O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Alonso Ríos a Castelao

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada227.html


Transcripción dunha carta manuscrita de Alonso Ríos a Castelao.



A Coruña, 27 de Outono 1934

Querido Alfonso:
     Dóulle resposta â tua carta. O de Bóveda non ten nome. Falei cos compañeiros e irmáns. Primeiramente vin a Miñones e Iglesias Corral para lles pedir que como diputados enviasen telegramas a Marraco rogándolle deixe sin efecto o traslado e insinuándolle que lle darán estado parlamentario ô asunto. Miñones quedou en dar-me copia do seu telegrama. Iglesias di que sai hoxe para Madrid e que falará ali co ministro do feito. Non teño moita confanza n'eles. Díxenlle a Plácido que hai que interesar ôs diputados vascos no conto. E si é posibel os da isquerda catalana e incrusive a Estelrich e outros da Lliga. Pero d'esta xestión coido que debe encarregarse o Consello do Partido. Tamén débese decirlle a tódol-os grupos de irmáns que telegrafien ô ministro da Facenda, sen perda de tempo. E compre tamén mandar notas a prensa de Madrid e â Euskadi, e «La Veu de Catalunya».
     Ben seria un homenaxe a Bóveda. Pero un xantar ou outro acto público hoxe non ha ser doado facelo, pois non o permitirian ¿Máis non poderíamos idear unha suscripción na prensa na que sone tódol-os días o nome de Bóveda? ¿Unha suscripción para regalarlle algo?
     Pensade ben. E a ver que acordamos en definitiva. Poderia ser un libro ou folleto con alguns dos seus traballos e a esposición das supostas causas do seu traslado.
     As cousas andan mal. Teño noticias fidedignas de que Niceto non firmará nin unha so pena de morte por causas políticas. Ao parecer ten cand'a si un grupo de militares. Os radicaes tampouco queren fusilamentos. A Ceda, si, tencionan si se abre o Parlamento darlle un voto de censura ô Presidente da República para facerlle dimitir. Pero temen que Alba seña pior. Ao golpe d'Estado témenlle. Pol-a sua parte, Niceto, quixo saber a opinión de Ortega Gasset, a través de Marañón. E Ortega coida que o millor seria un Goberno de concentración republicana e eleccións, de maneira que a situación está seria. E pode que se demore a abertura das Cortes.
     De feito hai moitas xentes que dan roxo. E sobre todo esa xente das dereitas que quere orden para ben vivir mentras outros pasan fame, explotando a bandeira da relixión, pero pidindo penas de morte e vendo como cousa natural que March e Emiliano señan os arbitros do hespañolisimo, retrotraéndonos ôs tempos ruinosos de Romero Robledo.
     ¿Liches o libro de Benavides «El último pirata del Mediterráneo»? E un bon libro que hai que divulgar porque n'el o Emiliano e comparsa están retratados de mar de mestre. Benavides é galego. Tamén merecía un homenaxe.
     Si eu non perteñecese ô Partido Galeguista quizais fixese un chamamento a tódol-os autenticos republicanos galegos para facer una unión sagrada advertindo previamente que cantos constituimos o Comité provisional nos comprometeriamos a non suster cárrego algun representativo ou de beneficio persoal en ningun caso. Porque de, pillos ambiciosos estamos fartos.
     Non deixemos o de Bóveda. Tratemos de-lle mostrar a nosa solidaridade e esprotemos ademais o lamentabel feito en favor da causa.
     Todo menos dormirnos. Cada vez con máis azos â loita. Sauda ô irman Bóveda no meu nome. Un saudo a todos e para ti unha fortisima aperta de Antón.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega