O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Alexandre Bóveda ao seu irmán Vicente

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada234.html


Transcripción dunha carta manuscrita de Alexandre Bóveda ó seu irmán Vicente, na que revela con gran sinceridade o seu pensamento progresista.



DELEGACION HACIENDA PONTEVEDRA      2/11/932
            El Jefe de Contabilidad
                    PARTICULAR

S. Vicente Bóveda
       Ourense

     Querido Vitín:
     Canto che dixese acerca de ledicia que a tua carta —por todos conceptos— me produxo sería pouco. Xa xabía por Castelao do teu debut en Lobeira. E teño que che decir que eu agardadaba, un día ou outro, iste arranque teu. Como tiña direito a agardar do meu menor alumno de hay uns anos, ao que non en balde tiña adicado moitos dos meus máis estusiastas esforzos; Perdoa ista íntima vaidade de maestro e irmán! Agora comprenderás por qué, vendo que desperdiciabas ocasións de probar os teus merecimentos, berraba contigo. Perdóamo, pol-o desexo con que o facía e... ¡ADIANTE!, Vitín! Sobre todo, procura ler moito d-aquelo a que teñas afición.
     Agora, ao teu encárrego: mándoche un exemprar do meu traballo, no que toparás algúns datos que che poden intresar pra a conferencia da Mocedade, que me pareceu moi ben que aceptases. Así é como se ten que facer un estudo verdadeiramente serio das cousas.
     Pol-a miña parte, engadireiche, sin perxuicio do que, según vexo, tes xa pensado, que nos os nazonalistas (porque penso que o teu amor â Terra será conscente e integral) debemos ourentar istas conferencias adicándoas a probar que o que verdadeiramente lle conviña a Galicia era a autonomía total no orden económico e fiscal, pra que a nosa Terra (célula de universalismo) tivese istas tres ventaxas: 1.ª vivir n-un réxime ceibe que lle permitise orgaizar o seu réxime contributivo i-económico como máis lle conviñese asegún as suas caraiterísticas, porque Galicia, como célula viva, con persoalidade propia necesita como calquer orgaismo unha alimentación especial do seu aparato dixestivo (a economía); 2.ª, non ten que vivir n-un réxime de inxusticia económica (aranceles proteitores dos outros) e fiscal (réxime de concerto das Vascongadas e tributación de Cataluña na mesma proporción que nós) inxustos, como son os que nos impón o Estado; e 3.ª, vivificarse, como tal célula, pra poder un día incorporarse (canto antes mellor) as novas correntes da economía universal, pois, contra o que pensan moitos, ao nazonalismo galego convenlle o internacionalismo económico que rematará co aitual réxime de competencia antre os estados imperialistas aituaes, que, a conta das nazonalidades sometidas, con economías retrasadas, en estado natural, viven en un nivel medio superior ao noso. N-un réxime de internazonalismo económico en que nós sexamos unha célula ceibe pero coordinada co conxunto, viviríamos moito mellor. Craro que os privilexiados teñen que entrar pol-o camiño da cooperación e do colectivismo; pero a xuventude —no orde económico— debe abrir o esprito a istas correntes de xusticia social.
     Iste preambulo é a miña tesis de nazonalismo nos ordes económico e social, que xa expuxen en algúns sítios e coido que non tardará en abrirse camiño. Si queres podes tomar todo o que coides comenente como introdución. Porque, naturalmente, que tes que cinguirte ao teu tema que pode ser a segunda parte da conferencia, decindo que si iso sería o ideal non é realizabre dentro da Constitución aitual, porque ista, na sua parte de Facenda, estabreceu a unidade, non a federación, como nós quixéramos, de todal-as economías dos pobos de Hespaña e deixou reservado pra o Estado o réxime fiscal, o económico, o de creto. Todo.
     ¿Cáles son pois os camiños a seguir? No Faro veu un resume da conferencia de Sierra, abogado do Estado en Vigo que fai un análisis interesante. Mándoche o recorte. E as ouxecións sairon n-a editorial de «Pueblo» de hoxe, que tamén che mando. Hay outras editoriaes de días anteriores (son catro) sobre da parte de Facenda do anteproyecto do Estatuto galego que tamén che poden servir e supoño que terás gardadas.
     A todo iso somentes quero engadir duas cousas, nas que conven que insistas:
     1.º punto. A nós convíñamos presentar o probrema de outra maneira, según Castelao dixo nos seus reparos â parte de facenda do Estatuto catalan; a saber: no orden espritual, concesión total, porque cantas mais culturas desenrolen os pobos de Hespaña, mellor pra Hespaña. Fernando de los Ríos glosou n-un discurso pronunciado creo que, no Coliseum, aquela frase conocida «un pobo que ten varias linguas, vive varias culturas, i-e como si tivese varias vidas. Pero no orde económico, fiscal e de creto habia que modificalo todo, estabrecendo (non a absurda unidade) a armonía e a solidaridade sobre de bases xustas, a saber: (a) suprimindo os aranceis proteitores dos panos catalans, ferros vascos, trigos de Castela, carbons de Asturias etc. Ou xa que isto, dentro do réxime capitalista aitual, non pode ser —dándonos compensacións: importación de millo, prohibición de entrada de carnes e madeiras; rebaixa dos direitos pra a folla de lata pra as nosas conservas; revisión do réxime de continxentes de importación estabrecidos, pra protexer aos demais, pol-os países que nos mercaban productos galegos; etc.
     b) modificación do réxime contibutivo aitual, substituindoo pola tributación progresiva sobre a riqueza ou a renda, co que nós non tributaríamos na mesma proporciónn que os grandes capitalistas de Vascongadas, Cataluña, etc.
     c) separación da deuda púbrica, pra que Galicia non tivese que pagar a contraída en beneficio de outros e moitas veces con perxuicio noso.
     Pero o Estado como queda dito non consinte ise planteamento. Logo nós temos que conquerir tanto como Vascongadas e Cataluña. As demais rexións irán facendo o mesmo. E chegará un día en que non haberá mais remedio que facer a modificación d-iste réxime inxusto aitual que herdamos do absolutismo centralista das dinastías extranxeiras e que, un día ou outro, a Repubrica ten que modificar. Ise é o criterio do noso Anteproyeito, no que ademais do que lle diron aos cataláns pedimos as compensacións arancelarias, que iles non pediron, porque xa as teñen sin necesidade de Estatuto. Os que non vexan isto son parvos.
     2.° punto. Falan algúns da capacidade económica de Galicia. Eu demostrei nun traballo que, no orde fiscal, a temos para un réxime de autonomia integral. E, no económico, mais.

     P.S.
     Supoño que Risco vos inteiraría da xurdia xuntanza que o domingo tivemos en Santiago. Mais apertas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega