O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Filgueira Valverde a Gómez Román

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada223.html


Carta mecanografiada de Filgueira Valverde ó Segredario Xeral do P.G., Gómez Román, explicándolle as razóns da súa baixa no partido.



Sr. Don Manuel Gómez Román
Segredario Xeral do Partido Galeguista
 Pontevedra 23, abril, 1935


Meu querido amigo e irmán:
     A miña baixa no Partido Galeguista, en cuia creación e desenrolo tanto teño traballado non podía producirse nin dun xeito espectacular na Xuntanza de nontronte, nin dun xeito sorrateiro, encomendando ao cobrador que deixase de me pasar o recibo. Teño concencia dabondo dos meus deberes políticos e dos vencellos de irmandade que nos axuntarán sempre, inda que a política nos arrede, pra entregar á pasión un feito dooroso máis necesario, como este, un feito que son poden deter nin as ovacións unánimes que se tributaron en Compostela a Ramón Otero, porque co mesmo entusiasmo conque alí se exaltou a sua galeguidade se ratificaron, antre os derradeiros acordos da Xuntanza, posicións contrarias ao senso espritoal da figura mesma de Otero, decisións que definen de cheo ao Partido non xa antre a esquerda da política galega, senón na esquerda da política hespañola.
     I-eu, ao sairen do Partido, dígovos que recoñezo como lóxica a treitoira que levou ao Partido ao se definir na esquerda, pero pídovos tamén que recoñezades como lóxica a posición miña ao non seguir ao Partido no seu roteiro actual.
     Porque o Partido tivo no ano 1934 dous camiños diante si: o de se manter neutral nas loitas da política hespañola, insistindo na creación de unha nova política galega, fora das crasificacións ao uso en Madrid, en cuio caso contaría sempre con todos nós, ou o de se incrinar a un dos dous bandos na loita civil entabrada na Hespaña. E ao facer isto recoñecendo a imposibilidade de sustraer a política galega dos rumbos que de fora se lle asinalen, ten de recoñecer tamén que pra que se non polarice a defensa da galeguidade é mester que xurda no estremo oposto ao que él elixa pra se situaren, un novo Partido, galeguista tamén.
     O P.G. escolleu este segundo camiño e se situou na esquerda da política hespañola. Non pode estrañar hoxe que non o sigan os que pensen que entregar ás esquerdas ou as dereitas o monopolio da galeguidade é labourar contra Galicia.
     Isto pol-o que respeita á táctica galeguista. Mais queda ainda o meu probrema persoal, o meu caso de conciencia que tamén é deber de irmandade espor neste intre.
     Primeiramente: Todos me coñecedes como católico; máis, como católico román. Sabedes que como católico, por gracia da miña propia fé, refusei sempre a táctica política dos que sendo discípulos de Cristo apelais á espada nos hortos das Oliveiras pra combatir ca forza aos que opoñen a forza ao esprito. De Cristo mesmo ven a condeación desta actitude: «omnes enim qui acceperint gladium, gladio perinbunt». Sabedes tamén que, por gracia da nosa propia hestoria teño exaltado sempre a romanidade da nosa lingua, da nosa arte, da nosa eirexa. Galicia ponta da Romania, terra papal, tivo o seu esprendor baixo a soma de San Dámaso ou de Calixto II. De tal xeito que o mesmo Pricilián foi herexe, máis non cismático. E o noso Xelmirez foise axionllar a Roma pra pontificar en Compostela.
     En segundo lugar. Son nazonalista galego, como vos o sodes. Sei que sacrificades o voso ideal a unha realización política que creedes boa pra a nosa Patria. Eu soñei un partido que fose a encarnación política autóctone do pobo galego, un partido totalitario, non escindido pol-as diferencias de credos sociaes, non quebrantado pol-os partidismos que de fora nos veñen. De xeito que nós apreixados por este partido puideramos berrar —a frase é miña— «Galicia somos nós». Eu sosteño que un partido integralista, nacionalitario non pode deixarse dirixir por movimentos alleos. En canto o faga o mesmo partido ten de se decatare de que a solidaridade nacional que él debía encarnar está compartida por outros, precisa estar compartida pol-os que non acaten aquela dirección. I-eu vos digo que estamos neste último caso, e que frente a un partido Galeguista que siga a dirección das esquerdas, ten de xurdir outro que siga a das dereitas, e que agora nin un nin outro estarán xa sometidos ao imperativo de independencia que rixa pra os partidos nacionaes totalitarios.
     Dirédesme: Ula a dirección forasteira? I-eu vos amostraia un a un os números de «A Nosa Terra» sin que atopásemos neles a expresión oficial de un pulo creador de algo enxebre, de algo políticamente nacional. Eu síntome con autoridade dabondo pra demandarvos que confrontedes as verbas do Programa de Acción do Partido, obra miña, cas notas derradeiras co Partido, cas derradeiras intervencións dos seus oradores. E comprobaredes que agora moitas frases son soio desteñido calco da ideoloxía do «Heraldo de Madrid». Mais abonda con sinalar un caso concreto:
     Por un dos derradeiros acordos da Xuntanza do dia 22 o Partido adhirese ao manifesto dos partidos de esquerda de Madrid do 14 de abril. O Partido según a memoria da Segredaría Política tiña pactado anteriormente co-istes tres partidos, en adhesión á Izquierda Republicana, nunha alianza anterior a aquel 14 de abril. O partido non firmou a par d'eles naquel manifesto, nin o aprobou previamente, nin levou a él o seu esprito. O Partido sigueu o dictado dos tres partidos centrales e sumouse nontronte ao seu manifesto, nun acto patente de provincianismo.
     E digo máis. Naquel manifesto contense unha afrimación clara de anti-revisionismo constitucioal. Si o Partido fose ainda un Partido integralista adheririase a outros puntos dele manifesto, pero reservaríase a defensa da reforma constitucioal. Primeiro, porque así non feriría as discrepancias dos seus membros na materia relixiosa. E sobre todo porque un Partido Galego ten de estimar a Constitución da Repúbrica como máis estatista que a derradeira Constitución monárquica. Pois non somentes mantén a imposibilidade práctica de unha estructuración autonómica dos pobos hispánicos senón que chega a inxurialos dándolles tratamento cuasi-colonial ao facer distingos legales antre as suas diferencias de capacidade política.
     Non quero entrar a discutir as contradiccións que na política local entrañan os pactos cos que se encargaron de facer a Constitución e cos que «de acordo co-ela» desfixeron o noso posibre Estaturo. Eu quixera preguntarvos con que autoridade podedes pedir aos afiliados ao Partido que leven o seu sacrificio deica o anti-revisionismo constitucioal pra que se manteña a imposibilidade de orgaizarmonos como pebo autónomo, pra que o ensino sexa monopolio do Estado central, pra que poidan dictarse leises relixiosas xa non soio desaxeitadas á nosa fé senón contrarias á nosa tolerancia racial, a nosa tradición de pobo civilizado que sempre consagrou a libertada do esprito.
     E dígovos que si de sacrificio en aras do nazonalismo se trata prefiro pactar cos revisionistas pra intentar impor cabo deles o meu criterio, que sumarme aos que piden a perduración de unha ley que nin tan siquera ten do pobo o refrendo plebiscitario que ela mesma estrabeceu pra os estatutos autonómicos.
     Pois eu estou seguro de que si dun pacto cos revisionistas se tratara vos saberíades fiar ben fiado i-esixir algo en compensación do que outorgásedes. E pol-a Memoria da Segredaría Política temos a certeza, confirmada xa pol-os demais feitos, de que o Partido subraya unha actitude dos partidos centrás, sabendo o que dá, máis non o que recibe.
     Veleiquí as razóns ideolóxicas e tácticas que impoñen a miña separación do Partido e que ao meu ver, perdido o caracter totalitario do noso agrupamento, determiñan n'el a necesidade urxente de unha escisión. Teño a certeza de que tardará poucos días en xurdir un novo Partido que recolla á dereita do galeguismo. Sei tamén que este novo Partido non terá xa aquel anseio de liberación dos moldes alleos que guiou os primeiros movimentos do Partido que eu agora deixo. Sempre que nos atopemos imos lembrar a pureza nazonalista de aquelas diadas da nosa primeira loita electoral, da aprobación do noso primeiro programa político, da unidade de aquelas horas de fervor galego. Mais uns e outros seguiremos emproeirados por un mesmo ideal inesquecibre, cumprindo un mesmo deber patriótico. Uns e outros temos motivos dabondo pra xustificar as nosas actitudes. Pois unha ves máis é a política hespañola a que quebranta unha unidade espritoal nos eidos da Galicia. Mais uns e outros debemos prometernos a máxima lealtade, a fraternidade de sempre si na vida do noso pobo nos topamos frente a frente algún dia.
     Sempre irmán voso na Terra.

Filgueira Valverde

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega