O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Álvarez Limeses a Bóveda

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada228.html


Carta, mecanografiada tamén no orixinal, de Xerardo Alvarez Limeses ao seu xenro Bóveda, comunicándolle a baixa no P.G. dun fato de galeguistas pontevedreses.



     El Inspector-Jefe de 1ª. Ensenanza
         de Ia provincia de Pontevedra

                       Particular
           Poyo pequeno, 19 abril 1935


Q.º Xandro.
     Hora e xa de que te poña unhas liñas por máis que mentras non sepamos de que chegan o teu poder é perde-lo tempo escribirte.
     Onte a noite pusen un telegrama de mañan pra decirte que as cartas que Amalia escribe veñen todas devoltas. Sen dubida se te esquenceu avisar no Cerreio e ti estás sin saber dos teus e Amalia está intranquila e case que desafinzada o ver que estante ti ahi dende o trece, lle chegan as cartas devoltas con membrete de 14 e do 16. Supoño que agora ca a miña decatadura xa evitarás que iso siga ocurrindo.
     Estamos eiqui dende o sábado o sexa fará maña oito dias en que chegamos a Baión e nos atopamos ben. Os rapaces estar contentes con nos aquí e a pequena convidase a xantar case que tódo-los dias. Handriño é a mín a quen prefire. E Xosé Luis vaise con todos.
     Tua muller xa suporás que enfeitizado con ternos eiqui e po-lo de agora hastra a Teresa paresce estar pagada de compaña. Xa veremos si todo segue o mesmo nistes reinos cristians.
     O miercoles din unha letura na Radio sobor das festas da Seman Maior na vella Pontevedra que paresce que agradou. «Labor Galega» fixo unha Seman a xeito e a min encaxaronme tratar de iso con dous dias de adianto, pero a cousa foi saindo.
     Non teño que darte tan boas noticias adrede das cousas de galeguismo. Istas creio eu que van cada vegada máis mal po-lo menos no que di o desgosto con que ollamos moitos do partido a maneira como vai rexido. O Mitin do día 14 foi unha verdadeira desgracia. O comunista que falou dempois de Xerardo dedicouse a deslousar o galeguismo e apricouse ate a sua sardiña. A saída a manifestazón que se formou foi case que comunista pois os vivas que soaban eran «Viva Ia Revolución social, Viva Rusia, Vivan los héroes de Asturias». Xerardo creo que non foi na manifestazón nin asistiu o banquete e que marchou desgostado. Non o sei porque non o vin; peru dixeronme isto.
     A Xerardo lle perxudica moito esta tendenza na que il anda metido pois lle resta traballo profesional e simpatias. Diario o «Progreso» meteronse co il e pola outra banda tampouco rescibiu satisfación de maneira que non vexo que vai ganando.
     Eiqui estamos resoltos a irnos do partido Filgueira, meu hirman Xose, meu fillo Xose M.ª, os dous Caramés, Sesto e outros xovenes que non podemos ver con vos ollos a entrega do galeguismo os enemigos da Relixón. Coidamos que isto retrasará a Autonomía máis inda que a traxese non a queremos a conta de descatolizar máis do que xa os descatolizaron aos nosos labregos que non han de ter compensazón cos bens materials que de ela lle veña cos espirituals que perdeu, que é perdelo todo.
     De maneira que haxa ou non haxa partido de dereitas, cousa que a min non me gosta, eu fora da cuestión relixiosa considerome máis de izquierda que moitos izquierdistas, o conto é que non é xa posibile seguir nin un dia máis no partido porque a concencia Ile di a un que está facendo un gran mal pra si mesmo e pra os máis. Eu seguirei pagando a «Miña Terra» pero o recibo do partido xa non. Si fai falla axudar a soster a Víctor Casas o farei tamen gostoso pero outra cousa non.
     Eu creio que a culpa do que ocurre é nosa por non habere oposto dende o primeiro momento a isa tendenza pero faltounos coraxe pra ilo e agora hai que deixarvos que vos convenzades por vosoutros mesmos de que a causa do galeguismo ha perdido máis que ha gañado co isa aventura. Aquil respeto que merescian seus ideales estase perdendo a cada hora que corre e aquela hirmandade tan estreita tense que romper cando das cousas de concencia se trata.
     Supoño que habedes de seguir recibindo da lzquerda galega os agraveos de costume que os partidos cos que ides se aporveitaran de vosoutros pra os seus fins sen compromiso algun pra o mañana porque non vexo en ningures o menor sinal de acougo. Nisto gostame máis a craridade e franqueza dos comunistas.
     Tampouco coido que os favorecerá nada nin a ti nin a Castelao que pedisen a vosa volta na mescolanza ca amnistia pra os que en Asturias fixeron o que fixeron as fortes censuras o goberno e os vivas a revolución social. Celebrarei trabucarme e que iso non sexa un tollemento máis pra vosa volta.
     Non te digo máis. Que as tuas esperanzas sexan axiña unha realida
de e que no intre leves o millor posibile o apartamento. Moitos recordos a Felesa que nos doe que haxa estado doente e dille que presto lle escribiremos a ela todos os da casa. E pra ti unha aperta de teu pai que che quere e remembra moito.

Xerardo

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega