O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Programa do Partido Galeguista

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada219.html


Acraración previa
     Os grupos políticos representados n'esta Asambreia reúnense d'agora en diante baixo a discipriña e o tiduo de «Partido Galeguista» e acordan invitar ós demais agrupamentos que coincidan co seu programa a facelo así. Recrama esta solidaridade o estado actual da política galega e a marcha do proceso de reconstrucción da persoalidade da nosa Terra. Avala aquela denominación o uso xeneral da verba «galeguista» no noso pobo pra desiñar todal-as modalidades de exaltación e defensa da galeguidade. Pero nin aquel xuntoiro nin este alcume implican en ninguén abdicación no esforzo ou na doutriña nazonalista.


DECRACION DE PRINCIPIOS
     Galicia, unidade cultural. Afincamento das características da persoalidade galega: lingua, arte, esprito.
     Galicia pobo autónomo. Autodetermiñación política de Galicia dentro da forma de goberno repubricana.
     Galicia, comunidade cooperativa. A terra pra o Traballo; o traballo pra a Terra.
     Galicia, célula de universalidade. Anti-imperialismo internacional, pacifismo


PROGRAMA DE ACCION (1931)

I. Organización de Galicia
     1.º Creación d-un orgaismo galego de base escrusivamente democrática e con facultades deliberantes pra rexir, con autonomía integral, os intereses de Galicia.
     Como aspiración mínima e inmediata, atribución a aquel orgaismo do máximum de facultades que a Constitución da Repúbrica concede ôs territorios autónomos.
     2.° Conseguinte supresión das Diputacións Provinciales.
     3.° Prena autonomía municipal recoñecendo a persoalidade administrativa da parroquía rural e da comarca con dereito á administración dos seus peculiares intreses.
     4.° Incorporación a Galicia das terras colindantes que teñen comunidade étnica, histórica e lingüística con ela, sempre que se determiñen a elo por medio de plebiscito.


II. Política
     1.° Igualdade de dereitos políticos pra a muller.
     2.° Prenitude de dereitos políticos pra os funcionarios.
     3.° Incapacidade dos que, podendo, non rindan función útil â colectividade pra ser elexidos para cargos políticos.
     4.° Estudo d-unha fórmula que permita ôs emigrados ter representación directa na organización política de Galicia.
     5.° Representación proporcional con grandes circunscripcións pra a elección da Diputación de Galicia.
     6.° Práctica das institucións de democracia directa —referendum, recall, concello aberto— na organización política galega.
     7.° Adopción de procedimientos eficaces que eviten a corrupción electoral e o falseamento da vontade popular.
     8.° Control xurisdiccional sobre a actividade administrativa e fiscal do organismo galego e dos concellos.
     9.° Responsabilidade económica da administración pol-os danos que os seus axentes causen ôs particulares no exercicio das funcións púbricas.


III. Traballo
     1.° Apricación a Galicia das normas internacionales da lexislación do traballo.
     2.° Recoñecemento de dereitos sindicaes.
     3.° Réxime integral de seguro social, previsión e xusta participación familiar do traballo no beneficio.
     4.° Eliminación dos menores de 16 anos do traballo industrial e regramentación e vixilancia do seu traballo familiar, facendoo compatible ca sua formación física e moral.
     5.° As escolas de traballo e os ingresos que as manteñen aferidos ó poder galego. Creación de escolas de ourentación profesional.


IV. Probrema Agrario
    
1.° Creación de centros técnicos de investigación i-experimentación agrícola, forestal e pecuaria, con seccións adicadas â orgaización cooperativa, divulgación i-enseño directo.
     2.° Estacións pra ensaios de selección e alimentación animal. Escola veterinaria.
     3.° Medidas lexislativas que favorezan a organización cooperativa e a sindicación facilitando a adopción de métodos de mellora e selección agrícola e ganadeira e o fomento do creto agrario.
     4.° A repoboación forestal patrimonio de Galicia. Repoboación intensiva dos montes comunales pol-o organismo galego e creación e fomento de zonas de pastoreo. Sindicación forzosa pra a repoboación dos montes de propiedad privada. Protección da industria madereira. Seguro forestal.
     5.° Medidas lexislativas i-económicas que intensifiquen a electrificación rural.
     6.° Regramentación da edificación rural en orde á hixiene e de acordo co arte paisán e cas comenencias locales. Concursos que movan o estudo e divulgación de pranos pra construccións modelo. Estimulos económicos pra a sua execución.
     7.° Libre importación do millo, namentras o consumo da poboación e o cambio hacia unha alimentación mais racional do gando así o esixan.
     8.° Escolas rurales de formación campesina que soergan a comunidade aldeán fomentando o esprito comunal, inculcando o apego ó chau nativo e sentando unha ampria base de cultura técnica e agraria.
     9.° Regulación da propiedade rural tendendo a libertala de toda carga pra quen a traballa:
     a) Arrendamentos. Limitación do dereito de propiedade sobre fincas arrendadas a traballadores do campo, i-estímulo pra a sua liberación: dereito de retracto, axuda económica, participacións nas melloras.
     b) Foros. Liquidación do probrema foral mediante a extinción forzosa das rendas sin que se faga a costa do pequeño foratario rural.
     c) Concentración parcelaria. Disposicions que impidan a excesiva fragmentación do chau nas trasmisións da propiedade.
     d) Creto real. Imprantación do sistema Torrens de movilización, rexistro e seguro da propiedade inmoble. Banco agrícola cooperativo.
     10. Consideración da terra como instrumento de traballo pra os pequenos propietarios; decraración de esención da contribución por rústica a favor d-eles, si xustifican non ter outros medios de fortuna que a retribución do traballo manual. Inembargabilidade dos predios nas mesmas condicións.
     11. Consideración dos edificios e vivendas rurales como accesorios da terra que cultivara os seus habitantes e abolición da contribución urbana que as grave.


V. FOMENTO PESQUEIRO
     1° Retorno ôs principios colectivistas tradicionaes no rexime económico da pesca galega, por vía da cooperativa específicamente peixera con ourentación técnica e social.
     2.° Creación de piscifactorías pra repoboación dos ríos galegos.
     3.° Repoboación das rías con especies sedentarias industrializando o seu aproveitamento.
     4.° Desgravación arancelaria das materias primas das industrias pesqueira e conserveira.
     5.º Creación de grandes portos pesqueiros modernos o pequenos portos de refuxio.
     6.° Protección de novas industrias adicadas a grande pesca.
     7.° Escolas de pesca. Laboratorio costeiro. Estacións metereolóxicas e radiotelegráficas.


VI. POLITICA FISCAL
     1.° Deslinde do rexime fiscal do Estado do poder autónomo e dos municípios.
     2.° Supresión do 20 por 100 de propios e do 10 por 100 de aproveitamentos forestales e de todal-as consignacions dos presupostos municipaes que sosteñen servicios alleos ôs concellos au as suas mancomunidades.
     3.° Supresión do imposto de cédulas persoales e creación de un carnet de identidade que as sustituya.
     4.° Creación de un imposto pregresivo sobre a renda.
     5.° Dereito de expropiación a favor do organismo galego nos casos de ocultación fraudulenta.


VI. CULTURA
     1.° Soberanía de Galicia sobre o seu patrimonio cultural e artístico.
     2.° Soberanía de Galicia pra determinar a ourentación das suas institucións pedagóxicas.
     3.° Galeguización do ensino.
     4.° Dereito ó emprego do noso idioma e cooficialidade co castelán.


VII. PROBREMAS XURIDICOS
     1° Recoñecemento das modalidades do dereito civil galego: compañía familiar, dereito sucesorio, etc. etc.
     2.° Igualdade de dereitos civiles pra a muller casada no caso de emigración do marido.
     3.° A función dos tribunales de xusticia rematará en derradeiro recurso en Galicia nos casos de apricación da lexislación galega.
     4.° Ampritude do dereito de expropiación de riquezas naturales i-empresas económicas e unha extensa municipalización de servicios púbricos.


Pontevedra, 6 de Nadal de 1931.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega