especialmente a que pronuncia Risco na súa calidade de teórico, sobre o «O nazonalismo galego como doutriña, e como partido (304)
     A actividade parlamentaria rexistra algunhas novidades a comenzos de nadal deste ano. Varios deputados radicais «significados por su actuación en pro de los intereses gallegos» reuníronse con obxecto de formaren unha minoría, dentro do marco do partido radical, para mellor defender a Galicia nas Cortes. Están a facer, ademais, xestións orientadas a acada-la colaboración de representantes doutras fraccións políticas galegas para, superando divisións, facer unha defensa conxunta de Galicia; designaron como xefe a Abad Conde (305).
     Polo demais a minoría parlamentaria da F.R.G. acordou por unanimidade vota-la candidatura de Alcalá Zamora para a presidencia da República (306).



     2.6 Dous centros de interés para o Galeguismo: a proxección extra-urbana e o problema do ferrocarril

     Tendo en conta que o medio social onde de modo preferente tenta de proxectarse o galeguismo é o do campesinado, consideramos inexcusable referimos ás súas organizacións características, as sociedades e sindicalismos agrarios, tentando de esbozar sequera sexa superficialmente, na medida en que as fontes manexadas nolo permitan —dada a ausencia total de bibliografía sobre o tema (307)— unha visión panorámica das características e obxectivos deste tipo de asociacións, e asimesmo do grado de penetración nelas do galeguismo.
     Ante todo compre sinalar que moitas destas asociacións, sen que saibamos, por falla de estudios, nin sequera aproximadamente o seu número, tiñan un carácter confesional católico (307 bis); a título de exemplo sabemos que a primordial experiencia de cooperativismo que tivo lugar nestes anos, concretamente a dos matadeiros de Porriño, (cooperativa fundada en 1926, coa denominación de «Marucoga» ), levárona a cabo sociedades agrarias de inspiración cristiana.
     Un agrarismo de signo socialista desplegou a súa actividade no eixo Ferrol-Betanzos e na zona do Barbanza (308). O deputado Ramón Beade era o lider agrario socialista máis nomeado. Preguntado o deputado do P.S.O.E., Enrique Botana, sobre a orientación que tiña o agrarismo galego, respostou que estaba aínda por determinar, pois nin era galeguista, nin republicano, nin socialista, nin comunista:


«Existen sectores más o menos numerosos de agrarios que se orientan en todas las ideologías. Las sociedades y las Federaciones agrarias gallegas temen adoptar una orientación definitiva que no ofrezca duda alguna (309)

     De tódolos xeitos sabemos que a F.N.T.T. contaba con 5.278 afiliados en Galicia (310).
     Outra evidencia certa é que moitas destas entidades estaban adscritas á doutrina republicana como se desprende do feito de que un crecido número delas se presentan ás eleccións do 12 de abril e ás xerais a Cortes Constituíntes, formando candidaturas conxuntas cos republicanos e socialistas (311). O problema estriba en saber concretamente a que partidos republicanos estaban vencelladas. Polo de pronto sabemos que o Partido Radical (que contaba con líderes de gran peso no medio rural, como o mítico Basilio Álvarez, abade de Beiro) tiña adheridas gran número de sociedades agrarias.
     Existían tamén algúns núcleos agrarios de inspiración cenetista, concretamente en Curtis e nos arredores de Tui. No verán de 1931, tivo lugar en Vilagarcía un pleno da C.R.G., onde se analisou a situación do campo galego e se tracexou un programa de acción sindical no medio campesino. Acordaron que os sindicatos se constituiran por parroquias federándose logo ós distintos niveis territoriais superiores, cun programa radical, apolítico e reivindicativo (abolición dos foros, censos, laudemios, etc., sen indemnización; loita contra o reparto arbitrario dos «consumos», etc). Primordialmente mercede á actuación de militantes afiliados ós sindicatos das cidades, que tiñan ó mesmo tempo relacións co agro, logrou a C.R.G. implantarse na comarca das Mariñas, Carballo e Ferrol. Tamén aproveitando a situación conflictiva nas obras de construccións do ferrocarril en Ourense, enlaza con varias Sociedades de Oficios Varios e agricultores de aldeas próximas á vía do tren (312).
     O problema esencial que ten prantexado o movemento agrario nestas datas é o dos foros que a Dictadura de Primo de Rivera distou de deixar completamente zanxado. Xa en xuño de 1931 cobraba cada vez maior extensión a protesta contra do pago foral, negándose moitos campesinos a efectualo. O congreso Agrario de Porriño solicitou do Goberno a suspensión oficial dos pagos, non obtendo unha resposta satisfactoria. A Audiencia Territorial da Coruña determinou non tramitar ningún pleito que se referira a foros (co cal os propietarios de foros impagados mal podían defenderse) en tanto que os Axuntamentos rurais escomenzaban a suspender unilateralmente as súas relacións coa Caixa Foral (313).
     Non cabe dúbida de que a cuestión proía na entraña do rus. A «Sociedade de Labradores de Villajuan», que por certo ten cordiais relacións co «Centro Republicano de Vilagarcía», convoca a tódalas directivas das sociedades agrarias do térmo municipal para trata-la cuestión dos foros, por estar próxima a data en que as Constituintes discutirían a Lei Agraria (314).
     Polo que fai á conexión do galeguismo co asociacionismo agrario cómpre sinalar que se establece en certos puntos ciscados pola xeografía galega. A eses puntos chegan os galeguistas tomando como base de partida a cidade. Non difere nisto das restantes ideoloxías contemporáneas (a socialista, a anarcosindicalista, a liberal, a fascista, etc.), que expresando as necesidades e inquedanzas dun determinado sector social urbano, tentan de facer partícipes tamén delas ás xentes campesinas que presentan o atractivo do seu inxente número, do seu estado de conciencia normalmente primario, (que rara vez se plasma no artellamento dun programa político propio) e, por ende, no caso de que sexa o nacionalista o ideario que se tenta de implantar, de ser o sector social que mellor conserva a tradición, língua e cultura nacional, e, polo mesmo, considérase terreo abonado para que fructifique a semente do galeguismo.
     Para establecer ese cordón umbilical entre o galeguismo e agrarismo, son os mestres rurais privilexiado instrumento (315). Son estes, en efecto, os heraldos do nacionalismo no campo; o propio Alonso Ríos —o máximo axitador agrario galeguista— era significativamente mestre. Tamén coadxuvan a este labor de penetración na vila (entidade de poboación inferior a cinco mil habitantes) e na aldea, médicos, farmacéuticos, funcionarios municipais, cregos, e estudiantes (especialmente universitarios de extracción rural).
     Dende comenzos de século a ideoloxía galeguista cobizou atrague-Io agrarismo ó seu eido. Lembrémonos de que eran varios os galeguistas que formaban parte de «Solidaridad Gallega» e «Acción Gallega» (1912), de entre os que sobresaía Castelao (316). Tal propósito guiou decote a actuación de Lousada Diéguez e do grupo pontevedrés que xiraba arredor del (317). Este mesmo propósito animaba ós nacionalistas ourensáns; así, en 1921 a «Mocedá Galeguista d'Ourense», rexida por Francisco Lamas Barreiro e Antonio Cid Fernández, estando Risco e Eleuterio González Salgado entre os socios, acorda, a proposta de Cuevillas, tratar de achega-Ias sociedades agrarias ó nacionalismo e levar a cabo asimesmo unha intensa laboura de propaganda entre a «clase labrega» (318). Resposta tamén a esta mesma orientación a colaboración de Lousada Diéguez, Risco e outros galeguistas en «La Zarpa», que dirixía Basilio Álvarez en Ourense, habendo que mencionar, ademais, a súa presencia na «Confederación Regional de Agricultores Gallegos (319)
     Centrándonos no período republicano ollamos como dende Ourense, sendos estudiantes universitarios de Filosofía, fundan polo ano 1930 unha Sociedade Agraria de Lobeira, de carácter galeguista, que contaba coa afiliación da maior parte dos labregos desta parroquia (serían uns 50) (320).
     Na zona de Fonsagrada había tamén unha sociedade agraria influenciada polo galeguismo. Xa víramos como o Sindicato Agrícola de San Martín de Arrojo se dirixíra á Federación Agraria do Partido de Fonsagrada solicitando unha asamblea de sindicatos agrícolas para defender a Otero Pedrayo dos ataques da prensa de Madrid (321). Con este sindicato de Arroxo, xunto con outros, como o de Villavol, Lamas de Moreira, Vilar da Cuiña, Carballido, Modrenola, etc., deu un mitin Ramón Martínez López. Nel, tódolos oradores agrarios se manifestaron a prol da autonomía de Galicia, pero semella que en castelán, sendo Martínez López o único que se expresou en galego. Nesta zona parece que tiña bastante ascendente o filo-galeguista Portela Valladares, pois concretamente ten un leal seguidor na persoa de Armando Peñamaria, que foi o iniciador do agrarismo na comarca de Burón, onde había 25 anos predicaba pola montaña a creación de sociedades agraria (322).
     Basilio Álvarez —significativamente, o maior orador de masas do agrarismo era crego de parroquia— tiña relacións amistosas con bastantes galeguistas. Concretamente con Castelao, que o acompañou na súa entrevista no Congreso co Ministro de Economía, señor Nicolau, na que lle expuseron a situación anómala en que se atopaban os labradores galegos que, con descoñecemento do compromiso que contraían, responderon como garantía ó aval acordado polo Estado para a construcción do Matadeiro de Porriño; como é sabido corrían o risco de ser embargados (323). E tamén con Paz Andrade, que foi quen instou a Basilio a emprega-Io galego nun mitin, cousa que non soía facer (324). O feito de que o máximo lider do agrarismo galego utilizase o castelán nos seus mitins ilustra ben o feito de que no agrarismo conflúen distintas correntes ideolóxicas que, dunha parte ofecen ós campesinos determinadas solucións ós seus problemas, e doutra buscan difundir entre eles determinados valores republicanos, galeguistas, socialistas, os da doutrina social —católica, etc.) e recaban o seu apoio. Agora ben, as devanditas ideoloxías non foron segregadas polo campesinado e entremistúranse confusamente coas súas propias reivindicacións e inquedanzas. Sinalemos tamén que o campesinado non ten a suficiente vitalidade social como para dotarse dun ideario propio ou para, polo menos, tirar da súa entraña os líderes xenuinamente labregos capaces de dirixi-Io movemento. Basilio Alvarez, era un cidadán e cura párroco eventual, do mesmo xeito que Alonso Ríos era mestre que adequiriu conciencia política como emigrante en Bos Aires (325). Non estaría no orde normal das cousas —por máis que queiramos aplicar teorías sobre a autocolonización— que un dirixente agrario, labrego de toda a vida, dirixira a palabra dende a tribuna pública en castelán ós seus conxéneres cos que utiliza a diario o galego como vehículo de comunicación.
     Posteriormente, e a elo nos haberemos de referir noutro capítulo, haberá unha maniobra de atracción do radical Basilio por parte do Partido Galeguista. Sinalar, por último, que as sociedades agrarias de Meaño, Sanxenxo, San Miguel de Oia e Redondela, debían ter unha certa inclinación galeguista, dado que participan nos mitins do P.G. de Pontevedra (326).
     Vexamos agora o problema do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña, e a actitude dos galeguistas verbo del.
     Toda Galicia tiña os seus ollos postos na construcción deste medio de locomoción considerado clave, non soamente para rematar coa tradicional incomunicación co resto de España, senón tamén para sair do atraso económico en que estaba debruzada. De aí que o anuncio da posible paralisación das obras por problemas presupostarios caíse como unha bomba na hipersensibilizada opinión pública.
     O 4 de xuño leuse, na Asamblea pro-Estatuto, que se estaba a celebrar na Coruña, un telegrama do Ministro da Facenda que aludía ós apretos económicos polos que atravesaba o Estado e, conseguintemente, daba poucas esperanzas de que puidesen ser continuadas as obras de construcción do ferrocarril. Entre os asambleístas houbo protestas contra desta probabilidade pero non chegou a cristalizar en ningunha proposición seria, segundo comenta en tono recriminativo o diario «El Pueblo Gallego» (327). Bóveda rebate a interpretación que deu o corresponsal deste periódico, argumentando que do telegrama non se podía deducir sen máis a paralisación, e que, polo demais, os delegados da Asamblea non acolleron a noticia con frialdade, senón con sosegada reflexión, a excepción dalgúns espíritos que con alporizamiento propuxeron que se amenazase coa inmediata dimisión de tódalas autoridades galegas (328).
     A sombra do cese das obras cerníase sobre os tramos segundo e terceiro, como destaca a prensa de Galicia a excepción da de Coruña que permaneceu en silencio. Especial efervescencia notábase na provincia de Ourense, onde, ó rematar un acto de afirmación republicano-galeguista no que falaron Basilio Alvarez, e os nacionalistas Eleuterio G. Salgado e Otero Pedrayo, se organizou unha manifestación de protesta pola suspensión das obras, da que se destacou unha comisión que se entrevistou co Gobernador civil, quen trasladou telegráficamente as reivindicacións plantexadas ó Ministro (329).
     Alexandre Bóveda, sempre ó quite, publica un artigo propoñendo que a Mesa permanente, que quedara establecida na Asamblea autonómica do 4 de xuño, tomase ó seu cargo o asunto do ferrocarril, póndose de inmediato en contacto coa opinión. Entende, ademais, que é inapropiado que o Goberno faga as economías presupostarias no departamento de Fomento, debendo facelas en calquera outro, pois consideraba excesiva a proporción de sacrificio que, naquelas horas de crise económica, se lle pedía ó pobo de Galicia (330).
     En xeral a prensa de Madrid aboga pola suspensión do ferrocarril Zamora-A Coruña comprendendo as dificultades financieiras do Estado e aducindo, ademais, que dado que era escasa a riqueza real a movilizar, o tráfico non resultaría suficiente como para amortiza-la inversión (331). Corre a noticia da suspensión e o mércores 17 xúntanse en Santiago as forzas vivas da localidade, acudindo tamén á reunión uns 600 veciños de Noia que se desprazaron a Santiago para protestar pola paralisación. Acordan que tódalas corporacións e entidades envíen telegramas ó Goberno (332). Como é natural movilízanse especialmente os afectados directos. Así, un total de setecentas persoas da comarca da Ulla, labregos na súa maior parte, acudiron tamén a Santiago para respaldar a unha comisión que fixo entrega ó alcalde provisional, Trillo, dun escrito no que viña a dicirse que a construcción do ferrocarril estaba no sentir de todos como unha ansia popular pola que loitara denodadamente Galicia durante os últimos gobernos da Monarquía; aludían a que supuña un agravio comparativo (trato desigual con respecto a outras rexións), e a que perderían o seu emprego 12.000 obreiros. Rematan proclamando que:


«caso de no ser atendidas nuestras peticiones, conminamos a las autoridades y a los elementos representativos del pueblo gallego a presentar la dimisión de sus cargos», tras do cal, «se convocará a todas las entidades regionales y al pueblo en general a una asamblea magna para decidir las actitudes a adoptar (333)

     Tampouco está ausente na protesta a Federación Socialistas de Santiago (que agrupa a varios pobos dos aledaños) que envía un telegrama neste senso. Paralelamente desprazaráse a Madrid unha comisión para xestiona-la reanudación das obras; estaba integrada por representantes oficiais das Deputacións e dos Axuntamentos de Ourense, A Coruña, Santiago, Zamora, Ribadeo (este último pobo etaba afectado por un problema concomitante: a paralisación do ferrocarril da costa que acortaba as distancias entre Ferrol e Xixón), Palencia e outras poboacións interesadas; constituída en asamblea permanente recibe despachos de adhesión e apoio á súa xestión de tódalas poboacións afectadas e especialmente de Santiago e A Coruña. O Ministro de Fomento, Albornoz, non se pechaba en banda á reanudación das obras sempre que se atopara unha fórmula que armonizara os intereses de Galicia cos ineludibles apremios do Tesouro (334).
     A todo isto, as sociedades obreiras da comarca de Lalín, onde había moitos obreiros traballando nas obras, ameazan con actos de protesta, ós que se sumarían os centos de pequenos propietarios de parcelas afectadas polo trazado da vía, os cales foran «despoxados» das súas terras de labor, sen que lles pagaran aínda as expropiacións (335).
     A propia prensa advirte ó Goberno do perigo que conleva a paralisación das obras, extendéndose nunhas consideracións que, polo valor sociolóxico que teñen, consideramos oportuno resumir. Se a paralisación parcial das obras provocou a invasión de Compostela por 500 campesinos, a paralisación definitiva provocaría disturbios extraordinariamente graves, pois os obreros da liña ferroviaria en situación de paro forzoso, é inxenuo crer que permanecerían no campo, porque Galicia mantén poucos obreiros agrícolas como non sexan á vez pequenos propietarios; o asalariado do campo non pode vivir aquí a causa da extremada división da propiedade; eses obreiros caerían inexorablemente sobre as cidades e o conflicto nestas sería pavoroso para as autoridades e para a economía local (336).
     O 26 de xuño ante a teima do Goberno en mante-lo acordo de suspende-las obras do ferrocarril, convócase unha asamblea de «forzas vivas» en Ourense, á que asistirán delegados das restantes cidades galegas. En Santiago estaban os ánimos especialmente alporizados, e a súa delegación, composta pola corporación municipal en pleno, representantes da Cámara de Comercio, do Círculo Mercantil e dos partidos políticos, levaba á asamblea dúas propostas radicais: 1.°) dimisión de tódalas autoridades constituidas en Galicia; 2.°) abstención de toda Galicia nas eleccións ás Constituintes previstas para dous días despois. Polo demais, nunha asamblea de traballadores santiagueses propúxose:


«la idea de imitar el ejemplo de Cataluña, proclamando el Estado gallego como medio de evitar en lo sucesivo las contínuas desatenciones que se hacen a Galicia por el Poder CentraI (337)

     O desacougo en Ourense medraba de vez. O Goberno non atopando unha fórmula satisfactoria para resolve-lo problema do ferrocarril envía un telegrama no que trataba de apacigua-los ánimos aclarando que non se trataba dunha suspensión definitiva senón transitoria e pedía que non se lle conminara con presións. Dende o Goberno civil dase lectura ó telegrama ante un xentío alí congregado que, en modo algún complacido, se traslada en manifestación ata o Axuntamento, onde subiu a xente ó balcón erguendo a bandeira galega en tanto que un xoven se dirixiu ós manifestantes declarando constituída a República galega (338). Mentres a asamblea de «forzas vivas» de Galicia reclama con enerxía a reanudación das obras, na rúa a protesta popular produce numerosas alteracións do orde público. O venres 25 foi asaltado o Goberno civil e izada a bandeira galega. En todo o partido xudicial de Caballiño houbo folga xeral e peche dos establecementos comerciais, traladándose os carballiñeses en 25 autobuses a Ourense, acordando alí ademais do paro total, a abstención nas eleccións, a baixa na contribución e a dimisión de tódolos cargos políticos (339).
     O sabado o paro en Ourense é xeral, non abrindo tampouco o comercio as portas. Os informes sobre do clima de tensión creado arredor deste problema, deberon chegar ó Goberno obrigándoo a percurar un arranxo. As 6 do serán deste día recibiuse en Ourense un telegrama do Ministro de Mariña, Casares, comunicando que o Goberno aprobara unha fórmula, aceptada pola Compañía concesionaria, que permitía a continuación das obras nos catro tramos co mesmo ritmo que se viña facendo.
     A noticia produciu intenso xúbilo popular, disparándose bombas e recorrendo bandas de música as rúas. A comisión que facía as xestións en Madrid agradeceu públicamente a cooperación de Casares Quiroga que, non cabía dúbida, se apuntaba un tanto (340).
     Coñecida en Santiago a fórmula acordada en Madrid para reanuda-las obras do ferrocarril, curiosamente persiste a protesta en sinal de desconfianza. O venres celebrárase un mitin no que se acordou ir ó paro xeral, que foi secundado dende o sábado á mediodia. O telegrama de Casares acolleuse con xeral escepticismo. As organizacións obreiras e un numeroso público dirixíronse ó Pazo Consistorial, onde se deu pública lectura á mensaxe de Casares, pero a noticia non obrou o mesmo efecto que en Ourense. O comercio continuou pechado e o paro non se quebrantou no máis mínimo. As 6 da tarde congregáronse os obreiros na Praza do Hospital, verificándose un mitin no que se aplaudiu unanimemente a proposición de absterse nas eleccións ou ben votar polas candidaturas de extrema esquerda. Pouco despois tivo lugar unha gran reunión de obreiros no local social da Canoa, na que acordaron adoptar unha postura máis transixente, entrando a traballar ó día seguinte, pero aclarando que se a palabra do Goberno resultaba ser un engano, declararían abertamente a folga revolucionaria. Acordado o cal púxose un cartel participando ós traballadores que podían reintegrarse a súa habitual ocupación.
     Pero a cousa non quedou aí. Ás sete do serán celebrouse na Alameda un mitin moi concurrido no cal tódolos oradores se expresaron en termos exaltados e revolucionarios. Carnero Valenzuela denuncia que o alcalde, considerándoo elemento perigoso, o amenazara co cárcere se falaba en público; alude a que só a revolución poderá redimir a Galicia, chama á abstención e dí que non era momento de crea-la República Federal española, senón a República galega. Séguelle Eduardo Puente, comunista, que pide unha Galicia soviética; tras del, fai uso da palabra Campos Couceiro, chamado «el Maciá gallego», recén chegado que era de América; segundo el, era preciso recabar revolucionariamente a autonomía corno Cataluña e Portugal. Fala despois Alonso Ríos, quen, contaxiado polo ambiente, exprésase tamén el en termos de gran exaltación, instando a face-Ia revolución na rúa, se era preciso coas armas na man.
     Rematado o mitin, unha imponente manifestación se dirixiu ata o Axuntamento, erguéndose a bandeira galega no edificio, ó tempo que se proclamaba o Estado galego; automáticamente dimitiron tódalas autoridades, pedindo o pobo —segundo o periodista que relata todos estes avatares— clamorosamente que Alonso Ríos presidira a «Junta Revolucionaria». Pouco durou esta apoteose revolucionaria, e recuperado o sosego, acordaron prudentemente agardar noticias do resto de Galicia, non fora a quedar Santiago illada na súa posición avangardista, reintegrando entramentres o poder ás autoridades dimitidas (341).
     As augas fóronse remansando, pero o problema voltou a rebrotar poucos días antes do nacemento do P.G. en nadal deste ano de 1931. Concretamente o 4 de nadal a prensa informa de que ameaza novamente a pantasma da paralisación das obras do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña; en evitación de que tal cousa acontecera estábanse a facer diversas xestións. No Congreso reuníronse deputados galegos e zamoranos para coñece-las xestións que unha comisión designada ó efecto estaba a realizar ante os Ministerios...(342)





NOTAS

 

(1) Gran Enciclopedia Gallega, voz «Federación Republicana Gallega», T. XI, páx. 199.
(2) «Lugo al día», E.P.G., 11-VI-1931, páx. 7.
(3) «La Agrupación viguesa al servicio de la República», E.P.G., 30-IV-1931, páx. 6.
(4) De feito na Asambreia de Pontevedra de nadal deste ano de 1931, na que naceu o Partido Galeguista, non había ningunha outra, entre os grupos representados. Sucedeu que no dilatado espacio que media entre a súa fundación en 1916 e o comenzo da terceira década do século, moitas das Irmandades foron esmorecendo pasando os seus membros a constituir, sobre todo en 1930 e 31, distintos agrupamentos nacionalistas.
Polo que respecta ás súas actividades parece que se limita á de organizar conferencias. De tódolos xeitos, as Irmandades, que non serven xa de marco de encadramento xeral do galeguismo, seguen a editalo seu «Idearium», a revista «A Nosa Terra» na que colaboran os persoeiros máis importantes dos distintos agrupamentos, co cal cumpre unha función de coordinación e lugar de encontro. A.N.T., 1-1-1932.
(5) Boletín Oficial de Irmandade Nazonalista Galega, Nº 1; Ourense, 1-IV-1932, páx.1. Colección particular de Alfonso Vázquez Monxardín. Ourense.
(6) A.N. T., 1-I-1935, páx. 4.
(7) Ibídem.
(8) Vide A.N.T., da data citada ou Catro Documentos Sociopolíticos, Madrid 1974, páx. 69.
(9) A.N.T., Ibídem.
(10) A.N. T., 1-III-1935, páx. 5.
(11) Ibídem
(12) 6º) «As terras dos pequenos propietarios que as laboreen considéranse instrumentos de traballo pros efectos de embargo.»
7º.) «O arrendatario terá direito a unha parte de supervalía do arrendado, sempre que sexa debida os melloramentos producidos polo seu traballo.»
Cuestións xurídicas, «O Noso Programa», A.N.T., 1-III-1931.
(13) Conferencia de Manuel Lugrís Freire glosada en A.N.T., 1-XII-1931.
(14) «Unha explicación», E.P.G., 8-III.1931, páx.1.
(15) Declaracións de Valentín paz Andrade, Vigo 20-XI-1980.
(16) Soamente sabemos que a súa dirección estaba confiada a un «Consello Directivo», composto de varios membros, dos que coñecemos dous: Seoane e Paz Andrade. «Movimento autonomista»; Heraldo de Galicia 6-IV-1931, páx. 3.
(17) E.P.G., 7-VI-1931, páx. 5.
(18) V. Paz Andrade, «A nosa definición autonomista»; NOS, Nº 80, 15-VIII-1930, páx. 163.
(19) En data posterior este xornal chega a dicir que estivo representado na Asamblea de constitución do P.G., en Pontevedra, representación que non puido recaer en ninguén máis que no P.N.R. de O. «Trascendental asamblea galleguista en Pontevedra»; Heraldo de Galicia, 7-XII-1931, páx.1. Polo demais publica os Estatutos do P.N.R. de O. e mesmo unha ficha recortable de afiliación ó tal partido.
(20) Atopamos esta nota en dous órganos (A Nosa Terra do 1-V-1931, e a revista bonaerense Celtiga de 10-VI-1931) pero debeu sair en moitos máis.
(21) Declaracións de Xaquín Lorenzo; Ourense, 29-IV-1980.
(22)

E.P.G., 16-V-1931, páx.10.

(23) Declaracións de Xaquín Lorenzo, amigo persoal de ambos, Ourense, 29-IV-1980.
(24) «Leria nova (XVIX) [sic!]. O Partido Nacionalista Republicano», Heraldo de Galicia, IV, 1931.
(25) E.P.G., 16-V-1931, páx. 10.
(26)  Ibídem.
(27) «Estatutos do Partido Nacionalista-Repubricano Galego d'Ourense»; Heraldo de Galicia, 11-V-1931, páx. 7.
(28) Así en Heraldo de Galicia, 27-IV-1931, páx. 2. Polo demais coñecémo-la composición social desta organización: Leopoldo Alvarez, avogado; Juan R. Lepina, industrial; Máximo Marquina, avogado; Antonio Nieto, axente comercial; Arsenio Morgade, perito agrícola; Angel García, comerciante. Polas sociedades agrarias de Sandianes, Serafín Feijóo Seara, presidente; Villardesantos, Bernardo García, presidente; Rairiz de Veiga, Benito Méndez, presidente. «Partido Agrario-Regionalista en Ginzo de Limia». Heraldo de Galicia, 11-V-1931, páx. 2.
(29) «Editoriales»; Heraldo de Galicia, 11-V-1931, páx. 1.
(30) Declaracións de Xaquín Lorenzo, Ourense, 29-IV-1981.
(31) «Compostela al día», «Agrupación Nazonalista», E.P.G., 23-IV-1931, páx.12.
(32) «Agrupación Nazonalista», El Compostelano, 22-IV-1931, páx. 1. Veu tamén reseñada a creación deste grupo en La Voz de la Verdad, de Lugo, 25-IV-1931.
(33) «El Centro Republicano», E.P.G., 6-VIII-1931, páx. 10.
(34) «Pontevedra al día», E.P.G., 1-V-1931, páx. 7.
(35) Segundo Risco, García Vidal era un dos homes máis versados nos problemas galegos. «Pontevedra y el nacionalismo gallego»; Heraldo de Galicia, 7-XII-1931, páx.1.
(36) E.P.G., 1-V-1931, páx. 7.
(37) Ibídem.
(38) Ibídem.
(39) Sobre este partido existe unha interesante documentación no Arquivo do P .G.
(40) Manuscrito de Alexandre Bóveda con data 17-IX-1931.
(41) E.P.G., 2-XII-1931, páx. 9.
(42) Vilas Nogueira, Xosé, O Estatuto Galego, Rueiro, A Cruña 1975, páx. 102.
(43) Proxecto de Estatutos do Grupo Nazonalista de Pontevedra; Arquivo do P.G.
(44) Esta denominación refírese máis ben á provincia que á vila.
(45) E.P.G., 2-XII-1931, páx. 9.
(46) Acta dunha xuntanza do P.G. de P., celebrada o 7-XI-1931.
(47) «A Asambreia de Pontevedra»; A.N.T., 1-I-1932, páx. 2; «La asamblea galleguista del domingo en Pontevedra», E.P.G., 15-VII-1931, páx. 8.
(48) «Redondela», E.P.G., 11-X-1931, páx. 7.
(49) «Ante las elecciones. A Ezquerda Galeguista fálalle o País», E.P.G., 17-VI-1931, páx. 10.
(50) A.N.T., 1-VII-1931.
(51) Este concepto aclárao Álvaro das Casas nun artigo que publica posteriormente. Nel dicía: «De todolos outos fins que se propón a Ezquerda Galeguista non hai un que me impresione e me conmova mais que aquele en que se amostra a rexa vontade de loitar sen acougo pola independeza da nosa cultura [...]. O feito é que Galicia ten que independizarse culturalmente faguendo o seu propio vieiro: galeguizándose e mais europeizándose.» En A.N.T., 25- VII-1931.
(52) Ibídem. E.P.G., 17-VI-1931, pax. 10.
(53) A. Villar Ponte, «Saliendo al paso de una afirmación»; E.P.G., 1-IX-1931, páx. 1.
(54) Estas naturalmente ofrecía nunhas fórmulas moderadas, que a radicalización e éxito dos partidos nacionalistas fixo ver axiña que eran impracticables; Vide Hernández Lafuente, Adolfo, Autonomía e integración en la Segunda República, Encuentro, Madrid 1980, páx. 48-49.
(55) Sinalemos que non houbo oposición en Cataluña á arriscada iniciativa de Maciá. Polo demais o nacionalismo moderado e conservador que encabezaba Cambó, que discrepaba con esta orientación, quedara relegado, polo que non puido imprimirlle outro sesgo ós acontecementos; Vide Pabón, J., Cambó, Barcelona, 1969, Vol. II, páx. 184-185.
(56) Seguimos nisto a Beltza, El nacionalismo vasco (de 1876 a 1937), Mugalde, Hendaya 1974, páx. 225 e segts. E tamén interesante a obra de Fusi Aizpurna, Juan Pablo, El problema vasco y la Segunda República, Turner, Madrid 1979.
(57) Beltza, Op. cit, páx. 235.
(58) «Afirmación galleguista», E.P.G., 23-IV-1931, páx. 1.
(59) E.P.G., 25-IV-1931, páx. 1.
(60) «La jornada galleguista de hoy», E.P.G., 26-IV-1931 páx. 8.
(61) A estas alturas o presidente de F.U.E. era Domingo García Sabell.
(62) Velaquí a composición social da I.G. de Noia: varios profesionais, situables na clase media; dous industriais, un obreiro e dous estudiantes. En total trece membros agrupados arredor duns principios autonomistas, de defensa da cultura e da economía de Galicia. Vide memoria de licenciatura presentada na Universidade de Santiago por Ulloa Fernández, Emilio, Alvaro de las Casas y los grupos Ultreyas, inédita, páx. 132.
(63) «En la hora de Galicia», E.P.G., 1-V-1931, páx. 6.
(64) Ibídem.
(65) E.P.G., 17-V-1931, páx. 7.
(66) Acta da xuntanza da directiva do P.G. de P., celebrada o 7-XI-1931; Arquivo do P.G.
(67) Víctor Casas, «Fenestra», E.P.G., 24-IV-1931, páx. 12.
(68) A. Villar Ponte, «Pretextos Cotidianos», E.P.G., 24-IV-1931 (non está clara a páxina pola numeración desordenada deste periódico).
(69) «Editoriales»; «Heraldo de Galicia», 20-IV-1931, páx. 1.
(70) «Editoriales»; «Heraldo de Galicia», 11-V-1931, páx. 2.
(71) «Heraldo de Galicia»; 27-IV-1931, páx. 2.
(72) V. Risco, «Cumprindo co noso deber», A.N.T., 1-VI-1931.
(73) lbídem.
(74) «Ao Decorrelos Días», A.N.T., 1-VI-1931.
(75) «Do Momento», A.N.T., 1-VI-1931.
(76) Ibídem.
(77) A F.R.G. moi logo se vai convertir na exclusiva unión do grupo de Casares cos nacionalistas de Vilar Ponte, dado que o 6 de maio entra en crise a Federación, arredándose dela o Partido Radical primeiro e os federais xunto cos radical-socialistas de Ourense, despois.
(78) «Hacia las constitución del Estado Gallego», E.P.G., 19-IV-1931, páx. 1.
(79) Esta pretensión de que a Orga promovese a creación dun gran partido de ámbito galego, fusionándose cos grupiños nacionalistas, voltará a plantexarse no seo da Orga máis adiante, pero non se chegará a resultados prácticos.
(80) E.P.G., 18-IV-1931, páx. 5.
(81) Alma Gallega, 15-X-1931, páx. 100.
(82) Alfonso Fozzo, Op. cit. páx. 273 e segts.
(83) González López, Emilio, Historia de Galicia, La Voz de Galicia, Coruña 1980, páx. 795.
(84) Anticipemos que un sector importante dos nacionalistas rexeita o «estatuto dos parlamentarios» por consideralo cativo de máis, en tanto que tras da fundación do P.G., a práctica totalidade do nacionalismo (coa excepción dos arredistas de «A Fouce», e Alvaro das Casas —este con contradiccións—), acepta e apoia o Estatuto, aínda considerándoo como moi limitado.
(85) E tamén da emigración. Deste xeito, a «Federación de Sociedades Agrarias e Culturales» e a Orga de Bos Aires aceptaron a invitación, acordando enviar a Picallo, Alonso Ríos e Sigüenza a aquela xuntanza co mandato de «Sostener la máxima autonomía para Galicia y participar en la campaña electoral en favor de aquel grupo político que hiciera artículo principal de su programa la autonomía regional y trabajar para lograr la unidad de las fuerzas republicanas y galleguistas en un partido político regional que comenzara y terminara en Galicia». Como consecuencia das destacadas intervencións de Picallo na Asamblea autonómica, o doutor Sal Lence pedíu que se lle propuxera como candidato a deputado pola súa provincia natal (Coruña), o que o público aprobou afervoadamente. Deste xeito, tal e como nolo conta o propio Suárez Picallo en carta a Casares Quiroga (firmada en Madrid a 31-VIII-1933), se explica que recén chegado Picallo a Galicia fose proposto candidato a deputado. Carta consultada no Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 1).
(86) «Opiniones», E.P.G., 28-V-1931, páx. 1.
(87) Foron presentados anteproxectos completos polo «Seminario de Estudos Galegos», o «Secretariado de Galicia en Madrid» e o «Instituto de Estudios Gallegos da Coruña»; moi amplio o primeiro, considerablemente restrictivos os dous últimos; ademais houbo ponencias parciais da «Asociación Profesional de Estudiantes de Derecho de la Universidad de Santiago» e unha aportación de «Labor Galeguista de Pontevedra» que E.P.G. dí que é unha ponencia dun proxecto de Estatuto (4-VI-1931, páx. 1), pero que Vilas Nogueira (Op, cit., páx. 144) corrixe dicindo que trataba exclusivamente sobre a forma de tramitación do Estauto e enmendas a numerosos artículos.
(88) Xesús Bal y Gay, «Temas Galegos», E.P.G., 28-V-1931, páx. 1.
(89) Ricardo Carballo Calero, «Un proxecto de Estatuto», La Voz de Galicia, 1981.
(90) A.N.T., 1-VI-1931.
(91) En El Ideal Gallego da Coruña, órgano católico, no que fixemos unha cala, recoñécese que na Asamblea había elementos que non eran federalistas, pero «Los organizadores da Asamblea supieron actuar de tal forma que la Mesa fué suya, su ponencia, la que sirvió de base para la discusión, y en general los delegados secundaron sus puntos de vista. Lo que ya no les será tan fácil es convencer a Galicia que ella fué quien elaboró los artículos aprobados», pois os propios delegados quedan relativizados: «Algunos de los que llevaban la voz de entidades muy prestigiosas no pueden en verdad decir que hablan en nombre de las mismas porque es evidente que sus cargos directivos no les autorizan para ello; y las Corporaciones no fueron consultadas para que se pronunciasen a una cuestión de tanta transcendencia cual es el cambio radical en la estructuración del Estado» (refírese ó federalismo); 5-VI-1931, páx. 1 e 4.
(92) Suárez Picallo e Alonso Ríos son enviados a Galicia como representantes da «Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturales de Buenos Aires» e a sección arxentina da Orga, coa idea de que colaborasen ó advenimento dun réxime federal en España que permitise acada-Ia «autonomía integral» para Galicia; E.P.G., 22-V-1931, páx. 1.
(93) El Ideal Gallego, 5-VI-1931, páx. 1 e 4.
(94) E.P.G., 10 e 11-VI-1930.
(95) E.P.G., 1-V-1931, páx. 6.
(96) E.P.G., 6-V-1931, páx. 2.
(97) «Por la autonomía de Galicia», E.P.G., 7-V-1931, páx. 5.
(98) «Dicen los maestros», E.P.G., 26-V-1933, páx. 8.
(99) Alfredo Canalejo: «Olladas». «A lingoa e mailos mestres»; Celtiga, 25-VIII-1931.
(100) «Por la autonomía de Galicia», E.P.G., 22-V-1931, páx. 6.
(101) «Por la autonomía de Galicia», E.P.G., 3-VI-1931, páx. 10.
(102) «Compostela al día», E.P.G., 6-VI-1931, páx. 8.
(103) «Los Estatutos de Vasconia y Galicia», E.P.G., 7-VI-1931, páx. 2.
(104) E.P.G., 7-VI-1931, páx. 2.
(105) E.P.G., 3-IX-1931, páx. 3.
(106) E.P.G., 11-VI-1931, páx.10.
(107) «Las campañas galleguistas», E.P.G., 17-VI-1931, páx. 6.
(108) A.N.T., 1- VII-1931.
(109) A.N.T., 1-VII-1931.
(110) A.N.T., 1-III-1931.
(110 bis) Vide apéndice lexislativo no libro de González Casanova, J.A., Elecciones en Barcelona, Madrid 1969, páx. 103-153.
(111) Víctor Casas: «Fenestra», E.P.G., 28-VI-1931, páx. 9.
(112) «Pretextos cotidianos», E.P.G., 31-V-1931, páx. 8. En relación coa actitude contradictoria do Partido Radical na cuestión autonómica, e coa progresiva decantación cara posturas centralistas, vide O. Ruiz Manjón, El Partido Republicano Radical (1908-1936), Madrid 1976.
(113) E.P.G., 18-VIII-1931, páx. 6.
(114) E.P.G., 25-VIII-1931, páx. 14.
(115) «Fenestra»; E.P.G., 26-VIII-1931, páx. 1.
(116) E.P.G., 24-XI-1931, páx. 12.
(117) Este último de temperamento artístico, non era moi propenso a presentarse como candidato a deputado. Foron as presións de seu íntimo e tenaz amigo «ti eres unha broca, Valentín») Paz Andrade as que doblegaron a súa resistencia apelando a que Castelao era das primeiras figuras públicas de Galicia, e que iso non podía escaparse á capitalización política polo nacionalismo. (Declaración de Paz Andrade, Vigo, 25-XII-1980). Sinalemos que ademais foron proclamados outros tres autonomistas: Gonzalo Otero, José Lino Sánchez e Alvaro de las Casas, con toda seguridade para reforza-la lista, e sen pretensións de operatividade práctica, pois para as minorías soamente había asignados tres postos. Polo demais na propaganda da campaña soamente se airean os tres primeiros candidatos. «Ante las elecciones. En Pontevedra»; El Ideal Gallego, 23-VI-1931, páx. 2.
(118) «Los galleguistas de la provincia», E.P.G., 16-VI-1931, páx. 6.
(119) E.P.G., 15-VII-1931, páx. 8.
(120) «Las elecciones en la provincia. Una nota»; E.P.G., 27-VI-1931, páx.5.
(121) «Los galleguistas presentan a sus candidatos»; E.P.G., 18-VI-1931, páx.10.
(122) «La lucha electoral en Galicia»; E.P.G., 20-VI-1931, páx. 6.
(123) «Ante las elecciones. En Pontevedra»; El ideal Gallego, 25-VI-1931, páx.1.
(124) «Ante las elecciones. En Pontevedra»; E.I.G., 23-VI-1931, páx. 2.
(125) «La lucha electoral en Galicia», E.P.G., 24-VI-1931, páx. 6.
(126) «Cuntis»; La Voz de Galicia, 26-VI-1931, páx. 8.
(127) E.P.G., 26-VI-1931, páx. 1.
(128) E.P.G., 28-VI-1931, páx. 1.
(129) E.P.G., 27-VI-1931, páx. 1.
(130) E.P.G., 26-VI-1931, páx. 8.
(131) «La lucha electoral en Galicia»; E.P.G., 20-VI-1931, páx. 6.
(132) «La lucha electoral en Galicia»; E.P.G., 26-VI-1931, páx. 7.
(133) «Orense al día»; E.P.G., 21-VI-1931, páx. 9, e Ibíd. do 26-VI-1931, páx. 8.
(134) E.P.G., 16-V-1931, páx. 10.
(135) «Orense al día»; E.P.G., 10-V-1931, páx. 10.
(136) «La propaganda republicano-nacionalista»; E.P.G., 16-V-1931, páx. 10. Vide tamén Heraldo de Galicia, 25-V-1931, páx. 1.
(137) E.P.G., 16-V-1931, páx. 10.
(138) «En la hora de las aspiraciones gallegas»; Celtiga, nº 156, 25-VI-1931, páx.2
(139) Tamén en Lovios, Lobeira, Castro Caldelas, Trasmirás, Vilar de Santos e Cortegada; Heraldo de Galicia, 25-V-1931, páx. 1.
(140) «La Coruña», E.P.G., 10-VI-1931, páx. 4.
(141) «Sada. Propaganda electoral»; E.P.G., 19-VI-1931, páx. 8.
(142) E.P.G., 20-VI-1931, páx. 7.
(143) Carta autógrafa de Suárez Picallo a Casares Quiroga, firmada en Madrid a 31-VIII-1933; Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 1).
(144) Vide por exemplo «Malpica»; La Voz de Galicia; 26-VI-1931, páx. 8.
(145) E.P.G., 12-VI-1931, páx. 5. Non esquenzamos ademais de que se presentou candidato por Pontevedra.
(146) Reproduzámolo relato dun dos que formaron parte desta candidalura: «La candidatura de la O.R.G.A. de La Coruña fué una obra personal de Casares Quiroga que forzó la inclusión en ella de cuatro personalidades gallegas que, hasta entonces, habían sido totalmente ajenas al movimiento republicano y al galleguista y una de las primeras misiones que tenían que cumplir en las Cortes los futuros diputados era la de defender en ellas el Estatuto de Galicia. Estas cuatro personalidades eran: Salvador de Madariaga, catedrático de la Universidad de Oxford; Roberto Nóvoa Santos, catedrático de Patología de la Universidad de Madrid y distinguido escritor; Alejandro Rodríguez Cadarso, catedrático de Anatomía de la Universidad de Compostela, y el ensayista y novelista radicado en Madrid, Ramón Maria Tenreiro. De los cuatro, sólo Rodríguez Cadarso se manifestó como un auténtico galleguista y republicano gallego.» (González López, Emilio, Op. cit. páx. 801). O sector galeguista saiu francamente perxudicado da manobra de Casares. Varios foron desprazados da lista: Alonso Ríos, Lugrís Freire e Rafael Dieste; os dous que permaneceron, A. Villar Ponte e Suárez Picallo, pasan de ocupar os postos primeiro e cuarto, respectivamente, ó quinto e séptimo (para esta cuestión vide El Compostelano, 23-VI-1931, páx. 1; La Voz de Galicia, 27-VI-1931, páx. 2, e El Ideal Gallego, 26-VI-1931, páx. 1); o que se ben non tiña demasiada significación dado que as listas eran abertas, poidendo o elector colocalos no orde que quixera, sí que era moi significativo verbo das intencións de Casares Quiroga. Polo demais Suárez Picallo, —Segundo denuncia el mesmo—(carta autógrafa de Suarez Picallo a Casares Quiroga, firmada en Madrid a 31-VIII-1933; arquivo do P.G. —Vide Anexo Doc. 1), tamén estivo a piques de ser excluído da lista de candidatos.
(147) E.P.G., 28-VI-1931, páx. 9.
(148) «Lugo al día»; E.P.G., 7-VI-1931, páx. 7.
(149) E.P.G., 20-VI-1931, páx. 7.
(150) Coinciden en valoralas así, dende posicións contrarias: El Ideal Gallego, 30-VI-1931, páx. 1 e A.N. T., 1-VII-1931.
(151) A.N.T., 1-VII-1931.
(152) E.P.G., 30-VI-1931.
(153) E.P.G., 30-VI-1931 e seguintes dias.
(154) La Voz de Galicia, 9-VII-1931.
(155) Artigo que co título «Las actas de Lugo», aparece una revista Euskadi, e toma de alí E.P.G., do 5-VIII-1931, páx. 1 e última.
(156) El ideal Gallego, 30-VI-1931, páx. 2.
(157) En Vigo cidade, Alfonso Rodríguez Castelao (A.R.C.) obtivo 2.300 votos, Valentín Paz Andrade 1.838, e Ramón Cabanillas E. (R.C.E.), 1.392; en Tui, os tres xuntos sumaron 3.500; en Lavadores, os tres 890; en Fornelos, 339; en Mondariz-Balneario, 428; en Arbo, 1.196; en A Lama, 822; en Ponteareas, 1.781; en Baiona, A.R.C.: 288, V.P.A.: 210, R.C.E.: 214; en Tui-partido xudicial, A.R.C.: 126, V.P.A., 558, R.C.E.: 565; en Pontevedra, A.R.C.: 626, V.P.A.: 351, R.C.E.: 458.
(158) E.P.G., 26-VI-1931, páx. 7.
(159) Declaracións de Valentín Paz Andrade, Vigo, 25-XII-1980.
(160) E.P.G., 30-VI-1931, páx; co número ilexible;
(161) La Voz de Galicia, 1-VII-1931.
(162) «La asamblea galleguista del domingo en Pontevedra»; E.P.G., 15-VII-1931, páx. 8.
(163) E.P.G., 30-VI-1931, páx. de nº ilexible.
(164) «Mala Jornada», El Ideal Gallego, 30-VI-1931, páx. 1.
(165) El Ideal Gallego, 30-VI-1931, páx. 1.
(166) Boletín Oficial de la Provincia, 13-VII-1931.
(167) «Pretextos cotidianos», E.P.G., 5-VII-1931, páx. 1 e última.
(168) «Pretextos Cotidianos», E.P.G., 3-VII-1931, páx. 1.
(169) Alvaro de las Casas, «Hacia otra Galicia», E.P.G., 18-VII-1931, páx. 1.
(170) «Ecos parlamentarios», E.P.G., 23-VII-1931, páx. 2.
(171) El Ideal Gallego, 27-VI-1931, páx. 1-2.
(172) El Ideal Gallego, 30-VI-1931, páx. 2.
(173) E.P.G., 18-VIII-1931, páx. 1.
(174) E.P.G., 11-VIII-1931, páx. 1.
(175) E.P.G., 12-VIII-1931, páx. 1.
(176) E.P.G., 13-VIII-1931, páx. 1.
(177) E.P.G., 10-VIII-1931, páx. 3.
(178) E.P.G., 19-VIII-1931, páx. 4.
(179) E.P.G., 21-VIII-1931, páx. 1.
(180) E.P.G., 26-VIII-1931, páx. 1.
(181) La Voz de Galica, 1-IX-1931.
(182) «Prosas galegas», E.P.G., 29-VIII-1931, páx. 1.
(183) Portela Valladares que pasou por moitas etapas na sua dilatada traxectoria política (sendo por exemplo ministro coa Monarquía e coa República), era en seral considerado como filo-galeguista.
(184) «Fenestra», E.P.G., 3-IX-1931, páx. 1.
(185) Ibídem.
(186) Vide Hernández Lafuente, Adolfo, Autonomía e integración en la Segunda República, Encuentro, Madrid 1980, pp. 88/122.
(187) E.P.G., 17-VII-1931, páx. 1.
(188) Hai algunha excepción como veremos máis adiante.
(189) «Opiniones», E.P.G., 31-VII-1931, páx. 1.
(190) «Nota del Comité General del Partido Galleguista», E.P.G., 1-VIII-1931, páx.6.
(191) Entre outros moitos recibiron estas cartas Alonso Ríos e a Orga de Coruña, quen contestan con outras —que conseguimos consultar— con datas de agosto e setembro de 1931. Arquivo do P.G.
(192) Ibídem, páx. 284.
(193) Concretamente na reunión que tén lugar en Madrid o 15 de outubro, a que nos referiremos máis adiante.
(194) E.P.G., 6-VIII-1931, páx. 1.
(195) E.P.G., 7-VIII-1931, páx. 1.
(196) E.P.G., 7-VIII-1931, páx. 1.
(197) E.P.G., 9-VIII-1931, páx. 1.
(198) E.P.G., 11-VIII-1931, páx. 1.
(199) E.P.G., 9-VIII-1931, páx. 1.
(200) Ibídem.
(201) «Os estudiantes de Galicia a todolos que amen a liberdade», Céltiga, 25-IX-1931. Tamén apareceu, mais resumido, en E.P.G., 9-VIII-1931, páx. 1.
(202) Esta cuestión ven ampliamente tratada en Vilas Nogueira, Xosé, O Estatuto Galego, Rueiro, A Cruña 1975, páx. 214.
(203) Estas e outras intervencións parlamentarias están recollidas en García, Xosé Lois, Castelao, Otero Pedrayo, Suarez Picallo, Villar Ponte, Discursos Parlamentarios (1931-1933), Edición do Castro, A Coruña 1978.
(204) Sobre esta cuestión vide Hernández Lafuente, Adolfo, Op. cit., páx. 153 e segts. Tamén interesante tratamiento do tema, especialmente no control que o Gobemo estaría chamado a ter no proceso autonómico, todo elo visto dende o plano da teoría política, en Varela, Santiago, El problema regional en la Segunda República española, Unión Editorial, Madrid 1976, páx. 87 e segts.
(205) Hernández Lafuente, Op. cit., páx. 162/165.
(206) A. Bozzo, Op. cit., páx. 283.
(207) E.P.G., 15-VIII-1931, páx. 6.
(208) E.P.G., 19-VIII-1931, páx. 8.
(209) Apuntes para unha carta, de Alexandre Bóveda, datados o 26-VIII-1931. Arquivo do P.G.
(210) E.P.G., 28-VIII-1931, páx. 1,
(211) «Pontevedra al día», E.P.G., 1-IX-1931, páx. 9.
(212) Ibídem.
(213) A.N.T., 1-IX-1931.
(214) «Información de La Coruña», E.P.G., 1-IX-1931, páx. 5.
(215) E.P.G., 3-IX-1931, páx. 1.
(216) A nivel estatal a posición dos radicais verbo da autonomía estaba condicionada polos distintos compromisos adquiridos pola diversidade de criterio existente no seo deste partido, e polo dobre xogo que inspiraba a súa política, colaborando co Goberno e tratando de convertirse ó propio tempo na forza hexemónica do republicanismo. O Partido Radical conquerira integrar diversidade de correntes, que ían dende centralistas convencidas a federais históricos, herdeiros de Pi i Margall, o que orixinaba gran disparidade de actitudes. Sobre a contradictoria política autonómica do Partido Radical, vide Ruiz Manjón, El partido Republicano Radical (1908-1936), xa cit., pp 226.
(217) E.P.G., 27-IX-1931, pp. 1 e 12.
(218) E.P.G., 19-IX-1931, páx. 1.
(219) E.P.G., 20-IX-1931, páx. 12.
(220) «Hacia el Estatuto Gallego. Capacitados para la autonomía». Celtiga, 10-X-1931.
(221) «Opiniones», E.P.G., 29-IX-1931, páx. 1.
(222) A.N.T., 1-X-1931.
(223) Ibídem.
(224) E.P.G., 29-IX-1931, páx. 8.
(225) Os socialistas desestimaron o ofrecemento de participar en virtude dos acordos do Congreso de Monforte. Vicente Risco valorando esta resolución do congreso socialista, comenta que era natural que se opuxeran á autonomía, tanto polo seu «estúpido» intemacionalismo doutrinario, como pola razón máis práctica da súa escasa forza en Galicia, que lles impedía apoderarse do gobemo autonómico galego. Polo demais exténdese en consideracións sobre o socialismo, ó que considera como un mal, que por certo amosaba excelentes disposicións para o caciquismo, e que pesia a súa escasa forza en Galicia se tiña apoderado dalgúns concellos, deputacións e sociedades agrarias, sumándoselles moitos elementos provintes das clases medias. Exceptúa ó médico ferrolán e alcalde, Xaime Quintanilla, ó que louva dicindo que era un dos que mellor dominaba a língua galega. Artigo publicado en Euzkadi, órgano do P.N.V., e reproducido en Heraldo de Galicia, 16-XI-1931, páx. 2.
(226) «El estatuto Regional Gallego», E.P.G., 2-X-1931, páx. 4.
(227) Vide A. Bozzo, Op. cit., páx. 284, 285.
(228) «Todos los dias», E.P.G., 2-X-1931, páx. 5.
(229) E.P.G., 2-X-1931.
(230) E.P.G., 2-X-1931, páx. 1.
(231) E.P.G., 4-X-1931, páx. 1.
(232) «Por la autonomía de Galicia», E.P.G., 13-X-1931, páx. 6.
(233) Reproducido en E.P.G., 17-X-1931, páx. 4.
(234) E.P.G., 20-X-1931, páx. 9.
(235) «Fenestra», E.P.G., 20-X-1931, páx. 9.
(236) E.P.G., 27-X-1931, pp. 1 e 8.
(237) A.Bozzo, Op. cit., pp. 288, 289.
(238) A postura do Partido Radical, que contaba con sólida implantación en Galicia, respecto deste proxecto de estatuto vai ser equívoca. Este partido estaba dividido, na práctica, entre os seguidores de Abad Conde e de Emiliano Iglesias, polo que, na cuestión estatutaria, oscilarán entre unha posición favorable e outra contraria, segundo a tendencia que en cada momento predomine. A isto engádese que conforme o partido se vai decantando cara a dereita distánciase progresivamente da autonomía. Na conxuntura concreta que analisamos, o 28 de octubro faise público un acordo da sección pontevedresa do partido rexeitando o proxecto estatutario dos parlamentarios, pesia ás tentativas do sector pro-autonomista do radicalismo de bloquear dito acordo.
(239) «Pro-Estauto», E.P.G., 29-X-1931, páx. 1.
(240) A.N.T., 1-XI-1931.
(241) Ibídem.
(242) A. Bozzo, Op., cit., páx. 289.
(243) «Pro Estatuto de Galicia», E.P.G., 1-XI-1931, páx. 4.
(244) Víctor Casas, «Fenestra», E.P.G., 3-XI-1931, páx.1.
(245) «En tomo a la autonomía», E.P.G., 6-XI-1931, páx. 1.
(246) «Opiniones», E.P.G., 4-XI-1931, páx.1.
(247) Acta da xuntanza da dirección do «P.G. de Pontevedra», celebrada o 7 de novembro de 1931. Arquivo do P.G
(248) Ibídem.
(249) «Paradigmas», E.P.G., 14-XI-1931, páx. 1.
(250) E.P.G., 10-XI-1931, páx.1.
(251) E.P.G., 12-XI-1931, pp. 1 e 12.
(252) Ibídem. Resulta un pouco curioso que o seu relativamente radical manifesto, apareza redactado en castelán na prensa, cando outros aparecen en galego, o que indica que non debeu ser traducido, senón que foi orixinariamente redactado en castelán. Teñamos en conta que no nacionalismo galego destes anos non van necesariamente aparellados o radicalismo político e doutrinario coa sistemática utilización da língua que se reivindica (o que tamén poderíamos denominar coherencia ou lealdade idiomática). Outro caso verémolo despois con Alvaro das Casas que, sostendo posiciós arredistas, utiliza o castelán en varios artigos e mesmo libros.
(253) «A Esquerda galeguista no momento aitual»; E.P.G., 14-XI-1931, páx. 6.
(254) E.P.G., 28-XI-1931, páx. 1.
(255) «Temas Galegos»; A.N.T., 27-XI-1931, páx. 1.
(256) E.P.G., 1-XII-1931, páx. 1.
(257) A.N.T., 1-III-1931, páx. 1.
(258) «Lembranza do P. Sarmiento», A.N.T., 1-V-1931.
(259) Plácido R. Castro: «Optimismo nacionalista»; E.P.G., 5-XII-1931, páx.1.
(260) Ibídem.
(261) «El Día de Galicia»; Heraldo de Galicia, 20-VI-1932, páx. 1.
(262) «Do Momento», A.N.T., 1-VI-1931.
(263) Ibídem.
(264) A.N.T., 1-VII-1931.
(265) «Hacia otra Galicia», E.P.G., 10-VII-1931, páx. 10.
(266) Esta última organización resúltanos completamente descoñecida, pode ser que se confunda, pois ó P.N .R. de O. chámao «Partido Republicano Galleguista». Resulta curioso que non mencione a agrupación da que él formaba parte, «Esquerda Galeguista», nin ó activo e incontaminado «Partido Galeguista de Pontevedra» do que tiña tan boa impresión.
(267) Refírese a Otero, Castelao, Villar Ponte, Picallo, e un quinto que non está claro cal pode ser.
(268) E.P.G., 5-VIII-1931, páx. 1. Tomaremos toda esta información con certa cautela, pois este periódico era claramente favorable a Otero Pedrayo. De tódolos xeitos, cotexamos esta crónica coa publicada noutros medios periodísticos (Céltiga, Galicia en Madrid...) e comprobamos que non falla á verdade, aínda que lle da un «tono» partidista.
(269) E.P.G., 6-VIII-1931, páx. 1.
(270) «La cola de un banquete»; E.P.G., 6-VIII-1931, pax. 1.
(271) «Que es la Federación Republicana Gallega», E.P.G., 4-VIII-1931, páx. 4.
(272) E.P.G., 6-VIII-1931, pp. 1 e 9.
(273) E.P.G., 6-VIII-1931, páx. 13.
(274) «En la hora de las aspiraciones gallegas», Céltiga, 25-IX-1931.
(275) Ibídem.
(276) «Gallegos contra gallegos», E.P.G., 8-VIII-1931, páx. 1.
(277) Ibídem.
(278) «Contestando a los radicales de Pontevedra»; E.P.G., 8-VIII-1931, páx. 1.
(279) Concretamente: Núñez Búa, José Lino Sánchez, Roxelio P. González, Luis Villaverde Rey, Leuter González Salgado, Luis Casado, X. Alvarez Gallego, Ramón Femández Mato, Antonio Iglesias, Jesús Garrido, Alejandro Pérez González e outros.
(280) A resume E.P.G., 8-VIII-1931, páx. 11.
(281) E.P.G., 30-IV-1931, páx. 3.
(282) Vide Diario de Sesiones das Cortes, nº 41, páx. 1.013. En xeral a prensa de Madrid (El Sol, El Liberal, El Socialista, Crisol e ABC —onde fai a crónica o seu amigo W. Femández Flores—) adica louvanzas a Castelao, pero insistindo significativamente máis na elocuencia con que defendeu o tema, que no propio tema como tal. (E.P.G., 20-IX-1931, pp. 2 e 3).
(283) E.P.G., 19-IX-1931, páx. 3.
(284) E.P.G., 20-IX-1931, páx. 10.
(285) A.N.T., 1-IX-1931.
(286) «Pretextos Cotidianos», E.P.G., 26-IX-1931, páx. 1.
(287) Refírese isto á Mesa permanente creada na Asalmblea da Coruña o 4 de xuño. Céltiga, 25-IX-1931.
(288) E.P.G., 4-X-1931, páx. 1.
(289) Ibídem.
(290) Acta da xuntanza do Comité Executivo do P.G. de Pontevedra, celebrada o 17-X-1931. Arquivo do P.G.
(291) González López, Emilio, Op. cit., páx. 802.
(292) E.P.G., 8-VIII-1931, páx. 2.
(293) A. Villar Ponte:«Pretextos Cotidianos», E.P.G., 28-X-1931, páx. 1.
(294) Consérvase unha copla coas firmas auténticas, no Arquivo do P.G. O manifesto foi reproducido na revista Logos «Afirmación católica de un grupo de nacionalistas»), X-1931.
(295) Logos, nº 6, VI-1931.
(296) Acta da xuntanza do Comité Executivo do P.G. de Pontevedra, celebrada o 31-X-1931. Arquivo do P.G.
(297) A. Villar Ponte: «El galleguismo siempre será liberal»; E.P.G., 5-XI-1931, páx.1.
(298) A.N.T., 1-XI-1931.
(299) Vicente Risco, «Pra Antón Villar Ponte», E.P.G., 10-XI-1931, páx. 12.
(300) Suárez Picallo, «Galleguismo y catolicismo», E.P.G., 17-XI-1931, páx. última.
(301) E.P.G., 10-XI-1931, pax. 8.
(302) E.P.G., 15-XI-1931, páx. 1.
(303) E.P.G., 15-XI-1931, páx. 12.
(304) «Orense al día», E.P.G., 28-XI-1931, páx. 10.
(305) E.P.G., 4-XII-1931, páx. 4.
(306) E.P.G., 5-XII-1931, páx. 1.
(307) Sobre a etapa anterior á republicana existe unha interesante bibliografía da autoría de J .A. Durán; vide en especial: Agrarismo y movilización campesina en el país gallego (1875-1912). Siglo XXI, Madrid 1977; Crónicas 1. Agitadores, poetas, caciques, bandoleros y reformadores en Galicia; Akal; Crónicas 2. Entre el anarquismo agrario y el librepensamiento; Akal, Madrid 1977; Basilio Alvarez: Abriendo el surco; Akal, Madrid 1976.
(307 bis) Sobre o sindicalismo católico está a elaborar unha tese deutoral Alberto Martínez baixo a dirección do profesor Jesús Palomares, que sen dúbida arroxará moita luz sobre do tema.
(308) Tesina inédita de González Probados, Manuel, Movemento Obreiro e Socialismo. Coruña 1931-1933, pp. 17-18, dirixida polo profesor J. J. Carreras.
(309) E.P.G., 17-X-1931, páx. 4.
(310) Pereira, Dionisio, «A C.N.T. no campo galego»; Cuadernos de Estudios Gallegos, T. XXXI, páx. 250.
(311) Vide Capítulo de Antecedentes do galeguismo republicano.
(312) Para esta cuestión vide Pereira, Dionisio, «A C.N.T. no campo galego»; Cuadernos de Estudios Gallegos, T. XXXI, pp. 247-256.
(313) E.P.G., 21-V-1931, páx. 1.
(314) E.P.G., 27-XI-1931, páx. 5.
(315) Atopamos múltiples exemplos de núcleos de campesinos gañados para o galeguismo mercede a actuación dos mestres. Temos un caso en Escudeiros, por obra do mestre Luis Vázques Alonso; «A nosa propaganda»; A.N.T., 24-IV-1936, páx. 3.
(316) Durán, J.A.; El primer Castelao, Siglo XXI, Madrid 1972, páx. 72.
(317) Durán, J.A.; Crónicas 3. Entre la Mano Negra y el nacionalismo galleguista, Akal, Madrid 1981, pp. 300, 301.
(318) Acta da Xunta Xeral do 20-XI-1921; Libro de Actas de «Mocedá Galeguista d'Ourense». Arquivo Histórico Provincial de Ourense; Carpeta 52, páx. 4 reverso.
(319) Durán, J.A.; Crónicas 3., Op. cit., pp. 301, 302.
(320) Declaracións de Xaquín Lorenzo, Ourense 29-IV-1981.
(321) Céltiga, 25-IX-1931.
(322) «Lugo al día», E.P.G., 2-X-1931, páx. 10.
(323) E.P.G., 4-XII-1931, páx. 4.
(324) Alá polo ano de 1930 celebrouse un mitin reformista en Vigo, nunha explanada que había ó carón do monte Castro, con Basilio Alvarez, Zulueta, Juan Amoedo e Isidoro Millán, como oradores, Paz Andrade situose de par de Basilio Alvarez e cando este se dispuña a falar, díxolle que o fixera en galego; replicou Basilio que non podía porque Zulueta non era galego e sería unha desconsideración para con él; daquela Valentín díxolle que precisamente por non selo habíalle que face-la homenaxe de Galicia na sua propia lingua. Escomenzou Basilio a falar en galego, por primeira vez na súa traxectoria de orador, e dixo: falo en galego precisamente porque D. Luis Zulueta non é galego e quero que a homenaxe de Galicia a este home se lle faga na nosa fala. Unha tremenda ovación interrompiu esta introducción. Logo falaría algunhas outras veces en galego, pero poucas (quizais porque en galego non falaba tan ben) (Declaracións de V. Paz Andrade, 25-XII-1980).
(325) Cremos que un estudio sobre das élites dirixentes do movemento agrario galego confirmaría a tese que mantemos da «exterioridade» dos líderes con respecto á masa campesina. Polo pronto os estudios en vías de realización de Alberto Martínez sobre do agrarismo católico, revelan que os dirixentes agrarios desta significación non tiñan unha extracción campesina; as directivas dos sindicatos agrarios católicos estaban compostas por comerciantes, avogados, cregos, etc.
(326) Acta da xuntanza do Comité Executivo do P.G. de Pontevedra, tida o 17-X-1931. Arquivo do P.G.
(327) «El problema del ferrocarril Zamora-La Coruña»; E.P.G., 11-VI-1931, páx.1.
(328) Ibídem.
(329) E.P.G., 14-VI-1931, páx. 1.
(330) E.P.G., 16-VI-1931, páx. 1.
(331) E.P.G., 19-VI-1931, páx. 1.
(332) Ibídem.
(333) Ibídem.
(334) E.P.G., 19-VI-1931, páx. 1.
(335) E.P.G., 20-VI-1931, páx. 8.
(336) E.P.G., 20-VI-1931, páx. 1.
(337) E.P.G., 26-VI-1931, páx. 5.
(338) E.P.G., 26-VI-1931, páx.1. Compre sinalar que ó día segumte o corresponsal resta ImportancIa a este feito.
(339) E.P.G., 28-VI-1931, páx. 1.
(340) E.P.G., 28-VI-1931, páx. 1.
(341) E.P.G., 28-VI-1931, páx. 4.
(342) E.P.G., 4-XII-1931, pax. 3.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega