O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Programa dos Grupos Galeguistas

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada222.html


Programa de acción pra os Grupos Galeguistas aprobado na II Asambreia—1933.



     Os Grupos Galeguistas teñen de sere os mais activos axentes na defensa das características da nosa persoalidade, do desenrolo da nosa concencia colectiva, do soerguemento da nosa riqueza, da nosa vinculación a cultura universal. Pra atinguire estas finalidades, os grupos desenrolarán actividades culturaes, políticas, sociaes e intertroque que virán sometidas as definicións ideolóxicas que imos espor e que se ourentarán na táctica e na actividade aos lindeiros asinalados pol-o programa que sigue.


I. GALICIA UNIDADE DE CULTURA
Definición
     Un comprexo de características determiña a esistencia de nacionalidade galega. O noso pobo, afincado no espacio de unha rexión xeográfica natural, proiectando no tempo a continuidade histórica de unha tradición, posée un esprito de seu manifestado na creación de unha lingua, na realización de un arte, na encarnación de unha unidade cultural. O Partido Galeguista defende a perduración das características da persoalidade galega e arela que Galicia, adequerindo a concencia do seu propio ser, cultive o ideal de aquela persoalidade deica lograr un novo rexurdimento do seu esprito.


Táctica
     As iniciativas culturaes dos Grupos Galeguistas caracterizaránse pola sua fondura e polo seu avance dentro do estadio actual da regaleguización.
     En troques, os membros dos Grupos poden colaborar a subraiar en todolos casos, aquelas manifestacións que sinalen unha ourentación cara a galeguidade.
     A laboura dos Grupos terá n-éste aspecto duas direccións fundamentaes:
     1.° A formación dos afiliados, pra compenetralos ca cultura galega e ca política de galeguización, dotándoos de un conxunto de coñecimentos e de principios.
     2.° A irradiacián da doutriña galeguista nas masas populares, pra dotalas de senso galego, pol-o afincamento dos principios fundamentaes do noso ideario.


ACTIVIDADES
     No aspecto cultural os grupos desenrolarán o seguinte pran de actividades:

     a) Cultura Galega en xeral.
     Acrecentar en todo momento o prestixio e os medios das entidades galegas de cultura.
     Difundir as pubricacións i-os libros que auténticamente representen o noso esprito.
     Traballar pol-o espallamento da cultura galega en tódol-os ordes da nosa vida colectiva e por tódol-os medios: impresos, conferencias, teatro, coros, etc.

     b) lingua.
     Os grupos, na sua actuación colectiva serán de agora en diante inexorabres no uso da lingua galega.
     Os afiliados coidarán sempre de patentizar o seu apego a Terra, e a sua compenetración co esprito galego, usando, propagando e defendendo o noso idioma.
     A propaganda das pubricacións escritas en galego e a galeguización do ensino son os traballos máis urxentes.

     c) Arte.
     Defensa do noso patrimonio artístico, contra a incomprensión, contra a incultura e contra a barbarie; frente aos novos ricos, frente as autoridades incompetentes e frente as masas tortamente guiadas.
     Estimulo da producción artísticas galega, protexendo aos artistas, espondo as suas obras, enroitando cara a Terra os seus traballos. Propagación, ourentación, renovamento dos productos artísticos, das industrias populares galegas.

     d) Esprito
     Os Grupos manterán a sua tensión máxima opondose a dirección espiritual de Galicia pol-os homes, pol-as pubricacións ou pol-os orgaismos alleos. Ningunha institución autonómica sería eficaz si perdurase o actual control centralista sobre a vida galega, ou si este control fose sustituido pol-o de calquer outro imperialismo cultural, social ou político. O desprecio sistemático dos falsos valores cosmopolitas, a crítica das modas do intelectualismo «local», a resistencia as direccións domiñantes na sede do poder central serán imperativos da nosa actuación.
     Frente a esta dominación do alleo temos de erguer a exaltación da nosa dinidade colectiva o afincamento no chan, o agarimo do noso: o orgulo da galeguidade, promovido nos centros intelectuaes pol-a contacción no rexurdimento galego. Conservando nos medios ruraes, mantendo no paisán a concencia da súa superioridade sobre os señoritos alleeiros e a gabanza de usar a súa fala, de vivir.
     Os grupos manterán a sua tensión máxima opoñéndose a dirección espiritual de Galicia pol-os homes, pol-as pubricacións ou polos organismos alleos ao seu casal, de dar continuidade a tradición dos seus costumes, faguendo compatibre cos meirandes avances técnicos e sociaes o apego aos valores enxebres da vida galega.
     Ningunha virtude racial ha seré tan estimada pol-os Grupos como a da tolerancia. Porque toda a nosa historia é trunfo da mutua comprensión, craro sino diferencial do noso pobo. A eficacia dos mesmos Grupos é froito da compenetración de homes de diversas tendencias que sin afogar a suas creencias, relixiosas nin abdicar dos seus principies sociaes, calquera que sexan unhas e outros, axuntánse diante a obriga común de un ideal patriótico. Fuxindo, pois, de todo afondamento das divisións espirituaes de Galicia, que poidan aminguar a unidade do noso pobo, compre que os grupos e os mesmos afiliados, refusen sempre calquer aituación que poida impricar persecución ou violencia nos eidos do esprito.


II. GALICIA, POBO AUTONOMO
Definición
     O recoñecimento da persoalidade de Galicia como «nacionalidade» imprica nos galegos o deber de avivar a concencia colectiva na ideia da patria, i-o dereito de actuar a vontade do noso pobo na libre gobernación dos peculiares intreses.
     O Partido Galeguista defende pois, o recoñecimento da persoalidade xurídica de Galicia pra a sua autodeterminación política, sin que esto poida representar un quebrantamento da solidaridade que nos avencella natural e libremente co Estado Hespañol, dentro do réxime repubricán, garantía das nosas libertades e da democracia da nosa política.


TÁCTICA
     As iniciativas políticas dos Grupos axeitaranse ao principio de que pra nós a política —como a mesma autonomía— é somentes un medio pra devoltar a sua persoalidade ao noso pobo, e que os galeguistas practicamos a actividade política pra a galeguidade e no grado en que a galeguidade a esixa en cada caso.
     A laboura dos Grupos terá n-este aspecto duas ourentacións principaes:
     1.° Debe considerarse ao Partido como minoría directora da política de galeguización, cuia forza estribará sempre non no número dos afiliados senón na sua compenetración e na sua discipriña, na outura dos seus valores e na fe galega dos sus pioners. Pol-o contrario do que soen facer as clientelas políticas, os Grupos do Partido non encamiñarán ou seu proselitismo de afiliación na masa de xentes non formadas no galeguismo, ou de deformada conciencia política, senón especialmente nos medios políticamente virxes, na mocedade sobre todo, i-entre aqueles mozos que veñan a nós máis limpos de cobizas e máis preparados pra seren dirixentes da nova política.
     2.° Percuraráse nas masas populares unha adhesión a idea galeguista e un sentimento de simpatía cara o Partido que faga froitosas as nosas propagandas, pero debe coidarse que as xentes distingan nidiamentes as diferencias que arrendan as nosas orgaizacións das clientelas políticas, para que ninguen veña a nós en percura de protección, de sona ou de medro, sinón disposto a todo sacrificio. Pra o galeguista non existe o degorio do poder e a realización do ideal e obra de xeneracións, que non outorga o trunfo fácil.


ACTIVIDADES
     No aspecto político os Grupos desenrolarán o seguinte cadro de actividades.

     a) Política en xeral:
     Defensa das institucións de democracia política, especialmente da forma de Goberno repubricán, como garantía da atinguir a libertade do noso pobo.
     Rexo antigubernamentalismo frente ao poder central i-as corporacións galegas que perpetuen nas suas tendencias e nos seus procedimentos o centralismo.
     Loita contra toda politiquería persoalista do feitío antergo, e contra todo renovo caciquil. Sustitución da «política vella» pol-a «política de idial».
     Galicia idea forza da nosa renovación. 

     b) Política galega:
     Espallamento do principio da libertade de Galicia pra a sua autodetermiñación política. Exaltación da concencia galega. Propaganda do ideario galeguista en tódol-os eidos do pobo.
     Traballo cotián en pro de unha próxima autonomía, dentro do marco constitucional hespañol, e considerada sempre como procedimento pra enfortecer a concencia galega, pra educar ao noso pobo na práctica das libertadas e pra afincar as características da galeguidade.
     Imprantación de un novo estilo democrático e técnico na gobernación galega: suscitando no pobo a apetencia de novas formulas, estimulando a formación de valores políticos, conquerindo pra eles a adhesión popular.

     c) Política local:
     Estudio dos probremas locaes en función das necesidades xeneraes da nosa Terra, ollando sempre, por sobre os egoismos particularistas, os intreses galegos e a acción conxunta do noso país.
     Defensa da prena autonomía municipal e da persoalidade xurídica da parroquia, formación do esprito comunal na aldeia, preparación das novas xentes pra a sua actuación nas institucións de democracia directa.
     Loita contra o ambente curialesco e caciquil das vilas. Soerguemento do nivel espritoal da política aldeán. Defensa da vida rural frente a urbaización escesiva e contra as imposicións centralizantes dos núcleos urbáns.


III. GALICIA, COMUNIDADE COOPERATIVA 
Definición
     Superando as discrepancias de posición política e as diferencias de caste, por riba dos intereses locaes e dos matices ideolóxicos, Galicia é «unha irmandade na patria» que precisa de tódolos seus compoñentes pra atinguire a sua prenitude de «sintesis vital», pero que necesita tamén de unha fonda transformación económica, que dea base estable ao seu rexurdimento espiritual.
     O Partido Galeguista estima que o cooperativismo, en tódal-as suas manifestacións, é eixo de coincidencia práctica entre as máis alonxadas concepcións sociolóxicas e coida que ao traballar afervoadementes por él, estreita os nos do pobo galego cara unha meirande solidaridade e prepara a nosa Terra pra se incorporare, no seu día, as novas correntes da economía universal.


TÁCTICA
     Os grupos galeguistas coidarán de exercer en todo momento unha acción social en col do melloramento da vida labrega e mariñeira e da capacitación do traballador galego pra a sua conscente intervención na gobernación dos intreses galegos e pra a sua redención económica.
     A laboura social dos Grupos virá axeitada as seguintes condiciones:
     1.° Será indirecta. E decir, non realizada por medio de afiliación ou adhesión ao Partido de entidades sociaes, económicas ou culturaes, fundamentalmente apolíticas, senón pol-a acción do Partido e dos Grupos, por medio dos afiliados, actuando n-esas orgaizacións. Porque o Partido, que predica o apoliticismo de esas entidades non pode aferrollalas a sua dirección. E porque a acción que elas poidan realizar en ben da terra, será máis froitosa en canto obren independentemente e tanto máis exemprar canto menos precisen do noso estímulo.
     2.° Será galega. A conducta dos afiliados na axuda o na ourentazón social de calquer entidade irá sempre dirixida cara a galeguización do medio en que actue, logrando que n-el frotifiquen aquelas iniciativas que, pol-a sua índole e pol-as circunstancias non caian dentro das lindes de acción dos Grupos. Pra ele compre manter sempre as nosas doctriñas con enerxia rexamente constructiva, conciliando a forza da convicción cas normas elementaes da convivencia política.


ACTIVIDADES
     a) Técnicas.
     Estudo directo da situación social i-económica no lugar onde radique o Grupo. Estadística, Proiectos, Informacións sobre problemas locaes de traballo. Investigación do réxime tradicioal e dos seus elementos colectivistas.
     Colaboración nas actividades técnicas dos centros de investigación, experimentación i-ensino agrícola, gandeiro e forestal.
     Ensiño e difusión de novos procedimentos de cultivo e de calquer outra iniciativa de mellora. Difusión dos métodos das institucións denantes mencioadas e creación, en torno d-elas, de un ambente popular que vitalice a sua ourentación.

     b) Cooperativismo.
     Difusión das iniciativas sociaes que avencellen a nosa xente labrega e mariñeira, dotándoa de un senso cooperativo, que, superando os lindeiros da parroquia e do gremio, amprie a solidaridade da Galicia que traballa.
     Creación de cooperativas e sindicatos, apolíticos, independentes de todo perturbador control alleo, federados en orgaísmos superiores galegos de traballo.
     Compre contrarrestar o confusionismo que quere tratar ao pequeno propietario aldeán como un obreiro da ciudá, ou ao mariñeiro, como un asalariado de fábrica. O probrema galego ten carácteres específicos e ten de se resolver «galegamente» sin fórmulas importadas que poidan destrui-la nosa economía.
    E preciso dotar as nosas xentes de un vivo esprito comunal que destruíndo os vezos no noso actual individualismo recollendo os ensiños da nosa tradición gremial e colectivista, respetando a propiedade labrega —estímulo de traballo e apego ao chán nativo— renoven a nosa economía rural pra dotar a nosa Terra de unha estabilidade social basada na xusticia e no traballo.


IV. GALICIA, CELULA DE UNIVERSALIDADE
Definición

     O recoñecimento da persoalidade de Galicia e a arela de anovar a sua autóctona cultura, a defensa da autodetermiñación política do noso pobo, a laboura pol-a potencialización da sua economía, serían angueiras estériles i-egoístas, senón fosen inspiradas pol-o degoiro de armonizar na cultura universal o rexurdimento da nosa cultura, de integrar na comunidade dos pobos a liberdade do noso pobo, de coordinar ca solidaridade da economía mundial e o melloramento da nosa economía, en suma, de que Galicia existindo, «vivindo a sua vida», se capacite pra ser un novo órgao da humanidade.
     O Partido Galeguista pretende póis que Galicia, cumprindo os seus destiños históricos, encha o imperativo que representa a sua vinculación a unha superior unidade humán, que intente asegurar, guindando cas fronteiras, a paz dos pobos e o benestar dos homes.


TÁCTICA
     Os Grupos galeguistas considerarán póis imprescindible realizar, a par da laboura geleguizadora, unha outa función de universalidade, difundindo fora de Galicia a nosa cultura, introducindo en Galicia os avances da cultura ecuménica, dotando as nosas masas populares de fondo senso de irmandade universal, de colaboración cos alleos, de sinceiro pacifismo, rechazando toda loita que destruía a unidade humán ou desvalorice a misión do home sobre a terra.
     A laboura dos grupos e dos séus afiliados en col da posición de Galicia no concerto dos pobos pódese encamiñar pol-a seguinte suxerencia:
     1.° Importa que cada galeguista cuide, sin abandonar a sua formación galega, de coñecer d'abondo a roita política dos outros pobos, os derradeiros avances da economía ou da cencia, no que se refire a sua especialidade. Que teña de confesarse sempre que as portas de Galicia cara o mundo están abertas gracias a nós.
     2.° Do mesmo xeito é necesario que os alleos teñan de Galicia o coñecimento exacto, xuzgándoa como unha nacionalidade que esperta e que recobra, co seu ser, o vello esprendor cultural. Os extranxeiros que estuden as nosas realidades, os alleos que convivan con nós, deberán sacar do noso trato esta ideia de que Galicia ten fondas posibilidades de renovación.


ACTIVIDADES
     No aspecto universalista os grupos desenrolarán as seguintes actividades:

     a) Anti-imperialismo.
     A loita co imperialismo «españolista» da vella monarquía, ou contra «social-patrioterismo» que agora xurde non poden inspirarse na xenreira contra ningún dos pobos que con Galicia conviveu no Estado Hespañol, senón contra á ideia de xunguilos pol-a forza, baixo una artificiosa uniformidade.
     Esténdase a referida loita, contra tódol-os grandes imperialismos do mundo actual; calesquera que sexa o estado que os exerza o seu nome ou o seu alcume.
     O imperialismo morrerá pol-a vinculación autónoma dos pobos n-unha unidade superior que coordine intreses dispares n-unha orgaización super-estatal. Nas propagandas dirixase a ourentación internacionalista cara a efectividade de este universalismo, non por alonxado n-este intres, menos cobizado.

     b) Rexurdimento das minorías nacionaes.
     Promóvase o estudo dos movimentos de rexurdimento nacional nas minorías irredentas. —Alsacia, India— i-en aquelas que, conqueridal-as suas libertades lograron pol-o esforzo patriótico un posto de avanzada na hestoria dos nosas tempos: Checoeslovaquia, Finlandia, Polonia.
     Foméntese a coñecencia garimosa de cada un dos pobos peninsuares, o teimoso seguimento dos seus avances, a axuda dos intreses de loita pol-o recobramento do propio ser, esteos do lexítimo hispanismo. Estimúlense as relacións directas con Cataluña e Vasconia, irmáns nosas no rexurdir.
     Procúrese vincular garimosamentes a laboria da renascencia galega aos grupos étnicos non galegos, con residencia en Galicia. Que vexan no movimento galeguista non un ataque aos seus lexítimos orgulos, senón a garantía de unha mútua comprensión.

     c) Pangaleguismo.
     Galicia nos está soia no mundo. Existe un área de irmandade internacional con Galicia que nós, lonxe de todo sono imperialista, temos de cultivar como algo noso. Galicia ten unha solidaridade étnica que a xungue as terras célticas, sempre en loita pol-o seu propio ser (Irlanda, Bretaña, Gales) e ten unha proiección lingüística en Portugal, en Brasil, nos pobos de infruxo luxitano. Os grupos laborarán pol-o mútuo coñecimento, pol-a solidaridade espiritual de estes pobos no ceibe desenrolo dos seus destiños.
     A Galicia histórica e natural non está comprendida nos lindeiros da Galicia administrativa dos nosos días. O Bierzo, Sanabria, as terras do Minho portugués son galegas. Compre manter a sua galeguidade estimulando un cordial intercambio.
     Galicia e tamén un pobo espallado pol-o mundo. E preciso que os enormes núcreos de galegos emigrados sintan na sua concencia da galeguidade e labouren con nós. Compre facer que se sintan cada vegada máis ligados a Patria e que impoñan, onde queira que se atopen os seus dereitos de minoría étnica e a forza do seu valer e da sua galeguidade.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega