O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Castelao a Bóveda

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada231.html


Transcripción dunha carta manuscrita de Castelao a Bóveda, s.d. pero situable en maio de 1932.



El Diputado a Cortes
            por
       Pontevedra


Querido Bóveda:
     Recibo a convocatoria par'a xuntanza do Consello. Mañan, viernes, probablemente non poderemos sair, pois non se sabe se haberá sesión nocturna para votar o Estatuto e a Ley Agraria. Pol-o tanto nós cicais non poderemos chegar a tempo o domingo. Eu sairei o sábado e o domingo pol'a tarde estarei en Pontevedra. Os asuntos que se van a tratar son ben interesantes todos e non teño nada que decir agora, pois a nosa intervención somentes podería ser útil para aclarar algunhas cousas relativas a nosa situación parlamentaria e â propaganda que vai seguir, etc., etc.
     O que acordadas ben estará para nós e os vosos acordos, coma sempre, serán acatados no que a nós se refira. Posteriormente â xuntanza, si é que non chego a tempo, podo informar o que queirades e ainda podedes tomar acordos no suposto de que o informe sexa d'un xeito ou de outro. Â vosa obedenza e nada máis.
     Como falla tan pouco tempo para chegar ahí non quero estenderme, pois ademais non dispoño de tempo.
     O asunto f.c.* vai outra vez mal. A pesares do que pensaban todos eu sempre fun pesimista e acertei dista vez. Non se discutirá o asunto denantes das vacacións a non ser que de hoxe a mañán consigamos dominar ô goberno. De todos xeitos eu supoño que o noso f.c. non peligrará, sobor de todo o Zamora Orense, e conseguindo isto f.c. o outro de Orense a Santiago será conseguido por Santiago Casares porque llo impoñerán as xentes da Cruña que non consentiran que Vigo se coloque en mellor situación.
     O da Ley Agraria vai ben para nós. Onte houbo o demo. Picallo ben. Os socialistas estás que adoecen. Parece que imos conseguir a esclusión de Galiza. O máis triste de todo e que vai a debérselle a Rodríguez Pérez, pois o resto da minoría non sirvo pra nada. Azaña está disposto, según din, a provocar unha crisis si a enmenda que onte presentamos non prospera (enmenda que é un calco d'un acordo do Consello de Ministros que os socialistas non respetaron), etc., etc.
     Perdinme, pero agora non teño tempo para nada. Teño que facer unha chea de cousas en escrito, que imos ter unha reunión de parlamentarias interesados na cuestión dos f.c.
     Apertas.

Castelao



*Ferrocarril

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega