O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Bóveda a Suárez Picallo

Páxina Seguinte

v4xaviercastroogaleguismonaencrucillada218.html


Transcripción dunha carta de Bóveda a Suárez Picallo.



 5-9-1933
  Irmán Ramón Suárez Picallo.
   MADRID


Querido irmán:
     Non sei si vostede recibiría o telefonema que lle puxen honte de madrugada citándoo a conferencia pra hoxe ás 13.30. O certo é que seguramente por culpa das telefonistas, non houbo maneira de que poidese falarlle, como era desexo meu.
     Recibín a súa carta, coa que me adxunta a que dirixiu a Casares explicando a su separación da minoría. Estimo que iste escrito está moi ben concebido, realizado e supoño que —cecais por primeira vagada— faría meditar ura pouco seriamente a iste home que podendo ser un redentor foi o pior político galego de todolos tempos.
     En canto á sua, recoñezo que os termos da miña primeira carta eran duros; mais non desconsiderados. Non debe esquencer que escribín ao amigo con todala lealtade que acostumo e baixo a impresión d-un proceder seu que tiña que doerme. Repasei novamente seu contido e si comprendo que agora, sereamente, non escribiría coa mesma dureza, non topo n-ela ningun d-ises calificativos a que vostede alude e que en ningún intre, inda que os escribise, poderían ter da miña parte o valor que vostede Iles da.
     No tocante a carta en que se lle comunicou o acordo do Partido, declaro lealmente que son o principal responsable tanto d-ela como do acordo adoutado polo Consello. Certo que non tiñamos direito a supoñer que vostede non fose cumplir o noso acordo, e n-isto non teño absolutamente ningún incomenente en recoñocer que procedemos, polo menos na forma, bastante mal. Pero antre nós a sinceridade e a lealtade no pensamento e na obra deben redimir de todolos ofuscamentos que n-un intre se padezan e pagar de todalas desatencións por mais que istas doian. Porque os disculpa sempre —i-eu agardo que vostede o recoñocerá así— o grande fervor que pola Causa se sinto e que nos dicta igual os acertos que os trabucamentos.
     Asegúrolle que pesa no meu ánimo moitisímo máis o recoñocimento do erro que o problema do reglamentarismo. Iste será sometido no seu día primeiro a consideración do Consello e, si vostede o estima comenente, a da Asambreia. Pero o que pola miña parte estimo necesario agora é que vostede, recoñocendo a nobleza e sinceridade do noso proceder i-estimando as causas ocasionales que o determinaron, se dé por desagraviado e siga habendo antre nós a irmandade que constituye a máis grande forza e o máis outo tíduo do noso Partido.
     Prégoche —e xa non aturo máis tratándote de vostede— non falles ao mitin do día 8, viernes, en Buxán. Agárdante con moitisimo intrés, hay que falar forte e convén estar en Santiago ise día pola mañán.
     No dos arrendamentos, convén seguir as instruccións do Consello, e no tocante ao convenio co Uruguay naturalmente que conviña protestar duramente de que o Goberno escamotee o asunto; máis cumpriría que pra iso estivésedes ahí os tres diputados nosos.
     Unha aperta fonda e máis agarimosa que en ningún outro intre do teu bo amigo e irmán na Patria.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega