O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Castelao

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada229.html


Transcripción dunha carta manuscrita de Castelao.



     Para comprimentar o encárrego da Asamblea celebrada o 8 de Nadal en Santiago, cheguei a Madrid o dia 12.
     Chamei por teléfono a Paratcha, representante do P.R.G., quén comenzou unha aceda crítica de segunda man, chea de afirmacións como ista: «A mi me gustan Ias cosas bien hechas y estamos haciendo el ridículo». «En estos momentos de graves preocupaciones para el pobre Casares, que no duerme, etc.». O que máis preocupaba a Paratcha era que a data que señala a petición par'o plebiscito coincide co-a do domingo de antroido, etc. Eu dixenlle secamente que traia unha misión e que a cumpliría, en compaña dos demáis diputados deseñados ou soyo. Paratcha rematou decindome que viría a recollerme ô Hotel para ir xuntos ô Congreso (punto indicado pol-a Asamblea para xuntarnos).
     No Congreso atopamos a García Becerra, do P.R.S., que nos dixo que non tiña autorización do Comité central para figurar na Comisión; pero que estaba disposto a acompañarnos ainda que nos pregaba retardásemos as visitas para ter tempo de pedir autorización.
     Apareceu dispois Fabregas, do P.R., acompañado de Osorio, do P.S. Coidando que viñan pol-a invitación que recibiran da Asamblea, eu faleilles do asunto; pero Fábregas dixome que sômentes ia ô Congreso para ter unha entrevista con Osorio e Becerra, o inxenieiro, para tratar do ferrocarril. Dixo que a Asamblea dos radicales de Orense non tratara nada encol do Estatuto por falta de tempo, pois ensarillaranse n'unha discusión alporizada con motivo da elección de vicepresidente do comité provincial, e que pol-o tanto él non tiña autorización do seu partido para representalo. Afirmou que non tiña incomenente en ir representando â Diputación de Ourense; pero nada máis.
     Osorio iñoraba todo y-eu non falei nada con él, por tratarse d'un enemigo da autonomía galega e por supoñer que non estaba invitado pol-a Asamblea.
     Chegou dispois Edmundo Lorenzo, do P.S., e traia o telegrama-invitación. Manifestou que non estaba autorizado e reclamou un dia de plano para falar co-a Xunta executiva do seu partido.
     Risco non apareceu.
     Dispois d'un troque de impresións quedamos en xuntarnos âs 12 da mañán do día siguente, considerando que as revoltas estaban a punto de seren sofocadas e Casares e Azaña poderian escoitarnos con máis acougo cando a tranquilidade estivese asegurada.
     O dia 13 cheguei âs 12 ô Congreso. Apareceu primeiro García Becerra que traia autorización completa para representar ô seu partido.
     Chegou Fábregas para decirnos que tratara de entrevistarse co seus compañeiros; pero que non lograra velos. Asegurou ser autonomista; pero él de por si non podia atribuirse unha autorización que non lle fora concedida. Custaba traballo entendelo, pois tan logo decia que non tiña incomenente en acompañarnos como que non podia. Volveu a decir que non viña máis que pol-a custión do f.c. e que nos pregaba que asistisemos a unha xuntanza que se celebraria âs 4 da tarde do mesmo dia.
     Aparecia, pois, a custión do f.c. que viña a entrelazarse co-a do Estatuto roubándolle interés. Daba noxo ollar como de súpeto se despertaba en todos un intrés pol-o f.c. que certamente non-o sentian deica agora.
     Apareceu Lorenzo e dinos que non atopou a ninguén na Xunta executiva do seu Partido, pero que consultou o caso con Osorio («que representa a tendencia antiautonomista, antr'os diputados socialistas de Galiza») e que iste lle asegurara que en virtude do artigo publicado pol-o «Socialista» non habia incomenente en aventurarie á aceptar a invitación da Asamblea de Santiago. Lorenzo manifestouse, en compaña con Beade, como a ala autonomista do grupo, pol-o que il non se aventuraria a acompañarnos ser a opinión favorable de Osorio.
     Atopámonos, pois, tres diputados: García Becerra, Lorenzo e máis eu; pero Paratcha non aparece. Dou a 1 e a 1 ½, e vendo que non viña Paratcha, eu propuxen que volvésemos ô Congreso âs 4 da tarde, á xuntanza pro-ferrocarril, e alí acordaríamos o que cumprise facer. Fóronse y-eu ainda agardei a que desen as 2.
     Chegeuei ô Hotel cheo de carraxe e d'ali a pouco apareceu Paratcha que veu a decirme que se esquecera. Eu pensaba que non asistira â xuntanza por virtude de ter falado con Casares. Discusión é reproches rexos pol-a miña parte. Paratcha volvera ás censuras do dia anterior insistindo no do domingo de antroido. Como eu lle dixen que ás 4 da tarde xuntaríamonos no Congreso, alí determinaríamos a hora de visitar a Casares e Azaña, pois as revoltas amainaran e xa podian incrusive recibir a nosa felicitación. Paratcha díxome que il non podía ir por uri asunto profesional; pero que lie podia telefonear para participarlle o que acordáramos. Eu insistiu en que eu abondaba para cumplir o encárrego de transmitir ô Goberno o acordo da Asamblea galega.
     As catro da tarde estaban no Congreso varios diputados. Cando se notou a falla de Paratcha foi Fábrega ô teléfono e chamouno. Eu ouviu a conversa e Paratcha sen opoñer resistencia algunha prometeu que apareceria axiña na xuntanza. N'efeuto, Paratcha apareceu. Falouse do f.c. e Becerra, o inxeneiro, apoyado por Osorio, dixeron que non era ocasión de falarlle a Azaña do f. e. Todos acordaron que debía suspenderse toda xestión para máis adiante. Eu quedei apampanado de todo, ollando con que facilidade todos se sentian docemente gubernamentales.
     Fábregas voltou a decirme que non estaba autorizado ainda, pero que nos acompañaria si non tivese de sair aquel mesmo dia para Ourense... E foise.
     Quedamos Lorenzo, García Becerra, Partcha e máis eu. Conversa, friaxe, reparos... (Esqueciame decir que na xuntanza pro-ferrocarril saíra a relocir a misión que nos fora encomendada e Paratcha refireu que o dia senalado par'o plebiscito coincidia co domingo de antroído. Botana e Osorio surriron sardónicamente e Lourenzo dixo que non tiña nada de particular porque o antroido xa non eisiste). De remate acordamos xuntarnos ô dia siguente no Ministerio de Gobernación, ás 12 da manán, para falar com Casares.
     Entramos a falar con Casares os catro: Lorenzo, Becerra, Paratcha e máis eu. Falei eu espoñendo craramente o desexo de Galiza: O plebiscito ten de ser anterior ás eleccións municipales, pol-as razóns siguentes:
     1.° Porque a petición do plebiscito é anterior â convocatoria das eleicions municipales.
     2.° Porque a preocupación das eleicións interrumpiría o entusiasmo producido pol-a asamblea de Santiago.
     3.° Porque os partidos políticos teñen de loitar nas eleccións, e nos núcleos pequenos romperiase a armonia que hoxe eisiste, cousa que tamen poderia ocurrir nos grandes.
     4.° Porque os concellos que se formem dispois das eleicións poderian seren contrarios ô Estatuto, ainda que fosen autonomistas, non podendo enton contar con estes elementos con que hoxe contamos.
     Axiña Casares comenzou a falar y-eu non podo agora reconstruir todo canto dixo, porque foi tan incongruente, tan deslabazado, tan sen responder ô caso, que somentes podo lembrar que saiu a relocir a custión do Censo. Entón eu dixenlle que coidaba que o Censo estaria impreso nas catro provincias galegas n'este mesmo mes e que da provincia de Pontevedra constábame que ficaria rematado o dia 15; pero ainda que non tivésemos o Censo novo para esa data sempre teríamos o vello que sirveu para facer as eleicións en Cataluña, a pesares de que alí un sector político reclamaba que se cumplise a Constitución votando as mulleres, namentras que na Galiza coidamos que o voto da muller non alterará o resultado do plebiscito, utilizando o Censo novo si está feito ou o vello si non está o novo. «Creo que Galiza merece do Goberno o mesmo trato que Cataluña».
     Casares alporízase e responde: «¿Pero es que vas a comparar el fervor autonomista de Cataluña con el de Galicia?». Eu, ante tamaña incongruencia digo que non falo do fervor autonomista sinon do trato do Goberno.
     Axiña comenzou un longo discurso que non é posible refacer agora. Fala do mal que facemos sempre as cousas e repite frases que dixo Paratcha moitas veces. «¿Qué cabeza tendrán que piden el plebiscito para el domingo de carnaval?». Eu dígolle secamente: «O que señalou ise dia seguramente que non ten a preocupación do antroido. Isa preocupación tena seguramente o que reparou na coincidencia».
     Debo apuntar eiquí a fel que traguei, a infinda tristura que me produxo vendo ôs meus compañeiros de comisión pasarse â veira do ministro, apoyar as súas afirmacións gratuitas, a súa falla de fé, a sua desconfianza. Lorenzo reforzou un dito de Casares asegurando que nas suas propagandas antr'os paisanos de Galicia endexamais lles ouvira falar de autonomia. Paratcha aventurou a seguridade de que, a pesares dos aitos xurdios da asamblea, en Galicia non se sinte a Autonomia. Becerra asentía co-a cabeza a todo canto decia Casares. Eu atopeime en contra de Casares e dos meus compañeiros e con toda enerxía díxen o contrario do que dixeron eles invocando a cantidade de aitos feitos pol-o noso partido e o autonomismo que eu palpei nas aldeas.
     Lembro contradicións como ista: «En Galicia no se tiene idea de Ia educación, pues no está bien señalar Ia fecha del plebiscito en el documento elevado al Gobierno» e moi axiña, para meterse co-a falla de capacidade autonomista de Galiza afirmou que a data do plebiscito non debeu señalala o Goberno sinon Galiza.
     Como eu afirmase que estábamos dispostos a facer unha propaganda enorme il negouno e señalou como exemplo a nugalla do seu partido, pois sempre dixeron que estaban dispostos a comenzar a propaganda e ainda non empezaran. Somentes íl fixera un acto en favor da autonomia (o de Lugo) como estaba disposto a facer outros agora si as suas ocupacións de Ministro Ilo permitiran. Bulrouse da radio, decindo que os paisanos non teñen radio. Púxose a desconfiar dos nosos propósitos e referíndose a Tafall ceibou unhas frases despeitosas decindo que o seu autonomismo [verba ilexible], pois que endexamais o sinteu.
     Declarouse autonomista e repiteume, co-as mesmas palabras, o que xa me dixera encol do federalismo do seu pai e de que foi íl un dos primeiros que falaron d'iso en Galiza.
     Antr'as indirectas que nos botou ôs galeguistas non esqueceu a de que «algunos se contentarian com Ia monarquia con tal de que les concediese Ia autonomía». Dando a entender que nós somos uns republicanos moles. Eu tamén dixen na conversa, coma quen non dí nada, que non era un viudo da monarquia casado en segunda nupcias co-a República, como son outros. Coido que recolleu tamén a miña indirecta que ia dirixida a moitos dos que o teñen engayolado.
     «¡Pucherazos, no!« dixo, sen que eu lle dixese o contrario. Seguramente que esperaba unha debilidade miña. ¡Parvo!
     De súpeto encarouse con todos e chantounos ista pregunta: ¿Quén vai ser o Presidente?». Eu repondinlle: «Xa che dixen que debias ser tí; pero o Estatuto determina que Galiza elixirá o seu Presidente e xa veremos a quén elixe». «¡No, no, no!» N'iste intre comenta a esbardallar coma se fose indispensable ter primeiro o Presidente. Non contento con iso pideume nomes dos Ministros: «¿Y de instrucción? Porque aunque Ramón Otero está preparado no se puede pensar en el ¡Hombres negros, no!». Saíu a relocir Rodrigo Sanz, que según íl é o home máis rexo de Galiza; pero está imposibilitado por ter servido â Dictadura. N'un rauto, ergueuse e dixo coma pra colmarmos de vergonza: «Como que yo estoy casi dispuesto a proponer a Partcha!, pues estoy viendo que puede ser Presidente el Alcalde de Santiago y ese aunque es un republicano de toda Ia vida es parvo». Como se falara de Gallástegui dixo que il non ademitiría homes que non fosen galegos, él tiña un nome para Presidente que non había outro na España: Esplá. O asunto da Asamblea do día 8 non lle parece ben, pois si hay fervor autonomista non ten porque romperse co-as eleicións municipales. Y-eiqui temos pé para dubidar do fervor. Tamén asegurou que é unha parvada temer a outras Cortes, pois ten que cumplirse a Constitución.
     «Hay de vosotros si no resulta lo que proponeis, porque entonces tendreis que oírme!».
     Desconfianza da capacidade das xentes, de todos; velahi o tema do seu discurso.
     Paratcha, oindo esbardallar ô xefe, sinteuse investido d'unha gran dinidade e dixo que íl non era un botones de ninguén, que tiña o seu criterio e que non se via obligado a obedecer cegamente o mandado da Asamblea. Eu dixen que, pol-o contrario, era un botones que traia un mandado para min indiscutible, que o espoñía tal como eu o recollera e nada máis.
     Dificultoso resulta concretar o que dixo Casares; pero íl mesmo nos dixo que tíñamos que falar con Azaña y-en resumidas contas veu a decir que a data do plebiscito tanto lle dá que sexa o día que se queira.
     Encol do Censo dixo que deben votar as mulleres posto que nós votamos todo iso no Parlamento.
     Os comentarios están fora d'iste lugar; pro eu confeso que me sentin Montero Ríos no tratado de París. Pasei o intre peor da miña vida, ollando a indiferencia dista xente en contraste co-a [verba ilexible] que é iste día, antr'os nosos. Soupen rillar os desexos de incomodarme [verbas ilexibles]. Non debía facer outra cousa e fíxena.
     Pol-a tarde tratamos de falar con Azaña e non pudemos. Tod'a tarde no Congreso e dispois en casa de Paratcha collidos ô teléfono. Paratcha falou tanto que viu par'o Hotel co-a cabeza feita un bombo.
     Quedamos en que ô día siguente, domingo, non podemos nin intentar ver a Azaña, de modo que é preciso agardar ô luns.
     Paratcha, vicepresidente do Congreso e xefe da minoría galega, [verba ilexible] de proporcionarnos a entrada ô despacho de Azaña. O luns, telefonéame decindo que Azaña teu unha cuñada enferma de gravedade e que hoxe non despacha. Outro día perdido. Todo eiquí resulta insoportable. Eu desespérome cada día máis.
     Fun a falar con Calviño. O único home con quén se pode falar. Enterado da nosa entrevista con Casares prodúxolle indinación ô ver que iste home non se da conta da hora en que vive a nosa Terra. Calviño enteiramente identificado connosco, comprendendo craramente a razón de ir axiña ô plebiscito con calisquera Censo que haxa. Díxome que estaba canso do cargo. Alá íl si non me falou con sinceiridade.
     Pol-a tarde do luns chamo a Paratcha e noto que moi insistentemente indica que debo marcharme deixándolle a iles a encomenda de falar con Azaña. ¿Qué será isto? Empezo a desconfiar de que queren verme fora d'eiquí. ¡Malpocados!
     Como Paratcha quedara de habilital-a entrevista con Azaña, incrusive falándolle dend'o Ministerio da Gobernación, eu non podía poñer reparos... E sucedeu que dispois de decirme que o luns non despachaba por enfermedade grave da súa cuñada, o martes aparecen os periódicos todos co-a noticia de que o luns Azaña recibira varias comisións... Primeiro se colle a un mintireiro que a un coxo.
     O martes chamei a Partcha e dixenlle o que viña o caso cominandoo con que si non queria ir o Ministerio da Guerra ás 12 ½ iria eu soyo. Paratcha disculpouse decindome que o esperara Saravia, o axudante de Azaña, etc. O caso e que aparecemos en Gerra, Paratcha, García Becerra e máis eu.
     Azaña recibeunos con gran cordialidade. Eu expúxenlle en poucas verbas a misión que nos fora encomendada. Azaña díxome simplemente istas verbas, que coido son textuales:
     —Está bien. Lo que Vds. crean más conveniente. Hablaré con Casares y ya acordaremos en Consejo.
     Todo dito con cara de home que comprende as nosas razóns.
     Eu quixen eisplicarlle o entusiasmo da Asamblea e quería darlle o anteproyecto e o proyecto, pero díxome que xa os coñecía ben e que da Asamblea sabia que fora unha cousa seria. En definitiva Azaña púxose â nosa disposición.
N'isto Paratcha, querendo actuar de traidor, apuntoulle:
     —La pena será que para esa fecha no esté preparado el Censo, porque sería para nosotros un honor que votasen por primera vez Ias mujeres en Galicia (frases exactas de Casares).
     Azaña contestou, taxaste:
     —El Censo está de sobra terminado para marzo.
     E de camiño Paratcha enzarzouse en política xeral, falando das súas preocupacións pol-o isquerdismo, etc. Azaña con cara de [verba ilexible] miraba para íl e logo pra mín, aventurou algunhas cousas encol do trabucamento dos radicales e do seu desexo de soltarse un día no Parlamento dándolles unha tunda. E para variar de conversa felicitoume a min pol-o album Nós, díxome que o tiña enriba da súa mesa coma cousa de luxo.
     Despedímonos a nada mais.
     Velahí a historia verídica de todo, feita decamiño de parar as cousas. Pouco a pouco para non esquecer nada.
     As deducións poder ser útiles e xa veremos mañán si o que vai escrito pode servinos para esclarecer moitos feitos, que eu temo.

Castelao
Madrid, 17 xaneiro 1933


Par'o Archivo do Partido Galeguista

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega