O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Álvaro das Casas a Bóveda

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada236.html


Transcripción dunha carta manuscrita de Alvaro das Casas remitida a Bóveda.



INSTITUTO DE SEGUNDA ENSEÑANZA
                   Noya (Coruña)
                     Profesorado                       Sr. D. Alexandre Bóveda


     Bencaro amigo:
     Con moito retraso —onte— leín no voso xornal «A Nosa Terra» un artigo teu tiduado V.N.G. feito pra ferirme i-enrrabexarme, nunha oportunidade que deixo á tua consideración. Eu ainda estou a crêr que non son estes intres de dar ás xentes a certeza da nosa desunión, cálome, e fago á Patria este novo sagrificio de silenzo. Penso si, que non és xusto conmigo co gallo do meu incidente académico solo recebín á adhesión dun grupo galeguista (o de Viveiro) e persoalmente solo meia dúcea de amigos tivechedes a xentileza de mostrarvos rente de min. Ainda estou a agardar verbas de alento de siñificadísimos dirixentes do galeguismo e a opinión oficial do Consello do Partido. Non hai razóns, pois, pra devir que os galeguistas do Partido fixéchedes bandeira da miña persecución. As miñas verbas de Barcelona toda a emprensa de Hespaña percisou que foron ditas por min, e solo os xornas da Galiza atribuironnas aos galeguistas. Compara as miñas decraracións na «Región» de Ourense e a nota do grupo de Vigo e fala como che dite a tua concencia, e dime si tés razóns pra erguerme na picota.
     ¿E xa non fixen ren mais? Fun o primeiro lente da penínsua que non empregou lingoa oficial en dúas aberturas de curso. Acaso esto non conta pra nada, magoado de min! E nada foron as miñas conferencias en Vigo, instituto de Pontevedra, Redondela, Tuy, a Estrada, Ferrol... En fin, está visto: pasei; xa solo fica agardar a morte isolado nun recanto. Pro a miña concencia da cidadán que dende o berce solo pensou na sua pátria, está tranquía. Unha caida así deséxavos a todos teu bó amigo.

Noia 18-10-1933 

Alvaro de las Casas

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega