O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Víctor Casas a Bóveda

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada235.html


Carta mecanografiada de Víctor Casas a Bóveda.



Pontevedra 4 Maio 1935

     Querido Bóveda: Recibin agora pola mañán unhas cuartelas túas que xa non poden ir n-este número. O artigo irá no outro e as revoldainas xá verei si ainda poden tér aitualidade. A que se refire a Cabanillas está ben mais si che paresce será millor deixala. Xá eu pensei en facer algo encol d-elo pero por tratarse de quén se trata desistin de o facer. Deíxalo. No pecado levará a penitencia.
     Quero facerche presente o meu cordial pésame pola desgracia do teu cuñado.
     O mesmo día que che escribin a anterior sucedeu a desgracia pois como eu non o conoscia non me decatei deita mais tarde que me informaron. Estiven na súa casa e falei con Xerardo. Repítoche a miña condolencia.
     Paréceme que na miña derradeira xá che falaba da baixa de Filgueira. Supoño che escribirian Xerardo ou Gómez Román. Antonte recibin tamén, en carta breve dirixida ao presidente do grupo de Pontevedra, a de Pepe Lino. Por agora non houbo mais e do resto dos grupos non teño noticias de que se produxera ningunha.
     X'a estamos dentro da crise. A ver que sal de aqui,
     Ahi che ván esas tarxetas que fixemos de acordo con Tafall etc. Fixemos un milleiro que se mandaron a todas partes. A Madrid mandouse por un ambulante de Correos un paquete dirixido, en varios sobres, ao Palace Hotel como adesións ao banquete de Emiliano. Chegarian e farian o seu efeito. Ademais en sobres particulares mandamos a casi todos os diputados, aos ministros, presidente da Repúbrica etc. Non ficou ún sen recibila.
     Como verás é unha gran coña que necesariamente tivo que producir o seu efeito. O Ambrosio debe estar botando lume.
     Por aqui sin novedade. Todo sigue agora o mesmo. Os grupos paresce que ván despertando e facendo cousas.
     Compria que o Comité se dispuxera a traballar. Compre sair aos mitins.
     Imos ver si comenzamos algo n-ése senso e intresa tamén que ti llo digas a Xerardo e Gómez Román.
     ¿Qué sabes do teu asunto? Nada mais por hoxe. Mándame cousas e procura que veñan con tempo para que non queden de unha semán para outra. N-este número pubricamos o programa do Partido. Parésceme que é comenente pois hai moitos que non o conoscen.
     Ao mesmo tempo farei unha tiraxe de varios miles para gardar para os mitins e ocasións en que se necesitan e non temos. Pouco a pouco hei de ir mandándoos aos grupos para que os utilicen cando sexa necesario. ¿Paréceche bén?
     Do Manifesto fixen 10 milleiros que xá mandei aos grupos para espallar.
     E nada mais. Unha aperta funda do teu irmán.


Víctor

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega