O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Castelao a Bóveda

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada230.html


Transcripción dunha carta manuscrita de Castelao a Bóveda, s.d. pero situable a primeiros de xullo de 1936.



El Diputado a Cortes
             por
      Pontevedra


Meu querido Bóveda:
     Non me foi posible falar ainda con Casares a prol do Estatuto, pois eu considero necesario meterlle un dedo no naris.
     Desfixen con Prieto e os vascos a impresión que de nós Iles comunicara Casares. Creo que serán bós aliados nosos e que se dispoñeran a que o noso Estatuto sexa discutido na Comisión en canto veña. Precisamente fai tres semanas que non-os xuntamos porque o Goberno ainda non emiteu a sua ponencia encol do concerto económico. Creo que ainda poden pasar dúas semanas máis sen que teñamos material de discusión. Pol-o tanto o noso Estatuto podería ser discutido simultaneando a súa discusión co vasco. E poderían baixar xuntos os dous ao Salón para que o noso saise dispois do vasco, pero sen interrupción. Esto depende escrusivamente do Goberno, pois creo que a Comisión do Estatuto dictaminaría axiña o noso.
     Volvo a pedirche que me mandedes exemplares de Estatutos. E xa lle escribín a Casal para que me remita algunhas coleccións de ante-proiectos, proiectos e Estatutos (os que se editaron para a Asamblea do 32). Quería estas coleccións para repartir entre algúns deiqui.
     O Presidente de Esquerra pídeume un e prometinllo. De modo que se vas a Santiago non te esquezas de decir que mos mande.
     Compre que traiades o Estatuto canto antes para entregalo ao Goberno. Non perder tempo ningún. dixo Tafall que iría o domingo a Santiago. Eu sei que non irá.
     Non me deixan vivir. Estou farto de ser Diputado.
     Apertas.

Castelao


     Por nada do mundo podedes retrasar a entrega oficial do Estatuto. Mirade que cecais poida sair xunto co vasco. Mirade que por un soio dia podemos chegar tarde.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega